presentación sargadelos

21
PARTE DUNHA REVOLUCIÓN

Upload: esperanza-vazquez-dopico

Post on 06-Jul-2015

102 views

Category:

Documents


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Presentación sargadelos

PARTE DUNHA REVOLUCIÓN

Page 2: Presentación sargadelos

Ao longo da historia máis recente, as actividades industriaisxeraron unha serie de sistemas produtivos que paulatinamentese foron incorporando á nosa herdanza cultural.

As testemuñas da industrialización constitúen un legadoimprescindible para comprender a historia dos últimos séculos.

Os elementos e factores que inciden no feito industrial,desempeñaron un papel importante na evolución do territoriorural ou urbano, na formación do carácter histórico e culturaldos seus sitios, lugares e paisaxes e na definición do ambienteen que se desenvolveu o desenrolo das industrias.

O patrimonio industrial convértese en memoria histórica que semanifesta segundo a época, a fase do seu desenvolvemento, ossectores de actividade e as áreas geoculturais no que se levou acabo o proceso da industrialización.

Page 3: Presentación sargadelos

A industrialización como proceso histórico, esencialmente europeona súa orixe e conformación, permite a conexión da historiacontemporánea galega coa europea, xurdida da revolucióncientífica e da Ilustración.

O patrimonio industrial actúa como un eixe estructural deaccións de investigación, creación, difusión e dinamizacióneconómica.

É importante coñecer e investigar sobre os feitos que iniciaron arevolución industrial en Galicia para comprender mellor a nosarealidade económica e cultural da que Sargadelos é bandeira.

Page 4: Presentación sargadelos
Page 5: Presentación sargadelos

A revolución industrial, que transformoufondamente as estruturas económicas esociais europeas desde finais do século XVIII,foi un feito que en Galicia non tivo unha granrelevancia ata case un século máis tarde.Poucas industrias marcan unha sociedade naque o sector primario mantivo un peso moigrande ata os nosos días.

En Galicia subsistiron os oficios artesanais,máis ou menos especializados, ata benavanzada a era contemporánea, debido ádispersión da poboación e a economía desubsistencia: canteiros, curtidores, ferreiros,zapateiros, torneiros, etc. Moitos delestraballaban a tempo parcial e de xeitoitinerante. Cando se fala de industrializaciónen Galicia hai que comprender que estamosante un proceso incompleto e, para moitosestudosos, fracasado.

Page 6: Presentación sargadelos

No século XVIII Galicia está nun punto de partida óptimo para unirse áfebre industrial europea. Nesta centuria, ademais da industria dolenzo, da que participaban en torno a 75.000 familias galegas,arrinca en Ferrol a construción de buques co Arsenal; o Marqués deSargadelos instala unha das primeiras e máis grandes siderurxiasda Península Ibérica, e o porto da Coruña racha o monopolio deCádiz e comeza a comerciar con América. Pero a forte competenciaeuropea, a falta de capitais, e a posición periférica e subalterna deGalicia no novo estado liberal son razóns que abondaron parapoder comprender o fracaso.

Page 7: Presentación sargadelos

Durante o século XVIII as iniciativas industriais veñen da man da coroaespañola, a través da instalación das manufacturas reais, na etapa dodespotismo ilustrado cuxo máximo expoñente foi en España o monarcaCarlos III. A Real Fábrica de Sargadelos é un dos mellores exemplos dainfluencia da Ilustración en Galicia, que estaba naquel tempo ailladafisicamente, aínda baixo a negativa influencia da nobleza e o clero xa que aman de obra estaba ao seu servizo e o pobo durmía entre a pobreza e aignorancia, sufrindo un grande deterioro.

Sargadelos foi o buque insignia dunhaserie de iniciativas industriais queabranguen a fabricación de diferentesxéneros: a Real Fábrica de Manteleríada Coruña, a Real Maestranza deArtillería da Coruña, a Real Fábrica deCobrería en Xubia, a Real Fábrica deXarcia e Lona en Sada, ou a Fábrica deTabacos da Coruña, son exemplos doincipiente desenvolvemento industrialdeste período.

Page 8: Presentación sargadelos
Page 9: Presentación sargadelos

A comarca do río Eo maniféstase a finais do século XVIII como onúcleo ferretero máis dinámico da península. Aparecen novasferreirías, para a obtención do ferro da maneira tradicional, etres proxectos de altos fornos perante a década de 1780.

