parque nacional peneda gerês

117
PARQUE NACIONAL Peneda-Gerês

Upload: monadela

Post on 10-Feb-2017

95 views

Category:

Education


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Parque Nacional Peneda Gerês

PARQUE NACIONALPeneda-Gerês

Page 2: Parque Nacional Peneda Gerês

Inclúe unha ampla área de montaña nas serras do Gerês, Amarela, Soajo e A Peneda, que se extenden formando un arco ao longo da fronteira entre o norte de Portugal e o sur de Galiza.

Parte da serra do Gerês/Xurés vista desde os cumes do Laboreiro.

Page 3: Parque Nacional Peneda Gerês

SUPERFICIE: 70 290 ha

CONCELLOS: Melgaço, Arcos

de Valdevez, Ponte da Barca, Terra de Bouro e

Montealegre.

Page 4: Parque Nacional Peneda Gerês

TIPO DE PROTECCIÓN:-PARQUE NACIONAL (8-5-1971)

Forma un conxunto co parque natural galego da Baixa Limia-Serra do Xurés,

constituido conxuntamente, desde 1997 como Parque Transfronteirizo Gerês-Xurés e a RESERVA DA BIOSFERA co

mesmo nome (26/5/ 2009)

Inclúe ademais (totalmente ou en parte):-ZEPA Serra do Gerês

-SIC Serras da Peneda e Gerês-Zona de Protecção Especial (ZPE) da

Serra do Gerês-Reserva Biogenética Matas de Palheiros-

Albergaria

VALORES NATURAIS E CULTURAIS:

Ecosistemas de montaña, ríos, bosques, formacións glaciarias, unha gran

variedade de flora e fauna atlánticas e mediterráneas, arte, arqueoloxía,

etnografía...

Page 5: Parque Nacional Peneda Gerês

O  Parque Nacional da Peneda-Gerês foi a primeira Área protexida creada en Portugal, sendo a única co estatuto de Parque Nacional, recoñecido internacionalmente por parte da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN), debido á riqueza do seu patrimonio natural e cultural e por ser un dos últimos redutos do país onde se atopan ecosistemas no seu estado natural, con reducida ou nula influencia humana, integrados nunha paisaxe humanizada.

Page 6: Parque Nacional Peneda Gerês

Gando nos arredores de Pitões das Junias.

Page 7: Parque Nacional Peneda Gerês

O RELEVOUnha sucesión de serras que marcan a fronteira entre Portugal e Galiza: Laboreiro, Santa Eufemia, Xurés/Gerês e Pisco. Ademáis inclúe as serras da Peneda, Amarela e Soajo, en Portugal. As cotas máximas son os altos de Nevosa (1.546 m) e Fontefría (1.458 m) situados no núcleo central dos cumes da serra Gerês-Xurés.

Cumes do Gerês/Xurés desde o encoro de Paradela

Page 8: Parque Nacional Peneda Gerês

É unha área de relevo moi accidentado con grandes desniveis e numerosos afloramentos rochosos. É unha rexión esencialmente granítica, fortemente fracturada, aínda que tamén aparece unha importante mancha de rochas metasedimentarias (xistos) e de depósitos de orixe glaciar, como moreas ou blocos erráticos. A liña fronteiriza é rica en wolframita.

Page 9: Parque Nacional Peneda Gerês

No decurso da oroxenia varisca ou hercínica formáronse as rochas graníticas. As mais antigas, que datan de hai pouco mais de 300 millóns de anos, afloran nas serras do Soajo e Amarela, no planalto de Castro Laboreiro e no extremo oriental da serra do Gerês. Os granitos recentes (29 millóns de anos) afloran nas serras da Peneda e do Gerês creando un relevo máis vigoroso.

Cumes do Gerês/Xurés

Page 10: Parque Nacional Peneda Gerês

A falla xeolóxica do Gerês-Lobios (Galiza) relaciónase con tensións tardo-hercínicas que deron lugar a unha fraturación que cortou e desprazou os granitos da rexión. A falla ten unha dirección NNE-SSE, e é responsable da deslocación dos vales dos ríos Cávado e Homem e das surxencias termais da Vila do Gerês e do rio Caldo (Lovios).

Val do río Caldo entre as serras do Xurés (á esquerda) e Santa Eufemia (á dereita), seguindo a falla Gerês-Lobios (Galiza). Na parte alta atópase o paso fronteirizo da Portela do Home.

