plantas medicinais
DESCRIPTION
proxecto de investigación sobre Plantas MedicinaisTRANSCRIPT
Este traballo realizouse co obxectivo de motivar, incentivar e dar a coñecer aos alumnos e ás alumnas a importancia das plantas medicinais e as utilidades das mesmas. Pretendeuse con este traballo acercar aos nenos e ás nenas ao mundo da botánica útil, familiarizándose coas plantas de interés medicinal máis común; con especies de plantas próximas ao seu entorno. O uso de remedios de orixe vexetal remóntase á época prehistórica e está presente en todas as culturas coñecidas. Tentamos rescatar e aprender os costumes practicados polos nosos maiores no uso das plantas medicinais.
ALLO (Allium sativum)
Planta perenne da familia da cebola. O bulbo divídese
en partes chamadas dentes e cada un deles pode dar lugar dar lugar a unha nova planta. Na actualidade consúmese
en todo o mundo.
Procede de Asia, estendeuse por Europa e dalí a América.
En Exipto usábano os escravos, e en Grecia e Roma os
soldados, mariñeiros e labradores xa que se lle atribuían
propiedades vigorizantes e fortificantes.
Durante a I. Media empregábase para comabater as enfermedades de tipo
bacteriano.
Eficaz como antibiótico xa que combate fungos, bacterias e virus. Reduce a presión arterial, o colesterol e combate a diabete.
APIO (Apium graveolens)
Pertence á familia das apiáceas. Planta orixinaria do
Mediterráneo. Empregouse dende sempre tanto na
cociña coma na medicina naturista. É unha das verduras
con máis propiedades medicinais.
Axuda ao corpo a eliminar impurezas, combate as infeccións, elimina cálculos renais, mellora a memoria e úsase tamén coma cicatrizante. Elimina o ácido úrico e combate o reumatismo.
É rico en minerais: potasio, sodio, magnesio, ferro,
xofre, fósforo, cobre, manganeso, aluminio e zinc.
É rico en vitaminas A, C, E e B.
AVEA (Avena sátiva)
Pertence á familia das poáceas e cultívase coma pasto, forraxe ou coma gran.
É unha planta herbácea que acada até 1,5 m de altura.
Considérase un alimento saudábel e nutritivo.
Segundo a OMS as proteinas da avea son semellantes ás da
carne, do leite e do ovo. (“O que ten avea non pasa sen cea”)
- A semente proporciona calcio, cobalto, cobre,
ferro, manganeso e cinz.
Axuda a baixar o colesterol. Controla o insomnio.
Suaviza a pel, empregándose en xampús, xabróns,
cremas e locións.
Coas pallas fanse instrumentos musicais de vento:
pipas, pallóns, gaitas…
-”Non está o alcacén para gaitas”, dise cando alguén,
ou unha situación non está para moitas bromas. Tamén
se emprega outro refrán: “Non está o forno para bolos”.
CABAZA (Cocurbita máxima)
Planta anual orixinaria de América Central.
Nesa zona do mundo sábese que se cultiva dende
hai 9.000 anos. Chegou a Europa no século XVI.
A flor e o froito consúmense coma verduras.
• INDICACIÓNS: Úsanse as follas en infusión para
• baixar a febre. Favorece o tránsito intestinal. Evita
• que se produza o aumento da próstata. Prevé as
• enfermidades dos ollos: cataratas ou perda da división por dexeneración da retina. Diminúe os niveis de colesterol. Moi indicadas para reducir as inflamacións producidas pola artritis ou o asma.
Contén doses importantes de vitaminas A, C, D, E
e de potasio
CARQUEIXA (Ginesta tridentata)
Gamallo carente de follas que pode acadar 1 m de
altura. Rastreiro de flores amarelas.
Atópase na metade occidental da Península Ibérica
e no norte de Marrocos.
As flores son a única parte da planta con usos
medicinais
Atribúenselle moitas propiedades. A infusión
recoméndase para a retención de líquidos, contra
a tose, o reuma, a artrose, dores de barriga, a gota
e arrefriados
Frei Martiño Sarmiento (S.XVIII) no seu libro “Disertación sobre las
virtudes maravillosas y uso de la planta llamada carqueixa”, recomendaba
as fregas e baños da súa cocedura.
Tamén se usaba para fregar a louza e o chan. E para prender o lume.
