observación de bacterias do iogur

1
PREPARACIÓN E OBSERVACIÓN MICROSCÓPICA DAS BACTERIAS DO IOGUR Material - Portaobxectos. - Cubreobxectos. - Azul de metileno. - Alcohol. - Pinzas de madeira. - Microscopio. - Aceite de inmersión. - Iogur. - Agulla enmangada. Procedemento 1. Deposita un pouco de iogur no centro dun portaobxectos. Dilúeo cunha gota de auga, estendéndoa uniformemente polo centro do portaobxectos coa axuda da agulla enmangada. 2. Quenta suavemente o portaobxectos ata que a extensión quede completamente seca. 3. Deposita unhas gotas de alcohol sobre a extensión e deixa secar ao aire. 4. Tingue a preparación cunhas gotas de azul de metileno (tres minutos) e lávaa a continuación. 5. Deposita sobre a extensión un cubre-obxectos evitando a formación de burbullas. 6. Leva a preparación ao microscopio e obsérvaa empregando os maiores aumentos. (Para observala co obxectivo de maior aumento deposita unha gota de aceite de inmersión sobre o cubre-obxectos e sube a platina ata que o obxectivo toque o aceite. Presta atención a este paso que podes romper a preparación) 7. Trata de identificar os dous tipos de bacterias do iogur.

Upload: ies-ponteceso

Post on 29-Jul-2016

217 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

Práctica de laboratorio para observar bacterias

TRANSCRIPT

Page 1: observación de bacterias do iogur

PREPARACIÓN E OBSERVACIÓN MICROSCÓPICA DAS BACTERIAS DO IOGUR Material - Portaobxectos. - Cubreobxectos. - Azul de metileno. - Alcohol. - Pinzas de madeira.

- Microscopio. - Aceite de inmersión. - Iogur. - Agulla enmangada.

Procedemento

1. Deposita un pouco de iogur no centro dun portaobxectos. Dilúeo cunha gota de auga, estendéndoa uniformemente polo centro do portaobxectos coa axuda da agulla enmangada.

2. Quenta suavemente o portaobxectos ata que a extensión quede completamente seca.

3. Deposita unhas gotas de alcohol sobre a extensión e deixa secar ao aire. 4. Tingue a preparación cunhas gotas de azul de metileno (tres minutos) e lávaa a

continuación. 5. Deposita sobre a extensión un cubre-obxectos evitando a formación de

burbullas. 6. Leva a preparación ao microscopio e obsérvaa empregando os maiores

aumentos. (Para observala co obxectivo de maior aumento deposita unha gota de aceite de inmersión sobre o cubre-obxectos e sube a platina ata que o obxectivo toque o aceite. Presta atención a este paso que podes romper a preparación)

7. Trata de identificar os dous tipos de bacterias do iogur.