portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · eduardo estévez,...

143
Documento distribuído por dEfecto 2000 Marilar Aleixandre, Fran Alonso, Yolanda Castaño, María do Cebreiro, Xabier Cordal, Emma Couceiro, Estevo Creus, Marta Dacosta, Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño, Chus Pato, Isolda Santiago, Sechu Sende, Francisco Souto, Miro Villar, Rafa Villar Eduardo Estévez realizou esta edición facsímile de dEfecto 2000 (Letras da Cal, Santiago de Compostela) a partir dos arquivos orixinais de 1999. Desde culturagalega.org queremos agradecer a xenerosidade de todos os autores por facilitar a redifusión deste importante texto. Podes consultar a historia de Letras da Cal na seguinte reportaxe: http://www.culturagalega.org/temadia.php?id=9102 Documento distribuido por culturagalega.org Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org) Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia) Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / [email protected]

Upload: hadan

Post on 03-Dec-2018

233 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

Documento distribuído por

dEfecto 2000

Marilar Aleixandre, Fran Alonso, Yolanda Castaño, María do Cebreiro, Xabier Cordal, Emma Couceiro, Estevo Creus, Marta Dacosta,

Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño, Chus Pato, Isolda Santiago,

Sechu Sende, Francisco Souto, Miro Villar, Rafa Villar

Eduardo Estévez realizou esta edición facsímile de dEfecto 2000 (Letras da Cal, Santiago de Compostela) a partir dos arquivos orixinais de 1999. Desde

culturagalega.org queremos agradecer a xenerosidade de todos os autores por facilitar a redifusión deste importante texto.

Podes consultar a historia de Letras da Cal na seguinte reportaxe:

http://www.culturagalega.org/temadia.php?id=9102

Documento distribuido por culturagalega.org Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)

Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)

Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / [email protected]

Page 2: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

1

Efecto 2000Efecto 2000Efecto 2000Efecto 2000Efecto 2000Antoloxía de

poetas dos 90

Page 3: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

2

Page 4: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

3

Efecto 2000Efecto 2000Efecto 2000Efecto 2000Efecto 2000Antoloxía de

poetas dos 90

Page 5: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

4

Esta edición dixital realizouse en 2006utilizando os mesmos arquivos cos que se imprimiu

a primeira edición en 1999

Page 6: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

5

Efecto 2000Efecto 2000Efecto 2000Efecto 2000Efecto 2000Antoloxía de

poetas dos 90

Page 7: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

6

dEfecto 2000. Antoloxía de poetas dos 90 dos autores e autoras dos textos

Letras de Cal

Ilustración:Nolo Suárez

Edita:A. C. Amaía

Apdo. 142, CompostelaGaliza, novembro 1999

Imprime:Litosprint, S.L. - Pontevedra

ISBN: 84-922620-9-5D. L.: C-

©

Este libro publícaseco apoio da Comisión Europea.

Page 8: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

7

Letras limiaresLetras limiaresLetras limiaresLetras limiaresLetras limiares

A colección de poesía Letras de Cal, impulsada por ducia e mediade autores e autoras, naceu coa vocación de favorecer o acceso daxente máis nova á publicación dos seus libros, con atención preferenteaos poetas que permanecen inéditos.

Oito libros nos dous primeiros anos son a mostra do noso, modestomais decidido, traballo editorial, que continúa en dEfecto 2000 (Anto-loxía de poetas dos 90), unha achega a varias das poéticas que coidamosmáis interesantes nesta última década do século.

Esta antoloxía que propoñemos é só unha das antoloxías posíbeis.É máis, entendemos que só se trata da antoloxía na que os membrosdo consello editorial de Letras de Cal fomos quen de confluír, e istodespois dunha nada fácil discusión e posta en común. É, logo, unhaantoloxía de lectores e lectoras, e non a típica escolla que dependeda perspectiva crítica dalgún profesional da literatura. Nós víamosllea facelo así, cando menos neste momento, máis vantaxes que incon-venientes.

Partimos dun listado, que intentamos exhaustivo, de todos os autorese autoras que durante a década dos 90 publicaran o seu primeiro libroindividual, mesmo sabendo que aí deixábamos fóra un número impor-tante de poetas que se deron a coñecer (organizados en asociacións ouque apareceron en revistas e publicacións colectivas) nestes dez últimosanos. Aínda así, o listado que manexamos era de case cen poetas, oque, malia parecer unha esaxeración, é só o reflexo da realidade quese viviu na nosa poesía nesta década, coa implosión de novas propostaspoéticas (algunhas ben novidosas), fenómeno este que mesmo logrouachar eco na crítica literaria e nos medios de comunicación.

Deses perto dun cento de poetas, escolmamos algo máis da quintaparte, de aí que tamén falemos dunha antoloxía con certa visión pano-rámica, e non dunha antoloxía de tendencias estéticas ou de nomesrepresentativos. En realidade, fixemos unha suma de subxectividades(cada un dos membros do consello editorial propuxo a súa propialista de poetas que deberían formar parte da antoloxía) que deu comoresultado a nómina de autores e autoras que presentamos en dEfecto2000 (Antoloxía de poetas dos 90).

Feita a escolla de poetas, o seguinte paso foi antologarmos os textosque nos parecesen máis representativos de cada un deles. Para isto e

Page 9: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

8

co fin de organizarmos o traballo, entre os membros do consello edito-rial fixemos pequenos equipos de dúas ou tres persoas que se encargaronde seleccionar os poemas de cada autor.

O resultado é este libro, que titulamos dEfecto 2000 (Antoloxíade poetas dos 90), co que Letras de Cal fai o décimo da súa colección.Pola nosa parte, recomendamos finalmente permanecer atentos á novadécada que comeza, lonxe de todo agoiro apocalíptico, pois de seguroha producir fermosos textos poéticos que reclamen a nosa ollada comoeditora e, xa máis particularmente, como lectores e lectoras.

O consello editorial de Letras de CalVal de Amaía, novembro de 1999

Page 10: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

9

Marilar AleixandreMarilar AleixandreMarilar AleixandreMarilar AleixandreMarilar Aleixandre

a noite antes de morreres–ordes do médico–cun algodonciñomollado en acetonaborrei da uña do teu dedo pequenoo esmalte rosa

o ano antes de morrereseu tiña vintecincoestaba tan ocupadaen non ser coma tinon criar sete fillosborrar os esmaltesde todas as uñasescapar ós vincallos que tendenas cuncas de café

a noite antes o esmalteno algodónque o médico puidese vero devalar do sanguepor baixo das uñasdas caracolas brancasúltima maré baleirándose no corazón

mentres a morteagatuñaba pola cana dos ósoso ano antes un amanteque non coñecías(de coñecelo había disgustarte)atendía ó balbordo que me zoabadentro dos caracoispintoume na uñado dedo pequenocon rotulador negroun corazón

baixo as uñasbaixo as uñasbaixo as uñasbaixo as uñasbaixo as uñas

Page 11: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

10

daquela non sabíaque o teu sangue callounesa terra que teño baixo as uñasque a ti debíaas pugas que agromaban quetamén levo por baixo das uñasrestos da túa tintaque acabaría usurpando o teu nome

non sabía que fuches ti quen me educoucontra ti mesma

Catálogo de velenos (1999)

Page 12: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

11

o ano en que rompichesen mil pedazose fomos pegándote pouco a poucocon chuspe de griloe algunha bagulla que outra

o ano en que un fungo brancoche tecía nas veasun sudario tépedoteus irmáns guindábansereceitas mensaxeirasde somníferosdurmideira beladona valiumdezorfidal ou morfidaltodo porque morfeoxémeo do outrodo outro(¿está fóra de peligro?aínda non aínda non)

o ano en queeu era de madeira(dixo un enxeñeiro)as bagullas furábanme por dentrocomo larvas da couzamiúdas e opacas

o ano en queas airadas do ventona Coruña levantabanunha poeira de impotenciaun turbillón de pesadelosen que o termómetro desbocadoa máis de corentaen que o teu pulsozigzagueaba pola pantalla

con chuspe de grilocon chuspe de grilocon chuspe de grilocon chuspe de grilocon chuspe de grilo

Page 13: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

12

o anoese anocon dous oitosnegación do infinitotempo que non queríatranscorrer túnelselado

Catálogo de velenos (1999)

Page 14: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

13

¿por que me tiraches da lamaou do matadoiro?¿por que dime moldeacheso meu corpo esta gaiolase habías guindarme no cuarto escuro?

cando cheguei aprendína lingua das cascudas o alfabetodas arañas pois como Casandranon sei vivir sen falarmedráronmeos ollos para furar a tebrabotei garlas para respirarnesta humidade de feluxeque anticipa os recantosno bandullo do peixe

andando o tempologrei acostumarmea que as ratas chimpasen sobre o meu ventreá noitea que me acordasen lambéndome a cara

se che disgusta o meu narizlembra que saíu da túa manti puxeches nel a maldición:unha cuarta por cada verdade

pero se has ameazar ós demaisnon con ratas ou tebrasnon con arañeiras ou cascudassenón coa miña compañíase ós poucos mudei no sacauntosmellor desfai outra vez o meu corpousa os pelgachos para unha nova criatura

a criatura interpela ó seu creadora criatura interpela ó seu creadora criatura interpela ó seu creadora criatura interpela ó seu creadora criatura interpela ó seu creador

Page 15: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

14

as rachas para unha mesaou chíframe de cabezanese forno de gas onde me cocín

Catálogo de velenos (1999)

Page 16: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

15

Fran AlonsoFran AlonsoFran AlonsoFran AlonsoFran Alonso

a memoria sepultada nas ruínas de Monferodos ollos de pólvora que baixo as pedrasde barroco e tremor xacen esquecidasdas mans da primavera e a boca florecidaen pizarra e pedra de emoción embadurnadacoma os anos embebidos na calor dos costumese desexos oxivais dos arcos e as pedrasdas mans rebeldes que pintaron a memoriaencadernada entre as herbas dun monte monferocantando de xoglares coma area as cantigasdun pobo que noutrora fora ceo e fora sanguexorden coma bombas as palabras e as tormentasdunha clara tempestade que avivece a memoria.

A lúa no probador (1992)

Page 17: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

16

os múltiples motivosque me poden levar a escribir un poemati tes, entre eles, un lugar de privilexio.Por seres o corredor de almofadas suciasonde ecoan as nosas contradiccións.Mais tamén porque agachas no teu colocrocodilos.E as horas tépedas en que nós invernaron.Porque me ensinaches a ser curuxa,a velar a noite de timbres, farangullase odios.Semente de louza fina e pedramol.Prometíchesme un futuro de tendóns,de paredes en tensión, amor.Somos como anguías.Esvarámonos.Mesturamos o noso sangue no vertedeiro.Ollamos para o centro do salóncando nas esquinas medra o lixo e o vinagree a marmelada aceda.E despois de tanto traballo inútil, vén a entrega,coma luras amarradas ás poteiras,e os reproches, ciúmes, paranoias, soidades,e desexos.

Persianas, pedramol e outros nervios (1992)

Page 18: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

17

éxote de regra, ducha, xel,bragas cinguidas á pel de marmelada.Debuxas liñas coma soles, corazón,perfumes, bidés, un sobrado de compresasno armariño da tregua necesaria.Debuxas peitos brancos coma elefantespastando malembe trala blusa.Imposme un coitelo, un remuíño de desexos,unha tregua de toallas.Es un leito de peitos brancos e elefantes,todos en estampida de min mesmo.

Persianas, pedramol e outros nervios (1992)

Page 19: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

18

e esvaro lenemente no noso leito de cointreaupara che acariñar bragas, encaixes e muslos,para che percorrer lingoreteiro os peitos de malembe,e os pezóns se che estiran coma goma de borrar,e sinto as túas mans mornas nos meus calzóns bébedosapalpando as formas da miña pel electrizada,e dispoño pouco e pouco de che sacar faixas axustadas,non hai, amor, xenreira que resista proba tan duranin odio que non prenda nas raíces do desexo.

