programaciÓn didÁctica 2º eso. 2ºeso_0.pdf · autonomía que deberá mostrar o alumnado en...
TRANSCRIPT
Departamento de
Lingua e Literatura Galega
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA
2º ESO
2013 - 2014
José Antonio Calvo Ces
José Antonio González Vilariño
DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATUA
2013-14
2
ÍNDICE
1.- Avaliación Inicial
Modelo xenérico dunha Avaliación Inicial
2.- Obxectivos
3.- Contidos
4.- Procedementos e instrumentos de avaliación
5.- Competencias básicas
6.- Criterios de Cualificación
7.- Criterios de avaliación
8.- Contidos mínimos exixíbeis para unha
cualificación positiva
9.- Proxecto lector
10.- As TIC e os recursos didácticos
11.- Secuenciación e temporalización.
Programas de Aula
DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATUA
2013-14
3
A MANEIRA DE INTRODUCIÓN…
A aprendizaxe dunha lingua progresa en espiral, o que significa
que a adquisición de novas habilidades debe ir paralela ao
mantemento das xa adquiridas. Por iso, os contidos, as
competencias, os criterios de avaliación e os obxectivos para cada
un dos catro cursos da ESO só se distinguirán no grao de
profundidade en que sexan traballados polo docente e no grao de
autonomía que deberá mostrar o alumnado en función da súa
madureza.
1.- AVALIACIÓN INICIAL
Nos primeiros días do curso, tras as presentacións, realizarase unha
Avaliación Inicial para observar o grao de desenvolvemento das Competencias
Básicas do alumnado. De aí que o importante desa avaliación non sexa lembrar
os contidos traballados no curso anterior senón as habilidades para poñer en
práctica eses contidos. O modelo desa avaliación inicial será semellante en
todos os cursos, cambiarán só os instrumentos de avaliación, é dicir, os filmes,
os textos literarios e os xornais dixitais sobre os que traballará o alumnado, pois
serán elixidos segundo o seu grao de dificultade en relación ao nivel de
aprendizaxe no que se atopa cada alumno/a.
O guión para esa Avaliación inicial será o que segue para 2º da ESO:
DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATUA
2013-14
4
Modelo Avaliación Inicial
1. CUESTIÓNS PERSOAIS
2. AVAL. CONTIDOS
a) Cuestións sinxelas sobre os contidos impartidos en cursos anteriores.
3. AVALIACIÓN DA COMPETENCIA COMUNICATIVA (compr.-expr. Oral)
a) Proxección filme. Recollida notas / apuntamentos. Explicación oral do
recollido.
b) Lectura en voz alta do primeiro texto do curso. Explicación oral do entendido
na lectura.
c) Respostas breves en torno a un cuestionario sobre o filme e/ou o texto..
4. AVALIACIÓN DA COMPETENCIA COMUNICATIVA (compr.-expr. Escrita)
a) Elaboración do argumento do filme.
b) Elaboración dun esquema da lectura.
c) Respostas breves en torno a un cuestionario sobre a lectura.
5. AVALIACIÓN DAS OUTRAS COMPETENCIAS BÁSICAS:
C. para Aprender a
Aprender
C. Dixital C. na Iniciativa
Persoal
C. Social e Cidadá C. Artística
e Cultural
-A través da lectura
do texto e do
esquema sobre o
mesmo.
-A través da
exposición oral do
argumento do filme.
-A través da
capacidade de
autocorrección e
autoavaliación.
-A través da
busca na
rede dun
xornal
dixital e da
súa lectura,
destacando
as novas
importantes
da xornada.
-A través da
busca na rede
dun xornal
dixital e da súa
lectura, sendo
quen de manter
una actitude
crítica ante a
información
recibida.
-A través da
actitude crítica ante
as manifestacións
sexistas e os
valores contrarios
á democracia que
xurdan das
informacións
recibidas nos
distintos filmes e
textos.
-A través da
relación entre
os textos
literarios e as
proxeccións
cinematográfi
cas ou as
audicións
musicais.
DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATUA
2013-14
5
2.- OBXECTIVOS
Tal e como se enumeran no Anexo II do Decreto 133/2007, onde se
desenvolve o currículo da materia de Lingua Galega e Literatura, así
presentamos os obxectivos xerais da área:
1. Comprender discursos orais e escritos nos diversos contextos da actividade
social, cultural e académica.
2. Expresarse oralmente de xeito correcto, coherente, creativo e adecuado aos
distintos contextos da actividade social, laboral e cultural, adoptando mediante o
diálogo actitudes de respecto e de colaboración cos demais.
3. Expresarse por escrito de xeito correcto, coherente, creativo e adecuado aos
distintos contextos da actividade social, laboral e cultural.
4. Utilizar eficazmente a lingua na actividade escolar para buscar, procesar e
analizar información e máis para redactar ou expoñer textos propios do ámbito
académico.
5. Utilizar criticamente e con progresiva autonomía as Bibliotecas, os medios de
comunicación social e as TIC , para obter, interpretar, elaborar e valorar
informacións de diversos tipos e opinións diferentes.
