nÚmero 14 20142015 - edu.xunta.gal · silvana beatriz faro cendÓn ... penda sow paula pereira...
TRANSCRIPT
COU
SA
SD
OCA
STE
LAO
NÚM
ER
O14
2014
201
5
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
2
YASMINA MAGAZ SUEIRAS
XOANA RODRÍGUEZ
XIANA POMBO
XAVIER SEOANE VELOSO
VERÓNICA SOUTELO DOMÍNGUEZ
UXÍA ARENAS CASTRO
SILVANA BEATRIZ FARO CENDÓN
SARAY MÍGUEZ FERNÁNDEZ
SARA ALONSO PIMENTEL
SANDRA DOMÍNGUEZ DOMÍNGUEZ
SALVADOR LÓPEZ MAESTÚ
ROVER GARCÍA MIRANDA
ROCÍO MARIEL VOLLUZ ITALIANI
ROBERTO MARTÍNEZ FERNÁNDEZ
RAQUEL NÚÑEZ MARIÑO
RAMÓN CABALEIRO TELLADO
PENDA SOW
PAULA PEREIRA GONZÁLEZ
PAULA OTERO FERNÁNDEZ
PAULA HERNÁNDEZ RUBÍN
PAULA GONZÁLEZ PEREZ
OLIVIER MARTIN
NATALIA PATRICIA GARCÍA SAMPAYO
NATALIA GARCÍA
MIGUEL VEIGA RODRÍGUEZ
MARIO GARCÍA MOURE
MARÍA SÁNCHEZ RODRÍGUEZ
MARÍA CARRERA
Mª FLORENCIA MOSQUERA DI
NAPOLI
LUCÍA CERDEIRA BOTANA
LORENA TAMELA DASILVA LIMA
LETICIA CAROLINA DACUÑA CRESPO
LAURA FRANCISCO SANDE
JOSÉ MANUEL BLANCO GUIMAREY
JOSÉ ENRIQUE BOUZA VILLAR
JOSÉ ANTONIO SUÁREZ GARCÍA
JENNIFER TEMBLADOR ESTÉVEZ
IVÁN GONZÁLEZ ÁLVAREZ
IVÁN FERNÁNDEZ LÓPEZ
ISMAEL PARDO ANDRADE
GLORIA PAREDES GANUZA
FÉLIX PEREIRO COLLAZO
FABIO GONZÁLEZ FERRÍN
DIEGO CARBALLAS ALONSO
DÉBORA POUSA
DÉBORA PÉREZ MARÍN
DAVID SOLIÑO GONZÁLEZ
DAVID RODRÍGUEZ NÚÑEZ
CRISTINA NÚÑEZ NÚÑEZ
CRISTIAN DACUÑA CRESPO
CRISTIAN CARNERO DOMÍNGUEZ
CLARA ÁLVAREZ PEÑA
CARMEN LIZ FREIRE
CARLOS ÁLVAREZ FERNÁNDEZ
BREOGÁN ROCHA PENIDO
BERTA ESTÉVEZ ARIAS
ANTÍA PUGA ABEIJÓN
ANDREA VÍCTOR COLLAZO
ANDREA ABAL CASTRO
ANA IGLESIAS PAMPÍN
AMANDA PÉREZ ALBA
ÁLVARO VILA VARELA
ALUMNADO DE 4º ESO C
ALUMNADO DE 2º ESO B
ALUMNADO BACHARELATO ADULTOS
ALBA ALONSO
AGUSTÍN NIETO PAZÓ
AARÓN HERNÁNDEZ DEL RÍO
E MÁIS…
COLABORARON
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
3
Máis contidos en: http://www.edu.xunta.es/centros/iescastelaovigo/node/206
ÍNDICECOLABORADORES PÁXINA 2
ÍNDICE PÁXINA 3
I CREACIÓNPREMIADOS NO CERTAME DAS LETRAS GALEGAS 2015 PÁXINA 4
O PASADO ESCURO PÁXINA 5
SUMINME NO OLVIDO ... PÁXINA 6
MICRORRELATOS ACCIDENTES DE TRÁFICO PÁXINA 7
O MEU PESADELO PÁXINA 8
MEMORIAS DUN MISÓXINO / A MIÑA MASCOTA PÁXINA 9
OLA MOLINA, SON CRISTINA … / O MEU BARRIO PÁXINA 10
UNHA HISTORIA DE AMOR / 13. CARTA A UN AMIGO PÁXINA 11
UNHA HISTORIA DE … / MIÑA QUERIDA PRINCESA ... PÁXINA 12
AO FINAL FORON PROMESAS INCUMPRIDAS … PÁXINA 13
CONTO DUNHA TARDE INESPERADA PÁXINA 14
A MORRIÑA PÁXINA 15
O PEOR VIÑERA CANDO COMEZOU A CHOVER ... PÁXINA 16
CÓMIC: A TERRA … ¡¡MIÑA!! PÁXINA 18
II E TI QUE TES QUE DICIR?A INMIGRACIÓN EN ESPAÑA PÁXINA 26
DESVINCULARSE DO TEU PAÍS DE ORIXE / CAMBIAR DE PAÍS / NACIONALISMO GZ PÁXINA 27
AS GUERRAS DO SÉCULO XXI PÁXINA 28
POR QUE HAI GUERRAS NO SÉCULO XXI / A GUERRA PÁXINA 29
A VIOLENCIA DE XÉNERO NA SOCIEDADE ACTUAL PÁXINA 30
PENA DE MORTE: CRIME OU XUSTIZA?/A TELEVISIÓN/IMAXE PERSOAL PÁXINA 31
DEPORTESAÚDE OU MODO DE VIDA / A EXCESIVA IMPORTANCIA ... PÁXINA 32
LOITAR OU RESIGNARSE / VANTAXES E INCONVENIENTES DA PERTENZA Á UE PÁXINA 33
PARA QUE ESTUDAR? / O ESTUDO OBRIGATORIO / AS REDES SOCIAIS PÁXINA 34
AS NOVAS TECNOLOXÍAS PÁXINA 35
CONCEPTO DE DEUS / O SER HUMANO ANTE A RELIXIÓN / A HOMOSEXUALIDADE PÁXINA 36
A FANTASÍA / A ARTE, PARA QUE SERVE? / A SOIDADE PÁXINA 37
III REPORTAXEA VIRXE DO CAMIÑO PÁXINA 38
A FESTA DA COCA EN REDONDELA / LENDA / CAMBADOS PÁXINA 39
NORWICH PÁXINA 40
ENTREVISTA A OLIVIER MARTÍN / KPOP PÁXINA 41
IV ACTIVIDADESA NOSA VISITA AO TEATRO PÁXINA 42
CON FILGUEIRA VALVERDE NO MUSEO DE PONTEVEDRA PÁXINA 42
VÍDEOS TIC PÁXINA 43
VI GALERÍAFOTOS DOS GRUPOS DE 4º ESO E 2º BACHARELATO PÁXINA 44
Cód
igo
QR
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
4
Premiados no Certame das Letras Galegas 2015
MODALIDADE CÓMIC
Aarón Hernández, 3º PDC
MODALIDADE NARRATIVA
2º PREMIO: “O pasado escuro”, de María Carrera, 3º ESO B
1 º PREMIO: “Fil los da profecía”, de Xoana Rodríguez, 3º ESO B
MODALIDADE POESÍA
ACCÉSIT: “O sexto sentido: a poesía”, de María Sánchez Rodríguez, 1 º Bac E
2º PREMIO: “Sumirse no olvido”, de Uxía Arenas Castro, 3º ESO A
1 º PREMIO: “Boneca de trapo”, de Iván Fernández López, 1 º Bac B
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
5
O PASADO ESCURO
E ra só un neno cando isto aconteceu.
Sempre fomos un pobo orgul loso e concil iador coas cidades veciñas ata que un día nos traizoaron.
Os soldados apareceran baixo o manto da noite escura e escoitamos de cerca os gritos que farían estremecer
os exércitos máis poderosos. A xente acudira en masa á costa tentando fuxir da hoste asasina, pero para algúns
non houbo tanta fortuna, xa que os deuses decidiran abandonarnos á nosa sorte. O mar levantouse cara a nós
esnaquizando e inuti l izando os barcos contra o porto, e o bastión da cidade tornouse na última esperanza para os
superviventes, que o ateigaron ata que non entraba ninguén máis. Viamos os soldados moverse entre as infraestruturas
e podíase sentir o medo no ambiente, a desesperación nos asfixiaba. As lexións amoreáronse ao noso redor e con
eles centos de prisioneiros foron arrastrados diante das fi las.
O amencer, os seus alaridos espertaron o mundo e fomos testemuñas, con abatemento e pavor, do final de
moitos dos nosos parentes. Este acontecemento foi só o preludio dun moito maior. Cando remataron, volvéronse
contra nós. As defensas mantivéronse erguidas durante o que pareceu un século, pero finalmente sucumbiron. Os
homes loitaron con destreza pero nada foi de abondo. Superados en número, os inimigos penetraron os muros.
Mentres isto ocorría, a miña nai agarroume entre bágoas e meteume por un oco do bastión que o comunicaba
co exterior para a drenaxe de augas. Esvarei por ese conduto angosto, aterrado ante a proximidade dos gritos ás
miñas costas. O corazón latexábame moi rápido e respiraba con dificultade. Estaba fóra, deitado no chan lonxe
daquel caos; quedei inmóbil sen ousar respirar e agudicei o oído e a vista. Unhas voces que gritaban aproximábanse
pola miña esquerda, levanteime e corrín presa do pánico ata o espazo que había entre dous arbustos por onde
pasei serpeando ata perder de vista os muros entre a maleza. Apoieime un momento nunha árbore para recuperar
o alento e mirei para arriba, o ceo estaba cuberto de nubes de fume. Seguín correndo ata que o abatemento non
me permitiu continuar; ao lonxe puiden albiscar unha pequena vivenda maltreita.
Cando a penumbra caeu sobre as montañas e o xeado vento do inverno comezaba a ser cortante, alcancei
a pequena porta e entrei arrastrando os pés, esgotado. O cuarto estaba en silencio e ás escuras, pero ao cerrar a
porta decateime de que non estaba só. Alí, sentado na escuridade, estabas ti.
Os recordos dese día perseguíronme desde entón, pero grazas a ti puiden sobrevivir, e por ter pasado por
isto, son mellor rei do que nunca podería ter sido.
MARÍA CARRERA 3º ESO B
2º PREMIO NARRATIVA
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
6
S uminme no olvido
Esperando recordar
Temerosa
Desesperada
Desordenada
O olvido é frío
Horroroso
Prematuro
Agarrótaseme no peito
Mírote e conxélome
Rómpome
Destrúome
Pero encántame mirarte e sentir cada anaquiño da miña pel;
Crisparse
Romperse
Desfacerse
As túas mans enlazadas a outras esnácanme
Pero non podo mirarte doutro modo
O reflexo dos teus ollos fai qué o olvido corroia o meu corazón
O olvido xa chega
Xa me invade
Á fin e ao cabo a todos nos chega
é como a morte
Sabes o mellor?
Ao esquecerme de min esquecinme de ti
Uxía Arenas, 3º ESO A
2º PREMIO POESÍA
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
7
1 º premio
Zánatos me tendió su mano,
Morfeo me abrazó,
Anubis me invitó a su dominio,
Ereshkigal me besó,
Y la muerte me absorbió, entre un amasijo de hierro destrozado y llamas.
Iván Fernández López, 1º Bac B
2 º premio
- ¿Sí?
- Hola, ¿está tu mamá?
- ¡Un momentito, por favor!
¡Mami, el teléfono!
- Bueno, tráelo aquí.
Se lo doy, hablan de mi hermano Juan y su coche. Mami cuelga y
l lora. Juan no volverá a conducir.
María Girón Gesteira, 4º ESO A
3 º premio
7 A.M.
46 anos. Un “Ten coidado” da muller. Un doce bico da nena ó seu pai.
Unha chave que acende un coche e unha canción que ameniza a viaxe.
1 9 anos. Unha festa. 2 copas de máis.
Un choque.
E 6 vidas destrozadas.
Nerea Andrade Palacios, 2º Bac D
CONVOCATORIA MICRORRELATOS DO
DÍA EN RECORDO DAS VÍTIMAS DE ACCIDENTES DE TRÁFICO
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
8
O meu pesadelo
E staba eu un día na cama tratando de durmir cando, de pronto, escoitei un ruído forte fóra do meu
cuarto. Levanteime lentamente e coloquei as zapati l las que estaban ao carón da miña cama nos pés.
Camiñei lentamente ata a porta, sen saber o que podería pasar. Armeime de valor e abrina. Ao outro lado era de
día, o cal era estraño xa que o meu reloxo indicaba as dúas da mañá. Pero non era a hora o que me deixou abraiado:
non estaba na casa. Descubrín en fronte de min unha gran montaña que semellaba unha inexpugnable mural la. A
uns vinte metros de min atopei unha porta corredía de cristal, que reflectía a cálida luz do sol. Aproximeime máis
e intentei abrir a porta, que non ofreceu resistencia. No interior da montaña había un grande espazo aberto cheo
de escritorios grandes de oficinas. A primeira vista puiden descubrir unhas doce persoas, algunhas camiñando e
outras fronte aos ordenadores, descifrando algoritmos e claves. Eu, impresionado, aproximeime a un home e
preguntei l le onde estabamos, pero el, duns trinta anos de idade e de cabelo escuro, non respondeu. Camiñei entre
as mesas e fun atopando máis e máis xente, pero ninguén respondía as miñas cuestións. Traballaban nos
ordenadores, falaban nun idioma misterioso e impronunciable, e outros perdían o tempo xogando a unha especie
de solitario nos monitores. Seguín paseando un anaco ata que descubrín un longo corredor, que levaba a unha
porta escura e misteriosa.
Farto de incógnitas, abrín a porta e vin ao outro lado outro corredor igual ao anterior, só que ao final había
tres portas. As dúas dos lados tiñan uns símbolos estraños nelas, pero a do medio era totalmente l isa e sen nada
nela. Aventureime primeiro nas laterais; resultaron ser baños: un para homes e outro para mulleres. Ao saír deles
entrei na porta central.
Unha ampla e escura estancia revelouse ante os meus ollos. Non se vía nada, así que apalpei a parede ata
encontrar un interruptor. Ao atopalo e premelo i luminouse o cuarto cunha luz fría e apagada que me deixou ver
outro escritorio, esta vez máis grande, cun enorme monitor. Ao achegarme vin un teclado. Premín unha tecla ao
azar e a pantal la i luminouse, mostrándome a montaña na que estabamos. De pronto, unha forte alarma soou e ao
outro lado da porta un bulebule total conseguiu atravesar as paredes e chegar ata min. Na pantal la apareceu un
enorme monstro que se aproximaba á montaña. O chan tremía a cada paso que daba. Eu, aterrado, vin como o
ser xigante empezaba a derruír a montaña con pés e mans. Paral izado polo medo na cadeira do cuarto, vin como
unha pouta xigante atravesaba o muro e\
Espertei na miña cama, cunha suor fría percorrendo o meu corpo. Era de día. Levanteime e baixei a almorzar.
Que fame tiña!
Manuel Martínez de Prado (2º ESO C)
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
9
Memorias dun misóxino
Retrocederemos ata o ano 2000, eu chegara ao parvulario cos meus catro aniños, estaba emocionado,
non como os demais nenos. Foi ese ano cando sufrín o meu primeiro desamor cunha nena morena
ela, cos seus beizos rubios, as súas trenzas e os seus xoguetes. Foi ela quen me beixou por primeira vez, a miña
primeira moza, coa que me bicaba debaixo das mesas. Á semana seguinte estaba con outro neno supostamente
máis riquiño ca min. Dende ese día ata a semana seguinte non era un neno ledo, ninguén sabía o que me pasaba
e ninguén o soubo. Como todos fun crecendo pasiño a pasiño ata o día de hoxe e dende aquela non volvín a sentir
unha emoción tan grande como por aquela meniña. Non é que siga namorado ou algo polo esti lo, pero perdín a
confianza nas mulleres. Aínda non tiven ningunha moza seria, é certo que son xove, pero non me agrada a idea
de que non me poida namorar no que me queda de vida, que aínda me queda moito suponse. Cuestiónome o odio
ás mulleres xa que non me fiei de ningunha das rapazas coas que estiven. Pode que sexa unha etapa, pero isto
estase alongando bastante, na miña opinión, e as
veces danme arroutadas e póñome bastante tristeiro.
Non vou a desculparme coas mulleres que estiven,
pero detrás dos meus comportamentos sempre houbo
un porqué, malia que non o coñeza nin eu, nin eu
sequera.
Ramón Cabaleiro Tellado – 2º Bac A adultos
A miña mascota
C omo ben di o titulo, aquí vouvos amosar a miña relación coa miña mascota, que neste caso é un can
e chámase Lume. Trátase dun can de caza de diversos cruces de razas e a relación que teño con el
é máis significativa que se fose unha simple mascota, pois eu considero ao meu can un membro máis da miña famil ia.
O meu can ten tres anos de idade e ten a súa historia na rede social Tuenti, á cal considero pasada de moda,
pero esa é unha opinión persoal. Eu tiña agregada a unha amiga da mocidade chamada Sabela e entrei no seu
perfi l e vin un anuncio que poñía exactamente: “Regálase can, coas vacinas postas, ten tres meses de idade e
responde ao nome de Lume". Eu vin a noticia e ilumináronseme os ollos, era a miña oportunidade, sempre desexara
ter un can e, por unha cousa ou por outra, non o daba tido. O tema era o seguinte: a miña amiga estaba vivindo en
Andalucía e eu púxenme en contacto con ela pola mencionada rede social e, tras apalabrar con ela todo e formalizar,
ingresei no banco unha cantidade correspondente ao transporte do cadelo, que veu na famosa rede de transportes MRW.
