procedemento de administraciÓn de …...procedemento de administraciÓn de medicaciÓn por vÍa...
TRANSCRIPT
![Page 1: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022063019/5fe0952d22560f4d043e314b/html5/thumbnails/1.jpg)
Grupo do Procedemento
PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN VÍA VENOSA
PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA
Sumario de recomendacións
Rede de Saúde
Procedementos de enfermería: administración de medicación
![Page 2: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022063019/5fe0952d22560f4d043e314b/html5/thumbnails/2.jpg)
![Page 3: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022063019/5fe0952d22560f4d043e314b/html5/thumbnails/3.jpg)
PROCEDEMENTOS DE ENFERMERÍA
Consellería de SanidadeServizo Galego de Saúde
Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria
Santiago de Compostela 2015
Xunta de Galicia. 2015. Procedementos de enfermería
Esta obra está dispoñible para a súa consulta e descarga na seguinte ligazón: http://www.sergas.es/A-nosa-organizacion/Publicacións-da-Organización
Esta obra distribúese cunha licenza Atribución–Non comercial-CompartirIgual 4.0 Internacional de Creative Commons (CC BY-NC-SA 4.0). Para ver una copia da licenza, visite:
https://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/deed.gl
![Page 4: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022063019/5fe0952d22560f4d043e314b/html5/thumbnails/4.jpg)
DATA DE ELABORACIÓN: Xullo 2013.
EDITA: Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade. Servizo Galego de Saúde. Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria.LUGAR: Santiago de Compostela.ANO: 2015.
DESEÑO E MAQUETACIÓN: everis Spain, S.L.U.
AUTORES:
- Grupo de traballo de elaboración de procedementos XAP de Lugo.
- Arias Iglesias, Sonia Mariña, enfermeira. EOXI Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.
- Calvo Pérez, José Antonio, enfermeiro do PAC Sarria. EOXI Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.
- Díaz Castro, Isabel, subdirectora de Enfermería. EOXI Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.
- Dono Díaz, María de los Ángeles, subdirectora de Enfermería. EOXI Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.
- González Rivera, María Reyes, coordinadora de Enfermería CS Sarria. EOXI Lugo, Cervo e Mon-forte de Lemos.
- Pérez Arriarán, María Vitoria, enfermeira do CS San Roque. EOXI Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.
- Reigosa Iglesias, Delia, enfermeira Pediatría do CS A Milagrosa. EOXI Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.
- Rodríguez Pérez, Isidoro, enfermeiro do CS Becerreá. EOXI Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.
- Rodríguez Riveira, Amelia, enfermeira do CS Viveiro. EOXI Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.
- Somoza Vázquez, Modesta, coordinadora (sintrón) de AP. EOXI Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.
- Vázquez Núñez, Vitoria, enfermeira do CS Becerreá. EOXI Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.
- Vázquez. Núñez, Marta, enfermeira do PAC Sarria. EOXI Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.
![Page 5: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022063019/5fe0952d22560f4d043e314b/html5/thumbnails/5.jpg)
/ 6
/ 7
/ 18
/9
1 12 23 3
4 4
5 5
6 67 7
8 8
XUSTIFICACIÓN
DEFINICIÓNS, ABREVIATURAS E PALABRAS CLAVE
OBXECTIVO Obxectivo xeral /
Obxectivos específicos /
ÁMBITO DE APLICACIÓN Diagnósticos de enfermería relacionados
Poboación diana
Profesionais aos que vai dirixido
Ámbito asistencial de aplicación
DESENVOLVEMENTO DO PROCEDEMENTO 5.1 Medios materiais /
5.2 Procedemento /
5.3 Observacións /
5.4 Rexistros /
5.5 Avaliación e seguimento /
RESPONSABILIDADES
BIBLIOGRAFÍA Bibliografía referenciada /
Bibliografía consultada /
ANEXOS
/ 9
9
10
14
15
15
/ 15
/ 16
/ 8
![Page 6: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022063019/5fe0952d22560f4d043e314b/html5/thumbnails/6.jpg)
PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA
1 1
/ /6
XUSTIFICACIÓNEste documento pretende reflectir as actuacións que deben le-var a cabo os profesionais, para a administración de fármacos por vía inhalada, e para o manexo dos dispositivos necesarios para administrar de forma correcta a medicación inhalada que lles foi prescrita.
