oferta educativa familia de sanidade cifp Ánxel...
TRANSCRIPT
Oferta Educativa Familia de Sanidade
CIFP Ánxel Casal Monte Alto
(Réxime modular)
Información xeral sobre os ciclos formativos
Inscrición
A solicitude deberá facerse na segunda quincena do mes de xu-ño, e normalmente ata o dous de xullo, nunha instancia que a tal efecto aparecerá na páxina web da consellería (www.edu.xunta.es/fp) ou na nosa páxina web (http://centros.edu.xunta.es/cifpanxelcasal)
Requisitos de acceso
Acceso directo: Grao medio:
• Graduado/a en ESO. FP 1º grao. 2º de BUP Grao superior:
1. Bacharelato LOXSE, COU ou REM equivalentes, coa materia da modalidade específica segundo ciclo for-mativo.
2. Outras opcións de bacharelato LOXSE,COU, e REM. 3. Técnico/a especialista superior ou equivalentes. 4. Titulación universitaria ou equivalente.
(Nota: se houbese máis solicitudes que prazas aplicaranse sucesivamen-te estes criterios) Acceso mediante proba. Grao medio:
• Ter cumpridos 17 anos ou cumprilos no ano de reali-zación da proba.
Grao superior: • Ter cumpridos 19 anos ou cumprilos no ano de cele-
bración da proba ou 18 anos se acreditan ser técni-cos/as da mesma familia.
En ámbolos dous casos, os/as que teñan superadas as probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos, entran neste cupo, quedando exentos/as das probas.
Documentación necesaria para a
solicitude
• DNI, NIE, pasaporte ou documento de identidade doutro Esta-do da Unión Europea.
• Certificación académica en que conste o expediente acadé-mico e o depósito do título, de ser o caso (acceso directo).
• Certificado da superación da proba de acceso ao ciclo forma-tivo (acceso mediante proba).
• Certificado da superación da proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos (acceso mediante proba).
• Certificado do recoñecemento do grao de minusvalidez (persoas con discapacidade).
• Ditame técnico/a facultativo (persoas con discapacidade).
• Volante de inscrición condicional (só para titulacións obtidas no estranxeiro).
Documentación necesaria para a
matrícula
• Cubrir a instancia que poderás recoller no centro ou na nosa páxina web
• Certificación académica ou de superación da proba, excepto os que presentaron a súa instancia neste centro que chegará con traer a fotocopia da instancia de solicitude.
• Ingresar en conta o seguro escolar se es menor de 28 anos
• Tres fotos tamaño carné
2
Ciclo formativo de Grao Medio
Coidados auxiliares de enfermaría: 1400h
Que se aprende a facer?
Proporcionar coidados auxiliares ao paciente ou cliente e actuar sobre as condicións sanitarias do seu contorno co-mo membro dun equipo de enfermaría nos centros sani-tarios de atención especializada e de atención primaria, baixo a dependencia do diplomado/a de enfermaría e, de ser o caso, como membro dun equipo de saúde na asis-tencia sanitaria derivada da práctica do exercicio liberal, baixo a supervisión correspondente.
Onde se realiza o traballo?
Organización e xestión da unidade ou consulta, presta-ción do servizo e educación sanitaria.
En que ocupacións se traballa?
Auxiliar de enfermaría ou clínica, de balnearios, de aten-ción primaria e coidados de enfermaría a domicilio; auxi-liar bucodental, xeriátrico, pediátrico, de esterilización, de unidades especiais e de saúde mental.
Cales son os módu-los deste ciclo?
Curso Módulo Horas
1º
Operacións administrativas e docu-mentación sanitaria 55
Hixiene do medio hospitalario e lim-peza do material 160
Promoción da saúde e apoio psicoló-xico ao paciente 130
Relacións no equipo de traballo 55
2º
Técnicas básicas de enfermaría 320
Técnicas de axuda odontolóxica e es-tomatolóxica 130
Formación e orientación laboral 55
3º Formación en centros de traballo 440
Que título se obtén? Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría. A que outros
estudos se accede? Bacharelato
Impártese De 18:00 a 22:30
3
Ciclo formativo de Grao Medio
Farmacia e parafarmacia 2000h Referente Europeo: CINE-3
Que se aprende a facer?