Persianas, pedramol e outros nervios (1992)

Page 20: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

19

nosa relación, amor, é estéril.Por veces non produce.¿Debemos, daquela, seguir amándonos?Eu quixera facer da vinga o ritual de cada noite,para ensarillarte coma un cefalópodo nerviosonas mallas baleiras da miña querencia erma.Mais a falsidade tampouco me produce.Eu quero ser ruín, amor,porque mo pide a sociedade.

Persianas, pedramol e outros nervios (1992)

Page 21: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

20

Ás oito da mañá comezo a facer tortillas.Fágoas todo o día,con e sen cebola,soas ou acompañadas de leituga e tomate,ás veces con chourizo,moito en bocadillo,sobre todo ás dez ou ás once,tortillas dos andamios para os obreirosque berran e traen as mans sucias.Cómenas con cervexa,os días grises, sentados trala barra.

Secuencia ASecuencia ASecuencia ASecuencia ASecuencia A

Tortillas para os obreiros (1996)

Page 22: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

21

Yolanda CastañoYolanda CastañoYolanda CastañoYolanda CastañoYolanda Castaño

Cubriron con exactitude o impreso en vixencia inexcusable,encheron puntuais os ocos baleiros con nomes completos, enderezos e

datas precisas de nacemento.Cumprimentaron os estrictos documentos mediante

pólizas determinadas,certificados de pedra e facturas de floristerías.Riscaron as cuadrículas burócratas da forma máis sensual que

puideron atopar naquel bolígrafo.Non lembro xa cánto papel de estado empregaron na escritura

de ingreso nin cántassinaturas ensaiadas.Logo fixeron con tino a

inscripción legal gozosa norexistro

e antes de que vencera o prazo foron acordar acota mensual de beixos.

Non se esquezaque se amaron dende as nove corenta e cinco do vintenove de maioaté as sete e tres minutosdun catorce de setembro.

O contratoO contratoO contratoO contratoO contrato

Elevar as pálpebras (1995)

Page 23: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

22

nha fábula preciosa que nos colleu por sorpresa.

Eu levaba cento vinte días repetindo o seu nome de sedae co relampo dos profetas perdinme da súa man que era grandee que tiña un recuncho pequeno para agocharme dos malos.

Levarme e esconderme nunha habitación suxa e inventada,sempre dicir as cousas lindas con ese xesto mansamente tristee a min de pura alegría víñanme medrar estreliñas nas meixelas.

Había unha sentencia guerrilleira que nos facía furtivos algo[torpes

pero el sempre chegaba para contarme contos tristese por aquel entón eu era a nena máis bonita de todas

e fomos nós os que gañamos, e mesmo tras dos remates e tras das bágoas e doutras lendasaínda ficaba alí calado,asistindo sen condicións,para volver a descompoñerme.

Delicia (1998)

Page 24: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

23

Quén preservará todos os contornos da conciencia.Quén ha de revelar o meu nome descoñecido,

o meu impúdico nome que codifica e devora.Quén pode prescribir tantos equívocos moldes

por encima desta fiestra construída polo corpo.Quén haberá que incorpore esta razón esta memoria

cara un ciclo impertérrito de tebras e de luz?

Poética de incertidumesPoética de incertidumesPoética de incertidumesPoética de incertidumesPoética de incertidumes

Delicia (1998)

Page 25: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

24

ame un fogar e sanarei as túas costas.As túas labiais louvanzas as louvanzas únicas.

Así quero que me contes cómo e cánto me buscachese que así rememores todos os nomes da ausencia,de cando eramos aínda tan remotos cara a cara,e que queden sepultados baixo o cemento do esquecemento.E eufago unha cova para ti no

van do meu abrazo,na sima dos meus brazos,

no rexime feudal do oco do meu colo.A devoción enfermizaque durmía nunha caixa pequeniña cun diagrama.E agora a omnipotente resonancia da túa fronte,e a íntima estancia onde ninguén é máis ca ti.

Tamén ti na viva esfera fixeches unha ofrenda,aquela sonora e álxida quietude do teu castelo.

Son a Cristiana.

Hoxe dicíanme que as cousas escuras son cousas terribles.Tacho as liñas, pecho os libros, teño dereito a un exército.Desexo mecelos, os nomes brutais que me dabas, mecelos de

[novo.Xuntos deixamos caer as nosas diplomaturas co mundo.

Cándo calarán.O meu nome é Cristiana.

Vivimos no ciclo das erofanías (1998)

Page 26: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

25

Vivimos no ciclo das erofanías (1998)

altamos a clase. Cómo me buceas.Faime o que sabes que me gusta que me fagas.Cociñándome a túa hipérbole

a un fogo mui lento.

Cando as nosas emociónsxa nos doen de tanto usalas,

de alritadas i enroxecidas, que tanto pagaron a pena.Cómeo todo, meu ben, como cando eras pequeno,e apertámonos moitopara que non caiba máis nada.

A miña obsesión por esa melena,acibeche vertical que che abriga toda a espalda,unha relixión de 68 centímetros; para que vexas.A túa posesividade coñece as miñas formas.

Fálasme de cousas de maiores.Tiven que engulirte na miña cabeza.Logo comezamos a , e fixéchesmee puxéchesme o como se fose unhaUn asunto de sintonías, e non sei como é que o fas tan ben.

Xa nos saen todos os cadros máis bonitos.Se che dá por arrodearme de velas eclesiásticas.Amarrándote con cordas e cosa miñas dotes de quecerpor iso pido a insolencia de que ti me necesites.

Page 27: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

26

odas as salvagardas que nos merecemos.O teu perfil confidente.Como todo o que che digo cando non podes ouvirmee é tan dura a tarde, e ti tanto me faltas.

Os nosos dáctilos Par a par.Soños fértiles Par a par.Parecía imposible que coubese tanto alento,tan madrepérola como agora nos preña.Veña, miña bela bestia, vén coa túa yolandalatría.

A tarde nos visita algunha vez abandonadose ti dis corazón, esa palabra que odio.Fuches ti, meu animal, fuches ti quen esculpiunas miñas nádegas un verso que dicía para sempre.

Vivimos no ciclo das erofanías (1998)

Page 28: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

27

María do CebreiroMaría do CebreiroMaría do CebreiroMaría do CebreiroMaría do Cebreiro

Non levo té nas palmas pero teño unhas xemasque poden rebentar en calquera momento.Asisto á prehistoria das raícese os meus dedos ensaian a caricia só porque non te poden rabuñar.Con auga da traídapreparo unha infusión de finísimas herbase o verde leva un nome proscrito de muller, de maría, de min.Tamén quero casar pero non teño roupa.Por iso ás veces penso no xabrón do lagarto,nas eventualidades, miña nai:enxugar outra vez a saia coa que andaba perdida por aí(igual que a carolina, íspome polos pés).Primeiro eu almorzaba malas herbas ata un fondo chamado última

[gotae logoasí fregaba a louza, así, así,mesturando na lingua memoria con desexo.Imito a voz de isolda,lamento o meu destino moito máis torpemente que luísainsisto (sempre insisto) en preguntar,coas miñas mans tan brancassumidas nos cacharros máis profundos.Podía demorarme en refregar a carne contra tódolos concospara apañar os restos dun pouso tan acedo como inútil.Pedín xogar a bico, verdade ou consecuenciapero non me deixaron.Así pasaba o ferro, así, así,coa traizón dos outros incendiándome o pulso,e emprendía reformas nese cuarto que por desgracia todos levamos

[dentroou tapaba as goteiras dun faiadoque ardera sendo eu inmediatamente anterior na orde do tránsito.O braseiro e a decadencia persoal son case a mesma cousa.Sorprendeume entre os dedos o espertar do remol

intenciónsintenciónsintenciónsintenciónsintencións

Page 29: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

28

porque me souben lúcida pero sentimental despois de todo.Así berrei por fin, así, así,solicitando asilo, pedra pómez, calquera circunstancia respirable.

o estadio do espello (1998)

Page 30: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

29

riunfal cursus honorum ou turbia traxectoria persoalpero xa nunca dante, nin centro do camiño,porque os que paseamos por aquífrecuentamos lugares pouco amenos,rexeitamos o mundo, o tempo foxee collemos o día coas nosas mans baleiras.Somos menos felices que beatos e, desgraciadamente,bastante menos áureos que mediocres.

o estadio do espello (1998)

Page 31: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

30

prendeuche a mentir en verso libre. Cántas trolascalculas que me vas encaixar nun só poema en prosa,méry laurent, mantida. Abre ben esa boca a ver quélevas dentro. Quen che arrincou as perlas

deixou intactas as caries, a materia.Acaso preparaba ese instante fatalonde o negror

corruptose converte en agoiro da rosa sen a cruz.

Coñezo a posición de tódolos empastesa cor aproximada do mercurio,o valor do metal que intentas esconderme.Cómo debo chamarlle á moa do xuízo para non ofenderte.Cabeleira, nocelo, sobaco ou caravelson partes evidentes dese mapa que exhibes

sen relevo, sen lenda e sen escala.

o estadio do espello (1998)

Page 32: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

31

memoria é o espacio da reapropiación.Vivo para contalo. Gardo tódalas fotospara as que me pediron que sorrira.Agora me decato de que endexamais prescindíndo trazo, da impiedade.

Porque a caligrafía consiste na ilusión de que non nos torcemos.Nin os cadernos rubio darían ocultadoque o carbón mancha a pele que a mina se crava con frecuenciano páncreas do inimigo.Agás no teu. Arrincáronche os ollos e iso faite inmortal.

(entón ela abateuse prostrándose por terra e díxolle:–¿por que atopei benquerencia ós teus ollospara reparares en min,sendo como son

unha estranxeira?)

o estadio do espello (1998)

Page 33: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

32

ería (tal vez) ben apañar algo, un pouco máis de vento (de[veleno)

para facer do fol un bo arsenal. Que a letra sexa o demo ou a[muller.

Habiamos poñerlle unha mazá nas comisurasa ver qué fai con ela.Quen ten a tinta ten o pergameo, o dominio do mundo

[intelixible.A incisión só se fai cos obxectospunzantes, con iso que non teñoe nas táboas de cera son o suco,

pero inscribo o meu xesto no espírito dos homese tócolles a gaita.Os corpos son pequenos, a arte é longa. Cada vez teño menos

[que sachar,a penas quedan marxes, ou poida que o de dentro xermole

[na experienciada expulsión como froito.Esnaquizo os espellos e aínda así non me castiga a sorte.

[Resucito(ou escribo) despois dos sete anos.Profanei a mapoula:

a flor que non habita perspectiva ningunhapero busco nas augas inmóbiles e presas,

na imaxe desdobrada, na escisión catastrófica,na beira do xardín como límite (fraude)que (tal vez) se me impuxo:eu elixo ser eva podendo ser maría.

o estadio do espello (1998)

Page 34: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

33

Xabier CordalXabier CordalXabier CordalXabier CordalXabier Cordal

edrou erva no teu cabeloComo nas costas che nacian os carballosBaixo o sol máis negro que o boi arrasta.

Profundos os teus ollos: abria-los coa duas maosPara que saíse un caranguexo azul ao mundo.Duas pegas-marzas. Creceron-che os dentes, miña señor.

Algun dia terás que tragar unha rosa con trigo.Dirás: «algun dia, a fouce». Ha de rebentar luzDas coxas dun castelo: a mañá. Ali, ao finDo teu vestido. Onde os nenos se perden.

Arianrod (1993)

Page 35: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

34

ira como ando polo borde infame da torre dos AndradeMira como cando as miñas queixadas baten en terraAro Galiza e collo a serpe viva entre os dentesMira como en cada púcaro ou alfaia que crias da palabraBenigno Andrade rompe os ósos dun xílgaroComproba, poeta, como o verbo nunca morará no castelo

do país onde empeza a amañecerOlla eses carballos onde pendura o fio do relampoCoa alma de Roi Xordo aforcada en esparto de ToledoQue Abril, compañeiro, rebente de pervincasA barriga dos bardos de palácio

Quen é deus, que sexa a ponte.

