nuevo presentación de microsoft office power point (1)
TRANSCRIPT
ACTIVIDADE
Seleccionar experiencias desenvolvidas nos centros educativos na Comunidade Autónoma de Galicia no marco dos seguintes proxectos:
- Proxecto Abalar.
- Proxecto Webs dinámicas.
Gutiérrez Roca, Xoel
Título da actividade: “Viaxe polo universo”
Proxecto no que se integra: Proxecto Abalar
Centro: C.E.I.P A Rúa de Cangas do Morrazo (Pontevedra)
Data de desenvolvemento: curso 2013/14
Vixente Finalizada
Descrición (obxectivos, destinatarios/as, temática…): “viaxe de ida e volta” dende o
cotiá e microscópico (as partículas, os átomos) ata chegar a tocar os confíns do universo
macroscópico (galaxias, estrelas...). O alumnado participante pertencía a 6º de Primaria. O
obxectivo principal era o traballo da área de Coñecemento do Medio dende unha
perspectiva global.
Fortalezas: traballo conxunto da titora de 6º, a mestra de inglés, o orientador e a profesora
de PT. Difusión do proxecto e traballos dos alumnos a través de publicacións divulgadas
pola biblioteca. De carácter anual, con horario flexible e tratada de modo interdisciplinar.
Integra as TIC como medio de búsqueda de información. Uso de plataformas
colaborativas como Google Drive. Recompilación da información de xeito organizado na
memoria compartida con Drive. Implicación da comunidade educativa. Visitas de
expertos.
Debilidades: participación dun só curso nun proceso onde podería participar todo o
centro.
Observacións: Premio no concurso de Traballos por Proxectos na modalidade Proxectos
de investigacións de ciencias (MEC).
Título da actividade: Creando realidade. Estudo das posibilidades didácticas da realidade
aumentada
Proxecto no que se integra: Proxecto Abalar
Centro: C.E.I.P Ponte dos Brozos de Arteixo (A Coruña)
Data de desenvolvemento: curso 2012/2013
Vixente Finalizada
Descrición (obxectivos, destinatarios/as, temática…): o obxectivo era darlle á realidade
un aporte virtual xa fose como información ou como elementos 3D relacionados co tema.
No caso do centro de Primaria cada ciclo levou a cabo un traballo distinto dentro do
proxecto. Así os do primeiro realizaron contos sobre distintos inventos do S.XIX a través
de diferentes ferramentas; no segundo os alumnos reconstruíron o modo de vida dos
castrexos a través de xeolocalización, animacións 3 D e RA con marcadores; e no terceiro
levaron a cabo unha experiencia similar pero estudando a arquitectura románica.
Fortalezas: moito material tecnolóxico á súa disposición, moita preparación e busca de
información previa. Proxecto colaborativo intercentros con alumnado de idades distintas.
Debilidades: colexios con menos dotación non poderían realizar este proxecto.
Observacións: premiado pola Fundación Barrié no curso 2012/2013
Título da actividade: “Escola de pintores”
Proxecto no que se integra: Proxecto Webs Dinámicas
Centro: C.E.I.P Saco e Arce de Toén (Orense)
Data de desenvolvemento: dende o curso 2009-2010 (participación no Proxecto Webs
Dinámicas). No curso actual 2014-2015 lévase a cabo o proxecto citado.
Vixente Finalizada
Descrición (obxectivos, destinatarios/as, temática…): “Escola de pintores” é un
proxecto da área de Educación Artística destinado a todos os cursos que pretende ensinar a
“ler”. Ensinar a ler os cadros neste caso. Os seus principais obxectivos son: “que os
alumnos realicen actividades de todo tipo que lles axuden a adquirir coñecementos, buscar
información, coñecer a historia da arte” (extraído da páxina do proxecto). Ata o de agora
as actividades que realizaron son: unha “galería de autorretratos”, “eleximos pintor” (para
tentar imitar o seu estilo) e “decoramos a aula” (soamente realizada polo de agora por 3º
de Primaria).
Fortalezas: cada ano o centro leva a cabo un proxecto innovador deste tipo. Neste
déuselle un nome de un pintor a cada clase, formando un equipo de “imitadores” en cada
unha. Este feito creo que motiva aos nenos. Así os de infantil son a “aula Van Gogh”, os
de 1º a “aula Miró”, os de 2º a “aula Kandinski”...
