poesía

5
Quíxenche tanto, meniña tívenche tan grande amor, que para min eras lúa branca aurora e craro sol; auga limpa en fresca fonte, rosa do xardín de Dios, alentiño do meu peito, vida do meu corazón”. Así che falín un día caminiño de San Lois, todo oprimido de angustia, todo ardente de pasión; mentras que ti meescoitabas depinicando unha frol, por que eu non vise os teus ollos que refrexaban traiciós. Dempois que si me dixeches, en proba do teu amor, déchesme un caraveliño que gardín no corazón. ¡Negro caravel maldito, que me fireu de dolor!... Mais a pasar polo río ¡o caravel afondou...! Tan bo camiño ti leves como o caravel levou. Rosalía de Castro Regreso ao teu corpo no que me afundo para esquecelo todo. Afondoen ti, xa me levas no claro día dos teus ollos. Mergúllome no mel da túa herba e dos teus labios. Sinto un río de bolboretas lenes enchendo as miñas veas mar arriba a desborda Autor: Xulio L. Valcárcel Onda un muro De pedra eu puxen un bico para ti Baixo un teito de pedra pintaches un bico para min. Un bico pintado. Un bico pousado na tea na area. Dous bicos calados na pedra na tebra. Dous bicos sen fin. Antonio García Teijeiro Voz sen verbas: silencio. mar sen auga: deserto. Sol sen raios: misterio. Luz sen brillo: coitelo. Man sen man: un berro. Dor sen laios: o tempo. Eu sen ti:

Upload: biblioeba-culleredo

Post on 08-Feb-2016

230 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

poesís en galego

TRANSCRIPT

Page 1: poesía

Quíxenche tanto, meniña

tívenche tan grande amor,

que para min eras lúa

branca aurora e craro sol;

auga limpa en fresca fonte,

rosa do xardín de Dios,

alentiño do meu peito,

vida do meu corazón”.

 

Así che falín un día

caminiño de San Lois,

todo oprimido de angustia,

todo ardente de pasión;

mentras que ti meescoitabas

depinicando unha frol,

por que eu non

vise os teus ollos

que refrexaban traiciós.

 

Dempois que si me dixeches,

en proba do teu amor,

déchesme un caraveliño

que gardín no corazón. 

¡Negro caravel maldito,

que me fireu de dolor!...

 Mais a pasar polo río

¡o caravel afondou...!

 Tan bo camiño ti leves

como o caravel levou.

  Rosalía de Castro

            

 Regreso ao teu corpo

no que me afundo

para esquecelo todo.

 

Afondoen ti,

xa me levas

no claro día dos teus ollos.

Mergúllome no mel

da túa herba e dos teus labios.

 

Sinto un río

de bolboretas lenes

enchendo as miñas veas

mar arriba a desborda

Autor: Xulio L. Valcárcel

 

Onda un muro

De pedra

eu puxen un bico

para ti

Baixo un teito

de pedra

 pintaches un bico

para min.

 

 Un bico pintado.

  Un bico pousado

  na tea

  na area.

  Dous bicos calados

  na pedra

  na tebra.

  Dous bicos

  sen fin.

Antonio García Teijeiro

Voz sen verbas:

silencio.

mar sen auga:

deserto.

Sol sen raios:

misterio.

Luz sen brillo:

coitelo.

Man sen man:

un berro.

Dor sen laios:

o tempo.

Eu sen ti:

inferno. 

 

Antonio García Teijeiro

  

 

 

 .

 

Page 2: poesía

 

SEMPRE a rosa.

Sempre: 

a forma, 

a cor, 

o recendo, 

a luz, 

a perfección da rosa. 

Prefiro a rosa vermella. 

E amo a rosa branca 

porque, cando lle digo 

simplementes: ROSA, 

entrecerra os ollos, 

treme 

e ruborece. 

Manuel María

Miña nai traballa nunha fábrica de conservas.  

Un día miña nai díxome:  

o amor é unha sardiña en lata. ¿Ti sabes

cómo se preparan as conservas en lata?  

Un día miña nai díxome: o amor é unha obra de arte

em lata.  

    Filla,  

¿sabes de onde vés? Vés dun viveiro de mexillóns  

en lata. Detrás da fábrica, onde podrecen as cunchas  

e as caixas de peixe. Un fedor imposible, un azul que

non vale. De alí vés.  

Ah! Dixen eu, entón son a filla do mar.  

 

Non.  

Eres a filla dun día de descanso.  

 

Ah! Dixen eu,  

son a filla da hora do bocadillo.  

 

Sí, detrás, entre as cousas que non valen.  

 Luisa Castro

Nas leves tardes de Outono tan serenas,

ateigadas de silencio e dozura

eu vou sentindo, amor, a túa tenrura

igual que lume queimándome nas veas.

O son das aves, o vento e as sereas,

a voz solemne do mar, rouca e escura,

é a voz do amor coa súa fondura,

co seu incansábel ritmo de mareas.

Eu quero vivir o outono na ribeira

para amistar coas gaivotas e embarcar

nunha dorna xentil, ben mariñeira.

O meu desexo máis fondo é naufragar,

¡ouh miña boa e sinxela compañeira!

no teu mar de tenrura. Só no teu mar.

(Manuel María)

Aquel veran dixeches que me amabas.

Non era amor, mais ti falabas delo.

Falábasme do amor do noso selo

e que era a min soamente a quen buscabas.

Aquel verán dixeches que me amabas.

Que ansiabas de entre o amor o máis sinxelo:

percorrer cos teus beizos o meu pelo

e tocarme coma só ti me tocabas.

Aquel verán dixeches que me amabas.