CARDO MARIANO (Silybum marianum)
Planta anual ou bianual que pode acadar os 2m de altura.
Atópase á beira dos camiños e das estradas. As flores son de
cor rosa intensa ou azul violáceo.
A parte da planta con usos medicinais son as sementes.
Conteñen silimarina. Úsanse nas afeccións crónicas do
fígado e da vesícula biliar. Tamén conteñen silibinina que se
usa en intoxicacións producidas por inxestión de amanitas phaloide
ou muscaria
Emprégase tamén para baixar a presión sanguinea e para tratar as
hemorroides.
CEBOLA (Allium cepa)
Planta orixinaria de Asia Central, cultívase
principalmente nos paises do Mediterráneo.
México é o primerio productor mundial.
Os beneficios da cebola son enormes.
É beneficiosa para combater a anemia, asma,
reumatismo, nerviosismo, enfermidades dos riles,
da vexiga, obesidade, artrosis, obesidade, tos,
estreñimento, insomnio, calambres,
desmaios, gripe, irritación da gorxa,
afonia e asma.
Tamén se emprega para aliviar o proído das picaduras dos
insectos e dos sabañóns . Alivia a urticaria e mellora o acné.
CHICORIA (Chicorium intybus)
Planta herbácea da familia das asteráceas, de follas
ásperas. Pode acadar 1 m de altura. Medra en abas
pedregosas, estériles e soleadas.
As follas cómense cando están tenras en ensalada, e
coa raiz prepárase unha infusión con propiedades
medicinais.
A raiz torrada empregouse como sucedáneo do
café dende o século XVII ata o s. XX
Está indicada para estimular o funcionamento axeitado
do fígado. Estimula a secreción da bile. É desintoxicante
e depurativa. Úsase como cicatrizante e ten propiedades
sedantes.
ESPIÑO ALBAR (Crataegus monogina)
É un arbusto que pode acadar os 5 m de altura.
Atópase preferentemente na beira dos ríos.
O tronco é retorto, e coa madeira, moi dura, fanse
mangos para ferramentas.
Ten varias denominacións: estripeiro, estripo, espiño,
escalambrón, escambrón, estripo albar…
Coas flores, de cor branca e moi perfumadas, fanse
infusións para mellorar as arritmias e a tensión
arterial. Tamén se emprega
para calmar a ansiedade.
FIEITO MACHO (Dryopteris filix-mas)
Tamén se denomina fento macho, folgueira da
raposa, felgo macho e dentabrún.
Pode acadar 1,5 m de altura. Medra en climas mornos e en zonas sombreadas. Prolifera nas beiras dos ríos.
Hai anos empregábase a raiz para preparar infusións co fin de eliminar parásitos intestinais.
A infusión das follas úsase no tratamento da psoriase. As follas tamén están
indicadas nos golpes ou contusións. Machúcanse as follas
e con elas, envoltas nunha venda, cúbrese a zona afectada.
Tamén se emprega a infusión para tratamentos da pel,
aplicándoa enriba da zona afectada coa axuda dun
algodón.
FIUNCHO (Foeniculum vulgare)
Tamén coñecido coma: fiollo, fieiteiro, fioncho,
funcho e fruncho. É unha planta herbácea que
pode acadar os 2 m de altura.
É moi usado na confección de conservas vexetais,
aliños e salsas. Para uso medicinal empréganse as sementes e o bulbo.
É usada para facilitar a expulsión dos gases intestinais tomando unha infusión
de sementes despois das comidas.
Tamén está indicada para a inapetencia, a dor e os nervios no estómago.
Mesturada con outras plantas medicinais serve para combater os arrefriados,
a tose e a bronquite.
“Para facer o Maio
fumos a roubar,
frores e fiunchos,
quixéronnos matar” (Popular)
FRESA SALVAXE (Fragaria vesca)
É orixinaria de Eurasia.
Tamén chamada: amoradeira brava,
amorodo ventureiro, amorodo silvestre e careixón.
É unha planta herbácea da familia das rosáceas que
medra brava en lugares frescos e húmidos. O seu froito, o morote, é máis pequeno que as variedades híbridas
americanas, pero o sabor é máis intenso.
Coma planta medicinal é moi apreciada. Rica en taninos,
úsase como astrinxente. A cocedura das follas emprégase
para combater a anemia, as infeccións
hepáticas e para tratar a gota.
