pecha a tempada da filharmÓnica guadi galego · 2020. 12. 3. · un regalo inesperado porque cando...

24
Exemplar gratuíto #150 Guadi Galego NO PAZO DA CULTURA MÚSICA A soprano Francesca Aspromonte PECHA A TEMPADA DA FILHARMÓNICA MÚSICA O sister! NO TEATRO JOFRE GUÍA DE CULTURA, SERVIZOS E OCIO EN FERROLTERRA DECEMBRO 2020

Upload: others

Post on 26-Mar-2021

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PECHA A TEMPADA DA FILHARMÓNICA Guadi Galego · 2020. 12. 3. · Un regalo inesperado porque cando nos dixeran que a obra Bernarda tiña catro nominacións foi en marzo, cando tocou

DECEMBRO 2020 | 1

propostas

Exem

plar

gra

tuíto

#150

GuadiGalegoNO PAZO DA CULTURA

MÚSICA

A soprano Francesca AspromontePECHA A TEMPADA DA FILHARMÓNICA

MÚSICA

O sister!NO TEATRO JOFRE

GUÍA DE CULTURA, SERVIZOS E OCIO EN FERROLTERRA DECEMBRO 2020

Page 2: PECHA A TEMPADA DA FILHARMÓNICA Guadi Galego · 2020. 12. 3. · Un regalo inesperado porque cando nos dixeran que a obra Bernarda tiña catro nominacións foi en marzo, cando tocou

2 | DECEMBRO 2020

EVA VEIGA (poeta): Aí sempre está o mundo que nos rodea. Dar conta significativa del, ou sexa informar do que aí acontece, é unha das actividades máis necesarias e fundamentais para o saudable desenvolvemento dunha sociedade. Sobre todo se se fai dende un exercicio honesto e comprometido coa realidade e libre de espurios intereses. Non podemos, pois, menos que dar os parabéns a esta revista -AÍ- e ao seu equipo por estes 150 números de servizo impagable á nosa comarca.

XOSÉ MARÍA DOBARRO (profesor e crítico). Non sempre 20 páxinas dan para tanto. Ese é o espazo no que con atinadas pinceladas a revista AÍ dá conta, case milimétrica, do acontecer cultural de Ferrolterra. Unha utilísima guía. Parabéns polos 150 números tirados, que han ser, teñen que ser, moitos máis.

CARME ROMERO E FRANCISCO PÉREZ PORTO (ceramistas): AÍ estivo ao longo de 150 números a prol da cultura aínda neste 2020. Pregamos que siga a alimentar os nosos miolos e o corazón con máis arte, cultura e bo facer. Que a cultura non se axeonlle, adiante con ela!

ROGER DE FLOR (músico): Se o traballo da revista AÍ simplemente como medio de difusión da cultura feita en e desde Ferrol xa é encomiábel, ben podemos afirmar, se a isto lle sumamos os grandes achados coas estupendas entrevistas a creadores de Ferrolterra e as excelentes recomendacións de novidades literarias e musicais, que a súa labor é impagábel e de necesidade básica para esta cidade e a comarca. E quen diga o contrario é un larchán. Longa vida á revista Aí!

LEANDRO LAMAS (artista). Muitos parabéns por estes 150 números nos que visualizades (que tan necesario é) a oferta cultural da nosa comarca

PEPE CUNHA (crítico e dinamizador musical) AÍ! Queremos ver o que acontece culturalmente na comarca. Nunha revista que nos fale das nosas artistas e iniciativas varias. Mais tamén algunha recomendación alén do local. En 150 números atopamos información útil, por iso queremos que sigades AÍ!

LUIS SOLANO (editor de Libros del Asteroide). Incluso para os que non vivimos AÍ sodes una referencia para estar sempre ao día do que acontece. Parabéns por estes 150 números e a por moitos máis. Apertas desde Barcelona.

CHELO LOUREIRO (produtora de cine): Nestes momentos só podo dicir que a cultura é un ben de primeira necesidade e que ogallá, como en Francia, neste país a defendamos cos recursos públicos que merece porque é sanadora. E quen vos adicades a achegar á xente as voces da cultura sodes imprescindibles. Os meus parabéns para AÍ, esta publicación da que temos a sorte de contar en Ferrolterra por acadar este número 150. Sodes a resistencia, seguide resistindo e aos poderes públicos e privados, que vos apoien porque paga a pena. Sodes sanadores.

ALICIA SEOANE (Fotógrafa e xornalista). Atopar a revista AÍ mentres tomas un cafecito e descubres algún evento que merece a pena e ao que te presta asistir… sempre é un pracer. A comunicación en cultura é imprescindible se queremos que siga a haber público. Por moitos máis números, noraboa!!

parabénspa-ra-

béns

Page 3: PECHA A TEMPADA DA FILHARMÓNICA Guadi Galego · 2020. 12. 3. · Un regalo inesperado porque cando nos dixeran que a obra Bernarda tiña catro nominacións foi en marzo, cando tocou

DECEMBRO 2020 | 3

propostas

XURXO SOUTO (escritor, músico, axitador cultural). Como todos os rapaces de Monte Alto, sempre sentín unha admiración especial por Ferrol. Marabilla escondida ao outro lado do mar, alén do monte do Faro. Despois tiven a sorte de ir moitas veces, e mesmo cantar consignas cos Diplomáticos: “Opa Ferrol! Todos con Pachara!”. Agora sempre estou en Ferrol, porque habito nesta páxina da revista AÍ. Parabéns polos cento cincoenta números. Moitas grazas por tanto privilexio.

JOSÉ PRIETO (dramaturgo). Se non existirán os medios que informan e falan das actividades artísticas, os artistas serían invisibles. AÍ leva 11 anos repartidos en 150 números existindo, resistindo e facéndonos existir. A miña existencia depende de xente como vós. Parabéns, grazas e tomade o que queirades e seguide existindo. Por favor, que non desapareza, en serio, aínda que repita tanto o de existir.

E D I T O R I A L

Aí estamos150 números non son (só) 150 números. Son 150 números e 150 feixes de recomendacións, suxestións e (dito así sen modestia ningunha, que para iso estamos de aniversario) acompañamentos.

A o fin e ao cabo diso vai este xénero tan invisible, pero necesario, das guías de ocio: de dicir “bótalle unha ollada a esta obra de teatro”, “lembra que mañá podes mercar

as entradas deste concerto” ou “se vas a estar só na ponte aquí van unhas cantas cousas nas que podes ocupar o tempo”. E todo sen molestar nin resultar intrusivo. Simplemente estando “aí”, como ben indica o nome da revista. Dun xeito case diríamos que maternal, como unha nai que saca a cabeza polo outro extremo do corredor para lembrarnos que fóra vai frío.

Porque “aí” é onde un se senta a meditar sobre con que actividades colorear o tempo libre: nas barras dos bares, nas salas de espera. Nos lugares do común, que por non ser de ninguén son un pouco de todos.

