o xacobeo classics ofertará máis de 40 actuacións en toda

24
O Xacobeo Classics ofertará máis de 40 actuacións en toda Galicia con figuras de primeiro nivel mundial Santiago, 4 xaneiro 2010.- O Xacobeo Classics é a programación musical probablemente máis ambiciosa de cantas se teñen desenrolado ata o de ahora con carácter xeral en Galicia no eido da música clásica, tanto pola súa vocación de chegar a tódolos públicos nas catro provincias como pola cantidad e calidad das propostas presentadas. De xaneiro a decembro de 2010 levaranse a cabo máis de carenta actuacións que abarcarán ás sete principais cidades galegas, ademais de outras dez poboacións. Nese sentido, a programación apunta á idea da descentralización das actividades do Xacobeo, convertindo toda Galicia nun espazo único, diverso e plural. A programación permitirá a Galicia regresar ao circuito dos grandes acontecementos musicais internacionais, coas visitas por primeira vez á nosa comunidade de estrelas consagradas como Cecilia Bartoli, Anne Sophie-Mutter, Lang Lang ou Dolora Zajick; pero ademais está pensada para reforzar as programacións xa existentes, consolidándoas, ao establecer que algúns destes concertos se celebren en colaboración con festivais, ciclos e programacións que xa existían, sumándolles agora un atractivo extra, e sin esquencer aos creadores da terra. Ao longo dos anos vanse levar a cabo proxectos específicos pensados para poñer en valor a madurez adquirida sobre todo nesta última década polas orquestras galegas, con acontecementos como a programación do "Réquiem" de Verdi, que interpretará a OSG xunto a un dos mellores coros de Europa, o Orfeón Donostiarra, e catro solistas difícilmente superables, ou a "Misa en fa menor" de Bruckner que ofrecerá a Real Filharmonía como broche final das actividades previstas para 2010. No deseño da programación atendeuse moi especialmente á música galega, nos seus aspectos histórico (mediante a recuperación da ópera "O Mariscal" do compositor Eduardo Rodríguez-Losada e o grande poeta Ramón Cabanillas) e actual (cun ciclo-homenaxe ao decano dos creadores galegos, Rogelio Groba, nos seus 80 anos; recuperación do ciclo de cámara da Asociación Galega de

Upload: others

Post on 09-Nov-2021

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: O Xacobeo Classics ofertará máis de 40 actuacións en toda

O Xacobeo Classics ofertará máis de 40 actuacións en toda Galicia con figuras de primeiro nivel mundial Santiago, 4 xaneiro 2010.- O Xacobeo Classics é a programación musical probablemente máis ambiciosa de cantas se teñen desenrolado ata o de ahora con carácter xeral en Galicia no eido da música clásica, tanto pola súa vocación de chegar a tódolos públicos nas catro provincias como pola cantidad e calidad das propostas presentadas. De xaneiro a decembro de 2010 levaranse a cabo máis de carenta actuacións que abarcarán ás sete principais cidades galegas, ademais de outras dez poboacións. Nese sentido, a programación apunta á idea da descentralización das actividades do Xacobeo, convertindo toda Galicia nun espazo único, diverso e plural. A programación permitirá a Galicia regresar ao circuito dos grandes acontecementos musicais internacionais, coas visitas por primeira vez á nosa comunidade de estrelas consagradas como Cecilia Bartoli, Anne Sophie-Mutter, Lang Lang ou Dolora Zajick; pero ademais está pensada para reforzar as programacións xa existentes, consolidándoas, ao establecer que algúns destes concertos se celebren en colaboración con festivais, ciclos e programacións que xa existían, sumándolles agora un atractivo extra, e sin esquencer aos creadores da terra. Ao longo dos anos vanse levar a cabo proxectos específicos pensados para poñer en valor a madurez adquirida sobre todo nesta última década polas orquestras galegas, con acontecementos como a programación do "Réquiem" de Verdi, que interpretará a OSG xunto a un dos mellores coros de Europa, o Orfeón Donostiarra, e catro solistas difícilmente superables, ou a "Misa en fa menor" de Bruckner que ofrecerá a Real Filharmonía como broche final das actividades previstas para 2010. No deseño da programación atendeuse moi especialmente á música galega, nos seus aspectos histórico (mediante a recuperación da ópera "O Mariscal" do compositor Eduardo Rodríguez-Losada e o grande poeta Ramón Cabanillas) e actual (cun ciclo-homenaxe ao decano dos creadores galegos, Rogelio Groba, nos seus 80 anos; recuperación do ciclo de cámara da Asociación Galega de

Page 2: O Xacobeo Classics ofertará máis de 40 actuacións en toda

Compositores, e estrea dun dos mellores compositores actuais: encargo dun concerto para violín a Octavio Vázquez).

A estes proxectos súmase a gravación dun cedé adicado á canción galega a cargo dunha grande soprano internacional, Cristina Gallardo-Domâs, que se venderá en toda España a través dun importante selo discográfico. Por primeira vez, haberá ademais na Quintana un novedoso encontro de orquestras xóvenes, no que a Xoven Orquestra da OSG ou a nova Orquestra Gaos mediránse coa Joven Orquesta Nacional de España, para ofrecer un panorama dos novos valores musicais. As actuacións previstas inciden especialmente en resaltar o aspecto espiritual do camiño, coa posibilidade de escoitar nas mellores condicións posibles obras señeras da música sacra como a monumental "Misa en si menor de Bach" co mellor coro do mundo, o Monteverdi; as mencionadas "Misa de Réquiem" de Verdi, "Misa en fa menor" de Bruckner, "El Mesías" de Händel, a cargo do Gabrieli Consort, e a estrea en Galicia da ópera "Parsifal" de Richard Wagner. Haberá acontecementos que sin duda espertarán o interese de afeccionados de toda España, como a estrea española da versión orixinal do "Guillermo Tell" de Rossini, a primeira ópera romántica, baixo a batuta do máximo experto mundial neste repertorio, Alberto Zedda. A estrea en Galicia de "Parsifal", un proxecto exclusivo coa presentación da Royal Liverpool Philharmonic e os cantantes excepcionais, Nikolai Shukoff, o próximo Parsifal do Festival de Pentecostés de Salzburgo con Simon Rattle, e Violeta Urmana. Ademais das visitas de grandes batutas como Riccardo Muti, Zubin Mehta, Charles Dutoit, John Elliot Gardiner, Vasily Petrenko, Paul McCreesh, Alan Curtis o Lionel Bringuier, entre outros.

