programaciÓn xeral anual - edu.xunta.gal autocoñecemento e autoestima: - ter conciencia das...
TRANSCRIPT
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
0 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
CURSO 2016 - 2017
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL
CEIP de VIÑAGRANDE - DEIRO
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
1 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
ÍNDICE
1.- OBXECTIVOS ESPECÍFICOS PARA O CURSO ACADÉMICO. .................................................. 2
2.- MEDIDAS A DESENVOLVER PARA A SÚA CONSECUCIÓN. .................................................. 8
3.- RECURSOS PREVISTOS PARA O EFECTO. ......................................................................... 10
4.- CONCRECIÓN ANUAL DO PROXECTO EDUCATIVO (PE).................................................... 13
5.- MODIFICACIÓN DO PROXECTO EDUCATIVO ................................................................... 27
6.- ESTRATEXIAS METOD. E ORGANIZATIVAS DE ATENCIÓN AO ALUMNADO CON NEE......... 27
7.- CADRO DE ORGANIZACIÓN PEDAGÓXICA ...................................................................... 47
8.- PLAN DE ACTUACIÓN DOS ÓRGANOS COLEXIADOS ........................................................ 47
9.- PLAN DE ACTUACIÓN DO EQUIPO DIRECTIVO ................................................................ 49
10.- XORNADA ESCOLAR E HORARIO DO CENTRO ............................................................... 49
11.- QUENDAS DE VIXIANCIA DOS RECREOS ....................................................................... 50
12.- PROGRAMACIÓN E CALENDARIO DAS REUNIÓNS DOS ÓRGANOS DE GOBERNO ........... 51
13.- PROGRAMACIÓN E CALENDARIO DAS REUNIÓNS DE COORDINACIÓN DOCENTE ........... 52
14.- PARTICIPACIÓN EN PROGRAMAS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA.................................... 55
15.- LIBROS DE TEXTO E DEMAIS MATERIAIS CURRICULARES ESTABLECIDOS NO CENTRO .... 91
16.- PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES ........... 91
17. PLAN DE AUTOPROTECCIÓN ......................................................................................... 94
18.- PLAN DE ORGANIZACIÓN DAS TAREFAS DO PERSOAL NON DOCENTE ........................... 94
19.- HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO .......................................................................... 96
20.- PLAN DE TRANSPORTE ESCOLAR .................................................................................. 96
21.- PLAN PARA A UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DO CENTRO ........................................ 98
22.- PLAN DE ACTIVIDADES PROPOSTAS POLA ANPA .......................................................... 99
23.- PLAN XERAL DE AVALIACIÓN DO CENTRO .................................................................. 100
25.- MATERIA DE LIBRE CONFIGURACIÓN ......................................................................... 102
26.- PLAN ANUAL DE LECTURA ......................................................................................... 103
27.- PLAN PARA A INTEGRACIÓN DAS TIC ......................................................................... 111
28.- ADDENDA DO PROXECTO LINGÜÍSTICO...................................................................... 112
29.- PROXECTO LINGÜÍSTICO DO CENTRO ......................................................................... 114
30.- ACTIVIDADES PARA O FOMENTO DA LINGUA GALEGA. CONSTITUCIÓN O EDNL .......... 122
31.- CONCRECIÓN ANUAL DO PLAN XERAL DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE ......................... 131
32.- ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DAS SECCIÓNS BILINGÜES ................................. 136
33.- ACCIÓNS DE MELLORA DERIVADAS DA ANÁLISE DE RESULTADOS DA AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE TERCEIRO PRIMARIA. GUÍA DE INTERVENCIÓN ............................... 141
34.- ACTIVIDADES LEVADAS A CABO DENTRO DOS PROGRAMAS DO PLAN PROXECTA. ...... 144
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
2 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
1.- OBXECTIVOS ESPECÍFICOS PARA O CURSO ACADÉMICO.
1.1.- Obxectivo xeral
Plantexamos un centro educativo que teña como obxectivo final o
desenvolvemento armónico e integral do neno/a. Entendemos que cada
alumno é un ser global ao que temos que atender dende multitude de aspectos
como: o desenvolvemento emocional, social, individual, cognitivo... A estrutura
de centro que se plantexa nesta programción daralle a oportunidade ao
alumnado de ser, vivir e, como non, aprender. Queremos desenvolver as súas
capacidades e que sexan competentes á hora de utilizar as ferramentas
necesarias para a vida (ferramentas físicas, virtuais, emocinais, etc.).
Axudaremos ao alumnado a decidir, a pensar, a expresar, a manifestar como é
e a ser consciente das súas propias particularidades.
Queremos que sexan persoas con entusiasmo, con ganas de saber,
emprendedoras e activas: que se enfronten aos seus retos persoais e aos do
grupo con creatividade, confianza, responsabilidade e sentido crítico.
1.2.- Obxectivos centrados no alumnado
Dado que o modelo de centro que estamos configurando está única e
exclusivamente pensado no alumnado, desenvolvemos a continuación os
obxectivos que pretendemos acadar en catro dimensións clave no
desenvolvemento integral do neno/a:
DESENVOLVEMENTO EMOCIONAL
O desenvolvemento emocional esta baseado na creación dun
autoconcepto real e positivo de si mesmos de cara a lograr unha autoestima
equilibrada que lles permita xestionar as súas emocións e sentimentos.
Autocoñecemento e autoestima:
- Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada
alumno para construír e reforzar a súa identidade.
- Partindo cada un do seu potencial, fortalecer a autoconfianza do
neno/a e desenvolver o seu carácter individual.
- Coñecer e aceptar o seu corpo.
- Coidar a saúde física e psíquica.
- Reforzar a capacidade de enfrontarse ás dificultades e de tomar
decisións.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
3 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
Equilibrio emocional:
- Aprender a expresar o mundo afectivo.
- Observarse a sI mesmo e intentar entender o que lle pasa.
- Recoñecer as emocións e aprender a regulalas.
DESENVOLVEMENTO SOCIAL
O desenvolvemento social do alumnado lograrase na escola aprendendo a
convivir e desenvolvendo o traballo en grupo.
Relacións:
- Tomar conciencia do “outro”: aceptar e valorar as características
individuais e rexeitar as actitudes discriminatorias.
- Valorar a amizade e gozar dela.
- Expresar e aprender a defender cada un as súas ideas e intereses.
- Respectar as opinións dos demais.
Convivencia:
- Respectar os costumes e cumprir as normas sociais nas relacións ou en
calquera actividade social.
- Coñecer os dereitos e as obrigas que temos as persoas.
- Utilizar o diálogo e os principios éticos para buscar solucións aos conflitos
tendo en conta que estes forman parte da vida.
Cooperación:
- Aceptar e aprender a ofrecer axuda.
- Aproveitar as oportunidades que ofrece a interacción para aprender
estratexias para traballar en grupo.
- Utilizar o pensamento crítico para o beneficio propio e para o beneficio do
grupo.
Colectividade:
- Sentirse partícipe da realidade cultural e sociolingüística galega.
- Valorar a riqueza da diversidade cultural.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
4 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
- Ter responsabilidade e actitude activa nos servizos colectivos.
- Potenciar actitudes responsables para conservar un ecosistema escolar,
persoal e ambiental saudable.
DESENVOLVEMENTO COGNITIVO
Para que o noso alumnado medre no seu desenvolvemento cognitivo
procuraremos ensinalos a pensar, a aprender e a utilizar o aprendido para
facerlle fronte aos retos diarios.
Espertar a curiosidade e as ganas por saber.
- Ter interese e motivación para aprender.
- Ter gañas de superar as dificultades e valorar os logros conseguidos.
Aprender a pensar
- Aprender a identificar, plantear e resolver problemas.
- Desenvolver a capacidade de aplicar o aprendido na vida cotiá.
Impulsar a aprendizaxe autónoma.
- Aprender a realizar as actividades de forma autónoma e responsable.
- Valorar o esforzo que hai que facer para acadar os obxectivos.
Aprender a aprender
- Tomar conciencia das capacidades que necesita o alumnado para
aprender: atención, concentración, planificación e control do proceso.
Competencia para autocontrolar a aprendizaxe
- Tomar parte no proceso de aprendizaxe, valorar o realizado, detectar as
dificultades e tomar as medidas para mellorar.
Tratamento da información
- Aprender a buscar, seleccionar e utilizar de forma crítica a información.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
5 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
As linguas
- Entender e expresarse correctamente en calquera contexto comunicativo
a través de mensaxes orais e escritos nas linguas oficiais.