A vía inhalada permite lograr altas concentracións nas vías aéreas logrando efectos que só se obteñen con doses moi ele-vadas por vía sistémica, e ademais teñen maior velocidade de acción. O inicio do efecto cos medicamentos inhalados é máis rápido que pola vía oral. O medicamento adminístrase directa-mente aos pulmóns, cunha exposición sistémica mínima.
Os efectos sistémicos secundarios son menos frecuentes e se-veros coas inhalacións que coa administración sistémica (endo-venosa, oral), ademais é menos dolorosa e relativamente máis confortable que outras vías.
O paciente debe comprender a importancia da vía inhalada para así reforzar a súa adherencia aos tratamentos inhalados. Ade-mais, debemos ensinarlle que desa forma se evitan os efectos indesexables que se producirían se tomase a medicación por vía sistémica 1.
![Page 7: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022063019/5fe0952d22560f4d043e314b/html5/thumbnails/7.jpg)
PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA
/ /7
2 2 DEFINICIÓNS, ABREVIATURAS E PALABRAS CLAVEDefinicións/Vía inhalada - vía de administración de medicamentos en acción directa sobre os pul-móns, cunha maior rapidez, con dose máis pequena do fármaco e menor incidencia de efectos secundarios 2.
Inhaladores en cartucho presurizado - dispositivos para a administración de fármacos por vía respiratoria a través de aerosois inhaladores, con ou sen cámara expansora, poden ser convencionais, activados pola inspiración ou acoplados a cámaras de inha-lación 1.
Inhaladores de po seco - dispositivos para administración de fármacos por vía respira-toria a través de po seco, con sistema de dose única ou multidose. (Turbuhaler, Accu-haler, Aerolizer) 1.
Nebulizadores - aparellos que permiten a administración por vía inhalada de fármacos en forma de partículas de aerosol, crean unha fina néboa rompendo a tensión superfi-cial do fármaco ao administrar que irá diluído en soro fisiolóxico.
Cámaras espazadoras - dispositivos deseñados para mellorar o rendemento dos ICP. Aumentan a distancia entre o cartucho presurizado e a boca do paciente, e diminúen a velocidade das partículas. Favorecen a evaporación dos propelentes, e diminúen con iso a sensación desagradable producida pola entrada e evaporación do solvente na orofarinxe, polo que fai frear a inhalación a moitos pacientes. Desta forma diminúen o impacto orofarinxeo e, como consecuencia, os efectos secundarios locais.
Así mesmo, evítase o importante problema de coordinación entre pulsación e inspira-ción, principal inconveniente dos ICP, diminúese a biodispoñibilidade sistémica e au-méntase a distribución pulmonar dos fármacos.
Abreviaturas / amp: ampola.
AP: Atención Primaria.
C.S.: centro de saúde.
cc.: centímetro cúbico.
CDC: centros para o control e prevención das enfermidades (USA).-
![Page 8: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022063019/5fe0952d22560f4d043e314b/html5/thumbnails/8.jpg)
PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA
/ /8
EOXI: estrutura organizativa de xestión integrada.
GACELA: Gestión Avanzada de Cuidados de Enfermería Línea Abierta.
HICPAC: comité asesor de prácticas saudables para o control de infeccións.
IANUS: historia clínica electrónica do Servizo Galego de Saúde.
ICP: inhaladores de cartucho presurizado.
mcg: microgramo.
mg: miligramo.
ml: mililitro.
NANDA: North American Nursing Diagnosis Association.
O2: osíxeno.
PAC: punto de atención continuada.
Seg: segundo.
Tª: temperatura.
XAP: Xerencia de Atención Primaria.