6. Aplicar con certa autonomía os coñecementos sobre a lingua e as normas de
uso lingüístico para comprender textos orais e escritos e máis para escribir e
falar con adecuación, coherencia e corrección.
7. Comprender as circunstancias que condicionaron a historia social da lingua
galega, afirmándoa como propia de Galiza, así como as que hoxe condicionan o
seu uso, de xeito que se estea en disposición de superar as que supoñen
obstáculos para a súa utilización en calquera contexto e situación.
8. Coñecer e respectar a realidade plurilingüe e pluricultural do Estado Español,
de Europa e do mundo actual, facerse consciente da riqueza que representa e
entender as situacións que provoca o contacto de linguas.
DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATUA
2013-14
6
9. Analizar os diferentes usos sociais das linguas Para evitar os estereotipos que
supoñan xuízos de valor e prexuízos clasistas, racistas ou sexistas.
10. Ler con fluidez, consolidar o hábito lector e facer da lectura fonte de pracer,
de enriquecemento persoal e de coñecemento do mundo.
11. Comprender textos literarios utilizando os coñecementos sobre as
convencións de cada xénero, os temas e motivos da tradición literaria e os
recursos estilísticos.
12. Aproximarse ao coñecemento do patrimonuio literario e valoralo como un
xeito de simbolizar a experiencia individual e colectiva en diferentes contextos
histórico-culturais.
3.- CONTIDOS
Bloque 1. Comunicación oral. Escoitar e falar.
A) Comprensión de textos.
Tema 1: O acto comunicativo.
Comprensión de textos orais utilizados no ámbito académico, como
presentación de tarefas, instrucións para a súa realización ou exposicións
orais de temáticas variadas.
Desenvolvemento de habilidades de escoita activa. Actitude de interese,
de cooperación e de respecto ante as intervencións dos que falan diante
de nós, sobre todo en exposicións do profesorado ou do alumnado e mais
no traballo colaborativo.
Valoración das producións orais emitidas cunha fonética galega correcta e
actitude crítica ante os prexuízos que se poidan asociar a ela.
Tema 2: Os medios de comunicación.
Comprensión de novas de actualidade e de informacións de crónicas e de
reportaxes procedentes dos medios de comunicación audiovisual.
DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATUA
2013-14
7
Actitude reflexiva e crítica ante as mensaxes que supoñan calquera tipo
de discriminación, con especial atención ás procedentes dos informativos
dos medios de comunicación.
B) Produción de textos.
Tema 1: O acto comunicativo.
Participación activa en situacións propias do ámbito académico
(aclaracións, opinións, exposicións, conclusións...)
Coherencia entre comunicación verbal e non verbal na produción de
discursos e nas presentacións orais.
Participación en situacións de comunicación reais ou simunladas propias
da vida cotiá do alumnado adoptando o rexistro adecuado.
Valoración do diálogo como medio de resolución de conflitos.
Intervencións orais respectuosas con quen nos rodea.
Interese por producir enunciados correctos.
Tema 2: Os medios de comunicación.
Exposición planificada, clara e ordenada coa axuda das TIC, de
informacións da actualidade que interesen ao alumnado tomadas dos
medios de comunicación.
Bloque 2. Comunicación escrita. Ler e escribir.
A) Comprensión de textos.
Tema 3: Os textos e os seus tipos.
Comprensión de textos propios da vida cotiá e das relacións sociais en
ámbitos próximos á experiencia do alumnado (chat, correo electrónico...)
Comprensión de textos do ámbito académico (instrucións, exposicións,
DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATUA
2013-14
8
webs educativas, informacións de dicionarios e enciclopedias en diversos
soportes).
Detección do tema e dos subtemas de narracións. Análise do contido de
textos escritos (subliñado das ideas principais, elaboración de esq uemas,
e creación de resumos).
Utilización progresivamente autónoma da biblioteca e das TIC como fonte
de información e de modelos para a composición escrita.
Lectura en voz alta con dicción, entoación e ritmo correctos, incidindo
especialmente na adecuación aos patróns fonéticos galegos e aos signos
de puntuación.
Tema 4: Os xéneros xornalísticos.
Compresión e análise de textos dos medios de comunicación.
Coñecemento da estrutura dun xornal e atención ao lugar que na mesma
ocupan a información dos feitos e os elementos paratextuais. Distinción
das noticias e das crónicas.
Actitude reflexiva e crítica ante as mensaxes que supoñan calquera tipo
de discriminación, con especial atención ás procedentes das informacións
dos xornais.
B) Produción de textos.
Tema 3: Os textos e os seus tipos.
Produción de textos propios da vida cotiá (diarios, cartas persoais,
solicitudes...)
Composición de textos propios do ámbito académico (conclusións sobre
aprendizaxes realizadas, probas escritas, resumos, esquemas,
exposicións, ...)
Composición de narracións e descricións.
DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATUA
2013-14
9
Planificación, revisión e boa presentación dos textos escritos, con
respecto polas normas gramaticais e ortográficas... e con adecuación á
temática, fins e destinatarios do escrito.
Tema 4: Os xéneros xornalísticos.
Composición de textos propios dos medios de comunicación impresos ou
dixitais, especialmente noticias (artigos xornalísticos).
Uso das TIC para elaborar textos escritos aproveitando as posibilidades
dos procesadores de textos, dos correctores ortográficos e de
determinados programas informáticos que axudan a presentar
adecuadamente os traballos.
Bloque 3. Funcionamento da lingua.
Tema 5: A ortografía.
Uso reflexivo da puntuación e das normas ortográficas, con aprecio dos
seus valores funcionais e sociais.
Reflexión básica acerca daqueles aspectos da fonética e da fonoloxía do
galego onde poidan producirse interferencias. Práctica mediante a lectura
de textos).
Tema 6: O léxico.
Uso dun léxico suficientemente amplo e preciso, con incorporación de
fraseoloxía e de vocabulario temático a partir de campos identificados nos
textos traballados na aula.
Interpretación e aproveitamento das informacións lingüísticas que ofrecen
os dicionarios e as obras de consulta.
Tema 7: A gramática.
Recoñecemento e uso reflexivo dos mecanismos de cohesión textual
(deíxe persoal, nexos e conectores temporais e explicativos).
DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATUA
2013-14
10
Recoñecemento da diferenza entre palabras flexivas e non flexivas.
Recoñecemento das categorías gramaticais básicas (substantivos,
adxectivos, pronomes, verbos, adverbios).
Comprensión das regras de concordancia e das funcións sintácticas
básicas no seo da oración.
Uso das estratexias de autoavaliación e autocorrección, aceptando o erro
como parte do proceso de aprendizaxe.
Bloque 4. Lingua e sociedade.
Tema 8: Dúas linguas nunha sociedade.
Coñecemento xeral das lenguas minorizadas e das lenguas
internacionais, valorando positivamente o plurilingüismo como expresión
da riqueza cultural da humanidade. (A diversidade lingüística).
Coñecemento da realidade lingüística de Galiza. Observación da situación
socilingüística en canto a usos e actitudes no contorno máis próximo. (Os
preuízos lingüísticos).
Consciencia das potencialidades de enriquecemento persoal e colectivo
do uso normalizado da lingua galega, afirmando o plurilingüismo. (A loita
contra os prexuízos lingüísticos).
Observación das principais diferenzas entre as variedades xeográficas da
lengua galega. (Os bloques lingüísticos).
Coñecemento da nosa legislación no relativo á Toponimia e á
Antroponimia.
Bloque 5. Educación literaria.
Tema 9: Literalúdica.
Comparación entre textos pertencentes aos subgéneros literarios.
DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATUA
2013-14
11
Selección guiada e lectura orientada das obras adecuadas á idade do
alumnado.
Lectura expresiva e comprensiva e audición de poemas.
Lectura expresiva e comprensiva e audición de relatos breves.
Lectura dramatizada e comprensiva e visionamento de obras de teatro.
Creación de textos de intención literaria partindo dos modelos lidos e
traballados na aula.
Coñecemento doutras linguaxes estéticas: a canción.
Aproveitamento da biblioteca escolar. Coñecemento das bibliotecas
virtuais.
4.- INSTRUMENTOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN
Todos os cursos da ESO reparten o seu labor en catro apartados, que
constitúen os instrumentos de avaliación (recollidos nas Programacións de Aula,
no apartado 10.- Secuenciación e Temporalización dos Contidos):
Labor diario na aula e actitude cara ao mesmo
Traballo de investigación
Lecturas (mínimo 1)
Exame
O Desenvolvemento desta Materia rexerase pola distribución da mesma do
seguinte xeito:
Exposición, explicación e debate dos contidos conceptuais (do temario) na
aula, coa axuda do Libro de Texto / Libro de Apoio e do material aportado
polo profesor/a. A avaliación dos mesmos realizarase a través dun exame
por Avaliación, así como dunha Recuperación (se o profesor/a a cre
DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATUA
2013-14
12
conveniente ou se o alumno/a así o demandase) unha vez realizada a
Sesión de Avaliación.
Elaboración e Exposición, na aula cada trimestre dun Traballo de
Investigación, sobre a Historia da Lingua en 3º e 4º ESO e sobre Cultura
e Tradicións Galegas en 1º e 2º ESO, que o alumnado realizará a través
da súa investigación persoal e individual coa axuda dos recursos
sinalados pola docente e o material do que se poida servir na Biblioteca,
no centro ou na súa propia casa. Para a investigación e exposición deste
traballo será imprescindíbel o manexo das novas tecnoloxías da
información e a comunicación. (PTIC)
Realización de variadas Lecturas por trimestre sobre as que se irá
informado ao profesor/a a través do correo-e ou do Blogue de aula
mediante a realización de informes, comentarios ou creacións literiarias
que imiten o texto lido, e que servirán de instrumento para a avaliación
deste apartado da materia. Tratarase sempre de fomentar a realización de
Lecturas Voluntarias para as que non pode haber un "exame" ao
finalizar a devandita lectura, posto que perderían a súa función
pracenteira. O “control de lectura” será só preceptivo no caso das
Lecturas Obrigatorias. (PL)
A Educación Secundaria Obrigatoria, como o seu nome indica, é unha etapa
obrigatoria, polo tanto a asistencia a clase, as adecuadas posturas e formas na
clase, así como o interese pola materia e a atención a compañeiros/as e
profesores/as, será tan importante ( ou máis, pois estamos educando en valores,
formando persoas, antes que ningunha outra cousa) que un exame Trimestral ou
Final.