- Ser capaz de entender e producir textos básicos, orais e escritos,
en lingua estranxeira vivenciándoa en multitude de contextos de
aprendizaxe.
Tecnoloxía
- Coñecer o desenvolvemento da ciencia e da tecnoloxía.
- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs
(Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento).
DESENVOLVEMENTO MOTRIZ
Para conseguir unha educación integral no noso alumnado promoveremos
unha vida activa e saudable.
Desenvolver as habilidades neuromotrices correspondentes a cada
momento evolutivo:
- Desenvolver e afianzar as habilidades motrices perceptivas como base
dos futuros aprendizaxes, favorecendo un adecuado desenvolvemento
neuromotor que sirva de prevención de futuros trastornos de
aprendizaxe e atención. (Ed. Infantil e primeiros cursos da Ed.
Primaria).
- Dar ao alumnado multitude de experiencias motrices que faciliten a
creación da maior cantidade posible de conexións interneuronais para
unha maior coordinación de ambos hemisferios cerebrais.
- Desenvolver e afianzar as habilidades motrices básicas e específicas
buscando que a evolución psicomotriz non se deteña e vaia sempre na
procura da excelencia física e da superación de un mesmo (Ed. Primaria).
Mellorar as capacidades físicas buscando sempre beneficios
neurofuncionais e de saúde.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
6 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
- Traballar as diferentes capacidades físicas: flexibilidade, forza,
resistencia e velocidade.
- Mellorar a capacidade cardiorespiratoria do alumnado co fin de que o
aporte de oxíxeno ao cerebro aumente, e con iso o rendemento tanto
físico como cognitivo.
Vivenciar e disfrutar da práctica de todo tipo de activiade física polo simple
pracer de sentir o corpo en movemento e o seu beneficio na saúde física e
emocional propia, máis aló de logros puramente deportivos.
- Participar no deporte escolar co fin de compartir experiencias deportivas
con nenos e nenas doutros centros, mellorando a competencia social do
alumnado.
1.3.- Obxectivos Pedagóxicos
• Actualizar a metodoloxía didáctica nos procesos de ensino e
aprendizaxe incorporando modificacións da organización espacial e
temporal na acción educativa.
• Apostar por un ensino multidisciplinar con actuacións específicas e
sistemáticas.
• Promover unha verdadeira coordinación horizontal e vertical do
currículo.
• Incorporar dun xeito real e efectivo as Tecnoloxías para a Aprendizaxe e
o Coñecemento.
• Iniciar dende idades temperás de xeito sistemático un programa de
estimulación neurolóxica que nos axude a prever, detectar e actuar ante
dificultades nas aprendizaxes.
• Promover un novo concepto da avaliación no que se respecte e valore o
ritmo de desenvolvemento do alumnado.
• Darlle ao alumnado a posibilidade de vivenciar en primeira persoa as
aprendizaxes: artísticas, lingüísticas, de valores, científicas, matemáticas...
• Impulsar dende a escola os cambios que deberan producirse na sociedade
máis cercana con proxectos de traballo que partan da contorna máis
próxima.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
7 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
• Definir o traballo cooperativo como principio inviolábel no traballo na aula
e no centro
1.4.- Obxectivos de organización e funcionamento do centro.
• Posibilitar a participación do alumnado na toma de decisións sobre o
funcionamento do centro.
• Crear novos procesos de formación do profesorado dentro do centro.
• Propoñer ao claustro a participación en programas educativos estatais
e/ou europeos que promovan o intercambio de experiencias, metodoloxías,
linguas, culturas, etc.
• Fomentar e priorizar o desenvolvemento sostible e o respecto polo medio
ambiente.
• Crear a corresponsabilidade no coidado e mantemento das nosas
instalacións na comunidade
• Deseñar unha coordinación docente máis operativa e que cumpra coas
finalidades e obxectivos deste proxecto.
• Potenciar e fomentar a participación da Comunidade Educativa.
• Participar da innovación educativa e formar parte dela.
• Contribuír a un novo modelo lingüístico no centro potenciando o uso do
galego e o respecto á nosa lingua, cultura e patrimonio inmaterial así como
incentivando o plurilingüismo e o tratamento integral das linguas.
• Deseñar un proxecto para mellorar o embelecemento interno e externo
do noso centro.
• Garantir a coordinación coas institucións “adscritas”: IES, Concello de
Vilanova de Arousa, Servizos Sociais…
• Conseguir os mellores e maiores recursos para o noso centro (persoais,
tecnolóxicos, didácticos…
• Conformar unha rede de centros “Por unha nova escola” na contorna.
• Solicitar ante a administración educativa as necesidades de mellora e de
inversión que precisa o noso centro (ventanas, portas, elementos de
seguridade e accesibilidade…).
1.5.- Obxectivos centrados na mellora da convivencia
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
8 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
• Velar pola igualdade de xénero entre a Comunidade Educativa.
• Iniciar un novo estilo de relación coa Comunidade Educativa con
estratexias específicas que permitan ter máis posibilidades na toma de
decisións e participar máis activamente na vida educativa do centro e no
desenvolvemento cultural da contorna.
• Entender a atención á diversidade como un valor de crecemento para a
institución.
• Fomentar unha convivencia pacífica e democrática entre todos os
membros da Comunidade Educativa, apreciando a importancia dos valores
básicos que rexen a vida e a convivencia, e obrando de acordo con eles
2.- MEDIDAS A DESENVOLVER PARA A SÚA CONSECUCIÓN.
Para a consecución destes obxectivos propoñemos unha serie de
medidas moi concretas que haberá que executar ao longo deste curso
académico:
Para o alumnado:
- Traballar dentro do Departamento de Orientación con aqueles alumnos/as
que posúen dificultades nalgún eido do seu desenvolvemento educativo e
non educativo.
- Facilitarlle todos aqueles recursos e metodoloxías de traballo que lles
permitan asimilar os contidos que son obxecto de estudo nas aulas e no
centro.
- Asegurar que todo o alumnado ten as axudas necesarias para o
desenvolvemento integral dentro e fóra do centro.
- Proporcionarlle todas aquelas estratexias que garantan o éxito no seu
traballo académico dentro do centro e non permitir que o alumnado non
teña a oportunidade de desenvolver as súas capacidades por motivos que
atinxen ao centro.
- Fomentar a súa participación na vida do centro a través de programar
diversas iniciativas ou actuacións nas que se traballen determinados
contidos ou poidan provocar melloras no rendemento académico do
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
9 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
alumnado.
- Ofrecer ao alumnado programas, proxectos e ideas que posibiliten
aumentar a súa motivación cara o ensino e a poñer en valor o centro no
que se desenvolven.
- Ensinalos a traballar dun xeito cooperativo onde a axuda entre iguais sexa
unha ferramenta que lles axude na súa formación para a vida.
Para o profesorado:
- Dispoñer de canles claras de coordinación entre os distintos órganos de
coordinación docente e establecer xuntanzas periódicas (semanais) nas
que o profesorado teña a oportunidade de comunicar inquedanzas,
dúbidas, propostas...
- Facilitar dentro do centro a formación do profesorado a través da
planificación de variados formatos que garantan a actualización
metodolóxica e pedagóxica do profesorado.
- Deseñar un modelo claro de organización e funcionamento do noso centro
dende un punto de vista metodolóxico.
- Iniciar procesos de diálogo e reflexión conxunta entre o profesorado de
cara a promover modificacións importantes nos procesos de ensino e
aprendizaxe que se levan a cabo co alumnado.
- Promover a participación do profesorado en proxectos motivadores,
interesantes e que permitan ter unha visión do centro positiva e orgullosa.
- Decidir qué escola queremos para os vindeiros anos coa colaboración da
comunidade educativa.
Para as familias e demais comunidade educativa:
- Fomento da participación das familias na vida do centro a través de
estratexias variadas formais e non formais.
- Mellora do intercambio de información ás familias do alumnado do noso
centro con xuntanzas ao inicio e fin de curso e cunha nova aplicación
informática para o envío de circulares informativas.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
10 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
- Programar actuacións nas que as familias teñan a oportunidade de
participar nos procesos de ensino e aprendizaxe.
- Seguir programando actividades nas que as familias teñen un papel moi
especial e nas que os nenos e nenas do centro teñen a oportunidade de
elaborar conxuntamente coa familia diversos traballos.
- Facilitar a presenza das familias do alumnado nas actividades máis
importantes que se programan dende os distintos equipos de mestres. É
necesario que as familias sexan coñecedoras de primeira man do traballo
que os seus fillos e fillas fan no centro e para iso temos que permitirlle a
entrada no centro e fomentar a súa participación nelas.