O can chegoume ao cabo de dous días e decateime dunha cousa a
primeira vista: o can estaba aterrorizado\! O animal fora maltratado polos
donos anteriores a ela. . . Pouco a pouco fóronse normalizando as cousas.
Pasado un tempo, o can tiña xa un ano e medio, un día ao levantarme comprobei
que o can desaparecerá da caseta que lle fixera. Pasou un día, pasou outro
día e non aparecía. . . ata que, ao terceiro día desde que comezara a ansiosa
busca, recibimos a chamada da canceira. O can aparecera, alí o recollín da
zona onde estaba metido. O can, ao ver ao seu dono, abalanzóuseme e eu
fixen o mesmo sobre el. . . , despois de esta e mil aventuras máis podo dicir
que, ás veces non podemos quedarnos con que son simples animais ou
mascotas, para algúns de nós son membros da famil ia ou amigos dos mellores.
Fabio González Ferrín – 1º Bac B adultos
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
10
O la Molina, son Cristina, ti non me coñeces, pero polas cartas que me enviaba meu irmán
Santiago, ti es a persoa axeitada para resolverme unha dúbida.
Como xa sabes, o camiño que levou o meu irmán ata o exército foi nunha parte iniciativa propia
e noutra parte azar, pero durante os case oito anos que estivo na sétima contigo que pasou para que
pouco a pouco se fora distanciando tanto?
En Iugoslavia dicíame que a xente era moi boa, e esta agradecíal les a todos os soldados a súa
presenza na zona, e que era moi diferente a todo
o que escoitara nas charlas da compañía. En
Ruanda era fel iz, pois a pesar de só estar
neutral izando petardos, dicía que cada unha que
sacaba era un neno menos muti lado. Pero todo
comezou a cambiar cando foi a Iraq; pois cando
estaba de permiso notábaselle distante, coma se
pouco a pouco parte da súa vida desaparecera,
sempre tenso e mirando as fiestras dos edificios
como se houbese unha misa. En Afganistán non
foi mellor, e a súa inadaptación despois de deixar
o exército afectoul le a todas as facetas da vida,
nunha ocasión atopeino durmindo no seu cuarto no chan cunha manta e el contestoume que o colchón
era moi brando. En ocasións dicíame que non se arrepentía das cousas que tivera que facer aló, pero
si que se sentía frustrado de non haber podido facer outra cousa.
Molina, poderíasme dicir a que se refería meu irmán cando falaba disto?
O meu barrio
N acín nun barrio da provincia de Bos Aires chamado San Andrés, onde o meu avó materno
decidiu empezar a formar a famil ia cando emigrou de Ital ia. Por aquel entón só había unas
cantas casas e un polideportivo que recentemente comezaba a funcionar. Co paso do tempo, o barrio
foi aumentado ata chegar ser o que é hoxe día. Non só con casas, tamén temos algúns negocios, como
unha farmacia ou unha inmobil iaria, un tal ler mecánico, un ultramarinos e ata unha pequena fábrica de
pasta, todos eles levado polos propios veciños.
Lémbrome que cando era pequena, as miñas amigas e eu xogabamos na porta das nosas casas
sen que as nosas nais se preocupasen porque todo a veciñanza nos vixiaba; sempre había algún veciño
sentado á porta dunha casa charlando con outro ou tomando mate. Cando chegaba a noite de Nadal
ou de fin de ano, cortábase o tráfico e todos os
veciños sacaban as mesas e cadeiras das súas
casas á rúa, cada un facía algo de comida e
ceabamos todos xuntos como unha gran famil ia ata
ben entrada a madrugada. E no verán xuntabámonos
todos na piscina do polideportivo, non faltaba
ninguén.
Agora co paso do tempo e a distancia lembro
o meu barrio como un dos mellores do mundo, coas
súas cousas malas e coas súas moitas cousas
boas, e quizais non o vexa pero algún día espero
poder volver gozar de todo aquilo.
Florencia Mosquera Di Napoli – 2º Bac B adultos
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
11
Unha historia de amor
E la non sabía que apuntarse naquela escola de música l le ía causar moitas alegrías, pero tamén moitas
dores de cabeza.
Animouse cunha amiga, para probar en principio, e se l les gustaba seguirían.
Pasou un tempo e Abril e Xulia quedaron naquela escola, todos eran xeniais, pero o que non esperaba Abri l
era que comezaba a ter certo interese por un dos seus profesores. Non lle deu importancia, pensaba que era algo
pasaxeiro, máis ben, atracción sexual, aínda que o profesor non era atractivo.
As clases de música eran na vila de Abri l , ela estudaba na cidade de Ourense e o profesor (Mario) era de
alí. Ó rematar o instituto, a protagonista tiña cea cos seus compañeiros esa noite e cadraba no mesmo día que
había ensaio na escola; entón ela falou con Mario para ir con el ata a cidade e el aceptou.
Ó chegar a Ourense o profesor díxol le a Abri l se l le apetecía que comesen xuntos e non houbo un non como
resposta. De camiño no coche as miradiñas pícaras eran continuas, falaron de moitas cousas pero Abri l tampouco
fixo moito caso.
Despois da comida as cousas "agraváronse" algo, o tema subiu de ton, e cando a foi deixar na casa. . . Os
seus beizos estaban pretos de máis, a tensión era demasiada e sumíronse nun bico húmido, cheo de paixón, no
cal a nosa protagonista confirmou os seus sentimentos. Decidiu parar, ela non aceptaba que fose a máis porque
Mario tiña parel la e el leváballe uns cantos anos de diferenza.
A historia entre eles continuou con normalidade. Notábase a química entre eles, algúns do grupo da escola
andaban moi atentos a estes rapaces.
Meses despois, nunha comida, entre viños bo ambiente. . . Pasou algo moi equívoco; entregouse completamente
a el, o amor que sentía puido con ela e cos seus principios.
Abri l confesoulle os seus sentimentos, non podía máis, sacouse ese peso de enriba.
A reacción del foi estraña, non o esperaba, quedou atónito, e como resposta l le deu uns
bicos tenros na meixela e mais na fronte, ela pensaba que con iso aínda estaba máis
namorada, pero tamén confundida. Queríaa? Deixaría Mario os seus medos e intentaría
unha relación con aquela rapaza tan nova?
Falaron sobre o tema; a conclusión á que chegou esta adolescente foi que iso non
ía a ningures, el non deixaría a súa relación, levábanse moitos anos e eran un pouco tol iños.
Abri l levaba moi mal o sei novo curso, só pensaba nesa historia imposible e quería
rematar con esa preocupación. Non lle achegaba nada, iso non remataría en noivado (ou
talvez si), en algo serio como esperaba. O plan que se fixo foi deixar a escola de música, unha tolería arriscar algo
que che gusta por alguén, pero estaba moi indecisa, non sabía o que facer. . . De verdade sería o mellor?
Cristina Núñez Núñez – 2º Bac B adultos
13.Carta a un amigo.
(Esta carta é ficticia, calquera parecido coa realidade é pura coincidencia)
Q uerido Paulo:
Escríboche esta carta porque por escrito as palabras se me dan mellor que falándoas.
Ata hai uns meses non sabía o que significaba a palabra "amor", sei o que é polo sentimento que se ten a
famil iares e amigos, pero nunca o sentira cara a unha persoa allea a este círculo.
Como ti ben sabes, cando nos coñecemos ningún dos dous reparou no outro, pero comezamos a falar, a
coñecernos pouco a pouco sen segundas intencións, algo inxenuo.
Pero pola miña parte foi nacendo un sentimento que hoxe en día para min é inmenso, incomparable a
calquera outro que sentín na miña vida.
Abrinche as portas do meu corazón como nunca llas abrira a ninguén, ás veces dáme medo sentir estas
cousas, precipitarme, pero o meu corazón dime que ti non me vas fal lar.
Confésome contigo desta forma porque en persoa, cando me miras cos teus ollos verdes posme nerviosa
e non me saen as palabras como quero que saian.
Só espero e rezo cada día para que os teus sentimentos se correspondan cos meus.
Con todo o meu amor,
María.
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
12
Unha historia de…
I nternet, algo esencial hoxe en día, esa ferramenta que cambiou o mundo e no meu caso a miña vida e omeu futuro.
Nel investía todo o meu tempo libre, gustábame ler, observar, buscar, falar con persoas ás cales non coñecía
e non podían xulgarme, el era o meu compañeiro diario ao que acudía cando me sentía soa, e alí o coñecín.
Eu era unha rapaza de 1 6 anos humilde e vulgar, desas que os rapaces nin miran. Pasaba os días estudando
e planificando o meu futuro, soñando con el, era organizada e ultimaba cada elemento da miña aburrida vida, que
Albert cambiou.
Si, seino, parece imposible que saia ben unha historia de amor entre dúas persoas totalmente diferentes e
separadas por 1 0.000 quilómetros, pero namoreime dese rapaz que non estudaba, que vivía o día a día co seu
corpo manchado de tinta e ese pelo negro alborotado sobre a súa táboa de surf ondeando as ondas. . . e el tamén
se namorou de min, a rapaza cunhas cantas curvas de mais, grans tormentosos, un pelo indomable e un chisco de
inseguridade.
Os meses pasaron e cada día estabamos máis namorados, planificabamos o momento no que nos veriamos,
soñabamos con tocarnos, con gozar xuntos vendo unha película ou simplemente con oír un ámote persoalmente.
Cría xa que el era a miña vida, amábao con cada latexo do meu corazón, sabía que o noso amor era puro
e verdadeiro.
Eu cambiárao, xa non era tan rebelde aínda que mantiña a súa esencia, tiña máis claro o seu futuro e onde
quería dirixir a súa vida e el cambiouma a min, ensinoume a gozar do día a día e activoume o sorriso na miña cara.
Era fel iz, só contaba os días para vernos, xa que cos meus aforros puidera comprar un bil lete de avión para
poder ir velo, pero un día todo rematou, espertei dese soño, el desapareceu da miña vida. Non contestaba ás miñas
chamadas nin aos meus emails nin tampouco estaba activo en internet.
Volvinme tola, non sabía que facer necesitaba entender que ocorrera, só necesitaba saber que estaba ben.
De alí a uns meses recibín noticias de Albert, dicía que estaba ben pero que o noso era imposible xa que eu
merecía algo mellor, que sempre me amaría e que algún día cumpriría a súa promesa de vernos.
Pasaron 5 anos, estou final izando a miña carreira de dereito á vez que traballo nunha tenda de roupa, teño
unha famil ia que me apoia e me quere e unha parel la á cal adoro e amo, el é o meu mellor amigo.
Sigo pensando en Albert xa que foi o meu primeiro amor e penso en se esa historia foi real ou froito da miña
imaxinación, pero non me arrepinto de nada do que pasou xa que se non tivese acontecido, probablemente non
tería a vida que teño neste momento. . . e non sei, quizais algún día Albert cumpra a súa promesa.
Yasmina Magaz Sueiras – 2ºBac B adultos
M iña querida princesa, a túa fermosura esperta no meu peito emocións tan intensas, que os sentimentos
cobran vida con estas palabras; palabras que dende hai moito tempo pensei, pero, que por medo
nunca antes me atrevera a contar.
Dende o día que te vin, quedei cativo nesa mirada túa , l ibre, intensa, profunda. . Nese mesmo intre, comprendín
que eses ollos serían o meu destino. Ata agora mesmo, o meu corazón non entendía máis de amores se non era
contigo. Ti dende o primeiro momento fixéchesme sentir en poucas palabras, un home querido, un home afortunado,
un home desexado, incluso un home capaz de todo.
Polo teu amor críame capaz de escalar a montaña máis alta, atravesar o río más caudaloso ou derrotar o
meu medo máis profundo. Convertícheste na miña fonte de enerxía, dándome amor e boas formas, eu pola contra,
calor e intensidade. Nun período de tempo que daba menos a imaxinar, equil ibraches esta terrible desorde chamada vida.
Por iso, cústame tanto dicirche isto. . .
Miña flor, lamento dicirche que chegou o momento de separarnos. A pesar de que estou perdidamente
namorado de ti, temos que terminar con esta relación. Decateime de que nun corazón nada é para sempre e que
os anos se notan e pasan factura. Dóeme terriblemente separarme de ti pero isto acabouse. Todo o que podo dicir
é, grazas por todo, por todo o que me ensinaches e sobre todo, que che vaia ben e que coides dos teus problemas.
Escribir isto estame matando, non o creo nin eu o que estou a facer.
Sempre teu
“O misterioso navegante”
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
13
No meu proxecto para o texto que nos pediu, ao ter tempo para el, intentei facer algo diferente, non un texto
narrativo ou expositivo como estamos habituados a facelo. Se vostede considera que non é a maneira correcta,
rógolle que mo comunique e redactarei un novo. Para escribilo, inspireime nun dos temas que se nos facilitaron; a
soidade, pero enfocada dunha maneira alegre, de autosuficiencia, cantándolle á vida. Espero que sexa do seu agrado.
Ao final só foron promesas incumpridas,
nada imaxinable ao comezo da partida,
bágoas continuas derramadas cada día,
só pretendía verte ao meu carón, amiga.
Marcho, xinete desolado,
soidade inconcibible, pensamento incontrolado,
martirio diario, sorriso rematado,
poeta desarraigado, sol itario e intimidado
pero escribirei onde estea, nalgún momento inspirado, rodando en espiral
carezo de algo vital
duro coma un diamante, ante un soño de cristal;
así que cavilarei distante,
sentado nun parque, nun mundo á parte;
seguramente algún momento inoportuno para lembrarte.
E así chegarei ao cume, por verte sorrir
contareiche as veces que non souben estar sen ti
e se afundo ante as bágoas que non derramei,
sabes que alí estarei, sen importar cando ou qué.
Só, pero alí sentado cavilarei
E coma Peter Pan eu voarei,
novos versos de puño e letra escribirei,
consciente que endexamais a regalalos voltarei.
Así que marcho só
a contarl le batal l iñas á lúa,
só, porque me gusta, nada me asusta.
comigo levo recordos e promesas,
comigo levo algúns versos e frases incompletas.
Marcho só, coas miñas cancións e as miñas metas,
entre a mirada da xente, procuro o meu presente
só, coma o corazón dos poetas
só, coma a mirada dun fumeta,
só, como a estela dun cometa,
só, acompañado da miña conciencia
Buscarei resposta a este planeta,
pero aquí deixo fobias, virtudes e promesas.
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
14
Conto dunha tarde inesperada
E ra o verán do 2007, e coma de costume, pasábamos o tempo nun barrio de Cabral, lugar onde nacín
e me criei.
Nós eramos un grupo de rapaces moi grande, no que os compoñentes eran de tódalas idades. Os protagonistas
deste acontecemento eramos os máis cativos do grupo, os que sempre adoitaban apandar coas bromas. Ao final
do barrio había un camiño que daba ao río Lagares, unha zona que uti l izáramos anos atrás para facer as fogueiras
de San Xoán. Era unha pequena zona chea de arbustos e árbores bastante tranquila e apartada da rúa e dos ollos
dos veciños.
Un día, un grupo da nosa panda, decidimos facer unha cabana para ter un lugar fixo onde pasa-lo tempo.
Decidimos ir a un campo de fútbol preto, de onde roubaramos os banquiños e os toldos para a nosa cabana. Polo
camiño víronnos uns veciños e desconfiadamente preguntáronnos que andabamos a facer con aqueles bancos e
máis co toldo. O máis pil lo do grupo contoul les que os colleramos do lixo e que os iamos aproveitar para facer unha cabana.
Feita esta cabana, co paso dos días comezamos a pasa-las tardes a beira do río Lagares, aínda que daquela
o río estaba contaminado e non nos podíamos bañar.
O grupo era xeitoso, os rapaces do barrio de toda a vida, irmáns, primos, veciños de casa con casa. Así
pasabamos as tardes, dándolle os “piti l los da risa”, xogando ás cartas, aos malabares, facendo cabanas con palés
nas copas das árbores, ás veces moi pouco seguras. . .
Pero a historia da que vos vou falar aconteceu un día que estábamos Álex, Óscar e mais eu. Foi un día que
ningún dos tres (sobre todo eu) imos poder esquecer. Estabamos na cabana coma sempre, pero deuse o caso de
que o aburrimento era tal que decidimos subir para a canella. Eu díxenlle aos meus compadres que poderiamos
entrar na casa abandonada que había na outra parte da canella. Esta casa era moi curiosa. Era unha casa grande,
seguramente dunha famil ia adiñeirada na súa época. Levaba anos pechada por un veciño que, ao encontrala tan
insegura para os rapaces xogar nela, decidiu pechala cunha cadea e un cadeado.
Decidimos entrar na casa. Fun á miña casa e collín un cortafríos do meu pai para poder cortar a cadea.
Cortámo-la cadea e entramos na parte inferior da casa. Sorprendeunos a dimensión dese baixo que daba ata a
estrada, era un baixo de gran amplitude. Para acceder o piso superior había unha escaleira de madeira, seguramente
colocada polo grupo de mozos que pararan alí hai anos, xa que había pintadas nas paredes cos seus nomes. Como
todo cativo, decidimos subir en busca de aventuras. Así o fixemos e demos a un patio que separaba a casa en dúas
partes. Unha casa curiosa, chea de moitas dependencias baleiras onde non se sabía se eran dormitorios, salóns. . .
