o reino das plantas
DESCRIPTION
Unidade didáctica par o terceiro ciclo de primariaTRANSCRIPT
O reino das plantas - 3º ciclo de primaria
María Albarellos e Julia González
O reino das plantas - 3º ciclo de primaria
María Albarellos e Julia González
ximnospermas
plantas con flores moi
sinxelas, non
producen froitos e as
súas sementes
fórmanse en piñas
As plantas son seres vivos que se diferencian dos
animais en que non se desprazan e en que fabrican o
seu propio alimento.
Clasifícanse en dous grandes grupos:
PLANTAS SEN FLORES
carrizas fieitos
PLANTAS CON FLORES
anxiospermas plantas con flores
das que sae un froito
e no seu interior
sementes
O reino das plantas - 3º ciclo de primaria
María Albarellos e Julia González
As plantas, como todos os seres vivos realizan as tres funcións vitais:
nutrición
relación
reprodución
FUNCIÓN DE NUTRICIÓN
As plantas absorben pola raíz as substancias minerais do chan. Con
esas substancias mesturadas con auga fabrican un zume (zume bruto)
que sobe por uns vasos, chamados vasos leñosos ata as follas, onde
coa luz do sol se transforma no zume elaborado que xa pode ser
asimilado polas plantas e que se distribúe por todas as partes da
planta mediante os vasos liberianos. Este fenómeno coñécese co
nome de fotosíntese e durante ese proceso, as plantas despiden
osíxeno e absorben dióxido de carbono. A respiración realízana polas
follas e, como todos os seres vivos, toman osíxeno e desprenden
dióxido de carbono.
FUNCIÓN DE RELACIÓN
As plantas teñen unha función de relación moi simple, soamente se
percibe en que se inclinan cara ó sol.
FUNCIÓN DE REPRODUCCIÓN
Existen dúas formas de reprodución.:
A reprodución sexual, na que o órgano fundamental é a flor. As
flores nos estames producen o polen que arrastrado polo vento ou
polos insectos, cae sobre outra flor, deixándoa fecundada, desa flor
nace un froito e dese froito nacen unhas sementes, que son as que
dan orixe a outras plantas.
A reprodución asexual moitas plantas reprodúcense a partir de
partes do seu corpo, recibe o nome de asexual porque intervén unha
soa planta. Usan diversos sistemas para reproducirse , os estolóns,
os rizomas e os tubérculos.
O reino das plantas - 3º ciclo de primaria
María Albarellos e Julia González
PARA SABER E DESCUBRIR MÁIS!!
Plantas con flores
Plantas sen flores
A reprodución das plantas
O reino das plantas - 3º ciclo de primaria
María Albarellos e Julia González
ACTIVIDADES PARA REPASAR E REFORZAR
Actividade 1
Actividade 2