outono 13

4
Curso 2013/14 número 54 Boletín de biblioteca Contido Ano Internacional da Estatística Asterix e Obelix no día das Bes Entrevista a Uderzo III Día Inetrnacional da Ciencia en Galego Os de sempre: Sabías que? Premios e premiados Novidades Suxerencias Editorial A celebración do Ano Internacional da Estatística ten por obxecto o recoñecemento a nivel mundial da contribución que a estatística realizou ao longo dos años ao progreso da nosa sociedade. Os principais obxectivos de Statistics2013 son: Incrementar el coñecemento sobre o impacto que a estatística ten en todos os aspectos da sociedade. Promocionar a estatística como profesión, especialmente entre os rapaces Promover el desenrolo das ciencias estatísticas. Ler ciencia na Biblioteca Escolar Ano Internacional da Estatística Cando pensamos en visitar a biblioteca sempre temos na cabeza achegarnos a ela como fonte de recursos, imos a consultar os seus fondos para facer un traballo ou solventar algunha dúbida, ou ben para perdernos polos seus andéis e atopar ese libros agochado que espera durminte a nosa chegada para empezar a vivir nos nosos ollos. Pero… que pasa últimamente?, atopamos esas obras que sen ser puramente narrativas nin de referencia nos enchen os ollos de ledicia. Tamén podemos ler ciencia na biblioteca escolar! Nos itinerarios lectores de Matemáticas e Economía descubrimos autores que nos falan desas mortíferas mates, do asasinato do profe de matemáticas, de portas que se abren, da historia do cero, de Obelix y cía, da boa sorte e da boa crises moitas obras que, sendo narrativa e outras incluso banda deseñada nos arrincan un sorriso e un momento de meditación polos temas que Neste trimestre imos ter unha exposición sobre o tema para que disfrutedes dela e vexades a estatística non só como unha mera tecnoloxía de análise de datos, invitámosvos a visitala pero antes visita o Instituto Nacional de Estatística e proba canto sabes (preme na imaxe) abordan. As veces son obras de referencia con títulos como La historia de la ciencia (¡ATENCIÓN! Este libro se salta las partes aburridas) ou Cartas a Nuria…. Se ti queres tamen ler ciencia… estámosche esperando!

Upload: begonals

Post on 10-Mar-2016

227 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

Novidades e noticias da biblioteca

TRANSCRIPT

Page 1: Outono 13

Curso 2013/14

número 54

Boletín de biblioteca

Contido

Ano Internacional da Estatística

Asterix e Obelix no día das Bes

Entrevista a Uderzo

III Día Inetrnacional da Ciencia en Galego

Os de sempre:

Sabías que?

Premios e premiados

Novidades

Suxerencias

Editorial

A celebración do Ano Internacional da

Estatística ten por obxecto o

recoñecemento a nivel mundial da

contribución que a estatística realizou ao

longo dos años ao progreso da nosa

sociedade.

Os principais obxectivos de Statistics2013

son:

Incrementar el coñecemento sobre o

impacto que a estatística ten en todos

os aspectos da sociedade.

Promocionar a estatística como

profesión, especialmente entre os

rapaces

Promover el desenrolo das ciencias

estatísticas.

Ler ciencia na Biblioteca Escolar

Ano Internacional da Estatística

Cando pensamos en visitar a biblioteca sempre temos na cabeza achegarnos a ela como fonte de recursos, imos a consultar os seus fondos para facer un traballo ou solventar algunha dúbida, ou ben para perdernos polos seus andéis e atopar ese libros agochado que espera durminte a nosa chegada para empezar a vivir nos nosos ollos. Pero… que pasa últimamente?, atopamos esas obras que sen ser puramente narrativas nin de referencia nos enchen os ollos de ledicia.

Tamén podemos ler ciencia na biblioteca escolar!

Nos itinerarios lectores de Matemáticas e Economía descubrimos autores que nos falan desas mortíferas mates, do asasinato do profe de matemáticas, de portas que se abren, da historia do cero, de Obelix y cía, da boa sorte e da boa crises moitas obras que, sendo narrativa e outras incluso banda deseñada nos arrincan un sorriso e un momento de meditación polos temas que

Neste trimestre imos ter unha

exposición sobre o tema para que

disfrutedes dela e vexades a estatística

non só como unha mera tecnoloxía de

análise de datos, invitámosvos a visitala

pero antes visita o Instituto Nacional de

Estatística e proba canto sabes (preme

na imaxe)

abordan. As veces son obras de referencia con títulos como La historia de la ciencia (¡ATENCIÓN! Este libro se salta las partes aburridas) ou Cartas a Nuria…. Se ti queres tamen ler ciencia… estámosche esperando!

Page 2: Outono 13

Como diría Abraracúrcix ao seuu sobriño Gudurix, "el hecho de que vivamos en provincia no significa

que no nos mantengamos informados"

Visita a web oficial

http://www.asterix.com/

Todos os 24 de Outubro conmemoramos

o día das Bibliotecas Escolares lembrando

algún autor recoñecido e tras revisar a

Edgar A. Poe, Hergé, Mark Twain, Lewis

Carrol, Dickens... decantamonos pola

banda deseñada.

Aproveitando a publicación dunha nova

entrega das aventuras de Asterix y Obelix,

propoñemosvos la relectura das obras

de Uderzo y Goscinny pero esta vez baixo

a pluma de novos autores: Jean-Yves

Ferri y Didier Conrad.

Astérix e os Pictos chega a todas as

librarías do Mundo Coñecido. Os Pictos?