Tódalas orquestras galegas colaborarán na grande cita musical do 2010, ademais de solistas da terra como os cantantes Borja Quiza, Teresa Novoa, Alba López e Javier Franco; o Ensemble s XXI, a Agrupación Lírica Ofelia Nieto, os pianistas Borja Mariño e Javier Vázquez Grela e o xoven director Fernando Briones, entre outros.

Boa parte das actuacións previstas ofreceránse no marco da maioría das programacións galegas xa existentes, contribuíndo a enriquecelas e dotalas dun atractivo moi significativo neste ano especial. Neste sentido, establécense colaboracións especiais con Caixanova, Caixagalicia, Todo Lírica, Ciclo de Lied, Festival de Música de Lugo, Sociedades Filarmónica de A Coruña, Lugo, Ourense, Festival Mozart de A Coruña, Concurso de Piano Cidade de Ferrol…

Page 3: O Xacobeo Classics ofertará máis de 40 actuacións en toda

PROGRAMACIÓN “XACOBEO CLASSICS 2010”

“Ciclo Grandes Orquestras”:

Royal Philharmonic Orchestra (Charles Dutoit)

Orchestra Giovanile Cherubini (Riccardo Muti), primera vez en Galicia

Academy of Saint Martin in the fields

Il Complesso Barocco (Alan Curtis)

English Baroque Soloists & Monteverdi Choir (John Eliot Gardiner)

Orquesta de la Comunitat Valenciana (Zubin Mehta), primeira vez en Galicia

Orquesta Sinfónica de Castilla y León (Lionel Bringuier)

Gabrieli Consort & Players (Paul McCreesh)

“Ciclo Grandes Voces”:

Vivica Genaux

Dolora Zajick (primeira vez en Galicia)

Elina Garança (primeira vez en Galicia)

Cecilia Bartoli (primeira vez en Galicia)

Mariella Devia

Celso Albelo

Barbara Frittoli (primeira vez en Galicia)

Angelika Kirschlager (primeira vez en Galicia)

Page 4: O Xacobeo Classics ofertará máis de 40 actuacións en toda

“Ciclo Grandes Solistas”:

Lang Lang (primeira vez en Galicia)

Anne-Sophie Mutter (primeira vez en Galicia)

New York Philharmonic Ensemble (primeira vez en Galicia)

Arcadi Volodos

Andreas Haefliger

“Ciclo Made in Galicia:”

“Réquiem” de Verdi, Sinfónica de Galicia

Encontro de orquestras xóvenes

Estrea do concerto para violín de Octavio Vázquez

“Misa en fa menor” de Bruckner, Real Filharmonía de Galicia

“Ciclo En xira:”

“Os Oitenta de Groba”

XIV Ciclo de la AGC

A Cantiga Lírica Galega

Ópera en familia: “Livietta e Traccolo”

“Óperas”:

Gran Gala Lírica del Xacobeo

Parsifal (estrea en Galicia)

La fille du règiment

Guillaume Tell (estrea en España da versión orixinal)

Page 5: O Xacobeo Classics ofertará máis de 40 actuacións en toda

O Mariscal

Ciclo “Grandes Voces”: 7 de xaneiro, Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Vivica Genaux, mezzosoprano

Carlos de Aragón, piano

Cancións, arias de ópera e romanzas de zarzuela de Manuel García, Pauline Viardot, G. Rossini, José Serrano, Federico Chueca…

Vivica Genaux, unha das máis aclamadas intérpretes vocais do repertorio barroco e belcantista da actualidade, chegará a Santiago só uns días despois de completar a súa última gravación para o selo Virgin, a ópera “Ercole sul Termodonte” con Europa Galante e Fabio Biondi, xunto a un elenco cheo de estrelas internacionais como Diana Damrau, Patrizia Ciofi e Joyce DiDonato. A cantante de Alaska acadara dous grandes éxitos na recente temporada, con “Tancredi” en Viena, baixo a batuta de René Jacobs, e en “Il mondo della luna” de F. J. Haydn, dirixida por Nikolaus Harnoncourt. No seu recital compostelán interpretará a brillante cantata “Giovanna D’Arco” de Rossini, ademais de cancions de Manuel García, pai das célebres María Malibrán e Pauline Viardot, e unha ampla selección de romanzas de zarzuela, unha das súas máximas especialidades.

Ciclo Grandes Orquestras: 21 de xaneiro, Pazo da Ópera de A Coruña, 20.30h.

22 de xaneiro, Centro Cultural Caixanova de Vigo, 20.30h.

Royal Philharmonic Orchestra

Charles Dutoit, director

Kirill Gerstein, piano

Obras de Chaicovski, Rachmaninov e Rimski-Korsakov

Page 6: O Xacobeo Classics ofertará máis de 40 actuacións en toda

Unha das históricas agrupacions sinfónicas do Reino Unido chega a Galicia baixo o mando do seu novo director titular, o prestixioso Charles Dutoit, para ofrecer unha “Noche rusa” cun programa monográfico adicado a tres dos máis importantes compositores dese gran país. A Royal Philharmonic Orchestra, fundada en 1946 polo mítico sir Thomas Beecham, fai unha paréntese na súa temporada de abono, pola que nesta ocasión desfilarán solistas da calidade de Renée Fleming, Vadim Repim o Martha Argerich, para ofrecer estes dous únicos concertos en Galicia. Con eles presentarase ademais, por primeira vez aquí, un dos máis interesantes xóvenes pianistas de hoxe, o ruso Kirill Gerstein, aclamado o pasado verán no Festival de Lucerna. O gañador, en 2001, do reputado concurso Arthur Rubinstein, recentemente invitado por Gustavo Dudamel para actuar en Caracas coa Orquesta Juvenil Simón Bolívar, interpretará en A Coruña e Vigo o popular “Concierto número dos” de Rachmaninov.