- Seguir mantendo boas relacións institucionais co Concello e iniciar
procedementos de mellora na coordinación cos distintos estamentos do
Concello (concelleiros/as, educadoras, psicólogas...etc).
- Iniciar procesos de coordinación máis cercanas co Instituto de Educación
Secundaria ao que estamos adscritos para un correcto paso da Educación
Primaria á Educación Secundaria.
3.- RECURSOS PREVISTOS PARA O EFECTO.
Para acadar os obxectivos establecidos anteriormente e para poñer en
práctica as medidas que este ano queremos promover no noso centro temos
que ter en conta os recursos (limitados nalgúns casos) que posúe o noso
centro.
Recursos humanos
Profesorado : Este curso o noso centro conta cun total de 15 profesoras e profesores:
3 de E. Infantil, 6 de E. Primaria, 1 especialista en Lingua Inglesa, 1
especialista en Música, 1 especialista en Educación física, 1 especialista en
Pedagoxía terapéutica, 1 profesora de Relixión compartida co CEIP Sestelo
Baión, 1 orientadora compartida co CEIP de San Roque de Corón e 1
especialista en Audición e Linguaxe itinerante dous días a semana que ten
como centro base o CEIP San Roque de Corón.
Persoal non docente:
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
11 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
Postos polo Concello: 1 conserxe que tamén fai funcións de persoal de limpeza
e 1 persoa a media xornada para limpeza das instalacións.
Instalacións
O noso Centro está composto por un único edificio de dúas plantas.
Nel hai seis aulas de E.Primaria, 3 de E. Infantil, unha sala de
profesores, unha aula compartida para PT e AL, unha aula de música,
biblioteca, aula de informática, aula de inglés e aula de psicomotricidade
(espazo utilizado tamén como pavillón), servizos sanitarios en cada planta para
o alumnado, conserxería, administración que inclúe despacho de dirección,
secretaría e xefatura de estudos, despacho de orientación, servizos para o
profesorado na planta baixa e diferentes almacéns nas dúas plantas.
Ademais contamos con determinadas deficiencias arquitectónicas e de
cerramento que ocasiona moitas perdas de temperatura que nos obriga a dotar
dunha maior partida orzamentaria para o gasto de calefacción.
Este verán pasado, ademais, tivo lugar unha importante mellora na planta
inferior: novas portas exteriores, creación de novos espazos dentro das aulas
de música e Educación Infantil, modificación da estética da entrada e dos
corredores… Esta mellora foi realizada fundamentalmente con diñeiro do
propio centro (a excepción das portas exteriores que foron pagadas con diñeiro
cedido pola a Xefatura Territorial de Educación no marco dos acordos para o
mantemento do centros educativos coas entidades locais).
Estamo intentando configurar novos espazos na planta superior:
- Unha nova biblioteca: Este curso teremos a oportunidade de desenvolver o
PLAMBE que nos foi concedido. Nel se establece unha importante
modificación espacial para garantir unha nova biblioteca que permita
múltiples posibilidades: arte, lectura, reláx, tecnoloxía, traballo cooperativo,
xestión documental, realización de traballos, visitas da comunidade
educativa…etc.
- O INFORMADEIRO: Un novo espazo educativo no que integrar os medios
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
12 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
de comunicación con catro espazos destinados á Televisión (cun plató
televisivo), á Radio (cun recanto para a gravación e a edición de audios para
a emisión en directo de programas de radio nunha emisora real, á produción
dun Xornal Escolar e unha zona para a produción en Internet (páxinas
web, blog, redes sociais…) onde o alumnado teña a oportunidade de
vivenciar en primeira persoa a posibilidade de crear contidos online,
xestionalos e actualizalos periódicamente)
Recursos Materiais e Mobiliario.
Este centro conta con recursos materiais (didácticos, funxibles, non
funxibles…) escasos por mor do reducido número de alumnos/as que non
permite obter maiores cotas de financiamento.
Neste senso, e ao longo deste curso, iniciaremos un novo procedemento
para a mellora dos recursos económicos que o centro posúe para esta tipoloxía
de material. Consiste en facer partícipe ás familias de determinados custos que
o noso Proxecto Educativo require: gastos por fotocopias, tóners, cartuchos de
tinta e dalgúns materiais necesarios para a realización de determinadas
actividades (saídas, experiencias científicas, obras literarias, materiais
matemáticos manipulativos, material necesario para a creación de obras
artísticas, material necesario para a realización de actividade psicomotora
diaria ou da expresión artístia).
No referente ao mobiliario, e inda que o ano pasado nos chegou algún
material do que solicitamos á Consellería de Educación, temos que afirmar que
a medida que imos desenvolvendo o proxecto de centro que queremos, vai
xurdindo a necesidade de novos espazos e novo mobiliario que axude e
favoreza a nosa particular forma de ver a educación. O ensino cooperativo, a
integración de contextos reais de aprendizaxe, os minicontextos de
aprendizaxe en Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria, o ensino artístico
integrado, a intervención psicomotriz diaria… esixen unha tipoloxía de material
e mobilidario que estamos obrigados a integrar no noso centro.
Con respecto aos recuros tecnolóxicos, todas as aulas contan con conexión
a internet por cable e dispoñen de varios ordenadores para o traballo das
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
13 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
competencias clave co alumnado.
Ese curso decidiuse eliminar a aula de informática e integrar a informática
como un elemento natural no interior das aulas. Ademais contamos con 26
dispositivos móbiles que nos permiten axudar ao alumnado a crear contido
propio cando traballamos cos contidos curriculares.
Polo tanto, estamos en disposición de iniciar unha nova etapa na que os
recursos materiais van ser moi importantes. Esperamos ter a oportunidade de
ampliar a dotación deste tipo de material como condición necesaria para que a
aprendizaxe do alumnado sexa de calidade e se relacione coas súas
experiencias vitais.
4.- CONCRECIÓN ANUAL DO PROXECTO EDUCATIVO (PE).
O proxecto educativo do noso centro é un documento que ano tras ano
se vai concretando en distintas intervencións pedagóxicas, didácticas,
metodolóxicas e organizativas que permiten acadar os obxectivos que na PXA
nos propoñemos.
Este curso e por mor de importantes modificacións na estruturación
organizativa e pedagóxica do noso centro, iniciaremos a renovación total do PE
coa finalidade de integrar nun documento todas as actuacións presentes e
futuras que o noso centro vai desenvolver e as señas de identidade que van
configurar un novo modelo de centro educativo.
Antes de que isto sexa unha realidade e coa finalidade de integrar nesta
Programación Xeral Anual algunhas das actuación que van configurar o PE,
imos describir as intervencións pedagóxicas, didácticas, organizativas e
metodolóxicas que se están desenvolvendo xa na actualidade e que son, en
definitiva, a concreción para este curso do futuro Proxecto Educativo do CEIP
de Viñagrande Deiro.
Así, e comezando polos traballos dos distintos equipos,
consideramos importante salientar a nova organización da coordinación
docente e os traballos que levarán a cabo ao longo do curso e que máis tarde
describiremos
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
14 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CEIP
Viñagrande-Deiro, ten previsto a realización dunha serie de actividades que
darán continuidade ao traballo realizado os anos anteriores nos que se
pretendía que o alumnado contestara á seguinte pregunta: Que é o que se
pode facer co Galego?
Nas diferentes actividades realizadas ao longo dos cursos xa pasados o
alumnado comprobou que absolutamente todo se pode facer co galego.
Partindo desta premisa, neste curso incidiremos que a utilización do galego
nestes diferentes contextos se faga de xeito natural e habitual.
Para isto partiremos dunha serie de actividades que se desenvolverán
ao longo do curso escolar, ben sexa nalgún trimestre en concreto ou ao longo
de todo o curso. Estas actividades serán unha continuación daquelas que
funcionaron ben no curso pasado, aquelas que por diferentes motivos non se
puideron levar a cabo e outras novas que pretendemos sexan do agrado do
alumnado e que axuden a alcanzar os obxectivos previstos no Plan de Uso e
Fomento do Galego.
