primaria lingua · 2021. 2. 24. · o caderno lingua 6, para sexto curso de primaria, é unha obra...

14
O caderno Lingua 6, para sexto curso de Primaria, é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana María Guerra Cañizo. Na súa elaboración participou o seguinte equipo: TEXTO Teresa Broseta Fandos (Lecturas iniciais) Ánxela Carril Caldelas Rafael Fortes Otero Roxelio Sarriá Batlle Afonso Toimil Castro Amparo Tortosa Sanz ILUSTRACIÓN Rosanna Crespo Picó EDICIÓN EXECUTIVA Afonso Toimil Castro Amparo Tortosa Sanz DIRECCIÓN DO PROXECTO Ana María Guerra Cañizo DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIA Maite López-Sáez Rodríguez-Piñero CADERNO PRIMARIA Lingua 6

Upload: others

Post on 07-Sep-2021

8 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PRIMARIA Lingua · 2021. 2. 24. · O caderno Lingua 6, para sexto curso de Primaria, é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

O caderno Lingua 6, para sexto curso de Primaria, é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana María Guerra Cañizo.

Na súa elaboración participou o seguinte equipo:

TEXTO Teresa Broseta Fandos (Lecturas iniciais) Ánxela Carril Caldelas Rafael Fortes Otero Roxelio Sarriá Batlle Afonso Toimil Castro Amparo Tortosa Sanz

ILUSTRACIÓN Rosanna Crespo Picó

EDICIÓN EXECUTIVA Afonso Toimil Castro Amparo Tortosa Sanz

DIRECCIÓN DO PROXECTO Ana María Guerra Cañizo

DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIAMaite López-Sáez Rodríguez-Piñero

CADERNO

PRIM

AR

IALingua6

Page 2: PRIMARIA Lingua · 2021. 2. 24. · O caderno Lingua 6, para sexto curso de Primaria, é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

Índice

Unidade 1

COMPRENDO UN CONTO. Un día de campo .................................... 6

GRAMÁTICA. O grupo nominal .......................................................... 8

VOCABULARIO. A farmacia. Prefixación e sufixación ........................... 10

ORTOGRAFÍA. Uso das maiúsculas .................................................. 12

SABER FACER. Elaborar un esquema ................................................ 13

Unidade 2

COMPRENDO UN TEXTO INFORMATIVO. Gotas de suor .................. 14

GR AMÁTICA. Os demostrativos e os posesivos .................................. 16

VOCABULARIO. Os alimentos. A composición .................................... 18

ORTOGRAFÍA. Repaso de acentuación .............................................. 20

SABER FACER. Presentar un tema .................................................... 21

Unidade 3

COMPRENDO UN CONTO. Sebastián .............................................. 22

GRAMÁTICA. Os numerais e os indefinidos ........................................ 24

VOCABULARIO. O obradoiro de pintura. Palabras parónimas ............... 26

ORTOGRAFÍA. Casos especiais de acentuación .................................. 28

SABER FACER. Organizar as ideas dun texto ...................................... 29

2

Page 3: PRIMARIA Lingua · 2021. 2. 24. · O caderno Lingua 6, para sexto curso de Primaria, é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

Unidade 4

COMPRENDO UN CONTO. Un astronauta na clase ............................ 30

GR AMÁTICA. O verbo ...................................................................... 32

VOCABULARIO. A ximnasia. Eufemismos e palabras tabú .................... 34

ORTOGRAFÍA. O acento diacrítico ..................................................... 36

SABER FACER. Organizar as ideas dun texto ...................................... 37

Unidade 5

COMPRENDO UN CONTO. Unha noite movida .................................. 38

GR AMÁTICA. Os pronomes persoais ................................................. 40

VOCABULARIO. O nacemento dun bebé. Palabras onomatopeicas ....... 42

ORTOGRAFÍA. Repaso de grafías ...................................................... 44

SABER FACER. Redactar a resposta dun exame ................................. 45

Unidade 6

COMPRENDO UN TEXTO INFORMATIVO. O Mar Morto ................... 46

GRAMÁTICA. O adverbio. As locucións adverbiais ............................... 48

VOCABULARIO. A planta de reciclaxe. Palabras polisémicas

e palabras homónimas ............................................ 50

ORTOGRAFÍA. A grafía b .................................................................. 52

SABER FACER. Mellorar un texto ...................................................... 53

3

Page 4: PRIMARIA Lingua · 2021. 2. 24. · O caderno Lingua 6, para sexto curso de Primaria, é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

Unidade 7

COMPRENDO UN CONTO. A Noitevella ............................................. 54