Ciclo Grandes Orquestras: 27 de xaneiro, Pazo de Congresos de Santiago de Compostela, 21h.

Orchestra Giovanile Cherubini (primeiro concerto sinfónico en España)

Riccardo Muti, director

Obras de Chaicovski, Stravinski y Beethoven.

Cando Riccardo Muti abandonou o posto de director musical de La Scala de Milán, todo o mundo preguntouse onde concentraría os seus próximos esforzos un dos dez mellores directores de orquestra do mundo. Ademais de afianzar a súa longa e fructífera relación artística coa Filarmónica de Viena, e de aceptar a titularidade da Sinfónica de Chicago, o novo responsable da Ópera de Roma decidiu sobre todo dedicar boa parte do seu tempo a poñer en marcha un novo e ilusionante proxecto, a Orchestra Giovanile Cherubini, que reúne ós mellores músicos xóvenes de toda Italia. O éxito desta nova empresa artística, creada en 2004, levouno a establecer unha nova relación co Festival de Salzburgo, onde a formación actúa cada ano, e a viaxar por todo o mundo ofrecendo concertos. Presentouse xa no Musikverein de Viena e no Thêatre des Champs Elysées parisino, xunto a Claudio Abbado, Lang Lang o Kurt Masur. Na súa presentación sinfónica en España, a orquestra interpretará en

Page 7: O Xacobeo Classics ofertará máis de 40 actuacións en toda

Compostela a suite de 1919 de “El pájaro de fuego” de Stravinski e a “Quinta Sinfonía” de Ludwig van Beethoven.

Ciclo Grandes Voces: 13 de febreiro, Centro Social Caixanova de Vigo, 20.30h.

Dolora Zajick, mezzosoprano (primeira vez en Galicia)

Francisco Casanova, tenor

Borja Mariño, piano

Arias e dúos de óperas de Bellini, Donizetti, Verdi, Chaicovski, Hàlevy, Massenet…

Ata agora, a mezzosoprano dramática máis importante de hoxe non actuara na nosa comunidade. Para a súa presentación en Vigo, Dolora Zajick ofrecerá un recital centrado no repertorio co que conquistou os principais teatros de ópera do mundo xunto a un dos seus compañeiros habituais no Metropolitan de Nova York, o tenor Francisco Casanova. Ambos os dous interpretarán dúos de “Norma”, “La Favorita”, “Il Trovatore” e “Aida”, entre outros títulos, ademais de arias de “Alceste”, “Werther”, “Il Pirata” ou “La doncella de Orleans” co xoven pianista galego Borja Mariño como acompañante.

Ciclo Grandes Voces: 25 de marzo, Teatro Colón-Caixagalicia de A Coruña, 20.30h.

Elina Garança, mezzosoprano (primeira vez en Galicia)

Charles Spencer, piano

Arias de óperas e romanzas de zarzuelas de Mozart, Saint-Säens, Bizet, Giménez…

Elexida “Mellor artista vocal de 2009” nos derradeiros Midem Awards, os Oscar da Música Clásica, a cantante letona aínda non se presentara en Galicia ata o momento. Dende o seu temperán debut no Festival de Salzburgo, esta xoven

Page 8: O Xacobeo Classics ofertará máis de 40 actuacións en toda

mezzo encabeza a nova xeneración de estrelas da ópera que acaparan portadas, contratos discográficos e actuacións nos principais teatros e certámes musicais internacionais. Artista en exclusiva do selo Deutsche Grammophon, o seu recente cedé con arias de belcanto foi unha das sorpresas mellor recibidas da pasada temporada. Garança actuará por primeira vez en A Coruña despois de ter conquistado ultimamente os públicos de Viena (“El caballero de la rosa”), Londres (“I Capuletti e i Montecchi”) e Nova York (“Carmen”) coas súas vibrantes interpretacións.

Ciclo Grandes Voces: 14 de abril, Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, 21 h.

Cecilia Bartoli, mezzosoprano (primeira vez en Galicia)

Orquesta La Scintilla

“El fascinante mundo de los castrati”. Arias de óperas de Hasse, Graun, Vinci, Porpora, Leo…

Despois de varios anos de paciente espera, por finse producirá a primeira visita da cantante máis coñecida do mundo a Galicia. Cecilia Bartoli, que logrou coar a súa última gravación, “Sacrificium”, entre os primeiros postos das listas de vendas en competición cos ases do pop, incluíu Santiago na súa nova xira polas principais capitais do mundo para interpretar unha selección de arias de óperas de autores como Porpora, Vinci o Hasse, que se pregaron no seu día aos incribles recursos vocales dos “castrati”. Bartoli colabora nesta ocasión coa orquestra que ten por costume acompañala en moitos dos seus esperados concertos, La Scintilla.

Ciclo Grandes Orquestras: 28 de abril, Teatro Principal de Ourense, 20.30h.

29 de abril, Centro Cultural Caixanova de Vigo, 20.30h.

Academy of Saint Martin in the Fields

Terje Mikkelsen, director

Page 9: O Xacobeo Classics ofertará máis de 40 actuacións en toda

Obras de Beethoven e Haydn

A coñecida orquestra inglesa que fundou sir Neville Marriner é unha das maiores embaxadoras do Reino Unido no mundo. Considerada entre as dez mellores agrupacións de cámara da súa clase, gravou numerosos discos, alguns supervendas, como a banda sonora da película “Amadeus” de Milos Forman. A Academy realiza cada ano varias xiras internacionais e colabora frecuentemente con solistas como Murray Perahia, Janine Jansen ou Julia Fischer. Na súa visita a Ourense e Vigo ofrecerá un programa con dúas das súas especialidades: Haydn (“Sinfonía número 104, London”) e Beethoven (Obertura de “Egmont” y “Sinfonía número 7”).

