ola a todo o mundo!! como ven ocurrendo nos … · velocidade e poder voar (yeray). andar moi ben...

34
1

Upload: hoangque

Post on 07-Feb-2019

214 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: OLA A TODO O MUNDO!! COMO VEN OCURRENDO NOS … · velocidade e poder voar (Yeray). Andar moi ben nela, ... pouco o "Fresiño" e aprendendo a amarse mutuamente. O PAIS DE CRISTAL

1

Page 2: OLA A TODO O MUNDO!! COMO VEN OCURRENDO NOS … · velocidade e poder voar (Yeray). Andar moi ben nela, ... pouco o "Fresiño" e aprendendo a amarse mutuamente. O PAIS DE CRISTAL

2

OLA A TODO O MUNDO!!

OUTRO ANO MÁIS CHEGA A NOSA REVISTA

"FOLERPAS" NA QUE AS DIFERENTES CLASES E

EQUIPOS DO NOSO COLE AMOSAN ALGÚN DOS

TRABALLIÑOS REALIZADOS NA AULA.

COMO VEN OCURRENDO NOS ÚLTIMOS CURSOS, A

REVISTA É UN MONOGRÁFICO DO AUTOR

HOMENAXEADO NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS:

CARLOS CASARES MOURIÑO.

NESTE 2017, TANTO A CARA COLA TOLA COMA EU

(O BERETIÑO) ESTIVEMOS TODO O CURSO

ANIMANDO AOS GRUPOS DESTE CENTRO A

DISEÑAR E DESCUBRIR CASAS E EDIFICIOS. SEN

EMBARGO NON NOS ESQUECEMOS DE QUE

CONSTRUCIÓN MÁIS IMPORTANTE É A DO NOSO

COÑECEMENTO E POR ISO APROVEITAMOS

"FOLERPAS" PARA INVITALOS A DESCUBRIR

NOVAS COUSAS DESTE AUTOR TAN IMPORTANTE

DA NOSA CULTURA.

QUEREDES DESCUBRILAS VOS TAMÉN? ESTADES

LISTOS PARA VER O NOSO ESFORZO?

POIS ADIANTE!!

Page 3: OLA A TODO O MUNDO!! COMO VEN OCURRENDO NOS … · velocidade e poder voar (Yeray). Andar moi ben nela, ... pouco o "Fresiño" e aprendendo a amarse mutuamente. O PAIS DE CRISTAL

3

EDUCACIÓN INFANTIL

Page 4: OLA A TODO O MUNDO!! COMO VEN OCURRENDO NOS … · velocidade e poder voar (Yeray). Andar moi ben nela, ... pouco o "Fresiño" e aprendendo a amarse mutuamente. O PAIS DE CRISTAL

4

LA

.

Page 5: OLA A TODO O MUNDO!! COMO VEN OCURRENDO NOS … · velocidade e poder voar (Yeray). Andar moi ben nela, ... pouco o "Fresiño" e aprendendo a amarse mutuamente. O PAIS DE CRISTAL

5

Page 6: OLA A TODO O MUNDO!! COMO VEN OCURRENDO NOS … · velocidade e poder voar (Yeray). Andar moi ben nela, ... pouco o "Fresiño" e aprendendo a amarse mutuamente. O PAIS DE CRISTAL

6

Page 7: OLA A TODO O MUNDO!! COMO VEN OCURRENDO NOS … · velocidade e poder voar (Yeray). Andar moi ben nela, ... pouco o "Fresiño" e aprendendo a amarse mutuamente. O PAIS DE CRISTAL

7

Page 8: OLA A TODO O MUNDO!! COMO VEN OCURRENDO NOS … · velocidade e poder voar (Yeray). Andar moi ben nela, ... pouco o "Fresiño" e aprendendo a amarse mutuamente. O PAIS DE CRISTAL

8

Page 9: OLA A TODO O MUNDO!! COMO VEN OCURRENDO NOS … · velocidade e poder voar (Yeray). Andar moi ben nela, ... pouco o "Fresiño" e aprendendo a amarse mutuamente. O PAIS DE CRISTAL

9

E para rematar...