Page 11: Parque Nacional Peneda Gerês

GLACIARISMO:No Cuaternario tiveron lugar importantes variacións climáticas. As glaciacións rexistradas nesa época afectaron ás latitudes medias deixando marcas evidentes nas serras da Peneda e do Gerês.Nos cumes desenvolveuse un sistema glaciar de meseta cunha superficie duns 60 km2, entre os 1300 e os 1500 m de altura. Por todo o espazo, especialmente na serra do Xurés/ Gerês, consérvanse vestixios destes fenómenos: Circos glaciares (Ramisquedo, Coucelinho, Cervas); vales glaciares en forma de U (Homen, O Cabril, Alto Vez); moreas glaciares (Ramisquedo, val do Vez, O Cabril).

Val glaciar do río Homen

Page 12: Parque Nacional Peneda Gerês

SERRA DO LABOREIRO Forma un arco con orientación NO-S ao longo da fronteira entre Portugal e Galiza; desde o val do río Barxas ou Troncoso (onde cae cara ao Miño), ata os vales dos río Castro Laboreiro e Agro (Limia). De morfoloxía suave, formada por granitos de dúas micas na zona central, granodioritas no occidental e xistos no oriental. Os cumes máis altos son o Gestosa (1.344 m), en Portugal e o Codesal -marco 34- (1.334 m), na fronteira.

Nos cumes do Laboreiro fórmase unha ampla penichaira duns 1.200 m de altitude media, situada no concello de Castro Laboreiro.

Page 13: Parque Nacional Peneda Gerês

Desde os cume hai unha vistas impresionantes para os catro puntos cardinais.Na serra do Laboreiro nacen as cabeceiras do ríos Castro Laboreiro (Limia).

Cumes da Gestosa e serra do Xurés ao fondo.

Page 14: Parque Nacional Peneda Gerês

Penedo Grande e Pena de Anamão

Page 15: Parque Nacional Peneda Gerês

SERRA DE SANTA EUFEMIACompartida entra Portugal e Galiza, situada entre entre os vales dos ríos Caldo e Limia, con orientación N-S. A altura máxima son 1.107 m no Alto de Santa Eufemia. Acolle unha importante flora e fauna e varios endemismos. Unha grande área da serra está declarada Reserva Integral

Vista xeral da serra de Santa Eufemia desde Olelas (Galiza).

Page 16: Parque Nacional Peneda Gerês

Cume de Santa Eufemia.

Page 17: Parque Nacional Peneda Gerês

Santa Eufemia desde o Pé do Cabril.

Page 18: Parque Nacional Peneda Gerês

SERRA DO XURÉS/GERÊSCon orientación NE-SO. Compartida por Portugal e Galiza (Ourense). Destaca pola súas paisaxes graníticas de cumes irregulares e agrestes, en contraste coas dos arredores, de contornos máis suaves. Os cumes máis altos son A Nevosa (1.546 m) e Fontefría (1.458 m). A maioría das rochas son granodioritas intrusivas tardías (granito rosado de mica negra) que dan lugar ao seu relevo característico de picos espectaculares e grandes bolos. A liña fronteiriza é rica en wolframita que foi explotada no tempo da II Guerra Mundial.

Vista xeral da serra do Gerês desde Tourem

Page 19: Parque Nacional Peneda Gerês

Val do Homen

No Xurés/ Gerês consérvanse formas traballadas polos glaciares cuaternarios máis occidentais de Europa: circos glaciares, vales, moreas, rochas estriadas, acumulacións de depósitos fluvioglaciais... (Homen, Coucelinho, Cervas...)

Page 20: Parque Nacional Peneda Gerês

Pé do Cabril

Page 21: Parque Nacional Peneda Gerês

Pé da Medela

Page 22: Parque Nacional Peneda Gerês

O Sobreiro e, ao fondo, A Nevosa, o cume máis alto da serra.

Page 23: Parque Nacional Peneda Gerês

Vista da serra do Gerês desde Salamonde

Page 24: Parque Nacional Peneda Gerês

O Caucãu (no centro)

Page 25: Parque Nacional Peneda Gerês

Domo granítico da Rocalva

Page 26: Parque Nacional Peneda Gerês

Roca Negra e Rocalva

Page 27: Parque Nacional Peneda Gerês

Vale do Laço (camiño da Rocalva)

Page 28: Parque Nacional Peneda Gerês

As Gralleiras

Page 29: Parque Nacional Peneda Gerês

A Fontefría

Page 30: Parque Nacional Peneda Gerês

Cabras feras nas Gralleiras

Page 31: Parque Nacional Peneda Gerês

A Fontefría e Brazaleite

Page 32: Parque Nacional Peneda Gerês

Vista xeral da serra do Xurés/ Gerês desde Pitões das Junias

Vista xeral da serra do Xurés/Gerês desde Salamonde

Page 33: Parque Nacional Peneda Gerês

A maior parte do terreo dos cumes da serra do Xurés/Gerês é rocha espida ou está cuberto por un mato espeso de uces, xestas, toxos e carqueixas acompañado de piñeiros de repoboación. Nas zonas de difícil acceso consérvanse pequenos bosques con carballos, érbedos, sobreiras e algúns loros. Nas partes máis altas cerquiños, teixos, bidueiros e acivros. Destaca a presenza de numerosas especies endémicas.