As revistas de actualidade pertencen a un capital simbólico incorpóreo (o tempo) e atópanse onde un vaia mercalas. As guías de ocio, por contra, afiánzase sobre a proximidade física; non esperan por nós ao final dun camiño concreto senón que simplemente aparecen, porque están “aí”, como aí están as flores ou as árbores ou outras moitas cosas das que teñen raíz.

E nese negocio (o de estar aí) levamos xa 150 números e pretendemos seguir outros 150 e os que presten. Aparecendo nos sitios, dando cor e, sobre todo, compañía. Enchendo tempos mortos e aportando o noso sen moita solemnidade, encolléndonos de ombros, pechando os ollos e rematando calquera recomendación, calquera pista, cun aceno de “a ver, era só unha idea”.

Porque importancia é mellor non darnos moita salvo en días como hoxe, nos que toca celebrar. E onde? Pois ben: aquí.

PORQUE “AÍ” É ONDE UN SE SENTA A MEDITAR SOBRE CON

QUE ACTIVIDADES COLOREAR O TEMPO LIBRE: NAS BARRAS

DOS BARES, NAS SALAS DE ESPERA. NOS

LUGARES DO COMÚN, QUE POR NON SER

DE NINGUÉN SON UN POUCO DE TODOS.

pa-ra-

béns

Page 4: PECHA A TEMPADA DA FILHARMÓNICA Guadi Galego · 2020. 12. 3. · Un regalo inesperado porque cando nos dixeran que a obra Bernarda tiña catro nominacións foi en marzo, cando tocou

4 | DECEMBRO 2020

entrevista

AÍ. Parabéns polo premio María Casares. Que supón para ti este recoñecemento?CG. Un regalo inesperado porque cando nos dixeran que a obra Bernarda tiña catro nominacións foi en marzo, cando tocou o confinamento e se paralizou toda a vida da xente. Eu xa me esquecera que era candidata con todo o que veu despois, semellante acontecemento que aínda estamos a vivir, e no mes de setembro coa reapertura e o regreso ás actuacións volvo acordarme de que iso estaba aí. E xa, uns días antes de facelo oficial nunha gala tan pouco habitual, me chaman para darme a noraboa. A min e ao resto do equipo, á compañía Malasombra como espectáculo, e a José Prieto como director e autor do texto. Foi abraiante como podes imaxinar. Moita chamada telefónica e moita rede social, pero fíxome especial ilusión que me concederan o premio pola miña familia.

AÍ. Continuades actuando con Bernarda, non?CG. Si, estreárase en Narón no seu día, paramos cando o confinamento e retomamos neste último trimestre. Está a funcionar moi ben. Pola comarca volveremos a Neda e Valdoviño en primavera.AÍ. É a mellor obra na que actuaches?CG. Desde logo que é a obra que máis satisfaccións me está a dar na miña carreira. Xa cando comezaramos os ensaios notábase que había algo especial, que era algo moi ilusionante. E a xente o está a notar, ese conflito entre xeracións no que tanta xente pode sentirse identificada. Ese conflito entre tres mulleres, con Esther Aja e Luisa Merelas no escenario comigo, e esa capacidade dunha obra de xerar discusións, de ser unha historia dramática pero por outra banda alternar coa risa para desafogar, algo que tan ben sabe facer José Prieto.

AÍ. Como ves a situación do teatro, cos problemas da COVID-19?CG. Fóra do limitado dos aforos, estanse a tomar unhas precaucións lóxicas, pero vexo moita seriedade no traballo, cunhas medidas de seguridade coas que a xente pode estar tranquila como espectadora,

CeliaGonzálezA actriz naronesa Celia González vén de ser galardoada co premio María Casares á mellor actriz secundaria da escena galega pola obra “Bernarda”. Saída da fecunda canteira local, Celia pon en valor o traballo feito polo teatro en Narón e por unha aposta cultural que sempre remata dando os seus froitos.

TEXTOS: Nicolás Vidal | FOTO: Duplex Cinema

Page 5: PECHA A TEMPADA DA FILHARMÓNICA Guadi Galego · 2020. 12. 3. · Un regalo inesperado porque cando nos dixeran que a obra Bernarda tiña catro nominacións foi en marzo, cando tocou

DECEMBRO 2020 | 5

propostas

igual que nós no noso traballo sobre o escenario. AÍ. Comezaches na Escola de Teatro de Narón e agora es unha das súas profesoras. É como pechar un círculo, non?CG. Si, comecei en 2003 para probar e por curiosidade, sen coñecer nada deste mundo aínda que sempre fun moi

cinéfila. Enseguida me enganchei, probei e xa non fun capaz de saír. Logo pasei pola ESAD en Vigo, daquela coñecín xa o mundo profesional coa chamada de Celso Parada para Saltimbanquis e aí me enganchei. Agora si, son profesora e xefa de estudos en Narón. Ten graza porque este ano nos premiaron nos María Casares a min, que son xefa de estudos, e a Flor Maceiras, que é a directora da escola. Estamos a tope.AÍ. E a actual experiencia como docente como a valoras?CG. Pois cheguei de casualidade pero é un mundo que me encanta e no que aprendo moito. Vendo apréndese. E por certo, tamén tomando moitas medidas de seguridade cos grupos de traballo e o alumnado.AÍ. Hai anos protagonizaches con Paula Morado Jolidais, unha comedia en vídeo de José Prieto que aínda pode verse na rede. Non repetiches moito no audiovisual, non?CG. A verdade é que non, só cousas moi puntuais nalgunha serie. A verdade é que é un mundo que descoñezo profesionalmente, pero

tampouco o boto moito de menos.AÍ. Hai dúas afeccións que practicaches e agora xa non tanto, como a música e a fotografía. Que gardas delas?CG. Si, a música xa non en forma de espectáculos con “Saltimbanquis” ou “Os Rockenstein”, senón tocando o clarinete. De algo tiñan que valer as clases escolares. Cheguei ata grao medio no Conservatorio e alí o deixei. O da fotografía foi máis puntual.AÍ. Que pasa coa escola de Narón, que se converteu en canteira que exporta talento?CG. Non hai moito segredo, o talento aparece onde se aposta e inviste en que o haxa, como foi o caso do Concello de Narón. De aí saen os froitos, os resultados sempre chegan. Non hai máis talento aquí que en Cáceres ou noutros sitios de Galicia, pero si que hai un proxecto.AÍ. Falando de proxectos, cal son os teus máis inmediatos?CG. Seguir movendo “Bernarda” por toda Galicia e intentar saír por aí fóra co espectáculo. Xa se está a traducir ao castelán. A ver se hai sorte e nos deixan saltar o perímetro.

“CANDO SE INVISTE EN CULTURA OS BOS RESULTADOS SEMPRE CHEGAN”

“ESTE ANO PREMIÁRONNOS A MIN E A FLOR MACEIRAS. EN NARÓN ESTAMOS A TOPE”

entrevista

Page 6: PECHA A TEMPADA DA FILHARMÓNICA Guadi Galego · 2020. 12. 3. · Un regalo inesperado porque cando nos dixeran que a obra Bernarda tiña catro nominacións foi en marzo, cando tocou
Page 7: PECHA A TEMPADA DA FILHARMÓNICA Guadi Galego · 2020. 12. 3. · Un regalo inesperado porque cando nos dixeran que a obra Bernarda tiña catro nominacións foi en marzo, cando tocou

DECEMBRO 2020 | 7

propostas

05sábado 20.00 H

JUANADanzaPAZO DA CULTURA (NARÓN) 14 €

A ÚLTIMA CREACIÓN DA COMPAÑÍA DE DANZA CONTEMPORÁNEA LOSDEDAE EXPLORA OS CICLOS DA NATUREZA SALVAXE E PROFUNDA DA MULLER.