Palabras clave / Dispositivos inhaladores, nebulizadores, cámaras de inhalación
OBXECTIVOObxectivo xeral /Proporcionar unha ferramenta de traballo que permita unificar e coordinar as actua-cións de enfermería na administración de medicamentos por vía inhalada..
Obxectivos específicos /Manexo eficaz dos distintos dispositivos de inhalación e nebulización.
3 3
![Page 9: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022063019/5fe0952d22560f4d043e314b/html5/thumbnails/9.jpg)
PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA
/ /9
Di
4 4 ÁMBITO DE APLICACIÓNDiagnósticos de enfermería relacionadosDiagnóstico NANDA 3
− 00078 Xestión ineficaz da propia saúde.
− 00079 Incumprimento do tratamento.
− 00126 Coñecementos deficientes.
Poboación dianaEste procedemento é de aplicación a todos os usuarios do Servizo Galego de Saúde que precisen a administración de fármacos por vía inhalada.
Profesionais aos que vai dirixidoEste procedemento é de aplicación para os profesionais pertencen-tes á rede sanitaria do Servizo Galego de Saúde.
Ámbito asistencial de aplicaciónEste procedemento é de aplicación na rede sanitaria do Servizo Gale-go de Saúde en todos os casos nos que o paciente precise a adminis-tración de fármacos por vía inhalada.
Cámaras de inhalación de adultos e de nenos.
Inhalador prescrito.
Set de nebulización O2 (O2, máscar-as con depósito para medicación).
Toma de osíxeno.
Caudalímetro.
Xiringas de 2/5 cc.
Soro salino.
Fonendoscopio.
Luvas non estériles.
Auga para enxaugaduras bucais.
Auga e xabón para hixiene de mans e limpeza de materiais.
5 5 DESENVOLVEMENTO DO PROCEDEMENTO5.1 Medios materiais /
![Page 10: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022063019/5fe0952d22560f4d043e314b/html5/thumbnails/10.jpg)
PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA
/ /10
224
225
226
227
5.2 Procedemento /
PREPARACIÓN PREVIA- Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Ser-vizo Galego de Saúde.
- Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
- Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcar a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlle o procedemento aos pais (Grao B) (nivel de evidencia III).
- Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
- Seguindo os cinco principios de administración da medicación verificar: fármaco, dose, vía, hora e paciente correcto. Asegurarse que non existe contraindicación ou alerxia ao fármaco.
- Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
- Colocar en posición axeitada.
- Realizar hixiene de mans (categoría IA) (nivel de evidencia I)
- Proceder a administración do fármaco.
INHALADORES EN CARTUCHO PRESURIZADO- O paciente debe estar de pé ou sentado para permitir a máxima expansión torácica.
- Destapar o cartucho e soster o inhalador en posición vertical (en forma de L).
- Suxeitar o cartucho entre os dedos índice e polgar (índice arriba e polgar abaixo) e axitalo para facer unha boa mestura do propelente e o medicamento.
- Realizar unha expiración (baleirar o aire dos pulmóns) lenta e profunda.
- Colocar a boquilla do inhalador na boca, apertando firmemente os beizos.
- Inspiración lenta e profunda (a inhalación lenta reduce o depósito de partículas nas vías respiratorias superiores), sen que interfira a lingua. Unha vez iniciada a inspiración, premer o cartucho unha soa vez. É moi importante realizar a pulsación do inhalador logo de iniciar a inspiración. Seguir inspirando lenta e profundamente.
- Retirar o cartucho da boca e aguantar a respiración durante uns 10 segundos (facilita o máximo depósito das partículas do medicamento e reduce a cantidade de dose inha-
1
222
223
![Page 11: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022063019/5fe0952d22560f4d043e314b/html5/thumbnails/11.jpg)
PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA
/ /11
228
229
2210
2211
lada que se exhala).
- Expirar lentamente como nunha respiración normal.
- Se ten que tomar outra dose, esperar 30 seg. e repetir a técnica.
- Unha vez finalizada a manobra, enxaugar a boca con auga, sen tragala, para eliminar os restos do medicamento.