Page 34: Parque Nacional Peneda Gerês

Prados de montaña no curral da Rocalva

Page 35: Parque Nacional Peneda Gerês

SERRA DO PISCOCompartida co concello de Muíños (Ourense-Galiza). De orientación NE-SO e unida ao Xurés/Gerês polo oeste. O punto máis destacado é o Alto do Pisco, con 1.398 m. As formas en xeral son suaves e os materiais dominantes son os granitos rosados de mica negra que conforman unha paisaxe moi erosionada. Na súa maior parte está cuberta de mato de breixos e carqueixas e algúns pasteiros. Hai unha zona repoboada con piñeiros e algúns bosques de cerquiños nas partes baixas, cara a ao val do Salas. Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares do Xurés e do Encoro do río Salas e arredores.

Vista xeral da serra do Pisco.

Page 36: Parque Nacional Peneda Gerês

Vista do Encoro do Salas desde os cumes da Serra do Pisco.

Page 37: Parque Nacional Peneda Gerês

SERRA DA PENEDAEsténdese con dirección N-S e a máxima elevación é o Outeiro Alvo con 1.314 metros. Está formada por rochas graníticas espidas. 

Page 38: Parque Nacional Peneda Gerês

Serra da Peneda desde o Laboreiro, á dereita o Outeiro Alvo.

Page 39: Parque Nacional Peneda Gerês

Penameda na Serra da Peneda

Page 40: Parque Nacional Peneda Gerês
Page 41: Parque Nacional Peneda Gerês

Serra da Peneda e santuario da Nosa Señora da Peneda.

Page 42: Parque Nacional Peneda Gerês

SERRA DE SOAJOEsténdese con dirección NE-SO e está formada por masas graníticas que sobresaen nos cumes e forman curiosas paisaxes de penedos. O monte máis alto é A Pedrada, con 1.416 m.

Page 43: Parque Nacional Peneda Gerês

SERRA AMARELA•Esténdese con dirección NE-SO entre os ríos Lima e Homen, en Portugal. Acada 1.362 m na Louriça. Está formada por rochas graníticas espidas e algunha faixa de xistos e metagrauvacas. A vexetación domonante é a matogueira que na primavera enche todo de cor amarela, o que da nome á serra.

A Serra Amarela, detrás do monte de Santa Eufemia (vista desde Queguas-Galiza)

Page 44: Parque Nacional Peneda Gerês

A Serra Amarela (vista desde o encoro de Vilarinho das Furnas)

Page 45: Parque Nacional Peneda Gerês

Val do río das Furnas na Serra Amarela.

Page 46: Parque Nacional Peneda Gerês

OS RÍOSOs ríos principais son o Limia/Lima (co Castro Laboreiro, Vez, Adrão, Froufe, Germil e Cabril) que atravesa o espazo de NE a SO e o Cávado (co Beredo e Homen) polo sur. O río Mouro discorre cara ao Miño desde a serra da Peneda. A grande cantidade de vales e corgas canalizan a auga das numerosas cabeceiras dos ríos que baixan das serras dando lugar a unha rede hidrográfica densa, composta por un conxunto de afluentes e subafluentes que corren, dun modo xeral, por vales de encostas escarpadas.

Page 47: Parque Nacional Peneda Gerês

En xeral, os ríos teñen cursos curtos e con fortes pendentes, nos que se forman series de rápidos e algunhas fervenzas importantes. Son de réxime pluvial e sofren importantes variacións de caudal, acusando unha importante seca no verán.

Page 48: Parque Nacional Peneda Gerês

RÍO LIMIA/LIMANace no monte Talariño (Sarreaus-Galiza). Desde os 600 m de altitude da Limia baixa aos 250 m na fronteira portuguesa e desemboca en Viana do Castelo. Neste espazo recibe pola dereita as augas do Castro Laboreiro, Adrão e Vez; e pola esquerda o Cabril, Froufe e Germil. Está encorado en Lindoso.

Encoro (albufeira) de Lindoso, compartido entre Portugal e Galiza. O Limia, neste espazo, está encorado en case todo o seu percorrido.