Foi a Compañía de la Vega, de Ribadeo, quen primeiro solicitou acreación de tres ferreirías, catro martinetes e unha fábrica depotas de Burdeos. Despois de cinco anos realizou varios dosseus proxectos pero non chegou a rematar a creación da fábricade potes de ferro colado.

Pouco máis tarde, a finais de 1784, outro comerciante da zona,José Álvarez de la Graña, solicita autorización para una fábricade potes de ferro colado en Granda pero tampouco se levou aefecto.

Page 10: Presentación sargadelos

O de Sargadelos foi o terceiro proxecto de altos fornos e o único que chegou a boporto.

A iniciativa da Real Fábrica de Sargadelos, primeiro siderurxia, e despois factoría delouza, non se entendería sen a figura do seu fundador, Antonio Raimundo Ibáñez.

Naceu en Oscos, Asturias, no ano 1749, no seo dunha pequena familia fidalga.Desde que era novo foi un emprendedor e un precursor, tratando de introducir napenínsula as novidades producidas noutros países máis avanzados.

O seu pai era notario; con el preparou asúa formación, pasando despois atraballar en Ribadeo comoadministrador dunha casa comercial.Non tardaría moito en facerse coadirección do negocio. A principios dosoitenta Ibáñez era un dos principaiscomerciantes, facendo medrar en poucotempo a súa situación social eeconómica. Comerciou nestes anos conaceite, liño, viño, augardente e conferro, introducindo e dándolle saída aestes produtos desde Galicia e Asturias.

Page 11: Presentación sargadelos

Na segunda metade do XVIII xa era posible, nalgúns casos, mudar a condición familiargrazas ás oportunidades de negocios que se abrían para os emprendedores.Mais Raimundo Ibáñez non se conformou co seu éxito comercial e fíxose armador,fundando a Real Compañía Marítima, e comezou a comerciar coas Indias e taméncon Rusia, Suecia ou Terranova, da que traía o bacallao. Empresario hábil, pensouque Galicia tiña recursos naturais abundantes, como madeira e caolín. As súasideas principais eran a existencia da materia prima polo que sería bon desenvolverna nosa terra os productos, abaratando custes e obtendo maiores beneficios. Aaparición dunha nova industria daría novos postos de traballo.

Inspirado polo movemento europeo da renovación cultural e económica,fundou unha fábrica metalúrxica no norte da provincia de Lugo, en Cervo.Isto foi posible grazas a unha alianza que tiña cun dos maioristas deCompostela, José de Andrés García, que será a base económica do futuroalto forno de Sargadelos.

Page 12: Presentación sargadelos

A partir do ano 1791 comeza a erguer o complexo de Sargadelos, hoxe en díacoñecido pola súa cerámica. Nun primeiro momento xurde como unhapotente siderurxia, a altura das que comezaban a proliferar en Europa aocalor do proceso da industrialización. Contaba para a empresa co apoio doPrimeiro Ministro Godoy desde Madrid, que lle aseguraba contratos paraadquirir municións para a Armada Española, e lle facilitaba os suministrosde materias primas.

En 1794 comeza a funcionar o complexo.Os primeiros lingotes de ferro coladomándanse para Ferrol como lastres paraos buques da Armada. Fabrícanse taménbalas de canón, todo tipo de obxectospesados de ferro, elementos de uso cotiáe ferramentas, actividade á que se adicaráa fábrica nos catorce anos seguintes.Sargadelos tivo maioritariamentecarácter militar ata que a fábrica pasa amans de Luis de la Riva no ano 1840.

Page 13: Presentación sargadelos

En canto á producción civil hai que destacar especialmente a fabricaciónde potes.

Sargadelos era unha siderurxia non integral xa que non dispoñía deinstalacións para convertir o colado de ferro doce en aceiro, sendocaldeados os seus fornos con carbón vexetal, xa que había nosbosques do contorno a madeira suficiente para a súa alimentación.

A fábrica non tardou moito en entrar en decadencia debido ao difícilabastecemento e a competencia sufrida desde outras instalacións.

Page 14: Presentación sargadelos

Ademais o Marqués de Sargadelos tivo un grande problema: orexeitamento de boa parte da poboación autóctona, debido ádeforestación de montes en ben común que a súa fábricaprovocaba na comarca. O establecemento do alto fornoalimentado con carbón vexetal ocasionou unha oleada deconflictos sociais debido a que os nobres da zona vían na fundiciónun elemento de ameaza para a súa preeminencia e, doutra banda,os pobos do contorno que vían máis dereitos da fábrica sobre oaproveitamento dos bosques en detrimento dos seus propios.