Xoga a descifrar o que pon e a recoñecer entre as letras

os nomes dos teus compañeiros/as de

4º de Educación Infantil.

Page 10: OLA A TODO O MUNDO!! COMO VEN OCURRENDO NOS … · velocidade e poder voar (Yeray). Andar moi ben nela, ... pouco o "Fresiño" e aprendendo a amarse mutuamente. O PAIS DE CRISTAL

10

AUTORES DA BIOGRAFÍA:

Page 11: OLA A TODO O MUNDO!! COMO VEN OCURRENDO NOS … · velocidade e poder voar (Yeray). Andar moi ben nela, ... pouco o "Fresiño" e aprendendo a amarse mutuamente. O PAIS DE CRISTAL

11

1º DE PRIMARIA

Lolo quere andar en bici,

pero na casa non lle

deixan. Por iso aprende

a facelo ás agochadas,

entre caixóns, entre

valados… Lolo acaba

sendo un fenómeno sobre

as dúas rodas.

Despois de ler o libro,

cada alumna e alumno

púxose na pel de Lolo e

escribiu o que lle gustaría poder facer na bici. En bicicleta

gustaríame…

Facer “cabaliños” con ela (Sara).

Ir ó parque en bici e facer como se fora una moto (Xairo).

Que o meu irmán me levase de paseo e me ensinara a

montar nela (Jennifer).

Ir ó cole cos meus amigos e botar carreiras con eles (Sheila).

Ir ó cole ou ó parque coa bici e dar a volta ó mundo (Uxía).

Ir cos meus pais a dar paseos polo monte, ir ó cole en bici e

poder viaxar montando nela (Elías).

Facer un salto mortal, unha voltereta e recorrer o mundo

con ela (Breixo).

Dar paseos polos sitios que eu queira cando me apeteza

(Aarón).

Facer carreiras cos meus compañeiros e encher a miña

vitrina de trofeos (Elia).

Ir a México a ver o concerto de Son Lúa en vivo (Adriana).

Dar saltos, andar por sitios difíciles e pegar freadas con

moito control (Raquel).

Page 12: OLA A TODO O MUNDO!! COMO VEN OCURRENDO NOS … · velocidade e poder voar (Yeray). Andar moi ben nela, ... pouco o "Fresiño" e aprendendo a amarse mutuamente. O PAIS DE CRISTAL

12

Ir ó colexio porque así non contaminamos e ir de paseo polo

monte co meu pai (Mario).

Poñerlle foguetes á bici para que ande soa a moita

velocidade e poder voar (Yeray).

Andar moi ben nela, saltar muros e andar por algún que

sexan moi estreitos (Luis).

Andar polo parque e ir de paseo coas miñas amigas (Xiana).

Ir dar paseos polo bosque coa miña familia e poder ir ó cole

en bici cos meus amigos (Marta).

Ir ó colexio cos meus amigos, dar paseos con eles e parar nos

sitios que queiramos. Espero que os reis magos me traían

una bicicleta (Ania).

Viaxar cos meus amigos aos sitios que nos apetezan e poder

estar alí o tempo que desexemos (Iago).

Saber montar moi ben nela e facer todo tipo de piruetas. O

libro gustoume moito porque Lolo aprende a manexar moi

ben a bicicleta e porque tamén sabe cociñar (África).

Ir á piscina de Laza xunto coa miña curmá Alba. Oxalá

poideran vir os meus pais e a miña irmá comigo na bici

(Sabela).

Ir dar a volta ao mundo e dar paseos co meu pai polo monte

(Juan).

Facer carreiras que

me permitan coñecer

novos amigos e tamén

ir ao colexio en bici

para non contaminar

(Carlota).

Practicar ata lograr

manexala moi ben e

así poder dar paseos

por onde queira e

poder ir ao colexio

nela (Mar).