Page 49: Parque Nacional Peneda Gerês

Encoro de Lindoso, coa serra do Quinxo ao fondo.

Page 50: Parque Nacional Peneda Gerês

RÍO BARCIA ou CASTRO LEBOREIRONace en Portugal e durante unha grande parte do seu percorrido fai fronteira cos concellos de Lobios e Entrimo (Galiza). Discorre moi encaixado entre as serras da Peneda e do Quinxo e recibe as augas do río da Peneda (co Pomba). Xúntase co Limia no encoro de Lindoso.

O río Castro Laboreiro no barranco de Olelas.

Page 51: Parque Nacional Peneda Gerês

O río Castro Laboreiro en Castro Laboreiro (Portugal)

Page 52: Parque Nacional Peneda Gerês

O río da Peneda e un afluente do Castro Laboreiro que cae nun gran salto ao pé do Santuario da Nosa Señora da Peneda.

Page 53: Parque Nacional Peneda Gerês

RÍO SALASNace na Serra do Larouco e xúntase ao Limia no encoro de Lindoso. Percorre un pequeno tramo neste espazo, onde está encorado para producir enerxía eléctrica.

Encoro de Salas. No primeiro plano Tourém.

Page 54: Parque Nacional Peneda Gerês

RÍO CÁVADONace nas abas portuguesas da serra do Larouco e desemboca en Esposende. Os principais afluentes son o Beredo, Cabril, Fafião, Arado e Homen pola dereita; e o Rabagào, o e o Saltadouro, pola esquerda.

Encoro de Paradela na confluencia do Beredo e o Cávado coa Serra do Gerês ao fondo.

Page 55: Parque Nacional Peneda Gerês

Encoro da Caniçada, na confluencia dos ríos Gerès e Cávado. Ao fondo a Portela do Homen.

Page 56: Parque Nacional Peneda Gerês

RÍO HOMEN É o afluente máis importante do Cávado. Nace nos cumes do Gerês (debaixo do Sobreiro) e, despois de 37 km de percorrido, xúntase co Cávado en Soutelo. Está encorado en Vilarinho das Furnas. No curso alto discorre por un antigo val glaciar no que hai numerosos saltos e pozas.

Encoro de Vilariño das Furnas (ao fondo a serra Amarela).

Page 57: Parque Nacional Peneda Gerês

Río Homen

Page 58: Parque Nacional Peneda Gerês

Cascata nun afluente do río Homen que baixa da serra Amarela.

Page 59: Parque Nacional Peneda Gerês

Cascata do Arado Cascata no rego do Campesinho, un afluente do río Beredo en Pitões das Junias.

Page 60: Parque Nacional Peneda Gerês

Poço Azul no río Conho (Fafião)

Page 61: Parque Nacional Peneda Gerês

RÍO MOURONace na serra da Peneda e xúntase co Miño preto de Mato (Monçao).

Val do Mouro entre a Serra da Peneda e a Fonte Seca

Río Mouro en Lamas de Mouro

Page 62: Parque Nacional Peneda Gerês

LAGOAS: Nos cumes achairados das serras consérvanse algunhas lagoas naturais (Marinho) e outras reforzadas por pequenas presas (A Peneda, Os Carríns, Olelas).

Lagoa da Meadinha na serra da Peneda.

Page 63: Parque Nacional Peneda Gerês

CLIMAA temperatura media anual é de 13ºC debido á influencia oceánica, con amplitudes térmicas elevadas. As temperaturas máis altas danse entre xullo e setembro, e as máis baixas corresponden ao período entre decembro e febreiro. As grandes diferencias de altitude e orientación dan lugar a variacións locais.

Page 64: Parque Nacional Peneda Gerês

AS AUGAS TERMAISXorden en distintos puntos do espazo aproveitando as liñas de fallas.En Caldas de Gerés hai un centro balneario.

Page 65: Parque Nacional Peneda Gerês

FLORAA singular posición bioxeográfica da área, en transición entre as rexións eurosiberiana e mediterránea, xunto cos diferencias de altitude e orientación, permite unha gran divesidade de especies (No espazo hai catalogadas 1.100). Unha grande parte do territorio das serras está ocupado por diferentes tipos de matogueiras e pasteiros (favorecido por sucesivas queimas e pastoreo). As masas arbóreas son reducidas e hai unha boa cantidade de superficie ocupada por plantacións forestais, especialmente de piñeiros (Pinus insignis, Pinus pinaster e Pinus sylvestris).