- Limpar a boquilla do inhalador cun pano seco, tapar e gardalo a T.ª ambiente en sitio seco.
INHALADORES EN CARTUCHO PRESURIZADO CON CÁMARA ESPAZADORA- O paciente debe estar incorporado ou semiincorporado.
- Destapar o cartucho presurizado, poñelo en posición vertical e axitalo.
- Axustar o cartucho no orificio da cámara.
- Selar os beizos ao redor da boquilla da cámara ou no caso de nenos menores de 3-4 anos utilizar unha máscara que abarque a boca e o nariz, asegurar un bo selado, e a continuación pulsar o cartucho presurizado.
- Realizar de 6–7 respiracións tranquilas por cada pulsación sen separar a boca da cámara.
- Se ten que tomar máis dose, esperar 30 seg. e repetir a técnica.
- Colocar a tapa do inhalador e gardalo en lugar seguro e seco.
- Unha vez finalizada a manobra, lavar a cara e enxaugar a boca con auga, sen tragala, para eliminar os restos do medicamento.
- Desmontar a cámara e lavar todas as pezas con auga e xabón suave, deixala secar o aire, e gardala nun sitio seco e sen po.
INHALADORES DE PO SECO (Turbuhaler, Accuhaler, Aerolizer)
SISTEMA TURBUHALER
- Sacar a tapa que cobre o inhalador e poñelo vertical.
- Realizar un xiro na base a dereita (tope) e a continuación un á esquerda (click).
- Selar a boquilla cos beizos e inspirar profundamente, conter a respiración contando ata 10 lentamente, despois expirar lentamente polo nariz e retirar o dispositivo da boca.
224
225
226
227
1
222
223
228
229
1
222
223
![Page 12: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022063019/5fe0952d22560f4d043e314b/html5/thumbnails/12.jpg)
PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA
/ /12
- En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg. entre cada dose.
- Unha vez finalizada a manobra, enxaugar a boca con auga, sen tragala, para eliminar os restos do medicamento.
- Limpar a boquilla do inhalador cun pano seco, tapar e gardalo a T.ª ambiente en sitio seco.
SISTEMA ACCUHALER
- Destapar a boquilla.
- Pulsar o gatillo lateral cara abaixo.
- Selar a boquilla cos beizos e inspirar profundamente, conter a respiración contando ata 10 lentamente, despois expirar lentamente polo nariz e retirar o dispositivo da boca.
- En caso de ter que administrar máis dunha dose, esperar 30 seg. entre cada dose.
- Unha vez finalizada a manobra, enxaugar a boca con auga, sen tragala, para eliminar os restos do medicamento.
- Limpar a boquilla do inhalador cun pano seco, tapar e gardalo a T.ª ambiente en sitio seco.
Precaucións: comprobar que teña dose (mirando na ventá o número).
SISTEMA AEROLIZER
- Retirar a caparucha que cobre o inhalador.
- Soster o inhalador en posición vertical.
- Abrir a parte superior do inhalador e colocar no seu interior unha cápsula do fármaco.
- Premer as pestanas laterais varias veces asegurándose de perforar a cápsula do in-terior.
- Facer unha expiración lenta e profunda.
- Colocar a boquilla entre os dentes e apertar os beizos.
- Aspirar enérxica e profundamente, conter a respiración 10 seg., se o desexa pode ins-pirar varias veces ata baleirar o contido da cápsula.
- Tirar a cápsula usada, limpar a boquilla do inhalador cun pano seco, tapar e gardalo a T.ª ambiente en sitio seco.
- Enxaugar a boca con auga, sen tragala, para eliminar os restos do medicamento.
Precaucións: Comprobar sempre que a cápsula queda baleira.
225
226
224
225
226
1
222
223
224
225
226
1
222
223
228
229
227
224
![Page 13: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022063019/5fe0952d22560f4d043e314b/html5/thumbnails/13.jpg)
PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA
/ /13
NEBULIZADORES CON TOMA DE OSIXENO
- Poñer as luvas.