Ciclo Grandes Orquestras: 30 de abril, Círculo das Artes de Lugo, 20.30h.

Il Complesso Barocco

Alan Curtis, director

Ann Hallenberg, mezzosoprano

Arias de óperas de G. F. Händel

Il Complesso Barocco, fundado por Alan Curtis en 1992, converteuse nun dos conxuntos historicistas máis aclamados polas súas interpretacións da música de Händel e outros autores barrocos. Dende a súa creación, a agrupación, que conta co patrocinio da célebre escritora norteamericana Donna Leon, presentouse nos principais centros musicais do mundo e realizou importantes gravacions para selos como DGG-Archiv, distinguidas con diversos premios. Nesta ocasión, Alan Curtis, un dos pais do movemento historicista, acompañará a mezzo Ann Hallenberg nun programa de arias de óperas de G. F. Händel, que vai acoller o Círculo das Artes de Lugo. A cantante sueca, colaboradora habitual de grandes directores como Marc Minkowski, Fabio Biondi o Frans Brüggen, revelouse nos últimos tempos como un valor imprescindible nas programacións dos grandes teatros, sobre todo, no repertorio barroco. Baixo a batuta de Riccardo Muti, foi unha das estrelas convocadas no reparto de “’L’Europa riconosciuta” de Salieri, coa que se celebrou a reinauguración de La Scala de Milán.

Page 10: O Xacobeo Classics ofertará máis de 40 actuacións en toda

Ciclo Grandes Orquestras: 4 de maio, Teatro Colón-Caixagalicia de A Coruña, 20.30h

English Baroque Soloists

The Monteverdi Choir

Sir John Elliot Gardiner

J. S. Bach, “Misa en si menor”

Para a primeira das grandes obras de fondo sentido espiritual que ao longo deste Año Xacobeo se presentará en Galicia, a “Misa en si menor” de Bach, considerada un dos maiores logros culturais da civilización occidental –á altura do “Quijote” ou “La Capilla Sixtina”-, A Coruña disfrutará dunha das máis aclamadas agrupacións de cantas se dedican á música antiga. Sir John Elliot Gardiner estará á fronte dos English Baroque Soloists e o Monteverdi Choir, para moitos a mellor agrupación coral do mundo.

Ciclo “Made in Galicia”: 7 de maio, Pazo de Congresos de Santiago de Compostela, 21h.

Orquestra Sinfónica de Galicia

Orfeón Donostiarra

Ainhoa Arteta, soprano/ Dolora Zajick, mezzo/ Stuart Neill, tenor/ Giacomo Prestia, baixo

Víctor Pablo Pérez, director

Giuseppe Verdi, “Messa da Requiem”

O Xacobeo Classics logra reunir algúns dos intérpretes máis destacados de hoxe para ofrecer a obra maestra de Giuseppe Verdi, o seu impresionante “Réquiem”. Ainhoa Arteta canta por primeira vez a parte de soprano canda a tres experimentados intérpretes neste repertorio: a mezzo dramática Dolora Zajick, que gravou esta partitura xunto a Luciano Pavarotti e baixo a batuta de

Page 11: O Xacobeo Classics ofertará máis de 40 actuacións en toda

Riccardo Muti no seu día; o tenor norteamericano Stuart Neill, que inaugurou a pasada temporada de La Scala co “Don Carlo” verdiano, ou o baixo italiano Giacomo Prestia, un dos intérpretes máis reclamados da súa corda na actualidade. O principal coro español, o Orfeón Donostiarra, que ten interpretado o “Réquiem” coa Filarmónica de Berlín por invitación de Claudio Abbado, e a Sinfónica de Galicia, baixo a batuta do seu titular, Víctor Pablo Pérez, reuniranse no Pazo de Congresos de Santiago para interpretar a monumental peza coa que Verdi rendeu homenaxe á memoria dun dos grandes escritores italianos, Alessandro Manzoni.

Ciclo Grandes Solistas 12 de maio, Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, 21h.

Lang Lang, piano (primeira vez en Galicia)

Obras de Beethoven, Albéniz e Prokofiev

É, máis que un pianista, un heroe nacional en China, incluído entre as cen personalidades máis influíntes do mundo pola revista “Time”. As grandes orquestras dispútano e ten actuado baixo as máis ilustres batutas (Mehta, Gergiev, Barenboim…) en todos os principais centros musicais, do Carnegie Hall ós festivais de Lucerna ou Salzburgo. Daniel Barenboim ten dito del: “Non podo describilo como pianista, notaríanse os meus celos. Toca como un gato cun dedo extra”. E Zubin Mehta, co que gravou os concertos para piano de Chopin, defineo como “sinxelamente asombroso”. A súa fama trascende o mundo da música clásica, sobre todo dende que China o seleccionou nas pasadas olimpiadas para tocar ante unha audiencia de miles de millóns de persoas na cerimonia inaugural dos xogos. Lang Lang preséntase por primeira vez en Galicia.

Ciclo Grandes Orquestras 11 de xuño, Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, 21h.

Orquesta de la Comunitat Valenciana (primeira vez en Galicia)

Page 12: O Xacobeo Classics ofertará máis de 40 actuacións en toda

Zubin Mehta, director

Javier Perianes, piano

Camilla Nylund, soprano (primeira vez en Galicia)

Obras de Schubert, Chopin y Strauss

En moi pouco tempo, baixo a dirección colexiada de Zubin Mehta e Lorin Maazel, a Orquesta de la Comunitat Valenciana converteuse nuna das referencias indispensables da música europea. Con Mehta, a orquesta levantina puxo en pé recentemente o primeiro “Anillo del Nibelungo” de producción española, nunha aclamada montaxe de La Fura del Baus que ten dado a volta ao mundo e que foi cualificada como “el Anillo del Siglo XXI”. Para a súa presentación en Galicia, ao conjunto uniranse o pianista xoven español máis recoñecido dos nosos días, Javier Perianes, e a Salomé de referencia nos principais teatros, a soprano escandinava Camilla Nylund. Precisamente, na última parte deste concerto, Nylund, Mehta e a Orquesta de la Comunitat ofrecerán a impresionante escena final da obra maestra de Richard Strauss, precedida pola célebre “Danza de los siete velos”.