Page 66: Parque Nacional Peneda Gerês

-CARBALLEIRA: bosque mixto de árbores de folla caediza e persistente. Dominada por carvalho negral (Quercus pyrenaica) e por carvalho-alvarinho (Quercus robur). Nas zonas máis altas vai acompañado da uva do monte ou arandeira (Vaccinum myrtillus), o medronheiro ou érbedo (Arbutus unedo) e o azevinho ou acivro  (tamén coñecido como azevinheiro ou pica folha) (Ilex aquifolium). Nas partes baixas e máis expostas ao sol aparecen a sobreira (Quercus suber), o padreiro ou pradairo (Acer pseudoplatanus), o pilriteiro ou estripo (Crataegus monogyna), a tramaceira ou capudre (Sorbus aucuparia), o azereiro ou loro (Prunus lusitanica ssp.lusitanica), a gilbardeira ou xilbarbeira (Ruscus aculeatus), a betónica-bastarda (Melittis melissophyllum), o martagão (Lilium martagon)… Destaca a presenza da orquídea satirião macho (Orchis mascula).As carballeiras ocupan parte dos vales dos rios Ramiscal, Peneda, Gerês e Beredo.

HÁBITATS MÁIS CARACTERÍSTICOS:

Page 67: Parque Nacional Peneda Gerês

Mata de Albergaría

Page 68: Parque Nacional Peneda Gerês

Érbedos na Bouá da Mó.

Page 69: Parque Nacional Peneda Gerês

Loro ou acereiro (Prunus lusitanica).

Page 70: Parque Nacional Peneda Gerês

Froitos de faia

orquídea satirião macho (Orchis mascula).

Page 71: Parque Nacional Peneda Gerês

-BOSQUE DE RIBEIRA: coa presenza do amieiro (Alnus glutinosa), salgueiros (Salix…), do freixo (Fraxinus spp), do vidoeiro ou bidueiro (Betula pubescens) do teixo (Taxus baccata), do feto do Gerês ou feto do botão (Woodwardia radicans), a Spiraea hypericifolia ssp. abovata, a angélica (Angelica laevis), a flor dos viúvos ou paxariños (Aquilegia vulgaris), o androsemo (Hypericum androsaemum)…

Río Homen

Page 72: Parque Nacional Peneda Gerês

Feto do Gerês ou feto do botão (Woodwardia radicans),

Flor dos viúvos ou paxariños (Aquilegia vulgaris)

Page 73: Parque Nacional Peneda Gerês

-TURBEIRAS (TURFEIRAS) e MATOS HÚMIDOS, habitats raros e vulnerables que se desenvolven en solos enchoupados onde podemos atopar urce dos brejos ou breixo de turbeira (Erica tetralis), a lameirinha (Erica ciliaris), bolas de algodão ou xuncas de algodón (Eriophorum angustifolium), orvalhinha ou rorela (Drosera rotundifolia), Pinguicula lusitanica…

Turbeiras nas cabeceiras do río Conho

Page 74: Parque Nacional Peneda Gerês

Urce dos brejos ou breixo de turbeira (Erica tetralis)

Bolas de algodão ou xuncas de algodón (Eriophorum angustifolium)

Page 75: Parque Nacional Peneda Gerês

-LAMEIROS OU PRADOS DE LIMA: prados seminaturais de composición variable segundo a humidade do solo.

Curral da Rocalva

Page 76: Parque Nacional Peneda Gerês

Orquídeas (Dactylorhiza maculata)

Page 77: Parque Nacional Peneda Gerês

-MATOGUEIRAS DE SUBSTITUCIÓN: piornais, uceiras, carqueixais, toxeiras, xesteiras, que ocupan antigas áreas de carballeiras. Aquí podemos atopar o genebreiro, zimbro ou xenebreiro (Juniperus communis subsp. nana) o alho bravo (Allium scorzonerifolium), a armeria (Armeria humilis ssp. humilis), o lírio do Gerês (Iris boissieri), ou o narciso bravo (Narcissus rupicola), genciana ou xensá (Gentiana pneumonanthe)….

Page 78: Parque Nacional Peneda Gerês

Genebreiro, zimbro ou xenebreiro (Juniperus communis subsp. nana)

Page 79: Parque Nacional Peneda Gerês

Lírio do Gerês/Xurés (Iris boissieri), endemismo do noroeste Ibérico, en perigo de extinción.

Cardo do Xurés (Eringium duriaei subsp. juresianum), especie endémica do Xurés.

Page 80: Parque Nacional Peneda Gerês

Armeria humilis, endemismo dos cumes do Xerés-Gerês.

Plantago radicata. Unha chantaxe de pequeno tamaño que só vive nas montañas da metade norte da península Ibérica, en terreos pobres, pedregosos e areentos, por enriba dos 800 m de altitude.