Avaliarase a actitude do alumno/a cara a materia e cara ao proceso de
ensinoaprendizaxe no día a día, mediante a realización continuada de todo tipo
de exercicios que nos axuden a poñer en práctica os conceptos explicados na
aula.
DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATUA
2013-14
13
5.- COMPETENCIAS BÁSICAS
Ademais dos instrumentos de avaliación sinalados antes, servirémonos,
no marco dos mesmos, das seguintes actividades e exercicios na aula para
avaliar o grao de desenvolvemento das competencias básicas.
Actividades para a avaliación das Competencias Básicas
COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN
Utilización da linguaxe como
instrumento de comunicación, oral e
escrita.
1. COMPRENSIÓN:
-Saber escoitar.
- Saber escribir.
2. EXPRESIÓN:
-Saber falar.
-Saber ler.
ACTIVIDADES:
Comentarios de texto: (orais e escritos)
-libres
-críticos
-literarios: poéticos e narrativos
FONTES:
-Prensa e medios de comunicación en
xeral.
-Textos ensaísticos.
-Textos literarios.
COMPETENCIA PARA APRENDER A APRENDER
Utilización da linguaxe para a construción de
coñecementos (instrumento de acceso a novos
coñecementos).
1. Ler comprensivamente.
2. Elaborar resumos e esquemas que organicen as
ideas.
3. Interpretar as informacións lcas. dos dicionarios.
4. Expor conclusións sobre tarefas académicas...
5. Autocorrección.
6. Autoavaliación e coavaliación.
ACTIVIDADES:
Lecturas (con apoio do
dicionario) e informes sobre
as lecturas.
FONTES:
-Relatos e poemas
seleccionados polo docente.
-Obras recollidas no PL.
DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATUA
2013-14
14
COMPETENCIA DIXITAL E TRATAMENTO DA INFORMACIÓN
Utilización da linguaxe para desenvolver destrezas para
a busca e selección de información relevante, así como
para a súa reutilización na elaboración de textos orais e
escritos propios.
1. Uso de dicionarios.
2. Uso de correctores ortográficos.
3. Uso de enciclopedias.
4. Uso de xornais dixitais.
5. Produción de textos propios tras a selección, análise,
esquematización e síntese da información.
6. Uso de soportes electrónicos para a exposición de
traballos de investigación.
ACTIVIDADES:
Traballo de
investigación con
elaboración dunha
presentación en power-
point para expor na aula.
FONTES:
-Manuais da Biblioteca.
-Páxinas web indicadas.
-Libro de texto / apoio.
COMPETENCIA NA AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL
Utilización da linguaxe para a regulación da propia
actividade con progresiva autono-
mía. Aprender a usar a lingua para aprender a analizar e
resolver problemas, trazar plans e tomar decisións.
1. Manter unha actitude crítica ante as mensaxes recibidas.
2. Localizar a información.
3. Fomentar a autoestima lingüística.
4. Ser quen de realizar unha lectura dramatizada.
5. Ser quen de usar autonomamente os medios de
comunicación social (lectura do xornal)
6. Ser quen de servirse das TICs para o propio proceso de
aprendizaxe.
ACTIVIDADES:
-Comentarios
críticos.
-Selección de
lecturas voluntarias.
-Uso da Sala de
Prensa, da
Biblioteca e da Sala
de informática fóra
das horas de
docencia directa.
-Posta en marcha
dunha obra de
teatro?
DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATUA
2013-14
15
COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ
Utilización da linguaxe como instrumento de
representación, interpretación e comprensión da
realidade. Aprender lingua é aprender a comunicarse cos
outros, a comprender o que estes transmiten e a
aproximarse a outras realidades.
1. Analizar criticamente os usos discriminatorios da
linguaxe mediante os cales se transmiten prexuízos e
imaxes estereotipadas do mundo.
2. Comentar de xeito crítico distintos tipos de textos
(procedentes dos medios de comunicación)
3. Exercicio dos valores democráticos e dos dereitos
civís.
ACTIVIDADES:
-Comentarios críticos.
-Exercicio do diálogo
e do respecto polo
que discrepa.
FONTES:
-Prensa e medios de
comunicación en xeral.
-Linguaxe non sexista.
CIG-ensino.
