o sorriso da muralla nº 4

2
JG: Si, pero non foi a guerra en si mesma, pois dela saín fuxindo en Maguncia para difundir o meu invento e aquí estou: esa foi unha época axitada en que a verdade e a palabra se fixeron cada vez máis sospeitosas. Creo que agora, na época en que lle tocou vivir a vostede, non se condena ao que di unha mentira, senón ao que non sabe disfrazala de verdade. X: Pero iso ocorreu sempre, mestre Gutenberg. JG: Ten toda a razón, pero ese invento que ten agora entre as súas mans (computadora), e outros como a televisión, converten a palabra nun exceso máis alá do dionisíaco, a súa é unha época na que todos teñen voz pero ninguén parece entenderse. X: Entón vería vostede os signos dunha segura desaparición do libro como transmisor de ideas e de coñecemento? JG: (tras un longo silenzo) Pois mentres existan escritores que cultiven a palabra, unha boa calidade no papel, unha apreciación auténtica pola tipografía e a imprenta, e unha encadernación digna de conter todo este gran traballo, creo que o libro pasará unha dura proba como as que na súa historia superou. E seguirá ocupando o lugar que lle corresponde ao ser o invento que máis froitos lle deu ao enxeño humano. Despídome do meu interlocutor unha vez que limpou as súas mans do tusch litográfico que sostivo inquedo durante toda a nosa conversación. Deposítao con respecto nun bote de tinta para gravado cuxos ingredientes seguen sendo os mesmos que inventara hai 560 anos: aceite de linaza fervido e carbón vexetal en po, e cun aire de satisfacción, déixao na prensa tras recoñecer en letra gótica o seu nome no recipiente. Texto traducido e adaptado de: http://www.artesdellibro.com/2006/04/unaentrevista imaginariacon.php#more Na Idade Media os homes podían exercer de amanuenses; non obstante, durante o califato de Córdoba, as mulleres traballaban como escribas e amanuenses, copiando e ilustrando os libros antigos. A maior parte dos libros gregos que podemos consultar nas nosas bibliotecas chegaron ata nós a través de versións árabes producidas en escolas de tradutores como a de Toledo. Grazas ao códice, perpetuouse o pensamento antigo. O formato de códice foi popularizado polos primeiros cristiáns, pois facilitaba o transporte dos textos sagrados. Os árabes afianzaron o uso dos códices como vehículo para a transmisión do Corán. O texto sagrado do islam foi estruturado en 114 suras, servindo de precedente ao concepto de capítulos. No século XIV, un barón de Castela legou á súa única filla un exemplar do Corpus Iuris se casaba cun letrado. O libro miniado era un don tan prezado que condicionaba a elección de consorte para o día da voda. Ata o século XVIII, os estudantes universitarios podían acceder aos libros da biblioteca tan só unha vez á semana. Boletín da biblioteca do IES Xoán Montes Número 4 Abril 2010 Rúa Montevideo s/n. 27001 Lugo [email protected] http://bibliotecaiesxoanmontes.blogspot.com Curiosidades edición especial día do libro Entrevista a J. Gutenberg

Upload: o-sorriso-da-muralla

Post on 17-Mar-2016

222 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

Número 4 do boletín bibliográfico da biblioteca do IES Xoán Montes de Lugo, abril de 2010