Arianrod (1993)

Page 36: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

35

nha hipótese Gaia cose no Sudán as vulvas da doncelao recendo, o baile, o casino desde licor de arandoolen ao cu dos cervos abatidos por militares de galao acto menos doado na poética, a sintaxeo camiño do vento é sempre a dirección contrária ao ventoescoitade: a língua que escreboas coordenadas dun templo onde chove sobre o estrumea miña língua matou en lábios dun Mesiasembarcado desde as augas do Tejoa língua que eu aprendin arrasta a gorxabalbucia revoltasnen forma nen contido. apenas os nexosa história dun bren corvo iluminaa entrada no metropolitanoreggae knock Babylonsó mover as pezas da sintaxeárbores nun amañecereis a vitória única da tuberculoseeis o xadrez das augaseis a machada de cobre que empuñan pandeireteiras vellas

Fruto do teixo (1994)

Page 37: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

36

vanza: un pé no lombo verde do carneiroo outro no lombo negro do xavaliela arrasta os pés para facer brillar os corredores da oficinanesa noite ocultaremos várias imaxescomprometian o paso polo cemitérioali, entre unha loción para barbear-seentre sellas con auga murchaficaban os restos da festa. a cámaraen nengun momento afastaba o seu ollo infernaldo paseo polas tumbastribe: a fragrance uprising und archetypeeau de toiletteinterrompemos a programación para informar á revolta dospequenos pobosparmi les déclarations d’indépendancethe country warriors are threeel cuerpo de intendencia sube a más de cuatrocientos generalesa equipa de universitários a desenhar argumentossans doute para a história ilustrada do movimento operárioun supoñer: da miséria intelectualsó nos libertará o exército dos míserosestamos a fala cos sistemas de intercámbio na hora libre do ocaso

Fruto do teixo (1994)

Page 38: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

37

o falante líricode volta nas catacumbasterriña que nos crioutenta fregar-lle a unha fonteo número de série

sen querer

le nos cristais rotoso resumo desolado

daquela, para superar a infánciadecide curar o astigmatismo

Afásia (1997)

Demostración 1Demostración 1Demostración 1Demostración 1Demostración 1

Page 39: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

38

todos os invernos eran igual: habia que escavar o corazóno cativo saudaba á morte prendendo no seu interior unha lucernahabia que evitar a carroza dos vampirosdeixando a cociña sen varrer na madrugada

baixo a almofada danzaban as sombras, o dentee o regalo dos tres reispero el estaba na mansión do espírito que vocifera

un home tranquilo que ulia a benzetacil 600remangou o seu hábito cegadorabriu a palma

en vez de sangue, o neno viu duas amígdalas

Afásia (1997)

cariátides (II)cariátides (II)cariátides (II)cariátides (II)cariátides (II)

Page 40: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

39

Emma CouceiroEmma CouceiroEmma CouceiroEmma CouceiroEmma Couceiro

ivimos nunha casa de mentira.Somos de trapo no seu ventre disecado,trapecistasensaiando un futuro malabar.

Respira e dilata túneles,cárcere rítmica de paredes e portasque doe atravesar como bocas desertas para o silencio.

Paseamos en pixamatomando notas a todas horascoas mans cheas de tinta

sen voz.

Humidosas (1997)

Page 41: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

40

stou pensando nelas.Hai unha explosión de manchas tristese pintura sorprendidaque din dorpor máis que a devoción me sae enteirae mareo o tempo.

Xusto ao redordo que ía ser o meu corpo deitado,medraron humidosas encollidas contra a pel.Nin esta nin outra máiscomo unha dama,xa só descunchando liñasda memoriae daquela tamén coa lingua axeonllada na boca.

Dóenme os pésde manter o equilibrioe estou sorprendida pensando nelas.Debe ser que só a voz é verdadeou só existe realmente este silencio.

Quen pode abrir unha ledicia arrastradamáis alá do meu corpo deitado,nin hoxe nin nunca máiscomo unha dama.

Humidosas (1997)

Page 42: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

41

debo ser esta que se retorcedebaixo do ceo desquiciadode estas entrañas horas.

erei a que non sabe.A que se retorce nos versos.A que se nace.

As entrañas horas (1998)

As entrañas horas (1998)

Page 43: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

42

índa creo nas estacións desertasque vivías detrás da casa.As tardes nas que adentrabas na terra todo o que tiñaspor medo.Había vestidos que ela gardaba por sempreou por amor ás cousas que nunca contabas.E sei que na guerra e na casatodo saía coa mesma forzacoa que arrincabas as costuras para que non afogase.

Pero non respira aínda o teu corpo con esa forza,non podes imaxinar como canta se canta dentro,nen que existe de estraño na súa aparición.

Debe ser que cega de asma a túa bocae por dentro,ou que non coñece o curso exacto das veas,o sangue que precisa para non ser historia.

E seguen medrando na humidadepara que o leve dentro,para que entenda o seu deserto dentro como entende a vida,porque aínda creo nos que choraban detrás as colleitasmentres adentraban na terra e no amor todo o que tiñanpor medo.

As entrañas horas (1998)

Page 44: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

43

Sta. Cruz de Mondoi, 12-Outubro-1997

algo despiadado como o desexo berra dende as ruínas(Alfonso Pexegueiro)

Falábamos das praias e ardía parís como no cine. Falábamosdas casas de ceo e ventre deserto porque no centro de nós mesmoscerraban os ollos. E tardei en escribirche e contarche o que se senteagora que nada é como dicías. Agora que esperto e vexo o meu corporespirar con forza. Penso nelas e penso en ti mentres o vento seguematándose na miña casa. E segue sendo triste. Tan triste como a quecomprende.

Quero contarche a miña historia de bailarina, os meus vestidosde princesa sen corpo e sen vestidos. Aquí todas sentiron chorar osseus fillos dentro. A vida era o seu manto de humidosas como untemplo, como o pazo da aldea cercándoas. E no forno de pedra, entreas edras, parían as gatas dos veciños. Dous séculos de enfermidadesfermosas e irmáns asmáticas. De olor a terra pisada todos os días. Porquepor onde pasas puido nacer a vida que che faltou para querela e quete deixe morrer entre os seus brazos.

Pero o meu sangue non avanza nas veas como as túas palabrasou a túa relixión. Son a outra espida de credo e cando visitamos asruínas do teatro recito a túa pel a escuras e sei como cae un imperio.Fronteiriza na derrota porque só nos límites se conquista o centro.

Pero os cimentos. Hai algo que non teño nos cimentos. Todoun camiño cara atrás recollendo traxes de voda secos nos armarios, elogo repetindo que todo o que tes é teu, dende a superficie ao centroda terra é teu. Pero se me arrastro até o fondo nada existe na escuridadeque me debes como herdeira desa terra. Non me podes pagar máis.

Se existe algún deserto que non me cruce son a primeira de-sertora do camiño, a iniciada aos seus pés. Toda renuncia levantapedras para lapidar algún silencio. E algún día ese silencio será o teucando saias a buscalo.

Soñei este mundo. Sabía cada espacio. E liñas volumes quenon teño. Pero cando marches cercado no pantano que xa non respira,

Carta-EpílogoCarta-EpílogoCarta-EpílogoCarta-EpílogoCarta-Epílogo

Page 45: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

44

cando cruces as augas que xa non respiran, tende a lingua para mindende o principio dos tempos, que saiba a orixe dalgunha boca tristee forte como se morde, como se volves.

Porque nada destruo que non sexa. E se volves, habitaeste corpo que entrañas horas,e que entrañas horas repitasque entrañas horas.

As entrañas horas (1998)

Page 46: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

45

Estevo CreusEstevo CreusEstevo CreusEstevo CreusEstevo Creus

aquela, colleitaba area. Todos os días baixaba ó lugar doscangrexos (onde nace a area máis terrible) e apañaba, alomenos,unha pouca. Ás veces levaba un paraugas para protexerme dasgaivotas e os outros animais voadores, e espallaba anacos decarne e zume de marmelo;

as gaivotas son uns animais terribles; teñen patas de rabia e soncoma cangrexos con fame.

ASÍATRAVESADOS NO MEDO.

Areados (1996)

Page 47: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

46

ogo, voltaba á casa.Un tigre azul esperábame contigo, e ós poucos, iámolo soterrandode vagar, entre canción e canción, entre baile e baile; deitándo-lle a area nos ollos e nas patas, esperando a que medrasen mapoulasentre os dentes ou a que caese enfermo de tanta marea sen chuvia.

SOMOSCOMA DOUS NENOS TRISTESNO MEDIO DAS ORTIGASATRAPANDO CASCARRUBIAS E SALTÓNSDETRÁS DAS PERSIANASMENTRES TODOS DORMENNA VENTÁ DA CASA

ATRAPANDO CASCARRUBIAS E SALTÓNSCOS OLLOS PECHADOS

ONDE CASE QUE É IMPOSIBLEQUE SE REFLICTA A LÚA.

Areados (1996)

Page 48: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

47

OMOS COMO UN LUGAR DE CETÁCEOSE TRES DÍAS Á SEMANAVOMITAMOS O AMORDE BOCA A BOCA

LOGO ABRIMOS OS ARMARIOSONDE ESTÁN OS PINCEISAS FOTOGRAFÍASE AS CINTAS DE VÍDEOCOAS NOSAS POSTURAS MÁIS ÍNTIMAS.

TI NUNCA LEVAS BRAGASE SEMPRE FAS O MESMO CADROAZULAZUL COBALTO

EU QUEDO A MIRARTE LENTAMENTENON SEICOMO SE ALGO DE TODO ISTOME RECORDARA A TI.

Areados (1996)

Page 49: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

48

min e non a timordeume de neno unha baleae no espiral de A.D.N.mesturóuseme a dolor con tres pasos e tres golpes:as chemineas enchéronse dos bechos máis pequenosa cola do alacrán habitoume polos brazos

e a memoria

a memoria

a memoria é un animalcon solitaria.

Poemas da cidade oculta (1996)

Page 50: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

49

min e non a timordeume de neno unha baleae pola cidade ocultatransitei cos cansós que lle roubaron o niño

e a fuxida fíxosemeasícomo terriblecomo algo que se toca e ole a xeocomo algo que se tene non sabe de lugaresdiferentes

ás nubes.

Poemas da cidade oculta (1996)

Page 51: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

50

min non me sobra o opioe nos ascensores máis estreitosos meus soños son da dolor máis grande

cando a choiva rozaa zona máis sensiblee todos morremosno reverso das dunas.

Un soño de chuviatraerá o invernoenvolto nas barbas da baleae xa ninguén poderá apreixarmecon botóns numerados do un ó sete de decembro

terceiro andar cara á saída

Hei volver polas ondas da casafacer que me visiten as estrelas.

Poemas da cidade oculta (1996)

Page 52: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

51

Marta DacostaMarta DacostaMarta DacostaMarta DacostaMarta Dacosta

cidade navega as distancias do mencerentre as tebras e a luz azulada de inocencia,non hai faros que guíen nin sons que reclamen,só unha lene frialdade que recobre un corpo abstracto.Espadas de luz acoitelan arterias,rápidas espadas que corren máis veloces,aínda máis veloces nesta luz azulada,neste lento chegar desde as tebras as voces.A cidade navega entre brétema e auga,é un barco calado o ruidoso navío,que sulcando horizontes se viste de frialdadepara os lentos menceres entre estes dous ríos.

Crear o mar en Compostela (1993)

Page 53: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

52

s barcos do retorno esgotaron os ronseisdos mares detidos nas entradas das rías.

As illas eran faros escuros e apagadosmais cedo presentidos.

Existían cidadesenormesnas ribeiras.Caladas,durmidas,ignorantes do regresodos barcos, querepletos de argazo alimentabana ironía do destino.O día non chegabapois o solque nacíanon era quende erguelonin de rachar a noite,que fría epoderosainundaba as ribeiras.