GRAMÁTICA. Os enlaces: preposicións e conxuncións ......................... 56

VOCABULARIO. A tenda de lámpadas. Palabras sinónimas

e palabras antónimas .............................................. 58

ORTOGRAFÍA. A grafía v ................................................................... 60

SABER FACER. Contar unha secuencia .............................................. 61

Unidade 8

COMPRENDO UN CONTO. Máquina ................................................. 62

GR AMÁTICA. Os enunciados. A oración. O suxeito ............................... 64

VOCABULARIO. A oficina. Frases feitas e interxeccións ........................ 66

ORTOGRAFÍA. A grafía h ................................................................... 68

SABER FACER. Interpretar sinais ........................................................ 69

Unidade 9

COMPRENDO UN CONTO. Cores do mundo ..................................... 70

GRAMÁTICA. O predicado nominal. O atributo ..................................... 72

VOCABULARIO. A ficción científica. As siglas e as abreviaturas .............. 74

ORTOGRAFÍA. Palabras con x e con ll ................................................ 76

SABER FACER. Redactar normas de comportamento ........................... 77

4

Page 5: PRIMARIA Lingua · 2021. 2. 24. · O caderno Lingua 6, para sexto curso de Primaria, é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

Unidade 10

COMPRENDO UN CONTO. Un agasallo especial .............................. 78

GR AMÁTICA. O predicado verbal. Os complementos .......................... 80

VOCABULARIO. A escena dun conto. Os neoloxismos ....................... 82

ORTOGRAFÍA. A coma e os dous puntos .......................................... 84

SABER FACER. Elaborar o folleto dun aparello ................................... 85

Unidade 11

COMPRENDO UN CONTO. Aniversario feliz ...................................... 86

GR AMÁTICA. Clases de oracións ..................................................... 88

VOCABULARIO. As covas. Os estranxeirismos .................................. 90

ORTOGRAFÍA. O punto e coma e os puntos suspensivos ................... 92

SABER FACER. Expresar a opinión ................................................... 93

Unidade 12

COMPRENDO UN CONTO. Unhas sobremesas deliciosas ................. 94

GRAMÁTICA. As linguas de España. O galego ................................... 96

VOCABULARIO. O porto. Os arcaísmos ............................................ 98

ORTOGRAFÍA. As parénteses, as comiñas e a raia ............................. 100

SABER FACER. Dar argumentos ...................................................... 101

5

Page 6: PRIMARIA Lingua · 2021. 2. 24. · O caderno Lingua 6, para sexto curso de Primaria, é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

COMPETENCIA LECTORA Comprendo un conto

1 Quen fora pasar o día ao campo? Escribe.

2 Onde estaba a familia? Marca.

No interior do bosque.

Nun lugar preto dun bosque.

Nunha montaña.

Mentres os pais e o avó se animaban cunha partida de parchís, Vitoria e Alberte corrían costa arriba e dentro do bosque.

–Coidado –berrou o pai–, que aínda vos ides perder polo bosque!

–Coidado –berrou a nai–, que aínda vos vai sentar mal o xantar!

–Coidado –berrou o avó–, que aínda ides toparvos cunha fera!

Vitoria e Alberte escachaban coa risa. Estaban eles ben preocupados...!

Despois dun bo anaco perseguindo bolboretas, os dous irmáns decatáronse de que estaban no corazón do bosque, onde as árbores eran moitas e moi altas. Cruzando unha mirada, decidiron volver correndo ao lugar onde os agardaba a familia, non fose o caso que aínda tivese razón o pai...

O medo púxolles ás nos pés. Tanto correron que o xantar estivo a piques de volver saír por onde entrara e tiveron que reducir o paso, non fose o caso que aínda tivese razón a nai...

A punto de chegar ao sitio, uns gruñidos espantosos fixeron tremer os rapaces e púxoselles o corazón na boca. Mira que se aínda tiña razón o avó e se atopaban cunha fera...

Nun santiamén, o medo volveuse un estrondo de risas. Arredor da mesa, o avó e os pais durmían coma un lirio… Cal dos tres roncaba máis forte non poderían dicilo!

Un día de campo

6

Page 7: PRIMARIA Lingua · 2021. 2. 24. · O caderno Lingua 6, para sexto curso de Primaria, é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

13 Quen lles fixo cada advertencia a Vitoria e a Alberte? Relaciona.

4 Que lles pasou a Vitoria e a Alberte? Escribe V (verdadeiro) ou F (falso).

Xogaron unha partida de parchís moi longa.

Perseguiron bolboretas un bo anaco.

Viron unhas árbores moi altas no corazón do bosque.

Correron tanto que vomitaron o xantar.