Page 15: Presentación sargadelos

Así era na realidade: Ibáñez tiña unha cédula de autorización do ano1791 pola que podía explotar un amplo bosque que, anquesometido ás ordenanzas de montes de marina de 1748,e viñasendo utilizado polos veciños aos que se concedían permisos paracortar madeiras das inútiles para o Real Servizo, para pezasmenores de casas, aperos de labranza…A Real Cédula reducía esesusos e obrigaba a que calquera aproveitamento do bosquequedara suxeito á autorización de Ibáñez.

Page 16: Presentación sargadelos

Se a retirada de moitos dos antigos usos do bosqueocasionou os primeiros conflictos, a situación agravousedesde o momento en que se formalizou a primeiracontrata de municións no ano 1796. Ao convertirseSargadelos nunha fundición exclusivamente de materialmilitar, a contrata incluirá unha cláusula na que seencarga aos que administran a xustiza de “prestar todaa axuda necesaria para vencer a tenaz resistencia dosveciños da comarca na concurrencia de acarretos”.Entón Ibáñez fixará a cantidade de acarretos necesariose realizarase o reparto entre os veciños da comarca.Cada lugareño debía servir forzosamente nas tarefas detransporte a Sargadelos uns 40 días ao ano.

Page 17: Presentación sargadelos

A resistencia dos campesiños e a insistencia de Ibáñez, que pide aaxuda do exército en varias ocasións e ataca aos que exercen axustiza que son máis remisos a pedir axuda, vai provocar un climade guerra que rematará co asalto e incendio do complexo deSargadelos por máis de 4000 comarcanos en abril de 1798. Istocausou graves danos na siderurxia, que seguiu producindo, peroa un ritmo moito menor do agardado polo Marqués.

A intervención militarrestauró a orde pero nonsolucionou máis que ossíntomas do conflicto e amorte violenta de Ibáñez foiposiblemente o seu últimogran estoupido.Co tempo a siderurxia tivoque pechar.

Page 18: Presentación sargadelos

No ano 1806 Antonio RaimundoIbáñez crea a fábrica de louzanas mesmas instalacións dasiderurxia, repoñéndose así dofracaso anterior. Apenaspodería ver o éxito da súainiciativa, xa que morrería en1808. As circunstancias do seupasamento non ficaron moiclaras. En 1808 coa Guerra daIndependencia xa en marcha,forma parte das xuntas dedefensa de Ribadeo. Candoestas capitulan ante osfranceses, o marqués deSargadelos é acusado detraidor e afrancesado polos doseu bando, que remataríanpor asasinalo.

Page 19: Presentación sargadelos

Raimundo Ibáñez foi un home dunha ampla cultura e erudición, apesar de non poder cursar estudios universitarios. Paradigma doilustrado emprendedor, foi quen de se converter no introdutor domodelo capitalista moderno naquela España que aíndaconservaba usos e costumes propios do Antigo Réxime. Situar aIbáñez no seu sitio implica afirmar o seu papel progresista noámbito industrial pero tamén esquecer a idea de combatenteliberal e antiseñorial do que o dotaron os seus biógrafos.

Os únicos antiseñoriaisnos conflictos de

Sargadelos foron os campesiños que

defenderon os seus benscomúns e a súa liberdade

persoal contra unsprivilexios de corte

señorial outorgados polamonarquía absoluta.

Page 20: Presentación sargadelos

Ibáñez aínda tivo tempo en vida de traer ao mundo a nove fillos, que deroncontinuidade á súa tarefa emprendedora. Cando morreu estaba a se tramitar otítulo de Marqués de Sargadelos para a súa persoa, título co que pasou á historiaaínda que nunca gozara del en vida.

Á súa morte o seu fillo maior, José Ibáñez,por acordo cos seus oito irmáns, tomaría asrendas dos negocios familiares eespecialmente da fábrica de louza, quefuncionaría durante catro etapas ata o ano1879, chegando a ser unha referencia napenínsula ibérica e un centro de exportaciónmoi importante. A louza de Sargadelos,ademais do seu gran volume de produciónindustrial, acadou un resultado estético máisque notable, estando representada a travésdas súas máis senlleiras pezas en moitos dosmuseos galegos.

Sargadelos é un emblema histórico no desenvolvemento industrial deGalicia, que supuxo un importante motor económico para o seucontorno.

Page 21: Presentación sargadelos