peixes electrÓnicos - trettnak.comtrettnak.com/userfiles/trettnak/file/peixes_electrónicos.pdf ·...
TRANSCRIPT
1
PEIXES ELECTRÓNICOSWolfgang Trettnak
AQUARIUM FINISTERRAEA Coruña
Xullo e agosto 2010
2
© Wolfgang Trettnak 2010
Non se permite a reprodución total ou parcial deste catálogo,nin a súa incorporación a un sistema informático, nin a súatransmisión en calqueira forma ou por calquer medio:electrónico, mecánico, por fotocopia, por gravación ou poroutros métodos, sin o permiso previo e por escrito dostitulares do copyright.
3
PEIXES ELECTRÓNICOSWolfgang Trettnak
A CORUÑAXullo e agosto 2010
4
Wolfgang Trettnak naceu en Graz, Austria, en 1962. Cursou estudos na Universidadede Graz alcanzando o grao de doutor en Químicas. Traballou como investigador aolongo dunha década no centro de investigación Joanneum Research en Graz. Este períodofoi tan só interrompido durante un ano, no que realizou un post-doutoramento naUniversidade de Florencia, Italia.
Ademais do seu labor científico, Wolfgang Trettnak traballou no campo da pintura e dasartes gráficas durante case trinta anos. Participou en numerosos e internacionais talleresartísticos, seminarios e cursos. Aínda que nos seus traballos utiliza todo tipo de técnicasactualmente prefire os acrílicos. Realizou exposicións individuais e colectivas en Austria,Italia, Chequia, e Galicia.
Desde hai moitos anos tratou de relacionar Arte e Ciencia nas súas obras artísticas. Estaviaxe entre dous mundos diversos levouno das visións “biónicas” do ser humano e osanimais domésticos aos peixes electrónicos. Actualmente ten en preparación unhainstalación baseada en obxectos luminescentes que cambia totalmente de aspectosegundo se vexa con luz ou na escuridade. Traballa neste proxecto na localidade deWerndorf no sur de Graz, Austria.
O AUTOR
5
PEIXES ELECTRÓNICOS
A fascinación que o mar e o mundo mariño de Galicia exerceron sobre o artista austríacoWolfgang Trettnak, deu como resultado a exposición Peixes electrónicos. Mostra aparticular visión do universo mariño dun home de terra dentro, que atopa nos peixes enoutros animais acuáticos a fonte de inspiración para realizar as súas obras, que versansobre:
• Peixes eléctricos que utilizan electricidade como medio de comunicación, orientación,localización, cortexo, caza ou defensa.
• Animais mariños bioluminescentes, que utilizan luz para atraer a presa, acomunicación, iluminación e como camuflaxe.
• Peixes “biónicos”, que son robots con forma de peixe e que teñen peixes comomodelos naturais.
A técnica utilizada é mixta, e os cadros, acrílicos sobre lenzo, conteñen compoñenteselectrónicos como placas, circuítos, cables, placas solares ou díodos luminososintegrados. As obras acompáñanse dunha breve explicación científica da idea plasmadano cadro e, algunhas, dunha nota culinaria.
A dobre formación do autor, doutor en Químicas e pintor, lévao a tratar de relacionar Artee Ciencia desde hai moitos anos, o que plasma claramente nesta exposición. Para realizalabaseouse nos seus coñecementos da luminescencia, os sensores e as súas aplicacións,e inspirouse na natureza de Galicia, na súa abundante pesca, e nos peixes do AquariumFinisterrae da Coruña onde debuxou algúns dos bosquexos para os cadros.
Para rematar, e como detalle anecdótico, engadir que a exposición se converteu nunhaagradable viaxe pola gastronomía galega, xa que o proceso habitual de traballo consistiuen visitar a peixería, estudar / debuxar o peixe seleccionado, cociñalo e catalo encondicións; así baixo os seus pinceis caeron polbos, pescadas, bonitos, sardiñas, raias...,o que o converteu nun incondicional embaixador da boa mesa de Galicia.
6
Notaculinaria:18.8.2008
Sardiñada de Sada5 Sardiñas asadas
con broa e viño tinto
Comunicacióneléctrica
Algúns peixes de América doSur e África usan sinaiseléctricos para comunicarseno grupo e para propósitossociais, incluíndo alocalización dos seusconxéneres, situar a súaposición xerárquica ou obter
parella.
A sardiñada de Sada [1]
7
AS SARDIÑAS ASADAS DE SADAAcrílico e compoñentes electrónicos sobre lenzo
80 x 100 cm; 2008
8
Nota culinaria:8.8.2008
Pescada ao fornoUnha pescada do pincho (1,5kg); 3 patacas cortadas finas eun chisco de aceite de oliva;
20 - 30 min a 250 °C
Localizacióneléctrica
Peixes depredadores, como ostiburóns e as raias, posúenelectrorreceptores e sonsensibles aos camposeléctricos que producen osoutros animais. Así podendetectar a prea agochada naarea.
