pobos prerromanos da península ibérica. a cultura castrexa

26
OS POBOS PRERROMANOS DA PENÍNSULA IBÉRICA SERGIO FOLGUEIRA ARIAS 1º ESO (CIENCIAS SOCIAIS)

Upload: serxio-folgueira-arias

Post on 23-Jan-2018

696 views

Category:

Education


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa

OS POBOS PRERROMANOS DAPENÍNSULA IBÉRICA

SERGIO FOLGUEIRA ARIAS1º ESO (CIENCIAS SOCIAIS)

Page 2: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa

Mentres en Grecia nacía ademocracia e a filosofía ou se construía o Partenón...

que acontecía na Península Ibérica?

Page 3: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa

1. A CHEGADA DOS INDOEUROPEOS

●Quen eran os indoeuropeos?

● O termo indoeuropeo naceu como un concepto filolóxico, cando se comezou a ver que un gran conxunto de linguas desde a India até Europa tiñan moitos elementos comúns entre elas.

● Aparacerían arredor do ano 4.000 A.C. na zona cercana aos mares Negro e Caspio.

Mapa das linguas indoeuropeas

Page 4: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa

AS LINGUAS INDOEUROPEAS

Page 5: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa

Expansión indoeuropea

Page 6: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa

Como vivían os indoeuropeos?● Sabemos pouco dos seus modos de vida. ● Practicaban a agricultura e a gandería.● Coñecían a roda e o carro.● Domesticaban aos cabalos.● Coñecían a metalurxia do ferro.● Incineraban aos seus mortos e soterraban os restos dentro dunhas furnas cun enxoval.

Page 7: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa

Cando chegaron os indoeuropeos á Península Ibérica?

● Chegan en diversas vagas:

● A primeira arredor do século X/IX a.C. na zona de Cataluña.

● A segunda prodúcese no s. VIII a.C. coa migración dos grupos denominados celtas, que se asentan no norte, centro e oeste da Península.

● Non substitúen ás poboacións previas, senón que se misturan con elas.

Page 8: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa

2. AS COLONIZACIÓNS DOS POBOS DO MEDITERRÁNEO ORIENTAL

● Chegan:● Gregos● Fenicios● Cartaxineses

● Fundan colonias comerciais e de poboamento.

● O seu contacto cos pobos do sur e leste da Península está na orixe da cultura dos iberos.

Page 9: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa

E EN GALIZA?

● No noso país habitaba un pobo de orixe céltico, os galaicos.

● A Galiza non chegaron as colonizacións gregas e fenicias, pero isto non significou que non existiran os contactos.

● Polas nosas costas pasaba unha das rutas do estaño, que subministraban este material, imprescindíbel para a aleación do bronce.

● Un exemplo da influencia fenicia foi a introdución da metalurxia do ferro.

Page 10: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa

A CULTURA CASTREXA

- Denomínase cultura castrexa ao conxunto de manifestacións culturais do noroeste da Península Ibérica entre os séculos IX/VIII a.C. e o I d.C.

- A súa característica máis significativa é que vivían nuns poboados fortificados denominados castros, que lle dan o seu nome a esta cultura.

Page 11: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa

LOCALIZACIÓN

CulturaCastrexa

As características desta cultura localízanse nunha área que comprende a Galiza actual e que se prolonga cara o Occidente de Asturias polo norte e cara o río Douro (norte de Portugal) polo sur.

Page 12: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa

COMO RECOÑECEMOS

UN CASTRO?

Polos restos arqueolóxicos

Murallas, vivendas, pezas cerámicas, metalúrxicas...

A toponimia

Castro, Castriño, Castrillón,Croa, Cidá, Cibidá...

Polo folclore

Lendas de mouros, mulleres encantadas, tesouros...

Page 13: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa

Entre os castros máis coñecidos podemos citar...

