poesía 1976 actualidade
TRANSCRIPT
A POESÍA DE FINS DO SÉCULO XX
E COMEZOS DO XXIA POESÍA DE FINS DO SÉCULO XX
E COMEZOS DO XXI
INTRODUCIÓN Eclosión poética: diversidade temática e formal.
1976: Con pólvora e magnolias de Xosé Luís Méndez Ferrín e Mesteres de Arcadio López-Casanova.
Os poetas da década dos 80 consolidaron a tendencia culturalista.
Os poetas da década dos 90 fixeron uso dunha linguaxe máis natural.
É difícil facer unha selección de autores do panorama poético galego deste período.
GRUPOS POÉTICOS Os Novísimos.
O cambio de rumbo de 1976.
Xeración dos 80.
Xeración dos 90.
Poetas e tendencias actuais.
OS NOVÍSIMOS Nados entre 1940 e 1955.
Viven a loita antifranquista.
Herdeiros da tradición socialrealista.
Abordan cuestións como a defensa da lingua e os desexos de liberdade.
Toman o nome de Novísimos dunha antoloxía editada por Mª Victoria Moreno.
Os principais poetas son Darío Xohán Cabana, Margarita Ledo Andión, Xesús Rábade Paredes, Helena Villar Janeiro e Fiz Vergara Vilariño.
O CAMBIO DE RUMBO DE 1976
1975: remata a ditadura.
1976: prodúcese un cambio de rumbo na poesía galega.
Os autores deste período reúnense en colectivos como Rompente, Alén, Cravo Fondo e De amor e desamor• para ser máis eficientes na loita antifranquista na transición.• darse a coñecer dunha maneira máis eficaz.• difundir a súa obra dunha maneira conxunta.
XERACIÓN DOS 80 Autores que comezan a publicar cara a principios desa década.
Características comúns: Rexeitan a estética socialrealista do discurso anterior. Inclúen unha forte presenza de referencias culturais e
intertextualidade. Toman elementos da literatura universal, dende os clásicos grecolatinos ata a época contemporánea.
Botan man das ciencias e das artes: filosofía, mitoloxía, música, cine, banda deseñada…
Coidan a lingua, buscando un código moi elaborado, volvendo a estrofas clásicas.
Tratan temas intimistas, culturalistas, sociais e de reflexión metaliteraria.
AUTORES DA XERACIÓN DOS 80
XERACIÓN DOS 90 Aumenta o número de poetas e o 40% dos libros publicados son de poesía.
As novas xeracións agrupáronse en colectivos como Dolmen, Batallón Literario da Costa da Morte, Ronseltz ou Humilladoiro.
Crean editoriais para publicar a obra de autores inéditos.
Comparten recitais e gañan premios.
Os trazos que os unen son: Tratan temas eternos como o amor, a vida, a morte ou a patria, pero dun xeito renovado. Usan unha linguaxe máis directa e coloquial, inserindo diversas voces e empregando
diferentes variedades dialectais e rexistros. Inspíranse nas vivencias persoais. Prefiren o verso libre. Reducen o emprego do culturalismo. Recuperan a poesía comprometida con temas sociais como o antimilitarismo, o
feminismo e o ecoloxismo, aínda que afastada do socialrealismo clásico. Fan literatura feminina e feminista.
AUTORES DA XERACIÓN DOS 90
POETAS E TENDENCIAS ACTUAIS
Trazos comúns: Relevancia da escrita feminina. Poesía social e comprometida coa loita contra a violencia
de xénero, o ecoloxismo e a crítica ao consumismo. Experimentación nos planos formal e temático. Procura de novas canles de edición e difusión para a poesía
(ciberliteratura) como por exemplo os blogs e as revistas virtuais.
Autores: María do Cebreiro, María Reimóndez, Leo Fernández Campos, , Olalla Cociña Lozano, Elvira Riveiro Tobío, Daniel Salgado...