Page 13: OLA A TODO O MUNDO!! COMO VEN OCURRENDO NOS … · velocidade e poder voar (Yeray). Andar moi ben nela, ... pouco o "Fresiño" e aprendendo a amarse mutuamente. O PAIS DE CRISTAL

13

2º DE PRIMARIA

O primeiro que queremos que coñezades deste conto infantil

son os personaxes. De entre todos os veciños de Beiro os

protagonistas son…

Outros datos que aprendemos sobre este libro son:

Page 14: OLA A TODO O MUNDO!! COMO VEN OCURRENDO NOS … · velocidade e poder voar (Yeray). Andar moi ben nela, ... pouco o "Fresiño" e aprendendo a amarse mutuamente. O PAIS DE CRISTAL

14

O CAN RIN É… O LOBO CRISPÍN É…

Rin é un can, moi intelixente

que axuda aos veciños de

Beiro. Un día enfermou

unha veciña e Rin foi buscar

ao médico porque soñaba que

era unha princesa chinesa.

O médico non quería saír da casa

porque tronaba e no bosque estaba

o lobo Crispín. Rin demostrou ao

médico que podía defendelo e

comezaron o camiño. De súpeto,

apareceu o lobo que os quería

papar. Pero Rín colleu ao lobo

polo pescozo…

Ao final Rin e Crispín

fixeron un trato. Crispín

podía escapar se o día da

festa lambía unha ovella a

saída da igrexa.

Page 15: OLA A TODO O MUNDO!! COMO VEN OCURRENDO NOS … · velocidade e poder voar (Yeray). Andar moi ben nela, ... pouco o "Fresiño" e aprendendo a amarse mutuamente. O PAIS DE CRISTAL

15

3º DE PRIMARIA

CONTOUNOS QUE HABÍA UN

LIMOEIRO QUE DABA LARANXAS…

DEBÍA SER MÁXICO, NON CREDES…?

Page 16: OLA A TODO O MUNDO!! COMO VEN OCURRENDO NOS … · velocidade e poder voar (Yeray). Andar moi ben nela, ... pouco o "Fresiño" e aprendendo a amarse mutuamente. O PAIS DE CRISTAL

16

Un bo día, dous nenos chamados Carlos e David, que eran

novos no pobo foron xogar polo bosque e chegaron ata unha

casa abandonada que tiña un limoeiro e… sabedes que?

Florecían libros!! Libros de todos os tipos: de aventuras, de

fantasía… os nenos tan abraiados quedaron, que sen perder

un intre correron cara as súas casas a contarllo as súas

familias. Como ninguén lles daba crédito, insistiron e

insistiron ata que os seus pais decidiron acompañalos… e

cando chegaron… quedaron pampos observando aquela

árbore que en vez de limóns daba libros.

A mañá seguinte, contáronlle a todo o pobo o segredo de

Carlos e David e a partir dese día a xente da aldea ía ler

libros a árbore.

E os nen@s de TERCEIRO imos a contarvos o que pasou o

cabo dun tempo con esa árbore tan especial

Page 17: OLA A TODO O MUNDO!! COMO VEN OCURRENDO NOS … · velocidade e poder voar (Yeray). Andar moi ben nela, ... pouco o "Fresiño" e aprendendo a amarse mutuamente. O PAIS DE CRISTAL

17

4º DE PRIMARIA

A Galiña Azul apareceu por primeira vez no

ano 1968, e desde entón foi lida por miles de

nenos galegos, pero tamén por moitas persoas

maiores. Trátase dun libro onde o autor vai

recordando para una nena amiga,Ana, algúns

episodios vividos por ela na infancia, entre os

que destacan as historias de Leoncio, o inventor

da bomba da Felicidade e do “papapio”, una

lingua para falar cos paxaros. Claro que o personaxe central do

libro é a Galiña Azul, á cal quere matar Manolito porque, segundo

di, una galiña que en vez de dicir "cacaracá" di "cocorocó" e que

ten cinco plumas encarnadas na á dereita, é dicir que “non é una

galiña como é debido”.