Só se podía acceder a unha parte da casa. Díxenlle ao Álex e ao Óscar que había que ir por ese corredor. No medio
do corredor había unha táboa cruzada, nos cuartos había "pósters" de mulleres un tanto l ixeiras de roupa, seguramente
dos mozos que estiveran alí anos atrás. Eu ía primeiro e apartei a táboa. O corredor daba a outro patio. Ao entrar
ao patio, vin cara á dereita onde había unhas escaleiras, pero ao ver para a esquerda. . . ao ver para esquerda a
miña sorpresa foi que había un cadáver boca abaixo tirado no medio do patio. Eu tiña 1 5 anos, e ao ver o cadáver,
peguei un salto para atrás e quedei branco, branco coma a parede do corredor. Óscar, ao verme a cara, preguntábame
que que me pasaba, e eu asustado díxenlle: eu voume desta casa que hai un cadáver, veña imos chamar á policía,
díxenl le a eles coas pernas aínda treméndome. Non falaba moi ben co susto. Álex decidiu quedar alí para inspeccionar
o corpo, un “rapas” con estómago onde os haxa. Díxonos que tiña a cara podre, dato un tanto interesante naquel
momento. Óscar nin quixo velo, a miña cara dicíao todo. Baixamos correndo e chamamos a todo veciño canto había
no barrio. Ningún deles nos cría ao principio, pero comezaron a dubidar cando lles dixen que subiran ao final do
corredor e comprobaran se estabamos no certo, eu por suposto non fun. Un deles entrou e, ao baixar, dixo que era
certo, había un cadáver. Chamamos a policía, viñeron os forenses, pero nós xa non estabamos. Óscar e eu decidimos
ir para a cabana a fumar un pouco, a ver se se nos pasaba o susto, a min máis ca el, xa que el nin o viu.
Semanas máis tarde chegamos a conclusión de que o corpo sen vida, que segundo a policía levaba morto
máis de medio ano, dato que me estrañou, xa que o corpo non cheiraba a podre ao entrar nós na casa, era o
Santiaguiño, un vagabundo da zona da Ponte de Cabral. Nunca soubemos se de verdade era ou non quen nós
pensábamos, o que si sei eu é que dende ese día non quixen volver a entrar naquela casa e menos despois de que
uns operarios da construción, ao tirar unha metade da casa, encontraran outro corpo emparedado no baixo.
Ese día, esa maldita tarde na que eu decidín coller o cortafríos do meu pai, é unha tarde que non esquecerei
o resto da miña vida.
Diego Carballas Alonso 2º Bacharelato B (adultos)
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
15
A MORRIÑA- Avó, queda comigo; non dou concil iado o sono.
+ De acordo Martín, e que queres que che conte hoxe meu rei?
- Pois non sei. . . Creo que xa son maior dabondo como para escoitar fantasía, quero escoitar a realidade,
por que non me falas da túa Galiza? Descoñezo as miñas orixes, as miñas raíces, quero saber máis de min.
+ Está ben meniño, pecha os ollos e escoita:
Hai xa moitos anos, no 1 91 2, cando se asomaran por primeira vez nos meus pequenos ollos os raios de luz
que quentaban as costas galegas, nacera eu entre montañas, ríos e mananciais, o cálido aire da primavera rozaba
as miñas meixelas, excitaba toxos e carballeiras, gaivotas que amansaban rompentes nas costas; tiña o poder de
abrazarme, de facerme sentir amado, querido, na miña casa, no meu fogar.
As andoriñas adornaban os meus recordos e as tormentas encadraban os meus anhelos. Existía unha ponte
fermosísima, moi antiga, nacía cando as nubes choraban e se mostraban cando o sol cegaba. . . arco da vella facíase
chamar, a máis fermosa de tódalas pontes!
Cando contaba eu cos 1 7 anos, o destino obrigárame a emigrar ata a antiga Arxentina, recibíranme entre
olas e sorrisos, pero non tardaría en decatarme de que pouco a pouco se esvaecería a ledicia que revivía a miña
mirada. Durante anos, os meus ollos foran o hábito da paixón por Galiza, sangue do meu sangue, miña terriña
namorada. A propia morte que vivín foi presenciada por terras descoñecidas, o sol deitándose e Galiza estrañándome.
Os meus segredos descansaron no fondo do mar, coa esperanza de que algún día volvería pisar Galiza.
Viúvo quedei, pois foi tarde cando descubrín que namorara da miña terra.
- Avó! E os teus fi l los! Onde quedaron?, E que non tiveches máis?
+ Acouga Martín, escoita con calma a fin da miña historia;
Por suposto que fun pai, fun pai dos toxos, das carballeiras e dos castiñeiros, deil le vida ás costas, as
andoriñas e as xibardas, brinquei tan alto que alcancei cumes e curuxas, noites escuras e estreladas, ata que unha
madrugada o ceo non me regalara estrelas, o refacho de vento que me espertara ao nacer volvería para pecharme
os oll iños e morrer, o meu final foi un, tristemente esvaecín coa lei da natureza que separa os galegos da súa nai,
A MORRIÑA.
Laura Francisco Sande 2º Bac. B adultos
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
16
Moi inconcluso e moi axudado por un corrector. Despois de darlle á cabeza sobre a natureza de Deus
pareceume que non estaba de humor para filosofar contra o cronómetro, e que dado o meu estado de apatía o
más axeitado sería escoller o tema de "os meus días tortos", pero a cosa evolucionou de forma descontrolada e
agora véxome metido no medio dun relato que non podo simplificar e que non dou terminado a tempo. Isto é o
que puiden escribir ata agora, non ten nada que ver co que en intención acabaría sendo, é máis que nada unha
presentación de escena e personaxes, pero é mellor que non entregar nada e talvez teña unha extensión máis
adecuada do que ocuparía o resultado final, que sería tranquilamente cinco veces o mesmo. Isto é:
O peor viñera cando comezou a chover a chuzos. Apenas houbo forma de durmir durante semanas e
espertaba co estómago a dous centímetros da boca. As mañás eran frías e non podías esconderte
da humidade. Neses últimos días aínda había luz, pero levaba sen auga dende había unha semana e as facturas
estaban a acumularse debaixo da porta. Eran a única relación coa realidade que quedaba entre as paredes do apartamento.
Unha das últimas cousas memorables que sucedeu antes do escándalo pasou mentres intentaba escribirl le un
correo a Miguel. Esa mesma tarde estiveramos a discutir nunha cafetaría. A súa nai fixérao bailar a tortas tras
encontrarl le un paquete de tabaco na chaqueta, e ao parecer ambos os dous daban por feito que iso l le garantía
unha semana de vacacións no meu apartamento.
-E a túa nai cre que eu vou adoutrinarte durante unha semana e que volverás á casa feito un boy scout?- El
encolleu os ombreiros coma se todo aquilo l le resultase alleo. - Pois vai de cu. . . -
Fíxose un silencio incómodo. Eu non sabía como abordar o tema e tampouco sabía como darl le a entender que
podía confiar en min e que debiamos falalo en serio, pero cada vez que me mental izaba, víame encarnando o
típico pai falso dos dramas americanos que quere facerse o santo para conquistar o seu fi l lo descarreirado. E
segundo ía pasando o silencio, sentíame cada vez máis patético, buscando a expresión facial e o ton de voz
máis axeitado co que un pai debería encarar a situación. En cousa duns instantes quedáronme descartados
todos os trucos e sentín que xa non había ningunha situación patética que non tivese imaxinado. Entón
pareceume todo moito máis sinxelo.
-. . . Por que o fas?-
El miroume incrédulo.
-O que?
-Fumar? Sabes que podes escaral larche a saúde de por vida. -
Pola cara coa que me mirou, creo que el tamén viu o pai do drama americano. Pasou como un segundo longo
mirándome con esa cara ata que conseguiu encontrar a evidencia máis gorda de entre o saco de evidencias
incómodas.
-Quen vai dicirme como deben facerse as cousas? . . . ti? . . .mamá?-
A miña carreira cara ao fondo do patetismo tocara meta: velaquí o drama americano, co pai, co fi l lo, e todo. Esa
"t" do ti , que soou a disparo de pistola e fíxome dar un bote na cadeira, asegurou que a miña cara de vergoña
quedase inmortal izada no meu propio carrete mental. A idea de que podería disuadilo con palabras fora
evidentemente estúpida. Suspirei e quedei mirando á rúa a través do cristal, sen saber que dicir. Verme
derrotado debeu facelo baixar as armas.
-Porque a mamá lle fode. - Mirouse a man con resentimento. - E a min fódeme mamá. Creo que o meu é menos
insoportable. E fai menos ruído. -
Aquel comentario causoume unha gran simpatía, e case sen querelo e nin me decatar, comecei a desembuchar
todo tipo de historias escabrosas acerca do ogro da súa nai, que rapidamente se viron correspondidas por
outras, igual ou máis terribles, por parte del. E así coa parvada, a conversación saíu de nai: de pronto
pelexabámonos por completar a historia do outro en partes que nos eran totalmente famil iares,
interrompéndonos ás veces a gargallada l impa, e canto máis nos animabamos, a verosimil itude das anécdotas ía
facéndose cada vez máis despreocupada, e acababamos tirando da pura imaxinación. Por uns momentos
pareceu que estabamos moito máis unidos do que estabamos en realidade.
Ironicamente, foi o chegar certo nivel de ficción o que me fixo darme de fociños no chan: levaba meses sen
escribir, o cal me recordou que levaba semanas sen ir ao instituto, o que tamén me recordou que levaba días á
marxe a vida civi l izada.
-Non podes quedar no meu apartamento.
-Por?- Con esa si l le sorprendera de verdade, por mais que intentase ocultalo.
-A veciña está moi mal estes días, non é boa idea. . .
-Sabes que eu durmo igual. -
Quedei pensativo. Non era pola veciña do lado. Miguel está afeito aos berros da súa nai e durmiría no medio da
fin do mundo, pero eu non quería que vise en que se estaba a converter a miña vida neses momentos. E aínda
menos, que o soubese a súa nai. A relación con ela era cada vez máis violenta dende que os avós puxeran unha
denuncia. En realidade, se quedaba algo peor que estar acabado, era que eles o soubesen. Apoiei a fronte coas
mans e tapei os ollos.
-Sabes. . . creo que me vou ir desta cidade.
-Onde?- Levantou unha cella. Xa empezaba eu coas miñas lagoas de sentido común. Eu encollín os ombreiros e
levantei as palmas.
-E eu que sei. . . calquera cousa debe ser mellor que isto. -
-Sabes que non teño outro sitio onde ir, verdade?- Puxérase grave, non ía poder distraelo doadamente. O meu
piso era a súa única alternativa a quedar na rúa.
-Págoche un hostal.
-Papá. . . teño trece anos. -
E aí perdín a paciencia comigo mesmo.
-Vés comigo e falo eu coa túa nai. -
Leveino no meu coche á casa da súa nai e intentei arranxar o asunto. Estaba disposto a escoitala por isto antes
que por algo peor, e parece que os meus esforzos foron o suficientemente desesperados como para funcionar.
Antes da noite puiden volver só a recluírme no barco á deriva.
Comecei dicindo que estaba a escribir un correo. Terían pasado xa varias horas dende que chegara ao meu
apartamento, estaba sen cear e non podía durmir. O achegamento con Miguel provocado por aquel incidente
deixárame activo en exceso e con ganas de falar con alguén de confianza. Eses días estivera moi só. Metinme
no ordenador e comecei a escribir un correo longo, de ti a ti , intentando presentarme, polo menos, como alguén
próximo, e ao mesmo tempo reconcil ialo coa súa nai. Levaba eu como hora e media escribindo con entusiasmo,
e simplemente foise a luz. "Iso é todo amigos!". Erguinme no medio da escuridade e mirei ao meu arredor. Sabía
que non ía durmir esa noite. Se tivese sabido todo o que sucedería a raíz diso tería quedado mellor dando voltas
na cama.
David Rodríguez Núñez 1º Bac B adultos
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
17
Moi inconcluso e moi axudado por un corrector. Despois de darlle á cabeza sobre a natureza de Deus
pareceume que non estaba de humor para filosofar contra o cronómetro, e que dado o meu estado de apatía o
más axeitado sería escoller o tema de "os meus días tortos", pero a cosa evolucionou de forma descontrolada e
agora véxome metido no medio dun relato que non podo simplificar e que non dou terminado a tempo. Isto é o
que puiden escribir ata agora, non ten nada que ver co que en intención acabaría sendo, é máis que nada unha
presentación de escena e personaxes, pero é mellor que non entregar nada e talvez teña unha extensión máis
adecuada do que ocuparía o resultado final, que sería tranquilamente cinco veces o mesmo. Isto é:
O peor viñera cando comezou a chover a chuzos. Apenas houbo forma de durmir durante semanas e
espertaba co estómago a dous centímetros da boca. As mañás eran frías e non podías esconderte
da humidade. Neses últimos días aínda había luz, pero levaba sen auga dende había unha semana e as facturas
estaban a acumularse debaixo da porta. Eran a única relación coa realidade que quedaba entre as paredes do apartamento.
Unha das últimas cousas memorables que sucedeu antes do escándalo pasou mentres intentaba escribirl le un
correo a Miguel. Esa mesma tarde estiveramos a discutir nunha cafetaría. A súa nai fixérao bailar a tortas tras
encontrarl le un paquete de tabaco na chaqueta, e ao parecer ambos os dous daban por feito que iso l le garantía
unha semana de vacacións no meu apartamento.
-E a túa nai cre que eu vou adoutrinarte durante unha semana e que volverás á casa feito un boy scout?- El
encolleu os ombreiros coma se todo aquilo l le resultase alleo. - Pois vai de cu. . . -
Fíxose un silencio incómodo. Eu non sabía como abordar o tema e tampouco sabía como darl le a entender que
podía confiar en min e que debiamos falalo en serio, pero cada vez que me mental izaba, víame encarnando o
típico pai falso dos dramas americanos que quere facerse o santo para conquistar o seu fi l lo descarreirado. E
segundo ía pasando o silencio, sentíame cada vez máis patético, buscando a expresión facial e o ton de voz
máis axeitado co que un pai debería encarar a situación. En cousa duns instantes quedáronme descartados
todos os trucos e sentín que xa non había ningunha situación patética que non tivese imaxinado. Entón
pareceume todo moito máis sinxelo.
-. . . Por que o fas?-
El miroume incrédulo.
-O que?
-Fumar? Sabes que podes escaral larche a saúde de por vida. -
Pola cara coa que me mirou, creo que el tamén viu o pai do drama americano. Pasou como un segundo longo
mirándome con esa cara ata que conseguiu encontrar a evidencia máis gorda de entre o saco de evidencias
incómodas.
-Quen vai dicirme como deben facerse as cousas? . . . ti? . . .mamá?-
A miña carreira cara ao fondo do patetismo tocara meta: velaquí o drama americano, co pai, co fi l lo, e todo. Esa
"t" do ti , que soou a disparo de pistola e fíxome dar un bote na cadeira, asegurou que a miña cara de vergoña
quedase inmortal izada no meu propio carrete mental. A idea de que podería disuadilo con palabras fora
evidentemente estúpida. Suspirei e quedei mirando á rúa a través do cristal, sen saber que dicir. Verme
derrotado debeu facelo baixar as armas.
-Porque a mamá lle fode. - Mirouse a man con resentimento. - E a min fódeme mamá. Creo que o meu é menos
insoportable. E fai menos ruído. -
Aquel comentario causoume unha gran simpatía, e case sen querelo e nin me decatar, comecei a desembuchar
todo tipo de historias escabrosas acerca do ogro da súa nai, que rapidamente se viron correspondidas por
outras, igual ou máis terribles, por parte del. E así coa parvada, a conversación saíu de nai: de pronto
pelexabámonos por completar a historia do outro en partes que nos eran totalmente famil iares,
interrompéndonos ás veces a gargallada l impa, e canto máis nos animabamos, a verosimil itude das anécdotas ía
facéndose cada vez máis despreocupada, e acababamos tirando da pura imaxinación. Por uns momentos
pareceu que estabamos moito máis unidos do que estabamos en realidade.
Ironicamente, foi o chegar certo nivel de ficción o que me fixo darme de fociños no chan: levaba meses sen
escribir, o cal me recordou que levaba semanas sen ir ao instituto, o que tamén me recordou que levaba días á
marxe a vida civi l izada.
-Non podes quedar no meu apartamento.
-Por?- Con esa si l le sorprendera de verdade, por mais que intentase ocultalo.
-A veciña está moi mal estes días, non é boa idea. . .
-Sabes que eu durmo igual. -
Quedei pensativo. Non era pola veciña do lado. Miguel está afeito aos berros da súa nai e durmiría no medio da
fin do mundo, pero eu non quería que vise en que se estaba a converter a miña vida neses momentos. E aínda
menos, que o soubese a súa nai. A relación con ela era cada vez máis violenta dende que os avós puxeran unha
denuncia. En realidade, se quedaba algo peor que estar acabado, era que eles o soubesen. Apoiei a fronte coas
mans e tapei os ollos.
-Sabes. . . creo que me vou ir desta cidade.
-Onde?- Levantou unha cella. Xa empezaba eu coas miñas lagoas de sentido común. Eu encollín os ombreiros e
levantei as palmas.
-E eu que sei. . . calquera cousa debe ser mellor que isto. -
-Sabes que non teño outro sitio onde ir, verdade?- Puxérase grave, non ía poder distraelo doadamente. O meu
piso era a súa única alternativa a quedar na rúa.
-Págoche un hostal.
-Papá. . . teño trece anos. -
E aí perdín a paciencia comigo mesmo.
