o voluntariado e a alimentaciÓn a … · 2010-05-04 · medio ambiente. tamen animan a que a ......

8
1 Q-44g O VOLUNTARIADO E A ALIMENTACIÓN A NECESITADOS Autora: Carme Costa – Colaboradoras: Antonia Martín, Esperança Ponsell. CAMPAÑA ENTRE O ALUMNADO DAS ESCOLAS E INSTITUTOS DE BARCELONA (Publicase esta información por se serve de estímulo a outros Bancos de Alimentos) “O que me escandaliza non é que haxa ricos e pobres senón o derroche” Nai Teresa de Calcuta PRESENTACIÓN DO BANCO DE ALIMENTOS DE BARCELONA HISTORIA O primeiro Banco de alimentos naceu en Phoenix (Arizona) no 1966, grazas a unha idea de John Van Engel. O ano 1984 a idea introduciuse en Europa (Banco de alimentos de París), e no 1987 creouse en Barcelona a Fundación Benéfica Banco de Alimentos, que foi o primeiro Banco en España. En Cataluña, Comunidade Autónoma española con mais de 7 millóns de habitantes dos que 1.606.000 son de Barcelona, existen 4 Bancos de alimentos, cada un cun ámbito de actuación na súa propria Provincia. En España existen 52 Bancos de alimentos, agrupados nunha Federación Española. Esta, a súa vez, é membro da Federación Europea, que reúne a un total de 200 Bancos en 17 países. ¿QUÉ É O BANCO? É unha fundación benéfica que ten por misión captar alimentos en bo estado para o consumo e facelos chegar ás persoas de eiquí que están en precariedade social. O Banco basea todo o seu traballo nas doazóns e o voluntariado. ¿COMO ACTÚA? Recollendo alimentos que as empresas por un motivo ou outro non poden comercializar, pero que son aptos para o seu consumo, pois están dentro da súa data de caducidade ou consumo preferente. Perante o ano 2007 o Banco xestionou un total de 8.542 toneladas de alimentos. Repartindo estes alimentos de balde ás entidades benéficas de Barcelona e de preto que as distribúen entre as persoas que non dispoñen do mínimo necesario para vivir con normalidade. O ano pasado as persoas que beneficiáronse deste servizo foron 130.000.

Upload: vuthu

Post on 05-Oct-2018

215 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

1

Q-44g

O VOLUNTARIADO E A ALIMENTACIÓN A NECESITADOS

Autora: Carme Costa – Colaboradoras: Antonia Martín, Esperança Ponsell.

CAMPAÑA ENTRE O ALUMNADO DAS ESCOLAS E INSTITUTOS DE BARCELONA (Publicase esta información por se serve de estímulo a outros Bancos de Alimentos)

“O que me escandaliza non é que haxa ricos e pobres senón o derroche” Nai Teresa de Calcuta

PRESENTACIÓN DO BANCO DE ALIMENTOS DE BARCELONA HISTORIA O primeiro Banco de alimentos naceu en Phoenix (Arizona) no 1966, grazas a unha idea de John Van Engel. O ano 1984 a idea introduciuse en Europa (Banco de alimentos de París), e no 1987 creouse en Barcelona a Fundación Benéfica Banco de Alimentos, que foi o primeiro Banco en España. En Cataluña, Comunidade Autónoma española con mais de 7 millóns de habitantes dos que 1.606.000 son de Barcelona, existen 4 Bancos de alimentos, cada un cun ámbito de actuación na súa propria Provincia. En España existen 52 Bancos de alimentos, agrupados nunha Federación Española. Esta, a súa vez, é membro da Federación Europea, que reúne a un total de 200 Bancos en 17 países.

¿QUÉ É O BANCO? É unha fundación benéfica que ten por misión captar alimentos en bo estado para o consumo e facelos chegar ás persoas de eiquí que están en precariedade social. O Banco basea todo o seu traballo nas doazóns e o voluntariado.

¿COMO ACTÚA? Recollendo alimentos que as empresas por un motivo ou outro non poden comercializar, pero que son aptos para o seu consumo, pois están dentro da súa data de caducidade ou consumo preferente. Perante o ano 2007 o Banco xestionou un total de 8.542 toneladas de alimentos. Repartindo estes alimentos de balde ás entidades benéficas de Barcelona e de preto que as distribúen entre as persoas que non dispoñen do mínimo necesario para vivir con normalidade. O ano pasado as persoas que beneficiáronse deste servizo foron 130.000.

O Banco vela para que os alimentos cheguen ó seu destino final, garantindo unha distribución xusta.

¿DE ÓNDE PROCEDEN OS ALIMENTOS? Principalmente das empresas agroalimentarias. Son produtos perfectamente consumibles pero non comercializables por diferentes motivos. De doazóns particulares, de colectas que organizamos en: hipermercados, entre empregados de empresas, escolas e institutos, diferentes asociacións, clubs, ... Dos fondos de excedentes alimentarios da U. Europea.