COMPETENCIA ARTÍSTICA E CULTURAL
Utilización da linguaxe para valorar a riqueza
cultural, a diversidade lingüística e a
expresivita de popular dun patrimonio literario
e uns temas recorrentes que son ex
presión de preocupacións esenciais do ser
humano.
1. Relacionar as manifestacións literarias con
outras manifestacións artísticas: pintura,
música, cinema...
2. Participar nas saídas didácticas a museos.
3. Participación en concertos.
4. Asistencia a representacións tetarais.
5. Desenvolver a capacidade creativa.
ACTIVIDADES:
-Participar activamente en todas
as saídas didácticas incluídas
na programación da materia.
-Creación de textos (ou calquera
outra manifestación artística)
xurdidos das aprendizaxes
previas ou dos modelos
utilizados.
FONTES:
-Saídas didácticas.
-Posta en marcha dunha obra de
teatro?
DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATUA
2013-14
16
6.- CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
Cada avaliación o alumno/a será avaliado polo seu labor cotián na
aula e a súa actitude cara ao mesmo. Este apartado suporá a suma
de até 3 puntos sobre a nota obtida. Pero unha actitude inadecuada
na aula (por acción ou por omisión), o non emprego do galego na aula,
tanto na relación co/a profesor/a coma cos/as compañeiros/as, será
valorado negativamente. Por cada vez que algo disto suceda serán
descontados 0,5 puntos. Aínda que o máximo que ao alumno/a se
lle poida descontar das cualificacións será de 2 puntos.
Cada avaliación o alumnado realizará dúas lecturas obrigatorias, unha
lectura na aula (guiados pola profesora) e as lecturas voluntarias da
súa preferencia. Cada unha desas lecturas será avaliada a través de
distintos procedementos (especialmente dun informe) e suporán un
10% no cómputo global da materia ao finalizar a avaliación. É dicir,
suporá até 1 punto sobre 10.
Cada avaliación o alumnado realizará un traballo de investigación
sobre a Cultura e Tradición Galega, para o cal deberá servirse das
TIC. Este apartado suporá un 20% no cómputo global da materia ao
finalizar a avaliación. É dicir, suporá até 2 puntos sobre 10.
Cada avaliación o alumnado realizará un exame sobre os contidos
conceptuais traballados na aula. Este apartado suporá un 70% no
cómputo global da materia ao finalizar a avaliación. É dicir, suporá até
7 puntos sobre 10.
DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATUA
2013-14
17
OBSERVACIÓN IMPORTANTE:
NON SERÁ POSIBLE APROBAR A UN ALUMNO/A QUE NUN OU
VARIOS DOS APARTADOS ANTERIORES OBTIVESE UN CERO OU
ABANDONASE ESE LABOR.
MODELO DE EXAME
I. TEXTO
II. CUESTIÓNS SOBRE O TEXTO
a. Explicación do contido do texto (resumo e/ou esquema,
selección dun título adecuado)
b. Definición de termos do propio texto
c. Cuestións de Gramática:
1. Clasificación de palabras do texto
2. Formación do plural e/ou do feminino
3. Análise das distintas partes dun enunciado
d. Cuestións de Sociolingüística:
1. Corrección de castellanismos e
hipergaleguismos
2. Interpretación dalgunha tira cómica
e. Exercicio de ortografía
f. Identificación das imaxes literarias nun poema breve
g. Redacción dun tema sobre algún autor ou época literaria
traballado na aula
DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATUA
2013-14
18
7.- CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1. O alumno/a debe ser quen de narrar, describir e expoñer oralmente sucesos,
informacións, valoracións, etc. con corrección lingüística, respecto ás regras
sociocomunicativas e actitude dialogante e atenta ás expresións e opinións dos demais.
O alumno/a debe ser quen de reproducir, oralmente e por escrito, o asunto de textos
oídos (noticias, instrucións, exposicións...).
O alumno-a debe ser quen de escoitar e falar corecta e comprensivamente
para desenvolver a súa competencia comunicativa.
2. O alumno/a debe ser quen de comprender e resumir contos, noticias, mensaxes
electrónicas, informacións de enciclopedias, reportaxes, crónicas, etc. Tamén debe ser
quen de recoñecer o tema principal separándoo dos temas secundarios, a través da
xerarquización das ideas dun texto expresadas a través dun esquema. O alumno/a debe
ser quen de demostrar que é capaz de escribir textos breves e sinxelos (noticias,
reportaxes, crónicas, mensaxes de correo electrónico, contos, resumos...) e de coidar a
súa presentación (marxes, sangrados, tamaños de letra, subliñados, ilustracións...)
aproveitando as posibilidades, por exemplo, dos procesadores de texto.
O alumno/a debe ser quen de ler e escribir correcta, comprensiva e
expresivamente para desenvolver a súa competencia en comunicativa.
3. O alumno/a debe ser quen de manexar, de maneira progresivamente autónoma,
textos en distintos soportes para tirar deles informacións precisas para a elaboración
dun traballo de investigación.