Electrorreceptores na cabezadun tiburón [2]
9
PESCADA CON SARDIÑAAcrílico e compoñentes electrónicos sobre lenzo
80 x 100 cm; 2008
10
Caza e defensaeléctrica
As raias torpedo ou raiaseléctricas dispoñen deórganos eléctricos capacesde realizar potentesdescargas eléctricas (ata a220 V) para paralizar a prea
ou para se defender.
Electroplacas da raia eléctrica [3]
Nota culinaria:13.1.2009
Caldeirada de raia0,8 kg de raia;
cocida con patacas cortadasgrosas e cebola;
allada con aceite de oliva,allo, un chisco de cebola e
pemento
11
ELECTRAAcrílico e compoñentes electrónicos sobre lenzo
80 x 100 cm; 2008
12
Orientacióneléctrica
Algúns peixes, como ospeixes elefante queviven nos ríoslamacentos de África,producen camposeléctricos para percibir acontorna e orientarsenas augas escuras e
turbias. Campos eléctricos dun peixe elefante [4]
Peixes porcoOs peixes porco teñen unhaespiña eréctil na súa aletadorsal anterior, cunmecanismo de bloqueo paramantela elevada. Esta acciónprevén que os depredadoresos traguen ou os saquen dosseus buracos.
13
PEIXES PORCOAcrílico e compoñentes electrónicos sobre lenzo
80 x 100 cm; 2008
14
Cortexo eléctricoNa reprodución, os peixessudamericanos da ordeGymnotiformes producen sinaiseléctricos para o cortexo. Osmachos e as femias emiten sinais
de formas distintas.Descarga do órgano eléctrico de
Gymnotiformes [5]
Nota culinaria:31.8.2008
Peixe de San Pedroao forno
Un peixe deSan Pedro (1,6 kg);
adobado con aceite deoliva, allo e perexil;
20 - 30 min a 250 °C
MachoFemia
1 ms
15
PEIXES DE SAN PEDROAcrílico e compoñentes electrónicos sobre lenzo
80 x 100 cm; 2008/2009
16
Camuflaxe concontrailuminación
O pequeno tiburón cigarroé un peixe abisal queemprega bioluminiscenciapara se camuflar. Toda asuperficie ventral estácuberta de fotóforos agásunha mancha escura queserve para atraer a prea.
Galletas decarne
O tiburón cigarro pégaseaos costados dos grandespeixes e mamíferosmariños coa axuda da súaboca, que actúa comounha especie de ventosa,para ir cortando anacos decarne do tamaño dunha
galleta.
Feridas causadas por un tiburón cigarro [6]
17
TIBURÓN CIGARROAcrílico, panel solar e 24 diodos luminosos sobre lenzo
81 x 100 cm; 2008/2009
18
RoboTunaUn robot con forma deanimal é o RoboTuna,que ten forma de peixe enada como un atún. Estesrobots submarinospódense usar paraexploracións ou vixilanciassubmarinas.
A cola do RoboTuna [7]
Nadadoresveloces
Os atúns poden viaxargrandes distancias enadar rapidamentealcanzando velocidadesde ata 60 - 80 km/h. Obonito do norte(Thunnus alalunga) pode
alcanzar 65 km/h.
19
O TURBOBONITOAcrílico, panel solar, motor eléctrico e hélice sobre lenzo
81 x 100 cm; 2008/2009
20
Ollos de lanternaOs ollos de lanterna son peixes tropicais queteñen un órgano bioluminiscente situadodebaixo do ollo, equipado cun mecanismo queregula a cantidade de luz que emite e co quepoden pestanexar. A luz prodúcena bacteriase utilízana na comunicación e para atraer a
prea. Ollo de lanterna [8]
21
OLLOS DE LANTERNAAcrílico, panel solar, 3 diodos luminosos intermitentes e outros materiais sobre lenzo
81 x 100 cm; 2008/2009
22
Nota científica:Premio Nobel de Química
en 2008Polo descubrimento edesenvolvemento da proteínaverde fluorescente (GFP),unha importante ferramenta
dos estudos biolóxicos.Estrutura da proteína verde
fluorescente [9]
Unha medusafamosa
A medusa Aequorinavictoria pode emitir luz(bioluminiscencia) a travésda fotoproteína aecuorina ea agora famosa proteínaverde fluorescente (GFP).