Page 81: Parque Nacional Peneda Gerês

Alecrim da serra, tomentelo, tormentelo ou tomelo bravo (Thymus caespititius)

Page 82: Parque Nacional Peneda Gerês

ÁRBORES SENLLEIRAS

Carballo (Quercus robur)

-Mata da Albergaría.

Page 83: Parque Nacional Peneda Gerês

Érbedo (Arbutus unedo) á beira do río Conho (serra do Gerês)

Page 84: Parque Nacional Peneda Gerês

FAUNAEste territorio proporciona refuxio a fauna de gran valor natural como consecuencia da interacción entre as características orográficas e as diversas comunidades vexetais presentes.

A cabra brava (Capra pyrenaica lusitanica), subespecie endémica do Gêres-Xurés desapareceu hai máis dun século. Actualmente hai un programa de recuperación con Capra pirenaica victoriae.

Page 85: Parque Nacional Peneda Gerês

INVERTEBRADOS: destacan, polo interese para a súa conservación: as borboletas Euphydryas aurinia e Callimorpha quadripunctata, a vacaloura ou cabra-loura (Lucanus cervus) e a lesma Geomalacus maculosus.

Bolboreta Euphydryas aurinia.

Page 86: Parque Nacional Peneda Gerês

VERTEBRADOS: hai censadas 235 especies, das que 204 son protexidas a nivel nacional e internacional. 71 pertencen á lista de especies ameazadas do Livro Vermelho de Vertebrados de Portugal.

Nas partes altas das serras habita en semiliberdade o cabalo garrano, raza galaico-portuguesa, da que se está levando a cabo un programa de recuperación.

Page 87: Parque Nacional Peneda Gerês

MAMÍFEROSDestaca a presenza da toupeira de auga (Galemys pyrenaicus), o gato bravo (Felis sylvestris), a lontra (Lutra lutra), a marta (Martes martes), o lobo (Canis lupus), o corzo (Capreolus capreolus), o arminho (Mustela erminea), esquilo-vermelho (Sciurus vulgaris), leirón (Glis glis) que alcanzaría nestas serras o límite sudoccidental da súa área de distribución europea. Hai identificadas 15 especies de morcegos, da que 10 teñen estatuto de ameazadas 5 en perigo de extinción): morcego de-ferradura pequeno (Rhinolophus hipposideros), morcego de ferradura grande (Rhinolophus ferrumequinum),  morcego de ferradura mediterráneo (Rhinolophus euryale), morcego rato grande (Myotis myotis) e morcego lanudo (Myotis emarginatus).

O corzo (Capreolus capreolus), emblema do Parque Nacional

Page 88: Parque Nacional Peneda Gerês

AVESEstán catalogadas 147 especies, con variacións ao longo do ano polas migracións estacionais.Destaca a presenza de aves de rapina, incluíndo especies moi ameazadas e de distribución moi localizada, como a aguia real (Aquila chrysaetos), a aguia perdigueira (Hieraaetus fasciatus) e o bufo real (Bubo bubo). Ademais, nidifican a aguia cobreira (Circaetus gallicus), o falcão ou miñato abelleiro (Pernis apivorus), o tartaranhão-azulado ou gatafornela (Circus cyaneus), o  tartaranhão-caçador ou tartaraña cincenta (Circus pygargus) e o  falcão ou falcón peregrino (Falco peregrinus).

O bufo real (Bubo bubo) ten no parque o único lugar de reprodución coñecido para

Portugal.

Page 89: Parque Nacional Peneda Gerês

O espazo (xuntamente co Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés) acolle algunhas das poboacións máis sudoccidentais de especies típicamente eurosiberianas, como a petinha das árvores ou pica das árbores (Anthus trivialis), a felosa das figueiras ou papuxa picafollas (Sylvia borin), o picanço de dorso ruivo ou picanzo vermello (Lanius collurio ), o dom fafe ou paporrubio real (Pyrrhula pyrrhula), a escrevedeira amarela ou escribente amarelo (Emberiza citrinella), o cruzabico ou bicotorto (Loxia curvirostra).Entre a avifauna acuática destaca a presenza como invernante do mergullón cristado (Podiceps cristatus); a narceja ou becacina cabra (Gallinago gallinago), a da píllara pequena (Charadrius dubius), o merlo de auga ou rieiro (Cinclus cinclus)… Tamén podemos atopar gralha ou choia de bico vermelho (Pyrrhocorax pyrrhocorax), o cartaxo nortenho ou chasca colipinta (Saxicola rubetra).