TRANSCRIPT

Page 1: O sorriso da muralla nº 4

JG: Si, pero non foi a guerra en si mesma,pois dela saín fuxindo en Maguncia paradifundir o meu invento e aquí estou: esa foiunha época axitada en que a verdade e apalabra se fixeron cada vez máissospeitosas. Creo que agora, na época enque lle tocou vivir a vostede, non secondena ao que di unha mentira, senón aoque non sabe disfrazala de verdade.X: Pero iso ocorreu sempre, mestreGutenberg.JG: Ten toda a razón, pero ese invento queten agora entre as súas mans(computadora), e outros como a televisión,converten a palabra nun exceso máis alá dodionisíaco, a súa é unha época na que todosteñen voz pero ninguén parece entenderse.X: Entón vería vostede os signos dunhasegura desaparición do libro comotransmisor de ideas e de coñecemento?JG: (tras un longo silenzo) Pois mentresexistan escritores que cultiven a palabra,unha boa calidade no papel, unhaapreciación auténtica pola tipografía e aimprenta, e unha encadernación digna deconter todo este gran traballo, creo que olibro pasará unha dura proba como as quena súa historia superou. E seguiráocupando o lugar que lle corresponde aoser o invento que máis froitos lle deu aoenxeño humano.Despídome do meu interlocutor unha vez quelimpou as súas mans do tusch litográfico quesostivo inquedo durante toda a nosaconversación. Deposítao con respecto nun botede tinta para gravado cuxos ingredientesseguen sendo os mesmos que inventara hai560 anos: aceite de linaza fervido e carbónvexetal en po, e cun aire de satisfacción, déixaona prensa tras recoñecer en letra gótica o seunome no recipiente.Texto traducido e adaptado de:http://www.artesdellibro.com/2006/04/una­entrevista­imaginaria­con.php#more

Na Idade Media só os homes podíanexercer de amanuenses; non obstante,durante o califato de Córdoba, as mullerestraballaban como escribas e amanuenses,copiando e ilustrando os libros antigos.A maior parte dos libros gregos quepodemos consultar nas nosas bibliotecaschegaron ata nós a través de versiónsárabes producidas en escolas detradutores como a de Toledo.Grazas ao códice, perpetuouse opensamento antigo. O formato de códicefoi popularizado polos primeiros cristiáns,pois facilitaba o transporte dos textossagrados. Os árabes afianzaron o uso doscódices como vehículo para a transmisióndo Corán.O texto sagrado do islam foi estruturadoen 114 suras, servindo de precedente aoconcepto de capítulos.No século XIV, un barón de Castela legouá súa única filla un exemplar do CorpusIuris se casaba cun letrado. O librominiado era un don tan prezado quecondicionaba a elección de consorte parao día da voda.Ata o século XVIII, os estudantesuniversitarios podían acceder aos librosda biblioteca tan só unha vez á semana.

Boletín da biblioteca doIES Xoán Montes

Número 4Abril 2010Rúa Montevideo s/n. 27001 [email protected]://bibliotecaiesxoanmontes.blogspot.com

Curiosidades

edición especial

día do libro

Entrevista aJ.Gutenberg

Page 2: O sorriso da muralla nº 4

A entrevista desenvólvese na cidade deMaguncia, nunha vella imprenta. Só queda,como proba do seu uso, o crisol onde sefundía o chumbo, que usei para sentarme, e aplatina dun vello tórculo na que apoiei unhacomputadora para redactar esta entrevista.O mestre Johannes Gutenberg chegavisiblemente sobresaltado, sacudindo o po doseu abrigo. Baixar do pedestal e cruzar por vezprimeira a glorieta que leva o seu nome fixeronque esqueza o incunable que o seu escultorpacientemente tallou entre o seu peito e a súaman esquerda; e impaciente por percorrer asúa cidade natal, só confía en que o vellolibreiro que está fronte ao seu monumento nonacuda, como todos os días, a esperar omomento en que caia das súas mans aconsecuencia do cansazo.JG: Só espero que o meu libro non sevenda nalgunha casa de poxas como...(longo silenzo) ...de todas as formas queexisten para comerciar cun libro, aespeculación sempre a considerei como aforma máis irrespectuosa.Xornalista: É posible, mestre. Confíe enque, por respecto a vostede, se conserveno seu lugar. Podemos comezar coaentrevista?JG: Estou ás súas ordes.X: O seu verdadeiro nome non foiJohannes Gutenberg senón JohannesGensfleisch zur Laden; de onde provén oapelido que o fixo famoso?JG: Meu pai, que era ourive de profesión edirector da Casa da Moeda en Maguncia,casou en segundas nupcias con miña naiElse Wilse. A familia de miña nai achegoucomo dote unha mansión chamada ZumGutenberg á parella, e aí tiven a sorte denacer entre 1394 e 1399... comprenderávostede que pasou moito tempo...X: A súa infancia estivo marcada por unhaférrea disciplina dentro do gremio daourivaría e a amoedación. Considera esta

