proceso de urbanización. a cidade industrial
TRANSCRIPT
A CIDADE INDUSTRIAL
( séculos XIX-XX ) ( páx 14 )
O desenvolvemento do modelo urbano actual está intimamente ligado á Revolución Industrial
A localización das novas actividades industriais nas cidades propiciou o crecemento espectacular da poboación urbana en detrimento da rural ( éxodo rural )
Este fenómeno tivo lugar en España, como nos resto de Europa, pero en datas máis tardías ás que experimentaron países como Gran Bretaña, Francia, Alemaña…
Desde mediados do século XIX o crecemento urbano foi moi intenso, aínda que presentou, xeograficamente, fortes contrastes
A partir dos anos 50 do século XX o desenvolvemento do fenómeno urbano alcanza cifras descoñecidas ata entón
Os cambios físicos que experimentaron as cidades fixéronse patentes en tres ámbitos
1. Reformas interiores e ampliacións ( dos recintos urbanos existentes )
Desde finais do século XIX e inicios do XX, en moitas vellas cidades españolas
abríronse grandes avenidas derrubando parte do casco antigo
Construcción da Gran Vía de Madrid
Estas grandes vías que se abren nas vellas cidades medievais tiñan como obxectivo mellorar as condicións hixiénicas, a súa accesibilidade e o control social
Ao mesmo tempo levántanse novos edificios residencias e comerciais ( empregándose novos materiais: cemento, ferro, cristal… )
2. A construcción dos ensanches
Xunto ás reformas introducidas nos vellos recintos urbanos, prodúcese a propia expansión física da cidade
Derrúbanse as vellas murallas e levántanse os novos barrios
Os ensanches nacen co obxectivo de das
resposta ao déficit de solo urbanizable que
existía na cidade intramuros. Pero
tamén para satisfacer ás novas inquedanzas
e necesidades da burguesía
Sobre o solar das vellas murallas ábrense rondas de circunvalación
( Valencia )
Estos barrios desenvolven o novo modelo de cidade burguesa
O Modernismo convértese no estilo artístico que empata co gusto e o refinamento da burguesía catalana
Ensanche de Barcelona, 1859. Ildefonso Cerdá
Ensanche de Madrid, 1860. Carlos María de Castro
A estrutura dos ensanches tende a formas xeométricas,
sobre todo aos planos en cuadrícula
Non só se deseña o plano senón a dotación de todo tipo de servizos e infraestruturas
Rede de sumidoiros e acometida de auga, gas, comunicacións ( tranvías ), alumeado,
Xardíns e espazos públicos, mobiliario urbano…
Os seus usos foron variados: residencial e comercial sobre todo
Nos seus límites exteriores podían aparecer tamén fábricas
Ensanche de Barcelona
A burguesía vai trasladarse a estas novas áreas urbanisticamente planificadas, caracterizadas polos planos ortogonais con viais anchos e grandes mazás de edificios. Estes ensanches aparecen a finais do século XIX nas cidades máis desenvolvidas, destacando Madrid e Barcelona
Conclusións: Ata o século XIX o crecemento da cidade producíase intramuros, aumentando a edificación no propio recinto amurallado. A Revolución Industrial supón unha primeira etapa de forte expansión, co derrubamento das murallas e a anexión dos arrabaldes extramuros
Ensanche de San Sebastián