- Baroña (Porto do Son)

- Santa Tegra (A Guarda)

- Viladonga (Castro de Rei)

- San Cibrán de Lás (San Amaro)

- Elviña (A Coruña)

- Castromao (Celanova)

Pero estes son só algúns, pois o país está cheo de castros. As últimas estimacións falan de entre 2.000 e 5.000.

Coñeces algún no teu concello?

Page 14: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa

O hábitat, representado polo castro, é o seu elemento máis característico. Pero... que é un castro?

É un poboado, de planta xeralmente redondeada, fortificado por muralla/s, foxo/s e parapeto/s en disposición concéntrica e pola ubicación en áreas de fácil defensa coma outeiros, aínda que tamén se atopan en chairas.

No interior da área defendida distribúense as construcións domésticas.

Segundo o seu emprazamento poden ser castros costeiros (en pequenas penínsulas) ou de interior (en outeiros, ladeiras ou chairas). Para a súa ubicación tamén é importante a existencia de terreos de cultivo e auga.

Page 15: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa
Page 16: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa

O castro de Baroña (Porto do Son) ubícase nunhapequena península paramellorar a súa defensa

Page 17: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa

Fortificacións

Vivendas

Castro de San Cibrán de Lás (San Amaro, Ourense)

Page 18: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa

Como son as vivendas?

-Sitúanse no interior do castro.

-Plante redondeada, cun diámetro de entre tres e seis metros.

-Poden contar cun vestíbulo.

-Por influencia romana adoptaron formas cuadrangulares.

-No interior das casas está o fogar.

-As cubertas eran de tipo vexetal recubertas con barro.

-Sobre os muros de pedra abríanse as portas.

-Non contamos practicamente con elementos arquitectónicos de carácter ritual (templos e necrópoles) nin tampouco con construcións públicas (palacios, lugares de reunión ou para espectáculos).

Page 19: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa
Page 20: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa

Reconstrución dunha vivendacastrexa no castro de Santa Tegra

Page 21: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa

As formas arquitectónicas perdurana través do tempo, coma nesta palloza

do Cebreiro (comarca dos Ancares, Lugo)

Page 22: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa

A ECONOMÍA: DE QUE VIVÍAN?

• Agricultura: cultivaban cereais (trigo, millo miúdo, cebada), leguminosas (fabas, chícharos), verzas, nabos...

• Gandería: vacas, cabalos, ovellas, cabras, porcos e aves de curral.

• Caza, pesca, marisqueo, recollida de froitos.

• Minaría do cobre, estaño, ferro ou chumbo.

• Elaboraban os útiles necesarios para a vida diaria→ Artesanía (cerámica, ourivería).

• O máis probábel é que non coñeceran a moeda, polo que practicaban o troco.

• Tampouco coñecían a escritura.

Page 23: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa

A SOCIEDADE CASTREXA

- Os castros estaban repartidos polo territorio.

- Cada castro estaba habitado por un conxunto de familias, e eran independentes do resto dos castros.

- Un conxunto de castros, co seu territorio circundante, podía constituír un populus ou tribo.

- Entre os distintos castros existían relacións, pero non formaban parte dunha unidade política superior, un Estado.

- As mulleres non se atopaban nunha situación moi desvantaxosa fronte os homes, pero todo parece indicar que estas sociedades eran rexidas por unha caste militar masculina.

Page 24: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa

Guerreiros castrexos deLesenho (Portugal)

Cabeza de guerreiro deRubiás (Bande)

Page 25: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa

Torso de guerreiro deArmeá (Allariz)

Page 26: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa

A RELIXIOSIDADE CASTREXA

- Temos moi poucos datos sobre as súas crenzas, na meirande parte dos casos a través de autores romanos.

- Parecen compartir moitas das características da relixiosidade doutros pobos celtas de Europa.

- Eran politeístas. Algúns dos seus deuses tiñan carácter local, mentres outros eran xerais.

- Semella que adoraban forzas relacionadas con elementos da natureza, como a auga, as montañas ou as árbores.