os dereitos das nenas e dos nenos a traverso da obra de ... · das nenas e dos nenos a través da...
TRANSCRIPT
Os dereitos das nenas e dos nenosa traverso da obra
de Francesco Tonucci
EDUCANDO EN DEREITOS DENDE A CIDADE
PROGRAMAS EDUCATIVOS MUNICIPAIS 2009-2010
Organiza, patrocina e edita
Concello de FerrolConcellería de Educación
Coordina
Emilia Seoane PérezTécnica de Educación do Concello de Ferrol
Deseños
Francesco Tonucci & Frato
disigna edenia
Dep Legal:
Todas as viñetas salvo a da páxina 3, foron publicadas no libroFRATOgrafías. 35 anos de humor dentro da Educación. Francesco Tonucci & Frato, 2004Editado pola Universidade de Vigo e producido por Difusora de Letras, Artes e Ideas
EDUCANDO EN DEREITOS DENDE A CIDADE
PROGRAMAS EDUCATIVOS MUNICIPAIS 2009-2010
Os dereitos das nenas e dos nenosa traverso da obra de Francesco Tonucci
O Concello de Ferrol, coa edición neste formato da exposición “Os dereitos
das nenas e dos nenos a través da obra de Francesco Tonucci”, promovida pola
Universidade de Vigo co apoio de Unicef Ourense e coa axuda doutras entidades
como a Obra Social Caixa Galicia de Ourense, quere aproveitar e apoiar este traballo
para espallar a obra de Francesco Tonucci, quen xa na década dos noventa estivo
na nosa cidade conversando co profesorado, daquela co seu cuestionamento e
reflexión É a escola para as nenas e os nenos?.
En persoa, en formato humorístico, literario ou artístico, Tonucci fai un
constante convite á reflexión. É por iso que dende o Concello e, no marco dos
programas educativos municipais onde tres son os eixes principais sobre os
que desexamos que pivote a nosa achega para unha educación de calidade; os
dereitos das nenas e dos nenos, os dereitos humanos e o coñecemento de Ferrol
a nosa cidade, queremos achegar a súa obra ao noso profesorado, ás nais e aos
pais, á clase política e ao público en xeral. Entendemos pois que, deste xeito
poderemos apoiar dende esta institución a procura dunha cidade coñecida polas
nenas e polos nenos e na que se vive e goza dende unha convivencia de liberdade
e de respecto entre nós, tendo por fin último promovermos un desenvolvemento
harmónico e sostible en termos de cidadanía e diversidade.
Sabemos que esta exposición, como recurso educativo itinerante que é, estará
presente en diversos escenarios, como así aconteceu en Ourense, na Coruña, e
en Viana do Bolo (Ourense) onde acompañou as actividades organizadas por un
amplo colectivo de mestres nun acto que organizaban para lembrar ao finado e
benquerido mestre e pedagogo Xesús R. Jares, tamén colaborador neste Concello,
tanto en xornadas co profesorado como en publicacións (Educar para a paz.
Concello de Ferrol,1995).
Agora para xaneiro e febreiro de 2010 estará en Ferrol, mais aínda que a
exposición estea nun tempo concreto, desexamos que perdure no tempo,
desexamos poder vela, lembrala e, sobre todo, seguir aprendendo e reflexionando
sobre os dereitos das nenas e dos nenos con esta obra de Tonucci coa que
queremos tamén honrar a este sobranceiro pedagogo.
Mercedes Carbajales Iglesias
Concelleira de Educación, Cultura e Universidade
Francesco Tonucci (Fano-Italia, 1941), mestre e pedagogo, investigador
do Instituto de Ciencia e Tecnoloxía da Cognición do Consello Nacional de
Investigacion (CNR) de Roma. Desde fai moitos anos dedica as súas enerxías ao
estudo do pensamento e do comportamento infantil nos diferentes escenarios
onde transcorre a súa vida: a familia, a escola, a rúa,...
É unha das figuras de maior relevancia no mundo do humor gráfico, da educación
e da loita polos dereitos da infancia. Como debuxante utiliza o pseudónimo de
Frato.
Mestre e pedagogo, centrou a súa investigación como profesional do ensino
no pensamento, comportamento e desenvolvemento cognitivo infantil e na súa
relación coa metodoloxía educativa.
Creador e responsable do proxecto internacional “La città dei bambini”, no que
propón a administradores e gobernantes cambios nas cidades, considerando as
nenas e os nenos como parámetro ambiental e de sostenibilidade.
Francesco Tonucci & Frato
A fins dos anos sesenta comezou a plasmar os seus intereses en tiras cómicas,
asinadas como Frato. O propio Francesco sitúa o nacemento de Frato en Roma no
ano 1968, 27 anos polo tanto, máis novo Frato que Francesco. Destas tiras sairían
numerosos e interesantes libros escritos en italiano e que logo serían traducidos
a diferentes idiomas ( español, francés, galego, portugués,...) entre os que se
atopa Fratografías, feito pola Universidade de Vigo no ano 2004, o seu primeiro
libro en lingua galega.
É membro do comité de redacción das revistas European Journal of Psychology of
Education, Investigación en la Escuela, Cooperazione Educativa e Conflitti, tamén
é membro do consello editorial da Revista Galega do Ensino Eduga.
O seu historial profesional, artístico e como activista en favor dos dereitos da
infancia fai da obra de Francesco Tonucci o instrumento perfecto para a misión de
UNICEF: a difusión da Convención dos dereitos das nenas e dos nenos.
Entre os seus libros podemos salientar:
Por una escuela alternativa (1978)
Con ojos de niño (1987)
A los tres años se investiga (1988)
Como ser niño (1989)
La soledad del niño (1994)
Con ojos de maestro (1995)
La ciudad de los niños (1996)
Cuando los niños dicen ¡Basta! (2003)
FRATOgrafías. 35 anos de humor dentro da educación (2004)
FRATO 40 años con ojos de niño (2007)
Os dereitos
das nenas e dos nenos
a traverso da obra
de Francesco Tonucci
V i ñ e t a s
[ c o r r e s p o n d e n t e s a o s p a n e i s
d a e x p o s i c i ó n n º 2 a t é o n º 2 2 ]
Comisión organizadora
Consuelo Nogueira EncisoPresidenta de Unicef Ourense
Mª Ángeles Carballo EireEx Presidenta de Unicef Ourense
Chyty de las Cuevas VillarEx Vicepresidenta de Unicef Ourense
Celsa Sánchez VázquezPresidenta de Unicef A Coruña
Emilia Seoane PérezProfesora da Universidade de Vigo
Ana Belén MéndezProfesora da Universidade de Vigo
Beatriz Vaquero DíazProfesora da Universidade de Vigo
Versión galega e coordinación
Emilia Seoane PérezProfesora da Universidade de Vigo
disigna edenia
Organiza
Patrocina
Cplabora
E X P O S I C I Ó N