-Vés comigo e falo eu coa túa nai. -
Leveino no meu coche á casa da súa nai e intentei arranxar o asunto. Estaba disposto a escoitala por isto antes
que por algo peor, e parece que os meus esforzos foron o suficientemente desesperados como para funcionar.
Antes da noite puiden volver só a recluírme no barco á deriva.
Comecei dicindo que estaba a escribir un correo. Terían pasado xa varias horas dende que chegara ao meu
apartamento, estaba sen cear e non podía durmir. O achegamento con Miguel provocado por aquel incidente
deixárame activo en exceso e con ganas de falar con alguén de confianza. Eses días estivera moi só. Metinme
no ordenador e comecei a escribir un correo longo, de ti a ti , intentando presentarme, polo menos, como alguén
próximo, e ao mesmo tempo reconcil ialo coa súa nai. Levaba eu como hora e media escribindo con entusiasmo,
e simplemente foise a luz. "Iso é todo amigos!". Erguinme no medio da escuridade e mirei ao meu arredor. Sabía
que non ía durmir esa noite. Se tivese sabido todo o que sucedería a raíz diso tería quedado mellor dando voltas
na cama.
David Rodríguez Núñez 1º Bac B adultos
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
18
Aar
onH
erná
ndez
delR
ío
3ºP
DC
12
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
19
34
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
20
56
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
21
78
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
22
910
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
23
1112
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
24
13
14
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
25
15
16
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
26
A inmigración en España
N os últimos anos entraron España mil lóns de inmigrantes, algúns veñen de forma legal pero outros
moitos i legalmente. Actualmente a poboación estranxeira no noso país supera os 5 mil lóns de persoas,
deses 5 mil lóns aproximadamente 200.000 son “i legais”, aínda que actualmente algúns elevan a cifra ata mais dun
mil lón de persoas.
As causas desta inmigración masiva hainas que buscar a finais do século XX; a raíz do desenvolvemento
económico desde 1 995 comezouse a precisar moita máis man de obra, sobre todo en empregos de baixa
cualificación, isto comezou a atraer inmigrantes, ademais outras das causas que atraeron á inmigración foron as
regularizacións de “i legais” do 2000 e o 2005 e o reagrupamento famil iar no ano 2001 . Ademais, o feito de que
España se atope preto de África, en Europa, e teña fortes lazos con América latina facil ita a chegada de
inmigrantes. Ademais, moitos inmigrantes que veñen, fano por motivos políticos (persecucións por parte de
gobernos ditatoriais, etc.) ou económicos.
Sen dúbida, a inmigración é un auténtico drama humanitario, actualmente somos testemuñas dos continuos
asaltos ao valado de Meli l la por persoas que buscan unhas condicións dignas nas que vivir. A gran cantidade de
inmigrantes que habitan no noso territorio e o feito de que desempeñan, algúns, traballos pouco remunerados e
en negro, posibi l itou o xurdimento de ideas racistas que consideran á inmigración coma unha invasión que
compite polo emprego, consome recursos sociais en prexuízo do benestar da poboación española e ameaza a
identidade nacional. Estas ideas alentan a devolución dos inmigrantes aos seus países de orixe ou a restrición
dos seus dereitos. Destas ideas xenófobas son partidarios actualmente grupos de dereita e de extrema dereita.
Os inmigrantes son persoas humanas que, se marchan dos seus países, non é porque lles apeteza, é para
poder vivir mellor, para poder traballar e darl les de comer ás súas famil ias tal como nós facemos. Algúns critican
aos inmigrantes por traballar en negro cando moitos de nós tamén facemos o mesmo, dicimos que non
contribúen ao Estado cando aínda que traballen en negro, si que contribúen ao ben nacional comprando cousas
que teñen impostos, ademais esquecémonos de que moitos traballan dun modo legal. Tamén nos queixamos de
que abusan das axudas sociais, algúns din que ata nolas rouban cando isto é falso. Se alguén se decatou de
que algún inmigrante recibe máis axudas ca un español é porque realmente a precisa máis, pero para moitos,
nós temos preferencia, debemos deixar aos inmigrantes de lado.
Escoitei en moitas ocasións falar de “putos inmigrantes que nos rouban o traballo” ou “primeiro somos nós e
despois, se tal, eles”. Moitas persoas esquecen que os inmigrantes son tamén persoas coma eles, pero o que
importa aquí é a nacionalidade. . . Estas persoas non merecen ningún trato racista cando só queren buscar a vida
coma nós, pero só atendemos á cor da pel ou o idioma, non son persoas, son “putos inmigrantes”.
Os españois fomos inmigrantes no pasado e aínda o somos, ao igual que recibimos estranxeiros, nós
convertémonos tamén en estranxeiros, e se alí onde imos queremos que se nos trate ben, o mínimo que
poderíamos facer é esquecer todos os prexuízos racistas contra os inmigrantes que recibimos, é a regra de
ouro: non fagas aos demais o que non queres para ti .
Cando me preguntan que opinión teño da inmigración e respondo todo isto, algúns dinme que parece que non
son español. Antes tiña fe no meu país, antes eu rexeitaba aos inmigrantes, antes ata poderían chamarme
racista, a miña nación érao todo, pero agora non teño fe no meu país nin rexeito aos inmigrantes, porque por
enriba dunha nación están as persoas. Son español e galego de nacemento, pero non de corazón, se teño que
ter algunha nacionalidade direi que de corazón son un habitante dun planeta que se chama Terra.
Mario García Moure. 2° de Bacharelato B adultos
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
27
Desvincularse do teu país de orixe
H oxe en día son moitas as persoas que
deciden buscar traballo no estranxeiro, moitas
delas co tempo adáptanse ou acostúmanse á vida no país
no que o atopan e finalmente deciden quedar nel, ben
porque fan vida ou porque sinxelamente se acomodan.
A verdade é que coa situación do noso país, moitas
das persoas que acaban os seus estudos e non atopan
traballo do seu, é practicamente a única saída que teñen.
Na miña opinión, se estou en dita situación, escollería
esta saída, non me importaría ter que ir ao estranxeiro se
alí podo desenrolar o traballo para o cal me preparei, antes
de quedar aquí e acabar traballando en algo totalmente
oposto do que eu quixera e quen sabe. . . pode que faga
vida aló e decida quedarme.
Dada esta situación, pode dicirse que me desvinculo
do meu país de orixe, pero non o vexo así, eu son galego,
crieime en Galicia, e é algo que estará sempre en min,
pode ser que me sinta ben noutro lugar e tamén me sinta
de alí, pero continuo sendo galego.
En conclusión non temos que ser dun sitio, un pode
ser de aquí ou de alí, na miña opinión o bo é viaxar e ter
experiencias sexa onde sexa, e non por iso vas esquecer
o lugar onde te crías, no que estudas, no que traballas ou
onde fas vida, aínda que sexan todos distintos, seguramente
todos serán recordados e estarás vinculado dunha maneira
ou outra a cada un deles.
Salvador López Maestú – 2º Bac A adultos
Cambiar de país
C ambiar de país, de vida, estar nun mundo totalmente
novo foi moi difíci l para mín.
Pero o que máis me preocupaba era a lingua.
En Senegal xa sabía pouco de castelán pero nunca escoitei
falar de Galicia nin da lingua galega, só me dixo o meu pai que
ía a España.
Podo dicir que o mellor que me pasou na vida foi vir aquí e ter
coñecido o galego.
Na escola estudaba a lingua e as súas repercusións e o
profesor díxome que aquí o galego estaba minorizado polo
castelán.
O máis raro foi que non escoitaba case a xente da miña idade
falalo.
O que máis me gusta do galego é a súa historia, coas
Irmandades da Fala que loitaron polo súa lingua, porque a
lingua é a identidade de cada lugar.
Castelao, Otero
Pedrayo, Rosalia
Castro xente que
defenderon a súa
lingua con moitas
forzas.
Por iso eu vexo o galego como unha lingua forte, porque tivo
sempre xente que o defendía e aínda hoxe en día hai xente e
haberá que o defende.
Canto máis leo o galego máis me namoro del, máis me sinto
parte de Galicia.
O que comezou como algo difíci l para min, terminou en algo
que me entusiasmaba.
Eu son unha persoa curiosa e sempre seguirei tendo
curiosidades sobre o galego e así falalo ben e sentirme máis
del.
O galego Unha lingua forte! ! ! !
Penda Sow 2º Bac. A adultos
Nacionalismo GZ
U n séntese de onde naceu, non falo de países, nin
patria, soamente da túa terra. Moita xente non
entende ese rexeitamento a España e ese novo afán nacionalista
galego que ultimamente está máis de moda, parece. Pero eu
véxoo como algo sensato, non podería querer formar parte dun
país que oprimiu tanto o meu pobo e a miña terra, non ten máis,
é cuestión de senti lo. Como ler un poema de Machado e outro
de Cabanil las, eu só sinto cousas por un. Despois de todo o
sufrimento, como queren que nos sintamos españois? Pero todo
isto sen chegar a puntos no que un burgués galego fose mais
importante que un proletario Español, ou de calquera outro país.
Pero non sentes algo especial cando escoitas unha gaita?
a xente brindando? Cantando, cando ves o mar, as paisaxes. . .a
terra en si!
Por iso deberíamos defender máis a toda esa xente que
morreu por isto, a xente que agora mesmo está no cárcere,
esparexidos por diferentes partes de España, i l lándoos,
torturándoos. Pero cos medios de comunicación o único que fan
é darl le a volta as cousas pra enganar a xente, e esa xente, que
o único que fixo e intentar defender a súa terra, queden como
terroristas e cousas sen sentido. Oxalá a xente empece a darse
conta do que sucede, das mentiras, de que se isto non se para
o galego desaparecerá, os costumes, quedaran as paisaxes
contaminadas, árbores pinchados, todo isto desaparecerá, e
sería unha verdadeira pena que un lugar e unha cultura tan antiga
e bonita desaparecera.
Por esa xente que a defendeu tamén escribindo, como
Castelao, Rosalía de Castro cos seus fermosos poemas, Ramón
Cabanil las, Pondal e moitos máis. . . e por suposto tamén por esa
xente da que non se lembra o nome, polos mariñeiros afogados,
polos campesiñxs, traballadorxs, polos que tiveron que emigrar,
por todos.
Galiza doce mágoa das Españas. . .
Amanda Pérez Alba 4º ESO C
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
28
As guerras do século XXI
O século XXI , ao igual que a meirande parte da historia de humanidade, está a ser marcada polos confl itos bélicos,
xa sexan de maior ou menor envergadura: Afganistán, Iraq, a guerra civi l en Siria, a invasión de Libia ou o golpe
de estado de Ucraína disfrazado de guerra civi l son apenas un puñado de exemplos onde as guerras convencionais foron ou
están a ser os patios de diversión das grandes potencias mil itares. Sangue derramada, territorios conquistados, espazos de poder
económicos e políticos gañados ou perdidos en distintos escenarios.
Isto non e novo, o século XX estivo marcado polas dúas guerras máis sanguinarias da historia a I e a I I Guerras Mundiais
entre outras. Pero a pregunta que nos vén a todos á testa é por que segue habendo guerras?, por que non se aprendeu nada
das experiencias do século pasado?
A resposta á pregunta lanzada é moi sinxela, non interesa; a guerra é unha fonte de ingresos moi grande para as grandes
economías de mercado, dan moito diñeiro a uns poucos e condenan á morte a mil lóns de persoas.
Hoxe en día de cara a opinión pública están ben vistas as guerras sempre que sexan referendadas pola ONU, pero quén
é a ONU? Segundo a Wikipedia «a ONU é a maior organización internacional existente. Defínese como unha asociación de
goberno global que facil ita a cooperación en asuntos como o Dereito internacional, a paz e a seguridade internacional, o
desenvolvemento económico e social, asuntos humanitarios e os dereitos humanos».
É isto certo? Na teoría si, pero na praxe, a ONU, está moi lonxe de ser o que din dado que os Estados con poder nesta
organización son os Estados con dereito a veto ou Estados permanentes no consello de seguridade ou sexa EE.UU, Rusia,
Francia, Reino Unido e China. Estes Estados son precisamente os cinco Estados que máis armas exportan ao exterior. En
resumidas contas, estes cinco países son os mercadores da morte e son os encargados de vixiar a paz mundial; como dixo
Hobbes: «O home é un lobo para o home».
Para demostrar que a ONU é un instrumento inservíbel, reminiscencia de épocas pasadas, só hai que mirar cara ao confl ito
ucraíno onde as dúas máximas potencias nesta organización, xunto con China, EE.UU e Rusia, están a manter unha especia de
«guerra fría» en pleno século XXI , mentres a poboación sofre os holocaustos do confl ito bélico. Cabe resaltar aquí que foi o
goberno de EE.UU xunto coa Unión Europea quen auspiciou un golpe de estado fascista contra un goberno democraticamente
electo como xa fixeran en Chile no 1 973 depoñendo o goberno de Salvador Allende.
En Ucraína están a ser vítimas da guerra por motivos xeo-estratéxicos porque por aí pasan gasodutos de Rusia cara a
Europa e o porto de Sebastopol é de gran importancia para a flota naval rusa.
Pero a maior causa das guerras son confl itos económicos, esta rexión é o terceiro produtor de cereal por detrás de EE.UU
e Arxentina e é unha gran reserva de gas.
Se falamos de guerras por cru no século XXI , non nos podemos esquecer da invasión imperial ista «ianqui» ao territorio
iraquí, masacre cara ao pobo iraquí cuxo único delito foi ter reservas petrolíferas e que o goberno de EE.UU se encargou de
camuflar baixo unha batería de mentiras na prensa dicindo que ían levar a democracia a Iraq, de feito a operación mil itar que
emprendeu o xenocida George W. Bush chamouse «Liberdade duradeira». Iraq despois do paso do exército norteamericano está
peor hoxe que antes da invasión, que por certo foi apoiada pola ONU, somerxida nunha guerra civi l constante e que coma sempre
a pagan os mesmos, o pobo iraquí.
Pero se falamos de guerras mediáticas por cru, a palma é para un país que dende 1 998 rompeu co imperio ianqui un país
que non se deixa asoballar polas belixerancias do seu veciño do norte da man do seu «comandante Chávez».
Venezuela é un país que nas eleccións de 1 998 lle deu o seu apoio a Hugo Chávez, unha Venezuela saqueada polos
mamporreiros do imperial ismo, cansados de ver como o país era sempre saqueado polos mesmos, confiaron nun comandante
dos paracaidistas que estivera no cárcere por un golpe de estado contra Carlos Andrés Pérez.
Chávez fixera o golpe de Estado por negarse a cumprir unha orde que era disparar contra o pobo desarmado. O golpe
fracasou e Chávez foi declarado culpable e condenado a cadea, estaría dous anos.
Presentaríase ás eleccións do 98 e gañaríaas e a partir de aí faría unha serie de reformas, como educación ou sanidade
para tódalas capas da sociedade, incluídos tamén os indíxenas esquecidos ata daquela polos gobernos anteriores. A isto Chávez
chamoulle a Revolución Bolivariana.
Estas medidas foron condenadas pola ol igarquía venezolana e polos imperial ismos ianqui e europeo dicindo que Venezuela
era ou é unha ditadura, cando o goberno Bolivariano de Hugo Chávez fixo, dende 1 998, trece comicios electorais e seis referendos
máis que calquera «democracia burguesa» dos mal chamados países democráticos.
Din que os comicios ou os referendos son manipulados polo goberno, cando é o centro Carter, que non é sospeitoso de
comunista nin Bolivariano, o que certifica que as eleccións son completamente l impas e transparentes. Pero para isto están as
grandes centrais de información controladas polos poderes económicos como é a NBC estadounidense, a británica BBC ou a
española El País.
Estas empresas privadas que están ao servizo dos interese capital istas negan a liberdade de prensa en Venezuela pero
o certo é que só un medio de comunicación foi cerrado na etapa do goberno bolivariano, pero foi cerrado por eses que se chaman
a si mesmos demócratas sen saber moi ben en que consiste a democracia. Como dixo o presidente de Ecuador, Rafael Correa,
«A liberdade de prensa é a liberdade do dono da imprenta».
Ésta é unha guerra mediática, pero non so mediática, Venezuela está sendo atacada tódolos días, á parte de polos medios
de comunicación estranxeiros, polos poderes económicos que financian as revoltas nas rúas do país e propician que, coa falta
de subministracións que eles mesmos provocan, as revoltas sexan máis duras contra o goberno, lembremos que democraticamente
electo, de Nicolás Maduro.
Na súa man está escoller o camiño que hai dezasete anos lles propuxo o inmortal comandante Chávez ou volver a ser o
patio traseiro do imperio.
Como xa vimos, a meirande parte das guerras poden ser fundamentalmente por motivos económico ou xeo-estratexicos
pero non tódolos confl itos teñen por que ser armados senón que tamén poden ser mediáticos, confundindo así os intereses da xente.
Para rematar acudirei a celebre cita de Malcolm X: «Se non estás prevido ante os medios de comunicación farán que
ames ao opresor e odies ao oprimido»
Gallego Pérez, Alejandro 2º Bach.B Adultos
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
29
As guerras do século XXI
O século XXI , ao igual que a meirande parte da historia de humanidade, está a ser marcada polos confl itos bélicos,
xa sexan de maior ou menor envergadura: Afganistán, Iraq, a guerra civi l en Siria, a invasión de Libia ou o golpe
de estado de Ucraína disfrazado de guerra civi l son apenas un puñado de exemplos onde as guerras convencionais foron ou
están a ser os patios de diversión das grandes potencias mil itares. Sangue derramada, territorios conquistados, espazos de poder
económicos e políticos gañados ou perdidos en distintos escenarios.