Dende o Equipo de Tics existen novidades a ter en consideración. Este
ano o equipo de TICs non vai funcionar como un equipo integrado por uns
docentes determinados. Todo o claustro forma parte deste equipo e
periodicamente se reunirá para desenvolver determinadas actuacións. Estas
actuacións esixen duns responsables que son os encargados de
desenvolvelas, organizalas e planificalas:
a) Formación para o profesorado no eido da Informática. Esta actuación
busca un obxectivo fundamental: que o profesorado do noso centro saiba e
posúa as competencias dixitais necesarias para adaptarse á rápida
velocidade coa que evoluciona a tecnoloxía. A competencia dixital debe
ofrecérselle ao alumnado de modo transversal pero, para que esta sexa
factible, é necesario que o profesorado coñeza e saiba qué tipo de recursos
están ao seu alcance e cómo se poden utilizar na súa labor docente co
alumnado.
b) Ademáis, todo o claustro participará activamente na organización e
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
15 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
funcionamento do proxecto Samsung Smart School que desenvolvemos
dende o pasado ano e que consiste en traballar con dispositivos móbiles a
través dunha metodoloxía que posibilite asegurar e mellorar a adquisición
de contidos e coñecementos por parte do alumnado a través da creación e
construción de contidos para ser publicados.
c) Actualizar e fomentar o uso da páxina web do noso centro dentro da
comunidade educativa. O obxectivo principal é que o profesorado e a
ANPA teñan unha ferramenta a través da cal publicar os traballos e
experiencias de aprendizaxe do seu alumnado (proxectos, saídas, visitas,
exposicións, traballos de aulas). Para iso será necesario facer partícipe ao
profesorado e facilitarlle, á ANPA, a posibilidade de coñecer as distintas
maneiras que hai de colgar novidades na páxina web do centro. Para
facelo, haberá sesións formativas dedicadas a este fin.
d) Continuar coa formación continuada no eido tecnolóxico. A formación
cooperativa entre o claustro e a posibilidade de visitar e que nos visiten
profesionais destacados neste eido vai ser outra das actuacións a
desenvolver.
O Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias tamén
participará activamente na organización de actividades e ocuparase da
importante labor de desenvolver, xunto co EDNL, as conmemoracións e
celebracións máis importantes na nosa contorna e da nosa Comunidade
Autónoma.
O Equipo de Biblioteca ten a importante labor de desenvolver o PLAMBE
que este ano nos foi concedido e que se presenta como un dos proxectos máis
ambiciosos e necesarios que ten o noso centro. A biblioteca multidisciplinar
será un lugar no que o alumnado poida acceder e traballar con diversidade de
material e para fins moi variados: artísticos, literarios, científicos, tecnolóxicos,
sociais…etc.
Con respecto á introdución de dinámicas e proxectos favorecedores
dunha mellor calidade no ensino, este ano acordamos a participación en
determinados proxectos que consideramos vitais para potenciar e acadar os
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
16 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
obxectivos establecidos nesta PXA e que levan unha dirección moi concreta:
- Darlle ao alumnado o maior número de experiencias, axudas e
aprendizaxes que lles permitan mellorar as súas competencias.
- Promover unha metodoloxía de traballo común entre o profesorado do
centro que nos axude a deseñar procesos de ensino e aprendizaxe que
favorezan a consecución do éxito no noso alumnado a través dun traballo
que garanta o desenvolvemento integral dos nenos e nenas do noso
centro.
- Converter o noso centro nun lugar de referencia para a comunidade
educativa e onde o alumnado estea motivado cara a aprendizaxe a través
da organización de tarefas e actividades que garantan a
formación de persoas comprometidas no traballo escolar e no conxunto
da sociedade.
As dinámicas ou proxectos que nos propoñemos a iniciar este ano e que irán
configurando o futuro PE son os seguintes:
1.- PROXECTO DE MODIFICACIÓN METODOLÓXICA NO CENTRO
O primiero dos proxectos que xa se están desenvolvendo no centro é o
establecemento dunha liña común no traballo co alumnado. Neste cadro
mostramos a nova organización temporal do CEIP de Viñagrande Deiro.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
17 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
Dende Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria a metodoloxía de
traballo co alumnado debe garantir que o paso polos distintos niveis e etapas
non se realice con cambios metodolóxicos inconexos. Por iso, plantexamos
unhas novas estruturas metodolóxicas e programáticas que a continuación se
especifican:
ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DAS ESTRUTURAS ESPACIO-TEMPORAIS
PROGRAMA DE
ESTIMULACIÓN
TEMPERÁ
Dende o curso 2015-2016 estase a poñer en marcha este proxecto de
estimulación temperá con sesións de psicomotricidade diarias de 30 minutos nos
tres niveis de Educación Infantil. O profesorado implicado inclúe ás titoras de
Infantil, a mestra especialista de Educación Musical e a mestra especialista de
Educación Física, que é a coordinadora.
Xustificación: O termo psicomotricidade fai referencia a dous tipos de
estruturas que definen o ser humano, as estruturas motrices e as estruturas
psíquicas, principais compoñentes do desenvolvemento humano e da formación
da súa personalidade. Na idade infantil o desenvolvemento psicomotor abarcao
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
18 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
todo, é dicir, o neno/a ten unha forma de aprender, de actuar, onde o motriz, o
emocional e o cognitivo van totalmente unidos, sendo o xogo a actividade
principal a través da cal se realizan os aprendizaxes básicos: “Toda aprendizaxe
parte dun movemento” (Glen Doman). Para iso, os educadores, deben propoñer
experiencias motrices axeitadas ás súas posibilidades, que faciliten o
desenvolvemento neurolóxico.
PROGRAMA DE
APRENDIZAXE
LÚDICO
Este programa consiste na organización dun amplo espazo do centro (unión de
dúas aulas) no que se ubiquen distintos recantos de traballo para adquirir
determinados contidos. Este programa só se desenvolverá en Infantil.
Neste espazo o alumnado, mesturado en idades diferentes, semella estar
xogando dun xeito libre e lúdico, mentres que o profesorado é o artífice da
integración nel de determinadas actividades sistematizadas que buscan o
desenvolvemento integral do alumnado e a aprendizaxe de conceptos básicos
establecidos nas programacións.
Os espazos que poden organizarse nesta macroaula están determinados polos
tipos de contidos que neles se traballan: xogo simbólico (representacións),
recanto artístico (traballos plásticos), construcións (conceptos básicos),
modelado (grafomotriciade), biblioteca (pracer pola lectura e escritura), música
(audicións sonoras, bailes, ritmos…), ecolóxico (responsabilidades coa
natureza), tertulia (comunicación oral e interacción espontánea), etc.
APRENDIZAXE
BASEADO EN
PROXECTOS
O alumnado de Educación Infantil, mesturados en idades distintas, desenvolven a
súa aprendizaxe atendendo á seguinte estratexia pedagóxica, organizativa e
didáctica:
A aprendizaxe baseada en proxectos (ABP): A ABP facilita enormemente a
consecución dos obxectivos que nos marcamos co noso alumnado: son
motivadores, integradores, axudan a socializar, son significativos, parten das
intereses do alumnado e posibilitan un ensino globalizado dos contidos escolares e
unha aprendizaxe integral (non dividida por disciplinas).
Ademais de traballar co ABP, o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, tamén
mesturados en idades, desenvolverá a súa aprendizaxe atendendo á seguinte
estratexia metodolóxica:
No interior das aulas existirán espazos (aos que chamamos minicontextos de
aprendizaxe) nos que se traballa principalmente unha materia que, unido a outros
temas diversos e aos demáis minicontextos, interrelacionan as áreas,
complementan o currículo e desenvolven un proxecto didáctico.
Así, ao longo do curso escolar estableceranse nas aulas distintos minicontextos de
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
19 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
APRENDIZAXE
BASEADO EN
PROXECTOS
aprendizaxe: das tecnoloxías, das artes, dos números e das palabras, etc. En cada
un traballan diariamente un equipo de tres ou catro alumnos/as que, dun xeito
cooperativo e colaborativo, van desenvolvendo as competencias básicas a través
do estudo dun determinado proxecto didáctico.
Todo o alumnado se sitúa diariamente nos distintos minicontextos completando a
formación multidisciplinar ao longo de toda a semana. Ademáis, en determinados
momentos, o alumnado conta co apoio doutros mestres dentro da aula e deciden,
en moitas ocasións, aproveitar outros espazos que existen no centro para poder
elaborar os seus traballos con maior concentración e autonomía (biblioteca, patio,
aulas vacías, os corredores, aula de informática…).
Neste tipo de organización os minicontextos soen ser estables ao longo de todo o
ano. Esto quere decir que o alumnado pasa, periódica e sistemáticamente, por
todas as zonas para traballar nun proxecto determinado dun xeito multidisciplinar
desenvolvendo as competencias clave. Esta estabilidade ofrécelle ao alumnado a
posibilidade de profundar no coñecemento e desenvolver as súas capacidades.
