o único que queda é o amor

3

Upload: dolores-varela-salgueiro

Post on 30-Mar-2016

342 views

Category:

Documents


33 download

DESCRIPTION

guía de lectura

TRANSCRIPT

Page 1: O único que queda é o amor
Page 2: O único que queda é o amor

O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR de Agustín Fernández Paz Fíxate no importante que é a literatura para case todos os protagonistas destas historias. Na sesión de comentario deste libro falaremos do que significa para nós a literatura. Un radiante silencio.

- Reflexiona sobre se o éxito profesional é suficiente para encher a vida dunha persoa.

- Cres que hoxe alguén empregaría a poesía para conquistar a persoa amada? Amor de agosto.

- “Os amoriños primeiros son moi malos de olvidare” di a sabedoría popular. Este é un dos temas tratados neste relato. Cita ti outro dos temas que se abordan nel.

Esta estraña lucidez. - Reflexiona sobre a orixinalidade da voz narradora. Por que cres que o autor fixo

esta escolla? Unha historia de fantasmas.

- Se estiveses nunha xuntanza como a que relata a historia, e che pedisen que recitases os versos que máis che gustan, cales escollerías? Podes compartilos connosco o día que fagamos o comentario.

Ríos da memoria. - Cres que moitas das experiencias que estás a vivir van deixar moito na túa

memoria? Loanza da filatelia.

- Como describirías os protagonistas desta historia. - Reflexiona sobre a linguaxe literaria empregada no último parágrafo. - Cres que hai unha sobrevaloración do material na sociedade actual? - Se es coleccionista podes comentar con nós a túa afección. - Relaciona este relato coa canción “ Un ramito de violetas” de Cecilia.

Unha foto na rúa. - Daniel cre que a fotografía da muller pode ser o seu fío de Ariadna para conseguir

o seu verdadeiro amor. A que se refire con esta expresión “fío de Ariadna”? - Relacionas este relato con algún famoso filme?

Meditación ante o álbum de fotos familiar. - O protagonista do relato di “o tempo é subxectivo”. Que cres que quere dicir con

isto? - Dáslle a mesma importancia ca el ás fotografías?

Despois de tantos anos. - A protagonista do relato tivo que escoller entre paixón e comodidade. Con que se quedou? Ti cres que atinou?

Un río de palabras. - Imaxina que vas colgar un cartel cun fragmento do teu libro favorito. Que libro

elixirías? Podes compartir connosco a túa elección.

Page 3: O único que queda é o amor

Agustín Fernández Paz