Con textos de Juan Carlos Rubio e Mariña Seresesky, viaxaremos a través das vidas de mulleres como A Papisa Juana, Juana “La Loca”, Sor Juana Inés de la Cruz ou Juana de Arco, quen ademais de compartir nome, deixaron na nosa civilización os vestixios da súa historia, imaxes de empoderamento feminino que permanecen como referentes na memoria colectiva. Losdedae é unha das compañías de maior relevancia en España, con 20 anos de traxectoria e máis de 40 producións propias.

10 xoves 21.00 H

SU GARRIDOMúsicaCENTRO CULTURAL TORRENTE BALLESTER (FERROL) 3 €

CANTANTE, GUITARRISTA E COMPOSITORA, O SEU ESTILO MUSICAL INTIMISTA ABRANGUE DISTINTOS XÉNEROS CON MATICES DE BOSSA NOVA E FOLK.

A esta galega acompáñana nos directos a súa guitarra e os seus pedais de efectos. En 2018 publicou o seu primeiro álbum en solitario: “Quedo a vivir aquí”, e obtivo o primeiro premio no Concurso Narf da Deputación de A Coruña. En 2019 gañou o Martín Códax na categoría de Música de Autora.

04 venres 18.30 H

O TESOURO DE BARRACUDATeatro InfantilC.C. TORRENTE BALLESTER (FERROL)

A compañía andaluza A La Sombrita ofrece un espectáculo de teatro de sombras contemporáneo baseado na novela do mesmo título de Llanos Campos (Premio barco de Vapor 2014). Conta as aventuras de Chispas, un grumete de 11 años a bordo do Cruz del Sur.

04venres 20.30 H

PUTA REALIDADETeatroTEATRO JOFRE (FERROL) 8 €

BUCANERO ESTREA OBRA. ESCRITA POLA DRAMATURGA FERROLÁ CARMEN BLANCO, ANÚNCIANA COMO “UNHA HISTORIA DE AMOR DE PERDEDORES”.

Dirixida por Alejandro Albaceita, Puta realidade é unha coprodución de Manarte, Bucanero e Teterella Teatro, as dúas últimas compañías moi vencelladas á comarca. Tamén o elenco é local: Xosé Bonome, Pedro Picos, Sabela Hermida e Carmen Blanco. A escrita de Blanco é sempre fresca e divertida, e neste caso ofrécenos un cóctel de sexo, diñeiro, stripers, fustas, perversións varias e asasinatos entre os que, aínda que pareza mentira, xurde o amor.

Page 8: PECHA A TEMPADA DA FILHARMÓNICA Guadi Galego · 2020. 12. 3. · Un regalo inesperado porque cando nos dixeran que a obra Bernarda tiña catro nominacións foi en marzo, cando tocou

8 | DECEMBRO 2020

propostas

11venres 20.30 H

TANXUGUEIRASMúsicaPAZO DA CULTURA (NARÓN) 9,50 €

GAÑADORAS DOS PREMIOS MARTÍN CODAX E MIN EN 2019, TANXUGUEIRAS INCREMENTAN AS REVOLUCIÓNS DO FOLK GALEGO. PRESENTAN O SEU ÚLTIMO DISCO: CONTRAPUNTO.

Voces, pandeiretas e luz na súa versión máis ousada. O esencial da música tradicional sobre o escenario cunha potencia que só acadan Tanxugueiras. En directo, Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío, acompañadas das percusións de Isaac Palacín (Berrogüeto, Guadi Galego), conectan co público a través da súa naturalidade e enerxía. A interpretación ao vivo dos novos temas gaña agora en presencia e teatralidade para dar forza ao relato que transmiten as súas letras. E fano sen perder esa ledicia contaxiosa pola que as recoñece o público.

11 venres 20.30 H

BOHEMIOSMúsicaCASA DA CULTURA (VALDOVIÑO)

Vintecinco voces masculinas e trece instrumentistas de corda compoñen a Agrupación Artística Bohemios, unha rondalla veterana que garda as esencias da música popular desde 1988.

11venres 20.30 H

O FURANCHOTeatroTEATRO JOFRE (FERROL) 8 €

SEMPRE NA VANGARDA, MARIÁN BAÑOBRE E ISABEL RISCO PRESÉNTANNOS O FURANCHO. UNHA NOVA APOSTA EMPRESARIAL QUE CHEIRA A ÉXITO.

Sobre un texto de Santiago Cortegoso, as dúas actrices convidan a consumir o excedente de viño e gozar dun espazo de comuñón e complicidade nunha comedia hilarante. No Furancho Spa resort vitivinícola Rosalía de Castro ofrecen tratamentos de beleza e saúde baseados na viñoterapia. Ao fin, o corpo humano é unha parra que se expande. Risco e Bañobre cruzan as sementes das cepas máis exquisitas para atopar a combinación perfecta que che aporte relax e benestar.

Page 9: PECHA A TEMPADA DA FILHARMÓNICA Guadi Galego · 2020. 12. 3. · Un regalo inesperado porque cando nos dixeran que a obra Bernarda tiña catro nominacións foi en marzo, cando tocou

DECEMBRO 2020 | 9

propostas

S0520:00 h

DANZA CONTEMPORÁNEALOSDEDAE-AITANA

JuanaTodos os públicos

14,00/9,80 €

V1120:30 h

MÚSICA FOLK-TRADICIONALTANXUGUEIRAS

ContrapuntoTodos os públicos

9,50/6,65 €

S1220:00 h

TEATRO CONTEMPORÁNEOIBUPROFENO TEATRO

O mel non caducaAdultos

9,50/6,65 €

V1820:30 h

MÚSICA POP-INDIEGUADI GALEGO

InmersiónTodos os públicos

9,50/6,65 €

S1920:00 h

TEATRO-DOCUMENTOEL PAVÓN TEATRO KAMIKACE

JauríaAdulto

14,00/9,80 €

M2320:30 h

MÚSICATHE PROJECT MUSIC COMPANY

John Lee Sanders & The Gospel MessengersTodos os públicos

12,00/8,40 €

S2620:00 h

MÚSICAGARUFA BLUE DEVILS BIG BAND CON SITO SEDES

SiboneyTodos os públicos

9,50/6,65 €

D2718:00 h

MÚSICA INFANTILUXÍA LAMBONA E BANDA

Astronauta sideralFamiliar e infantil (+ 6 años)

14,00/9,80 €

DECEMBROpropostas

PROGRAMACIÓN

2020facebook/padroadodeculturaconcellodenaron Máis información en: www.padroadodacultura.es

Page 10: PECHA A TEMPADA DA FILHARMÓNICA Guadi Galego · 2020. 12. 3. · Un regalo inesperado porque cando nos dixeran que a obra Bernarda tiña catro nominacións foi en marzo, cando tocou

10 | DECEMBRO 2020

propostas

12sábado 20.30 H

O SISTER!MúsicaTEATRO JOFRE (FERROL) 10 €

NOBODY CARES É O QUINTO TRABALLO DISCOGRÁFICO DO GRUPO SEVILLANO DE SWING.