Debilidades: abandono de outras iniciativas de interese que levaba a cabo antes o colexio
e que se podían ver na súa web como: “Radio Tarabela... A radio que emite na onda máis
cañeira”
Observacións: enlace da páxina web do centro:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsacoarce/
Enlace da páxina web elaborada en Google Sites do Proxecto “Escola de pintores”:
https://sites.google.com/site/escoladepintores/home
Título da actividade: “Rede Social Escolar Edmodo como Aula Virtual e contacto coas
familias na materia de Educación Física”
Proxecto no que se integra: Proxecto Webs Dinámicas e Proxecto Abalar
Centro: CEIP Raquel Camacho (A Coruña)
Data de desenvolvemento: desde o curso 2010-2011
Vixente Finalizada
Descrición (obxectivos, destinatarios/as, temática…): uso da rede social educativa
Edmodo para a comunicación entre os diferentes membros da comunidade educativa.
Rede social totalmente privada e invisible a persoas que non estean rexistradas na conta.
Permite a asignación de tarefas calificables polo mestres, crear exames sinxelos, crear
escolas para agrupar aos seus profesores e aos seus alumnos... Esta é usada en todos os
cursos de educación primaria na área de educación física. Polo tanto un dos obxectivos
principais deste proxecto é o uso das TIC para a formación nun correcto emprego das
Redes Sociais ao mesmo tempo en que se traballan os contidos propios da materia de
Educación Física.
Fortalezas: o centro posúe un PFAC Abalar para a formación do profesorado. Ten gran
dotación tecnolóxica. Organiza cursos para o alumnado sobre uso de netbooks. Usa a rede
social educativa Edmodo para a comunicación entre os diferentes membros da
comunidade educativa. Na web do centro preséntanse os enlaces de diferentes blogs de
aula e do equipo TIC do centro.
Debilidades: o uso de Edmodo parece que é protagonista fundamentalmente na materia de
Educación Física, cuxo profesor é o coordinador TIC. No resto de materias non atopei un
uso tan importante.
Observacións:
Trátase dun dos centros de Galicia máis convencidos das potencialidades didácticas das
novas tecnoloxías, como podemos ver en:
https://www.youtube.com/watch?v=VxfdHwDuGs4 (Vídeo presentación Plan Abalar
curso 2011-2012).
https://prezi.com/6_fmxirm1mpk/copy-of-entornos-virtuales-de-ensenanza-aprendizaje-
en-la-educacion-fisica-una-experiencia-con-edmodo-y-otras-herramientas-web-20/
(Presentación en Prezi utilizada polo coordinador TIC Eduardo Rodríguez Machado no
Congreso Nacional de Contidos Educativos Dixitais do Ministerio de Educación e
Ciencia.
Título da actividade: Canal de Youtube “videocpidosdices Rois”
Proxecto no que se integra: Proxecto Abalar e Webs Dinámicas
Centro: CPI dos Dices de Rois (A Coruña)
Data de desenvolvemento: primeiro vídeo colgado o 8 de maio de 2009. Dentro do Plan
Abalar dende 2011.
Vixente Finalizada
Descrición (obxectivos, destinatarios/as, temática…): na súa canle de Youtube e na súa
páxina web podemos ver diferentes vídeos protagonizados polo alumnado de todas as
idades (dende infantil a Secundaria) tratando temas moi diversos. Algúns exemplos son:
vídeos documentais sobre diferentes autores da literatura galega, un telexornal temático,
vídeos sobre distintos proxectos levados a cabo polo centro...
Fortalezas: os nenos están a desenvolver a competencia en comunicación oral nestes
vídeos. Ademais, a súa planificación de uso das TIC é moi completa porque, aparte do
canal de Youtube, dispoñen dunha moi actualizada Aula Vitual. Tamén teñen unha
mascota que motiva ao alumnado e que se deixa ver nalgunhas das producións
(Porviso)... Por último, o centro dispón de varios blogs e wikis. por exemplo:
• http://porvisocinema.wordpress.com/ (O blog de cine do CPI)
• http://menineiro.wordpress.com/ (Blog de actividades)
• http://menineiro.wordpress.com/ (Blog de aula dos alumnos de 5º)
Debilidades: non considero que existan debilidades destacables no seu proxecto.
Unicamente, como estudante para mestre de Primaria, voto de menos algún vídeo máis
protagonizado polos nenos dos cursos inferiores.