Atoparon unha fera á saída do bosque.

5 Que significa cada expresión destacada? Subliña.

O medo púxolles ás nos pés. O avó e os pais durmían coma un lirio.

• Non os deixou correr. • Durmían cun sono lixeiro.

• Animounos a correr máis rápido. • Durmían profundamente.

6 Responde.

• Que eran os «gruñidos espantosos» que oíron os rapaces?

• Cal dos tres facía máis ruído?

Coidado, quepodedes toparvos

cunha fera!

Coidado, que vos pode sentar mal

o xantar!

Coidado, quepodedes perdervos

polo bosque!

7

Page 8: PRIMARIA Lingua · 2021. 2. 24. · O caderno Lingua 6, para sexto curso de Primaria, é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

GRAMÁTICA O grupo nominal

1 Subliña os dous grupos nominais de cada oración e arrodea os núcleos.

• A miña avoa prepara uns batidos de froita deliciosos.

• Aquela rapaza morena é a filla do farmacéutico.

• Os meus mellores amigos regaláronme este estoxo.

• Gustaríame que Alberte me deixase a súa bicicleta.

• Manel, toses moito; coido que che cómpre un xarope.

2 Elixe o determinante e o complemento axeitados e escribe o grupo nominal completo.

LEMBRA

Un grupo nominal é un conxunto de palabras agrupadas arredor dun substantivo que funciona como núcleo. Ademais do núcleo, o grupo nominal pode estar formado por palabras que funcionan como determinantes ou como complementos.

dous grande o pequenos unha bonitas

cadelos

tres boísimo unha salgados un con verduras

algúns vellas o de flores a túa vermella

dous grande o pequenos unha bonitas

ramo

cabalo

paella

8

Page 9: PRIMARIA Lingua · 2021. 2. 24. · O caderno Lingua 6, para sexto curso de Primaria, é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

13 Analiza estes grupos nominais seguindo o exemplo.

• Uns plátanos maduros • Un vaso de leite quente Det. N. Compl.

• A maleta azul de plástico • O teu irmán xemelgo

• Moitas persoas • A páxina baleira

• Unha noticia de interese • A filla da miña curmá

• Estas vellas fotos • Algúns folios con debuxos

4 Localiza e subliña no texto quince grupos nominais.

Aves rapaces

As aves rapaces cazan animais para comer. Estas aves teñen un tamaño variable; o pequeno falcón e o enorme cóndor son dous bos exemplos. Ademais, hai aves rapaces diúrnas e aves rapaces nocturnas. Iso si, teñen características comúns: unha visión aguda, un oído finísimo, patas con gadoupas e tamén un forte peteiro ganchudo. Con todo iso, non é estraño que sexan unhas cazadoras tan boas!

5 Busca no texto anterior e copia un grupo nominal de cada tipo.

N.

Det. + N.

Det. + N. + Compl.

N. + Compl. + Compl.

Det. + Compl. + N.

N. + Compl.

9

Page 10: PRIMARIA Lingua · 2021. 2. 24. · O caderno Lingua 6, para sexto curso de Primaria, é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

GRAMÁTICAVOCABULARIO A farmacia. Prefixación e sufixación

1 Di a que tipo de medicamento corresponde cada descrición.

xarope sobre pastilla inxección cápsula

• Contén pos que cómpre disolver en auga para bebelos.

• É un líquido que se introduce no corpo por medio dunha xiringa.

• É dura e pequena e mastígase ou engólese enteira.

• Ten forma cilíndrica, parece de plástico moi fino e trágase enteira.

• É un líquido espeso que se toma a culleradas.

2 Relaciona as palabras que teñen un significado semellante.

boticario pílulas pomada aerosol báscula

spray balanza farmacéutico pastillas crema

3 Explica que é e para que serve unha botica de primeiros auxilios.

10

Page 11: PRIMARIA Lingua · 2021. 2. 24. · O caderno Lingua 6, para sexto curso de Primaria, é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

14 Busca o nome de seis produtos que adoita haber nunha botica de primeiros auxilios.

5 Subliña no prospecto cinco palabras con prefixos e cópiaas no seu lugar.

• Casos en que non está indicado o uso da menciña.

• Período de recuperación despois dunha operación.

• Que combate as bacterias.

• Que evita as inflamacións.

• Que desinfecta ou limpa feridas.