Os minicontextos son complementarios. En todos eles, á parte da aprendizaxe
de conceptos e procedementos tamén axudan a ir desenvolvendo a
personalidade e as relacións sociais. A organización social destes minicontextos
posibilita a expresión de emocións e a interacción. Por medio desta interacción
os esquemas conceptuais e actitudinais van evolucionando, e ao mesmo tempo
vaise desenvolvendo a identidade de cada persoa e a do grupo.
PROGRAMA
CURRICULAR
ESPECÍFICO
En Educación Primaria, cada grupo de alumnos/as, do mesmo nivel, sitúase na
aula co seu titor/a para desenvolver tarefas centradas en determinados contidos
establecidos no currículo para estes niveis da Educación Primaria e que están
previamente determinados nas programacións didácticas: principalmente contidos
referidos á competencia en comunicación lingüística e matemática que son propios
de cada nivel: ortografía, vocabulario e gramática das linguas, cálculo, xeometría e
algúns contidos máis que é necesario traballar dun xeito máis específico co grupo
de igual idade.
APRENDIZAXE
BASEADO EN
CONTEXTOS DE
APRENDIZAXE
Os alumnado de 3º e 4º, mesturados, e de 5º e 6º (tamén mesturados)
desenvolven a súa aprendizaxe atendendo á seguinte actuación pedagóxica,
organizativa e didáctica:
Contextos de Aprendizaxe: En cada contexto trabállanse proxectos dunha área
que, unido a outros temas diversos, interrelaciona coas distintas áreas de
coñecemento e complementan o curriculo dun xeito multidisciplinar. En cada
contexto traballa un docente como mínimo. As aulas de 3º, 4º, 5º e 6º
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
20 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
APRENDIZAXE
BASEADO EN
CONTEXTOS DE
APRENDIZAXE
convertiranse nos seguintes contextos de aprendizaxe e neles traballarase
atendendo ás seguintes dinámicas:
- O LABORATORIO: Proxectos Científicos nos que se desenvolven todas as
competencias clave dun xeito integral e con naturalidade, e nos que se traballan
establecendo relacións entre os contidos da competencia científica e os de outras
competencias (lingüística, tecnolóxica, lóxica e matemática, social…etc.).
- O CALCULADEIRO: Proxectos Matemáticos nos que é moi importante acercar
os conceptos matemáticos á vida e á posibilidade de vivencialos dun xeito práctico
e manipulativo. Neste contexto haberá distintos espazos (recantos) que, dun xeito
global, nos permitirán comprender a utilidade das matemáticas na vida real.
- O VERBADEIRO: Proxectos Literarios ou Lingüísticos nos que se desenvolverán
dun xeito multidisciplinar e transversal contidos variados e de distintas disciplinas:
ciencias, valores, linguas, conmemoracións especiais, os temas transversais…etc.
Neste contexto terán especial tratamento a linguaxe oral e a linguaxe escrita a
través do establecemento de recantos que permitirán traballar con diferentes
tipoloxías de textos e programar distintas actividades.
- HUMANIDEIRO: Dende unha perspectiva actual e atendendo sempre a realidade
social e cultural onde vive e se desenvolve o alumnado, este contexto vai ser vital
para comprender o que nos rodea. Serán proxectos nos que tamén van intervir
varias disciplinas e onde se tratarán fundamentalmente temas relacionados coas
ciencias sociais dende unha perspectiva determinada: entendendo o que sucede
ou sucedeu ao noso redor, poderemos entender o que sucede ou sucedeu en
contextos máis amplos e descoñecidos.
- O INFORMADEIRO: Todas as actividades teñen un paraqué en sí mesmas,
unhas veces é gozar ao realizalas, e outras veces na saída que teñen cara ao
exterior a través dos medios de comunicación: radio, prensa, televisión, internet,
exposicións, presentacións, representacións, debates, etc.
Á vez que lle dan sentido e funcionalidade ás actividades, os medios de
comunicación fan que medre o interese e a motivación. O tipo de saída que teñan
as actividades determinará a planificación, a responsabilidade do alumnado e o
uso de recursos. Contaremos cun espazo no centro no que colocaremos os
recursos necesarios para desenvolver nel programas de radio, televisión,
elaboración da prensa escrita e confección e edición dun caderno de bitácora
online. Este espazo non ten un grupo asignado; pode ser utilizado polos distintos
grupos en funcion dun horario de uso.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
21 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
Neste tipo de organización, os contextos de aprendizaxe soen ser estables ao
longo de todo o ano. Esto quere decir que o alumnado pasa, periódica e
sistemáticamente (2 semanas), por todas as zonas para traballar nun proxecto
determinado dun xeito multidisciplinar desenvolvendo así todas e cada unha das
competencias clave. Esta estabilidade ofrécelle ao alumnado a posibilidade de
profundar no coñecemento e desenvolver as súas capacidades.
Os contextos de aprendizaxe son complementarios. En todos eles, á parte da
aprendizaxe de conceptos e procedementos tamén axudan a ir desenvolvendo a
personalidade e as relacións sociais.
A organización social destes espazos posibilita a expresión de emocións e a
interacción. Por medio desta interacción os esquemas conceptuais e actitudinais
van evolucionando, e ao mesmo tempo vaise desenvolvendo a identidade de cada
persoa e a do grupo. Para logralo, fomentamos o traballo en grupo, xa que a
interación mutua serve para enriquecer o proceso de aprendizaxe de cada
individuo.
PROGRAMA DE
APRENDIZAXE
VIVENCIAL
Constitúe un tempo de aprendizaxe vivido: a música, a arte, a segunda lingua
estranxeira, os valores sociais e cívicos, os obradoiros manipulativos… deben ser
aprendidos dende unha perspectiva moito máis práctica. Para iso, o profesorado
especialista organizará sesións didácticas nas que o alumnado teña a
oportunidade de sentir, vivir e emocionarse coas aprendizaxes.
Impartirase en espazos determinados e específicos que posibilitarán un traballo
manipulativo, directo, eminentemente práctico e moi conectado coas vivencias do
propio alumnado. Así, os contidos curriculares referidos á música, ó inglés, aos
valores sociais e cívicos, aos obradoiros científicos, matemáticos, lingüísticos e
artísticos serán tratados dende unha vertente moito máis real e significativa: bailes,
cancións, ritmos e melodías, manualidades, obradoiros en inglés, obradoiro do
supermercado… son exemplos nos que desenvolvemos determinados contidos
destes niveis e das áreas de coñecemento.
En Educación Primaria a tipoloxía de actividades son xa máis específicas e cun
maior grado de dificultade e estarán centradas en retos e plans de traballo ou
proxectos nos que se desenvolva o currículo das especialidades de: Música, EF,
Inglés e outros contidos que poden ser ensinados e aprendidos en obradoiros:
marquetería, traballo con barro, sesións de ganmificación, aprendizaxes
vivenciais en situacións reais ou simuladas (supermercado)…etc.
Non son só estas as modificacións metodolóxicas que se establecen este ano
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
22 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
no centro. Tamén integramos dentro deste proceso as seguintes:
A mestura de idades é un elemento máis que amplía tanto o marco da
diversidade como o da interación social. Nos grupos de Infantil e Primaria
(1º con 2º, 3º con 4º e 5º con 6º) xúntase o alumnado dos dous niveis
diferentes dos xa desaparecidos ciclos. Deste xeito, posibilitamos a
interación e ofrecemos a posibilidade de desempeñar roles diferentes.
Programas de ciclo. Pensamos que a mellor maneira de organizar a
planificación didáctica no relativo ao currículo é deseñando programas
curriculares por ciclos de dous anos. Este feito ofrece a posibilidade a cada
individuo de desenvolver o seu propio potencial e avanzar segundo o seu
ritmo real de aprendizaxe.
A integración real e efectiva das TACs. Dende o curso pasado o centro
participa no proxecto de cooperación MECD - Consellería de Educación e
Samsung Co. “SAMSUNG SMART SCHOOL” no que tratamos de integrar
as TICs nas aulas cunha metodoloxía determinada que posibilite ao
alumnado, no interior das aulas, contar con recursos tecnolóxicos e
aplicacións informáticas para a elaboración dos proxectos e plans de
traballo. .