- Colocar o paciente en posición sentada de Fowler ou semiFowler.
- Comprobar que a vía aérea está permeable, libre de secrecións.
- Colocar a medicación e o soro fisiolóxico prescrito no recipiente nebulizador.
- Conectar o caudalímetro a toma de aire osíxeno.
- Conectar o nebulizador ao caudalímetro directamente (sen pasar polo humidificador).
- Axustar a máscara ao paciente mantendo o nebulizador en posición vertical.
- Regular o fluxo de osíxeno aire de 6 a 8 litros/minuto ata observar a saída da solución nebulizada 4 (Grao de recomendación D).
- Pasado o tempo prescrito de tratamento, (10-15 minutos) 4, agás se a nebulización leva antibiótico ou corticoides que entón deberá pasar en 20 minutos, debe pechar a saída de osíxeno aire e retirar o equipo.
- Lavar a cara e enxaugar a boca con auga, sen tragala, para eliminar os restos do me-dicamento.
- Desbotar o dispositivo, xa que é de uso único, no caso dos pacientes hospitalizados poderase usar durante 48 horas, deberá estar etiquetado co nome do paciente e coa data, despois de cada uso limpar o vaso nebulizador con auga e deixalo secar o aire 5.
- Retirar as luvas.
- Realizar a hixiene de mans.
OBSERVACIÓNS
Non golpear o contedor nebulizador, porque se alteran as partículas.
Dilución de Salbutamol:
Adultos: 1 ml /4 ml. de soro fisiolóxico.
Nenos: 0,5ml /4 ml. de soro fisiolóxico.
Broncodilatadores e corticoides pódense administrar xuntos na mesma nebulización.
Para calquera mestura, o máis aconsellable é mesturar inmediatamente, antes de utili-zar, e observar que non se produce turbidez, precipitación ou cambio de color.
224
225
226
1
222
223
228
229
227
2210
2211
2212
2213
![Page 14: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022063019/5fe0952d22560f4d043e314b/html5/thumbnails/14.jpg)
PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA
/ /14
Manexo e precaucións co O2 6
- Vixiar que as conexións do circuíto ao paciente no teñan cóbados.
- Non fumar na habitación onde se encontre o equipo de O2.
- Non administrar O2 cerca de punto incandescente: cociñas, radiadores eléctricos, es-tufas de butano...
- Non poñer en contacto un produto graxo co O2: pomadas, cremas, vaselinas dado o alto risco de inflamación.
- Non manipular o equipo do O2.
- Non empregar ningún dispositivo que produza chispas na habitación onde está o O2.
- Ventilar a habitación onde se administre o O2.
- Non se debe empregar o O2 como aire comprimido (inchar globos, pelotas...).
- A bombona de O2 debe de estar colocada nun lugar plano e que non interfira o paso.
NEBULIZADORES ELÉCTRICOS
Úsanse principalmente nos domicilios dos pacientes.
1. Abrir a cápsula nebulizadora, introducir a medicación prescrita e pechar a tapa.
2. Conectar a cápsula ao nebulizador, e este á rede.
3. Conectar a mascara ou pipa á cápsula e colocarlla ao paciente.
4. O rematar a nebulización lavar a cara e enxaugar a boca con auga, sen tragala, para eliminar os restos do medicamento.
5. Lavar con auga corrente a mascara e a cápsula nebulizadora, e deixar secar ao aire.
Precaucións:
Comprobar que o nebulizador funcione ao conectalo á rede.
5.3 Observacións / (Ver anexo de fármacos e dosificación)
- Cando se utilice máis dun inhalador, administrar primeiro o broncodilatador, deixando para o final os corticoides.
- Os volumes das cámaras son diferentes para nenos e adultos, xa que os parámetros ventilatorios (frecuencia e volume corrente) son distintos. En adultos recoméndanse cámaras de inhalación con un volume arredor 750 ml, en nenos de 250-300 ml 7.