Observacións: os propios nenos fan unha descrición do Proxecto Abalar nun deses vídeos
do canal de youtube (8 junio de 2012: “Proxecto Abalar no CPI dos Dices”). En 2013 o
centro recibiu un premio en Holanda nun curso de Robótica polo seu proxecto Tecno Rois
tres (3º da ESO); unha mostra máis do integrada que está a tecnoloxía neste CPI. Adxunto
a noticia que fala disto de La Voz de Galicia:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2013/10/17/colegio-rois-campeon-concurso-
europeo-robotica/0003_201310G17P27994.htm
Título da actividade: “Viaxa con nós se queres aprender”
Proxecto no que se integra: Proxecto Abalar
Centro: CPI Vicente Otero de Carral (A Coruña)
Data de desenvolvemento: curso 2011-2012
Vixente Finalizada
Descrición (obxectivos, destinatarios/as, temática…): experiencia levada a cabo polas
mestra Lucía Lorenzo López e Beatriz Maceda Abeleira no 3º ciclo. Esta estaba baseada
no traballo das materias a través de proxectos levados a cabo dun xeito global baixo
soporte TIC. Desta maneira partindo de proxectos que teñen como base a área de
Coñecemento do Medio chegábase posteriormente ás matemáticas e ás linguas.
Fortalezas: o seu traballo está deseñado de tal forma que resulta un método moi valioso
para a atención da diversidade e a motivación do alumnado. Ademais, na web do espazo
Abalar podemos ler sobre o proxecto: “(...) traballaron co alumnado aspectos tan
importantes como o desenvolvemento da súa personalidade con respecto a actitudes
individuais e de grupo, o respecto, o traballo colaborador, a aceptación e a negociacións
das diferenzas”; ademais de que: “os nenos e nenas melloran a súa capacidade e
habilidade para razoar, relacionan conceptos e chegan a conclusións por si mesmos.
Valoran e son conscientes das moitas e boas ideas que xa posúen e sobre todo mellora
moito a valoración que teñen de si mesmos”. (Fonte:
http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/experiencias/experiencia/viaxa-con-nos-se-
queres-aprender).
Debilidades: unha forma de ensinar na que se produce unha apertura do currículum e
unha edución interdisciplinar e global ao meu parecer non ten debilidades. Ademais o
grupo co que se traballou era pequeno e permitía unha atención individualizada. Non
obstante o único que me parece cuestionable e o feito de que dividían a clase en grupos
segundo a súas capacidades: ¿verse clasificados non é posible que afecte á autoestima do
alumno?
Observacións: presentación en ISSU do proxecto e máis información en:
http://www.ite.educacion.es/es/comunicaciones-congreso-contenidos-educativos-
digitales/experiencias/854-matematicas-y-lenguas-ensenanza-global
As dúas mestras, como se pode ver neste enlace, participaron no “Congreso Nacional:
Contenidos Educativos Digitales” do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte”.
(Mérida, outubro de 2012).
Título da actividade: “Platero y yo” en la Era Digital
Proxecto no que se integra: Proxecto Abalar
Centro: CEIP A Sangriña de A Guarda (Pontevedra)
Data de desenvolvemento: curso pasado (2013/2014)
Vixente Finalizada
Descrición (obxectivos, destinatarios/as, temática…): o CEIP “A Sangriña” participou
neste proxecto de colaboración entre máis de 56 centros españois e iberoamericanos. Este
libro dixital cuxas páxinas elaboraron entre todos realizouse en conmemoración ao
centenario da publicación da obra de Juan Ramón Jiménez. O proxecto tiña como principal
obxectivo o desenvolvemento das habilidades de busca, obtención e comunicación de
información dunha maneira creativa. Nas dezasete páxinas elaboradas por eles mostran
lecturas a viva voz da obra do autor en galego e castelán a través de vídeos de youtube; un
taller de estampado onde os alumnos máis maiores lle axudaron aos pequenos; elaboración
de carteis, acrósticos, recompilación de refráns...
Fortalezas: ademais do software OurScrapbook que permite a creación de libros virtuais
colaborativos, o alumnado do Ceip A Sanguiña utilizou moitas outras ferramentas web
coma PictureTrail, getLoup, ISSU... Ademais todas estas actividades do libro dixital foron
á súa vez publicadas no seu blog de aula: “o baúl de cuarto de primaria”
(http://obauldecuartomariela.blogspot.com.es/search/label/PLATERO)
Debilidades: a maioría das actividades levadas a cabo semellaban estar moi dirixidas.
Observacións: a parte do libro dixital realizada polo “A Sangriña” atópase no seguinte
enlece:
http://lourdesgiraldo.net/libroLengua/index.php?section=26&page=-1
O libro completo cos apartados aportados por todos os colexios nacionais e internacionais:
http://lourdesgiraldo.net/libroLengua/
O proxecto obtivo o selo de “boas prácticas iberoamericanas do Ministerio de Educación”.
Título da actividade: “Atención á diversidade a través da sensibilización e formación
permanente. Seguimos ou plantamos?”