Vellos coñecidos dos afeccionados ferroláns, O Sister! é un grupo que recrea a idade de ouro do jazz vocal, a música popular dos anos 20 nos USA. Tras xirar por Nova Orleáns hai uns anos e tras unha década de investigación e exploración, compoñen os seus propios temas con arranxos moi creativos e xa non se limitan a homenaxear aos grupos femininos daquela época.

12sábado 18.00 H

O MEL NON CADUCATeatroPAZO DA CULTURA (NARÓN) 9,50 €

IBUPROFENO TEATRO PLANTEA UNHA REFLEXIÓN SOBRE A OBSOLESCENCIA PROGRAMADA E O NOSO ESTILO DE VIDA CONSUMISTA E VORAZ.

Nesta distopía escrita por Santiago Cortegoso, uns científicos tentan recuperar (no ano 2173) unha especie desaparecida (a abella) a partir do único bote de mel que existe no mundo, entre outras tramas que se entrecruzan e dan pé, humorística e dramáticamente, a unha fonda reflexión sobre o capitalismo.

Pinturas e impermeabilizaciónsFachadas e terrazasCanalóns e cubertasAplicacións industriais

Ctra.de San Pedro de Leixa, 38 15405, Ferrol (A Coruña)

Tf: 881 952 [email protected]

www.camogasl.com/pimfer

Page 11: PECHA A TEMPADA DA FILHARMÓNICA Guadi Galego · 2020. 12. 3. · Un regalo inesperado porque cando nos dixeran que a obra Bernarda tiña catro nominacións foi en marzo, cando tocou

DECEMBRO 2020 | 11

propostas

17 xoves 21.00 H

STRANGE MYSTERY FLOWERMúsicaC.C. TORRENTE BALLESTER (FERROL) 3 €

R0GELIO E AMPARO ARIAS PRESENTAN O SEU NOVO PROXECTO

Dez poemas de William Blake musicados pola parella e os seus colaboradores: escritos místicos en torno aos anhelos do ser humano e o seu papel no mundo, a harmonía coa natureza, e unhas pingas de mordacidade.

18venres 20.30 H

GUADI GALEGOMúsicaPAZO DA CULTURA (NARÓN) 9,50 €

A PANDEMIA IMPEDIU QUE O CONCERTO DE PECHE DA XIRA DO SEU DISCO IMMERSIÓN SE CELEBRARA NO DÍA PREVISTO, E AGORA COINCIDE CO LANZAMENTO DO NOVO TRABALLO: COSTURAS.

Guadi Galego é unha das artistas máis relevantes da escena galega actual, aclamada por crítica e público ao tempo. Co seu disco Immersión foi galardoada co Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado 2020 e neste ano acadou de novo o Premio Martín Códax da Música á Mellor Artista na categoría de indie/pop.

Page 12: PECHA A TEMPADA DA FILHARMÓNICA Guadi Galego · 2020. 12. 3. · Un regalo inesperado porque cando nos dixeran que a obra Bernarda tiña catro nominacións foi en marzo, cando tocou

12 | DECEMBRO 2020

propostas

Paco Rivas (Cervo, Lugo) é filólogo e escritor. Como creador poético é autor de Cantaruxos do meu mar e outras cantigas (1999), De ti, perdidamente (2002), Palavras Perdudas (2007), Entre Nois e Pena Orxal (2009), Camiñante de ningures (2012) e Traca-traco. 24 cantigas de nanar, un aloumiño e un arrolo (2015). Como lingüista e lexicógrafo, Expresións e ditos Populares da Área Mindoniense (1992), A Gheada no Concello de Ordes (1992), Fraseoloxía do mar na Mariña luguesa (2000), Dicionario Fraseolóxico do mar. Así falan os mariñaos (2005), De punta a chicote. (2015), Entre o abalo e a zaranda (2016) e De Ribadeo ao Barqueiro, navegando a son de mar (edicións Embora, 2019). Do ano 2018 son o libro de relatos Mar…Usía e o poemario infantil, Picaraxadas. En 2019 publicou O Paraugas na raiola e outros relatos.

Últimos títulos publicados:

Suso ListaSalseirosCarlos LópezRaros e curiososVV. AA.Contos de tabernaConcha BlancoO balcón do meu universoXesús ConstelaApoteose das perchasSuso ListaXeixosVicente AraguasAgora xa foiPere TobaruelaA teoría dos contrariosMaría CanosaDisParoManuel LópezTres balasRamón CarideTerra queimadaAntonio Manuel FragaA virxe das areasSuso ListaCharamuscasConcha BlancoO medo é libreFarruco GrañaBadaladas de AnllónsMiguel Mato FondoAdeus, capitán WaltonXesús ConstelaLisa deitadaHenrique DacostaA Rota do OesteRamón CarideHistorias (in)certas

No lousado a cheminea non cansara de chorar charamelas.

O paxaro da morte aniñara nela os laios.

Deixaron a lúa no poxigo… abrindo unha gateira na porta. A estrela deitou as derradeiras bagullas de orballo… nunha roseira.

edicións emboraNARRATIVA

ee

A lú

a n

on e

ra lú

aP

aco

Riv

as

edicións emboraNARRATIVA

Paco Rivas

A lúa non era lúa

edic

ións

em

bora

edi

ción

s em

bora

edi

ción

s em

edic

ións

em

bora

edi

ción

s

ESCAAutor: Antonio Piñeiro

GRANDES RECEITASAutor: Daniel ViétiezIlustradora: Iria Iglesias

CANTAREAS DO FAROAutor: Miguel Anxo RomeroIlustrador: Leandro Lamas

V DE BESTIARIOAutor: Ramón Caride Ilustrador: Lois G. Magariños

A LÚA NON ERA LÚA:Autora: Paco Rivas

A PEQUENA COMPAÑAAutor: Carlos LabrañaIlustrador: Óscar Villán

NANA PARA UN SOLDADOAutor: Pepablo PatinhoIlustrador: Nuria Díaz

O ASASINATO DA PROFESORA DE XEOGRAFÍAAutor. Pere Tobaruela

CONTRAHISTORIAS DE GALICIAAutor: Antonio ReigosaIlustradora: Rita Gutiérrez

Page 13: PECHA A TEMPADA DA FILHARMÓNICA Guadi Galego · 2020. 12. 3. · Un regalo inesperado porque cando nos dixeran que a obra Bernarda tiña catro nominacións foi en marzo, cando tocou

DECEMBRO 2020 | 13

propostasFerrol,a minhaterra(versos ferroláns)