![Page 15: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022063019/5fe0952d22560f4d043e314b/html5/thumbnails/15.jpg)
PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA
/ /15
- A administración dos inhaladores de cartucho presurizado en persoas con dificultade para a correcta sincronización man-pulmón (anciáns, nenos) seria aconsellable reali-zala con cámara de inhalación para asegurarse da correcta administración da dose do fármaco.
- As cámaras deben dispoñer dun sistema valvular para que só circule aire na dirección da inhalación, cerrarse cando o individuo espira e desviar así o aire expirado fóra da cámara.
- No asma agudo o tratamento con beta-agonistas administrados mediante ICP con cámara é a lo menos, tan efectivo como os administrados mediante nebulizadores, incluso os primeiros poden ter algunhas vantaxes en nenos en esta situación 8 (reco-mendación nivel A).
5.4 Rexistros /Realizaranse no aplicativo informático GACELA, IANUS, na folla de enfermería ou en calquera outro sistema de rexistro co que conte a unidade. Deberase rexistrar:
- Data e hora de administración do fármaco.
- Fármaco administrado presentación e dose.
- Calquera evento adverso do fármaco.
- Resposta do paciente ao procedemento.
Rexistrar no plan de coidados do/a paciente as accións derivadas do procedemento.
5.5 Avaliación e seguimento /O presente documento será actualizado no prazo de cinco anos ou cando a evidencia científica poida afectar o recollido no procedemento.
RESPONSABILIDADESAs accións derivadas da posta en práctica deste procedemento son responsabilidade do persoal sanitario do Servizo Galego de Saúde. A dispoñibilidade do procedemento e das ferramentas necesarias para a súa aplicación na práctica asistencial son responsa-bilidade da dirección do centro sanitario.
6 6
![Page 16: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022063019/5fe0952d22560f4d043e314b/html5/thumbnails/16.jpg)
PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA
/ /16
BIBLIOGRAFÍABibliografía referenciada /
1. http://www9.euskadi.net/sanidad/cevime/datos/infac_v11n1.pdf
2. http://escuela.med.puc.cl/publ/ModRespiratorio/Mod3/AerosolterapiaInaladores.html
3. NANDA International. Diagnósitcos Enfermeros. Definiciones y clasificación 2009-2011. Barcelona. Elsevier 2010.
4. http://www.murciasalud.es/preevid.php?op=mostrar_pregunta&id=18380&idsec=453
5. Rodríguez Hermosa, J. L.; Calle Rubio, M.; de Miguel Díez, J.; Nieto Barbero, M. A.; Ál-varez-Sala Walther, J. L. Técnicas de inhalación con nebulizadores. Servicio de Neumo-logía. Hospital Clínico San Carlos Universidad Complutense. Madrid [Texto Completo] [Consulta: 28/03/2011].
6. Manual oxigenoterapia domiciliaria. Editado por Oxigen Salud, SA Consultado en: https://www.oxigensalud.com/healthcare/areas/pacientes/documentos_pdf/varios/ma-nual_pac_oxigenoterapia_1.pdf [ Consulta: 8/07/2013]
7. Sistemas de Inhalación. Guía de práctica clínica de asma. SAMFYC.http://www.cica.es/~samfyc-gr/guia_inh.htm
8. Cates, C. J.; Bara, A.; Crilly, J.A.; Rowe, B. H. Cámaras inhaladoras versus nebulizado-res para el tratamiento del asma aguda con beta agonistas (Revisión Cochrane tradu-cida) En: La Biblioteca Cochrane Plus, número 2, 2006: Oxford, Update Software Ltd. Dispoñible en: http://www.update-software.com (Traducida de Cochrane Library, 2006 Issue 2. Chichester, UK: John Wiley & Sons Ltd).
9. http://www.neumosur.net/files/EB02-22%20nebulizada.pdf
Bibliografía consultada /
-http://sescam.jccm.es/web1/profesionales/farmacia/usoRacional/documentos/VIII_01_DispositivosInhalacionAsmaEPOC.pdf
- Salcedo, A.; Neira, M. A.; Beltrán, B.; Sequeiros, A. Sistemas de inhalación. [En liña] http://www.aeped.es/protocolos/neumologia/14.pdf.