Asistir na dispensación e na elaboración de productos farmacéuticos e afíns, e realizar a venda de productos parafarmacéuticos, fomentando a promoción da saúde e executando tarefas administrativas e de control de almacén, conforme as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.
Onde se realiza o traballo?
Organización e xestión de produtos relacionados coa saúde.
En que ocupacións se traballa?
Técnico/a de oficina de farmacia, en almacén de medica-mentos, en farmacia hospitalaria e en establecementos de parafarmacia.
Cales son os módu-los deste ciclo?
Curso Módulo Horas
1º
Anatomofisioloxía e patoloxía básicas 107
Operacións básicas de laboratorio 239
Dispensación e venda de produtos 107
Formación e orientación laboral 107
2º
Promoción da saúde 157
Formulación maxistral 187
Dispensación de produtos farmacéu-ticos 213
3º
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Oficina de farmacia 157
Primeiros auxilios 53
Dispensación de produtos parafarma-céuticos 210
Síntese de farmacia e parafarmacia 26
Formación en centros de traballo 340
Que título se obtén? Técnico/a en farmacia. A que outros
estudos se pode acceder?
Bacharelato
Impártese De 18:00 a 22:30
4º
4
Ciclo formativo de Grao Medio
Emerxencias Sanitarias: 2000h
Referente europeo: CINE-3
5
Que se aprende a facer?
Executar as actividades de traslado do paciente ao centro sanitario, prestar atención básica sanitaria e psicolóxica no contorno prehospita-lario, levar a cabo actividades de teleoperación e teleasistencia sani-taria, e colaborar na organización e no desenvolvemento dos plans de emerxencia, dos dispositivos de risco previsibles e da loxística sanita-ria ante unha emerxencia individual ou colectiva, ou unha catástrofe.
Onde se realiza o traballo?
No sector sanitario público ou privado relacionado co traslado de pa-cientes ou vítimas, e a prestación de atención sanitaria e psicolóxica inicial, coa colaboración na preparación e desenvolvemento da loxísti-ca sanitaria ante emerxencias colectivas ou catástrofes, así como par-ticipando na preparación de plans de emerxencia e dispositivos de ris-co previsible do ámbito da protección civil.
En que ocupacións se traballa?
Técnico/a en transporte sanitario, técnico/a de emerxencias sanitarias, operador/a de teleasistencia, operador/a de centros de coordinación de urxencias e emerxencias.
Cales son os módu-los deste ciclo?
Curso Módulo Horas
1º
Anatomofisioloxía e patoloxías básicas. 107
Formación e orientación laboral. 107
Evacuación e traslado de pacientes 245
Apoio psicolóxico en situacións de emerxen-cia.
53
2º
Loxística sanitaria en emerxencias. 160
Dotación sanitaria. 107
Atención sanitaria inicial en situacións de emerxencia.
227
3º
Empresa e iniciativa emprendedora. 53
Mantemento mecánico preventivo do vehículo 80
Atención sanitaria especial en situacións de emerxencia.
266
Plans de emerxencia e dispositivos de riscos previsibles.
105
Teleemerxencias. 80
4º Formación en centros de traballo. 384
Que título se obtén? Técnico/a en Emerxencias sanitarias.
A que outros estudos se pode
acceder? Bacharelato
Impártese So en réxime Modular de 18:00 a 22:30
Ciclo formativo de Grao Superior
Documentación sanitaria: 1400h
Que se aprende a facer?
Definir e organizar procesos de tratamento da informa-ción e da documentación clínica, codificándoa e garantin-do o cumprimento das normas da administración sanita-ria e dos sistemas de clasificación e codificación interna-cionais, baixo a supervisión correspondente.
Onde se realiza o traballo?
Organización e xestión da unidade de traballo, prestación de servizos e control de calidade.
En que ocupacións se traballa?
Técnico/a de documentación sanitaria. Técnico/a de codi-ficación. Unidades de documentación clínica. Arquivo de historias clínicas. Avaliación e control da calidade da prestación sanitaria.
