once contos medievais

12
PARA COÑECER A IDADE MEDIA EN ONCE LECTURAS Lectura recomendada: “El gran libro de leyendas medievales” Fransesc Miralles (texto) Adrià Fruitós (ilustracións)

Upload: agrela-elvixeo

Post on 24-Jan-2018

288 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Once contos medievais

PARA COÑECER A IDADE MEDIA EN ONCE LECTURASLectura recomendada: “El gran libro de leyendas medievales” Fransesc Miralles (texto) Adrià Fruitós (ilustracións)

Page 2: Once contos medievais

O Cabaleiro da CarretaSon moitas as lendas medievais protagonizadas por Lancelot. En xeral se lle considera un nobre cabaleiro, digno de respecto e confianza, e desempeña un papel importante en moitas vitorias do rei Arturo. Nembargantes, non hai que esquecer que Lancelot foi tamén un home namorado da raiña Xenebra. Algunhas lendas conta que entre eles existiu un romance, pero outras presentan a Lancelot como un home dividido entre a súa lealdade ó rei e o amor que sinte cara a raiña.

Page 3: Once contos medievais

PercivalA historia de Percival e a do Santo Grial chegou ata os nosos días (ver o “Código da Vinci”) intimamente unidas, sobre todo pola influencia da ópera de Wagner (“Parsifal”), que reuniu os feitos máis destacados dunha serie de lendas medievais. Nembargantes teñen orixes distintas, con aventuras que non gardaban nengunha relación entre sí.Problablemente foi Chrétien de Troyes o primeiro en relacionalos na que foi a súa derradeira obra titulada co nome do protagonista.

Page 4: Once contos medievais

A canción de RoldánTrátase do cantar de xesta máis antigo de Europa. Forma parte das epopeas da Idade Media que narran feitos heroicos, escritas en verso para ser recitadas en público.Fala da batalla de Roncesvalles, na que, segundo o cantar, as tropas que formaban a retagarda do exército de Carlomagno foron atacadas polo exército do rei Marsil, debido a traición dun vasallo do emperador, o malvado Galeón.

Page 5: Once contos medievais

Romeo e Xulieta“Con ella descubrí amores eternos.

Que duran lo que dura un corto invierno”

A tráxica historia destes dous amantes chegou ata nós gracias ó dramaturgo máis importante de tódolos tempos: Wlliam Shakespeare.

Hoxe en día pode visitarse na cidade italiana de Verona unha tumba medieval onde, segundo se di, están enterrados os eternos amantes.

Page 6: Once contos medievais

Ivain. O Cabaleiro do LeónIvain, o Cabaleiro do León é unha das novelas de cabalería de Chrétien de Troyes, pai da novela occidental.Ivain é un dos famosos cabaleiros da Táboa Redonda, na corte do rei Artur. Descoñécese se todas esta lenas teñen a súa raigame na mitoloxía celta ou si están inspiradas en feitos reais.No caso das aventuras de Ivain, a fantasía xoga o papel principal. Prodixios dunha fermosa lenda.

Page 7: Once contos medievais

Tristán e IsoldaUnha das máis fermosas e tráxicas historias de amor da Idade media.O episodio transcurre nas rexións celtas de Cornualles, Irlanda e a Pequena Bretaña, nunha época poboada por cabaleiros e princesas, que habitaban en castelos acechados por terribles dragóns.Wagner compuso unha ópera. Sobre a historia destes amantes.

Page 8: Once contos medievais

Sir Gawain e o Cabaleiro VerdeTrátase dun romance de finais do século XIV. É unha das lendas medievais máis coñecidas e lidas de Inglaterra. En parte se debe a que Tolkien, creador de “O Señor dos Aneis”, era un gran amante deste poema e por iso fixo unha espléndida versión del.

Page 9: Once contos medievais

Os Cabaleiros da Táboa RedondaA figura do Rei Artur está inspirada nun histórico caudillo bretón que, fai mil cincocentos anos, liderou a loita contra os saxóns que entón estaban invadindo a illa de Britania. O seu nome procede do antigo termo celta “artús”, que significa oso. Segundo a lenda, a sede do seu reino atopábase no castelo de Camelot.O Rei Artur reunía ós seus máis fieies cabaleiros nunha táboa circular para que non houbese discusións sobre o lugar que ocupaba cada un.

Page 10: Once contos medievais

O cantar dos NibelungosEscrita cara o século XIII. Neste poema épico, composto por 39 cantos, misturanse lendas dos pobos xermánicos con feitos históricos e crencias mitolóxicas.Wagner, compositor alemán, inspirouse neste tema para elaborar catro óperas que se alonxaron bastante do texto orixinal.

Page 11: Once contos medievais

Robin HoodEn Inglaterra, nos séculos XII e XIII, os xoglares cantaban as fazañas de Robin Hood. Heroe que defendía ós pobres e oprimidos utilizando un método peculiar: roubar ós ricos e repartir o botín entre os pobres.Robin vivía escondido nos bosques de Sherwood, perto de Nottinghain, e estaba en guerra principe Xoan sen Terra (que se fixera co trono do seu irmán, Ricardo Corazón de León, ó marchar éste cara as Cruzadas.

Page 12: Once contos medievais

O cantar de Mio CidHai máis de oitocentos anos, un xoglar chamado Pere Abat percorría os pobos de Castela cantando as fazañas do seu heroe admirado: Rodrigo Díaz de Vivar (o Cid Campeador)Poema que consta de catro mil versos. Divididos en tres capítulos e narra os feitos heroicos deste nobre cabaleiro ó servicio de Afonso VI de Castela, inxustamente tratado polo seu rei.