presentación

6
A FAVOR As novas tecnoloxías favorecen as relacións sociais Os avances tecnolóxicos no campo das comunicación transformaron os hábitos e costumes da sociedade, cambiaron os estilos de vida e incluso variaron a linguaxe e o vocabulario dos usuarios. Como case todas as innovacións ao longo da historia posúen un sector de detractores, tremendistas e mesmo apocalípticos que só ven os aspectos negativos e manifestan prexuízos con cada avance neste terreo. Así sucedeu coa aparición do teléfono, da radio, cinematógrafo, da televisión, etc. Seguro que como todo na vida, coas novas tecnoloxías e redes sociais hai que seguir unhas normas e ter certas precaucións, pero o que é innegable é que son un avance indiscutible nas comunicacións e nas relacións sociais, como imos demostrar cos nosos argumentos. As novas tecnoloxías entre as que se contan a internet e as redes sociais creban todo tipo de fronteiras, permiten a comunicación e son unha ferramenta tal útil e efectiva que non ofrece a máis mínima dúbida. A listaxe de vantaxes destas tecnoloxías na mellora das relacions sociais é interminable: 1. As novas tecnoloxías son positivas nas familias cando existe un bo nivel de comunicación, pois está demostrado que os artefactos dixitais son utensilios que non fan máis que resaltar os valores familiares. En moitas familias, a tecnoloxía é como un membro máis da mesma que participa en moitos ámbitos: ocio, compra, viaxes, 1

Upload: carme-fernandez-miranda

Post on 13-Dec-2014

90 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

 

TRANSCRIPT

Page 1: Presentación

A FAVOR

As novas tecnoloxías favorecen as relacións sociais

Os avances tecnolóxicos no campo das comunicación transformaron os hábitos e costumes da

sociedade, cambiaron os estilos de vida e incluso variaron a linguaxe e o vocabulario dos usuarios.

Como case todas as innovacións ao longo da historia posúen un sector de detractores, tremendistas e

mesmo apocalípticos que só ven os aspectos negativos e manifestan prexuízos con cada avance neste

terreo. Así sucedeu coa aparición do teléfono, da radio, cinematógrafo, da televisión, etc.

Seguro que como todo na vida, coas novas tecnoloxías e redes sociais hai que seguir unhas normas e

ter certas precaucións, pero o que é innegable é que son un avance indiscutible nas

comunicacións e nas relacións sociais, como imos demostrar cos nosos argumentos.

As novas tecnoloxías entre as que se contan a internet e as redes sociais creban todo tipo de

fronteiras, permiten a comunicación e son unha ferramenta tal útil e efectiva que non ofrece a máis

mínima dúbida. A listaxe de vantaxes destas tecnoloxías na mellora das relacions sociais é

interminable:

1. As novas tecnoloxías son positivas nas familias cando existe un bo nivel de comunicación, pois

está demostrado que os artefactos dixitais son utensilios que non fan máis que resaltar os valores

familiares.

En moitas familias, a tecnoloxía é como un membro máis da mesma que participa en moitos

ámbitos: ocio, compra, viaxes, entretemento. Mais estas novas familias teñen claro que as tecnoloxías

non poden substituír a pasear, ler, facer deporte ou ver unha película.

Só se as relacións familiares son malas, a tecnoloxía pode distanciar aos integrantes da

familia e resaltar o illamento e o individualismo que xa estaban presentes con o sen novas

tecnoloxías.

E seguindo no àmbito da familia, Unha imaxe vale máis que mil palabras: os netos ensinando a

os seus avós a difícil arte de navegar por internet, de chatear con familiares e amigos, de pescudar e

investigar a través de google o hotmail os máis diversos temas relacionados coa historia, a xeografía, a

arte, a ciencia, a cultura, etc. Os rapaces, os mozos, os adolescentes, dando clases prácticas de

informática, de internet, sobre correos electrónicos, aos seus pais facilitando un encontro

interxeracional rico e prometedor.

