o diálogo

7

Upload: pilargarcia1967

Post on 21-Aug-2015

105 views

Category:

Documents


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: O diálogo
Page 2: O diálogo

QUE É O DIÁLOGO

O diálogo prodúcese cando dúas ou máis persoas interveñen de maneira sucesiva para intercambiarse información ou para comunicar

pensamentos, sentimentos ou desexos.

TIPOSHai diferentes tipos de diálogo segundo sexa máis ou menos formalizado,

é dicir segundo esté máis ou menos preparado ou traballado. Así o diálogo pode ir dende unha amable conversación ata unha discusión entre os

interlocutores e emprégase en xéneros literarios como a novela, o conto, a fábula, o teatro ou a poesía.

Page 3: O diálogo

ESTRUTURA DUNHA CONVERSACIÓN

1. Inicio ou apertura: depende do grao de formalidade (ola, boas tardes, etc). Preparación ou orientación cara ao tema que se quere tratar ( sabes que me pasou?)

2. Parte central: os interlocutores intercambian información, que pode consistir en pregunta-resposta.

3. Conclusión e peche: prepárase a síntese e adoita incluír unha fórmula de despedida.

Page 4: O diálogo

CARACTERÍSTICAS DO DIÁLOGO ORAL

Os códigos non verbais (xestos, movementos, etc).A espontaneidade está moi presente, o que supón

improvisación (falta de preparación previa). E isto implica: Uso de interrogacións ou exclamacións para expresar opinións sobre algúns aspectos (non estou dacordo, góstame, non sei, … Frases sen rematar. Repeticións de palabras, etc.

Page 5: O diálogo

AS NORMAS NO DIÁLOGO

Para que exista un diálogo axeitado deben darse unha serie de condicións:1.Respectar á persoa que fala.2.Falar nun ton axeitado.3.Respectar a quenda de palabra.4.Saber escoitar, sen precipitarse a responder.5.Pensar no que nos din os demais.6.Tolerar criticamente as opinións dos demais.

Page 6: O diálogo

O DIÁLOGO ESCRITO. ESTILOS

ESTILO DIRECTO Repróducense exactamente

as palabras das persoas que falan. Por exemplo no seguinte caso : “Manuel di:

-Ven esta tarde merendar”.

ESTILO INDIRECTO Consiste na reprodución do

que din as personaxes, pero non textualmente. E como si alguén contara o que outro di. Hai un verbo introductorio (decir, preguntar, contar, etc) e con frecuencia as conxuncións que ou se, polo que os dous puntos, comillas ou guión non son necesarios para presentar cada intervención.

Page 7: O diálogo

NOVAS FORMAS DE DIÁLOGO

As redes sociais. Están a medio camiño entre o diálogo oral e o escrito, porque conservan carácterísticas da oralidade:

EspontaneidadeRexistro coloquialCambios de tema, etc