Ciclo Grandes Solistas 18 de xuño de 2010, Teatro Colón-Caixagalicia de A Coruña, 20.30h

Anne-Sophie Mutter, violín (primeira vez en Galicia)

Lambert Orkis, piano

Obras de Debussy, Mendelssohn, Brahms e De Sarasate.

Dende que en 1976, durante unha actuación no Festival de Lucerna, Herbert von Karajan se fixara nuna nena que tocaba marabillosamente, Anne-Sophie Mutter convirteuse non só na violinista favorita do célebre director, senon na máis afamada intérprete mundial do seu instrumento. En 1977 presentouse por primeira vez no Festival de Salzburgo, e dende entón mantivo unha relación moi estreita coa Filarmónica de Berlín. Gravou con esta orquestra prácticamente todos os grandes concertos do repertorio violinístico, en ocasións máis dunha vez. Artista exclusiva do selo Deutsche Grammophon, para o que ten protagonizado numerosos rexistros que acadaron os máis altos premios internacionais, os principales compositores dos últimos cincuenta anos

Page 13: O Xacobeo Classics ofertará máis de 40 actuacións en toda

compuxeron obras especificamente para ela, de Lutoslawski a Penderecki, de Rihm a Gubaidulina. A súa exquisita imaxe de modelo de alta costura, ademais da súa fama mundial, trascenden a súa condición de intérprete clásica, polo que foi portada de numerosas revistas. As súas xiras de concertos lévana anualmente a desplazarse entre EE UU, Europa, Xapón e Canadá. Agora será a primeira vez que actúe en Galicia.

Ciclo Grandes Voces 19 de xuño, Centro Cultural Caixanova de Pontevedra, 20.30h.

Mariella Devia, soprano

Celso Albelo, tenor

Arias e dúos de óperas de Bellini, Donizetti, Verdi, …

A raiña actual das sopranos belcantistas, a italiana Mariella Devia, súmase o derradeiro dos grandes descubrimentos entre os tenores españoles, Celso Albelo, para ofrecer un recital con algunhas das páxinas más fermosas de compositores do século XIX. Devia e Albelo xa teñen actuado xuntos, protagonizando unhas aclamadas funcións de “Maria Stuarda” en Italia, pero nunca ata agora se presentaran como parella vocal en España. Albelo regresa a Galicia, onde o pasado verán obtivo un grande éxito con “I Puritani” de Bellini, antes de cantar “La sonámbula”, un título que xa interpretara canda Cecilia Bartoli, no seu debut no Covent Garden de Londres. A Devia é unha habitual de todas as grandes casas de ópera, e as súas interpretacións quedaron como un reflexo modélico do que debera ser o estilo belcantista, preservado nas súas máis depuradas esencias.

Ópera: Gran Gala Lírica do Xacobeo 4 de agosto, Praza da Quintana de Santiago de Compostela, 21h.

Maria Guleghina, Cristina Gallardo-Domâs, Desirée Rancatore, sopranos

María José Montiel, mezzosoprano

Page 14: O Xacobeo Classics ofertará máis de 40 actuacións en toda

Marco Berti (debut en Galicia)

Real Filharmonía de Galicia

M.A. Gómez Martínez, director

Selecciones de óperas de Donizetti, Verdi, Puccini, Marcial del Adalid…

Pola praza da Quintana desfilarán alguns dos mellores cantantes de hoxe, nunha gala lírica como as que celebran os grandes teatros, como o Metropolitan de Nova York, en ocasións moi especiais. Nucci, Guleghina, Colombara, Berti, Gallardo-Domâs…, baixo a batuta do único director español que dirixe habitualmente na Ópera de Viena, M. A. Gómez Martínez, ofrecerán un concerto que quizais sexa inesquencible para os afeccionados á lírica con seleccións dalgunhas das máis célebres óperas.

Ciclo “Made in Galicia” Encontro de Orquestras Xóvenes

5, 6 e 7 de agosto, Praza da Quintana de Santiago de Compostela, 21h.

Orquestra Xoven da Sinfónica de Galicia (día 5)

Director por determinar

Orquesta Joven Nacional de España (día 6)

Pablo González, director

Orquestra Gaos (día 7)

Fernando Briones, director

Os días 5, 6 e 7 de agosto, a praza da Quintana acollerá o primeiro encontro de orquestras xóvenes que se celebra en Galicia. Dúas orquestras galegas, a Xoven da OSG e a Gaos, e a Joven Orquesta Nacional de España, van ofrecer por separado tres concertos nos que se poderá amosar o excelente nivel que os xóvenes músicos españois das últimas xeracións alcanzaron durante estes anos, acaparando postos nalgunhas das principais orquestras de España e o

Page 15: O Xacobeo Classics ofertará máis de 40 actuacións en toda

extranxeiro. Coa JONDE actuará ademais o director asturiano Pablo González, o número un das novas batutas españolas, recentemente nomeado titular da Orquesta Sinfónica de Barcelona.

Ciclo Grandes Solistas New York Philharmonic Ensemble (primeira vez en Galicia)

11 de agosto (A Coruña)

13 de agosto (Santiago de Compostela)

W.A. Mozart: “Quinteto para clarinete y cuerdas, KV. 581”

J. Brahms: “Quinteto para clarinete y cuerdas en si menor, op. 115”

O New York Philharmonic Ensemble xorde do seo dunha das cinco grandes orquestras norteamericanas, a Filarmónica de Nova York, para interpretar música de cámara. Na súa primeira visita a Galicia, esta formación non só vai ofrecer dous concertos con obras de Mozart e Brahms, entre outros compositores, senón que os seus integrantes impartirán cadansúa sesión de masterclasses destinadas a xóvenes músicos dos conservatorios da comunidade.