- Oliva, C.; Callejón, A.; Callejón, G. A. Terapia inhalada en el asma bronquial. Actitud diag-nóstico-terapéutica. BSCP Can Ped 2003; 27 (3):371-381.
7 7
![Page 17: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022063019/5fe0952d22560f4d043e314b/html5/thumbnails/17.jpg)
PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA
/ /17
- Boe, J.; Dennis, J. H.; O’Driscoll, B. R. European Respiratory Society Nebulizer Guideli-nes: Clinical aspects. Eur Respir Rev 2000; 10: 495-583.
- Benito, Santiago; Mintegui, J.; Sánchez Etxaniz, J. Diagnostico y tratamiento de Urgen-cias Pediatricas. Capítulo 4 “Inhalacion de farmacos”. Urgencias de Pediatria: Hospital Universitario Cruces.acceso 29 xaneiro 2013; Dispoñible en: http://urgenciaspediatria.hospitalcruces.com
- Sociedad española urgencias de pediatria. Hojas informativas para padres. Acceso 29 xaneiro 2013. Dispoñible en: http://www.seup.org
- Florez Almonacid, C.; Galbán Ledesma, J.; Giráldez Rodríguez, A.; Membrillo Fuentes, M.; Parra Perea, J.; Romero Bravo, A. Manual de protocolos y procedimientos generales de enfermería del H. Universitario Reina Sofía. Fecha de revisión: 26/05/2010.
- VV.AA. (Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade. SERGAS. Enfermeros de Atención Primaria y Atención Hospitalaria del Área Sanitaria de Lugo) “Guía Clínica de Continui-dad de Cuidados de Enfermería”. “Atención de Enfermería al Paciente con EPOC”. Lugo. 2010
- VV.AA. (Xunta de Galicia. Consellería de Sanidad. SERGAS-Subdirección General de Calidad y Programas Asistenciales) “Guía para la Elaboración de los Procesos Asisten-ciales Integrados”. Santiago de Compostela. 2010
- VV.AA (Junta de Extremadura. Gerencia del Área de Salud de Badajoz) “Proceso Asis-tencial de la Enfermedad Pulmonar Obstructiva Crónica”. Badajoz. 2009
- VV.AA. (Junta de Andalucía. Consejería de Sanidad. Servicio de Salud Andaluz) “Proce-so EPOC. Plan de Cuidados de Enfermería en el Proceso Asistencial Integrado EPOC”.
-http://www.juntadeandalucia.es/salud/export/sites/csalud/galerias/documen-tos/p_3_p_3_procesosasistenciales_integrados/enfermedadpulmonar_obstructiva_croni-ca/enfermedad_pulmonar obstructiva_cronica.pdf
- http://dl.dropbox.com/u/60017244/Consensos/2010-gemaeducadores.pdf
- http://dl.dropbox.com/u/60017244/Consensos/2011 Gema%2Bpara%2Bpacientes.pdf.
![Page 18: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022063019/5fe0952d22560f4d043e314b/html5/thumbnails/18.jpg)
PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA
/ /18
ANEXOSAnexo I: Principais modelos de cámaras de inhalación, fabricantes e compatibilidade /
Aerochamber®
(Trudell Palex)
Serve para persoas adultas e nenos con máscara.
Serve para todos os inhaladores.
Aeroscopic®
(Boehringer Ingel-heim)
É pregable.
Ten una válvula unidireccional.
É posible a máscara nasofacial.
Serve para todos os inhaladores.
Aerovent®
(Monaghan Medi-cal Corporation)
Serve para o circuíto externo dun ventilador mecánico.
Babyhaler®
(GlaxoSmithKline)
Ten dúas válvulas.
Serve para os acabados de nacer e nenos pequenos.
Só serve para os inhaladores propios de GlaxoSmithKline.
Dynahaler
(Aldo-Unión)
É de tamaño reducido.
Empregase sen máscara.