Proxecto no que se integra: Proxecto Webs Dinámicas
Centro: CEIP Francisco Vales Villamarín de Betanzos (A Coruña)
Data de desenvolvemento: desde o curso 2011-2012
Vixente Finalizada
Descrición (obxectivos, destinatarios/as, temática…): proxecto baseado na
sensibilización e formación de toda a comunidade educativa sobre a atención á diversidade.
que é difundido a través da web do centro:
(http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvalesvillamarin/node/2503)
Tamén podemos ver nesta web (moi completa e ben organizada) diferentes publicacións
relacionadas con este programa:
• Enlace do blog do “Proxecto Documental Integrado”.
• Enlace do blogb da biblioteca (Blog de Leo e Mariña) onde se suben diversos contidos e
reportaxes sobre a educación inclusiva.
• Video resumo do proxecto “Biblioteca-Diversidade”.
• Etc.
Fortalezas: Varios anos de experiencia. Colaboración dos IES Francisco Aguiar e IES As
Mariñas. Metodoloxía de traballo innovadora e moitos outros proxectos interesantes
difundidos na web (por exemplo: “Aprendendo a ser médicos”). Neste proxecto dúas nais
dedicadas á medicina ensinan aos nenos algúns aspectos da profesión.
Debilidades: o proxecto está centrado sobre todo na formación de profesores concienciados
coa diversidade e semella non dar tanta importancia á formación infantil neste senso.
Observacións: o proxecto “Seguimos ou plantamos?” recibiu o Premio Nacional de
Educación por parte do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte do ano 2014.
Enlace fotografías proxecto “Aprendendo a ser médicos”:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvalesvillamarin/aulavirtual/file.php/8/2014-
2015/medica/medica.html
Título da actividade: “Web do CEIP Plurilingüe Alexandre Rodríguez Cadarso e”
“laboratorio de idiomas”
Proxecto no que se integra: Proxecto Webs Dinámicas
Centro: CEIP Plurilingüe Alexandre Rodríguez Cadarso de Noia (A Coruña)
Data de desenvolvemento: curso 2014-15
Vixente Finalizada
Descrición (obxectivos, destinatarios/as, temática…): web de centro educativo moi ben
documentada e completa onde se suben os contidos e novidades en forma de reportaxe,
vídeoreportaxe ou galería de imaxes en PictureTrail. Ademais, a través da Consellería de
Educación e a Fundación Paideia o centro conta desde este curso cun laboratorio de
idiomas onde os nenos poden gozar das novas tecnoloxías para a aprendizaxe desta
materia e subir algús contidos.
Fortalezas: contan nesta web tamén cunha revista escolar anual chamada “Barcamares” e
diversos blogs, por exemplo:
O dos de 5º (“O Quinto da Barquiña”, onde os alumnos realizan entrevistas a noieses
ilustres: http://barca3ciclo.blogspot.com.es/ ).
O dos de 6º (“Noieses” http://noieses.blogspot.com.es/ )
Debilidades: o deseño da web é espectacular, porén hai escasos contidos realizados polos
nenos en formato dixital.
Observacións: o enlace da web do centro é
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipalexandrecadarso/node
Título da actividade: “Blogueando en Cambre”
Proxecto no que se integra: Proxecto Abalar
Centro: CEIP Wenceslao Fernández Flórez de Cambre (A Coruña)
Data de desenvolvemento: dende o curso 2012-2013
Vixente Finalizada
Descrición (obxectivos, destinatarios/as, temática…): blog de aula iniciado no curso
2012-2013, ano no que entrou o centro no “Abalar”. Pertence ao alumnado das clases de
5º A e 5ª B, baixo a titorización de Sefa e Carmen. Como eles mesmos describen na páxina
“¿quen somos?” de dito blog, o obxectivo é que aprendan a usar e estruturar este medio
para elaborar os sus propios materiais. Á súa vez, pretenden conseguir que a súa
motivación aumente, así como o desenvolvemento da competencia de aprender a aprender.
Con tres “Tags” : as profes orientan, Saco sen fondo e ∞ realizan as distintas entradas os
nenos.
Fortalezas: os contidos do blog foron elaborados practicamente na súa totalidade polos
nenos. As mestras levan a cabo polo que parece un traballo de guía e orientación logrando
que o alumnado cree pola súa conta e aprenda a través do ensaio e erro. Ademais é
actualizado con regularidade e asiduidade (3 entradas novas durante o último mes de
decembro). Traballos de alta calidade e creatividade a través de Glogster e outras
ferramentas.
Debilidades: non se observa demasiada participación e aportacións das familias do
alumnado e do resto da comunidade educativa.
Observacións: Recibiron o 3º premio no concurso de blogs de prensa-escola no ano 2012-
2013. A súa direcccón é:
http://blogs.prensaescuela.es/blogueandoencambre/