E así, do tempo en diantevan hoxeos homes todos, vencidos e tristeiros,orfos. E na noite do día consomen as anguriaspara chegar á noitee fracasar de novo.

Pel de ameixa (1996)

Page 54: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

53

unha soidade de guía telefónicanace o abrente da cidade.O frío é falsoporque nas caixas de madeira apodrecen os pexegos.Un axóuxere de ferro voa sobre o asfaltoe a luz é verde, é amarela, é vermella.Agosto non existe.Na cola do supermercado agosto non existe.E as latas son area no mar da estantería,unha praia caladaen que afogar os soños.A oferta de aceite é a mellor lecturapara 365 días de consciencia.

Pel de ameixa (1996)

Page 55: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

54

empre lembro o verán e unha poza pequena,e as liñas azuis que se cruzabansobre o branco da camisa.A poza enchíase a cada nova quenda e euremataba empapadasen apañar xudías.Sempre hai un sol enormedesde a beira da pozanese extremo do campoen que meus pais labraban,e altas escaleiras, tantos chanzos,para subir á casa.

Setembro (1998)

Page 56: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

55

estarei alí, no val que vos oculto,encrucillada de cortizos e castañasonde o río se agocha e hai muíñosna posesión das hedras e dos fentos.Na calor doutros ollos, os seus ollos,ao abeiro da cociña e a feluxepor entre tantas cousas de a diariosen libros, sen poemas e sen voces.Enteira, en silencio, en certidume,cun gato inseparable e os seus bicos,as améndoas dos seus ollos e esa forzade ser pequeno e grande ao mesmo tempo.Onde o sol nos fermenta e hai ervilles,feixóns, cabazos, cidras e sabogas,onde son quen de erguer o mundosen palabras, con terra, só con terra.

Setembro (1998)

Page 57: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

56

oxe estou en silencio xogando co pasado,mentres vexo chegar andando a miña avó,que aínda é tan pequena como eu a recordoe segue alí no vello paseo Afonso XII.Eran cen escaleiras as que nos separaban,o mundo da cidade vencido de ruídose a praciña de pedra en que aínda hai un pozoou a casa pequena da indomable Manuela.Recupero a memoria de Pepa silenciadapola peste da gripe cando empezaba o século,e o misterio da vida en garrafas de barroe algodón por Gonzalo, que naceu a destempo.Recupero a friaxe e o sal do mar na noitee a chalana afogada na outra beira da ría,á miña nai tirando carbón desde a bufardaou atada a unha silla de falar castellano.E eu sinto que son hoxe tantas que entón me foron,Saladina, Manueliña, Rosa ou tamén Pepa,e a mesma Teresa que nos fala incansablementres o tempo vai rodando pola tarde.

Setembro (1998)

Page 58: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

57

Eduardo EstévezEduardo EstévezEduardo EstévezEduardo EstévezEduardo Estévez

nunca escribín cartas de amorsó paxaros saíron desta boca

nunca tiven soñosnin cortei rosas

non teño pecadonin pedras

só paxarossó paxarossó paxarossó paxarossó paxaros

só paxaros saíron desta boca (1998)

Page 59: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

58

dixemosfrases breves en murmurio

e cantaches como cantanas mulleres solitariasnos bares de madrid

ou de vigotanto ten

diálogos marítimosdiálogos marítimosdiálogos marítimosdiálogos marítimosdiálogos marítimos

só paxaros saíron desta boca (1998)

Page 60: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

59

xénesexénesexénesexénesexénese

hoxe non hai lugarentre as miñas costelas

hoxe non farei mullernin pansnin peixes

só paxaros saíron desta boca (1998)

Page 61: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

60

nesta cadeira vella e rotaagardo a mañáen que batas na portae digas que é tarde para eu quedar alísentadoquieto

estação derradeiraestação derradeiraestação derradeiraestação derradeiraestação derradeira

só paxaros saíron desta boca (1998)

Page 62: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

61

para falar de min mesmohei evocar hoxe unha penadetallada

un silencio

e ser un pouco máis velloe canso nestas follas

contemplar o mundocon ollos de distancia

dicirde cada cousa o íntimoe necesario

ars poética (I)ars poética (I)ars poética (I)ars poética (I)ars poética (I)

lúa gris (1999)

Page 63: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

62

noso o silencio

fala de cidadesen lingua estranxeira

deitamos coas lembranzas

as sabas están manchadasde tempo e saliva

lúa gris (1999)

Page 64: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

63

Celso Fernández SanmartínCelso Fernández SanmartínCelso Fernández SanmartínCelso Fernández SanmartínCelso Fernández Sanmartín

s tebrasafundiron –trasnoitantes–

do peito dalúa

– as rúas trasversaisesvaran

cortantesagonizando na esquina de cada

constelación –sobor dela

xiraunha sombra de aire

facendoaallea

introspectivamenteun intre de min

vive isolado

cunha furnade tempo

baixo a língua.

Divagacións iú (1991)

Page 65: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

64

muller que vivía no pazo desexabadesas florese agardaba

o seu pai dono do pazo e das terrasmandounas sementar a duciasdarredor da súa ventáe preparáronlle ben a terra con carros de toxose co estrado das cortesestercáronas ben

e medraron altas cara ó ceo

pero non houbo quen llas fora collere amaduraron as amendoas nas polase caeron co vento

a horta encheuse de ratos e de gatose o pazo quedou sen xentefóronse para a capitalbuscar cousas mais finassedas e encaixese sábanas onde lucir os outros bordadosque levaran con eles

e todo alícontinuoudando flores no seu tempoe amores sempre

Sen título (1995)

Page 66: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

65

acía unha calor de moita chispa para ser de noitepor iso abriron a ventá da cociñadestaparon unha lata de mexilós e coméronos todos sen panpicándoos cun pauciñonisto que se foi a luz e na mesma salsa de escabeche dos mexilós

reflexouse a lúa

Sen título (1995)

Page 67: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

66

baloliobico pequeno

as contas que ti botassobre o día que vai facerson atinadas

e os astrónomosmeu amorque saben medire non saben medir

non saben medirse che da o soldo meu cariño grande

coma un fentocuberto todo polo sol

e os abalolioscos que te adornoque son caracoisplanetas e estrelasmoi lentos moi lentos

nen os astrónomos que mais sabenos saben medir

Sen título (1995)

Page 68: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

67

s osas e os osos nas borras do caféonde as osas e os osos fan reflexopolo visto botáchesme o café no vaso da augardentetoman unha copa e falan cos paisanoscargados de escopetas, mirámonoscos dous canos do nariz inchados e rubiosno primeiro catarro do outonocoma dous canos engraxados de escopetas

vimos engraxados de vendimarvimos e temos roupeiros cheos de motos vellas arranxadasde mosto de augardente de salmós secados e arenquesen viño que se nos acedou e porcos no sal e castañase ouriceira,pero mirade ososa ponte romana coa pedra azuladapintura da marabillaque son as troitassonvos as troitasquevivendebaixo dela á sombraososmirademirademirade,as troitas

nós as osas e os osos vímosvos tomar unha chiquita, etraémo-lo vento esgazado detrás nosanon colgamos lámpadas de ningún sitio

só dúas osas dous osos que morreron afogadosporque comeron unhas esponxas ensopadas de melque alguén deixou alí para enganalose que afogaranempezaron a ver lámpadas acesas a pleno día

propiamente son captivo (1997)

Page 69: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

68

eu a tronada e nunha campaíña do prado quedou preso un abesouro,pasou a tronada e veu lila segar á herba, traía consigo a arpilleira,a corda, a gadaña coa pedra de afiar metida nun corno retorto, eunha codela de pan seco na boca, segou un bo sebón dela, upounoás costas e botou un aturuxo pequeno que petou no chau

encheulle o comedeiro ás ovellas e apartoulle dous ramallos deestalitroques que ían no medio, alabado, se comen isto as ovellasabofé que tolean de vez, e despois brincan e pintan a cana verde,deben pensar que están ceibas no monte e ven todo coloresachispadas, botounos contra un recanto, e saíu o abesouro que zoouunha miga polo cortello adiante, marchou por un tragaluz, e xaabandou para outro sitio a tronada que veu nestes últimos do mesde abril

sendo eu rapaza ben pequena, vin como lle abrían a barriga a unhaegua que había na casa, e lle sacaron dela o cabaliño que agora tenmeu avó, a egua esvarou e foise polo terraplén da rigueira abaixo,eu vin como lle sacaban o cabaliño e maila egua non morreu,saíulle tamén da tripa un abesouro que alumeou na corte máis cóquinqué de carburo e foise á luz do día pola porta para fóra

propiamente son captivo (1997)

Page 70: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

69

Lupe GómezLupe GómezLupe GómezLupe GómezLupe Gómez

Profundidade de campoProfundidade de campoProfundidade de campoProfundidade de campoProfundidade de campo

Nunca direitodo.É grande oabismo.

Autobiograf íaAutobiograf íaAutobiograf íaAutobiograf íaAutobiograf ía

Non sei o que digo.Nunca o saberei.Abrin o cuarto prohibidoe agora estou dentro.

Pornografía (1995)

Pornografía (1995)

Page 71: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

70

O meu nomeO meu nomeO meu nomeO meu nomeO meu nome

Eu son unha brancameseta senfala. Fago chistesda inocencia. Non teñoas bragas rotasporque é pecado.

PazPazPazPazPaz

Eu estaba tranquila ollándoteporque en ti acababa todo.

Pornografía (1995)

Pornografía (1995)

Page 72: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

71

Monecas «Nansi» loirasMonecas «Nansi» loirasMonecas «Nansi» loirasMonecas «Nansi» loirasMonecas «Nansi» loiras

Nunca houbo montañasnas miñas monecas.Eran totalmente planase azuis e eu poñíallesvestidos para adornalas,para rirme delas,disfrazar as miñas bágoas,saltar sobre a cociñacon catro pés. Soñabacon ter moitas carase deixar de ser lista.

IndependenciaIndependenciaIndependenciaIndependenciaIndependencia

Aplastarei a matriz queme envolve para volver a

amar e sentir o meu úterolibre e aberto. Fareino con

amor, con poesía, con présa.

Pornografía (1995)

Pornografía (1995)

Page 73: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

72

Nunca podereiNunca podereiNunca podereiNunca podereiNunca poderei

Nunca poderei amar tantocoma as boas actrices.Pero canso de ver galoparsempre a mesma pomba.A alma que tiñadesfíxena ó correr.Vexo o mesmo cadrotódalas noites cando sepecha o putiferio e sangroe ámote moi por enribadas propias palabras.

on unha nenasen bragas.Sen relación coa vidanin co amor.

Pornografía (1995)

Os teus dedos na miña braga con regra (1999)

Page 74: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

73

ntes dicíanmeque colocase benunha perna sobre a outra.Que fose feminina.E eu nin sequera sabíaonde tiña as pernas.

reo no sexocomo as nenascren en algo santo.

Os teus dedos na miña braga con regra (1999)

Os teus dedos na miña braga con regra (1999)

Page 75: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

74

inguénme prohibirá nuncaestar soa.

noso amorera longocomo unha guerra.

Os teus dedos na miña braga con regra (1999)

Os teus dedos na miña braga con regra (1999)

Page 76: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

75

Hai arañeiras de mitos fóra,o asubío inexistenteo murmurar morbosomorden o valado do monte.(Eva ve a rexión das serpes polo punto de luz)E esvara...pola fría

brancasuave pel

(Eva amárrase á costela do novo ser)Entra no ramallo da árbore salobrequece entre os peitos o froito,renace da escuma das augas albinas,e descansa sobre un enorme pene de herbaxurdido do incrible océano.

...do incesto edénico......do incesto edénico......do incesto edénico......do incesto edénico......do incesto edénico...