Os nen@s de cuarto realizamos una maqueta da Galiña Azul onde

quixemos representar un novo lugar no que vivir libre de

prexuízos. Un mundo sen diferenzas, tolerante, aberto, positivo...

Eliximos este mundo porque aínda que todo estea rodeado de azul

cada quen ten distintas personalidades.

Page 18: OLA A TODO O MUNDO!! COMO VEN OCURRENDO NOS … · velocidade e poder voar (Yeray). Andar moi ben nela, ... pouco o "Fresiño" e aprendendo a amarse mutuamente. O PAIS DE CRISTAL

18

6º DE PRIMARIA

Ademais dun importante autor , Carlos Casares traduciu ao

galego algunhas das obras máis importantes da literatura

universal como "O vello e o mar" de Ernest Hemingway ou "O

Principiño" de Antoine Saint- Exupèry.

Na clase de 6º o lemos e o resumimos nun power point (que logo

expuxemos na aula), fixemos unhas maquetas dos seus

principais persoaxes e creamos "os novos mundos do Principiño"

.

Page 19: OLA A TODO O MUNDO!! COMO VEN OCURRENDO NOS … · velocidade e poder voar (Yeray). Andar moi ben nela, ... pouco o "Fresiño" e aprendendo a amarse mutuamente. O PAIS DE CRISTAL

19

O PAIS DE CRISTAL (ALBA GÓMEZ)

O seguinte planeta era moi frío e fráxil e todo cuberto

de cristal. Nel vivía un home chamado Antón quen

tamén era completamente de cristal e que era o último

da súa especie. Era case unha especie extinguida cada

que vez que unha muller e un home de cristal

namorábanse os dous morrían.

Ao chegar alí, o Principiño tivo tanto frío que tivo que

abrigarse, entón preguntoulle que facía alí ao que o

Principiño díxolle que estaba en busca dunha

aventura. Antón respondeulle que no seu planeta non

había aventura que era moi aburrido e o Principiño

díxolle: "Si te paras un momento a mirar, poderás ver

cousas marabillosas".

Os dous ficaron xuntos e observaron unha preciosa flor

de cristal que acababa de nacer e que podía falar.

Ademais, aquela flor non era como a rosa do

Principiño senón que era bondadosa, xenerosa,

pensaba primeiro nos demais... por iso, Antón ese día

atopou unha amiga para toda a vida.

CHUCHELANDIA (ALBA CASTRO)

Un día o Principiño esqueceuse da rosa e decidiu viaxar

en busca dun novo amor tan doce como o azucre.

Entón aterrou nun planeta no que o chan era da mesma

textura que a area pero da cor do sal e o sabor do

azucre. As casas estaban feitas con deliciosos ladrillos,

as árbores tiñan froitas de doces e alí coñeceu ao seu

novo amor: un amorodo (obviamente de caramelo) que

non era normal... era xigante!. Ambos gustáronse ao

momento.

Ao Principiño parecíalle xenial ese novo mundo pero o

amorodo xa estaba aburrido del así que decidiron crear

un novo mundo xuntos. Decorárono ao gusto dos dous:

puxéronlle árbores, máis ladrillos de doces... mentres

traballaban se ían coñecendo, charlaban e (sobre todo) se

namoraron... estaban feitos o un para o outro!

O Principiño quixo amar para sempre o amorodo e el,

ao contrario que a rosa quixo amalo para sempre, e os

dous viviron ben no seu planeta construíndo pouco a

pouco o "Fresiño" e aprendendo a amarse mutuamente.

Page 20: OLA A TODO O MUNDO!! COMO VEN OCURRENDO NOS … · velocidade e poder voar (Yeray). Andar moi ben nela, ... pouco o "Fresiño" e aprendendo a amarse mutuamente. O PAIS DE CRISTAL

20

O CAMALEÓN (MARA OTERO)

O Principiño chega a un planeta nin grande, nin

pequeno; nin verde, nin amarelo; nin tímido, nin

atrevido. En fin., un planeta indeciso como o seu

dono... un camaleón.