Dom fafe ou paporrubio real (Pyrrhula pyrrhula)

Page 90: Parque Nacional Peneda Gerês

RÉPTILES:Lagarto de água ou lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi), lagartixa do mato ou lagarta rabuda (Psammodromus algirus), víbora cornuda ou fuciñuda (Vipera latastei),  víbora de Seoane (Vipera seoanei)…

Lagarto de água ou lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi).

Page 91: Parque Nacional Peneda Gerês

ANFIBIOS Destaca a salamandra lusitânica ou salamántiga galega (Chioglossa lusitanica) endémica de Galiza e norte de Portugal.

Salamandra lusitânica ou salamántiga galega (Chioglossa lusitanica)

Page 92: Parque Nacional Peneda Gerês

PEIXESDestacan como máis característicos o barbo (Barbus bocagei), o cacho (Squalius carolitertii), a vermella (Rutilus arcasii), a boga do Douro (Chondrostoma duriense), e o espiñento (Gasterosteus gymnurus).

Espiñentos na lagoa dos Carríns

Page 93: Parque Nacional Peneda Gerês

PRINCIPAIS ACTIVIDADES:Agrogandeiro, forestal, apicultura, produción artesanal de alimentos (como o fumeiro) turismo, produción de enerxía eléctrica….Destaca a cría de razas de vacas autóctonas barrosá e cachena e os cabalos garranos.

Unha das principais actividades das serras é o pastoreo. Na serra do laboreiro consérvase unha raza autóctona de can, o can da serra.

Page 94: Parque Nacional Peneda Gerês

Vaca barrosã portuguesa.

Page 95: Parque Nacional Peneda Gerês

HISTORIA E PATRIMONIO CULTURALAs terras do Xurés-Gerês foron habitadas deste tempos moi antigos. Nelas deixaron pegadas as xentes da prehistoria (castros, mámoas, petróglifos), os romanos (construiron por este territorio unha das principais vías de comunicación da provincia Gallaecica), as xentes da Idade Media (castelos) e tempos posteriores (asentamentos, explotacións mineiras, igrexas, mosteiros…). Na actualidade, xunto cos importantes valores naturais, acolle un rico patrimonio histórico artístico e etnográfico. Hai catalogados 500 lugares de interese histórico e arqueolóxico.

ARTE RUPESTRE: Chá da Rapada, santuario rupestre de Gião ou o Penedo do Encanto da Bouça do Colado (Parada).

DOLMES: Castro Leboreiro, Outeiro do Ferro, Mourela, Lapa da Moura (Serra Amarela).

Mámoa escavada na Portela do Pau (Monçao).No interior do dolme hai

petrógifos.

Page 96: Parque Nacional Peneda Gerês

A PAISAXENo espazo alternan paisaxes naturais, onde o elemento dominante é a montaña e as formacións graníticas, as grandes áreas achairadas dos cumes dalgunhas serras (como o Laboreiro), ou os profundos vales e cavorcos dos ríos, coas paisaxes humanizadas de pasteiros, cultivos e diversos elementos construtivos que foron desenvolvendose ao longo dos tempos en función das necesidades e adaptación ao ambiente: núcleos de poboación, muros, levadas, pontes e pontellas, hórreos ou espigueiros, camiños, foxos de lobo, muíños, refuxíos, casarotas, alvarizas ou silhas dos ursos, almiñas…

Rouças (Arcos de Valdevez)

Page 97: Parque Nacional Peneda Gerês

RESTOS ROMANOS: Miliarios e Geira (calzada romana)...Na época romana foi unha importante zona de paso. Por esta zona discorría unha das catro vías, a que cruzaba pola Portela do Home, que atravesaban Galiza para unir Braga e Astorga.

Miliarios ábeira do Encoro de Vilarinho das Furnas.

Miliario convertido en pé de cruceiro.Vilarinho das Furnas.

Page 98: Parque Nacional Peneda Gerês

IGREXAS: Santuario da Peneda, San Bento da Porta Aberta, Bom Jesus do Monte, mosteiro de Pitôes das Júnias…

Restos do mosteiro de Pitões das Junias

Page 99: Parque Nacional Peneda Gerês

PONTES: Castro Laboreiro, Cava da Velha (Mezio), Dorna, A Peneda, Soaxo, Río Cabril (Cabril), Eíxões (Campo do Gerês), Mizarela (Ferral, Montalegre)...

Ponte sobre o río Mouro (Lamas de Mouro).

Ponte Cava da Vella, sobre o río Castro Laboreiro (Assureira).

Pontella en Portos (Castro Laboreiro).