A primeira visión (1997)

María LadoMaría LadoMaría LadoMaría LadoMaría Lado

Page 77: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

76

O agro de detrás do río, levantarse cedo para irao mar, as tertulias no serán, o pai matando o porco,unha ducia de ovos menos, frixir o xeonllo contrao chan, os bicos da terra no peito, a luz, a poñerpatacas, bañeira e podemos cagar sentados, ansiade federación, cociña de gas, en todos os sitiosse trebella, o galego á escola, o estraperlo, poñermáis patacas, crónicas do moderno, ter moita terrana Habana, a cidade onde tecen néboa,Manoel Antonio versus Valle Inclán, rexionalismo,o sincero dictante, Marx tamén podería ser galego,grapo, o galego dialecto (¡¿é unha coña?!), o mistomáxico, seguido choran os deuses por nós, te uve ga,galego tridimensional, atenção: La Voz de Galicia,El-Rei, o Papa tamén (que non falte nin...), os camposde leite, aserrar polo Galaico ata que se nos despeguen,o chan de arume, aínda poñemos patacas, máistertulias no serán, máis mar, chourizos, galiñas,máis porcos e máis rinchóns, a eira, traballosdo tempo novo, grelos, millo versus xabaril,facer cestos de corres, os bolatos da masa da artesa,balumada, cogomelos, os luns... o sindicatodos pobres.

...do sindicato dos pobres......do sindicato dos pobres......do sindicato dos pobres......do sindicato dos pobres......do sindicato dos pobres...

A primeira visión (1997)

Page 78: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

77

Colgaba unha pingueira dos aramios enfiañadosque compuñan o cadro da cidadee todas as noites iamos pintala de ferruxepara que caera sobre aquel viaxante irritadoe o desfixera polo baixo mal rematado,porque non abrías as caixas de músicaque che regalaramos,nin baixabas ao hades a rescatarnosnin querías vestirte de nós na loita.

...do home do sexo proscrito......do home do sexo proscrito......do home do sexo proscrito......do home do sexo proscrito......do home do sexo proscrito...

A primeira visión (1997)

Page 79: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

78

Teño mentiras amarradas á traqueapor iso cuspo en intentos de anorexia.Teño unha bala proxectada no peitoe bótasme sal na ferida aberta.Teño medo de que non saibas cosercon teas de viúva negra o meu corpo.Teño o embigo medrado de medopara alugarte mellor, se vés de roxo.Teño cogomelos do pan no úteroteño queixo con furadiños nos pulmónsteño chícharos insomnes entre as costelasteño un virus publicitario na autoestimateño instintos que me psicanalizanteño sorte... de que me teñas.

...da muller que foxe dos peitos......da muller que foxe dos peitos......da muller que foxe dos peitos......da muller que foxe dos peitos......da muller que foxe dos peitos...

A primeira visión (1997)

Page 80: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

79

Paríronme nun coche da Velvet Undergroundno día da resurrección dun taxista melenudo,e pegóuseme un ritmo de suspensión con codae un cheiro a naftalina, que era o que había.

(Aquela vella puta acendeume nos ollos as luces dacidade dos médicos e cegoume)

Leváronme á barra das patacas nun cesto de aroao lado da poleira das galiñas vellase chocáronme na cabeza ata que llas metín ao caldopara almorzalas cuns amigos e chocolate.

(Dobreime sobre a taza do váter e cuspín miserias deanoréxica e bulímica)

Merquei uns guantes negros e uns panos de papele planeei punto por punto a morte das miñas bágoas,e mentres as esganaba sobre un nacemento de cortizafixen un trío con Afrodita e un rapaz en cueiros.

(As mulleres de branco e o corvo visítanme de candoen cando e susúrranlle aos oídos do meu cabalopalabras obscenas que o fan tolear)

Matei o pai, a nai, e as ninfas que o criarone metinos en sal nunha hucha con tapa de uralita,e todas as noites chegan os anacos á nosa camae empéñanse en dicir que somos cadáveres poéticos.

(No noso cuarto hai sobre a madeira uns grans de salque a van roendo ata que chegue o día en quepodreza, e vexamos polo furado que fagan a terra ondenos metan)

...das imaxes que inchan a memoria......das imaxes que inchan a memoria......das imaxes que inchan a memoria......das imaxes que inchan a memoria......das imaxes que inchan a memoria...

A primeira visión (1997)

Page 81: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

80

petroglifo debuxado polas casas de Malloupegadas ó monte(plantadas baixo terra como a primeira pedra do valado)lévano tamén os homes no peitoe ensínano os días que o enxaboan con ansiedadee debúxano coa navallanas paredes das tabernasnas de Lisboanas de Vancuvere tamén en Singapure na Habanae nas da esquecida Elsinor taméne en todas as das páxinas da memoriaMeu avó non quixo máis dononin máis cometido para a súaque o de gravar nas táboas distantesos nomes do seu traballoe entóncando chegou á praia para tomar a última tabernaenterrouna ben fondopé da pirámide de area máis grandea primeira que ven os barcos.

Feros corvos (núm. 4, 1998)

Page 82: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

81

Igor LugrisIgor LugrisIgor LugrisIgor LugrisIgor Lugris

se cristo morreu na cruzpor nósalguén deveria dizer-lledunha vez para sempreque nósnósnunca seremos capazes dunha cousa asiainda que caian cinqüenta dilúviosou cento cinqüentae a terra se abra para tragar-nosporque nósnósnunca pedimos este mundoServia-nos qualquer outroQualquer outro

Quen nos defende a nós dos idiotas? (1997)

Page 83: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

82

oas palavras que nunca dixemosconseguiríamos ser nóse non desaparecerasisilenciosamentementres o mundoe o ceu nos vencenDerrotan-nosConquistan-nos

Quen nos defende a nós dos idiotas? (1997)

Page 84: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

83

esaparecerán as palavras necesáriase cairá o mundoou unhas quantas vidasduramentecontra o chan inexistentee a realidadeE entón sairá o sole parecerá-nos que podemos seguir vivose todo iso...

Quen nos defende a nós dos idiotas? (1997)

Page 85: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

84

umarás a miña vida aos poucosentre a clandestinidade e o escándalo públicomercando às agachadas o meu corpopara mesclá-lo co tabaco rúbio que nunca fumasQuentarás o amor coas tuas maose vestido envolto liado co teu cabeloprenderás cos teus ollos a paixóne arderá o sexo mentres reclamamostranquilamentea legalizazón do amor livre e as tuas cadeiras

Quen nos defende a nós dos idiotas? (1997)

Page 86: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

85

Artefacto BurburArtefacto BurburArtefacto BurburArtefacto BurburArtefacto Burbur

Si seguimos utilizando el lenguaje en su clavecorriente, con sus finalidades corrientes, nosmoriremos sin haber sabido el verdaderonombre del día.

(Julio Cortázar)

António Udina está mortoe tambén está morto Elvis

din os Living ColourElvis era branco

dine por iso gravava muitos discosSe fose negro non poderianon poderia nen rañar a guitarraAntónio Udina non era negromas desde logo non falava unha língua de brancosTalvez estexa entre nós o noso António Udina particular

El quando era pequeno non imaxinava que ia ser António Udinae centos de miles de estudantes saberian dele saberian de memória a data da sua morteEl non o sabiaE Elvis tambén nonMas Elvis era brancoE António Udina non falava unha língua de brancosAdemais falava vegliotaElvis fazia rock porque vendia

António Udina falava vegliota mas el non o sabiaporque xa en 1898 non quedava ninguén que falara ragúseoChamava-se António Udina mas tambén lle chamavan BurburA Elvis chamavan-lle El-Rei

The King en inglés que parece mais importantemas Elvis era brancoe por iso podia ser El-Rei

Page 87: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

86

António Udina só podia ser Burbur

Entre nós nunca haverá un Elvisa non ser que se faga branco e fale coa língua dos brancosMas todos somos António Udinae chaman-nos Burbur

Elvis era branco e por iso gravou muitos discosAntónio Udina non era negromas a sua língua non era de brancosainda que todos falamos dálmata algunha vez na nosa vida

Quen nos defende a nós dos idiotas? (1997)

Page 88: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

87

Olga NovoOlga NovoOlga NovoOlga NovoOlga Novo

cómpre sachar moi fondopara non dar co ferro nos cantazose aclimata-los ollos ó traballo manualde colle-la polpa dos días con corpo de mazá.

cómpre rebentar de cara adentroco sol e o mar e cantos lumes sexan conservados na memoriae saberse fósil anaco de cunchabisonte ou fentoa rotación e a cópula.

b io topob io topob io topob io topob io topo

a Milagros Polo

a teta sobre o sol (1996)

Page 89: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

88

ótaseche que desde a primeira infancia xogas co olor das[glicinas,

que viches medrar con asombro o carballo ó pé da casa,que vivides das vacas. aínda nóta-lo agre olor do leite callado

[cando escribes poemas para ohome que amas.

só fai falla mirarte.

respiras cada vez con máis escuridade,a noite sobe ós teus aneis.

pasas polos camiños da serranon hai máis que cabalos onde ti vives, non hai máis que

[cabalos.

e dáste á música como á bebida.

baixas aló: a primeira herba é para as túas tetas.

e gárda-lo teu amor no mesmo alpendre onde están os sachos e[as gadañas, entre a terra fresca.

entras alí como méte-la man en aceite fervendo.abrasas.

contróla-lo latexar do viño nos bocois cando ves que fervese dislle a el que anque non te queira, un verso ten o ritmo

[preciso das malladoras, da caída dogran.

porque teu pai levoute ó campo e alí a primavera ládrana os[cans

e dislle a el que roubará-lo trigo en canto naza,e que te irás.

nóta-lo corazón coa terra removida, písancho os bois,alguén tira dentro semente coma pedra dura.

Page 90: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

89

es muller cando o que choras son anacos de sal e che caen ós[pes en forma de gotas de sangue.

cando te-los xeonllos curados das caídas de nenaa dolor deste inverno é a dun xeo que non se derreteu entre a

[ferida.

adentro xúntanseme bruxas e tódolos animais que alimento[nos cortellos.

a cicatriz emite un ruído demasiado cruel, supura un líquido[tristísimo,

nóta-lo corazón coa terra removida, písancho os bois,e falas con el e cando falas con el a noite sobe ós teus aneiscando lle falasirremediablemente regresas ás ortigas.

Nós nus (1997)

Page 91: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

90

coa miña pel podes facer enxertos nas mazairas.

algunhas conservan estirados os nomes que gravei a navalladastódalas tardes ó volver da escola.

acostumada a tirar por un poema como por un becerro cando se lle[ven as patas,

cando xa non se está en idade de medrartoda maduración require un desgarro de tendónsentón é cando corren polo meu peito rabaños de cabras que non se

[dirixen a ningunha parte,sóbenme ás paredes desde as que te vexo,arrancan coa lingua o pasto mentres te vas.

o tacto dos teus violíns faime chorar terriblemente.

e case non podo soportar que as túas mans me acariñen como a la[dos xerxeis que me facía a

miña mai cando era nena.

pero coa miña pelcoa miña pel podes facer enxertos nas mazairas.

os líquidos íntimosos líquidos íntimosos líquidos íntimosos líquidos íntimosos líquidos íntimos

Nós nus (1997)

Page 92: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

91

stral.a maxia.cántico pagán.e os teus son os ollos do boi fendendo o rego que me abre.o lume da fogueira no que empreño.pronunciarte ten o risco de desaparecer no abismo.toda rocha ten o seu principio na escuma con que a batesporque nada hai que se asemelle ó movemento furordo teu océano, devoración rotunda,océano total das túas augas,a fame coa que bicas ante a morte.

Amar é unha india (1997)

Page 93: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

92

on hai aquí animal que conteñao resultado final da túa transparencia.porque ti non subiches á barca de Noé.quedaches fascinado polas augas do diluvioe preferiches morrer para ve-lo mar completo.