Cando o Principiño chegou ao seu carón o animal

estaba escribindo na seu caderno: "feo- guapo, só-

acompañado, liso- rizo, entretido- aburrido....

Como o camaleón nin lle fala nin lle mira, o

Principiño comeza a conversa:

- Ola! Son o Principiño

- Bos dás! ou noite...- e o camaleón preguntou- 12 ou

1?

O Principiño detectou que o camaleón tiña algún

problema coa decisión. Non sabía porqué... quizais

porque nunca está dunha soa cor e podería ser

signo de indecisión. Nunca tivérao claro.

- Que fas- volveulle preguntar o Principiño -

Escribes un diario?

- Non...- dixo o animal mentres seguía escribindo:

gordo- fraco, negro- branco... - Non é un diario, é o

meu caderno de decisións .

-Decisións? Iso parece mais ben un caderno de

indecisións.

- Non. Eu creo que cando escribo é unha forma de

expresarme na que síntome libre, se ataduras. Por

iso estas follas son de decisións: de ser libre, feliz,

de sentirme contento... Cando escribo antónimos

escollo entre as dúas opcións. Non cres?

- Agora que o explicas paréceme unha forma

sinxela e á vez complexa de ver o mundo. Grazas.

Page 21: OLA A TODO O MUNDO!! COMO VEN OCURRENDO NOS … · velocidade e poder voar (Yeray). Andar moi ben nela, ... pouco o "Fresiño" e aprendendo a amarse mutuamente. O PAIS DE CRISTAL

21

5º A DE PRIMARIA

Como nos encantan as bandas deseñadas decidimos converter

algún dos libros de Carlos Casares.

asares

Toribio Revoluciona o Tráfico

Carlos Casares

Page 22: OLA A TODO O MUNDO!! COMO VEN OCURRENDO NOS … · velocidade e poder voar (Yeray). Andar moi ben nela, ... pouco o "Fresiño" e aprendendo a amarse mutuamente. O PAIS DE CRISTAL

22

Toribio Contra O Profesor Smith

Quen é Toribio?

Page 23: OLA A TODO O MUNDO!! COMO VEN OCURRENDO NOS … · velocidade e poder voar (Yeray). Andar moi ben nela, ... pouco o "Fresiño" e aprendendo a amarse mutuamente. O PAIS DE CRISTAL

23

5º B DE PRIMARIA

Ola, somos os nenos de 5º e inventamos distintos dispositivos

como Toribio, deixámosvos as nosas creacións e xa nos diredes se

algún dos nosos inventos sérvenvos para mellorar as vosas vidas

3 Ds 4 Brazos

Este invento serve para satisfacer os

teus gustos polos videoxogos e para satisfacer

a túa barriga. Tamén pode facer máis cousas

mentres xogas como: vestirche, facer os

deberes...e todo iso, mentres xogas.

Fábrica Renova Cousas

É moi divertido e se algo che rompe só tes

que tiralo ao lixo, lévano a unha fábrica e

alí renóvano, despois vai a outra papeleira

e alí recóllelo como

novo. Bolígrafo Máxico

Serve para que un nen@ vago o vaga que

non quere facer os deberes ou os exames.

Próbao.

Gorra Chuleta

Serve para copiar nos exames pero

tamén para concentrarte si non

queres copiar

Page 24: OLA A TODO O MUNDO!! COMO VEN OCURRENDO NOS … · velocidade e poder voar (Yeray). Andar moi ben nela, ... pouco o "Fresiño" e aprendendo a amarse mutuamente. O PAIS DE CRISTAL

24

Iphone Nintendo

Estás cansado de ir pola Nintendo e pola

Iphone para xogar Pokemon sol ou pokemon

Go. Creamos unha nintendo que só tocando un

botón transpórtase nun Iphone. O mellor

remedio para estar

no sofá.

Tenis voadores

Son chulísimos, Conteñen uns

propulsores e ás que cando saltes, Voarás!!!

Levamap

1º- Fai click non cerco que che guste

viaxar.

2º- O levamap levarache ao destino

directamente.