HERBA LUISA (Aloysa citriodora)
É un arbusto caducifolio de entre 3 e 7 m de altura que
procede de Sudamérica donde medra de xeito silvestre.
Foi introducida en Europa no s. XVII.
Empregábase para reanimar ás persoas que estaban
físicamente decaídas.
Está indicada para expulsar os gases do aparello dixestivo.
Úsase coma tranquilizante, coma dixestiva, axuda a
combater o mal alento, a expulsar a mucosidade producida
polo catarro, e para a tos.
Favorece a eliminación de toxinas do organismo. Eficaz para
tratar o insomnio, jaquecas e dores de cabeza, dores
reumáticas e os síntomas do estrés.
HERBA DE SAN XOAN (Hypericum perforatum)
Tamén chamada abeloura, abelouro, abeluria, herba das
feridas, hipérico, hipericón, corazonciño, pericón e
artemisa.
É un arbusto perenne que que acada ata 1 m de altura.
Orixinario de Europa. Abonda nos prados e bosques. O
mellor momento para recoller as flores é desde a
primavera ata finais de xuño. Coma uso medicinal úsanse úsanse as flores e as follas.
Está indicada contra a depresión. Tonifica o sistema
nervioso, reduce a acidez, alivia a úlcera e mellora a
diarrea e os vómitos. Tamén se usa como analxésico en
dores reumáticas, gota, artrite, ciática e lumbago.
O fomento de follas machucadas aplícase en
queimaduras, chagas e mordeduras de
serpes.
LAVANDA (Lavandula stoechas)
Outros nomes: cantroxo, arzaia e alfacema.
É un arbusto perenne de talo moi ramificado.
Acada medio metro de altura.
As follas rematan en flores espigadas de cor azulada. Toda a
planta desprende un perfume moi agradable.
Abunda en lugares secos con chans calcários, en zonas soleadas.
Para uso medicinal empréganse as flores. As súas infusións están indicadas
nas afeccións da gorxa, tose, bronquite e arrefriados. Tamén se usa para a dor
de ósos e dores reumáticos.
O aceite da planta emprégase para curar as picaduras de
insectos, feridas, cortes e queimaduras.
Moi eficaz para tratar a ansiedade, o
nervosismo, o insomnio e a hipertensión.
LIMÓN (Citrus x limon)
Árbore froiteira perenne que pode acadar os 4 m de altura.
Procede de Asia. O seu cultivo foi introducido polos árabes.
Entre todos os cítricos, o limón é o que
ofrece máis beneficios para a saúde.
O limón actúa como desinfectante,dixestivo, antioxidante
e estimulante do sistema inmunolóxico
Prevé as enfermidades relacionadas co corazón, os riñons,
o fígado e a vesícula. Axuda a eliminar o ácido úrico, a dor
de cabeza, corta as hemorraxias e axuda a combater
o insomnio.
Alivia a bronquite, a sinusite e as anxinas.
Cicatriza as feridas da pel e suavízaa. Detén a
diarrea e axuda a baixar o peso corporal.
LOUREIRO (Lauris nobilis)
É unha árbore da familia das lauráceas. Orixinaria do
Mediterráneo oriental. Pode acadar entre os 5 e os 20 m
de altura.
Medra en lugares frescos e húmidos.
As follas e as bagas son as partes que teñen uso medicinal.
A infusión do loureiro favorece a dixestión, prevé a acidez,
Diminúe os gases intestinais e mellora o funcionamento do
fígado.
Está indicado contra a bronquite, a tose, a farinxite, a
larinxite econtra as afeccións do aparello respiratorio.
É aconsellable para mellorar a circulación e no tratamento
da arterioesclerose.
O aceite de macerado de loureiro está indicado para as
queimaduras, o acne, os golpes e as úlceras.
MANZANILLA (Chamaemelum nobile)
Outros nomes: macela, marcela, margacela dourada,
margarida romana, camomila e camomila romana.
É unha especie anual que forma moitas plantas a partires
dun talo que acada medio metro de altura.
É unha das plantas medicinais cuxo uso está estendido desde
os tempos máis remotos.
No verán florece un botón amarelo con follas brancas que desprende un agradabe aroma. Estas flores, que poden acadar 2,5 cm, son a parte da planta que se emprega para facer infusións. Tomadas despois das comidas, facilitan a expulsión dos gases intestinais.