formación o comezo que o levou a idear aimprenta?JG: Considéroo fundamental. Ademais de meu pai,había moitos parentes que se dedicaban a esteoficio, e era habitual comezar a instrución a curtaidade, segundo dicíamos: fit fabricando faber (oartesán fórmase traballando). Despois viña aconfección da obra mestra do futuro mestre e porfin a ansiada matrícula na arte respectiva.X: Con todo, vostede non foi formadoexclusivamente nas artes que na súa época eranconsideradas mecánicas, contou por supostocunha magnífica preparación dentro do trivium(gramática, retórica e lóxica) e o cuadrivium(matemáticas, xeometría, astronomía e música).JG: En efecto, nacín nunha época na que o tempo ea palabra deixaban de ser propiedade divina. Tempoatrás, considerábase máis honroso traballar a terraque cultivar a palabra, pois esta debía ser usadapara difundir a verdade, o Verbo, e nunca comoferramenta para obter fama e riqueza.X: Dígame, mestre, vostede tecnicamente non foi oinventor do libro impreso; anteriormente xa existíansistemas de imprenta con caracteres fixos e follasilustradas grazas a procedementos de gravado etintado a man. A que se debe que esta revolucióndure tanto tempo?JG: Verá vostede, os lectores potenciaispermanecían atados á noción de que un verdadeirolibro tiña que estar escrito a man e avalado polapluma do autor e do experto copista. Por esa razón,xurdiu a mimese entre os procedementosmecánicos e manuais buscando, por suposto, unhamaior aceptación dos letrados para os produtosdeste novo invento.X: Pero entón vostede foi mal considerado e foiproclamado inventor da imprenta periódica, poisdurante moito tempo o seu invento dedicouse áimpresión de follas soltas, opúsculos, calendarios,xaculatorias e oracións para indulxencias quepodían chegar, sen limite de copias, a frades esacerdotes. Que significou entón a aparición doCatholicon e da Biblia de Maguncia?JG: Non o sei, pero lembrarei sempre con especial

afecto a un dominico, Filippo dei Strata, quenunca deixou de pensar que est virgo haecpenna, meretrix est stampificata (a pluma éunha virxe, a imprenta unha prostituta). Ohome manterá sempre unha tercaresistencia ao cambio.X: Sabía vostede que os métodosperfeccionados por vostede: a tinta, aprensa e os tipos móbiles se mantiveroncase sen cambios durante os 400 anosposteriores á súa invención?JG: En efecto, pero logo inventouse atricromía, a estereotipia, o heliograbado, alitografía e o fotograbado. Todos elesinventos utilísimos para o desenvolvementoda imprenta. Hei de confesarlle a envexaque sentín cando en 1863 William A. Bullockinventou a imprenta rotativa e en 1884, trasvarios intentos errados, un paisano meu,Ottmar Mergenthaler, puxo en marcha alinotipia: Eureka! Mil caixistas nun!X: Parece ben informado da imprenta doséculo XIX, produto da revolución industrial.Sabe entón que esta época trouxo consigoun cambio radical nas formas de producióne entre outras consecuencias provocou queos nosos obxectos se convertesen encousas que se usan e se tiran, que opina dofenómeno?JG: Podo comentarlle que nunca vira tantoslibros impresos en tan pouco tempo, peroque ao mesmo tempo, nunca vira tantoslibros envellecer tan axiña.X: Foi para vostede o primeiro síntoma deque o libro estaba morrendo?JG: De ningún xeito, só foi un paradoxo datécnica. Para levar a cabo a divulgaciónmasiva do coñecemento, outros fins tiveronque ceder necesariamente, como a calidadedo papel ou a súa encadernación. Con todo,confeso que houbo un momento en quepensei que o libro deixaría de existir.X: No período de entreguerras do séculoXX...