Amar é unha india (1997)

Page 94: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

93

Manuel OuteiriñoManuel OuteiriñoManuel OuteiriñoManuel OuteiriñoManuel Outeiriño

Millo, patacas, orxo, millo miudo,os mellores tomates dos tomates posiblese quer flores, quer gando,un infinito mesmo, de nós decatármonos(e a posibilidade de abrir unha lagoa),

a posibilidade das rás recuperadas,os lucrativos kiwis ex-antípodas(os kiwis vexetais) e cabuxas e ovellas

facerse claro, experto e transparente,dual, do sol, da terra e mais do eiquí

e todo iso, sen recurrirmos ós invernadeiros:a república agrariaun herdoda cultura

que logo do silencio,cando a pedra falaba tan barroca,logo da fisiocracia catedráticae da melancolía e sopas de saudade e burro cansoa néboa (Sturm und noces) baixara e logo abriuun magífico herdo do pobo (ideoloxema)e a leituga de orellade burro que vai vir, herdo non enxergado na túa vida.Será o mellor tomate dos tomates posibles.

Certa exensión (agraria?)Certa exensión (agraria?)Certa exensión (agraria?)Certa exensión (agraria?)Certa exensión (agraria?)

Depósito de espantos (1994)

Page 95: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

94

Poética: certificadode estudos primarios, o librode cualificacións: ensino medio:titulación de máis relumbre, despois.

Poética: contempla-los precedentes:certificado de estudos primarios,polo nocturno,asisitir a academias, moitasacademias e ausencias.

Ausencias. Poética: un pitoentre clase e clase:augas toldadas.

Segundo é mesterSegundo é mesterSegundo é mesterSegundo é mesterSegundo é mester

Depósito de espantos (1994)

Page 96: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

95

Ser un pousón. Ter mundo (subacuático).Pousón do subacuático, animal de pel mol,un animal con paxaros no lombo(no pouquiño do corpo que levanta das augas).

Estar no río (a cousa heraclitana) a catro patas.Te-las orellas a rentes das augas,tirar por veces as ventas das augas.Vivir na lama.

-Je suis l’hipopotame, le veuf, l’inconsolé,le prince ad aquas, Taine a la tour abolie.

Hipopótamo (babilonio)Hipopótamo (babilonio)Hipopótamo (babilonio)Hipopótamo (babilonio)Hipopótamo (babilonio)

Depósito de espantos (1994)

Page 97: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

96

duro o veredicto da outonada:baixa-la vista do ocre, e das gamas máis cálidas:lamáchegas aínda ó pé de ti, no teu camiño.

Ínzate de lembranzas, se é que podes–hachas levar o vento, e a friaxe,deixarache no toro o inxel dos días de soño:

unha árbore,unha árbore aínda de camiño,unha árbore aínda por plantar.

Depósito de espantos (1994)

Page 98: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

97

Queda remontar ríos, tornar ó curso alto,ter consolo no atávico dos animais antigos.O corpo esguío e vello, afeito ó mar maior,serpea en auga doce. Chegara onde as fisterrastransparente, logo virou visguento,escorregante e presa dos instintosda partida outoniza, cae en nasas,pero escapa das mans que premen con cobiza.

¡Que non nos collan, peixesarcaicos! ¡Oxalá que tornemosonde collamos todos,onda o cabo e principio, ós argazos fecundos!

De interromperse o ciclo, de non migrarmos máis,que sexamos captura de proveito:corpos abertos e ata a fin convulsos, en sal e dornunha pía doméstica, descabezados.

Repare quen de augas nos privar no cadrelo azaroso,arreguizado e firme, da agonía,tamén na nosa especie atlántica e escura.

(E, de ser presas novas, que aboémo-la terra!Como seica se fixo en tempos de fartura).

AnguíasAnguíasAnguíasAnguíasAnguías

Letras vencidas (1999)

Para Senén Bernárdez Ferrán

Page 99: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

98

Cría o gando precioso dos silenciosnas montañas de seu e comunaise cada quen fala logo da feirasegundo lle vai nela, e tamén segundo arte:os provenzais soen ben falar de amor,o expatriado ten un ton exploratorioe voz grave e escura para remontar ríos,o devanceiro ecoa severo e sutil,o escolar pobre foi vehemente e tenro,o príncipe romano de frialdade divina;o insular oriental, devoto de alimarias

–e a aportación de datos recomenda prudencia:o portulano é falso e o calado ten metros.

Letras vencidasLetras vencidasLetras vencidasLetras vencidasLetras vencidas

Letras vencidas (1999)

Page 100: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

99

Chus PatoChus PatoChus PatoChus PatoChus Pato

urmocomo si endexamais durmise.Na claustra da miña nai

na touza, posiblemente nun camiñoUn camiño realde aparicións

os nenos nos que soubemos fotografada a infancia dos nosos paisa vara de xungaos bois

de tal xeito que nós mesmos somos a nosa propia estirpea nosa propia orfandadea nosa propia ausencia

o tempo, inmenso de soedadepois ningún presaxio agardo, ningunha profecíaEscura como ouro a gloria(o ceo pecha o nacre no interior da cuncha)

difícil olvidar o Comité Centraldifícil, o PartidoEsta é a Patria, a que nos deronauto-odioetnocidioextinción, expolioe non hai outras heroinasXenoveva de Bravante, Sisi, Marisol ou Cleopatra

nai que me ocultou a terraque velou o idioma–contra o código invasorespañol soñanteespañol pensante

Para Paco SoutoPor Edicións do Dragón e as horas de amizade en Muros

Page 101: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

100

Europaincesto

non olvidarei o Comité Centralnon olvidarei o nome do partidonon olvidarei a nai que tratou de trasmitirme o código invasor.A xenealoxia do Capital é pechadade aceiroinviolable

non daredes, non vos alcanzará o desexoa Patria, minaMáis alá de vós, de min, do que nos invade: SOBERANIA

Fascinio (1995)

Page 102: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

101

gora que todos os poetas do mundo lle caeran enriba

isoque ese encontro, sucedería

sempre que esteas disposta a encarnarte nos teus antepasadas

-¿evoluirá o galego cara unha nova lingua pidgin?-¿deberiamos tentar a escrita dunha poesía vernácula urbana?

que iso, ler a Paul Claudelela non podería facelo, en absolutoe os anxos, para morrer, bican as mi_as maosa eternidade non che suplicase:beber o sangue dos animais recén sacrificadosou cando menos unha venda para os ollos

pero ela pasara toda a súa vida entre escorpións

LISA, verdadeira emperatriz dos Comunaise aos Comunais iamos

a Limia é unha terra solar, plana, tan plana como a palma das[vosas maos

-¿evoluirá a nosa lingua nacional cara a un novo idioma pidgin?-¿deberiamos tentar unha nova arte turística rural, para-turística

[rural?-¿unha novidosa poesía vernácula-urbana?

esa imaxe que recordo, o meu rostro no azougueque se imprime no espello, mesmo nun sudario santoe que con tanta claridade, na súa ruína, distingo

así como nun tempo anteriornos desfixemos da inmortalidade dos deuses por inservible

para Paulino Vázquez

Page 103: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

102

nos desfacemos hoxe da eternidade dese rostrocontemplamos a ruína da palabra

no interior dunha herdanzaa herdanza dun tempo anterioren vida

posterior á evanescenciao poema testemuña a destruccióne brotan nel friúras

escombros da comunicación

facemonos próximostan próximas

“...en calquera caso ao servicio da modificación da realidadee non da súa descripción”

na memoria da nosa memoria poéticana memoria

Alauda negra

Paxaro de anís.

Nínive (1996)

Page 104: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

103

s grandes pedras abrigadas polo musgocomo se ao prado lle floriran miríadas de margaridas de xeloasí no bosqueentre donas crioulas loucas das Antillasas luces de D. Walcotte a paixón polas palabrascomo zucre nas froitas confeitadas dos dóces de Nadalasí os corpos cando se abandonan no infernocomo brasa caída en augapaoffffofff¡que poder! a escritacomo a nación o feminino: que a pillas, que nonque repta, que se acocha, que vai, que nonque a colles, que nonque difire ¡¡¡que difire!!!

eu vivía dentro do lumecando as luces eran vermellase as paredes brasa de cristalO lugar onde procedo é un C invertido na epigrafía romanaDicirvos:“eles cavan en hortos xemelgosun, o de maior idade, cava profundoate case rozar a terraoutro, traza sulcos en diagonale en espiral frolecen verzas, de rizada follae as patacas”

o grao de incerteza é cada vez menor

pronuncio nomes que endexamais entenderiades

as grandes medas ateridas polo inverno

pero Nós, de longas cabeleiras, apegadas á neneztemos un sexo húmido, feraz, de sotobosque atlánticocabeza que terma da pedra brancasidérea

Page 105: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

104

temos, iso si, negocios: tesouros, tendas e unha obra poéticaelas, as antepasadas paternas que encetaron todas o seu canto navendimapara que non se derramepara que non se perda a bandeira vermella do barbeiromoi perto da carnenos peitos da miña avoaCando menos non gardarei auga de Lourdes nunha garrafapara terror da miña descendencianin alumearei con virxes de fósforo as remotas cambrasPasos acompasados ao bater do corazónnin a Señora da Gracia se me aparecerápara me liberar da culpano mar da Pratanin nos campos de golfimposibles, de Sabana Grande

mira no meu rostro un bosque cercano a Atenaso prezo da dote

as miñas devanceirasmulleres domésticas, todas precedidas polos boisas que contratan a produción das operariasas que ceiban esposos cegos alén dos mares

logo dirán ANTANTELARCARQUIÑAMEDORRA, cousa

cando a todos nos desecaron a memoria

avoas de meu-NosasconstrarquitectasTúmulos grandes laxes da Vida , da MorteNo Idioma

A ponte das poldras (1996)

Page 106: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

105

Isolda SantiagoIsolda SantiagoIsolda SantiagoIsolda SantiagoIsolda Santiago

odería chegar ata a abstracciónapertándome ó corpo do invernoe gardando o teu tacto plácido no ventrecoma un tesouro estrañoPodo ser facho que se acende ó Sol dando xemidosou terra aberta en sulcos para a regaPerderme en beixos de amantes parapléxicose abdicar da razón e da memoria

–Tan lonxe das esponxasda lavercaque montaba heroes medievaisó galope da luz cara ó absurdo–

Pero ocúpame a arte de clausurar burdeise pechar postigos ó soldadoviolento de illargascun sopro de halitosereclamándome

E xa me imaxino o corpo inquebrantablesoando en claves prefixadasespreitando un final inaccesible

Mentres (inadvertida)FLOR DE TAN MAL XARDÍNti te me abres

Flor de tan mal xardín (1994)

Page 107: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

106

o «Penthause» afían os galos o piteiroSobre o «Penthause» seca o centeoAs femias teñen observatorios entre as pernasgustan do exóticoo exótico é negro

Dende o berce ó mercado da carneDo ollo de boi ó tragaluz das cortes

Máis lonxe hai unha nadacor vermella

Balada non é aquí canción de outonobalada é expresión do gando en celo

Na aldeao sexo é unha carqueixa

¿Que forma adoptaría o meu corpo en todo isto?