Tamén está indicada na inapetencia, na dor e nos nervios no estómago. Favorece a eliminación das graxas e a baixada do colesterol no sangue.
En cataplasma mellora os cortes das feridas, bochas, grans, a dermatite e as hemorroides.
Tamén está indicada para a dor de moas.
MENTA (Mentha piperita)
Outros nomes: Hortelá, hortelá-pementa e
hortelá-pimenta.
É unha herba perenne de sabor picante que
pode acadar 1 m de altura. A mellor época para a recoleción
é a finais de verán, época na que florece.
As follas e as flores son as partes da planta con uso medicinal.
Está indicada para aliviar o malestar dixestivo e
a expulsión dos gases intestinais.
Unha infusión despois das comidas favorece
ao intestino no caso de diarreas, colon irritable
e colite. Alivia os sintomas da gripe, tos, asma
arrefriado, farinxite e bronquite . Tamén combate o mal
alento.
NÉBEDA (Népeta cataria)
Tamén denominada herba gateira, é unha planta perenne de
talo agrisado cuberto de lanuxe, que supera o medio metro de
altura. É un membro da familia das mentas.
As flores parecen pequenas espigas.
Medra en terreos baldíos, sebes, noiros, terrapléns e ruinas de
casas vellas.
As partes da planta de uso medicinal son as
follas e as flores.
A infusión alivia os síntomas da diarrea, flatulencia,
indixestión e cólico biliar. É eficaz contra a anemia,
a dor de cabeza, a debilidade e a escarlatina.
Axuda no insomnio, histeria, nervosismo, neuralxia
e cos pesadelos.
OLIVEIRA (Olea europaea)
Árbore perenne da familia das oleáceas que pode
acadar os 15 m de altura, e os 1500 anos de idade.
Orixinaria de Oriente próximo, foi traída a Galiza polos romanos.
As partes útiles son as follas, o froito e a codia da árbore.
Está indicada contra a presión arterial, e nos casos de
arterioesclerose prevé a anxina de peito.
Elimina impurezas do corpo xa que é diurético e
aumenta a produción de ouriños.
É moi interesante no tratamento da diabete.
Emprégase para baixar a febre; como laxante e
para tratar a hemorroides.
O consume de aceite de oliva axuda a baixar os
niveis de colesterol. Suaviza a pel, coida a uñas e alivia os pés,
xa que os masaxes con aceite favorecen a circulación do sangue.
ORTIGA (Urtica dioica)
Tamén chamada estruga ou herba do cego. A variedade
máis común tamén é a que ten máis usos medicinais. É
a especie estruga maior (urtica dioica). Pode acadar un
metro de altura.
A presenza duns pelos urticantes, -que conteñen ácido
fórmico-, fai que o contacto con ela produza un forte
proído na pel.
Empréganse as follas e os talos. A infusión de ortigas é
un bo estimulante do aparello dixestivo, así como eficaz
antidiarreico. Favorece a dixestión e a eliminación das
feces do intestino.
Mellora a circulación sanguinea e o tratamento da
arterioesclerose. Rebaixa o azucre no sangue e axuda a combater a diabete.
Moi beneficiosa para a pel xa que elimina granos, eccemas, herpes e o acne.
OUREGO (Origanum vulgare)
Planta orixinaria de Europa mediterránea.
Medra nas zonas de montaña e chega a
medir uns 80 cm.
É moi melífera, aromática e de gran
sabor.
Os beneficios a nivel medicinal son
grandes. É un tónico que estimula o
crecemento da flora intestinal e axuda
a combater doenzas estomacais.
Recomendable no tratamento das
afecións das vías respiratorias altas: tos,
bronquite, amigdalite e para previr o asma.
Tamén se emprega no tratamento do reumatismo.
PIRIXEL (Petroselinum crispum)
Outros nomes: perexil, perexel e prixel.
É orixinaria do Mediterráneo ainda que
o seu cultivo está estendido por todo o mundo.
É unha planta perenne que pode acadar ata 1 m de altura.
Cultívase en hortos, en lugares frescos. A raiz recóllese
no comezo da primavera, as follas ao empezar o verán, e as
sementes no comezo do outono.