Condicións de uso: Non mollar, non tirar ao chan, utilizar con

precaución

Satichufe Conectado ao teu

móbil podes ter cobertura en calquera

lugar do mundo.

Saticable Conectado dentro dos

túneles podes ter cobertura nel.

ÁS de Pomba!!! É un

invento que serve para que no canto

de ir andando a calquera sitio, vas en

Ás de Pomba.

Page 25: OLA A TODO O MUNDO!! COMO VEN OCURRENDO NOS … · velocidade e poder voar (Yeray). Andar moi ben nela, ... pouco o "Fresiño" e aprendendo a amarse mutuamente. O PAIS DE CRISTAL

25

6º DE PRIMARIA

Fai xa nove anos que empezamos a aventura da

educación neste colexio e fixemos moitas cousas e nos

divertimos moito. Agora que estamos en 6º, xa cun pé no

instituto, queremos lembrar e agradecer uns anos tan

fabulosos.

Ao comezar infantil, aínda que estabamos en clases

separadas, nos levábamos moi ben. Os primeiros anos

xunto con David aprendemos con videoxogos, libros,

manualidades... e convertémonos na araña do

Guggenheim, disfrazámonos de Cocorico, tivemos a

primeira graduación da nosa vida e sobre todo fixemos

novos amigos. A verdade, que daquela éramos uns

trastes e non sabemos como os mestres de infantil foron

capaces de nos soportar...

Ao longo de primaria tivemos uns profes xeniais (ainda

que algúns máis novos que outros) . Primeiro coa profe

Vanessa pasamos de ser os maiores de infantil aos máis

pequenos da nova etapa.

Despois (en 2º, 3º e 4º de primaria) estivemos co noso

mestre Óscar co que vivimos uns anos incribles.

Ademais, a nosa gran familia foi crecendo: en 3º chegou

Simón, un ano despois Iván Regueiro e Joel e no curso

seguinte Antía. Todos eles aterraron na nosa clase e

están moi integrados hoxe en día.

Page 26: OLA A TODO O MUNDO!! COMO VEN OCURRENDO NOS … · velocidade e poder voar (Yeray). Andar moi ben nela, ... pouco o "Fresiño" e aprendendo a amarse mutuamente. O PAIS DE CRISTAL

26

Xa fai un ano que nos

despedíamos de Laura

(a nosa fantástica

titora de 5º) e aínda

hoxe a estrañamos,

ao igual que o resto

de profes do ano

pasado.

E agora en 6º (o noso

último ano na

primaria) tamén

coñecemos a unha

compañeira nova e a

moitísimos mestres

que todos foron moi

ben recibidos. Sen

embargo, o noso titor

é un vello coñecido

pois rematamos o colexio co mesmo mestre co que o

comezamos.

Botaremos en falta este sitio porque levamos aquí máis

da metade da nosa vida e aquí temos moitos dos nosos

mellores recordos (risas, choros, sentimentos...) e se

forxaron os nosos valores.

Faremos novos amigos pero non mellores que os que xa

temos, e sen dúbida pechamos un dos ciclos máis

marabillosos das nosas vidas

Page 27: OLA A TODO O MUNDO!! COMO VEN OCURRENDO NOS … · velocidade e poder voar (Yeray). Andar moi ben nela, ... pouco o "Fresiño" e aprendendo a amarse mutuamente. O PAIS DE CRISTAL

27

BIBLIOTECA

Page 28: OLA A TODO O MUNDO!! COMO VEN OCURRENDO NOS … · velocidade e poder voar (Yeray). Andar moi ben nela, ... pouco o "Fresiño" e aprendendo a amarse mutuamente. O PAIS DE CRISTAL

28

IMPORTANTE:

A biblioteca e o

alumnado de

6º… BOA

COMBINACIÓN!

!!

Page 29: OLA A TODO O MUNDO!! COMO VEN OCURRENDO NOS … · velocidade e poder voar (Yeray). Andar moi ben nela, ... pouco o "Fresiño" e aprendendo a amarse mutuamente. O PAIS DE CRISTAL

29

DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

LEMBRÁDEVOS DESTE CRUCIGRAMA? SOLUCIONADEO!

