o imperio napoleonico
TRANSCRIPT
O IMPERIO NAPOLEONICO
Ciencias Sociais 4º ESO
INTRODUCCIÓN
Durante o período que transcurre dende 1795 a 1815, toda Europa vivíu as consecuencias da Revolución Francesa.
Napoleón Bonaparte ascende ao poder en Francia, ocu-pa militarmente a maior parte de Europa e modifica a orde socio-política do vello continente.
É unha época de profundos cambios que darán lugar ácreación dunha nova Europa a partires de 1815.
Napoleón Despois daVictoria de Toulón contra os españois
O ascenso de Napoleón
En 1795, O directorio asume o poder e apóiase no exército para asegura-lo
Ordena ao xoven xeneral Napoleón Bonaparte que dirixa o exército de Italia, obtendo triunfo tras triunfo contra Austria
En 1799, tra-la campaña de Exipto contra os Británicos, retorna a París aclamado pola multitude
Busca apoios entre os sectores máis moderados do Directorio: planea un golpe de Estado
O ascenso de Napoleón
En Novembro de 1799 (18 do mes Brumario), Napoleón decide dar un golpe de Estado
Establece un novo poder executivo composto por tres cónsules, asumindo él o cargo de primeiro Cónsul
Apróbase unha nova Constitución, onde o goberno ten toda a iniciativa lexislativa
En 1802, Napoleón é nomeado Cónsul Vitalicio, previo paso de ser coroado Emperador de tódolos franceses en 1804.
NapoleónEmperador
AS REFORMAS INTERNAS
Napoleón introduce durante o seu mandato nu-merosas reformas internas
Creación dun ministerio do Interior para restablecer o orden público despois de anos de revoltas e caos
Centralízase a administración
Faise unha profunda reforma fiscal, que extende a tódolos cidadáns a obriga de pagar impostos
Promúlgase un novo Código civil, que recoñecía a liberdade individual e os principios de liberalismo económico
A GUERRA EUROPEA
As guerras entre Francia e o resto das potencias eu-ropeas serán constantes entre 1792 e 1815
Francia asume o papel de país abanderado dun pro-ceso revolucionario e convoca aos pobos do mundo para derribar a tiranía de cada país
Napoleón continúa fiel a esa proclama francesa e grazas aos seus dotes de gran estratega vaise facendo co control de gran parte de Europa
A lista de éxitos militares é longa: Austerlitz (1805), Jena (1806), Wagram (1809), etc.. Finalmente domi-nará o continente pero o mar quedará en mans de Gran Bretaña despois da batalla naval de Trafalgar (1805)
Batallas de Austerlitz e Jena
Batalla de Trafalgar (1805)
AS FRONTEIRAS DO IMPERIONeste inmenso imperio Napoleón transforma as leis,
modifica fronteiras, depón reis e nomea monarcas da súa familia. Dous problemas serán clave na fractura do seu poder:
1.- O imperio era unha estrutura moi fráxil e aparecerán moi pronto os primeiros sentimentos nacionalistas. Tal será o caso de España, que non acepta a ocupación francesa e inicia unha guerra de desgaste que alentará ao resto das nacións a erguerse contra Napoleón
2.- A súa ambición desmedida atopa resposta na campaña de Rusia, obtendo o seu maior fracaso militar en 20 anos. As grandes potencias únense e derrotan finalmente a Napoleón na batalla de Waterloo en 1815
O ECO DA REVOLUCIÓN
A etapa napoleónica pode ser considerada coma un esforzo por extende-los ideais de liberdade e progreso a tódolos países europeos
A este proxecto oporanse os intereses nacionais, os defensores do Antigo Réxime e a heteroxeneidade das identidades culturais dos pobos europeos
A posterior etapa da Restauración tentará recuperar uns valores tradicionais propios dunha época que rematou cóa expansión da Revolución Francesa polos exércitos de Napoleón
FINMiguel Plasencia Gómez