Rematamos coas relacións familiares falando do uso das novas tecnoloxías na comunicación

entre as familias que se atopan separadas. Mozos que estudan fóra de casa, necesidade de emigrar

1

Page 2: Presentación

para buscar unha vida mellor... Quen non ten no seu contorno un familiar co que se comunican por

Skipe, Wasap? Os nosos pais aínda lembran as dificultades para comunicarse coa familia cando se

atopaban lonxe de casa: longas colas nas cabinas, conferencias carísimas....

2. As novas tecnoloxías permiten traballar desde o domicilio, contribuíndo à conciliación da vida

familiar coa vida laboral e permitindo unha mellor comunicación coa parella e os fillos.

Desde o punto de vista dos empregados, os expertos aseguran que os traballadores se senten

máis satisfeitos, motivados e con menores niveis de estrés traballando en casa. Xa que se eliminan os

desprazamentos entre o lugar de traballo e a residencia do traballador, redúcense os atascos e o gasto

en transporte público. Ademais, os conflitos que o traballo ocasiona, a miúdo, na familia, poden

diminuír posto que o traballador pode conciliar mellor a súa vida persoal coa profesional grazas uns

horarios máis flexibles.

Finalmente o teletraballo tamén pode reducir os gastos no coidado dos fillos, ao diminuír o

tempo que se está fóra de casa.

A nivel social, esta modalidade de traballo facilita a integración no mundo laboral de persoas

con dificultades de desprazamento (discapacitados, nais e pais con bebés, fillos ao coidado de persoas

maiores, etc.).

3. Axudan a globalizar a cultura e a información e levala cada día a máis lugares : os cursos on

line , aulas virtuais, a prensa, están ao alcance de persoas que viven no medio rural ou zonas

periféricas. E se ben o acceso a estes avances comezou sendo un terreo vedado a moitos grupos de

poboación, hoxe en día non hai concello, asociaciòn cultural, Centro de Maiores no que falten cursos

de alfabetización dixital adaptados ás circunstancias de cada caso.

4. Pero a mellora das relacións sociais non só ten que ver con falar cos amigos e coa familia, pois

neste sentido a realidade é tan esmagadora que non ofrece dúbida, existen outras maneiras de empregar

as novas tecnoloxías que significan un grande avance na mellora destas relacións.

A través das redes sociais hoxe en día, canalízase unha corrente de solidariedade que axuda

a combater as inxustizas asinando cartas dirixidas ás autoridades, aos políticos e solidarizándose coa

xente que sofre agravios e ataques aos dereitos humanos. Numerosas ONG ou plataformas cidadás :

Amnistia Intenacional, vía change.org., achégannos a realidades que nós, no noso mundo, non

podiamos nin imaxinar : mulleres castigadas a morrer lapidadas, nenos que traballan como escravos,

mulleres sen acceso à educaciòn.

Acaso non significa unha mellora das relacións, que coñezamos esas realidades, que poidamos

asinar e berrar ben forte a través destas plataformas: PROTESTO. De non seren polas novas

tecnoloxías, moitos deses casos xamais se coñecerían.

2

Page 3: Presentación

5. Mellora as relacións das persoas maiores. O número de persoas maiores da nosa sociedade é cada

vez máis amplo, e o sentimento de illamento e soidade cada vez máis frecuente entre eles. As novas

tecnoloxías son unha ferramenta para axudarlles a mellorar as súas relacións sociais e facer que se

sintan máis comunicados e conectados.

Este é o caso do proxecto Social TV posto en marcha pola Fundación Vodafone España, Cruz

Vermella Española e a Fundación TECSOS, que ten como gran obxectivo crear unha rede social vitual

que poida chegar a converterse nunha rede social física na que as persoas maiores entren en contacto,

se coñezan e se apoien.