Isto non e novo, o século XX estivo marcado polas dúas guerras máis sanguinarias da historia a I e a I I Guerras Mundiais
entre outras. Pero a pregunta que nos vén a todos á testa é por que segue habendo guerras?, por que non se aprendeu nada
das experiencias do século pasado?
A resposta á pregunta lanzada é moi sinxela, non interesa; a guerra é unha fonte de ingresos moi grande para as grandes
economías de mercado, dan moito diñeiro a uns poucos e condenan á morte a mil lóns de persoas.
Hoxe en día de cara a opinión pública están ben vistas as guerras sempre que sexan referendadas pola ONU, pero quén
é a ONU? Segundo a Wikipedia «a ONU é a maior organización internacional existente. Defínese como unha asociación de
goberno global que facil ita a cooperación en asuntos como o Dereito internacional, a paz e a seguridade internacional, o
desenvolvemento económico e social, asuntos humanitarios e os dereitos humanos».
É isto certo? Na teoría si, pero na praxe, a ONU, está moi lonxe de ser o que din dado que os Estados con poder nesta
organización son os Estados con dereito a veto ou Estados permanentes no consello de seguridade ou sexa EE.UU, Rusia,
Francia, Reino Unido e China. Estes Estados son precisamente os cinco Estados que máis armas exportan ao exterior. En
resumidas contas, estes cinco países son os mercadores da morte e son os encargados de vixiar a paz mundial; como dixo
Hobbes: «O home é un lobo para o home».
Para demostrar que a ONU é un instrumento inservíbel, reminiscencia de épocas pasadas, só hai que mirar cara ao confl ito
ucraíno onde as dúas máximas potencias nesta organización, xunto con China, EE.UU e Rusia, están a manter unha especia de
«guerra fría» en pleno século XXI , mentres a poboación sofre os holocaustos do confl ito bélico. Cabe resaltar aquí que foi o
goberno de EE.UU xunto coa Unión Europea quen auspiciou un golpe de estado fascista contra un goberno democraticamente
electo como xa fixeran en Chile no 1 973 depoñendo o goberno de Salvador Allende.
En Ucraína están a ser vítimas da guerra por motivos xeo-estratéxicos porque por aí pasan gasodutos de Rusia cara a
Europa e o porto de Sebastopol é de gran importancia para a flota naval rusa.
Pero a maior causa das guerras son confl itos económicos, esta rexión é o terceiro produtor de cereal por detrás de EE.UU
e Arxentina e é unha gran reserva de gas.
Se falamos de guerras por cru no século XXI , non nos podemos esquecer da invasión imperial ista «ianqui» ao territorio
iraquí, masacre cara ao pobo iraquí cuxo único delito foi ter reservas petrolíferas e que o goberno de EE.UU se encargou de
camuflar baixo unha batería de mentiras na prensa dicindo que ían levar a democracia a Iraq, de feito a operación mil itar que
emprendeu o xenocida George W. Bush chamouse «Liberdade duradeira». Iraq despois do paso do exército norteamericano está
peor hoxe que antes da invasión, que por certo foi apoiada pola ONU, somerxida nunha guerra civi l constante e que coma sempre
a pagan os mesmos, o pobo iraquí.
Pero se falamos de guerras mediáticas por cru, a palma é para un país que dende 1 998 rompeu co imperio ianqui un país
que non se deixa asoballar polas belixerancias do seu veciño do norte da man do seu «comandante Chávez».
Venezuela é un país que nas eleccións de 1 998 lle deu o seu apoio a Hugo Chávez, unha Venezuela saqueada polos
mamporreiros do imperial ismo, cansados de ver como o país era sempre saqueado polos mesmos, confiaron nun comandante
dos paracaidistas que estivera no cárcere por un golpe de estado contra Carlos Andrés Pérez.
Chávez fixera o golpe de Estado por negarse a cumprir unha orde que era disparar contra o pobo desarmado. O golpe
fracasou e Chávez foi declarado culpable e condenado a cadea, estaría dous anos.
Presentaríase ás eleccións do 98 e gañaríaas e a partir de aí faría unha serie de reformas, como educación ou sanidade
para tódalas capas da sociedade, incluídos tamén os indíxenas esquecidos ata daquela polos gobernos anteriores. A isto Chávez
chamoulle a Revolución Bolivariana.
Estas medidas foron condenadas pola ol igarquía venezolana e polos imperial ismos ianqui e europeo dicindo que Venezuela
era ou é unha ditadura, cando o goberno Bolivariano de Hugo Chávez fixo, dende 1 998, trece comicios electorais e seis referendos
máis que calquera «democracia burguesa» dos mal chamados países democráticos.
Din que os comicios ou os referendos son manipulados polo goberno, cando é o centro Carter, que non é sospeitoso de
comunista nin Bolivariano, o que certifica que as eleccións son completamente l impas e transparentes. Pero para isto están as
grandes centrais de información controladas polos poderes económicos como é a NBC estadounidense, a británica BBC ou a
española El País.
Estas empresas privadas que están ao servizo dos interese capital istas negan a liberdade de prensa en Venezuela pero
o certo é que só un medio de comunicación foi cerrado na etapa do goberno bolivariano, pero foi cerrado por eses que se chaman
a si mesmos demócratas sen saber moi ben en que consiste a democracia. Como dixo o presidente de Ecuador, Rafael Correa,
«A liberdade de prensa é a liberdade do dono da imprenta».
Ésta é unha guerra mediática, pero non so mediática, Venezuela está sendo atacada tódolos días, á parte de polos medios
de comunicación estranxeiros, polos poderes económicos que financian as revoltas nas rúas do país e propician que, coa falta
de subministracións que eles mesmos provocan, as revoltas sexan máis duras contra o goberno, lembremos que democraticamente
electo, de Nicolás Maduro.
Na súa man está escoller o camiño que hai dezasete anos lles propuxo o inmortal comandante Chávez ou volver a ser o
patio traseiro do imperio.
Como xa vimos, a meirande parte das guerras poden ser fundamentalmente por motivos económico ou xeo-estratexicos
pero non tódolos confl itos teñen por que ser armados senón que tamén poden ser mediáticos, confundindo así os intereses da xente.
Para rematar acudirei a celebre cita de Malcolm X: «Se non estás prevido ante os medios de comunicación farán que
ames ao opresor e odies ao oprimido»
Gallego Pérez, Alejandro 2º Bach.B Adultos
Por que hai guerras no século XXI
E n pleno século XXI continúa habendo guerras
polos mesmos motivos que sempre houbo. Todas
as guerras ben sexan étnicas, rel ixiosas ou civís son debidas
principalmente a motivos económicos, xa que podemos observar
que as mesmas ocorren en países ou rexións onde existe unha
materia prima de moita riqueza ( petróleo, diamantes, coltán,
ouro etc. . . )
A gran maioría das guerras que se están producindo nestes
momentos son apoiadas polos países ou industrias
poderosas, porque teñen moitos intereses particulares, o que
motiva que sigan existindo. Da existencia destas guerras
sacan grandes
proveitos económicos,
como venda de
armamentos, materias
primas ricas e en
moitos casos
imprescindibles para a
elaboración de moitos
produtos ( electrodomésticos, móbiles, ordenadores \).
Actualmente estanse levando a cabo outros tipos de guerras
das cales non se fala moito. Refírome as guerras tecnolóxicas
que están acontecendo entre países ou grandes empresas
cos seus métodos de espionaxes, roubo de arquivos, bloqueo
de ordenadores \
Tamén o cambio cl imático é unha guerra do século XXI ,
debido a que no seu momento se asinou o Protocolo de Kioto
( foi asinado para reducir considerablemente a emisión de
gases de efecto invernadoiro causando o quecemento global
), mais a día de hoxe a maioría dos países non o están
cumprindo por ser moi custosos para as súas industrias.
Desde o ano 2008 apareceu a crise económica, a guerra
que se produce entre o capital ismo e os cidadáns, volvendo á
época da case “escravitude”, salarios baixos, contratos l ixo etc. . .
Como resumo ao exposto anteriormente, a miña conclusión
é que as guerras estarán sempre en vigor. A non ser que a
mental idade material ista das persoas cambie.
Lorena Tamela da Silva Lima 1º bacharelato adultos
A guerra
S e hai
guerras
no século XXI é simplemente porque o home é un animal de
costumes. Dende sempre houbo guerras. Ao principio era por
temas territoriais; xa nos tempos das cavernas imaxinamos que
os distintos grupos andaban a pedradas cos outros grupos co
afán de quedar coa súa cova e roubarl le o lume.
Co paso do tempo, estas loitas territoriais foron dando paso á
creación de grandes imperios que atacaban a "pobos
inferiores" co gallo de facer as súas fronteiras máis e máis
grandes para así poder espallar a súa cultura.
Estes pobos levaron a súa cultura e a súa rel ixión con eles, o
que ao final facía que os pobos dominados remataran
aceptando estes cambios non sen antes seguir loitando ata
non poder facer nada.
Así que temos primeiro guerras territoriais que máis tarde
pasaron a guerras rel ixiosas cando co xurdimento das
grandes rel ixións monoteístas, que co gallo de que eran as
únicas rel ixións verdadeiras tentaron espallar por medio
mundo as súas crenzas co que tamén pasaron séculos a
darse leña da boa.
Hoxe en día e despois da Segunda Guerra Mundial e da
guerra fría, o que máis se deu foron guerras civís, maiormente
por razóns étnicas, como pasou na antiga Iugoslavia e en
moitos países de África, onde faccións de distintas "tribos" se
matan por motivos que só eles saben por que.
Tamén deberiamos de dicir que en moitos confl itos, á parte de
falar de intereses territoriais ou rel ixiosos, hai outro tipo de
intereses económicos moi importantes como poden ser gas,
petróleo, diamantes, etc. , etc.
Así que podemos dicir que ao igual que hai trinta séculos, as
guerras seguen producíndose polos mesmos motivos que
daquela. A única diferenza é que mentres que daquela a xente
se mataba a pedradas, hoxe en día a industria do armamento
é bastante máis poderosa e pódense matar sen que estean os
exércitos un diante do outro.
Pero, por dici lo dunha maneira fácil , segue habendo guerras
porque o home segue sendo un animal de costumes e seguirá
a selo ata que consiga extinguirse el soíño.
Roberto Martínez Fernández 1º Bac B adultos
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
30
“A violencia de xénero na sociedadeactual”
A violencia de xénero é unha situación que
se dá actualmente no mundo e que está a
representar un grave problema social, sendo a famil ia
un dos focos de violencia máis destacado na actual idade
en todas as clases sociais e en todos os niveis
socioeducativos.
Para poder entrar a valorar este tema cómpre
definir a violencia de xénero, esta consiste nun conxunto
de accións abusivas contra a muller (aínda que tamén
hai casos de violencia de xénero no que a vítima é un
home) polo feito de selo. Estas accións son realizadas
na maioría dos casos por un home co que a vítima mantén
unha relación de afecto ou co que garda unha relación
de parentesco.
Debido ao papel de submisión que representa a
muller este problema existiu sempre, sendo nestes intres
cando máis se está intentando reducir, ao tomar a
sociedade consciencia da gravidade destes feitos.
A pesar de que é unha situación que mellorou
nos últimos anos, aínda podemos atoparnos diferenzas
de sexos. Ningunha muller debería ser tratada de forma
diferente polo simple feito de selo e menos ser física e
psicoloxicamente agredida. A muller ten dereito a ser
tratada cos mesmos dereitos e ter as mesmas
oportunidades que o home, non significa que ser home
ou muller sexa equivalente a ser maltratador ou
maltratada. Sempre hai que pensar que detrás dunha
violencia física existe outra psicolóxica, xa que antes de
recibir un golpe sempre existe un desprezo ou un insulto.
A violencia en xeral e máis en particular a de
xénero pasou de ser un asunto privado a converterse
nun asunto público sobre o que calquera persoa pode
opinar. Trátase dun problema que a sociedade debe
coñecer xa que é unha forma de que a persoa que o
recibe poda chegar a condicionar a súa actitude cara a
esta. Debemos reflexionar sobre a violencia de xénero
nos medios de comunicación, recoñecemos que se
avanzou moito neste tema pero hai que seguir loitando
para que as futuras xeracións poidan vivir sen ter que
presenciar os malos tratos.
Álvaro Vila Varela 2º Bacharelato A Adultos
A violencia de xénero na sociedade actual
H oxe en día por desgraza hai un aumento das
mortes a causa da violencia de xénero. Eu o
que non entenderei nunca é como alguén pode acabar coa
nai dos seus fi l los e incluso acabar con estes. Pero non todos
os casos ocorren con xente de mediana idade, os adolescentes
tanto homes como mulleres sofren, nalgúns casos, un exceso
de control por parte das súas parel las. Coas novas tecnoloxías,
a xente controladora ten case o control absoluto da parel la;
moitos simplemente por que un mozo ou unha moza lle poña
un comentario nunha foto que a súa parel la publique, xa atopa
un motivo para rifar tanto co do comentario como coa súa parel la. A xente está obsesionada por saber que fai a súa
parel la a cada segundo, e o que tiña que facer a persoa que o aguanta é deixalo, darse conta de que así non se
vai a ningures. Cada persoa que nota un mal comportamento, sobre todo nos casos de empuxóns ou calquera tipo
de agresión, debería cortar a relación e se é un caso grave, o primeiro que hai que facer é denunciar sen ningún
medo. Pero non todo son as agresións físicas, tamén hai agresións psicolóxicas xa que moitos, verbalmente, acaban
conseguindo que a súa parel la se sinta mal consigo mesma. Por iso na miña opinión moitos casos non son
denunciados, porque teñen medo ao que diga a xente e moitos chegan a pensar que quizás a culpa de que a súa
parel la sexa así é súa.
Na actual idade a violencia céntrase no xénero masculino, pero non hai que esquecer que tamén hai casos
de mulleres que lle fan mal aos homes, aínda que sexan menos casos.
Paula González Pérez 2º Bacharelato B adultos
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
31
PENA DE MORTE: crime ou xustiza?
S en dúbida a pena de morte, pena capital ouexecución é a sanción máis grave e antiga
da historia, rexistros tales como prácticas tribais primitivas,indican que foi parte do sistema penal dende o principioda existencia deste.
En primeiro lugar, cómpre dicir que consiste enprovocar a morte dun condenado por parte do Estado,como castigo polo delito establecido na lexislación.
Podería dicir que dende o punto de vista das vítimas,é considerada a forma máis estrita e xusta de que o criminalpague polo seu delito, pero certo é, e considero de grandeimportancia sinalalo os delitos castigados coa morte vandende crimes violentos, como asasinato, violación, asalto
a man armada, atadelitos non violentoscomo tráfico de drogas,aceptación de subornose prostitución, todos eleslevados a cabo baixo auti l ización de: armas defogo, inxección letal,aforcamento edecapitación, arrastrando
con tal pena a menores e inocentes.A miña opinión, dende a absoluta oposición a tal
atrocidade, considero que as sancións deberan serproporcionais a gravidade dos delitos cometidos e deningún modo, atentar nunca contra a vida, violando osdereitos humanos, dereitos que todos como humanostemos: ”a vida”. É a pena cruel, inhumana e degradantepor excelencia, un total de 1 40 países de todo o mundo(máis de dúas terceiras partes) son abolicionistas na leiou na práctica. No 201 4 rexistráronse polo menos 2.466sentenzas de morte en 55 países, un forte incrementorespecto ao 201 3 (1 .922 en 57 países). A finais do 201 4houbo polo menos 1 9.094 persoas condenadas a morte.
Realmente alguén pode considerar necesaria amorte dunha persoa e catalogala de xusta dita pena?
Segundo os defensores da, execución considéranaa forma de previr que sigan cometendo delitos graves,pero. . . Acaso a cadea perpetua non reduce o crime enmaior medida impedindo volver a cometer delitos senatentar contra a vida?
A miña pregunta é, e con isto conclúo deixandoaberta unha libre elección de reflexión persoal:
Entón. . . realmente é necesario?Antía Puga Abeijón 1º Bac B adultos
A televisión
N a miña opinión a televisión é un lixo, e algoque cada día perde máis sentido. Hai uns
días, un sábado pola tarde que chovía a chuzos e o routerse estragara, non se me ocorreu outra cousa que acendera televisión; o único que vin foron programas deinformación, documentais de animais, programas “docorazón”, algunha película estraña que non coñece nin atúa tía e tamén algunha serie policial ou cómica, perosobre todo moita, moitísima publicidade; en conclusión:un fastío, non só porque non podes ver o que querescando queres e aínda por riba interrompido por publicidadeconstantemente, senón porque a maioría do contido noné de calidade senón máis ben é un documental, unhaserie, un concurso ou unha película moi cutre. Ademais,a información dos telexornais está moi controlada, fi l trada
e seleccionada co que só nos dan a saber o que elesqueren. Por todoisto, na miñaopinión atelevisión nonten moito sentidonesta época naque cunordenador podesver o quequeiras conmoita menos publicidade e sen interrupcións. Á parte tesmais l iberdade á hora de decidir como informarte do queacontece no mundo
Ismael Pardo Andrade. 4º ESO C
Imaxe PersoalEn primeiro lugar, cando nos referimos á imaxe persoalnon só falamos de roupa e maquil laxe, senón de algomoito máis amplo que tamén inclúe a posición,movemento, características físicas, o xeito de andar, amirada, a risa, o ton, a hixiene, acortesía, a educación, etc. É dicir, éun esti lo de vida, un modo de ser ede actuar. Tamén é moi importantecoidala, xa que é o primeiro que osoutros nos ven, por exemplo, candose trata de conseguir un emprego,ademais das cualificacións eexperiencia é moi importante dar unha boa primeiraimpresión, porque con ela podemos transmitir datos eamosar a nosa personalidade. Polo tanto, para darunha boa imaxe debemos coñecernos a nós mesmos,
isto significa parar, sentarse diante do noso espello edarnos conta de quen somos, vendo primeiro ospuntos negativos de nós persoalmente. Que non nosgusta de nós e onde erramos. Ao mesmo tempo avaliaros puntos fortes e tamén o que nos gusta de nós, iso
esixe honestidade consigo mesmo.Finalmente, o máis importante émostrarse como somos, a ninguén llecae ben todo o mundo, ninguén éfel iz as 24 horas do día, ninguén éperfecto sempre. Todos temos moitasvirtudes e defectos, o que tes quefacer é aproveitar o mellor de cada un
e os defectos, iros corrixindo pouco a pouco.Natalia Patricia García Sampayo 1º Bac A adultos
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
32
DEPORTESAÚDE OU MODO DE VIDA
H ai xa un tempo, comezou a coller cada vez máis forza a afección de coidarse mediante dietas e
ximnasio. Suponse bo, por suposto, por fin un novo hobby que consiste en algo tan bo como mellorar
a túa calidade de vida a través dunha boa alimentación e exercicio físico. Porén, ata algo como isto convertémolo
nun "problema", pois, como ben se di: todo é malo en exceso.