Que non tiveras antes quen te amara,

nin quen te amara tanto ti tiveras.

Aquel verán dixeches que me amabas.

Dixeches que deixándome perderas

o día en que pra sempre te marchabas.

(Modesto Fraga)

Ondas do mar de Vigo,

se vistes meu amigo!

E ai Deus, se verrá cedo!

Ondas do mar levado,

se vistes meu amado!

E ai Deus, se verrá cedo!

Se vistes meu amigo,

o por que eu sospiro!

E ai Deus, se verrá cedo!

Se vistes meu amado,

por que hei gran coidado!

E ai Deus, se verrá cedo!

Martin Codax

Page 3: poesía

Cando setenta invernos na túa frente  

caven fondos agravios e regañas,  

cando leves escrita polas cañas  

a traxedia do tempo displicente;  

 

cando o curso dos anos che amolente  

a preciosa dureza das entrañas,  

cando mesmo calvexen as marañas  

que son coroa ó monte máis ardente;  

 

cando a morte se pouse nos teus ombros  

e todo sexa un resoar de escombros  

e ruína certísima da rosa,  

 

se eusigo por aquén, amarei tanto  

a túa decadencia, o teu quebranto,  

que has de morrer pensándote fermosa.  

  Darío Xohán Cabana

 ¿Cómo hei vivir mañá sen a luz túa?

Case morto vivín sen coñecerte

aló na chaira seca por absurdas rúas

onde ninguén me soubo dar mornura.

Foi soidade desconforme adentro

e a semente a caer en terra dura.

¿Cómo hei vivir mañá sen a luz túa?

Erguinme e vinte ao regresar á terra

como se fora todo aquilo un soño

pesado e ti xa foras sempre miña.

Foi outra vez materno en aloumiño

o bico teu na lingua.

E foi de novo corazón adentro

comprender a existencia e a dozura.

¿Cómo hei vivir mañá sen a luz túa?

Pero hoxe mesmo o día abriu en medo

entrou na fiestra un sol estraño inmenso

e deixáchesme o leito en mantas frías.

Está a volver agora corazón adentro

a soidade o podre a agonía

a me pinchar as cousas en millóns de pugas

cada minuto en séculos de agullas.

¿Cómo hei vivir mañá sen a luz túa?

Bernardino Graña

Manco o sol que regresa da xanela

e estou aquí a mor e estou contigo:

quixera vernos fundidos á terra,

á terra, á auga, ó mundo inmenso.

As túas mans que me andiveron son días,

días que marchan e esquecín hai anos,

moitos anos, esta forma de volta

pois cen anos hai ata agora mesmo,

se ti non me abrazaras.

E estou aquí amor e estou contigo,

teus ollos chuvia, túa voz quen me agocha,

quen me agocha, meu amigo querido.

É contigo que podo

cre-las mentiras do amor

crer nas mentiras do amor,

unha imbecilidade que é imposible.

Xela Arias

A amante nunca ten dentes postizos

graus no nariz

pelos nas coxas

gorduras nos cadrís.

Á amante nunca lle inchan os ollos ao dormir.

O poeta ama a perfección

non te ama a ti.

Es idealización

mito

metáfora da metáfora.

De non seres perfecta como te amarían?

Mª Xosé Queizan

Si o certo é teu amor

i é cobiza a sospeita

perdóame.

Si son eu o que fuxe

i eres ti quen te quedas

perdóame.

Si é engado teu querer

e o certo é miña dúbida,

engádame.

Si para a tua ledicia

percisas miña anguria,

engádame.

Blanco-Amor

Page 4: poesía

Estamos xuntos

pero tamén

moi separados.

O noso amor é poesía.

Poemas abertos,

os nosos corpos.

Se te enamoras

vaste e non volves.

Ou chegas e miras todo

como unha estranxeira.

Ninguén

me prohibirá nunca

estar soa.

Lupe Gómez

Toma esta chave.

Abre os meus beizos

pero non raches

o meu silencio.

Abre os meus labios,

tes moito tempo.

Ti ben coñeces

a voz do vento.

Faino con calma.

Faino con xeito.

Quero vivir

nun beixo eterno.

A.García Teijeiro,

Es doce como o soño degolado,

doce folla de aceiro dun coitelo,

doce como a nudez do carambelo,

doce sangue vermello derramado.

Es doce como o verso encabalgado,

doce palabra libre e pesadelo,

doce como ese son do violonchelo,

doce canto, barítono do agrado.

Es doce como a noite pequerrecha,

doce casa común, tobo futuro,

doce como asubío dunha frecha,

doce zume, morango ben maduro,

doce como o sendeiroi dunha crecha,

doce exaculación a ben seguro.

Miro Villar

E cando me volvín para bicalo

escoiteille dicir

"facía tanto tempo".

Non lle pedín permiso.

Non sabía.

Do seu corazón lento

nunca puiden contar tódolos golpes.

María do Cebreiro

Sube por min

arrastrándote e rozando as miñas pernas,

envolvendo, torpe e irto,

as miñas coxas.

Debuxa como sabes o meu corpo,

construíndote en min

como acostumas,

inventándote quizais en nova pel.

Crea a figura que coñeces

e agarda a que te abotoe.

Mónica Góñez

Unha noite na eira do trigo,

o refrexo do branco luar,

unha nena choraba

sin trégolas,

os desdés dun

ingrato galán.

Y a coitada

entre queixas decía

xa no mundo

non teño a ninguén,

vou morrer e non ven

os meus ollos,

os olliños

do meu doce ben.

Os seus ecos

de malencolía

camiñaban nas alas

do vento,

Y o lamento repetía

vou morrer e non ven

o meu ben.

Curros Enriquez