6. As Nuevas tecnoloxías abren unha porta á autonomía a persoas con minusvalias e

enfermidades de tipoloxía ben distinta. Melloran a súas relación e en moitos casos cambian

completamente as súas vidas.

Acaso un ordenador que fala por unha persoa, as ordes que se converten en accións grazas ao

sistema de recoñecemento de voz ou a adaptación de aplicacións informáticas non abren unha porta

para discapacitados? Acaso non adquiren a autonomía que a vida lles negou? Por poñer un exemplo,

Stephen Hawking, unha das mentes máis lúcidas da historia, comunícase co resto do mundo grazas ás

novas tecnoloxías.

Non imaxinades a cantidade de persoas anónimas que se relacionan facendo uso das novas tecnoloxías. As novas tecnoloxías supoñen un grande avance en canto á superación das limitacións ás que se ven sometidos algúns colectivos tales como as persoas que sofren algunha discapacidade.Existen moitos dispositivos electrónicos destinados a axudar a estas persoas, como pode ser: "Phantom" (dedo-robot para cegos), o ratón bucal e un longo etc.http://www.uco.es/investiga/grupos/eatco/automatica/ihm/descargar/discapacitados.pdf

7. Tamén as novas tecnoloxías facilitan a comunicación co mundo laboral á hora de buscar

traballo. Moitos son os que se inscriben ou envían o currículo a empresas situadas en calquera parte do

mundo sen necesidade de moverse de casa.

Outra nova faceta no mundo laboral é o aumento de persoas que coa axuda da internet e dos

marabillosos programas a súa disposición poñen en marcha iniciativas creativas e rendibles en

infinidade de campos: infografìa,repostería, artesanía, moda, arte, xestorías. Son os chamados freelace

ou traballadores por conta propia que agora dispoñen das novas redes para mellorar as relacións con

clientes, provedores, etc.

8. Tampouco podemos poñer en dúbida que as novas tecnoloxías constitúen un estímulo da

creatividade , autoestima e habilidades sociais se se saben seleccionar e dosificar, como todo na

vida, e ofrecen unha grande cantidade de materiais para a diversión e o entretemento.

3

Page 4: Presentación

Hoxe e día os xogos máis tradicionais están renovados na rede: triviados, apalabrados,

xadrez... conviven con vídeoxogos de última xeración sobre temas diverso e variedade para toas as

idades.

Malia a mala prensa dos vídeoxogos, se se usan de maneira racional ofrecen numerosas vantaxes:

Entreteñen e divirten

Estimulan a coordinación óculo-manual

Promoven procesos cognitivos complexos como a atención, percepción visual, memoria e

secuenciación da información.

Axudan a dquirir estratexias para “aprender a aprender” en contornos novos.

Reforzan o sentido do dominio e control persoal.

Potencian a autoestima

E ademais, facilitan as relacións sociais entre xogadores.

9. Por ultimo,a tecnoloxía mobilízanos e amplifica todo "cando os individuos se unen a través da

Internet poden facer que xurda algo completamente novo", como ocorreu con "O Indignado", unha

"figura sen rostro" que emerxeu a partir das mobilizacións sociais de Libia, Siria e Exipto, pero tamén

en Atenas, Londres, Madrid e Nova York.... Nalgúns destes casos, as novas tecnoloxías romperon o

principal dique da incomunicación : a censura; o que sen dúbida mellora as relacións entre as persoas

e entre sociedades en distinto grao de desenvolvemento.

Concluímos reafirmándonos en que as novas tecnoloxías modificaron o xeito de comunicarmos co

resto das persoas e que maioritariamente favorecen as relacións sociais no mundo como nunca o

fixeran antes, incluso ata o punto de a través delas, moitas voces en todas partes do mundo únense

para cuestionar verdades institucionalizadas e defender múltiples puntos de vista na interpretación dos

feitos políticos, sociais, económicos, ecolóxicos.... abrindo a imparable posibilidade da discrepancia.

4