Cales son os módu-los deste ciclo?
Curso Módulo Horas
1º
Aplicacións informáticas xerais. 80
Formación e orientación laboral. 55
Validación e explotación das bases de datos sanitarias. 110
Definición e tratamento de documen-tación clínica. 110
Relacións no contorno do traballo. 55
Codificación de datos clínicos e non clínicos 290
Organización de arquivos clínicos. 130
Proxecto integrado. 80
3º Formación en centros de traballo. 440
Que título se obtén? Técnico/a superior en documentación sanitaria.
A que outros estudos se pode
acceder?
Diplomado/a en biblioteconomía e documentación, edu-cación social, enfermaría, fisioterapia, logopedia, podolo-xía, terapia ocupacional, traballo social; Licenciado/a en documentación; Mestre en todas as especialidades.
Impártese Só en réxime Modular de 18:00 a 22:30
2º
6
Ciclo formativo de Grao Superior
Hixiene Bucodental: 1400h
Que se aprende a facer?
Promover a saúde das persoas e da comunidade, progra-mando e desenvolvendo actividades preventivas e asis-tenciais, como membro de un equipo de saúde bucoden-tal, executando esas actividades mediante a exploración, detección e rexistro do estado de saúde ou enfermidade bucodental das persoas e organizando e programando ao seu nivel de traballo, baixo criterios de calidade, seguri-dade e óptimo aproveitamento de recursos, baixo a su-pervisión correspondente.
Onde se realiza o traballo?
Desenvolvemento de funcións de organización e xestión da unidade ou gabinete de traballo, de prestación de ser-vizos asistenciais preventivos, de control de calidade (vixilancia epidemiolóxica) e de educación sanitaria.
En que ocupacións se traballa?
Hixienista dental. Hixienista bucodental. Técnico/a espe-cialista en hixiene bucodental. Educador/a sanitario/a. Técnico/a superior en hixiene bucodental.
Cales son os módu-los deste ciclo?
Curso Módulo Horas
1º
Educación sanitaria e promoción da saúde. 130
Exploración bucodental. 185
Organización e xestión da área de traballo asignada na unidade de hi-xiene bucodental.
80
Prevención bucodental. 185
Proxecto integrado. 80
Vixilancia epidemiolóxica bucodental. 160
Formación e orientación laboral. 55
3º Formación en centros de traballo. 440
Que título se obtén? Técnico/a superior en hixiene bucodental.
A que outros estudos se pode
acceder?
Diplomado/a en educación social, enfermaría, fisiotera-pia, logopedia, podoloxía, terapia ocupacional, traballo social; Licenciado/a en odontoloxía; Mestre en todas as especialidades.
Impártese De 18:00 a 22:30
2º
7
Ciclo formativo de Grao Superior
Laboratorio de diagnóstico clínico: 2000h
Que se aprende a facer?
Realizar estudos analíticos de mostras biolóxicas huma-nas, interpretando e valorando os resultados técnicos, para que sirvan como soporte ao diagnóstico clínico e/ou orientados á investigación, actuando baixo normas de calidade, seguridade e ambientais, organizando e admi-nistrando as áreas asignadas no correspondente labora-torio de diagnóstico clínico, baixo a supervisión corres-pondente.
Onde se realiza o traballo?
O técnico/a en laboratorio de diagnóstico clínico localíza-se nas funcións e subfuncións de organización e xestión da unidade de traballo, prestación do servizo (toma de mostras no seu ámbito de competencias, preparación de reactivos e hemo—derivados, realización de técnicas analíticas en mostras biolóxicas humanas), control de ca-lidade, investigación e docencia.
En que ocupacións se traballa?
Técnico/a en laboratorio de diagnóstico clínico. Técnico/a en en laboratorio de investigación e experimentación. Técnico/a en laboratorio de toxicoloxía. Delegado/a co-mercial de produtos hospitalarios e farmacéuticos.
Cales son os módu-los deste ciclo?
Curso Módulo Horas
1º Formación e orientación laboral. 55
Fundamentos e técnicas de análises he-matolóxicas e citolóxicas. 450
2º
Organización e xestión da área de traba-llo asignada na unidade de laboratorio de diagnóstico clínico.