A que me refiro con que é malo? como pode ser isto algo prexudicial dalgún modo? Pois ben, como temos
tendencia a facer, fomos convertendo un hábito tan positivo como este en algo que se parece máis ben a unha
rival idade, unha loita por ver quen é mellor cós outros, quen está máis forte, quen leva máis ao límite a dieta, o
adestramento, en fin, nunha obsesión.
Xa non é, entón, algo que se fai por pracer ou saúde, se non por moda, porque é o que se supón que hai
que facer, pois é o novo, o que fan todos, desaparecen aí os motivos positivos de todo isto e equivócanse polas
mesmas razóns triviais de sempre: moda e popularidade.
É interesante ver tamén como estas modas se entrecruzan e beben unhas doutras, como pasa neste caso
entre moda, ximnasio e redes sociais. Vas entón ao ximnasio para ser un máis, pero iso non chega, pois debes
tamén ir como van os demais, a mesma roupa, mesmos zapatos deportivos. . . mesmo todo. Por que isto?, pois
porque é o novo modelo social, e refírome social neste caso as redes sociais. Pois é o que fan os coñecidos, os
máis seguidos, e entón débese ser participe e, por suposto, facelo constar ós coñecidos mediante ditas redes,
creando un círculo vicioso.
Como sempre pasa nestes casos, son os máis novos os que resultan máis influenciados e os que equivocan
completamente os motivos. Ves agora mozos que non superan a maioría de idade completamente obsesionados,
dándolle unha importancia a estes temas que non deberían, chegando a métodos como recorrer ao uso de produtos
prexudiciais e incluso ilegais para conseguir o obxectivo, usando substancias nocivas para transformar o seu corpo
dunha maneira esaxerada, canto antes mellor.
Todo isto empeora cando ves que parece non ser nunca suficiente. Non
encontrando un límite razoable, esquecendo o que parece debería ser o principal
motivo, a saúde; que xa non importa. Non é dabondo e búscase unha nova meta
para conseguilo: recorrer a máis axuda de produtos perigosos, incrementar as horas
de adestramento. . . créase entón unha dependencia que converte todo o proceso
nunha adicción.
Falo disto como coñecedor de casos nos que tivo lugar este proceso, dando
lugar a unha auténtica obsesión ó converter o feito de mellorar a saúde e a
condición física nunha necesidade á que se lle outorga un lugar de máxima
prioridade na súa vida, por enriba de famil ia, amigos ou traballo, que pasan a segundo plano.
Final izo expresando a miña preocupación e decepción polo feito de que, coma case sempre, somos capaces
de converter calquera cousa nunha mera trivial idade, xa sexa moda ou outro caso.
A excesiva importancia que se lle dá ao fútbol na nosa sociedade
A sociedade actual está afeita a darl le unha excesiva importancia aos motivos relacionados co deporte,
en España o deporte máis popular é o fútbol, e tan seguido que desde pequenos se nos pregunta se
somos do Barça ou do Madrid coma se só existisen dous equipos, pero aquí non radica o problema, o verdadeiro
problema atopámolo nas discusións e a problemática que rodea a este deporte, isto atopase motivado polos intensos
debates nas radios e distintas cadeas de televisión no que se berran uns aos outros co único propósito de desacreditar
e infravalorar o contrario, ante tanta rival idade nos medios de comunicación, a sociedade é moi difíci l que non copie
a forma de actuar destes, chegando incluso ás propias mans nas que se unen en peñas para agredirse, o último
caso relacionado atopámolo entre afeccionados do Atlético de Madrid
e do Deportivo da Coruña na que un seguidor morreu simplemente por
ser do equipo de fútbol contrario.
Con este comentario non quero atribuír que todo o mal relacionado
co deporte e en especial co fútbol veña relacionado cos medios de
comunicación pero si que incentivan a violencia e a discusión xa que
sempre andan na procura da polémica aínda que esta sexa inexistente.
Miguel Veiga Rodríguez 2º bacharelato B adultos
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
33
LOITAR OU RESIGNARSE
D ende tempos inmemoriais o home sempretivo que ir superando os obstáculos que a
realidade do seu contorno lle colocaba diante e con máisou menos fortuna sempre saíu adiante.
Pois ben, para comezar remitireime ao século XIX,co inicio das revolucións obreiras. O proletariado quesoportaba unhas condicións laborais terribles: 1 6 horasde traballo, salarios moi baixos, despidos\ Decidiu loitarpolos seus dereitos e iniciar un camiño cara a un traballomáis digno e de calidade.
Outro exemplo de loita sería tamén o levado a cabopola muller. Todos sabemos que ata hai ben pouco a mullernon podía votar, nin estudar, nin expresarse libremente,vivía relegada, supeditada á figura dun home ben fora oseu pai, irmán ou esposo.
Foi a partir da Revolución Francesa cando seinician, de forma infrutuosa, as primeiras reivindicaciónsdos dereitos das mulleres, aínda que non será ata oprimeiro terzo do século XX cando dereitos tan básicoscomo o dereito a voto sexa aprobado en tódolos estadosdos EEUU, Reino Unido e España (1 931 ), (lamentablementeen España os dereitos de mulleres e homes seránrecortados máis tarde durante a ditadura Franquista) epouco a pouco as mulleres acordarán o acceso a outrasactividades exclusivas só para os homes como o ingreso
ao mundo laboral, estudar, conducir\ En definitiva a súaindependencia e autosuficiencia.
Para ir xa concluíndo, xa que a lista dos dereitospolo que o home leva loitando dende que o mundo émundo é innumerable, débese falar da abolición daescravitude. Unha das maiores vergoñas do home brancofoi sempre a posesión e o tráfico de escravos. Sobre esteconfl ito cabe destacar dúas grandes figuras na historia:Abraham Lincoln, que aboliu a escravitude en 1 865 nosEEUU trala guerra civi l americana (na realidade os homesde cor tardaron bastantes máis anos en consegui-los seusdereitos) e o incomparable Nelson Mandela, que de formapacífica loitou ata a fin dos seus días contra o apartheiden Sudáfrica, onde perdurou ata finais do século XX.
Todos estes exemplos non son máis ca unhaspinceladas dos problemas aos que o home levaenfrontándose ao longo dos tempos, ás veces pacificamente,outras desgraciadamente non tan pacificamente e nonsempre obtendo os resultados desexados.
Chegados a este punto e xa para rematar só podochegar a unha reflexión: na vida débese loitar polos dereitosdas persoas, non calar ante as inxustizas e menosresignarse. Así seremos máis l ibres e teremos unha vidamáis digna porque a dignidade non se debe perder nunca.
Sandra Domínguez 2º BAC. B ADULTOS
Vantaxes e inconvenientes da pertenza áUnión Europea
E n primeiro lugar, teremos que saber como seformou e que función ten a Unión Europea.
Despois da Segunda Guerra Mundial, seis Estados europeos(Alemaña, Bélxica, I tal ia, Luxemburgo, Francia e os PaísesBaixos) da costa atlántica europea viron necesario acooperación entre eles. Formaron a Comunidade Europeado Carbón e do Aceiro, para arranxar os países dadestrución que provocou a guerra; mediante este órganoreactivaríase a economía con estes recursos. Estes 6países en 1 957 firmaron o tratado de Roma polo que seacorda facer a Comunidade Económica Europea (CEE),que poñería en marcha a eliminación progresiva dealfándegas e impostos e a baixa de prezos nas tarifasdestes. Pouco a pouco vanse unindo ata acadar os 28países que a forman na actual idade. España anexionouseá Unión Europea en 1 986 xunto con Portugal. No 2002retírase a moeda e imponse o euro á poboación, digo istoporque descoñezo se podiamos escoller .
Pois ben, a área da influencia da Unión Europeaestendeuse por todo o continente. En realidade, ten poderpara determinar como ha de ser a política comunitaria nosdiferentes sectores económicos. Deste xeito, osfundamentais son: a política agraria común (PAC), FEDER(Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, un fondode solidariedade financeira), política dos transportes, apolítica comercial (OMC), a política social, a políticamonetaria (sistema monetario europeo; SME, o impostodo IVE e o ECU: unidade de conta europea).
Por unha banda, temos as vantaxes de ser unEstado dentro da Unión Europea. Pois aumenta o comercio,grazas á redución de impostos e de alfándegas, xacomentadas antes. Isto comporta unha ampla demanda,dentro da Comunidade Europea, uns 450 mil lóns de
consumidores. Tamén se leva unha política común deinvestigación e desenvolvemento tecnolóxico. Trátase deter unha tecnoloxía propia e non depender dos EEUU nindo Xapón. Polo tanto, mellora a política internacional aoter máis poder de negociación fronte a outros países. Enconsecuencia, maiores posibi l idades de emprego, máisque nada para a xente que manexa varios idiomas.
Por outro lado, están os inconvenientes de pertencerá Unión Europea, como a central ización de poder e docapital nas zonas máis ricas, o que provoca estancamentoeconómico-social para as zonas pobres. Así nacen osmonopolios e os oligopolios. Estas empresas teñen poderpara subir prezos, aínda que a Unión Europea deberíaevitalo. Outro factor é a perda de soberanía: os paísesperden soberanía política exterior e monetaria. Por exemplo,o Banco de España está l igado máis ao Banco CentralEuropeo que ao estado español. Tamén hai maiorcompetencia no mercado detraballo: para traballar na UEhai que ter un currículo moitomáis avanzado e debemosestar máis preparados parao mercado e traballoeuropeo.
Para rematar, desdeo meu punto de vista,despois de informarme, doúnico que me din conta foide que as mesmas vantaxesprovocan ou son os inconvenientes. O único bo e aexperimentación de novas fontes renovables. Quedo aíndaasí con moitas dúbidas, como: quen decidiu que Españaformase parte da Unión Europea?
Iván González Álvarez – 1º Bac B adultos
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
34
Para que estudar?
A xuventude , debe aproveitar os avances
tecnolóxicos e todas as facil idades que se
van creando nesta sociedade para estudar, formarse etc\
Isto permitiral le saber máis idiomas, ter máis facil idade á
hora de aprender algo, falar cunha linguaxe culta, ter máis
vocabulario e conseguir un bo emprego que nos satisfaga
e coa final idade de ser fel ices.
A sociedade polo que ten que estudar principalmente
é polo desexo de saber .
Unha persoa canto máis saiba de calquera tema,
mellor vai expresarse á hora de falar, vai poder debater,
e vai ser máis complicado que o enganen con calquera
cousa.
A todo o mundo nos din que estudar é moi
importante, pero por que? Hai moitas razóns, pero a máis
importante de todas é: Estudar é importante porque a
consecuencia de non estudar é a ignorancia, e os ignorantes
son vítimas fáciles da manipulación persoal e social. Dada
a situación do mercado laboral, é máis complexo tomar a
decisión de que estudar para posteriormente dedicarte a
una profesión relacionada co que estudaches, xa que se
supón que é o que che gusta .
O certo é que a día de hoxe unha porcentaxe moi
elevada da poboación non consegue traballar no que
realmente se formou, dado que os traballos estables
escasean e non nos podemos permitir o luxo de elixir onde
e como nos gustaría traballar .
Por tanto, a decisión de que estudar é moi
complicada xa que se te equivocas na decisión, igual
el ixes unha na que o mercado estea saturado .
Ao mellor o que verdadeiramente teriamos que
facer é ver en que sectores hai máis demanda e formarse
en base a iso, aínda que non nos guste tanto .
A miña opinión persoal é que non hai que arriscarse
a deixar de ser unha persoa para comezar a ser un
instrumento: estuda. Non mereces menos que ser un
mellor ser humano.
Carlos Álvarez Fernández 4º ESO C
O Estudo obrigatorio
O estudo é unha actividade que
desenvolvemos, a maioría de nós, por moitos
anos das nosas vidas: preescolar, ensino obrigatorio,
bacharelato, formación profesional, universidade, l inguas,
másters, cursos de formación de empresas, permisos de
conducir, oposicións, etc. Aínda que destes só os dous
primeiros son obrigatorios, sería moi desexable estudar
algúns dos outros para estar mellor formado e, polo tanto,
ser capaces de debater sobre problemas fundamentais
que afectan a todos. Como vemos, ao longo da historia
sempre houbo algún farsante que conseguiu aproveitarse
das malas condicións da aldea, tanto a nivel material como
intelectual, para facerse co poder; por iso temos a obriga
de estudar para non deixarnos manipular e poder uti l izar
o aprendido rigorosamente e solucionar os problemas
fundamentais da Nación. Temos o deber de aprender dos
problemas do pasado, reflexionar sobre as causas polas
cales ocorreron (burbul la inmobil iaria, corrupción) e así
aprender dos nosos erros para que non volva a pasar no
futuro. Aínda que non sei se toda esta responsabil idade
non será demasiada para os xoves de hoxe en día, por
iso non estaría mal formarnos uns anos máis
obrigatoriamente, aínda que a gran maioría dos xoves
non teñen interese ningún pola política e, moralmente, os
seus principios son bastantes deprimentes. De todas as
formas, o estudo obrigatorio debería de existir en todos
os países como mínimo ata o bacharelato.
José Enrique Bouza Villar – 1º Bac B adultos
AS REDES SOCIAIS (dos meus pais)
C ando meus pais tiñan a miña idade, as súas redes sociais eran as cartas, as postais, as chamadas de
teléfono, que tanto enfadaban aos meus avós, e sobre todo o cara a cara. A miña nai encantáballe
moito escribir cartas e postais, mandáballe moitas cartas ao meu pai cando estaba na mil i , e cada vez que un amigo
estaba de aniversario ou necesitaba ánimos, ela enviáballe unha postal moi divertida. Ao meu pai non l le gustaba
escribir, e menos cartas, el se tiña que dicir l le algo a alguén, col lía a bici e cruzaba toda Baiona. Agora as cousas
cambiaron, se alguén está de aniversario, xa vale con escribirl le un comentario en Facebook ou Instagram, ou se
queres falar con alguén, envíal les unha mensaxe por WhatsApp. Meus pais intentan “modernizarse”, aínda que lles
está sendo moi difíci l . Cando meu pai ou miña nai quere escribirme un simple “vale” ou “ok”, rézalle a Deus para
que termine ese mesmo día. Por unha parte a tecnoloxía estanos axudando en moitas cousas, pero noutras está
amolando, certas cousas deberían quedar como están.
Paula Pereira González 4ºC
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
35
As novas tecnoloxías
Hoxe en día empregamos as novas tecnoloxías en todo momento, dende que nos levantamos ata que nos
deitamos e son empregadas por todos, dende adultos ata nenos/as.
Estas tecnoloxías están cambiando continuamente para facernos a vida máis fácil , xa que poñen á nosa
disposición todo tipo de información (internet e televisión), faci l itan a comunicación entre persoas de lugares diferentes
e dende calquera lugar (internet e teléfono móbil), permítennos pedir axuda inmediata en caso de emerxencia,
axúdannos a gardar a nosa información podendo usalos como axenda e serven de recordatorio de datas e sucesos
importantes, así como de alarma (no caso do teléfono móbil , con outras moitas aplicación que nos axudan no día
a día), e tamén nos entreteñen para pasar o tempo de forma divertida e relaxada (como a televisión e os videoxogos),
no caso dos videoxogos, promóvese a aprendizaxe e axuda a mellorar os reflexos do individuo.
Pero estas tecnoloxías non son todo virtudes, senón que tamén teñen inconvenientes como son a implantación
de información incompleta ou información falsa, facil itan o acceso á información non adecuada e favorecen o roubo
de identidade e arquivos persoais (no caso de internet). Tamén poden prexudicar as relacións persoais posto que
o individuo pode limitar a súa comunicación e relación social ao trebello tecnolóxico, ademais tamén axuda a un
uso incorrecto da lingua co uso de abreviaturas na escrita (nos teléfonos móbiles). Os videoxogos crean adición e
promoven a agresión e o egoísmo; ademais, quítanl le ao individuo tempo de estudo ou doutras actividades de ocio
ao aire l ibre.
En xeral os aparatos tecnolóxicos deben ser usados
de forma responsable e na súa medida posto que un bo
uso deles pode axudarnos no noso día a día e facil itarnos
as cousas. Por contra, un mal uso destes aparatos pode
carrexar fatiga no individuo ademais de problemas de
comunicación e relacións persoais.