Ópera: “Parsifal”, de Richard Wagner (Estrea en Galicia) 24 de agosto, Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, 19 h.

Nikolai Shukoff (Parsifal), Violeta Urmana (Kundry)

Royal Liverpool Philharmonic (primeira vez en Galicia)

Coro de la Ópera Nacional de Brno

Vasily Petrenko, director

Page 16: O Xacobeo Classics ofertará máis de 40 actuacións en toda

“Parsifal”, a derradeira obra maestra de Richard Wagner, un drama existencialista sobre a condición humana que nos últimos años regresou con renovado interese aos principais escenarios operísticos (só en 2004 representóuse en Viena, Bayreuth, Londres, Hamburgo e Amsterdam), non se escoitara nunca en Galicia ata agora. O Xacobeo Classics proponse ofrecerlle a todos os afeccionados galegos e a aqueles que nos visiten estes días unha versión en concerto concibida exclusivamente para as celebracións musicais deste Ano Santo. A orquestra máis antiga de Gran Bretaña e o seu flamante director titular, Vasily Petrenko, artífices da gravación musical máis destacada de 2009 segúndo a revista “Gramophone” (o seu rexistro da “Sinfonía Manfred” de Chaicovski), chegan por primeira vez á nosa comunidade para protagonizar esta histórica estrea. Nikolai Schukoff, elixido polo Festival de Salzburgo para cantar esta mesma ópera no seu próximo certame, ofrecerá aquí o seu aclamado Parsifal, un rol que xa ofrecera con gran éxito en Berlín e en Dresde. E Violeta Urmana, a máis interesante Kundry dos últimos anos, interpreta este papel por primeira vez en España, días antes de viaxar a Arxentina para participar coa compañía de La Scala na reinauguración do Teatro Colón, xunto a Daniel Barenboim.

Ciclo Grandes Solistas “Integral das 32 sonatas para piano de Beethoven”

11 de setembro, Teatro Jofre de Ferrol

Andreas Haefliger, piano

Xacobeo Classics ofrecerá arredor de Galicia, durante tres meses, a posibilidade de escoitar por primeira vez a integral das “32 sonatas para piano” de Ludwig van Beethoven. Compostas durante varias décadas da vida do compositor, estas sonatas non tardaron en ser consideradas o primeiro corpus de música importante para piano adecuada para ser interpretada en grandes salas de concertos. En colaboración con varias das distintas sociedades filharmónicas da comunidade, ofreceranse nove recitais, con pianistas da talla de Freddy Kempf, Boris Giltburg, Alexandre Melnikov ou Iván Martín, entre otros, repartidos por cidades como Ourense, Lugo, A Coruña, Pontevedra ou Vigo. E abrirá este ciclo un dos máis interesantes pianistas de hoxe, Andreas Haefliger, que porá en marcha esta orixinal aproximación a unha das coleccións de obras máis importantes da historia da música.

Page 17: O Xacobeo Classics ofertará máis de 40 actuacións en toda

Ciclo Grandes Voces 18 de setembro, Teatro Colón-Caixagalicia de A Coruña, 20.30 h.

Barbara Frittoli, soprano (primeira vez en Galicia)

Oviedo Filarmonía

Friedrich Haider, director

Arias de óperas de Mozart, Puccini e Verdi

A Coruña, cidade acostumada a acoller dende sempre as grandes voces do panorama internacional, recibe por primeira vez a unha das máis insignes sopranos italianas. Ten cantado baixo as batutas dos directores de maior renome, como Claudio Abbado, Zubin Mehta, Riccardo Chailly, Valery Gergiev, Lorin Maazel ou Riccardo Muti. Inaugurou a temporada de La Scala de Milán en varias ocasións e protagonizou numerosas produccións no Covent Garden (o novo “Falstaff” de Graham Vick, xunto a Bryn Terfel), Ópera de París (“Così fan tutte”, dirixida por sir Charles Mackerras), Metropolitan de Nova York (“Otello”, con James Levine), Semperoper de Dresde (“Don Giovanni” con Colin Davis) … Para a súa presentación en Galicia virá acompañada da Oviedo Filarmonía e o seu director titular, Friedrich Haider, un dos máis recoñecidos directores de ópera na actualidade. A soprano milanesa interpretará arias do seu repertorio, como o “Otello” de Verdi que gravou xunto a Plácido Domingo e Leo Nucci, ou o “Don Giovanni” mozartiano.

Ciclo Grandes Voces 21 de setembro, Teatro Principal de Santiago de Compostela, 21 h.

Angelika Kirschlager, mezzosoprano (primeira vez en Galicia)

Liederabend

A exquisita mezzo vienesa, unha habitual da Ópera da súa cidade, onde é todo un ídolo despois de ter triunfado en títulos como “El caballero de la rosa”, presentarase agora en Galicia cunha liederabend, a súa grande

Page 18: O Xacobeo Classics ofertará máis de 40 actuacións en toda

especialidade. Kirschlager gravou todos os grandes ciclos liederísticos, ademais dun bo número doutras obras como “El sueño de una noche de verano” de Mendelssohn, con Claudio Abbado e a Filarmónica de Berlín. Alumna do grande Walter Berry, cantóu “Don Giovanni” en La Scala, baixo a batuta de Riccardo Muti. Entre os directores cos que colabora frecuentemente atópanse John Elliot Gardiner, Nikolaus Harnoncourt ou Kent Nagano. Foi a encargada de estrear a ópera “Sophie’s choice” de Nicholas Maw.

Ópera: “La fille du règiment”, de G. Donizetti 27 de setembro, Centro Cultural Caixanova de Vigo

Patrizia Ciofi (Marie), Celso Albelo (Tonio)

Orquestra e Coro da Sinfónica de Galicia

Luciano Accocella, director

A obra mestra cómica de Donizetti presentarase en Vigo, en versión de concerto, cun grande elenco internacional encabezado por unha das principais sopranos belcantistas dos nosos días, Patrizia Ciofi. Ciofi ten cantado o rol de Marie na célebre producción de Emilio Sagi, xunto a Juan Diego Flórez, e este mesmo ano no Liceo de Barcelona, na aclamada montaxe de Laurent Pelly. Nesta ocasión, a soprano cambia de partenaire. En Galicia, o rol de Tonio, co que Luciano Pavarotti alcanzóu no seu día a fama internacional da noite para a mañá, recaerá no mozo tenor canario Celso Albelo. Un dos máis brillantes novos directores de Italia, Luciano Accocella, estará á fronte da Sinfónica de Galicia e do propio coro da OSG.