O alumno/a debe ser quen de buscar e seleccionar información para
desenvolver a súa competencia no tratamento da información e na
habilidade dixital.
4. O alumno/a debe ser quen de servirse das estratexias de autoavaliación e
autocorrección, aceptando o erro como parte do proceso de aprendizaxe.
O alumno/a debe ser quen de aprender a aprender para desenvolver a
súa competencia neste aspecto.
DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATUA
2013-14
19
5. O alumno/a debe ser quen de poñer en práctica as regras lingüísticas, que deba
asimilar nesta etapa, mediante o uso da propia lingua e dunha terminoloxía necesaria
para seguir as explicacións e as actividades da aula.
O alumno debe ser quen de demostrar competencia gramatical, léxica e
ortográfica para desenvolver a súa competencia en comunicación
lingüística.
6. O alumno/a debe ser quen de utilizar a lingua galega con normalidade, é dicir,
comprender o contexto sociolingüístico, rexeitar a presenza de prexuízos e adoptar
actitudes positivas cara o uso normalizado do galego. O alumno/a debe ser quen de
recoñecer a riqueza que supón a diversidade lingüística do mundo en xeral e de España
en particular, como un reflexo do dereito dos pobos e dos individuos á súa identidade.
O alumno/a debe ser quen de coñecer o funcionamento da lingua en
sociedade e colaborar na normalización da lengua para desenvolver a
súa competencia social e cidadá.
7. O alumno/a debe ser quen de ler con regularidade obras literarias adecuadas á súa
idade, desenvolvendo criterio lector. Debe ser quen de recoñecer os trazos literiarios así
como de expoñer unha opinión persoal dun texto a través dun comentario. O alumno/a
debe ser quen de crear textos de intención estética seguindo modelos dados polo
profesor/a na aula.
O alumno/a debe ser quen de descubrir a Literatura como unha fonte de
pracer e enriquecemento persoal para desenvolver a súa competencia
cultural e artística.
8.- CONTIDOS MÍNIMOS EXIXIBLES PARA
ACADAR UNHA AVALIACIÓN POSITIVA AO
FINALIZAR 1º ESO
1. Comprensión de textos orais e escritos utilizados no ámbito académico, como
presentación de tarefas, instrucións para a súa realización ou exposicións orais de
temáticas variadas.
2. Participación activa en situacións propias do ámbito académico (aclaracións,
opinións, exposicións, conclusións...)
DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATUA
2013-14
20
3. Valoración do diálogo como medio de resolución de conflitos. Intervencións
orais respectuosas con quen nos rodea.
4. Detección do tema e dos subtemas de narracións. Análise do contido de
textos escritos (subliñado das ideas principais, elaboración de esquemas, e creación de
resumos).
5. Lectura en voz alta con dicción, entoación e ritmo correctos, incidindo
especialmente na adecuación aos patróns fonéticos galegos e aos signos de
puntuación.
6. Composición de textos propios do ámbito académico (conclusións sobre
aprendizaxes realizadas, probas escritas, resumos, esquemas, exposicións, ...).
Composición de narracións e descricións.
7. Planificación, revisión e boa presentación dos textos escritos, con respecto
polas normas gramaticais e ortográficas... e con adecuación á temática, fins e
destinatarios do escrito.
8. Interpretación e aproveitamento das informacións lingüísticas que ofrecen os
dicionarios e as obras de consulta.
9. Recoñecemento da diferenza entre palabras flexivas e non flexivas.
Recoñecemento das categorías gramaticais básicas (substantivos, adxectivos,
pronomes, verbos, adverbios).
10. Coñecemento da realidade lingüística de Galiza. Observación da situación
socilingüística en canto a usos e actitudes no contorno máis próximo. (Os preuízos
lingüísticos).
11. Comparación entre textos pertencentes aos subxéneros literarios.
12. Uso das estratexias de autoavaliación e autocorrección, aceptando o erro
como parte do proceso de aprendizaxe.
Non poderá promocionar de 2º a 3º curso de ESO un alumno/a que non
posúa as habilidades mínimas de comprensión e expresión oral e escrita, así como un
sentido crítico e autocrítico que o axude a madurar.
DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATUA
2013-14
21
9.- PROXECTO LECTOR
LECTURAS OBRIGATORIAS
As lecturas do primeiro ciclo de ESO desenvolveranse no marco da
actividade LIBRO FORUM, a través da cal o alumnado lerá unha obra de
actualidade, recentemente publicada, cuxo autor/a estea disposto a interactuar
cos seus lectores, polo que contaremos coa presenza dos autores das obras
lidas no centro.
Nestes momentos iniciais do curso, resúltanos imposible sinalar que
autores van participar na actividade e, polo tanto, só podemos sinalar a obra
do 1º trimestre. Porén, estaremos en estreito contacto coa responsable da
Biblioteca do centro, así como coa responsable da Biblioteca do concello, para
informalas tan pronto como nos sexa posible.