As follas, a raiz e as sementes son as partes da planta con uso
medicinal. A infusión de pirixel facilita a dixestión, elimina os
gases intestinais e abre o apetito. Axuda a eliminar o exceso
de líquidos retidos.
O zume da planta verde alivia a fatiga visual
e o proído das picaduras de insectos.
ROMEU (Rosmarinus officinalis)
Tamén chamado alecrín, romeo ou rosmariño.
É unha planta que habita no sur de Europa
e no norte de África.
É un arbusto perenne, de talos erectos e
ramificados que pode chegar a medir 2 m de altura.
Dase en calquera tipo de chan. Ten cor verde todo o ano.
As follas son pequenas e abondosas; presentan forma
liñal. As flores xunto coas follas son as partes da planta
que teñen uso medicinal.
A infusión de romeu facilita a dixestión, limpa o fígado,
favorece a eliminación de gases e o inchazo do ventre.
A infusión da flor alivia as dores da regra, a dor de cabeza,
e a retención de líquidos. As enxaugaduras son útiles
contra o mal alento e as chagas bucais.
RUDA (Ruta graveolens)
É unha especie herbácea perenne da famila das rutáceas.
Orixinaria do sur de Europa e do Mediterráneo oriental.
Cultívase tanto coma planta ornamental e de xardín coma medicinal.
Medra en lugares secos e rochosos, podendo acadar 1 m de
altura.
Ten propiedades dixestivas e estimula a función biliar.
As infusións coas follas desta planta son recomendables para
tratar o estreñimento e as desordes dixestivas. Reduce as
dores de cabeza, a ansiedade e o nervosismo.
SEOANE (Verbascum thapsus)
Esta planta tamén se denomina chopo e verbasco.
É unha planta herbácea de forma piramidal que pode
acadar os 2 m de altura.
As follas e as flores son as partes da planta con usos
medicinais. Recóllense de xuño a setembro.
Medra en terreos hermos, costentos e en pradarias secas.
A infusión das follas mellora as crises
asmáticas e favorece a recuperación das
enfermidades dos bronquios
Coas follas prepárase un emplasto que
se emprega para aliviar as almorrás.
TILEIRO (Tilia Platyphyllos)
Tamén chamada tilia ou tileira, é unha árbore
que acada os 35 m.
Con uso medicinal emprégase a flor coa
bráctea.
As súas infusións están indicadas para aliviar os problemas
de orixe nerviosa, o insomino, a tensión nerviosa, os nervios
no estómago e a tensión arterial alta.
Así mesmo están indicadas para o reuma,
a gota, os arrefriados, a tose, o asma,
e para a tensión baixa ou hipotensión.
TOMIÑO (Thymus pulegioides)
Coñecida tamén coma herba do cravo ou tormentel.
É unha mata perenne que acada os 30 cm de altura.
As flores e as follas son as partes da planta con uso
medicinal.
As flores son rosadas e brancas, e as follas son pequenas e
lanceoladas.
A infusión desta planta a xuda a subir os niveis de ferro no
sangue. É un remedio eficaz para o catarro, a conxestión
nasal, as infeccións da gorxa, anxinas, farinxe, larinxe…
As enxaugaduras de tomiño están indicadas para
tratar as chagas bucais e o mal alento.
Calmas as dores reumáticas e mellora os síntomas da
da dor de cabeza e das dores menstruais.
VALERIANA (Valeriana officinalis)
Outros nomes que recibe son: herba bendita, herba benta, herba dos gatos e herba gateira. É unha planta perenne que acada os 2 m de altura. Medra en fragas, nas beiras dos ríos e en lugares húmidos.
A raiz, única parte da planta con uso medicinal, recóllese en primavera e no outono. A infusión da raiz seca é moi eficaz para combater o insomnio, as arrítmias cardíacas e a hipertensión. Tamén está indicada para tratar a depresión, espasmos, e o esgotamento nervioso .
XARXA (Salvia officinalis)
Coñecida tamén como herba sacra, salva, salvia ou sarxa.
É un arbusto que acada 1/2 metro de altura .
Medra en chans secos e rochosos.
As follas, xunto coas flores, son as partes da planta con uso
medicinal.
A infusión desta planta calma as dores
menstruais, a dor de cabeza e a
irritabilidade.
Moi indicada para controlar os
vómitos, a diarrea e a acidez de
de estómago.
Tamén se emprega como relaxante muscular.