Ópera: “Guillaume Tell”, de G. Rossini (estrea en España da versión orixinal) 2 de outubro, Pazo da Ópera de A Coruña, 19 h.

Orquesta Sinfónica de Castilla y León

Coro Nacional Checo

Page 19: O Xacobeo Classics ofertará máis de 40 actuacións en toda

Alberto Zedda, director

Galicia acollerá, por primeira vez, a estrea da versión orixinal da ópera coa que Gioacchino Rossini despediu a súa triunfal carreira lírica, “Guillaume Tell”. Estreada en 1829 na Ópera de París, e admirada por Beethoven, “Guillaume Tell” -un gran fresco sobre a liberación nacional de Suiza que inauguróu a gran senda da ópera romántica-, regresa con enorme forza a algúns dos principais escearios nos últimos anos. Despois do seu retorno triunfal á Ópera de La Bastilla, ofreceuse en versión de concerto en Roma (coa Accademia Nazionale di Santa Cecilia, baixo a dirección de Antonio Pappano) e Amsterdam (Orquesta del Concertgebouw, e un reparto que incluiu a Marcello Giordani e Celso Albelo, o pasado ano). O Xacobeo Classics súmase a estas recentes exhumacións da partitura máis importante do xenial compositor cunha versión de concerto dirixida polo maior especialista rossiniano dos nosos días, Alberto Zedda.

Ciclo Grandes Solistas 7 de novembro, Teatro Jofre de Ferrol, 20.30h.

Arcadi Volodos, piano

Programa pendente de anunciar

Considerado un dos catro ou cinco mellores pianistas do mundo, Arcadi Volodos acostuma ser un habitual nas temporadas das grandes orquestras (Filarmónica de Berlín, Sinfónica de Chicago, Staastkapelle Dresden) e nos ciclos consagrados a este instrumento. Comparado a miúdo con Vladimir Horowitz pola súa brillantez e dominio virtuosístico, Volodos ten gravados numerosos discos, algúns deles en directo, como varias das súas aclamadas aparicións no Carnegie Hall. Nesta ocasión chega a Galicia para ofrecer un recital na xornada inaugural do “Concurso de Piano Cidade de Ferrol”.

Ópera: “O Mariscal”, de Eduardo Rodríguez-Losada e Ramón Cabanillas (recuperación en tempos modernos) 18 de novembro, Centro Cultural Caixanova de Vigo, 20.30h.

Page 20: O Xacobeo Classics ofertará máis de 40 actuacións en toda

19 de novembro, A Coruña, 20.30h.

Teresa Novoa, soprano

Javier Franco, barítono

Orquestra Sinfónica de Galicia

Joám Trillo, director

O 31 de maio de 1929 estreábase en Vigo “O Mariscal”, a ópera do músico e arquitecto Eduardo Rodríguez Losada, con libreto de Ramón Cabanillas e Antón Vilar Ponte baseado na súa propia obra. O Xacobeo Classics recupera agora esta partitura lírica, baseada nun dos episodios fundamentais da historia galega que retrata o enfrontamento entre a nobreza do país e o poder central, cunha versión en concerto a cargo de dous dos máis destacados cantantes galegos dos nosos días, a soprano Teresa Novoa, Premio Nacional de Música en 2001, e o barítono Javier Franco, que o pasado verán obtivo un grande éxito en Viena con “Maria di Rohan” de Gaetano Donizetti. Joám Trillo, autor da edición moderna da partitura, estará á fronte da Sinfónica de Galicia nesta exhumación do grande éxito de Rodríguez-Losada, que se poderá escoitar en Vigo e A Coruña.

Ciclo “Made in Galicia” 2 de decembro, Auditorio de Galicia de Santiago, 21h.

Real Filharmonía de Galicia

Amaury Coeytaux, violín

Estrea do “Concierto para violín” de Octavio Vázquez

A Real Filharmonía de Galicia estrea por encargo do Xacobeo Classics o primeiro concerto para violín dun dos máis destacados novos compositores do país, Octavio Vázquez. As súas obras teñense presentado na Kölner MusikTriennale de Alemaña, no Prokofiev International Festival de Rusia ou o European Dream Festival de EE UU, entre outros… Na última temporada, a música de Vázquez puido escoitarse Fundación Juan March de Madrid, Radio Nacional-2, Arts Institute de Chicago e The Washington Metropolitan

Page 21: O Xacobeo Classics ofertará máis de 40 actuacións en toda

Philharmonic. A súa gravación do “Piano Trío número 1, Guernica”, auspiciada polo Xacobeo, é un dos rexistros máis interesantes dun novo compositor publicado nos últimos tempos.

Ciclo Grandes Orquestras 13 de decembro, Centro Cultural Caixanova de Vigo, 20.30h.

Gabrieli Consort and Players

Paul McCreesh, director

G. F. Händel, oratorio “El Mesías”

O Gabrieli Consort, unha das agrupacións vocais máis prestixiosas de Europa e o seu director, Paul McCreesh, levarán a Vigo a xoia dos oratorios de G. F. Händel, “El Mesías”. A música coral máis popular de cantas se compuxeron foi creada en 1741, e dende entón non deixou de interpretarse, sobre todo no periodo no que agora se ofrecerá en Galicia, ás portas do Nadal, cando se conmemora o nacemento de Xesucristo. McCreesh, considerado unha das maiores autoridades mundiais da música antiga, fundou un coro de cámara e un conxunto con instrumentos orixinais mentres estudiaba na Universidad de Manchester. A partir de ambas formacións, en 1982 surxiron os Gabrieli Consort and Players, que dende se presentaron nos principais festivais e auditorios internacionais. Gravan en exclusiva para o selo Archiv Production.