80
Recollida, preparación e conservación de mostras biolóxicas humanas. 295
Fundamentos e técnicas de análises bio-químicas. 295
Fundamentos e técnicas de análises mi-crobiolóxicas. 295
Proxecto integrado. 75
4º Formación en centros de traballo. 710
Que título se obtén? Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico.
A que outros estudos se pode
acceder?
Diplomado/a en educación social, enfermaría, fisiotera-pia, logopedia, podoloxía, terapia ocupacional, traballo social; Licenciado/a en bioloxía, biotecnoloxía, farmacia e medicina; Mestre en todas as especialidades.
Impártese De 18:00 a 22:30.
3º
8
Ciclo formativo de Grao Superior
Audiología protésica 2000h
Referente Europeo: CINE-5b
Que se aprende a facer?
Seleccionar e adaptar próteses auditivas realizando a avaliación au-diolóxica, o seguimento da persoa usuaria e o mantemento de próte-ses, así como determinar medidas de protección acústica a partir da avaliación dos niveis sonoros.
Onde se realiza o traballo?
Exerce a súa actividade no sector sanitario público e privado, en em-presas privadas do sector, en gabinetes audioprotésicos e en preven-ción de efectos de ruído ambiental.
En que ocupacións se traballa?
Técnico/a superior en audioprótese, técnico/a especialista audioprote-sista, elaboración de moldes e protectores auditivos, medición de ni-vel sonoro, audiometrista.
Cales son os módu-los deste ciclo?
Curso Módulo Horas
1º Características anatomosensoriais audi-tivas 292
Electrónica aplicada á audioprótese. 267
2º
Acústica 187
Elaboración de moldes e protectores au-ditivos 227
Formación e orientación laboral. 107
3º
Audición e comunicación verbal 53
Elección e adaptación de próteses audi-tivas . 263
Actividades de innovación en audiopró-tese. 34
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Atención a persoa hipoacúsica 107
Síntese/proxecto 26
Formación en centros de traballo. 384
Que título se obtén? Técnico/a superior en audioloxía protésica.
A que outros estudos se pode
acceder?
Diplomado/a en enfermaría, logopedia; Enxeñeiro/a técni-co/a industrial;Licenciado/a en medicina.
Impártese De 18:00 a 22:30.
4º
9
Información xeral sobre o réxime para persoas adultas
Está dirixido a garantir que as persoas adultas poidan adquirir, actualizar, com-pletar ou ampliar os seus coñecementos e as súas aptitudes para o desenvolve-mento persoal e profesional.
A organización e a metodoloxía baséanse na autoaprendizaxe, en función das experiencias, das necesidades e dos intereses do alumnado, e concíbense cunha maior flexibilidade para se adaptaren ás circunstancias do alumnado ó que se dirixen: con carácter xeral, as persoas adultas maiores de 18 anos que cumpran os requisitos académicos de acceso, e excepcionalmente, previa autorización, tamén poderán cursar ciclos formativos de grao medio por este réxime, as perso-as maiores de 16 anos que acrediten a súa condición de traballadores.
Na actualidade, estas ensinanzas só poden seguirse mediante a modalidade pre-sencial, caracterizada pola asistencia continuada do alumnado aos centros para realizar as actividades previstas nos correspondentes programas. Nas ensinanzas neste réxime pódense cursar calquera dos módulos formativos ofertados que in-tegren o ciclo formativo, de maneira que o alumnado pódese matricular de módu-los soltos ofertados. Neste caso, os módulos deberán ser dun mesmo ciclo e non poderán superar a carga lectiva anual de 960 horas e se garanta a compatibilida-de horaria do 90%.
Ao alumnado matriculado polo réxime para as persoas adultas computaránselle as convocatorias xa consumidas tanto no réxime ordinario como no de adultos.
Excepcionalmente, cando un alumno ou alumna que curse estudios presenciais de Formación Profesional específica por este réxime para as persoas adultas non poida asistir a algún módulo, poderá ser autorizado a seguir esas ensinanzas en réximes distintos.