A Mediateca e a Biblioteca son os lugares de recursos, son as fontes
básicas de información e material didáctico para realizar as actividades dos
minicontextos e contextos de aprendizaxe. O libro de texto non é un
recurso básico. Traballamos con moitos mateirias e compártense.
Utilizamos plans de traballo: son listados de procedementos ordenados e
sistemáticos para realizar as actividades presentes nos distintos contextos
e minicontextos de aprendizaxe, que axudan ao alumno a planificar o
traballo, a centrarse na actividade, a situarse no proceso de aprendizaxe e
a desenvolver a súa autonomía.
Implicamos ao alumnado na avaliación. O alumnado, a través de
rúbricas, debe coñecer de antemán o plantexamento das actividades,
exercicios e tarefas a desenvolver e as compentencias e coñecementos
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
23 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
que se van avaliar. Esto axudará ao alumnado a tomar conciencia da súa
propia evolución nos procesos de aprendizaxe que se desenvolvan.
O traballo en equipo do profesorado é imprescindible para deseñar e
xestionar os programas e proxectos didácticos, avaliar o proceso de
aprendizaxe, cumplir co traballo diario e levar a cabo os proxectos do
centro.
2.- CONTRATO – PROGRAMA DE REFORZO, ORIENTACIÓN E APOIO
Este ano, de novo, estamos decididos a participar na “posible”
convocatoria da Consellería de Educación deste programa que posibilitará a
organización no centro dun espazo e dun tempo no que o alumnado con
maiores dificultades de estudo e traballo académico teña a oportunidade de
contar cun mestre que, fora do horario lectivo, atenda de forma
individualizada a este alumnado coa conseguinte mellora que se produciría no
seu rendemento académico.
Ademáis, tamén se estudará a posibilidade de aumentar o potencial
deste programa incluíndo unha nova liña de actuación centrada na mellora das
competencias lingüística e matemática do alumnado.
3.- PLAN DE MELLORA DA BIBLIOTECA ESCOLAR
Coñecedores xa da concesión deste proxecto ao noso centro, este curso
iniciaremos o desenvolvemento do proxecto presentado e que se integra nesta
PXA (Anexo I). É un proxecto que favorecerá enormemente as posibilidades de
converter o noso centro nun lugar de enriquecemento cultural e onde o
alumnado vai ter a oportunidade de mellorar as súas competencias. Ademais
posibilitaría dotar a biblioteca duns recursos bibliográficos e de mobiliario que
nos permitirían abordar ambiciosos cambios na estrutura e funcionamento da
biblioteca escolar.
4.- PLAN PROXECTA
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
24 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
Este ano temos un grupo mestres de Educación Infantil e Educación
Primaria que participarán nos seguintes programas pertencentes ao Plan
Proxecta: Recíclate con Sogama e Xogade.
5.- SECCIÓNS BILINGÜES
Neste curso, ao igual que os últimos dous anos, desenvólvense no noso
centro catro Seccións Bilingües, abarcando os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de
Educación Primaria. Impártense na hora de Educación Artística: expresión
plástica, sendo unha iniciativa satisfactoriamente valorada polas familias e que
este ano, por desgraza, non conta coa presenza dunha persoa auxiliar de
conversa que favorecería a competencia en comunicación lingüística en lingua
inglesa no noso alumnado.
6.- “COIDADO CO CHANZO”. PASO DA ED. PRIMARIA Á SECUNDARIA.
Dende fai dous anos, e despois dun proceso de coordinación entre o
noso centro e o IES ao que estamos adscritos, contamos cun programa claro,
conciso e ben estruturado para o paso do alumnado da Educación Primaria á
Educación Secundaria e que levará por título “Coidado co chanzo: transición de
Primaria a Secundaria.
Este programa pretende mellorar a coordinación entre ambos centros
educativos, CEIP e IES, para mellorar o tránsito do alumnado de sexto curso.
Para iso debemos actuar tanto dentro coma fóra do centro escolar, seguindo
unha serie de fases:
Etapa de pretransición: Acción que deben ser previas ao cambio de
centro, polo tanto levaranse a cabo no centro de Educación Primaria. A
súa temporalización será o terceiro trimestre.
Etapa de cambio: Accións que se tomarán durante o primeiro trimestre,
ou meses do curso, xa dentro do IES.
Etapa de adaptación: levarase a cabo a partires do primeiro trimestre,
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
25 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
durante todo o curso, e supón garantir e corrixir os problemas, sobre
todo a nivel académico que teñan xurdido.
7.- SAMSUNG SMART SCHOOL
Dende o ano pasado o CEIP de Viñagrande Deiro participa neste
proxecto que ten como obxectivo principal crear máis posibilidades educativas
nos centros educativos españois con marcado carácter rural. O
desenvolvemento deste proxecto no noso centro ten unhas particularidades
especiais.
O proxecto, financiado por Samsung e organizado polo INTEF, está
dirixido ao alumnado de 5º de Educación Primaria inda que no noso centro
(polo reducido número de alumnos) poderemos implementalo en todos os
niveis de Infantil e Primaria.
A nova organización pedagóxica do noso centro e a modificación
metodolóxica na que estamos inmersos vai posibilitar demostrar cómo o uso
dos dispositivos móbiles no ensino mellora a aprendizaxe do alumnado si se
traballa atendendo a un método de traballo centrado na produción de contidos
por parte do alumnado e na colaboración entre o alumnado para crear ese tipo
de contidos: programas de radio, audios, videos, carteis, mapas mentais,
audiocontos, revistas online, xornais, diferentes tipos de textos, tutoriais…etc.
O uso de aplicacións de alto potencial educativo vai permitir ao
alumnado crear unha infinidade de produtos. Isto unido ao cooperativismo entre
o alumnado vai mellorar a motivación e o interese pola escola e polos contidos
curriculares cos que se traballan.
8.- VOZ NATURA
Este curso, por primeira vez, imos participar en Voz Natura cun proxecto
moi ambicioso e que, resumíndoo moito, vai consistir en:
- Crear un horto escolar.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
26 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
- Estudar os comportamentos e actitudes do ser humano co medio.
- Sensibilizar á comunidade educativa co respecto polo medio ambiente.
- Iniciar os procedementos básicos para a reciclaxe no centro.
- Promover cambios sustanciais no entorno máis próximo en relación ao
coidado do medio ambiente: familias, institución, concello…
- Denunciar a localización de verquidos incontrolados e lugares
contaminantes.
- Ubicar os traballos nuns mapas físicos (maqueta) e virtuais (google
maps) e darlle publicidade para modificar esta situación.
É un proxecto iniciado o curso pasado e que pretendemos complementar
con novas actuacións este curso 2016 -2017.
9.- PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN TEMPERÁ.
Este curso, tamén continuamos e ampliamos un novidoso e ambicioso
proxecto que se basea na importancia de impartir psicomotricidade tódolos días
nas aulas de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria.
Despois dun proceso de reflexión, de formación e de negociación,
chegouse ao acordo de que nas etapas temperás o movemento planificado,
libre e/ou dirixido axuda considerablemente no desenvolvemento integral do
alumnado e mellora as capacidades do alumnado para adquirir mellor as
aprendizaxes e contidos curriculares futuros.
Así, o alumnado de Educación Infantil e de 1º e 2º de Educación
Primaria coa axuda das súas titoras, da mestra de música e da especialista en
Educación Física dispoñen dunha sesión diaria de psicomotricidade no seu
horario semanal.
O proxecto leva por título: “Estimula o teu corpo, activa o teu cerebro” e
este curso decidiuse amplialo polos resultados positivos que se están obtendo.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
27 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
Nota: Tamén queremos sinalar neste apartado que o centro poderá participar
nalgún outro programa ou convocatoria por parte de institucións ou
administracións que sexan interesantes para o noso alumnado e que sempre
saen convocadas ó longo do curso polo que non se poden integrar nesta PXA:
- Así, estamos á espera de que saia a convocatoria do MEC do Programa
"Rutas científicas, artísticas y literarias" por considerar moi oportuno
a participación do noso centro neste tipo de proxectos.
- Participación en convocatorias e concursos que nos permitan o
desenvolvemento de determinadas ideas, actuacións ou proxectos que
se están desenvolvendo no noso centro e que puideran conseguir
financiación para executalos: InspiraTics, Acción Magistral, Fundación
Barrié,
5.- MODIFICACIÓN DO PROXECTO EDUCATIVO
Como xa indicamos anteriormente, este curso 2016 -2017 procederase á
redación dun novo Proxecto Educativo que integre todas e cada unha das
actuacións, señas de identidade, normas, procedementos, dereitos e
deberes…. para os vindeiros lustros.