1ª AVALIACIÓN
2ª AVALIACIÓN
3ª AVALIACIÓN
Orballo da mañá
David Vázquez Álvarez
Ed. Xerais
Pendente do autor
Pendente do autor
LECTURAS VOLUNTARIAS
An Alfaya Sireno, Sireno
O caderno azul
RafaelDieste Dos arquivos do trasno
Cecilia Monllor A orquestra do fin do mundo
Carlos Mosteiro O día que Indurain....
Manuel Lourenzo Glez Tanis I, O Mocos
Xosé Antonio Perozo Camiño de fantasía
Concha Blanco Quero que veñan meus pais
DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATUA
2013-14
22
Antón Cortizas O ladrón de ar
Silvestre Gómez X. Hit
Déixao medrar
Pepe Carballude De como o santo dos Croques se fai peregrino
Conchi Regueiro Un marciano neste mundo
A herdanza do marqués
Ramón Carredano
Cobas
Unha branca de cobre para Martiño
Agustín Agra O tesouro da lagoa de Reid’Is
María Raimóndez Usha
Fina Casalderrey Mutacións xenéticas
Xosé Miranda Amancio Amigo e o Demo da Botella
Anxo Fariña Os Megatoxos 1-2-3-4
Xabier Docampo A casa da Luz
O misterio das badaladas
Pepe Carreiro Hª da Lingua Galega
Jaureguizar Tintimán: Un corazón de Chocolate
Anton Caride Ameaza na Antartida
Agustín Fernández Paz Corredores de sombras
Lúa de Senegal
Marilar Alexandre Expedición do Pacífico
Andrea Maceiras Nubes de evolución
Xabier A. Barreiro Liz A pantasma telefónica: un pirata…
DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATUA
2013-14
23
10.- AS TIC E OS RECURSOS DIDÁCTICOS
1. Libro de Apoio: Lingua Galega e Literatura 2. Edicións Xerais
de Galicia
2. Libros de lectura.
3. Prensa cotiá.
4. Dicionarios dixitais.
5. Páxinas web suxeridas polo docente.
6. Presentacións sobre distintos temas.
7. Páxina de 1º-2º E.S.O. www.gorinho.gl
8. Correo electrónico: [email protected]
11.- SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN. PROGRAMAS DE AULA
DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATUA
2013-14
24
PROGRAMACIÓN DE AULA PARA 2ºESO (1ª AVALIACIÓN) Temas 1-2-3-4
I. TRABALLO E ACTITUDE NA AULA
(Libro de Apoio: Lingua Galega e Literatura 2. Edicións Xerais de Galicia) 0. Avaliación Inicial. 1. Comunicación oral: O acto comunicativo. 2. Comunicación escrita: Os textos e os seus tipos. 3. Funcionamento da lingua: Ortografía, . Léxico, Gramática, 4. Lingua e sociedade: Dúas linguas nunha sociedade. A diversidade lingüística. 5. Educación literaria: Literalúdica. Literatura popular. Xéneros e recursos literarios.
II. TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE A CULTURA GALEGA (PTIC)
(A súa Cualificación suporá 20% da nota global do trimestre, é dicir, até 2 puntos sobre 10) TÍTULO: Refraneiro: setembro , outubro ,novembro ,nadal 1. Elaboración dun tema (máximo 25 liñas) partindo dos resumos feitos de artigos da prensa cotiá e das páxinas web indicadas polo docente. 2. Realización dun traballo mediante o uso das TIC que ilustre os contidos recollidos no tema escrito. 3. Exposición oral do tema na aula co apoio instrumental das TIC DATAS: Entrega: último semana de Novembro.
III. LECTURAS (PL)
(A súa Cualificación suporá 10% da nota global do trimestre, é dicir, até 1 puntos sobre 10) 1ª Lectura: Orballo da mañá. Davis D. Vázquez Álvarez Baía Ed (A Avaliación destas dúas lecturas realizarase a través de distintos procedementos: informes, comentarios, traballos, controis… e suporá 10% da nota global do trimestre, é dicir, una Cualificación de até 1 puntos sobre 10) DATA: Finalizadas: primeira semana de Outubro e primeira semana de Novembro. Outras Lecturas: Realizadas as lecturas requeridas polo profesor/a, o alumno/a escollerá libremente outra/as da listaxe que figura nesta programación. Ao longo do trimestre o alumno/a irá realizando as lecturas voluntarias que estime oportunas e dará conta delas a través dos seus comentarios depositados no Blogue do grupo-clase ou ben a través dos informes enviados ao enderezo electrónico do profesor/a. (PL) (PTIC)
IV. EXAME
(A súa Cualificación suporá 70% da nota global do trimestre, é dicir, até 7 puntos sobre 10) As probas que se realicen serán sobre os contidos do libro e as actividades realizadas durante o trimestre
OBSERVACIÓN IMPORTANTE: NON SERÁ POSIBLE APROBAR A UN ALUMNO/A QUE NUN OU VARIOS DOS APARTADOS ANTERIORES OBTIVESE UN CERO OU ABANDONASE ESE LABOR.
DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATUA
2013-14
25
PROGRAMACIÓN DE AULA PARA 2ºESO (2ª AVALIACIÓN) temas 5-6-7-8
I. TRABALLO E ACTITUDE NA AULA
(Libro de Apoio: Lingua Galega e Literatura 2. Edicións Xerais de Galicia) 1. Repaso do visto ao longo do 1º trimestre. 2. Comunicación oral: Os medios de comunicación. 3. Comunicación escrita: Os xéneros xornalísticos. 4. Funcionamento da lingua: Ortografía . Léxico . Gramática 5. Lingua e sociedade: Dúas linguas nunha sociedade. Os hábitos lingüísticos. 6. Educación literaria: Literalúdica. Textos narrativos
II. TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE A CULTURA GALEGA (PTIC) (A súa Cualificación suporá 20% da nota global do trimestre, é dicir, até 2 puntos sobre 10) TÍTULO: Refraneiro: xaneiro, febreiro, marzo / Entroido 1. Elaboración dun tema partindo dos resumos feitos de artigos da prensa cotiá e das páxinas web indicadas polo docente. 2. Realización dun traballo mediante o uso das TIC que ilustre os contidos recollidos no tema escrito. 3. Exposición oral do tema na aula co apoio instrumental das TIC DATAS: Entrega e Exposición: marzo
III. Lectura: Pendente autor
(A súa Cualificación suporá 10% da nota global do trimestre, é dicir, até 1 punto sobre 10)
DATA: Finalizadas: última semana de marzo Outras Lecturas: Realizadas as lecturas requeridas polo profesor/a, o alumno/a escollerá libremente outra/as da listaxe que figura nesta programación. Ao longo do trimestre o alumno/a irá realizando as lecturas voluntarias que estime oportunas e dará conta delas a través dos seus comentarios depositados no páxina do grupo-clase ou ben a través dos informes enviados ao enderezo electrónico do profesor/a. (PL) (PTIC)
IV. EXAME (A súa Cualificación suporá 70% da nota global do trimestre, é dicir, até 7 puntos sobre 10) As probas que se realicen serán sobre os contidos do libro e as actividades realizadas durante o trimestre
OBSERVACIÓN IMPORTANTE: NON SERÁ POSIBLE APROBAR A UN ALUMNO/A QUE NUN OU VARIOS DOS APARTADOS ANTERIORES OBTIVESE UN CERO OU ABANDONASE ESE LABOR.
DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATUA
2013-14
26
PROGRAMACIÓN DE AULA PARA 2ºESO (3ª AVALIACIÓN) Temas 9-10-11-12
I. TRABALLO E ACTITUDE NA AULA (Libro de Apoio: Lingua Galega e Literatura 2. Edicións Xerais de Galicia) 1. Repaso do visto ao longo do 2º trimestre. 2. Comunicación oral: Comentarios críticos orais sobre mensaxes dos medios de comunicación. 3. Comunicación escrita: Comentarios críticos escritos sobre artigos dos xornais. 4. Funcionamento da lingua: Ortografía Léxico Gramática 5. Lingua e sociedade: Dúas linguas nunha sociedade. Os prexuízos lingüísticos. 6. Educación literaria: Literalúdica. Textos poéticos e dramáticos
II. TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE A CULTURA GALEGA (PTIC) (A súa Cualificación suporá 20% da nota global do trimestre, é dicir, até 2 puntos sobre 10) TÍTULO: As Nosas Letras: 17 de maio, Día das Letras Galegas Refraneiro: abril, maio, xuño 1. Elaboración dun tema partindo dos resumos feitos de artigos da prensa cotiá e das páxinas web indicadas polo docente. 2. Realización dun traballo mediante o uso das TIC que ilustre os contidos recollidos no tema escrito. 3. Exposición oral do tema na aula co apoio instrumental das TIC DATAS: Entrega: última semana de Maio. Exposición: primeira semana de Xuño.
III. LECTURAS (PL) (A súa Cualificación suporá 10% da nota global do trimestre, é dicir, até 1 puntos sobre 10) 1ª Lectura: Pendente autor DATA: Finalizadas: última semana de Maio. Outras Lecturas: Realizadas as lecturas requeridas polo profesor/a, o alumno/a escollerá libremente outra/as da listaxe que figura nesta programación. Ao longo do trimestre o alumno/a irá realizando as lecturas voluntarias que estime oportunas e dará conta delas a través dos seus comentarios depositados no Blogue do grupo-clase ou ben a través dos informes enviados ao enderezo electrónico do profesor/a. (PL) (PTIC)
IV. EXAME (A súa Cualificación suporá 70% da nota global do trimestre, é dicir, até 7 puntos sobre 10) As probas que se realicen serán sobre os contidos do libro e as actividades realizadas durante o trimestre
OBSERVACIÓN IMPORTANTE: NON SERÁ POSIBLE APROBAR A UN ALUMNO/A QUE NUN OU VARIOS DOS APARTADOS ANTERIORES OBTIVESE UN CERO OU ABANDONASE ESE LABOR.