pleno infantil: dereito á participación

8
6º B CEP Pedro Caselles Beltrán Curso 2016/17

Upload: cep-pedro-caselles

Post on 13-Apr-2017

1.007 views

Category:

Education


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: Pleno Infantil: dereito á participación

6º B CEP Pedro Caselles

Beltrán

Curso 2016/17

Page 2: Pleno Infantil: dereito á participación

UNCAS

Page 3: Pleno Infantil: dereito á participación
Page 4: Pleno Infantil: dereito á participación

“Os menores de idade temos dereito a ser consultados sobre as situacións que nos afecten e que as nosas opinións sexan tidas en conta. Isto non significa que poidamos facer sempre o que queiramos, sen facer caso aos maiores. As nosas posibilidades de participación deben ir aumentando coa idade para que vaiamos adquirindo madurez”. “Os dereitos dos neno”, aparecen recollidos nun Documento acordado na Convención das Nacións Unidas. “A participación” aparece como un dos principios básicos para o desenvolvemento de tódolos dereitos deste Documento. Os dereitos de participación son necesarios para crecer como persoa; considéranse voluntarios e requiren da iniciativa persoal e polo tanto deben ser activos. Na Convención, estes dereitos de participación son: o de opinión; o de liberdade de expresión, de pensamento, de conciencia, de relixión e de asociación; dereito á protección da vida privada e dereito a unha información axeita-da.

Page 5: Pleno Infantil: dereito á participación

Esta proposta xurdiunos debido á dificultade que teñen os nosos pais e nais para poder conciliar a súa vida laboral coa fa-miliar. Polas tardes, ás veces, non temos quen nos atenda. Este espazo estaría aberto polas tardes de luns a venres e

atendido por adultos. Non se trata de crear unha gardería máis, senón un centro onde poidamos realizar actividades con outros nenos e nenas da nosa idade estando atendidos.

As actividades que propoñemos son: estudar, facer deberes, xogar, ler, ver a televisión, ver películas e algún obradoiro (cociña, xadrez, contacontos, reciclaxe, pintura, música, idio-mas, informática, prensa, …).

Page 6: Pleno Infantil: dereito á participación

Este voluntariado podería realizar varias funcións: Colaborar na limpeza e coidado dos espazos públicos e es-

pazos naturais: rúas, parques, ríos, xardíns, ... Recollida e coidado de animais abandoados mentras non

son adoptados. Realizar actividades cos maiores nalgún centro social: lec-

tura de contos, conversa, compartir xogos, contar historias… Colaborar na decoración navideña, de entroido, ...

Tería fundamentalmente unha dobre finalidade : Intercambio ou venda de xoguetes, libros, roupa ou calquera

outro obxecto. Recadar fondos para cubrir algunhas necesidades básicas

para as familias necesitadas do concello e poder intercam-biar obxectos sen custo algún.

Page 7: Pleno Infantil: dereito á participación

Nós facemos algunhas propostas de colaboración con este proxecto: poder participar na elección de libros in-fantís; na distribución do espazo para nenos; elección do mobiliario; propoñer actividades de animación á lectura; contactar con algún escritor/a para que veña á biblioteca; facer un clube de lectura; organizar contacontos; ...

Hai moitos concellos que contan coa súa propia pisci-na municipal. Tomiño non ten. A moitos de nós, as nosas familias deben levarnos a Portugal ou Tui. Iso supón un gasto económico e de tem-po importante para eles. En pleno século XXI , é unha necesidade.

Page 8: Pleno Infantil: dereito á participación

Martín Arias

Daniel Gayoso

Laura Hernández

Gabriela Linares

Martín Lomba

Pablo López

Carolina Miranda

Santiago Morell

Daniel Pereira

Jorge Verísimo

Ylenia Pousa

Iván Rodríguez

Ada Rodríguez

Jimena Skinfield

Pedro Suárez

Sergio Vicente

Clara Mª Vicente