Page 100: Parque Nacional Peneda Gerês

HÓRREOS/ESPIGUEIROS: Vilameá, Soajo, Lindoso, Cidadelhe, Parada...

Soajo

Lindoso

Page 101: Parque Nacional Peneda Gerês

FORNOS COMUNAIS: Tourem, Ameijoeira,

Forno en Ameijoeira

Page 102: Parque Nacional Peneda Gerês

CASAROTAS/CURRAIS: (Refuxio de pastores)Curral do Mouro, Pión de Paredes, Portela da Amoreira, Curral do Marabaixo, Curral da Carballa...

Os Carríns

Curral da Malhadoura (A Emida)

Page 103: Parque Nacional Peneda Gerês

FOXOS DO LOBO: Construcións para cazar lobos.Branda de Corvelas, Cabreiro, Sistelo e A Peneda (Serra da Peneda), Fafiao, Portela da Farra (Parada), Pitões das Junias...

Pitões das Junias

Fafião

Page 104: Parque Nacional Peneda Gerês

ALBARIZAS OU SILHAS DOS URSOS: Estruturas de pedra que protexen os cortizos. As producións das abellas, que aproveitan a gran cantidade e variedade de flores que producen os matos, son unha achega para a economía das persoas que viven nestas áreas.Silhas do Moninho, Sarillão, Várcea, Xertelo, Lapela...

Lapelas

Page 105: Parque Nacional Peneda Gerês

CASTELOS: Lindoso, Castro Laboreiro, Covide...

Castro Laboreiro

Lindoso

Page 106: Parque Nacional Peneda Gerês

EXPLOTACIÓNS MINEIRAS: Especialmente para a explotación do volframio, moi activas durante a II Guerra Mundial, pecharon definitivamente na década de 1970.

Os Carríns (Serra do Gerês)

Page 107: Parque Nacional Peneda Gerês

MUÍÑOS HIDRÁULICOS: Na maioría dos ríos do espazo: Cabril, Paredes do Río...

Conxunto etnográfico de Paredes do Río

Page 108: Parque Nacional Peneda Gerês

LAGARES DE ACEITEPara moer as olivas.Santa Ane, As Olas-Vilaboa, Pincães...

As Olas (Portugal)

Page 109: Parque Nacional Peneda Gerês

Fonte, pía e lavadoiro en Paredes do Río

Page 110: Parque Nacional Peneda Gerês

BRANDAS: As brandas eran asentamentos habitados durante o verán mentres se mantiña o gando nas partes altas da serra, aproveitábase para facer cultivos de verán destinados a alimento das persoas ou dos animais. Actualmente algúnhas son residencias permanentes. O resto do ano habitaban nas inverneiras (asentamentos de máis baixa altitude).

Brandas de Portos (Castro Laboreiro)

Page 111: Parque Nacional Peneda Gerês

Pitóes das Junias (Montalegre)

Page 112: Parque Nacional Peneda Gerês

Cainheiras (Castro Laboreiro)

Page 113: Parque Nacional Peneda Gerês

Castro Laboreiro desde o Penedo Grande

Page 114: Parque Nacional Peneda Gerês

PROBLEMASIncendios forestais, asolagamento de terreos polos encoros, liñas de alta tensión, abandono do rural (emigración), extinción de especies, especies invasoras...…Debido ás cortas, ao antigo costume de realizar queimas para a creación de pastos para o gando e ao intenso pastoreo, estas serras sufriron xeneralizados procesos erosivos que, ao longo dos séculos, provocaron enormes perdas de solo e afloramento dun substrato pétreo descarnado.

Page 115: Parque Nacional Peneda Gerês

INFORMACIÓN VISITANTES, MUSEOSParque Natural Peneda-Gerês: varias Portas do Parque: Lamas de Mouro, Mezio, Lindoso, Campo do Gerês, Paradela e Montalegre.Ecomuseo: Barroso (Gerês)Museo etnográfico da auga: Paredes do Río (Gerês)Centro de Educación Ambiental: Vidoeiro (Gerês)

Centro de visitantes e museo na Porta de Campo do Gerês

Page 116: Parque Nacional Peneda Gerês

ITINERARIOS DE INTERESE NATURAL, PAISAXÍSTICO, HISTÓRICO-ETNOGRÁFICO...Por todo o territorio do parque hai numerosas trilhos ou rutas sinalizadas de diferentes temáticas e dificultades.

As “mariolas” son moreas de pedras que se empregan para indicar os roteiros.

Page 117: Parque Nacional Peneda Gerês

Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta, Luchi LeiroXullo 2016

Mariola camiño do Pé do Cabril