Non serve para todos os inhaladores.
Fisonair®
(Aventis)
Ten forma cónica.
Emprégase sen máscara.
Ten una válvula unidireccional.
Serve para todos os inhaladores.
Ildor®
(Fisons Ibérica)
Utilízase sen máscara.
Ten unha válvula unidireccional.
Non sirve para todos los inhaladores.
Inhalventus®
(Aldo-Unión)
Utilizase sen máscara.
Ten unha válvula unidireccional.
Serve para a maioría dos inhaladores.
CÁMARA DE INHALA-CIÓN/ FABRICANTE
CARACTERÍSTICAS
8 8
![Page 19: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022063019/5fe0952d22560f4d043e314b/html5/thumbnails/19.jpg)
PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA
/ /19
Aerochamber®
(Trudell Palex)
Serve para persoas adultas e nenos con máscara.
Serve para todos os inhaladores.
Aeroscopic®
(Boehringer Ingel-heim)
É pregable.
Ten una válvula unidireccional.
É posible a máscara nasofacial.
Serve para todos os inhaladores.
Aerovent®
(Monaghan Medi-cal Corporation)
Serve para o circuíto externo dun ventilador mecánico.
Babyhaler®
(GlaxoSmithKline)
Ten dúas válvulas.
Serve para os acabados de nacer e nenos pequenos.
Só serve para os inhaladores propios de GlaxoSmithKline.
Dynahaler
(Aldo-Unión)
É de tamaño reducido.
Empregase sen máscara.
Non serve para todos os inhaladores.
Fisonair®
(Aventis)
Ten forma cónica.
Emprégase sen máscara.
Ten una válvula unidireccional.
Serve para todos os inhaladores.
Ildor®
(Fisons Ibérica)
Utilízase sen máscara.
Ten unha válvula unidireccional.
Non sirve para todos los inhaladores.
Inhalventus®
(Aldo-Unión)
Utilizase sen máscara.
Ten unha válvula unidireccional.
Serve para a maioría dos inhaladores.
Konic
(Braun)
É inflamable.
Non ten válvula.
Sirve para todos os inhaladores.
Nebuchamber®
(AstraZéneca)
Ten unha válvula bidireccional.
Só serve para los inhaladores propios de AstraZéneca.
Utilizase sen máscara.
Ten unha válvula unidireccional.
Só serve para os inhaladores propios de AstraZéneca.
Volumatic® (Glaxo-SmithKline)
Válvula unidireccional, sen máscara, só inhaladores de Glaxo.
Anexo II: Imaxes cámaras /
Cámaras con máscara /
/ Aeroscopic
/ Nebuchamber
/ Babyhaler
/ Aerochamber
![Page 20: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022063019/5fe0952d22560f4d043e314b/html5/thumbnails/20.jpg)
PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA
/ /20
Anexo III: Fármacos e dosificación 9 /
Anticolinérxicos Ipratropio Atrovent monodose® 250 y 500 mcg
Unha dose cada 6-8 h
Corticoides Budesonida
Pulmicort suspensión®
Viais de 2 mL con:
- 0,25 mg/ml
- 0,50 mg/ml
Dose individualizada
Mucolíticos
DNAsabPulmozyme®
Viais de 2,5 mgUn vial /12–24 horas
MESNAcMucofluid ampolas®
600 mg/3ml.Desde 1 amp/12h ata 2 amp/6 h
N-acetilcisteínaFlumil®
300 mg/3 ml Unha ampola cada 12 h
Beta-2 agonistas Salbutamol Ventolín solución para respira-dor® 5 mg/ml
Administrar entre 0,5–2 ml(2,5–10 mg) en cada dose
Cámaras con boquilla /
/ Nebuhaler / Volumatic
![Page 21: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022063019/5fe0952d22560f4d043e314b/html5/thumbnails/21.jpg)
![Page 22: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022063019/5fe0952d22560f4d043e314b/html5/thumbnails/22.jpg)
Procedementos
Asistencia Sanitaria
D
35
Servizo Galego de Saúde