6.- ESTRATEXIAS METODOLÓXICAS E ORGANIZATIVAS DE ATENCIÓN
AO ALUMNADO CON NEE.
INTRODUCIÓN
Educar na diversidade comporta asumila e explotar o seu papel
enriquecedor, ensinar a cada alumna e alumno segundo as súas
características (capacidades, motivación, intereses, estilo aprendizaxe,
ritmo,…), facer un currículo aberto, recoñecer e valorar as distintas culturas e
orixes, implicar a toda a comunidade educativa, poñer a disposición do
alumnado todos os medios necesarios e, fundamentalmente, rexerse polos
principios de inclusión e normalización. Recoñécese a heteroxeneidade como
un factor positivo e enriquecedor no marco da calidade educativa.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
28 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
A atención á diversidade é un principio fundamental do actual modelo
educativo que recolle a Ley Orgánica 8/2013, de 9 e diciembre, para la mejora
de la calidad educativa (en adiante LOMCE). Este principio require unha
educación integradora que recoñeza a diversidade da poboación escolar.
Por iso, este Plan faise co ánimo de que a atención ó alumnado non
dependa da arbitrariedade e individualidade senón da responsabilidade, do
traballo compartido, dos medios axeitados e dunha educación de calidade. O
que leva a un axuste das intervencións educativas ás necesidades reais do
noso alumnado
IDENTIFICACIÓN E VALORACIÓN DE NECESIDADES.
Co fin de dar a resposta máis axeitadas ás situacións particulares dos
nosos alumnos e alumnas o principio de cada curso, procederemos a identificar
e valorar as necesidades dos mesmos. Este procedemento se realizará no
menor tempo posible, procurándose que non se estenda máis alá do mes de
setembro.
Se terán en conta as recomendacións finais do curso anterior (informes
de titoría, pedagoxía terapéutica, audición e linguaxe, xefatura do
departamento de orientación,...) sobre a conveniencia de manter con
determinados alumnos e alumnas intervencións xa iniciadas, ou iniciar
intervencións novas.
A identificación inicial será responsabilidade das titoras e titores, para o
cal contarán tamén coa participación das mestras e mestres que imparten
docencia no seu curso. O departamento de orientación colaborará en todo o
que sexa necesario para levar a cabo a identificación inicial de necesidades.
Con tal fin, se poderán realizar, entre outras accións, avaliacións grupais nos
cursos, sempre que así o solicite a titora ou titor correspondente.
Ao iniciar o segundo ciclo da educación infantil a titora ou titor realizará
una avaliación inicial dos seus alumnos e alumnas, tal é como se indica na
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
29 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
Orde do 25 de xuño de 2009 pola que se regula a implantación, o
desenvolvemento e a avaliación do segundo ciclo da educación infantil na
Comunidade Autónoma de Galicia. No anexo II da citada orde recóllese o
modelo que debe seguir o informe de avaliación inicial.
Na Orde do 9 de xuño de 2016 pola que se regula a avaliación e a
promoción do alumnado que cursa educación primaria, indícase o seguinte:
Ao comezo de cada nivel e durante o primeiro mes do curso escolar, a
persoa titora realizará unha avaliación inicial coa finalidade de adecuar
as ensinanzas ao alumnado e facilitar a progresión satisfactoria no seu
proceso de aprendizaxe, incidindo na obtención de información sobre o
grao de desenvolvemento das competencias clave. Esta avaliación
incluirá a análise dos informes persoais da etapa ou nivel anterior
correspondentes ao seu alumnado e completarase coa información
obtida das familias.
A avaliación inicial será o punto de referencia para a toma de decisións
relativas ao desenvolvemento do currículo nas programacións de aula,
así como para adoptar aquelas medidas de apoio, reforzo e
recuperación que consideren oportunas para cada alumna ou alumno.
Na primeira reunión do departamento de orientación do mes de setembro
(última semana) os titores informarán das necesidades e valoración de cada
grupo. Nesa reunión se concretarán as medidas de cada caso e se decidirá
iniciar as avaliacións psicopedagóxicas necesarias.
OBXECTIVOS
o Posibilitar o acceso ao currículo de todo o alumnado.
o Establecer unhas medidas, pautas e uns criterios pedagóxicos que
orienten as medidas a adoptar co alumnado con necesidade específica de
apoio educativo.
o Deseñar unha resposta educativa axeitada para o alumnado con
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
30 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
necesidade específica de apoio educativo, baseada nos principios de
inclusión e normalización.
o Aproveitar adecuadamente os recursos humanos e materiais existentes
no Centro.
o Guiar a avaliación interna da eficacia da atención á diversidade ao remate
de cada curso e identificar aqueles aspectos que precisen ser mellorados.
o Favorecer a participación das familias e implicalas no proceso educativo
dos seus fillos e fillas.
o Promover a colaboración e coordinación con profesionais e institucións
externas ao centro.
o Respectar o seguinte modelo de resposta educativa:
Valoración e identificación das necesidades educativas
Planificación da súa atención
Desenvolvemento e seguimento
Avaliación
o Garantir o máximo grao de integración ao alumnado con necesidades
educativas especiais en base á proposta curricular segundo as súas
posibilidades.
ACTUACIÓNS E MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
ACTUACIÓNS
O Decreto 229/2011 establece que no marco das actuacións destinadas a
adecuar a resposta educativa á diversidade, os centros docentes deberán:
1. Tomar as decisións e adoptar as medidas que optimicen a acción
educativa, respondan ás necesidades do alumnado e contribúan á
consecución das competencias e dos obxectivos das diferentes
etapas e ensinos.
En base a isto e partindo de que cada alumno e alumna son distintos e
singulares, cómpre diferenciar, polo menos, dous tipos de ACTUACIÓNS:
A) A NIVEL DE CENTRO :
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
31 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
PROXECTO EDUCATIVO PROGRAMACIÓNS DOCENTES PROGRAMACIÑON
XERAL ANUAL
Liñas xerais de atención á
diversidade.
Adecuación dos obxecti-
vos xerais de etapa ao
contexto e ás característi-
cas do alumnado.
Criterios xerais sobre a
avaliación e promoción do
alumnado.
Plans específicos para o
alumnado que permaneza
un ano máis no nivel.
Liñas metodolóxicas.
Medidas de atención á diversidade.
Procedementos e instrumentos de
avaliación.
Mínimos esixibles para a obtención
dunha avaliación positiva.
Programas de reforzo para a
recuperación das áreas pendentes
de ciclos anteriores.
Metodoloxía e materiais
curriculares.
Procedementos e instrumentos de
avaliación.
- Plan de Acción Titorial:
programación.
- Plan de atención á
diversidade: actuacións.
- Proxectos de traballo
interdisciplinares.
- Materiais e recursos
didácticos.
- Flexibilización dos
horarios.
- Habilitación de espazos
- Organización do traballo
en equipo.
- Organización dos apoios
e reforzos.
B) A NIVEL DE AULA (ATENCIÓN XERAL)
O profesorado deberá acomodar o proceso de ensino-aprendizaxe ás
condicións particulares de cada neno/a, polo que deberá facer unha
flexibilización metodolóxica, organizativa e de cooperación familiar. Así, haberá
alumnos/as que requerirán explicacións e exercicios específicos, outros/as que
necesitarán estar nun grupo específico dentro da aula (do que recibirán as
axudas que precisan), outros/as ós que haberá que motivar... En síntese,
trátase de que a cada alumno/a se lle ensine partindo do seu nivel de
coñecementos previos, dentro da súa zona de desenvolvemento próximo e se
respecte o seu ritmo de aprendizaxe.
Para isto, é necesario que o titor/a coordine o distinto profesorado; que
coñeza a situación persoal de cada alumno/a, os principais datos evolutivos e
de saúde, o estilo de aprendizaxe de cada un; que reflexione sobre a
metodoloxía axeitada para cada neno/a; que observe as relacións que se
establecen dentro e fóra da aula; que demande o asesoramento preciso.
MEDIDAS:
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
32 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
a) MEDIDAS PREVENTIVAS:
Van dirixidas a todo o alumnado do centro. Céntranse no
establecemento de programas a introducir no desenvolvemento do currículo
como poden ser:
Programa de aprender a estudar (técnicas de traballo intelectual).
Habilidades instrumentais básicas:
Programa de cálculo mental.
Proxecto de activación da intelixencia.
Habilidades de expresión e comprensión:
Proxecto lector.
Programa de lectura eficaz.