Recolle este libro dezaoito composicións poéticas de don Ricardo Carvalho Calero escritas en diferentes tempos e lugares e con diferencias ortográficas que se respectan escrupulosamente. A selección dos poemas é responsabilidade do catedrático Xosé María Dobarro e as ilustracións son obra de Calros Silvar. Ambos os dous, como don Ricardo, ferroláns.

edicións emborawww.edicionsembora.es

ISBN 978-84-17824-37-2

P.V.P. 12 €

edicions-embora @edicionsembora

RICARDO CARVALHO CALERO

Ferrol,a minhaterra(versos ferroláns)

Selección de Xosé María Dobarroilustracións de calros silvar

RICA

RDO

CARV

ALHO

CAL

ERO

Fer

rol,

a mi

nha

terr

a (v

erso

s fer

rolá

ns)

edicións embora

Suso Lista Neira (Corme, 1.962)Pasou a súa infancia entre Corme e a Universidade Laboral de Cheste (Valencia) na que estivo internado desde os 11 ata os 14 anos para cursar a desaparecida EXB. Con 16 anos embarcou como mariño mercante e percorreu toda Europa e o Norte de África. Aos 25 anos deixou a maleta de navegante atlántico para se instalar definitivamente en Corme e traballar como percebeiro. É actor, guionista, director radiofónico e docente teatral.Participou en series de TV como Mareas vivas, Padre Casares e Libro de familia ou películas como Celda 211. Desde 2.009 exerce de actor e guionista da serie de curtametraxes Para mariñeiros, nós. En Radio Roncudo dirixiu o programa cultural O Embigho da Fin do Mundo.No ano 2.013 gañou o Premio da Audiencia do VII Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural da Radio Galega coa obra O demo nunca dorme. En 2.014 publicou Salseiros. Foi seleccionado entre os mellores libros do ano polos lectores da web Fervenzas Literias e resultou finalista do Premio Ánxel Casal ao mellor libro de ficción que concede a Asociación Galega de Editores. En 2.015 publicou Xeixos.

Últimos títulos publicados:

Carlos LópezRaros e curiososVV. AA.Contos de tabernaConcha BlancoO balcón do meu universoXesús ConstelaApoteose das perchasSuso ListaXeixosVicente AraguasAgora xa foiPere TobaruelaA teoría dos contrariosMaría CanosaDisParoManuel LópezTres balasRamón CarideTerra queimadaAntonio Manuel FragaA virxe das areasSuso ListaCharamuscasConcha BlancoO medo é libreFarruco GrañaBadaladas de AnllónsMiguel Mato FondoAdeus, capitán WaltonXesús ConstelaLisa deitadaHenrique DacostaA Rota do OesteRamón CarideHistorias (in)certasPaco RivasA lúa non era lúa

Vit laccus sus et od estiorrum ipid quodignam nobit vero torro et aut rehenihit et eiumque pelignitaqui dolecus si niaectam, cus comnis rerum quaspero moloreribus ut et ulpa doloriam non pellit quibust, con conseque et a quias volupta num que dolo blaceru ptatur res is doloriat essum everate mporecu lparuptatem quibus et maiorero doluptatiam quo to earumenisci conest vero cumenduciam is conse et et quia explaborrum, ulluptas qui doluptation ratur, ommolup tatur?Met et, optam, to vidus.Dolor sit liaturese elenis rerum quis dolupta quae volupta ersperumqui tes senime officat volorunt facerchilia corpore sequati doluptas mil molorum, nonse seniminus serorepere volum adi berovit lam, sitate officilis que volecep erchicabo. Et vene di nam, te dentotas dent fugit, il estis alis et millaboreic temque poritat intenis rerisci mpeles ducimus saepta dit, volliqui ut el ilique eumquia quias eos quamenda debitem hillest lant audi di sequiatur?Citaquiatem ipsum solo ium, nis rehent officatia vellibu sciendandio. Itatqui aernam rerchicit quia ipsum et et porepudam ad qui num dolores erition sequate mporem in experfero blaut occuptiorem voluptae. Hilitatis

edicións emboraNARRATIVA

ee

Com

o a

roda

do

mu

íño

Su

so L

ista

edicións emboraNARRATIVA

Suso Lista

Como a roda no muíño

ULISES

edic

ións

em

bora

edi

ción

s em

bora

edi

ción

s em

edic

ións

em

bora

edi

ción

s

COMO A RODA NO MUÍÑOAutor: Suso Lista

AS PITAS BAIXO A CHOIVAAutor: Ricardo Carvalho Calero Ilustrador: Alberto Toval

PREFIRO AS DE CHOCOLATEAutora: Cristina JustoIlustradora: María Brenn

HISTORIAS (IN)CERTASAutor: Ramón Caride

OFICIOS E PROFESIÓNS POEMAS SONAutora: Concha BlancoIlustradora: María Brenn

PEQUENA HISTORIA DA CORUÑAAutor: Xosé Alfeirán Ilustrador: Xosé Tomás

A CONTRAPELO:Autora: Bel Olid

FERROL, A MINHA TERRAAutor: Ricardo Carvalho Calero Ilustrador: Calros Silvar

FASCISMO ETERNOAutor: Umberto Eco

Page 14: PECHA A TEMPADA DA FILHARMÓNICA Guadi Galego · 2020. 12. 3. · Un regalo inesperado porque cando nos dixeran que a obra Bernarda tiña catro nominacións foi en marzo, cando tocou

14 | DECEMBRO 2020

propostas

19sábado 20:00 H

JAURÍATeatroPAZO DA CULTURA (NARÓN) 14 €

TEATRO DOCUMENTO QUE FUNDAMENTA A SÚA DRAMATURXIA NUN FEITO REAL. NESTE CASO, O XUÍZO POR VIOLACIÓN DE LA MANADA.

Escrita por Jordi Casanovas e dirixida por Miguel del Arco, a obra está montada a partir das transcripcións do xuízo e as declaracións de acusados e denunciante nos medios de comunicación. Jauría recibiu o Premio Cultura contra a Violencia de Xénero en 2019. Para Miguel del Arco “o caso da manada sacou á luz algo que nos afecta a todos como individuos e sobre o que é necesario reflexionar”.

18venres 20.30 H

IN NOMINE DOMINIMúsicaAUDITORIO DE FERROL 15 €

A REAL FILHARMONÍA DE GALICIA, DIRIXIDA POR ENRICO ONOFRI, OFRECE UN HOMENAXE AO PADRE CALO.

Organizado pola Sociedade Filarmónica Ferrolá, o concerto –coproducido coa Asociación de Amigos da Ópera de Santiago– contará coa voz solista da soprano Francesca Aspromonte. O programa inclúe o Concerto en Sol maior, RV. 151 “Alla rustica” e a Laudate Pueri Dominum en Do menor, RV. 600 de Vivaldi e a Sinfonía nº 84 en Mi b M “In nomine Domini”, de Haydn.