Triloxía da Fundación:O MarO MonteA Aldea

Berce das estampas (1998)

Page 108: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

107

lgo que proe dentroAlguén que aborda unha calosidadeIncorpóranme a unha cerimonia no Salón de Espellosda man de ninguén e todos bailan

Darredor do Salón hai esqueletestocos misericordesVenden elixir de vidaeternaen frascos de analiza-la ouriñautopías en botes transparentes

O mercador do tempo le as leises:As mulleres son apéndices útilesAs mulleres son nais canto máis fríxidasAs mulleres han de ser de vidrorosaAmor é un misterio no que hai que ter feProhibido unicornios ceibespola horta

O epitafio dulcifica a impotencia dos mortos máis inútilesdos mortos emigradosdos mortos máis mortos e achegadoso meu sangue

Aprendo a escribir sobor do mármore

Amor é, con moita fe, algo que adorna

Berce das estampas (1998)

Page 109: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

108

mono espido de vinte e dous por seis de diámetro, a cor das

lentellas, gatos no tellado, sereas tremendo nas mútuas augas

Escanza-las uvas á mor da liteira, galopan corceis, atacan

tambores, convírtome en lesma, reconto luares e cega no baño

confundo humidades

Agora que somos de sal e de cuspe, que o mar se nos sobe ás

corvas das éngoas, habemos soñar con ser pombas e pedirlle á noite

que nos traia unha illa

E nós que sabémo-los cantos sagrados onde as sombras

combaten co medo, neste intre de pedra encallado, aramado de selva

que asusta e trae

Barba Azul afogaba entre as páxinas

Teresiña morría de tanto ser santa

Berce das estampas (1998)

Page 110: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

109

s flores que medran no convento son dunha inútil profusiónde coreshíbridas

A pedra non produce pero conservo un fornoabundanteonde cozo utópica boroaen miniatura

Saben que hai pamponasque todo non sucumbeque en cada pezón bate unha ala

Unha vea circula cara o centrocon outra pecha o círculoAs veas poden levar de todoas miñas transportan o pudor–o pudor é un residuo masculino–

Entrambas unha treguaguindar lastrodende o chanzo intermediomáis alto é a saída

Tamén acontece na capelaas escaleiras soben en paraleloartríticoQuedémonos pois para sempre no patín da infanciamáis alto é a unción de vómito devoto se a paralela sae

[oblícua

Algunha noite escapa ó máis ferozcoróase no alto das nobrezaseu son vea residual e ti subsoloas ninfas son de Wolfrang(coma nós)As santas son metade muller metade imaxinería

Page 111: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

110

A Noite e a Lúa non deben ser amantesA Noite é unha rexión terceiromundistaavanza mercede á caridadeavanza pois por OccidenteOccidente demostra que a Lúa non existe

O meu cuspe navega o AmazonasO pudor habita no ignotodo Eixo Lotarínxeo

E despois do chanzo derradeirodo altoda saída?

Berce das estampas (1998)

Page 112: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

111

Sechu SendeSechu SendeSechu SendeSechu SendeSechu Sende

On the RoadOn the RoadOn the RoadOn the RoadOn the Road

Ti conduces, Cynthia, e eu fecho-lle os ollosao sol, á velocidade, á viaxe. Seique os abro para buscar algo no horizonte:Nada. Entón entra-me no folgo ese vento,

ese aire do desexo das novelas, dalguns poemasou das películas porno, e miro-te de esguello.Ti conduces, Cynthia, pero dás-te contae sabes o que vai suceder porque ti es sábia

e es como os animais. Buscas-me de esguellocoas tuas próprias detonacións de angústiae dis: Agora imos facer História.

Case non reduces a velocidade e pasas a conducirsó coa man esquerda. Nos nosos cóbados,unha sombra de luz aparece e desaparece,

o equilíbrio do mundo balancea-se.

Odiseas (1998)

Page 113: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

112

Milésima tristezaMilésima tristezaMilésima tristezaMilésima tristezaMilésima tristeza

Pregunto-me por que me desfago.As palabras que me faltan,de que son síntoma?Pregunto-me pola miña ás veces mortede tristeza,de tristeza de formiga,de tristeza de catapulta,de tristeza de peixe voador,de tristeza de culler,de tristeza de illa ede non poder,non poder mais.Pregunto-me por que me estou desfacendo,se inventoou esaxero básculas, insectos e lobos,eu, que realmente son un home felizen todas as direccións,excepto dentro da miña sombra;eu, que amo e me aman;que coñezo unha felicidade de rio,de volta ao mundo en dirixíbel,de cervo en cio,de búsola,de luz e forzano pulso da vida eaproveito este momentopara sorrir-te a ti, meu amor,que ás veces me dis meu amore ás veces te desvestes.Pero,como dicia antes,por queesa tristeza millonésima,mortal

Page 114: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

113

ou milésima tristezadentro?.

Ay, triste del que un día en su esfinge interiorpone los ojos e interroga. Está perdido.

Rubén Darío

Odiseas (1998)

Page 115: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

114

Bukowsky, como a min, gostaba-lle facé-lo na ducha.Acabo de ler un poema seucon moitas palabras obscenas como cona e caralloe cheo, cheo de amore água.Neruda comezou escrebendo poemas de amore escrebeu e escrebeuaté ter a sorte de conseguir a sua própria illapara facé-lo,o amor.En Isla Negra escrebia cousas con moito mar e escumapor dentro das mulleres.Jim Morrison tamen escrebeu poemas de amor e de sexo,Jim drugs, sex & rock’n roll,debeu facer do amor unha drogo-dependéncia,nalgunha canción dá a impresión de el ter moito medo,de pedir por favor non ficar só,como temendo: «Se deixas de bicar-me, morro».Derek Walcott escrebe moi ben sobre o amore transmite unha pacífica luxúria;di cousas como baía,a meixela de Anne Danniels,Ouh Beleza, es a luz do mundo,liberdade,ou Tiña o peito dela para repousar,o resto era História.En canto ao amorvai mais alá:Nalgun lugar se recolleu unha pequena colleitade cadáveres nun camión.

Odiseas (1998)

Page 116: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

115

e súpeto, Adriano encontrou-se cun poema na seguinte páxinado xornal. El por gosto só lia novelas de Verne e de Salgari ecousas polo estilo. Como habia moito que non lia nun poemaanimou-se a le-lo, a ver. Leu no pé dos versos o nome do autore non lle soaba. A ver se é un poema de amor, hai moito tempoque non leo un. Buscou o primeiro verso. A ver. Adentrou-se.Ahá, fala da vida. Ahá, e do tempo, moi ben. E da esperanza debuscar unha luz. O poema tiña trinta e dous versos e Adrianosorria de satisfacción á altura da metade. Un poema construtivo,un poema vital de intentar vivir con alegria. E ademais é unpoema moi ben elaborado, penso, a ver.

Pero no verso vinte e dous supetamente Adriano perdeu osorriso compracido e adoptou un aceno de séria sorpresa. Xuntouo entrecello. Sindicatos. Pensou Acabo de encontrar a palabraSindicatos neste poema vital e estou desorientado. Sindicatos,pronunciou en voz alta. O peso da incertidume entornou-lle unpouco os ollos. Pensou a palabra. A palabra Sindicatos, queraro, umm... Política nun poema, nun poema precioso sobre avida, a palabra Sindicatos, umm, a ver. Adriano volveu a ler osversos que envolvian a palabra. Comezou a ler outra vez o poemaata Sindicatos, e despois de Sindicatos en diante. Logo quixoler o poema enteiro de vez procurando non deter-se na palabra,pero a palabra retivo-o. Umm, que estraño, o poema di abrazo,di alegria, e ser humano, e de repente Sindicatos. Umm, nonpodo imaxinar unha manifestación con toda esa xente berrandodentro deste poema, pensou. Aqui Sindicatos debe querer diciroutra cousa, ehem... Estaba nervoso e foi buscar a palabra aodicionário.

Asociación pola defensa dos intereses dos traballadores,fundamentalmente perante o patronato. Aquela definición borrouda imaxinación de Adriano as voces da manifestación. Umm,isto é importante, pode referir-se a unha abstracción, algo conoutro sentido, as palabras teñen vida própria, umm... Defensados traballadores. Adriano leu rapidamente o poema, freandoun pouco en Sindicatos. Non entendia moi ben aquela situación.O poema encanta-me. Releu os versos várias veces. RecordouPero unha vez escoitei-lle dicir a un escritor con barba algo asicomo que non se podia misturar a política coa literatura, umm,e nen Verne nen Salgari falan nunca de política, penso. Entón

Page 117: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

116

Adriano volveu sorrir. Adriano recortou con coidado o poema dapáxina do xornal e gardou-no na carteira debaixo da foto de Patrícia.Teño que ler mais, pensou.

Odiseas (1998)

Page 118: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

117

Francisco SoutoFrancisco SoutoFrancisco SoutoFrancisco SoutoFrancisco Souto

eño da fin do mundocoa cabeza abertae as mans cheíñas de paxaros

Veño nas coitelas do solporonde o voo dos mascatose os corvos anunciadores do trebóntecen a noitee na mortesoubenque Mar non era de águassenón da rosa nosa das tristezas

As árvores do incesto (1995)

Page 119: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

118

Deixa aberta a festa da profecia lentaporque xa luas anteriorespadeceron nos pés nus a luz de outros ofídiosaterrados soldesceres polas casas dos homes

Non preciso a palavra para o que acusobasta coas esferas dos relóxios entrando-nos na carnesementemaldizónesforzo planetárioporque todo foi feito para os seus ollosno sétimo diabasta cos peixes que acoden à chamadacírculo descéntrico do cristal que nos suicidalaxeira moleelevada onda contra as casas

Pois eu sei da vinganza do marque acode à balaustrada inóspita dos solstícioscon armas de matarcon armas de matar acoden tambén as avesrotos os albergues das lagoas con armas de mataracoden as horas fuxidias das manillas dos mercadoscon armascon armas a matar

E cumprida a morteno agoiro dos peixes feridos e os corzos do velenoestragadas as rás e as princesasesquecido o nome das cousas para sempreno portocolo das espécies en arcaanúncio levementecomo non me permiten os órgaos oficiais da propagandaque Noé tampouco virá esta tarde

Noé non virá esta tardeNoé non virá esta tardeNoé non virá esta tardeNoé non virá esta tardeNoé non virá esta tarde

As árvores do incesto (1995)

Page 120: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

119

Se Ana MendietaSe Ana MendietaSe Ana MendietaSe Ana MendietaSe Ana Mendieta

Abrirei un oco na terrado tamaño exacto do meu alento

Da promíscua florestaao leite do riopropagarei o rito deste incéndioluz nefasta

Eu sono galo degoladoque esmorece nos teus peitosSon o barro calcinadoA cicatriz e a pólvora

AbrireiAbrirei na terraun oco do tamaño exactodo meu verso

Fado (1998)

Page 121: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

120

Furt ivosFurt ivosFurt ivosFurt ivosFurt ivos

xunta Mesura

A percebeira é unha illaA illa ten nome de peixe esquivoE os homes van

A lanchiña que os leva é de pau de laranxoa lua é unha laranxa apodrecidaa lua debuxa cadaleitos nas furnasde entre os mortos nascen percebes

Os ollos vagos non venson as mans acoiteladas as que cachean os tetosa rapa áxil

E logo a lonxaE a viaxe à Coruña ou MadridE o prato na mesaE o sal na boca

Ese sabor a sal na bocacomo se a morte viñese cada nove ondas

Fado (1998)

Page 122: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

121

con Igor Lugris

Falarei agoracomo se se me fose a vidacomo falo sempreporque para dizer fumeé preferível ficar calado

E digo terrae case ulo o humus do soutoa pegada afundidao crepitar obscenoinvoluntáriodo paso

E digo illae un lagarto verdeescorre-me entre as pernase asi vou nomeando as cousas todascomo un deus crível

E entón no sétimo dia digo homee a palavra atora-see digoe non digoe cando vou dizeras balas que me han matarfechan-me a bocae porénsigo a dizer a cada mais altoe xa ulo a pólvora do disparoa suor de quen acariña o gatilloe caio no chane non digo xa mais nadaque chegoue non chegoua fin

Page 123: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

122

E vósque escoitadese contemplades o crimeerguede a voze cantadedenunciadea miña morte

Fado (1998)

Page 124: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

123

Miro VillarMiro VillarMiro VillarMiro VillarMiro Villar

Habitas agochada nun cristal embazadopolas mañás de inverno con chuvia e vento frío,que derrota nas tardes doces un sol tardíode cores irisadas debuxando o teu engado.

Habitas en silencio cando eu miro caladoe non sorrís nin choras con furor ardentíonin teimas na rotura do teu propio vacíoque estou ben certo amiga xa foi canto trobado.

Habitas recollida nun halo indiferentecos ollos limitados pola profundidade,en estáticos trazos do aroma da cidade.

Habitas nun recordo no que espreitas ausentee fas que eu mesmo teña sede e curiosidadepor saber do teu nome, de coñecerche idade.