Cristian Dacuña Crespo – 1º Bac A adultos
AS NOVAS TECNOLOXIAS
O mundo actual está cheo de inventos de alta
tecnoloxía sen os que a nosa vida sería
case imposible, xa que o papel que desempeñan hoxe en día é crucial.
Un dos maiores inventos é o ordenador. Primeiro, podemos escribir, contar, facer presentacións, \ usando
programas apropiados. Grazas a isto, necesítase menos tempo para escribir un l ibro ou unha redacción que o que
se necesitaba antes. Segundo, uti l izando Internet podemos atopar toda a información, é suficiente con que escribamos
o que nos gustaría buscar e ao cabo dalgúns segundos obteremos miles de respostas.Todo isto podémolo atopar
en moitas páxinas web, l ibros electrónicos e un mundo amplamente grande de información. Tamén atopamos que
a portabil idade da información é moito máis grande e doada, xa que unha memoria USB é máis pequena que andar
cargando cun libro. Internet é considerado, xunto ao ordenador, como o invento do milenio. Terceiro, o ordenador
xunto a Internet sérvenos actualmente como a principal fonte de diversión, permítenos así mesmo manter o contacto
cos nosos amigos e ademais coñecer xente a nivel mundial.
Pola contra, ao facil itarnos tanto a vida, moitas persoas non son capaces de resolver problemas sen o uso
da tecnoloxía.Tamén a medida que creceu a publicidade, aumentou o consumismo e o material ismo, aínda que
este produto sexa úti l ou non. Outra gran desvantaxe é que moitas persoas non se decatan que están compartindo
información persoal, non só para un grupo de persoas senón para todo o mundo e isto é arriscado xa que esa
información pode ser usada para fins que non queremos. E por último, a tecnoloxía é un medio moi importante na
vida, pero ás veces vólvese tan necesaria que, moita xente está en constante interacción e nos il la das demais
persoas como por exemplo da famil ia mesma.
En conclusión, neste mundo en que vivimos, onde a tecnoloxía está cada vez máis presente na nosa vida,
debería usarse con moderación porque pode volverse a nosa inimiga. Como dixo Albert Einstein: "Temo o día en
que a tecnoloxía supere a nosa humanidade. O mundo só terá unha xeración de idiotas. "
Débora Pérez Marín 1º Bac. B adultos
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
36
Concepto de Deus
T odos nos preguntamos algunha vez na nosa
vida; existirá un deus creador de todas as
cousas? Finalmente ninguén o descarta, pero ninguén
dá cun concepto claro do que iso significa.
Segundo a RAG deus é: “un ser supremo dotado
duns atributos ao que se lle rende culto”. Isto último deu
máis controversia xa que, por que deberiamos prostrarnos
ante el?, é necesaria a rel ixión? Eu penso que iso é mais
cultura e interese, que verdadeira Fe.
Entón, que é deus? Seguramente nos acheguemos
máis indo á orixe, no momento en que a Nada (a completa
falta de espazo, tempo e materia) se converteu en Todo.
Nese momento sucedeu un feito singular. O que fora que
o causase todo, estaba de antes. . . . Pero que causaría a
existencia dese Ente, se non existía o "antes", é dicir: o
tempo. . . Por ese camiño, entramos no bucle do deus
creador de si mesmo, o cal, as barreiras de comprensión
do home, darían con absurdos enteiramente.
Logo, o concepto ten que estar na mente. Que fai
que a materia, átomo a átomo, se xunte e forme un ser
pensante, facendo que o Todo, sexa moi superior á suma
das súas partes? Isto encaixa puramente na definición de
deus, xa que cada mente é un feito singular en si mesmo,
con capacidade de crear infinitamente e sen dúbidas na
fe da súa existencia.
Polo que podo concretar que o meu concepto de
deus é a coexistencia consciente de cada ser vivo da
terra, que fixo máis de si que a propia materia que o
formou, e alá no universo, onde haxa pensamento, haberá
un deus.
Rover García Miranda 2º Bach B (adultos)
O ser humano ante a relixión
T odo o mundo necesita algo no que crer e,
aínda que na actual idade a rel ixión non e una
ideoloxía tan arraigada na xente coma na antigüidade,
mil lóns de persoas no mundo réndenlle culto.
Dende que somos pequenos imos aprendendo
que algún día a nosa vida rematará e morreremos,
escoitamos os noso pais e sobre todo os nosos avós falar
da morte, e do que lles deparara despois, convencidos
de que haberá algo mais que o simple feito de ser materia
orgánica en descomposición. A rel ixión non é algo propio
dunha soa cultura, senón que mil leiros de culturas no
mundo teñen as súas propias crenzas e os seus propios
deuses, dende as que adoran a un só deus ata os que
teñen moitísimos. Pero o que todos comparten é a crenza
de atopar algo despois da morte, no que a vida é un simple
camiño no que haberá que gañarse o dereito as portas
do que nos depara despois. É fácil crer en algo, pero o
que é difíci l é explicalo, a xente négase a aceptar que
despois da morte non haberá nada, e que deberían
aproveitar a súa vida facendo o que queiran e non o que
lles permita ou non a súa rel ixión, xa que tal e como se
vai demostrando cada vez máis, isto é unha simple mentira.
A maior mentira da historia do mundo, a maior seita que
pode existir e a que máis rouba.
Polo tanto, só podo dicir que na miña opinión este
tema é algo que debería desaparecer da mente das
persoas e pasar a ser simplemente unha parte da historia
da terra.
Andrea Víctor Collazo 2º BACH A adultos
A HOMOSEXUALIDADE
A homosexualidade é unha orientación sexual como todo o mundo sabe, cara a alguén do mesmo sexo.Este tema está moi presente na sociedade de hoxe en día xa que cada vez hai máis persoas que
apoian aos chamados gays e lesbianas, e as mentes destas son moito máis l iberais ca outras de distintas xeracións.Aínda que a homosexualidade existe dende hai séculos, fíxose “aceptada” e “ben vista” hai relativamente pouco.Antes a maioría das persoas intentaban facerse pasar polo que non eran (por medo sobre todo, xa que nalgúnspaíses incluso os podían chegar a matar), moitos casaban para así ter unha tapadeira e parecer heterosexuais,outros mantiñan relacións ás agachadas, etc. Agora o panorama non ten nada quever, pero segue habendo algúns homosexuais que por vergoña, polas críticas ouincluso por temor a aceptación dos seus pais non se atreven a “saír do armario”.
É triste pensar que en pleno século XXI aínda exista xente que pensa queestas persoas teñen unha enfermidade (algúns pensan que incluso contaxiosa) eque as relacións de home máis home e de muller máis muller sexan antinaturais benporque a igrexa e a Bibl ia non nos ensinou iso ou por calquera outros motivos.Hai moitos gays e lesbianas que sofren bullying e chegan a pasalo verdadeiramentemal, sobre todo psicoloxicamente; as persoas non teñen idea do dano que llespoden causar ás veces por unha simple cara de asco ou unha palabra malsoante.
Avanzamos moito con respecto ao pasado pero aínda nos queda moito poravanzar. Agora por exemplo xa se permite o matrimonio homosexual civi l e aadopción de nenos (só en certos países), pero na miña opinión se lles debería detratar ao cen por cen como persoas normais (porque o son) sen ningún tipo de repugnancia e aceptando a súaincl inación sexual.
Raquel Núñez Mariño 4º ESO C
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
37
A FANTASÍA
A fantasía é unha percepción falsa da realidade.
Todo ser humano soñou algunha vez con
voar, con ser rico ou famoso, ou incluso con conquistar a
ese amor platónico; todo iso pertence á fantasía, posto
que soamente é posible na nosa imaxinación.
Todo ten comezo na nenez, dende pequenos
ensínannos, a través dos contos, que todo é posible se o
desexamos, polo que nos aferramos a esa idea e incluso
na madurez seguen estando na nosa cabeza as fantasías.
Ninguén está dicindo que unha fantasía non pode chegar
a facerse realidade (cousa que normalmente non sucede)
senón que o súa orixe é a imaxinación e que para chegar
a facela realidade, debe transportarse á vida real e iso
poucas veces é posible, como no caso de poder voar.
Ter presente a fantasía no noso día a día fai que
o ser humano non perda as ansias de avanzar para poder
alcanzalas, como por exemplo coa construción de avións
estamos máis preto de poder satisfacer a nosa ansia de
rozar o ceo.
Persoalmente, eu adoro estar constantemente
imaxinando cousas, encontrarme no medio dunha lectura
dun libro de ciencia ficción e imaxinar ese trebello surrealista
que o protagonista uti l iza, iso faime pensar que non serei
a única en facelo, pero si que o trebello que eu imaxine
non será igual ao que imaxina outra persoa, posto que a
mente de cada individuo funciona de diferente xeito, co
cal podemos chegar a desenvolver grandes cousas pondo
as nosas ideas en común.
Clara Álvarez Peña, 2º Bac.A (adultos)
A arte, para que serve?
P ara comezar é necesario primeiramente definir o que é a arte e xa teremos medio respondida a nosapregunta: A arte é o concepto co que se denominan ás creacións dos humanos, pero expresando a
realidade sensible sobre o mundo e pode ser tanto real coma imaxinaria, pode ser representada uti l izando recursosplásticos (coma óleo, lenzos, pasteis, acríl icos, carbonciños; tamén a fotografía e a escultura), con recursos l ingüísticos(xa que cantar é considerado unha arte) e por último a música (algunha persoa que toca algún instrumentoprofesionalmente tamén é considerado un artista). A persoa que queira ser unha artista, é un soño que moi poucoslogran, é un ámbito moi amplo e en moitos casos sobre todo na pintura o autor comeza a ter fama a partir da súamorte, excluíndo a algúns pintores e sobre todo a Dalí que se acreditou moita fama polas noticias que había sobrea súa vida. O ámbito quizais máis aglomerado é a música e o canto, ultimamente transmiten na tele moitos programasde voces que se dan a coñecer ou de persoas que son boas tocando instrumentos e van a concursos de talentos,son formas de conseguir a fama ou de polo menos vivir da arte, aínda que non informa moito da realidade, pero porexemplo, coa pintura a verdadeira represéntante da realidade, ou vendes os teus cadros ou fanche encargos, ousenón o único que queda é buscar outro traballo.
De todas as formas, a pesar de ser unha especial idade bastante complicada e da cal moitos carecen, vivirdela é moi difíci l , pero grazas a ela fixéronse moitos descubrimentos dos tempos pasados, moitas reflectían o quevivían e como vivían, como as pinturas da Cova de Altamira, e o sucedido nun momento determinado, xa que moitosartistas plasmaban o momento que máis l les chocou, coma Picasso co Greco, pintura da Guerra Civi l Española. Aarte, como as xoias por exemplo, son as cousas máis caras que hai no mundo, teñen un valor cuantioso e moitaimportancia no mundo, pero que en España por exemplo se fomenta pouco, non existen moitos estudos sobre aarte (quitando a carreira de Belas Artes) e ademais o diñeiro tamén é importante porque sen el non poderías ter omaterial necesario para deixar a túa imaxinación ou vivencias plasmadas para sempre nunha base que, nun futuro,quen saberá, podería valer mil lóns.
Paula Otero Fernández 2º Bacharelato B adultos
A Soidade
A soidade é unha das
sensacións máis
desagradábeis que unha persoa pode
experimentar.
Moitas veces unha persoa pode
estar acompañada por moita xente pero
aínda así sente ese baleiro no seu interior que soamente
o pode encher outra persoa que realmente sente un
verdadeiro aprecio por un. Por exemplo, a soidade que
sente un rapaz ao non poder darl le unha aperta a súa nai,
xa que está sometida a un tratamento que non lle permite
acercarse a ela porque podería afectar ao seu
desenvolvemento, só podería encherse cando novamente
puidese darl le unha aperta á súa nai; ou mesmo a propia
soidade desa nai por non poder bicar ao seu fi l lo e
unicamente podelo ver dende lonxe\ penso que é algo
polo que a ningunha nai l le gustaría nin debería pasar.
Tamén hai outro tipo de soidade, como a soidade
dunha persoa cando se sente rexeitado na escola polos
seus compañeiros de clase ou incluso cando estes
compañeiros o desprezan, ou tamén cando unha persoa
se decata de que non queren estar cun polo simple feito
de que non lle caes ben, porque non lle gusta a túa maneira
de vestir, ou porque intentas levarte ben con todo o mundo.
Aínda así, a pesar de todas estas sensacións de
soidade, sempre é bo contar con xente que realmente te
aprecia, como a túa famil ia ou os bos amigos, que non
teñen por que ser de toda a vida, senón tamén esas
persoas que coñeces desde hai pouco pero que sempre
estiveron ao teu carón cando as precisaches.
Leticia Carolina Dacuña Crespo – 2º Bac A adultos
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
38
A VIRXE DO CAMIÑO
A Virxe de Camiño é a santa da miña parroquia, está situada no barrio da Virxe do Camiño nunha
pequena capela que coincide coa vía de paso do Camiño portugués, e como o seu nome indica, a
xente pídel le pola axuda no camiño.
A historia que leva consigo a santa é unha lenda de centos de anos atrás que se foi transmitindo de xeracións
en xeracións, no meu caso, foi miña avoa quen ma contou dende moi pequeniña, pedíal le unha e outra vez que
ma contase. Cando remataba a historia, a avoa sabía que lle esperaban as preguntas pertinentes sobre os curiosos
acontecementos daquela historia tan enigmática, feito polo que a teño tan ben memorizada. A cuestión é que a
historia me quedou marcada e a día de hoxe, sempre que paso pola zona, non podo evitar que se me arrepíe o
corpo ao pensar que anos atrás naquela zona que agora piso eu algo tan incrible tivo lugar alí.
A historia comeza na ribeira do río Louro, zona onde os máis cativos ían levar o gando a pastar mentres os
pais dedicaban o tempo a outros labores máis complexos. Foi nunha tarde de verán cando dous destes cativos que
levaban a pastar os bois estaban xogando a tirar a pedradas unha rocha de gran tamaño que se atopaba ao borde
dun barranco, tras moitos intentos conseguírono, acab ou caendo barranco abaixo ata o río. Os rapaces sen máis
seguiron con outro enredo ata rematar o día e chegar a hora de volver para a casa.
O día seguinte os rapaces non sabían a sorpresa que lles esperaba no lugar, pois a rocha que tiraran barranco
abaixo volvía estar no mesmo lugar e na mesma postura que o día anterior, non l le deron maior importancia pois
crían que calquera que pasase por alí podería póla de volta no seu sitio, aínda que o tamaño da rocha facía que
se precisase máis dunha persoa para volvela ao lugar de inicio. E sen máis, volveron coa mesma picardía a intentar
tirala polo barranco. O resultado foi o mesmo, o día seguinte a rocha volvía estar na súa postura inicial . E isto
prolongouse ao longo de varios días. Os rapaces tiraban a pedra e o día seguinte, a pedra, coma se nada, volvía
estar no mesmo sitio. Tal foi aquilo que o rumor se estendeu polo pobo. Primeiro os maiores non lle deron maior
importancia que a de unha trastada de nenos, pero co paso dos días, o tema foi col lendo importancia de tal forma
que foron os maiores quen foron indagar o que alí estaba a acontecer. Tras comprobar que non se trataba dunha
mentira inventada polos nenos, decidiron levar aquela rocha xunto ao cura da cidade de Tui. Entre varios homes
cargárona nun carro de bois e emprenderon camiño á cidade que se atopaba a uns 6 km. de alí. Apenas percorridos
os dous quilómetros, ao chegar á altura onde se atopa na actual idade a capela, os bois frearon e non houbo maneira
de que desen un paso máis. A pedra non se puido mover xa de alí polo que foi o cura o que se desprazou ata o
lugar dos feitos. Cando os veciños l le contaran todo o que pasaba coa pedra, o cura asinoul le unha divindade e
mandou construír unha capela en honor dela, e aquela rocha converteuse en virxe, a Virxe do Camiño.
A capela foi construída en pouco tempo. Unha das decisións do cura foi poñer o altar mirando para o Aloia,
pois alí se atopaba a Virxe das Angustias e así estarían mirando unha para a outra, pero esta decisión parece que
non foi do agrado da Santa, pois todos os días ao chegar á capela a Virxe estaba volteada. Este feito levou a que
o cura, o encargado da obra, cambiase a
situación do altar para o lado oposto do que
estaba. De feito a día de hoxe aínda se ve a
parte da capela que no inicio fora a entrada.
Co paso do tempo chegouse á conclusión de
que a Virxe tiña unha irmá en Portugal, por
iso se volteaba a vela, e así quedou ata o día
de hoxe.
Xa se sabe que do que pasou ao que
din que foi hai un bo treito, pero hai algo na
historia que conta a lenda que a converte nun
suceso extraordinario.
Verónica Soutelo 2º BAC. B ADULTOS
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
39
A FESTA DA COCA EN REDONDELA
A coca é un ser mitolóxico que vive nas augas do mar ou dos ríos. Ten corpo de dragón, cola de serpee do lombo sáenlle dúas ás enormes de morcego.