Page 15: PECHA A TEMPADA DA FILHARMÓNICA Guadi Galego · 2020. 12. 3. · Un regalo inesperado porque cando nos dixeran que a obra Bernarda tiña catro nominacións foi en marzo, cando tocou

DECEMBRO 2020 | 15

propostas

20domingo 12.30 H

CONCERTO CON FUSIÓNTeatro musicalTEATRO JOFRE (FERROL) 2 €

A COMPAÑÍA PÍSCORE FUSIONA MÚSICA, TEATRO, HUMOR, COMEDIA XESTUAL E CLOWN EN 50 MINUTOS DE DIVERTIMENTO.

O descobremento dunha marimba e de todas as súas posibilidades por catro músicos que non se coñecen entre si convirte que o que podía ser unha actuación desastrosa nun divertido exercicio de virtuosismo, cooperación e fusión musical. Concerto Con Fusión incorpora música latina, rock and roll, reggae, pop e música disco.

23mércores 20:30 H

JOHN LEE SANDERSMúsicaPAZO DA CULTURA (NARÓN) 12 €

CANTANTE, COMPOSITOR, PIANISTA, SAXOFONISTA E GUITARRISTA, JOHN LE SANDERS É UNHA DAS LENDAS MÁIS GRANDES DOS ÚLTIMOS 50 ANOS.

Crecido no corazón do Dixie (entre Tennessee, Mississippi, Alabama e Louisiana), John Le Sanders encarna o auténtico espírito do blues cunha boa dose de funk de Nova Orleans. A súa calidade e habilidade para o espectáculo, tocando o piano, o saxo ou a guitarra, emocionaron ao público de todo o mundo durante anos.Na actualidade acompáñano The Blues Messengers, con Akin Onasan-ya á batería, Nick Sullivan ao baixo, Pablo Hernández ao saxo alto e Gecko Turner á guitarra, teclados e percusión.

VENRES 1 1 DECEMBRO| 20 ,30 HACTUACIÓN DA AGRUPACIÓN BOHEMIOS

Casa da Cultura. Rede Cultural da Deputación. Retirada de

invitacións do 9 ao 11 de decembro na Casa da Cultura en

horario de 11 a 14 horas

DOMINGO 20 DECEMBRO| 18 ,30 HPRESENTACIÓN CALENDARIO MUNICIPAL E TEATRO CON DÍNAMO PRODUCIÓNS COA OBRA "POR VÍA ORAL"

Casa da Cultura. Rede Cultural da Deputación. Retirada de invitacións

do 15 ao 18 de decembro na Casa da Cultura en horario de 11 a 14 horas

DOMINGO 27 DECEMBRO| 18 ,00 HVOA, VOA! CON TALÍA TEATRO

Casa da Cultura. Público infantil e familiar. Retirada de invitacións

do 22 ao 23 de decembro na Casa da Cultura en horario de 11 a 14

horas

MARTES 1 DECEMBRO| 19 ,30 HINAUGURACIÓN EXPOSICIÓN PANTOQUE VÍA 2/SURFIN VALDOVIÑO

Casa da Cultura. Mostra do artista plástico Ramón Trigo e

o fotógrafo Eduardo Armada. Entrada con invitación.

SÁBADO 19 DECEMBRO| 18 ,00 HOS APALPADORIÑOS. COMPAÑÍA NELSON QUINTEIRO

Casa da Cultura. Rede Cultural da Deputación. Público infantil

e familiar. Retirada de invitacións do 15 ao 18 de decembro

na Casa da Cultura en horario de 11 a 14 horas

Page 16: PECHA A TEMPADA DA FILHARMÓNICA Guadi Galego · 2020. 12. 3. · Un regalo inesperado porque cando nos dixeran que a obra Bernarda tiña catro nominacións foi en marzo, cando tocou

16 | DECEMBRO 2020

propostas

REVISTA AI_DECEMBRO.indd 1 26/11/20 14:02

Page 17: PECHA A TEMPADA DA FILHARMÓNICA Guadi Galego · 2020. 12. 3. · Un regalo inesperado porque cando nos dixeran que a obra Bernarda tiña catro nominacións foi en marzo, cando tocou

DECEMBRO 2020 | 17

propostas

27domingo 18.00 H

ASTRONAUTA SIDERALMúsicaPAZO DA CULTURA (NARÓN) 9,50 €

UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA PRESENTA O SEU NOVO DISCO, DEZ TEMAS ENTRE OS QUE HAI CLÁSICOS POPULARES GALEGOS E CANCIÓNS PROPIAS.

Os concertos de Uxía lambona e a súa banda son, en realidade “desconcertos”: unha orxía de bailes, xogos, coreografías e sorpresas. A Narón traen o seu novo disco, no que figuran temas como “A cumbia de Benitiño”, “Astronauta sideral” e o “Rock molón”.

30mércores 20.00 H

NUEVO PLANMúsicaPRAZA DO CONCELLO (FENE)

A banda de versións Nuevo Plan presenta un concerto con “Os mellores hits do pop nacional” na véspera dunha Noite Vella que este ano vai ser diferente. Pop rock español dos 80 en versións ferrolás nunha banda á que se suma a fenesa Sarita Couce.

27domingo 18.00 H

VOA, VOAInfantilCASA DA CULTURA (VALDOVIÑO)

TALÍA TEATRO OFRECE UN ESPECTÁCULO PARA RELEMBRAR A ARTE DE XOGAR COAS PALABRAS.

Unha montaxe na que se propón recuperar ditos, retrousos, xogos de man,... toda unha relación de ditos populares centrados nestas pequenas rimas que perduraron xeración tras xeración. Un espectáculo para incentivar ás familias a furgar na súa memoria e transmitir os seus xogos da infancia.

Page 18: PECHA A TEMPADA DA FILHARMÓNICA Guadi Galego · 2020. 12. 3. · Un regalo inesperado porque cando nos dixeran que a obra Bernarda tiña catro nominacións foi en marzo, cando tocou

18 | DECEMBRO 2020

praceres solitarios por Nicolás Vidal

COCIÑA-INFANTIL

GRANDES RECEITAS DO RAPOSO RUFO

DANI VIÉITEZ | EDICIÓNS EMBORA | 91 PÁX. | 17 €

Despois do exitoso “Receitas creativas”, a serie do raposo Rufo creada por Dani Viéitez e Iria Iglesias continúa afondando no mundo da cociña enfocada aos pícaros. Ver as mellores e máis sinxelas receitas, visuais e doadas, canda conciencialos da importancia da alimentación sa e equilibrada é o obxectivo dos autores. Para iso elaboran pratos evitando o abuso de azucre, produtos refinados ou graxas, dándolle importancia aos naturais como froitas e verduras. Aperitivos, salsas, pratos principais e doces, nada falta neste gorentoso menú de tinta.

NOVELA

CORAZÓN DE MANTEIGA

XAVIER QUEIPO | GALAXIA | 216 PÁXINAS | 17,40 €

Cando todo o mundo é diferente, a diferenza debería ser un valor e non un problema. Nesta insólita novela, Xavier Queipo ofrécenos unha viaxe ao corazón de Mauro, un rapaz cunha nenez fantástica, inzada de soños, e que despois vive unha mocidade chea de dúbidas e desterro interior para seguir na madurez nunha espiral de inseguridades. Cunha escritura que vai mudando desde o relato naturalista á memoria esnaquizada, Queipo lévanos con pulso e lucidez narrativa para amosarnos unha vida marcada pola diferenza e a necesidade de aceptación.