¿A QUÉN SE REPARTEN? A distribución dos alimentos faise a traverso de entidades benéficas: residencias, parroquias, asilos, asociacións, hospitais, grupos de axuda, comedores sociais e outros... Os destinatarios da axuda alimentaria son as persoas en situación precaria, marxinación e/ou exclusión social. A axuda chega ós beneficiarios a traverso de cada institución, en calquera destas fórmulas: servizos de comedores sociais, comidas compartidas en centros de acollida, bolsas de alimentos...

VOLUNTARIOS A organización e o mantemento da solidariedade entre as industrias produtoras de alimentos e as entidades benéficas require a colaboración dos voluntarios. Unhas sesenta persoas adican desinteresadamente da orde de 500 horas semanais as diferentes funcións dirixidas a asegurar a ponte solidaria entre empresas alimentarias e persoas necesitadas.

CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN

2

Todos os anos, o día 16 de Outubro, celebrase o Día Mundial da Alimentación, data na que foi fundada a FAO (Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación), en 1945. É un acontecemento mundial que celebrase co obxectivo de crear conciencia e unha maior comprensión do complexo tema de garantir a seguridade alimentaria para todos, fomentando unha serie de actividades ó longo de todo o ano. Cartel que repartimos na campaña

3

Por este motivo, o Banco puxo en marcha a campaña “Fagámolo posíbel todo o ano” co obxectivo de potenciar o espírito solidario entre os rapaces e os xóvenes, potenciando o crecemento en valores. Como consecuenza ideamos unha campaña dirixida a centros docentes de Barcelona e de preto cos seguintes obxectivos: - Sensibilizar ós alumnos, titores e as súas familias das desigualdades sociais e da fame que se sufre ó noso carón. Promover a interiorización de valores entre a xuventude e acadar a súa implicación activa nas situacións de pobreza, derroche e necesidades que se padecen. - Valorar positivamente a loita polos dereitos fundamentais da persoa: en concreto un dos dereitos humans mais vitais das persoas, o dereito á alimentación “Todo o mundo ten dereito a un nivel de vida que lle asegure a saúde e o benestar, a el e a súa familia, especialmente no que respecta á alimentación, vestido, atención médica e ós servizos sociais necesarios...” Artigo 25.1 Declaración Universal dos Dereitos Humans Crear conciencia do derroche de recursos alimentarios na nosa sociedade. A función do Banco é vixiar os diferentes eslavóns da cadea agroalimentaria para captar os posibles desfases entre oferta e demanda e evitar a destrución. Coñecer a achega que isto comporta á sostibilidade, aproveitando excedentes alimentarios que, doutro xeito serían destruídos, representa unha importante achega á preservación do medio ambiente. Tamen animan a que a nivel particular realícese un consumo “xusto”.

RECOLLIDA DE ALIMENTOS DE PRIMEIRA NECESIDADE. O Banco de Alimentos recolle grandes cantidades de alimentos pero moitas veces non dispón dun tipo de alimentos, como legumes, aceite, arroz, leite en po, azucre, etc... que son de primeira necesidade. Por iso nos propoñemos recoller este tipo de alimentos entre o alumnado.

DAR A COÑECER O BANCO Outro obxectivo da campaña é dar a coñecer, mediante as actuacións dos voluntarios, a finalidade social do Banco a traverso dos centros escolares, equipos docentes, dos xóvenes, as súas familias, etc. COÑECEMENTO DAS ENTIDADES BENÉFICAS MAIS PRÓXIMAS Dar a coñecer as entidades receptoras ubicadas no mesmo barrio do centro escolar a fin de ofrecer a posibilidade e implicación por parte de rapaces e rapazas motivados para levar a cabo tarefas de voluntariado. Tentamos que estas actividades realícense perante a seman do 16 e 17 de outubro Día Mundial da Alimentación e Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, respectivamente, aínda que tamén dáse a opción de participar perante outros períodos do ano.

DESCRICIÓN DA CAMPAÑA “FAGÁNOLO POSIBEL TODO O ANO” Sabemos que en Cataluña hai mais de 200.000 persoas no umbral da pobreza, persoas que vense obrigadas a vivir cuns ingresos inferiores ós 400€ mensuais. O Banco dos Alimentos, pretende que mediante campañas como esta, a erradicación da pobreza de aquí non sexa unha utopía. Polo tanto, tentan establecer accións solidarias en favor das persoas que a padecen no noso redor. O Banco de Alimentos, co lema “Fagámolo posíbel todo o ano”, quere facer extensiva a súa inquietude a tódalas escolas e institutos. Compre tomar conciencia da pobreza que hai preto de casa, por este motivo animamos a realizar unha serie de actividades que axuden a comprender os profundos cambios sociais e de valores que estanse a producir a fin de que os alumnos se convertan en persoas solidarias con este grave problema e se sintan mais implicadas.

Portada e contra do díptico que repartimos ós alumnos dos centros escolares participantes.

Páxinas interiores do díptico

4

En definitiva, esta campaña propón o reto de acadar sensibilizar de xeito que ningunha persoa, ámbito nin sector, pode vivir de costas á sociedade excluída. Compre, pois, implicarse na acción social. As capacidades han resolverse as necesidades.