23
VICTORIAAcrílico, panel solar e 24 diodos luminosos sobre lenzo
80 x 100 cm; 2008/2009
24
Reclamosbioluminiscentes
Os Lophiiformes son nasúa maioría peixes abisaise depredadores. Para atraera prea teñen reclamosbioluminiscentes. A luzprodúcese con bacterias epode estar acesa ou
apagada.Bacterias bioluminiscentes( © Leuchtlabor GbR) [10]
Notaculinaria:24.1.2009
Salpicón de rabadaUnha rabada (3,1 kg)cocida; fría, cortada
en anacos pequenos,con ovos duros,
cebola picada, perexil,aceite de oliva e
vinagre
25
ENCONTRO DE DOUS PEIXES ABISAISAcrílico, 2 paneles solares e 2 diodos luminosos sobre lenzo
81 x 100 cm; 2008/2009
26
Mestres dacamuflaxe
Os polbos son capaces decambiar instantaneamente acor, o debuxo e a textura da súapel. Isto sérvelles paramimetizarse perfectamente coasúa contorna, para sinalarse e
para comunicarse.
Grandeintelixencia
Os polbos estánconsiderados os invertebradoscon maior intelixencia. O seucerebro é de grande interesecientífico pola súa evoluciónmoi diferente do cerebrohumano.
O cerebro dun polbo [11]
27
POLBOAcrílico e compoñentes electrónicos sobre lenzo
81 x 100 cm; 2009
28
Anatomía da anguía eléctrica [12]
Alta tensiónAs anguías eléctricas do ríoAmazonas e do Orinocoempregan descargas eléctricasde baixa voltaxe (10 V) paralocalizar preas e paracomunicarse. Para cazar e paradefenderse poden emitir
descargas de ata 600 V.
Unha bateríaviva
Os órganos eléctricos daanguía eléctrica ocupangran parte do seu corpocon miles de células(electrocitos) conectados
en serie e en paralelo.
29
ELECTROPHORUS ELÉCTRICUSAcrílico e compoñentes electrónicos sobre lenzo
80 x 100 cm; 2009
30
Unha pescaluminosa
Cada ano millóns destaspequenas luras aparecen naBaía de Toyama en Xapónpara a desova. Crean unincrible espectáculo de lucescando os capturan.
Recipiente conluras vagalumes [13]
Cefalópodosbrillantes
A lura vagalume (Wataseniascintillans) ten fotóforos, quepoden emitir luz, en moitaspartes do seu corpo. Pode facerresplandecer todo o seu corpopara atraer unha parella o só ostentáculos a modo de cebo.
31
LURAS VAGALUME (1)Acrílico e 100 diodos luminosos sobre lenzo; panel solar externo
80 x 100 cm; 2009/2010
32
LURAS VAGALUME (2)Acrílico e 100 diodos luminosos sobre lenzo; panel solar externo
80 x 100 cm; 2009/2010
33
2009 “Peixes electrónicos” - Parque Eólico Experimental SOTAVENTO, Xermade, Lugo, Galicia
2008 “Kunst & Wissenschaft” - Berufsförderungsinstitut Steiermark, Graz, Austria
2008 “Kunst & Wissenschaft” - Montanuniversität Leoben, Leoben, Austria
2007 “Electronics & Flowers” - Stadtbibliothek Graz, Graz, Austria
2007 “The bionic man” - Digital Art Gallery, European Culture Golden House, Budweis, Chequia
2006 “Der bionische Mensch” - Montanuniversität Leoben, Leoben, Austria
2005 “Personale di pittura” - Galleria Polo Scientifico, Università degli Studi di Firenze, Florencia, Italia
2004 “High-Tech-Steirer” - Bildungszentrum Raiffeisenhof, Graz, Austria
EXPOSICIÓNS DO AUTOR SOBRE ARTE E CIENCIA
34
REFERENCIAS ÁS ILUSTRACIÓNS
1 Sada, sardiñada, 2008
2 http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Electroreceptors_in_a_sharks_head.svg
3 http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Elektroplax_Rochen.gif
4 Active electrolocation of objects in weakly electric fish, G. v. d. Emde, The Journal ofExperimental Biology 202, 1205-1215 (1999).
5 Comunicación eléctrica en peces sudamericanos del orden gymnotiformes, O.Macadar y A. Silva, Revista Latinoamericana de Psicología 2007, volumen 39, N° 1,31-45.
6 http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Cookiecutter_damage.jpg
7 Massachusetts Institute of Technology ( Cambridge, MA); http://web.mit.edu/towtank/www/Tuna/tuna.html
8 Boris Chomski; http://www.lebendes-licht.de/
9 http://de.wikipedia.org/wiki/Datei:GFP_structure.png
10 © Leuchtlabor GbR; http://www.leuchtlabor.de/
11 http://www.colorado.edu/intphys/iphy4480tsai/Lecture26.html
12 Daniel Zukovski, Yale University; http://patapsco.nist.gov/ImageGallery/details.cfm?imageid=584
13 http://pinktentacle.com/2006/04/tourists-bask-in-blue-glow-of-firefly-squid/
36
www.trettnak.com