Así é, os Pictos! Estes pobos da antiga

Escocia, irreducibles guerreiros de varios

clans, cuxo nome, outorgado polos

Asterix e Obelix no día das BEs

O Día 4 de novembro dedícase á Ciencia en Galego: a Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA), a Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA) e mais a Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA) convidan á comunidade educativa a festexar o vindeiro 4 de novembro o IV Día da Ciencia en Galego, para reivindicar o dereito a gozar da ciencia e da arte no noso idioma. Nesta edición os homenaxeados son o arquitecto Richard Buckminster, a científica Florence Nightingale e o intelectual e artista galego Isaac Díaz Pardo.

IV Día Internacional da Ciencia en Galego

romanos, significa literalmente "os

homes pintados". Deste xeito,

seguindo as mellores tradicións das

aventuras do máis célebre dos

galos, Astérix e os Pictos constitúe

unha viaxe épica a unha bisbarra rica

en tradicións e o descubrimento dun

pobo cuxas diferenzas culturais se

traducirán en gags e xogos de

palabras xeniais e moito máis, pensa:

whisky?, lanzadores de cáver?

gaitas?, apelidos con Mac?,por fin

coñécense as orixes da muralla

de Adriano e o monstro do

Lago Ness? e, mesmo quen sabe,

galos en faldras escocesas,... Gran

suspenso!

Sabías que?

"No ano 50 a.C toda a Galia foi ocupada polos romanos... Toda? non; unha pequena aldea de irredutibles galos resiste incansable o invasor". Unha aldea, por certo, de fanfurriñeiros personaxes afeccionados ás grandes comidas -o xabaril como prato estrela- e as boas pelexas de todos contra todos.

A saga de Asterix e Obelix, creada por Uderzo e Goscinni en 1956, fíxose cedo popular en todo o mundo, chegando a ser traducido mesmo ao latín e ao grego, e formando así parte do imaxinario infantil de millóns de persoas ao longo e ancho de todo o mundo.

En todas as aventuras faise una parodia das costumes e características dos pobos aos que visitan os protagonistas da saga, así na viaxe a Bretaña é curioso como presentan o tema da fala inglesa, a orde das palabras, os horarios para tomar “auga quente cunha nube de leite”, o descubremento do te…

René Goscinny, debuxante e guionista foi un dos autores franceses de maior éxito en todo o mundo, con máis de 500 millóns de libros vendidos, traducidos a máis de trinta idiomas como as series Lucky Luke, El pequeno Nicolás, e o Gran Visir Iznogud.

Albert Uderzo naceu daltónico e con dous dedos extra. Non obstante chegou a ser un afamado debuxante e guionista, cuxa serie máis afamada é Astérix, que iniciou en 1956 xunto a Goscinny.

Foi a filla de Goscinny xa falecido quen convenceu a Uderzo para seguir a saga baixo o guión e pinceis de Jean-Yves Ferri e Didier Conrad.

Esperemos ter Asterix e Obelix para rato!

Page 3: Outono 13

Ana Alonso virá ao noso centro así que...

Lembramos algo dos mitos e os heroes do Olimpo con Rick Riordan

Curiosidades Para pensar nos Dereitos Humáns

Cine Banda deseñada

Algunhas novidades... o resto no Meiga

Page 4: Outono 13

Nome e grupo:

Suxerencias

Autor Título Formato

Premio Nobel de Literatura: Alice Munro e despedida a Doris Lessing

Despois de moitos anos o Nobel premia ao conto. E que contos! A escritora canadense Alice Munro gañou o premio Nobel de Literatura 2013. "Mestra do relato curto", segundo o ditame da Academia sueca, "o seu estilo é claro e dun realismo sicológico". Munro, nacida en Wingham (Ontario) en 1931, é a décimo terceira muller que obtén o galardón máis importante das letras universais e a primeira que se apunta o tanto para o país norteamericano. Coñecida como "a Chéjov de Canadá", a narradora colocou os alicerces do realismo moderno literario do seu país. Mundos correntes que tras a súa serenidade esconden tormentas afectivas e sentimentais a punto de desatarse.

César Mallorquí recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola súa novela La illa de Bowen, "un canto á aventura e homenaxe á literatura clásica, escrita con paixón, amenidade, humor e intelixencia e pola excelente construción dos seus personaxes e as súas tramas", en palabras do xurado. A illa de Bowen é un libro de aventuras ao estilo dos de Julio Verne ou Arthur Conan doyle, con illas misteriosas, asasinatos, minerais preciosos, heroes e manuscritos medievais. Por esta obra foi tamén galardoado co Premio EDEBÉ 2012.

Premios Nacionais 2013 LIJ e Banda Deseñada

IES Fernando Esquío

Empedrón 16

TELÉFONO:

981391080

FAX:

981391280

E-MAIL

[email protected]

Visítanos no

noso blog:

www.blogfesquio.blogspot.com

Ardalén válelle a Miguelanxo Prado o Premio Nacional de Banda Deseñada. A novela sobre a memoria que foi un dos grandes sucesos editoriais do ano, a tan agardada nova obra na que Miguelanxo Prado iniciou hai nove anos suma agora o Premio Nacional do Cómic aos seus moitos recoñecementos. A novela gráfica Ardalén fora xa recoñecida co premio do Salón Internacional do Cómic de Barcelona. O autor ofrece o que considera a súa obra de máis marcada referencia galega, co tema da memoria como trabe narrativa da novela. A obra foi publicada por El Patito Editorial.

A escritora Doris Lessing faleceu aos 94 anos. Recibiu o Nobel de Literatura en 2007 por unha obra que "soubo capturar o esencial e a épica da experiencia feminina, que con escepticismo, lume e poder visionario someteu a unha civilización dividida ao escrutinio,". Unha narradora, poeta, ensaísta e intelectual comprometida coa vida e a literatura nunha busca entrelazada a través dunha obra cunha estética que ben podería ser clásica ou de fragmentación posmoderna.