ATOPA AS 5 DIFERENZAS DESTA ILUSTRACIÓN DE: "O CAN

RIN E O LOBO CRISPÍN".

PISTAS:

1. Carlos...

2. Xinzo de Limia

3. Universidade de...

4. Vento...

5. “Dous marelos, un rosa e

tres verdemar”

6. “O can chámase Paulino”

7. “Avisouna de que o leite se

ía verter no lume"

8. Entre 1991 e 1994

9. “Burra vella”

10. Enjamio

Page 30: OLA A TODO O MUNDO!! COMO VEN OCURRENDO NOS … · velocidade e poder voar (Yeray). Andar moi ben nela, ... pouco o "Fresiño" e aprendendo a amarse mutuamente. O PAIS DE CRISTAL

30

E AGORA... BUSCA NA SOPA DE LETRAS PALABRAS

RELACIONADAS COA OBRA.: A GALIÑA AZUL.

DESCOBRE A OBRA AGOCHADA TRAS O CÓDIGO SECRETO.

Lorenzo

Leoncio

Bomba

Cocorocó

Peixe

Felicidade

Paxariño

Ovos

*SE QUERES MÁIS XOGOS COMA ESTOS VISITA: seminariogalan.org

Page 31: OLA A TODO O MUNDO!! COMO VEN OCURRENDO NOS … · velocidade e poder voar (Yeray). Andar moi ben nela, ... pouco o "Fresiño" e aprendendo a amarse mutuamente. O PAIS DE CRISTAL

31

A.N.P.A. "OS MUÍÑOS" Como todos os anos chegou a maratón, este ano adicada a

CARLOS CASARES. Dende a ANPA non perdemos a

oportunidade de participar. A ANPA levou a froita e mais o

bocata que sentaron estupendamente aos noso atletas.

Deixámosvos unha breve reportaxe gráfica do evento.

1. Quecendo motores

2. Preparados e

a dalo todo …

Page 32: OLA A TODO O MUNDO!! COMO VEN OCURRENDO NOS … · velocidade e poder voar (Yeray). Andar moi ben nela, ... pouco o "Fresiño" e aprendendo a amarse mutuamente. O PAIS DE CRISTAL

32

4. A merendar….

Despois de tanto esforzo, xusto é que preparásemos unha

pequena merenda

5. Despois de tanto esforzo …

haberá que descansar, non é?

Page 33: OLA A TODO O MUNDO!! COMO VEN OCURRENDO NOS … · velocidade e poder voar (Yeray). Andar moi ben nela, ... pouco o "Fresiño" e aprendendo a amarse mutuamente. O PAIS DE CRISTAL

33

SAUDIÑOS BERETUDOS

EDUCACIÓN INFANTIL: BIOGRAFÍA

E. P. 1º: "LOLO ANDA EN BICICLETA"

E. P. 2º: "O CAN RIN E O LOBO CRISPÍN"

E.P. 3º: "AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS”

E. P. 4º: “A GALIÑA AZUL"

E.P. 6º: "OS NOVOS MUNDOS DO PRINCIPIÑO”

E.P. 5º A: “TORIBIO E A BANDA DESEÑADA"

E.P. 5º B: “INVENTANDO CON TORIBIO”

E.P. 6º: "DESPEDIDA DO NOSO COLEXIO”

BIBLIOTECA: "CASARES EN NOTAS ADHESIVAS"

DINAMIZACIÓN: "XOGOS DAS LETRAS GALEGAS"

ANPA: “CHEGOU O MARATÓN”

Sumario: “COUSAS COUSIÑAS”

3

2

17

18

21

23

25

27

29

31

11

13

15

33

Page 34: OLA A TODO O MUNDO!! COMO VEN OCURRENDO NOS … · velocidade e poder voar (Yeray). Andar moi ben nela, ... pouco o "Fresiño" e aprendendo a amarse mutuamente. O PAIS DE CRISTAL

34