ENSAIO

ESTUDOS ARREDOR DE RICARDO CARVALHO CALEROREMATA O ANO DAS LETRAS ADICADO A RICARDO CARVALHO CALERO COA SENSACIÓN DE QUE A VALORACIÓN DA SÚA FIGURA NON ESTOUPOU COMO DEBERÍA E MERECERÍA.

ANXO TARRÍO E ARMANDO REQUEIXO | CAD. RAMÓN PIÑEIRO | 324 PÁX.

O ano 2020 é o peor do século para calquera celebración por mor da pandemia, pero a xibarización de actividades non se acompañou de eventos e publicacións que puideran equilibrar a carencia de feitos dedicados ao polígrafo de Ferrol Vello. A posibilidade de que a RAG ampliara a 2021 as homenaxes quedou desbotada, algo do que se pode discrepar pero non en exceso tendo en conta o coreño da resposta do propio Concello de Ferrol despois de décadas de labor dun tecido cultural da cidade que traballou arreo para este recoñecemento. Entre as publicacións máis interesantes deste ano arredor de Carvalho aparece agora este volume XL do Centro Ramón Piñeiro con edición de Anxo Tarrío e Armando Requeixo. Inclúe a numerosos especialistas que repasan en tres bloques, a vida, as facetas creativas e varios exemplos do traballo de Carvalho Calero. Un volume que quedará como unha brillante ferramenta que homenaxea o xenio e a lucidez vital e intelectual de don Ricardo.

Page 19: PECHA A TEMPADA DA FILHARMÓNICA Guadi Galego · 2020. 12. 3. · Un regalo inesperado porque cando nos dixeran que a obra Bernarda tiña catro nominacións foi en marzo, cando tocou

DECEMBRO 2020 | 19

propostas

EELS EARTH TO DORAMark Oliver Everett regresa coa nova obra dos EELS, una das nosas bandas de referencia desde os 90. E aínda que non é un dos seus mellores traballos, sempre hai varias cancións que xustifican este “Earth to Dora”, o seu decimoterceiro disco. Aínda que a idea inicial de facer unha obra optimista en tempos escuros funciona en pezas como “Anything for Boo” ou “Are we Alright Again” que abren, hai un certo ton melancólico ou triste noutras como “I Got Hurt”, “Dark and Dramatic” ou en “Are You Fucking Your Ex”, cun título que promete máis do que dá musicalmente. Con momentos inspirados, máis líricos e introspectivos ou irónicos marca da casa como “The Gentle Souls” ou “Baby Let’s Make It Real”, o ton xeral do álbum é moi identificable cun arrecendo propio que sería máis que aceptable no caso doutro artista. Pero a Everett sempre hai que pedirlle máis despois dun cuarto de século creando discos e cancións intelixentes e cheas de sensibilidade, cun estilo de seu que aquí é moi identificable. Demasiado como para pensar que non estamos ante un estupendo autoplaxio.

DOCUMENTAIS: NARCISO EM FÉRIASChega ás pantallas e plataformas o documental de Renato Terra e Ricardo Calil que narra os 54 días en que o músico Caetano Veloso permaneceu detido polo réxime militar brasileiro entre decembro de 1968 e comezos de 1969, no cumio do movemento tropicalista do que o bahiano é símbolo. Estamos ante todo un tratado dos perigos dos artistas e, non mitifiquemos, dos cidadáns comúns en reximes políticos con ausencia de liberdades. Nada novo. O que aporta este documental é, se fora necesario, xa non a banalidade do mal senón a súa absoluta ridiculez, risible se non se levara por diante vidas físicas ou espirituais. A austeridade do narrado, Caetano nunha cadeira falando á cámara, pode resultar irritante tendo en conta a cantidade de material de arquivo que hai desa época, máis o que conta ben vale a pena igualmente. O pasar semanas sen saber cal fora o seu delicto, o absurdo das acusacións, a alegría de escoitar o “Hey Jude” dos Beatles, a desaparición de desexo sexual ou a composición do xa clásico “Terra” na cadea son algunhas das pingas de emoción deste interesante traballo.

DEVALO NOITES CONTADASO músico galego asentado en Gales David Miranda vén de editar o seu novo disco no ronsel do pop electrónico de sintetizadores baixo o nome de Devalo. Despois dunha ampla experiencia en formacións escuras como Nouvelle Cuisine ou The Cripple and The Tramp, Miranda olla cara o synthpop dos 80 con bandas de referencia como OMD, New Order ou o redivivo Gary Numan. Neste “Noites Contadas”, editado polo selo ferrolán Ferror Records e que conta cunha excelente produción, inclúense unha ducia de pezas cantadas en galego, agás unha, con referencias a Cocteau Twins, Slowdive ou incluso con arrecendos líricos a Family. O traballo ten como referencia temática a nostalxia e as crises de identidade cun toque de esperanza salferido de instrumentos aos que Miranda sabe sacarlle a súa humanidade. Temas como “A linguaxe das máquinas”, “Gardiáns do Baño”, “O Perseguidor” ou o sinxelo de adianto “Neve de Maio”, que ten bo vídeo, dan coherencia e unidade a este disco co que Devalo deberían comezar a ser un referente do noso synthpop e shoegaze máis inspirado.

DELICIAS SONORAS

praceres solitarios

Page 20: PECHA A TEMPADA DA FILHARMÓNICA Guadi Galego · 2020. 12. 3. · Un regalo inesperado porque cando nos dixeran que a obra Bernarda tiña catro nominacións foi en marzo, cando tocou

20 | DECEMBRO 2020

exposicións

Fotografía

FERROL. FOTOGRAFÍAS

ATA O 10/01/2021CENTRO CULTURAL TORRENTE BALLESTER (FERROL)

DE MARTES A SÁBADO: DE 11.00 A 14.00 HORAS E DE 19.00 A 21.00 HORAS

SÁBADOS E DOMINGOS: DE 11.00 A 14.00 H. LUNS PECHADO

O fotógrafo de prensa Jorge Meis expón na Sala de Proxectos do Torrente Ballester a súa visión da cidade a través de 47 imaxes tomadas nos últimos 25 anos. Aínda que na mostra hai algún guiño ao fotoperiodismo, Meis optou por exhibir o seu traballo máis poético. A omnipresencia das grúas e a paisaxe industrial próxima explican unha cidade na que pesan as tradicións.

Artes plásticas

PANTOQUE

ATA O 31/12/2020OCÉANO SURF MUSEO (VALDOVIÑO)

DE LUNS A VENRES DE 10.00 A 14.00 HORAS

VENRES, SÁBADO E DOMINGO DE 17.00 A 19.00 HORAS

Debuxo, escultura, fotografía e vídeo forman “Pantoque vía 2/ Surfin’ Valdoviño”, obra do artista plástico Ramón Trigo e do fotógrafo Eduardo Armada. Este é un proxecto creativo e de investigación realizado orixinariamente no interior das instalacións dos Estaleiros Armada, de Vigo durante un ano: os artistas conviviron cos traballadores para poder plasmar a actividade do seu día a día, pero tamén para reflectir o espazo arquitectónico do estaleiro.