Ciclo Grandes Orquestras 14 de decembro Teatro Colón-Caixagalicia de A Coruña, 20.30 h.

Orquesta Sinfónica de Castilla y Léon

Angela Denoke, soprano

Lionel Bringuier, director (primeira vez en Galicia)

Obras de Richard Strauss e Chaicovski

Page 22: O Xacobeo Classics ofertará máis de 40 actuacións en toda

A Coruña acollerá o debut en Galicia dun dos novos directores máis destacados dos últimos tempos, o francés Lionel Bringuier, que acompañará á prestixiosa soprano alemana Angela Denoke nos “Cuatro últimos lieder” de Richard Strauss. Bringuier, que dirixirá ademais a “Quinta Sinfonía” de Chaicovski no seu primer concerto en Galicia, foi asistente de Esa-Pekka Salonen na Filármonica de Los Angeles, antes de asumir a titularidade da Sinfónica de Castilla y León. Con só vinte e tres anos, foi invitado a dirixir algunhas das principais orquestras americanas (Filarmónica de Nova York, Orquesta de Cleveland) e Europa (Staastkapelle de Dresde, Orquestra da Radio de Suecia…).

Ciclo “Made in Galicia” 23 de decembro, Auditorio de Galicia de Santiago, 21 h.

Real Filharmonía de Galicia

Antoni Ros-Marbá, director

Anton Bruckner, “Misa número 3 en fa menor”

Para pechar as actividades do Xacobeo Classics no 2010, a Real Filharmonía de Galicia, co seu director titular, proponse abordar por primeira vez a impresionante “Misa en fa menor” de Anton Bruckner, obra que marca un punto de inflexión na carreira do compositor alemán para anunciar as súas sinfonías de madurez, aquelas polas que colleitou unha xusta fama grazas sobre todo, ás interpretacións que delas serviron no século pasado directores como Wilhelm Furtwängler e Sergiu Celibidache (presente en Santiago nas celebracións do Ano Xacobeo de 1993). A “Misa”, onde xa se presinten algúns dos temas e procedementos que Bruckner vai utilizar máis adiante nas sinfonías e conviven dende a escritura polifónica de Palestrina ata a harmonía wagneriana, supón outro punto de vista, unha mirada distinta á hora de tratar a música sacra frente aos exemplos doutros compositores contemporáneos, como Verdi, de quen tamén formará parte do Xacobeo Classics a súa espectacular “Messa da Requiem”.

Page 23: O Xacobeo Classics ofertará máis de 40 actuacións en toda

OUTROS PROXECTOS:

Ciclo “En Xira”:

“Os oitenta de Groba” (Vilalba, Lalín, Viveiro, A Estrada, Vilagarcía, Ortigueira, Mondariz e Betanzos)

Orquestra de Cámara Galega

Rogelio Groba Otero, director

Obras de Groba, Barber, Britten…

O Xacobeo Classics vai celebrar durante todo o 2010 os 80 años do decano dos compositores galegos, Rogelio Groba, cunha ampla xira de concertos da Orquestra de Cámara Galega, que levará a oito vilas galegas a música do creador ponteareano, xunto a obras de Chaicovski, Händel, Barber, Britten e Mozart.

Ciclo “En Xira”:

XIV Ciclo de Cámara da Asociación Galega de Compositores (AGC) (Pontevedra, Lugo, Ourense, A Coruña)

Ensemble s XXI

Javier Vázquez Grela, piano

Obras de Paulino Pereiro, Juan Durán, Eligio Vila, Fernando Alonso, Julio Montero…

Dentro da programación deste Ano Santo recupérase o Ciclo de Cámara da Asociación Galega de Compositores, a partir de catro programas destinados a ofrecer un panorama sobre o teclado galego contemporáneo, o cuarteto e quinteto de corda galego contemporáneo, o quinteto de vento con piano na música galega e formacións heteroxéneas na música de cámara actual. O Grupo Instrumental SXX e o pianista Javier Vázquez Grela, entre outros intérpretes, intervendrán neste ciclo no que se presentarán obras dalgúns dos máis destacados compositores galegos de hoxe.

Page 24: O Xacobeo Classics ofertará máis de 40 actuacións en toda

Ciclo “En Xira”

“A Cantiga Lírica Galega” (Pontevedra, Betanzos, Ortigueira, Vilalba, Viveiro, Lalín, Carballiño, Mondariz)

Agrupación Lírica “Ofelia Nieto”

Alba López, soprano

Pablo Carballido, tenor

Antón de Santiago, barítono

Durante o Año Santo, a agrupación lírica que leva o nome dunha das meirandes cantantes galegas de todos os tempos, a compostelana Ofelia Nieto, ofrecerá en oito vilas galegas un programa con cancións de autores como Lens Viera, Chané, Gaos, Salgado ou De Santiago, ademais de zarzuelas sobre temas galegos.

Ciclo “En Xira”

Ópera en Familia: “Livietta e Tracolo”

Compañía Librescena

A compañía galega Librescena, que nos últimos años levou por toda a comunidade montaxes de óperas concebidas especialmente para os máis pequenos, como as súas aclamadas produccións de “Bastián y Bastiana” de Mozart ou “Historia de un soldado” de Stravinski, renderá homenaxe nesta ocasión a G.B. Pergolesi, no seu aniversario, cun título polo de agora inédito en Galicia, a ópera cómica “Livietta e Tracolo”.

GRAVACIÓN DUN CEDÉ DE CANCIÓNS GALEGAS:

Ó longo de 2010, a gran soprano Cristina Gallardo-Domâs gravará en Galicia un cedé con cancións de Chané, Gaos, Salgado, Montes e outros, con novos arranxos realizados polo compositor Juan Durán. Gallardo-Domâs volverá colaborar coa Orquestra Gaos despois do éxito obtido na presentación da programación do Xacobeo.