6 Fíxate nos exemplos e forma palabras novas engadíndolles os sufixos -dor, -eiro e -ista.

• relar • ferro • arte

• espremer • azucre • violín

• coar • carta • novela

• bater • castaña • piano

A L G O D Ó N I A

L I X Z C E G T P

C O T R E N P É Ó

O T E S O I R A S

H O F G A S A S I

O D T X R E T U T

L A P I N Z A S O

relador ferreiro artista

Usos: Peripín é unha menciña de tipo antibacteriano. É un excelente desinfectante

de feridas de todas as clases e é útil na hixiene durante o postoperatorio. Así mesmo,

dá bos resultados como antiinflamatorio en picadas

de insectos.

Contraindicacións: Non usar no interior da boca.

Non expoñer ao sol a zona tratada con Peripín.

11

Page 12: PRIMARIA Lingua · 2021. 2. 24. · O caderno Lingua 6, para sexto curso de Primaria, é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

Uso das maiúsculasORTOGRAFÍA

1 Arrodea as maiúsculas do texto segundo o código.

Nome propio.

Título dunha obra.

Palabra inicial do texto.

Vai detrás dun signo que pecha oración.

Tardes de cine

Onte pola tarde, o avó Roi levoume a Santiago e vimos unha película de ficción científica no cine. Chamábase Á busca do planeta perdido e trataba dun grupo de astronautas que vivía aventuras polo espazo. Foi fantástica! E despois do cine merendamos nunha cafetaría onde fan uns bocadillos boísimos.

O avó díxome que a semana que vén imos volver ao cine para ver outra película. Que ben!

2 Relaciona e copia, coas maiúsculas necesarias, as catro oracións que formes.

o termómetro marca cero graos. • • estaba boísima!

miña nai fixo unha torta de chocolate. • • non o vou perder!

o estadio está cheo ata os topes! • • que frío!

ás 7 botan o meu programa favorito. • • que xentío!

LEMBRA

Escríbese en maiúscula a letra inicial dunha palabra nos seguintes casos:

• Ao principio dun texto.

• Despois de signos que pechan oracións, como o punto (.), o signo de interrogación (?), o signo de admiración (!)…

• Nos nomes propios de persoas, animais, lugares, etc.

• Nos títulos de libros, películas, cancións, etc.

12

Page 13: PRIMARIA Lingua · 2021. 2. 24. · O caderno Lingua 6, para sexto curso de Primaria, é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

Elaborar un esquemaSABER FACER

1 Le o texto e subliña a información que se pide segundo o código.

De que fala o texto, é dicir, o tema.

De que dous tipos son os beneficios que se explican.

Que exemplos se poñen en cada caso.

A dieta mediterránea

Son moitas as propiedades atribuídas á dieta mediterránea.

Cómpre destacar, por unha banda, os beneficios para a saúde. Esta dieta axuda a previr algúns tipos de cancro, así como a obesidade e as enfermidades do corazón, grazas ao consumo de produtos como o aceite de oliva, as froitas e verduras e o peixe azul.

Por outra banda, a dieta mediterránea tamén supón beneficios para o medio natural. Esta dieta contribúe ao mantemento dunha agricultura sostible e á protección da paisaxe tradicional, xa que está baseada nos cultivos típicos de cada zona en cada estación do ano.

2 Elabora o esquema do texto anterior organizando as ideas que subliñaches.

1

13

Page 14: PRIMARIA Lingua · 2021. 2. 24. · O caderno Lingua 6, para sexto curso de Primaria, é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

COMPETENCIA LECTORA Comprendo un texto informativo

1 Para que serve suar? Busca no texto e copia.

2 Como regulan a temperatura corporal as persoas e os cans? Explica.

Suar é unha das maneiras en que o corpo se desfai de certas substancias de refugallo, que chegan ao exterior a través das glándulas sudoríparas. É, ademais, un mecanismo espléndido de regulación da temperatura corporal. Por moito que nos moleste suar, non facelo podería chegar a ser moi prexudicial, mesmo mortal!

As aves teñen as glándulas sudoríparas debaixo das ás e nas partes do corpo libres de plumas. Entre os mamíferos, non son moitos os que súan. Boa parte deles, como a vaca e o can, loitan contra o aumento da temperatura cun sistema moi diferente: alentando a un ritmo acelerado e cun palmo de lingua fóra!

Se algunha vez pensaches que súas moito, intenta poñerte por un momento na pel dun cabalo. Estes animais chegan a perder de 10 a 15 litros de suor por hora mentres fan un exercicio moderado… e máis de 40 se é intenso!

Posiblemente, a «suor» máis estraña do reino animal é a do hipopótamo, dunha cor que vai do rosa suave ao vermello intenso. As lendas din que é porque súa sangue… Non o creas! Trátase, en realidade, dunha mestura de substancias que teñen, entre outras virtudes, a de protexelo do sol e das infeccións. E é que a natureza é sabia!

Gotas de suor

14