PROPOSTA DE ACTIVIDADES A campaña ofrece unha serie de actividades nas que poden participar tanto os alumnos como os seus profesores e familiares. Todas estas posibilidades ofrécense coa intención de que se convertan un aparello de aprendizaxe e unha fonte de crecemento en valores.

ORGANIZACIÓN DE CHARLAS Os voluntarios do Banco de Alimentos imparten as charlas informativas en cada unha das escolas ou institutos. A duración das mesmas é duns 30 minutos aproximadamente e proxectase un power point específico. O contido da charla trata sobre a situación da pobreza existente en Cataluña e en concreto en Barcelona, O Dereito a alimentación, o derroche alimentario existente e o que fai o Banco para completar as carencias de primeira necesidade.

Charla do Sr. Parareda na Escola Sunion.

Primeira diapositiva do power point da charla

Exemplo doutra diapositiva do power point

5

RECOLLIDA DE ALIMENTOS Facilitase un díptico explicativo, así como póster para dar a coñecer nos centros o traballo que realiza o Banco, así como do que pretende a campaña. Pedimos a doazón de alimentos de primeira necesidade (aceite, leite, azucre, pasta, arroz, legumes secas, conservas). As escolas colaboradoras recollen perante unha seman os alimentos que despois serán distribuídos entre as diferentes entidades benéficas receptoras do Banco.

Alumnos da Escola Pía de Nosa Señora.

VISITAS Ó BANCO DE ALIMENTOS Ofrecese ós centros a oportunidade de visitar as instalacións do Banco, preferiblemente os luns, martes ou xoves, que son os días nos que efectúase a distribución de alimentos. A visita é guiada por un voluntario que comenta o funcionamento do Banco. Asemade perante este día facilitase a oportunidade de colaborar nalgunha das tarefas necesarias naquel intre e/ou outros, no que chamamos “Voluntario por un día”

Visita ó Colexio Maristas “A Inmaculada” Alumnos da Escola Betania Patmos ó

Banco

6

Alumnos da Escola Alomá Facendo de voluntarios

Ó final da visita realizase unha enquisa entre os asistentes. O motivo é recoller opinións, suxestións, en definitiva reflexionar xuntos sobre o traballo que realizase e cómo é visto polos docentes e educadores.

OBRADOIROS DE APRENDIZAXE Está demostrado que canto mais nos adicamos hoxe a promover a educación en dereitos humans menos traballo teremos mañá en denunciar as violacións destes dereitos. A partires de aquí é evidente a necesidade de introducir a educación en dereitos humans en tódolos niveis educativos. Ofrecemos un quit de actividades: O restaurante do mundo – Hábitos alimentarios – Memory dos dereitos humans – Bocadillo solidario

ACTIVIDADES DE COMUNICACIÓN Con esta actividade quérese ofrecer a posibilidade de redactar a nova xerada pola propria campaña en diferentes medios de comunicación como a propria páxina web da escola, o taboleiro de anuncios do centro docente, publicacións internas, publicacións das AMPA, nas diferentes publicacións do sector educativo, ou tamén mediante carteis ou murais que realizan os alumnos para facer resonancia das accións que se van xerando.

RESULTADOS DA DERRADEIRA CAMPAÑA REALIZADA (ano 2007) Como cada ano para celebrar o evento mundial do 16 de outubro, Día Mundial da Alimentación, orgaizamos a campaña “fagámolo posíbel todo o ano”, co obxectivo de acadar que o alumnado obteña coñecementos dun dos dereitos humans mais vitais das persoas, o dereito á alimentación, e en concreto que se tome conciencia da pobreza que temos ó carón de casa ademais de coñecer a loita que realiza o Banco de Alimentos contra do derroche, suscitando o espírito solidario dos estudantes e potenciando o crecemento en valores na escola.

7

8

98 centros escolares participantes 4 voluntarios dinamizadores da campaña 15 voluntarios para tarefas de loxística 15 voluntarios para impartir as charlas 98 charlas realizadas por voluntarios do Banco 5.537 alumnos oíntes das charlas 58 centros que recibiron charlas 17 escolas visitaron o Banco de Alimentos 560 alumnos visitantes 33.017,15 quilos de alimentos recollidos 27.517 dípticos repartidos 1.025 pósters repartidos 2.282 caixas repartidas 48.000 alumnos participantes na campaña 11 entidades recibiron directamente das escolas

Experimentamos que cando os alumnos e profesores coñecen a cantidade de persoas que viven na nosa vila no umbral da pobreza e o número de entidades que traballan en favor deste colectivo, ademais de saber da existencia dun Banco que loita contra do derroche e distribúe os alimentos acadados, teñen unha maior sensibilización xa que toman conciencia de que este colectivo está moi preto deles, cecais nun mesmo edificio ou a 3 paradas de metro, motivo polo que crece o seu espírito de colaboración e mais sabendo que hai un número importante de xente que traballa en favor destas persoas a cambio de nada. Cremos que este tipo de accións dirixidas a promover a solidariedade as poden realizar outras entidades que traballan en favor da pobreza. Neste senso estamos abertos a ofrecer a nosa experiencia a calquera institución que estea interesada no tema.

* * *