Conta a lenda que saía de vez en cando e raptaba as mozas máis fermosas do lugar para levalas á súacova, tras aparecer varias veces por Redondela, o pobo, xa cansado disto, decidiu xuntar aos 24 mariñeiros máisfortes para ir matar o dragón. Unha vez foron ao seu encontro e conseguiron derrotalo, levárono á vila, xunto coasmozas que liberaran, e alí xuntando as súas espadas, comezaron a danzar ao redor do dragón. A primeira data
desta celebración é do S.XVI .Cada ano para lembrar este feito, e coincidindo coa
celebración rel ixiosa do Corpus Christi , faise unha representacióndo que debeu ser este día, 24 mozos redondeláns representanos mariñeiros, e dúas meniñas, as penlas, bailan alegres ao seuredor subidas enriba das burras (mulleres que as cargan nos seusombreiros) acompañados do son dos músicos. A noite antes, conmotivo do Corpus Cristi , decóranse as rúas con alfombras deflores e area polas que pasa a procesión e bailan os mozos.
Paula Hernández Rubín 1º Bac A adultos
Lenda
U nha lenda é unha narración de feitos naturais, sobrenaturais ou mesturados que se transmiten dexeración en xeración de maneira falada ou escrita. Xeralmente o relato sitúase de maneira imprecisa
entre o mito e o suceso verídico o que lle confire certa singularidade.A lenda que vou contar cóntaa moito miña avoa cando estamos en famil ia reunidos.
Trata sobre a Santa Compaña.Cando a miña avoa era pequena escoitou a seu pai contala. Na aldea que vivimos
hai un cruce de catro camiños no que o da esquerda sobe para unha fonte, o da dereita vaicara Portugal e os outros ,un sobe para a nosa casa e o outro baixa para a outra aldea. Seicaunha noite meu bisavó foi buscar a auga á fonte, antigamente non había luces na rúa e estabatodo escuro menos no cruceiro que había unha luz, e viu a silueta dunha muller e estrañoulleporque xa era moi tarde e en pleno inverno. Foise achegando pouco a pouco coa súa candeae faloul le á muller, decatouse de que non era ningunha veciña, preguntoul le o nome e a súaresposta foi que seguise o seu camiño que a súa alma non tiña que ir con ela. A el estrañoulleque a súa reposta fose esa, pero continuou o seu camiño e esa muller quedou alí de pé.Cando viña co cántaro da auga, a muller seguía alí e ao lonxe viu unha candea que seachegaba a el e esperou. Era o seu veciño, a muller xirouse e o ultimo que lembraba o meubisavó foi aparecer na cama o día seguinte e foi coñecedor de que o seu veciño morrera.Dende entón nunca foi de noite pola auga.
CAMBADOS
C ambados é un municipio situado na comarca do Salnés, no centro das Rías Baixas, na provincia dePontevedra, en Galicia. Sobre a orixe do seu nome existen varias teorías, unha delas di que o nome
ven dos descendentes da famil ia; outra, que se debe aos celtas, de Cambrae (Cambra, berce); e unha terceiradi que deriva dos vocábulos cam (lago) e bados (casa).
Ten variedade de festas locais: 1 0 de xullo, San Cristovo; 11 de xullo, San Bieito; 1 6 de xullo, Virxe do Carme, . . .Tamén ten variedade de monumentos de interese como as ruínas de Santa Mariña Dozo, pazo de Fefiñáns,
Igrexa de San Bento, torre de San Sadurniño, pazo de Montesacro, o muíño de mareas de “A Seca”, o monumentoa Ramón Cabanil las (poeta da raza), . . .
Eu nacín en Cambados, concretamente en Ribadumia. Crieime alí desde pequena, pero tamén vivo en Vigosalvo que na fin de semana marcho para alá. Alí vive toda a miña famil ia xa que todos naceron e se criaron alí, pero
os meus avós paternos, que tamén viven en Cambados, tiñan un piso aquípolo que meu pai se criou aquí e alá coma min e mais a miña irmá.
En Cambados naceron tamén importantes escritores como RamónCabanil las e escultores como Manolo Paz; tamén é importante destacar oseu cultivo de viño xa que é un dos produtos máis exportados e un montónde famil ias viven do cultivo do albariño, incluíndo a miña famil ia. De feito nomes de Agosto hai unha festa dedicada ao cultivo do albariño. A gastronomíacambadesa é considerada coma unha das mellores de Galicia tanto poloviño coma pola calidade dos seus mariscos e pescados.
Se tivera que recomendar algún sitio de Cambados serían As ruínasde Santa Mariña, A escultura de Ramón Cabanil las, as alfombras e procesióndo Corpus Christi , pero sobre todo a festa do viño Albariño.
Andrea Abal Castro 4º C
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
40
Norwich
T odo comezou o 25 de novembro, martes. Espertamos excesivamente cedo para poder chegar ó
aeroporto á hora prevista. Todos estabamos moi nerviosos, xa que para algúns esta era a súa primeira
viaxe en avión. Mentres agardábamos, coñecemos a Ana, a rapaza do Mariano, que iría con nós no grupo e á nosa
monitora, Andrea. Sentados no chan, estivemos xogando ás cartas
e sacándonos fotos ata que chegara a hora de irmonos.
No avión sentámonos separados, coñecendo así ós rapaces
dos outros grupos (pero o noso grupo era o mellor -chisco-). Chegamos
a Madrid con fame e despois de comer volvemos a coller outro avión
para ir a Londres.
Estábamos moi emocionados e tamén cansos. Logo tivemos
que tomar un bus para desprazarnos a Norwich. Tardamos máis de
tres horas, parecía que non pasaba o tempo. Unha vez alí, as nosas
famil ias de acoll ida viñeron a recollernos e cada un foise ó que sería
o seu fogar durante tres semanas.
Ó día seguinte coñecemos a Michael, o noso profesor da academia de Inglés e o noso guía. Era moi guapo
-cellas-, moi gracioso e tratábanos moi ben a todos, aínda que o seu favorito fose Leroy.
Os primeiros días fixemos un tour pola cidade, fomos ó cine e á piscina. O sábado fomos a Londres de
excursión. Como eramos o grupo máis pequeno, déronnos o que eles chamaban microbús, pero que nos bautizamos
como “fregoneta” para 1 4 persoas. Visitamos os lugares máis significativos da capital: o Big Ben, o London Eye,
Covent Garden, Chinatown, Picadil ly Circus, . . .
Os domingos eran días l ibres para pasar coa famil ia ou quedar pola cidade con quen quixeras.
O luns foi o noso primeiro día no “high school”, City Academy Norwich, CAN. Coñecemos ós nosos “buddies”,
estudantes que nos acompañarían nas clases e cos que
compartiriamos horario.
Cada tarde, ó saír de clase, tíñamos unha actividade
como podía ser ir á boleira, a un museo, á discoteca, . . . Un
sábado fomos a unha feira de Nadal na costa e
enchémonos de barro intentando ver o mar.
A última semana foi de despedidas, saímos do
noso último día no high school con bágoas nos ollos, pero pronto
nos esquecemos da tristura e sacamos os nosos instintos asasinos
xa que fomos ó láser tag onde o pasamos xenial.
Pasamos o noso último día en Cambridge, visitando as
distintas facultades e logo as tendas da zona.
Aquí rematou a nosa viaxe e a nosa marabil losa experiencia
en Inglaterra.
Alba Alonso e Xiana Pombo de 4º ESO A
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
41
Entrevista a Olivier Martín“SÓ SEI QUE ESTOU FACENDO A MÚSICA QUESEMPRE QUIXEN FACER, E A RESPOSTA DA
XENTE ESTÁ SENDO INCRIBLE”.
N acido en Melbourne, Austral ia, este xovecantautor de dezaseis anos prepara o seu
primeiro EP “Going Back To Austral ia” en formatoacústico, composto por cinco cancións, quepresentou e segue presentando non seusconcertos, entre outras obras non incluídas.Tivemos a oportunidade de falar con elsobre os seus inicios, os seu plans futuros eescoitar cada pequena historia que escondecada unha desas cinco cancións.-Boas tardes! Que tal se empezamos poloprincipio? Fálanos de como se iniciou todo
-Hey! Pois a verdade é que non sabería dicir onde ecomo empezou con exactitude. . . tiña uns catro anoscando me regalaron a miña primeira guitarra, a caluti l izaba como xoguete ata que empecei a interesarmede verdade nela ós seis anos. Aprendín só e ós oito funá clases durante un par de anos, logo deixeinas xa quequería descubrir a música pola miña conta, dalgunhaforma que non tivera que ver con partituras e esascousas . . . e iso é basicamente o que fixen nosseguintes dez anos, e o que seguirei facendo, namúsica nunca se deixa de aprender, sempre hai algonovo.-E que é dos teus concertos? Non te pos nervioso?-Si, claro, pero en certa parte gústame ter nervios antesde saír a tocar, é algo así como un reto. Antes era unrapaz máis ca miña guitarra na miña habitaciónintentando imaxinarme enriba dun escenario tocandopara moita xente, e agora é xusto o contrario. Alguénme dixo que me preocupase de verdade cando nonestivese nervioso, porque entón o meu traballo seráunha rutina, ou como queira que se chame polomomento . . . só teño dezaseis anos. Creo queprecisamente iso é o que te mantén vivo, todo istosería moi aburrido se xa sabes o que vai a pasar.
-Que gran verdade! Cóntanos algúns lugares polos quepasaches\-Empecei a facer gigs en decembro do ano pasadocomo solista, dende entón onde máis toquei foi enpubs, Café UF deume a oportunidade en xaneiro detocar tódolos meses aí, así que me podedes ver porese local moi a miúdo. . . Hai un mes toquei para máisde trescentas persoas en El Ensanche, algún programade televisión, teatros . . . Hai nada, na Fábrica deChocolate con Escuchando Elefantes. Últimamente voua miúdo a Príncipe a deixarme coñecer un pouco, haiun par de tendas que me deixan enchufarme.-Vaia! vexo que te moves ben\ e non tes a alguén queche axude co tema de concertos e promoción?-Ata fai pouco movíame só con todo isto, deixábameaxudar por algúns colegas ata que apareceu un boamigo, Luís Rodríguez, que coñecín recentemente. Foiun dos que me deu a oportunidade de tocar en ElEnsanche e, dende entón, fai o papel de “manager”comigo. Ten grandes cousas en mente.-Así que estás gravando o teu primeiro EP. Que tal vaia cousa? Cres que lle vai gustar ó teu público?-Si! O EP chámase Going Back To Austral ia no queinclúo cinco cancións e acústico. Está indo todo moiben, estivémolo atrasando moito e a verdade é queteño gañas de volver ó estudio e gravar as últimascancións.Respecto á última pregunta, só sei que estou facendo amúsica que sempre quixen facer, e a resposta da xenteestá sendo incrible.-De que falan as túas cancións?-Creo que todo posúe moito máis valor cando ten unhapequena historia detrás. . .Párate un momento a escoitalas e saberás de quefalan!-Foi un pracer! Ata a próxima e moita sorte!-Grazas! O pracer é meu, un saúdo.
Débora Pousa - 4º ESO B
KPOP
O K-pop é un xénero musical que ten a súaorixe en Corea do Sur (K-pop significa Korean
Pop). Abarca moitos esti los musicais diferentes como oR&B, rap, rock, etc.
Comezou nos noventa co famoso grupo Seo Taij iand Boys e popularizouse coa creación da maiordiscográfica de Corea do Sur, SM Entertainment. A partirde aquí o público adolescente empezou a sentirse atraídopor este xénero, e naceu a chamada onda coreana “Hallyu”con grupos como H.O.T, Sechs Kies, Shinhwa e S.E.S.
Co debut de BoA a principios da década do 2000,o K-pop estendeuse por toda Asia, e hoxe en día xa seestendeu á maior parte do mundo grazas ó GangnamStyle de PSY, vídeo máis visitado de Youtube ata omomento.
Algunhas características comúns entre os artistasdo K-pop son: as elaboradas coreografías; a maioría sontamén modelos e actores; cantan en coreano, xaponés,chinés, inglés, . . .
Algúns dos grupos máis famosos de Corea son:
-DBSK: considerados os deuses do K-pop,conseguiron Records Guinness ademais de serenconsiderados os Backstreet Boys asiáticos. Non obstante,agora están separados en dous grupos distintos, un queconserva o nome orixinal e outro denominado JYJ.
-Girls' Generation (SNSD): formado por 9 mozas,son consideradas o maior grupo feminino de Asia e o“grupo da nación” en Corea. Son coñecidas mundialmentegrazas á súa vitoria nos Youtube Music Awards no quegañaron o premio ó vídeo do ano polo videoclip 'I got a boy'.
-Big Bang: o seu esti lo céntrase no Hip Hop e sonun dos grupos de K-popmasculinos máis coñecidos anivel mundial grazas áscarreiras como solistas dos seus5 membros.
Aquí podedes ver unexemplo de típica canción de K-Pop (Bigbang – Fantastic Baby):http: //goo.gl/CjiPp
Alba Alonso e Xiana Pombo 4º ESO A
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
42
A nosa visita ao teatro
O xoves día 30 de abri l as clases de primeiro, segundo e cuarto da ESO PDC víronse interrompidas
pola saída do centro para ver unha representación teatral do l ibro Don Quijote de la Mancha.
Saímos do instituto sobre as dez e media e comezamos a camiñar ata o teatro Salesianos; unha vez alí
agardamos uns minutos ata que nos deron a entrada.
A obra contábanos a historia dun home, Don Quijote, que, despois de ler moitas historias de cabaleiros
andantes que facían grandes obras, se quixo converter nun deles. Don Quijote encamíñase na busca dun castelo,
que en realidade era unha pousada, onde o converten en cabaleiro; busca un escudeiro, Sancho Panza, cámbial le
o nome ao seu corcel, Rocinante, e tamén busca unha dama á que pretender, Dulcinea
del Toboso. O dato que todos coñecemos, aínda que nunca viramos unha obra del, ou l ido
o l ibro, é que el cre ir derrotar xigantes e en verdade son muíños de vento, e iso é o que
nos contaban os actores. A obra final iza coa escena dun Don Quijote con todo o seu sentido
e non como anteriormente, que l le dá as grazas a Sancho por ser tan bo escudeiro.
Compartimos esta experiencia con outros centros, como o SEK Atlántico. A compañía
viña de Barcelona e estaba formada por catro actores, dous homes e dúas mulleres, e un
mozo de luces.
ALBA COSTAS 2º ESO A
Con Filgueira Valverde no Museo de Pontevedra
D ende o primeiro momento a excursión ao Museo de Pontevedra estivo chea de arte: unha escultura
no xardín, cadros por todas e cada unha das paredes, esculturas de inmenso valor, recuperación de
pezas antiquísimas. . .
Co principal motivo de coñecer a figura de Filgueira Valverde, por ser o homenaxeado no Día das Letras
deste ano, tivemos tamén a oportunidade de entrar en contacto con obras de autores tan coñecidos como Castelao.
Arte sempre relacionada con Galicia.
O que máis nos chamou a atención? A algúns, o sistema de luces do edificio; a outros, os esqueletos dunha
das exposicións, a inmensidade dalgunha das pinturas ou a vida de Filgueira Valverde.
Por unhas cousas ou por outras, todos quedamos asombrados por algunha parte da exposición, con ganas
de dar outra volta polo Edificio Sexto do Museo de Pontevedra.
A exposición centrada en Filgueira Valverde pareceunos
a todos unha exposición moi completa, igual que a súa vida:
agora xa sabemos que foi unha persoa chea de sabedoría,
que tratou nas súas obras todo tipo de temas e que estivo
relacionado coa cultura dende idade moi temperá.
Berta Estévez Arias, de 1º Bach. C
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
43
Vídeos TIC
D urante este último mes, os alumnos de 1 º BAC que cursamos TIC (Tecnoloxías da Información e
Comunicación) estivemos realizando unha serie de actividades guiadas por Mara Sanmartín. Actualmente
atópase no noso instituto levando a cabo as prácticas do Máster de Profesorado.
Grazas a esta iniciativa, traballamos en diferentes campos do mundo audiovisual, dende o cine á televisión
sendo os produtores dos nosos propios anuncios publicitarios. Pode que esta tarefa pareza moi sinxela pero comporta
un gran traballo de gravación, montaxe e outros aspectos técnicos que moitas veces non son valorados (como os
planos, o guión, \). Dende o meu punto de vista o máis complexo na elaboración do vídeo foi imaxinar a temática
da historia que iamos crear. Ademais tiñamos un hándicap, no spot tíñase que incluír unha parte dos noso
coñecementos nalgunha materia. Por exemplo, algúns grupos introduciron conceptos de Física e Química como
reaccións, fórmulas, leis, . . .
Sen dúbida, dende a miña humilde opinión, facer este vídeo foi unha experiencia moi divertida e enriquecedora.
Desta maneira, foi o traballo en equipo e a coordinación entre os seus membros a clave dos bos resultados. No
meu caso repartímonos as tarefas de maneira equitativa para que cada integrante do equipo elaborara unha
actividade diferente.
Outra achega que merece a pena destacar é o desenrolo
da creatividade, unha faceta que apenas se ten en conta na
maioría de materias. Non obstante, pode ser moi importante á
hora de crear e deseñar proxectos, polo que debería ser máis
potenciada e non tan menosprezada.
Mirando cara ao futuro, ter participado nesta actividade
poderanos servir como experiencia para próximos traballos en
equipo no ámbito universitario ou mesmo no empresarial . Pero,
sobre todo, o máis importante foi facernos sentir capaces de
material izar unha idea e, por suposto, ser creativos.
Natalia García – 1º bacharelato D
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
44
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
45
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
46
COUSAS DO CASTELAO NÚMERO 14 20142015
47
EQ
UIP
OD
ED
INA
MIZ
ACI
ÓND
ALI
NGU
AGA
LEGA
Edición dixital : http: //www.edu.xunta.es/centros/iescastelaovigo/node/206
IES
CAS
TELA
OCódigoQR