Ausencias pretéritas (1990)

Page 125: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

124

Como o que consome alenta *enfraquezo desdeixadoe resisto ben caladoo que de min se comentacon linguaxe virulenta,porque Amar non é delitonin figuran por escritonormas de comportamentopara atallar no momentoa enfermidade que cito.

42 décimas de febre (1994)

* verso de Soror Madalena da Glória (1672-?)

Page 126: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

125

Horizontal, sí, te quiero *e na entrega xenerosa,libre de rigor austero,lasciva, libidinosa,despaciosamente espida,de vagar humedecida,co respiro entrecortadona desmedida fogaxedunha gorentosa viaxepor territorio vedado.

42 décimas de febre

* verso de Pedro Salinas (1891-1951)

Page 127: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

126

aproveito as palabras por ti desperdiciadasque recollo e restauro labrando cada verso,palabras nos lagotos do olvido que vernizocoa resina das bágoas, entre amor de rescaldosque fumegan, que abafan e non dan extinguido.

aproveito as medidas limitadas dos versosque recompoño adrede coa túa exactitudede ámbitos, sensos novos retornan na belezado pronunciado, cerna de aciñeira traballoe o corpo gaña a forma da evocación sonora.

aproveito as estrofas que nun aire viciadopurifico e intúo rimas e metros docespara ter un azucre de flores semellanteaos teus ollos, reconto sílabas e agradezocada acento perfecto que quere un sonetista.

aproveito inclusive pausas inoportunasonde o estro dubida na escolla do adxectivopara amar, despoxado do apetecido aromacolecciono un caderno de fragancias, odoresde prantas, e aproximo de xeito novo o corpo.

aproveito unha coda nunha estrofa de envíopara deixar no verso final esa esperanzadébil, ese combate co amargor máis profundo,co verme máis nocivo. reparo o meu sorrisonamentres un fragmento de min nace diverso.

FFFFFEntre tanto, a tu custodia dejo mis últimos versos.Aquí están.Si los guardas,si los conservas,podremos comparar su amarguracon la sonrisa de los que escriba mañana cuando vuelva.

(León Felipe)

Abecedario da desolación (1997)

Page 128: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

127

ando coa voz descalza nos días areeirosque escorren polos dedos, reinvento no murmurioque se escoita a liturxia de mares de salivaque esvaran na pel, sinto como sobe a mareado livor que conturba cada poro en silencio,

envexo o mar inmenso que desencalla os pasosque escribín na planicie porque pode bicarte,o mesmo mar de fóra que arreda os nosos liquesen distinto hemisferio, teño envexa do planctoporque somos argazo que morre lentamente,

perdo salitre en ollos que se perden no inmensosabor dunha amargura tan grande e tan enormecomo aquel horizonte que se deita nos labiosdo mar, non digo nada, non posúo palabraspara escribir relatos de náufrago no diario,

agradezo os abrazos e os beixos daquela ondaque cruza inesperada no vento de novembropero que sabe a pouco, que destrúe e que nadamáis que augación achega, miro de novo os peixesescasos que unha rede de nostalxia enreda,

devolvo insatisfeito cada palabra na augae como o mariñeiro recoñezo na esperaunha amizade, miro de novo o mar na enchentedesta preamar, sinto como sobe a mareado livor que conturba cada poro en silencio.

MMMMMUm diasem ouvira tua vozé como descobrirque o marmorreu.(David Mourão-Ferreira)

Abecedario da desolación (1997)

Page 129: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

128

Que alegría, saberte comigo debruzada,nunha mañá de nubes dun outono calqueraou no sol temesiño desoutra primavera,para acollermos xuntos a luz abrancazada.

Que alegría, mirarte nun sorriso abrazadano tempo impredicible de invernía e de esperaou na inoportunidade da calor máis severapara albiscar entrambos o brinde da luzada.

Que alegría, notar o rebento que nacedentro, como se fose medrándome no oídounha música morna que non dá interrompido.

Que alegría, dicir ben alto que me apraceser amado e amarte co corazón espido.Que alegría, vivir sentíndose vivido.

Alegr íaAlegr íaAlegr íaAlegr íaAlegr ía

Qué alegría, vivir, sintiéndose vivido.(Pedro Salinas)

Equinoccio de primavera (1998)

Page 130: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

129

Rafa VillarRafa VillarRafa VillarRafa VillarRafa Villar

ai veces en que sendo feliz,estando triste,agardo que volvas,que regreses a estas mans e a esta voz,que regreses a este corpo,con tantas indecisións e madrugadas

o devalo do mar (1994)

Page 131: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

130

ntregámoslle ao ventovelame e temón,o rumbo incertoda fuxida última.

Mar e invernocomo horizontese nos ollosgrandes ondas salgadas.

Un novo solpor anunciou a viaxe.

E fomos escumana implacábel singradurade regresarpartindo.

A sotavento dunha singradura (1995)

Page 132: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

131

u son de aquí

desta raíz de nogueiraque fendeo mar

desta carrizaorientada ao inverno

desta mera

son de aquí

sombrados díasque andeitansó

de aquí

lento velenona gorxae mortal

os meus restosson esta casade espellosmudosque me crean

casa ou sombra (1997)

Page 133: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

132

casanunca tivo chave

gardouna a maréentre os seusdevalos

unha chavesería unha redeintacta

casa ou sombra (1997)

Page 134: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

133

mallante trouxo á illaunha mensaxe de buguinas e cunchas abertasque non soubemos descifrar.

Houbo quen intuía un barco ou se cadra un avión,quen imaxinaba espléndidas colleitas no outono,quen predicía bancos de peixes agardándonos.

Tamén houbo quen agoiraba un río de afogados,quen vía unha guerra entre irmáns,quen ventaba o mar nacendo das estrelas.

A seguinte maré mudou a mensaxee, sen tempo, soltamos amarrasmentres a lúa se mexía entre as nubes.

E houbo quen aínda dixoque a illa tiña forma de áncora.

illa dentro (1998)

Page 135: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

134

íramecaído

celebrándome

bailando contra as esquinas

bébedodas miñas veas enterradas

e a un pasodo poema

ícaro (1999)

Page 136: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

135

os autoresos autoresos autoresos autoresos autores

Page 137: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

136

Page 138: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

137

Marilar Aleixandre Marilar Aleixandre Marilar Aleixandre Marilar Aleixandre Marilar Aleixandre (Madrid, 1947)Catálogo de velenos (Esquío, 1999)

Fran Alonso Fran Alonso Fran Alonso Fran Alonso Fran Alonso (Vigo, 1963)A lúa no probador (Diario 16 de Galicia, 1992), Persianas, pedramol eoutros nervios (ed. do autor, 1992), Tortillas para os obreiros (EspiralMaior, 1996), Cidades (Ed. Xerais, 1997)

Yolanda Castaño Yolanda Castaño Yolanda Castaño Yolanda Castaño Yolanda Castaño (Santiago de Compostela, 1977)Elevar as pálpebras (Espiral Maior, 1995), Delicia (Espiral Maior, 1998),Vivimos no ciclo das erofanías (Espiral Maior, 1998)

María do Cebreiro María do Cebreiro María do Cebreiro María do Cebreiro María do Cebreiro (Santiago de Compostela, 1976)o estadio do espello (Ed. Xerais, 1998)

Xabier Cordal Xabier Cordal Xabier Cordal Xabier Cordal Xabier Cordal (A Coruña, 1965)Arianrod (Bahía Edicións, 1993), Fruto do teixo (Edicións do Castro,1994), Afásia (Bahía Ed., 1997)

Emma Couceiro Emma Couceiro Emma Couceiro Emma Couceiro Emma Couceiro (Cospeito, 1977)Humidosas (Espiral Maior, 1997), As entrañas horas (Ed. do Castro, 1998)

Estevo CreusEstevo CreusEstevo CreusEstevo CreusEstevo Creus (Cee, 1971)Poemas da cidade oculta (Ed. Xerais, 1996), Areados (Dep. da Coruña,1996)

Marta DacostaMarta DacostaMarta DacostaMarta DacostaMarta Dacosta (Vigo, 1966)Crear o mar en Compostela (Dep. de Lugo, 1994), Pel de ameixa (Dep.da Coruña, 1996), Setembro (Ed. Galaxia, 1998)

Eduardo EstévezEduardo EstévezEduardo EstévezEduardo EstévezEduardo Estévez (Bos Aires, 1969)só paxaros saíron desta boca (Dep. da Coruña, 1998), lúa gris (Ed. Xerais,1999)

Celso Fernández SanmartínCelso Fernández SanmartínCelso Fernández SanmartínCelso Fernández SanmartínCelso Fernández Sanmartín (Lalín, 1969)Divagacións iú (ed. do autor, 1991), o tigre das cenorias (ed. do autor,1994), sen título (ed. do autor, 1995), propiamente son captivo (Letrasde Cal, 1997)

Lupe GómezLupe GómezLupe GómezLupe GómezLupe Gómez (Curtis, 1972)Pornografía (ed. da autora, 1995), Os teus dedos na miña braga conregra (Ed. Xerais, 1999)

Page 139: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

138

María LadoMaría LadoMaría LadoMaría LadoMaría Lado (Cee, 1979)A primeira visión (Letras de Cal, 1997)

Igor LugrisIgor LugrisIgor LugrisIgor LugrisIgor Lugris (Melide, 1971)Quen nos defende a nós dos idiotas? (Letras de Cal, 1997)

Olga NovoOlga NovoOlga NovoOlga NovoOlga Novo (Vilarmao, 1975)A teta sobre o sol (1ª ed.: Ed. do Dragón, 1996, 2ª ed. Letras de Cal,1999), Nós nus (Ed. Xerais, 1997), Amar é unha india (Unión Libre/Ed. do Castro, 1997)

Manuel OuteiriñoManuel OuteiriñoManuel OuteiriñoManuel OuteiriñoManuel Outeiriño (Ourense, 1962)Depósito de espantos (Ed. Positivas, 1994), Letras vencidas (Noitarenga,1999)

Chus PatoChus PatoChus PatoChus PatoChus Pato (Ourense, 1955)Urania (ed. da autora, 1991), Heloisa (Espiral Maior, 1994), Fascinio(Toxosoutos, 1995), Nínive (Ed. Xerais, 1996), A ponte das poldras(Noitarenga, 1996)

Isolda SantiagoIsolda SantiagoIsolda SantiagoIsolda SantiagoIsolda Santiago (Mazaricos, 1960)Flor de tan mal xardín (Espiral Maior, 1994), Berce das estampas (EspiralMaior, 1998)

Sechu SendeSechu SendeSechu SendeSechu SendeSechu Sende (Padrón, 1972)Odiseas (Letras de Cal, 1998)

Francisco SoutoFrancisco SoutoFrancisco SoutoFrancisco SoutoFrancisco Souto (A Coruña, 1962)As árvores do incesto (Espiral Maior, 1995), Fado (Letras de Cal, 1998)

Miro VillarMiro VillarMiro VillarMiro VillarMiro Villar (Cee, 1965)Ausencias pretéritas (Espiral Maior, 1992), 42 décimas de febre (Toxosou-tos, 1994), Abecedario da desolación (Espiral Maior, 1997), Equinocciode primavera (Esquío, 1998)

Rafa VillarRafa VillarRafa VillarRafa VillarRafa Villar (Cee, 1968)Liques da memoria (Caixa galicia, 1993), o devalo do mar (ed. do autor,1994), No mesmo espacio (Ed. do Dragón, 1995), A sotavento dunhasingradura (Espiral Maior, 1995), O tributo da tarde (Toxosoutos, 1997),casa ou sombra (Ed. Xerais, 1997), Illa dentro (edición electrónica enInternet, 1998), ícaro (Ed. Tema, 1999)

Page 140: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

139

Este libro rematousede imprimir nos talleres de Litosprint

cando se facían 44 anosda constitución en Montevideo do

Consello de Galiza (G oberno galego no exilio),presidido por Castelao.

Page 141: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

140

Page 142: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

141

Page 143: portada tem 9102culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_9102.pdf · 2006-12-21 · Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño,

142