Con carácter xeral, o horario lectivo das ensinanzas polo réxime para as persoas adultas está establecido entre as 18 e as 23 horas, (neste centro de 18:00 a 22:40 horas) de luns a venres de acordo co seguinte:
Garantirase a homoxeneidade das franxas horarias en que se imparta cada módulo co fin de facilitar a asistencia do alumnado traballador.
As actividades lectivas de cada modulo desenvolveranse durante os tres trimestres do curso académico, agás o módulo de FCT.
Unha vez que se teñan superados todos os módulos formativos no centro educativo, a FCT realizarase ao principio do curso académico seguinte.
No caso de que o centro educativo oferte todos os módulos dun ciclo for-mativo de xeito modular, garantirase que o alumnado poida rematar as en-sinanzas, agás a FCT, nun período de tres cursos académicos.
Está prevista -aínda que non implantada- a modalidade a distancia no réxime de ensinanza para as persoas adultas, dirixida a quen por determinadas circunstan-cias non poida asistir con regularidade ás actividades docentes. Unha vez inscri-to, este alumnado poderá contar con todo o material especialmente elaborado para estas ensinanzas. Ademais, disporá de atención individual e colectiva en ho-rarios adaptados ás súas necesidades, poderá adaptar o ritmo de estudio ás súas circunstancias e non terá que superar necesariamente cursos completos.
Información xeral sobre o réxime para persoas adultas
Norma xeral
Poderán incorporarse á oferta de módulos profesionais polo réxi-me para as persoas adultas aquelas persoas que teñan cumpri-dos dezaoito anos ou os cumpran no ano natural en que comeza o curso escolar.
Requisitos de acceso
Ácedese cos mesmos criterios indicados para os ciclos en réxime ordinario, xa indicados na páxina 2 deste documento, tendo en conta que ademais pódese acceder sen cumprir ningún destes requisitos, bastando con acreditar, para aqueles módulos asocia-dos a unidades de competencia do Catálogo nacional das Cualifi-cacións, experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de dous anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo que se dese-xe cursar.
Distribución dos cursos
• Os ciclos de 2000 horas cursaranse en tres cursos lectivos, de setembro a xuño, realizando o módulo de Prácticas na Empre-sa a continuación.
• Os ciclos de menos de 2000 horas cursaranse en dous cursos lectivos, de setembro a xuño, realizando o módulo de Prácticas na Empresa a continuación.
Baremación das instancias
Cando a demanda de postos escolares supere á oferta, aplicara-se o seguinte baremo:
• Por requisitos académicos: 10 puntos.
• Por experiencia laboral: 3 puntos por cada ano ata un máximo de 15 puntos
• Por módulos xa acreditados do ciclo formativo: 2 puntos por cada módulo.
Matrícula
• A matrícula realizarase sempre por módulos.
• Da oferta que presentará o centro, publicada sempre na 2ª quincena de xuño, co seu horario correspondente, poderá elixir os módulos que desexe sempre que non supere as 960 horas e que non se solapen no tempo nunha porcenta-xe maior do 10%.
• Por criterios pedagóxicos recoméndase cursalos aten-dendo á partición en cursos publicada polo centro, .
• Cada matrícula da lugar a cursar cada módulo unha vez, se quere repetir terá que presentarse a un novo proceso de admisión para ese módulo.
Paseo Marítimo, 47. 15002. A Coruña. Tfo.: 981210112. FAX: 981210215 http://centros.edu.xunta.es/cifpanxelcasal
Consellería de Educación e Ordenación Educativa Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Edificio Administrativo de San Caetano 15781. Santiago de Compostela Tfo.: 981544400. FAX: 981544443. www.edu.xunta.es/fp
Delegacións Provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria A Coruña Praza Luís Seoane s/n. 15008. A Coruña Tfo.: 981184700. FAX: 981184785 Lugo Ronda da Muralla, 70. 27071. Lugo Tfo.: 982294150. FAX: 982294152 Ourense Rúa do Concello, 11. 33003. Ourense Tfo.: 988210420. FAX: 988210867 Pontevedra Avda. Montero Ríos, s/n. 36001. Pontevedra Tfo.: 986805938. FAX: 986805937
Onde informarse