Page 21: PECHA A TEMPADA DA FILHARMÓNICA Guadi Galego · 2020. 12. 3. · Un regalo inesperado porque cando nos dixeran que a obra Bernarda tiña catro nominacións foi en marzo, cando tocou

DECEMBRO 2020 | 21

propostas

Page 22: PECHA A TEMPADA DA FILHARMÓNICA Guadi Galego · 2020. 12. 3. · Un regalo inesperado porque cando nos dixeran que a obra Bernarda tiña catro nominacións foi en marzo, cando tocou

22 | DECEMBRO 2020

axenda

DECEMBRO02mércores

CINE (PASE ÚNICO)20.00 h Cines Dúplex. Ferrol.CANCIÓN SIN NOMBRE

03xovesFESTEA. INFANTIL18.30 h Centro Cultural Torrente Ballester. Ferrol.CONTOS DE POUCAS LUCES

04venres FESTEA. INFANTIL18.30 h Centro Cultural Torrente Ballester. Ferrol. O TESOURO DE BARRACUDA

TEATRO20.30 h Teatro Jofre. Ferrol. PUTA REALIDADE

05sábadoFESTEA. INFANTIL18.30 h Centro Cultural Torrente Ballester. Ferrol.

RATIÑO PÉREZ, A VERDADEIRA HISTORIA

06domingoCINE INFANTIL11.30 h Cines Dúplex. Ferrol.

LAS VIDAS DE MARONA

FESTEA. INFANTIL12.30 h Centro Cultural Torrente Ballester. Ferrol.

DESEXOS PEQUENOS

FESTEA. INFANTIL18.30 h Teatro Jofre. Ferrol.

DE GATOS E RATOS

10xovesMÚSICA21.00 h Centro Cultural Torrente Ballester. Ferrol.

SU GARRIDO

11venres TEATRO20.30 h Teatro Jofre. Ferrol.

O FURANCHO

MÚSICA20.30 h Pazo da Cultura. Narón.

TANXUGUEIRAS: CONTRAPUNTO

MÚSICA20.30 h Auditorio da Casa da Cultura. Valdoviño.

BOHEMIOS MUSICAL

MONÓLOGO20.00 h Sociedade Agarimo de Sillobre. Fene.

QUICO CADAVAL

12sábado INFANTIL20.00 h Auditorio Municipal. Cedeira.

PAULA CARBALLEIRA: ELAS TRES (A NAI, A NENA E A BRUXA)

TEATRO20.00 h Pazo da Cultura. Narón.

O MEL NON CADUCA

MÚSICA20.30 h Teatro Jofre. Ferrol.

NOBODY CARES

13domingoCINE INFANTIL11.30 h Cines Dúplex. Ferrol.

EL MODERNO SHERLOCK HOLMES

INFANTIL12.30 h Teatro Jofre. Ferrol.

CARTOÓNS

16mércoresCINE19.00 h Ateneo Ferrolán. Ferrol.

XX MOSTRA DE CURTAMETRAXES

Page 23: PECHA A TEMPADA DA FILHARMÓNICA Guadi Galego · 2020. 12. 3. · Un regalo inesperado porque cando nos dixeran que a obra Bernarda tiña catro nominacións foi en marzo, cando tocou

DECEMBRO 2020 | 23

axenda

DIRECTOR:Miguel Toval

DESEÑO/MAQUETA:Jose A. Farinós

REDACIÓN E COLABORADORES:Carmela Mor, Bea Rodríguez, Nicolás Vidal, Kiko Delgado

DEPÓSITO LEGAL:C 4370-2007

A información dos espectáculos, os seus horarios e o lugar de celebración dos actos facilítana directamente os organizadores dos mesmos. Edicións Embora declina calquera responsabilidade pola suspensión ou modificación de calquera tipo dos devanditos actos.

EDITA:

Rúa Galiano, 63 - 1º. 15402 FERROL. T 981 35 53 [email protected]

E edicionsemboraNº 150ANO XII

17xovesINFANTIL18.00 h Biblioteca Municipal. Fene. RILO & PENADIQUE: “ARRE RU”

CINE19.00 h Ateneo Ferrolán. Ferrol. XX MOSTRA DE CURTAMETRAXES

MÚSICA21.00 h Centro Cultural Torrente Ballester. Ferrol.AMPARO & ROGELIO ARIAS

18venresMÚSICA20.30 h Auditorio. Ferrol. IN NOMINE DOMINI

MÚSICA20.30 h Pazo da Cultura. Narón. GUADI GALEGO: INMERSIÓN

MÚSICA20.00 h Igrexa Grande de Maniños. Fene. HAPPY GOSPEL

19sábadoINFANTIL18.00 h Casa da Cultura. Valdoviño. OS APALPADORIÑOS

INFANTIL20.00 h Auditorio Municipal. Cedeira. FRAN REI: SUPEHEROE

TEATRO20.00 h Pazo da Cultura. Narón. JAURÍA

TEATRO20.30 h Teatro Jofre. Ferrol. MACBETH, O RUIDO E A FURIA

20domingoCINE INFANTIL11.30 h Cines Dúplex. Ferrol. LA FAMOSA INVASIÓN DE LOS OSOS EN SICILIA

INFANTIL12.30 h Teatro Jofre. Ferrol. CONCERTO CON FUSIÓN

TEATRO18.30 h Casa da Cultura. Valdoviño. POR VÍA ORAL

23mércoresINFANTIL20.00 h Auditorio Municipal. Cedeira. AS PITAS BAIXO A CHOIVA

MÚSICA20.30 h Pazo da Cultura. Narón.

OHN LEE SANDERS & THE MESSENGERS GOSPEL CHOIR

27domingoCINE INFANTIL11.30 h Cines Dúplex. Ferrol.

EL MODERNO SHERLOCK HOLMES

INFANTIL18.00 h Pazo da Cultura. Narón.

ASTRONAUTA SIDERAL

INFANTIL18.00 h Casa da Cultura. Valdoviño.

VOA VOA!

30mércoresMÚSICA20.00 h Praza do alcalde Ramón José Souto González. Fene.

NUEVO PLAN: OS MELLORES HITS DO POP NACIONAL

Page 24: PECHA A TEMPADA DA FILHARMÓNICA Guadi Galego · 2020. 12. 3. · Un regalo inesperado porque cando nos dixeran que a obra Bernarda tiña catro nominacións foi en marzo, cando tocou

Provincia da Coruña

A Coruña y As Mariñas Ferrolterra

Costa da Morte Terras de Santiago

Ría de Muros e Noia Ría de Arousa Norte

Provincia da Coruña

A Coruña y As Mariñas Ferrolterra

Costa da Morte Terras de Santiago

Ría de Muros e Noia Ría de Arousa Norte

Provincia da Coruña

A Coruña y As Mariñas Ferrolterra

Costa da Morte Terras de Santiago

Ría de Muros e Noia Ría de Arousa Norte