Programa de Acción Titorial
Programa de habilidades sociais para mellora da convivencia.
Plan de Acollida
Plan TICs.
Estas medidas preventivas serán levadas a cabo polo profesorado titor
e profesorado de área.
Programación de cada área contemplando a atención á diversidade:
- Obxectivos didácticos: a distintos ritmos e niveis.
- Actividades variadas e adaptadas aos distintos ritmos, estilos de
aprendizaxe.
- Desenvolvemento das competencias clave.
- Materiais: variados e diversificados, para distintos niveis, ritmos, e
intereses.
Actividades:
- Con distintos tipos de agrupamento: cooperativo, individualizado,
por proxectos.
- Con dificultade gradual.
- Empregando diversos espazos e recursos.
- Dentro e fóra da aula.
A través de diferentes instrumentos e actividades de avaliación
b) MEDIDAS DE ATENCIÓN ESPECÍFICA (alumnado NEAE):
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
33 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
Seguindo as directrices establecidas polo Decreto 229/2011, do 7 de
decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado;
poderán darse dous tipos de medidas:
MEDIDAS ORDINARIAS:
RE sen apoio: Son medidas que o propio profesor deseña e aplica
co alumnado que ten unhas certas dificultades de seguimento da
programación diaria (traballos específicos de recuperación).
MEDIDAS EXTRAORDINARIAS:
RE con apoio: Son medidas que contemplan o apoio temporal dun
mestre/a especialista en audición e linguaxe e/ou en pedagoxía
terapéutica. Para que se produza este tipo de atención, que seguirá
os criterios de utilización establecidos neste plan, será necesario
que así o aconselle a avaliación psicopedagóxica realizada polo
departamento de orientación, sendo o procedemento para a
demanda de intervención do dito servizo o seguinte:
- Comunicado do titor/a á xefa do D. Orientación da necesidade
de que o D.O. realice unha avaliación das necesidades do
alumno.
- Comunicado desa demanda á xefatura do D.O.
- Por parte do titor/a, Cubrir a folla de datos aportada pola
xefatura do D.O.
- Proceso de avaliación e informe de atención ao alumnado.
Adscrición dun titor/a definitivo: Esta medida pretende que aquelas
unidades que escolarizan alumnado con necesidades educativas
específicas debidamente informadas, conten con profesorado definitivo,
que comece e remate os correspondentes dous cursos establecidos na
normativa.
ADAPTACIÓN CURRICULAR SIGNIFICATIVA:
Esta medida seguirá o procedemento establecido nas disposicións legais
do novo Decreto 229/2011, do 7 de decembro. (DOG. 21/12/2011), así coma
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
34 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
pola Orde do 6 de outubro de 1995 (DOG. 07/11/95); contemplando o proceso
establecido no anexo 3. Protocolo elaboración ACS. Axúntase no anexo 7.
Boletín de ACS
AGRUPAMENTOS FLEXIBLES
Esta medida , recollida no artigo 18 da Orde do 27 de decembro do
2002, ten carácter temporal e extraordinaria, por precisar autorización da
Inspección educativa, coa finalidade de dar resposta ás necesidades de
aprendizaxe de carácter básicas nas áreas instrumentais. No anexo 1.
Avaliación das necesidades do centro, recóllense as condicións nas que
debe organizarse.
ESCOLARIDADE:
1. ALUMNADO QUE PROMOCIONA CON ÁREAS PENDENTES
Tendo en conta que, en xeral, as competencias clave implican máis
dunha área, pode darse a circunstancia que un alumno as desenvolva no
grao axeitado a pesar de non ter acadado todos os obxectivos dunha ou
varias áreas. En consecuencia, na última sesión de avaliación do nivel,
poderase promocionar a un alumno/a cunha ou máis áreas pendentes.
No caso de que un alumno/a promocione con áreas pendentes, a
recuperación realizarase ao longo do nivel seguinte. Para iso, o profesorado
que imparte esa área debe aplicar as medidas específicas de reforzo que se
consideren necesarias para que o alumno/a poida superar as dificultades de
aprendizaxe que motivaron a avaliación negativa.
Estas medidas de reforzo deberán aplicarse conforme ao Plan de
Atención á Diversidade do centro e deberá ter en conta que todas as
materias do ciclo contan con contidos progresivos, polo que aprobar un área
nun nivel implica necesariamente a superación desa área como pendente en
niveis anteriores.
A avaliación deste alumnado realizarase, cando menos, nas pertinentes
xuntas de avaliación do curso onde está escolarizado ese alumno/a.
As medidas que se poderán tomar serán:
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
35 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
- RE polo profesorado de área.
- RE polo profesorado de área coa colaboración do profesorado
especialista en PT e/ou AL.
- ACS coa colaboración do profesorado especialista en PT e/ou AL.
Nos casos de RE, explicitaranse as medidas organizativas adoptadas
no correspondente documento de reforzo educativo (ver anexo 4. Medidas
organizativas RE/ACS). Este documento terao o profesorado implicado no
programa:
- Dificultades atopadas na marcha escolar do alumno/a.
- Aspectos nos que debe incidir o RE.
- Aspectos metodolóxicos.
- Aspectos curriculares e organizativos propostos.
- Persoal implicado.
- Horario e lugar de apoio.
- Materiais a utilizar.
- Plan de seguimento.
2. ALUMNADO QUE PERMANECE UN ANO MÁIS NUN NIVEL.
Tendo en conta como referencia o presente PAD, o PAT e o PO, así
como a lexislación vixente, especificamos as medidas a tomar co alumnado
que deba permanecer un ano máis nun nivel.
Esta é unha medida ordinaria que ten como finalidade adquirir as
capacidades básicas necesarias para enfrontarse con máis garantías de
éxito no seguinte nivel.
Complementariamente a esta medida adoptaranse as máis convenientes
das existentes, sen prexuízo das medidas ordinarias, reforzo educativo, que
marca a normativa vixente nestes casos.
Segundo se indica neste PAD, o alumnado repetidor debeu seguir nos
dous anos anteriores un programa de RE. A última decisión en canto a
permanencia dun alumno/a un ano máis no nivel será do equipo de
profesorado coordinado polo titor/a do alumno ou alumna.
Os criterios a ter en conta para a aplicación desta medida son os
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
36 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
seguintes:
- Para que un alumno/a promocione ou permaneza un ano máis nun
nivel será necesario que así o aconselle o equipo educativo que
intervén con el/ela, primando o criterio do titor/a.
- Segundo a lexislación vixente, o alumnado promocionará ao nivel
seguinte sempre que acade o desenvolvemento adecuado das
competencias básicas e un axeitado grao de madurez acorde á súa
idade.
- Accederá igualmente ao nivel seguinte cando as aprendizaxes non
acadadas non sexan obstáculo para seguir satisfactoriamente o
novo nivel, adoptando as medidas precisas para que o alumnado
reciba os reforzos e apoios necesarios para a recuperación desas
aprendizaxes.
- A permanencia dun ano máis nun curso só se poderá levar a cabo
unha vez ao longo da etapa educativa e terá que ir acompañada
dun plan específico de reforzo educativo.
- Á hora de tomar decisións sobre a conveniencia ou non de repetir
curso deberán terse en conta: as características do alumno/a, o
ámbito de socialización, a integración no grupo, os recursos e as
condicións que reúne o centro.
As medidas que se poderán tomar serán:
- RE polo profesorado de área.
- RE polo profesorado de área coa colaboración do profesorado
especialista en PT e/ou AL.
- ACS coa colaboración do profesorado especialista en PT e/ou AL.
Nos casos de RE, explicitaranse as medidas organizativas adoptadas no
correspondente documento de reforzo educativo (anexo 4. Medidas
organizativas RE/ACS).
Este documento terao o profesorado implicado no programa.
- Dificultades atopadas na marcha escolar do alumno/a.
- Aspectos nos que debe incidir o RE.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
37 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
- Aspectos metodolóxicos.
- Aspectos curriculares e organizativos propostos.
- Persoal implicado.
- Horario e lugar de apoio.
- Materiais a utilizar.
- Plan de seguimento.
Prestarase especial atención en:
- Procurar a integración e adaptación do alumnado repetidor no
novo grupo e co novo profesorado, para o que se terán en conta
as orientacións dos titores/a.
- Conseguir a motivación e interese do alumnado repetidor cara ás
súas actividades escolares e a adquisición de hábitos de traballo e
estudo acordes coa súa idade.
- Elixir materiais motivadores, evitando a repetición constante das
mesmas actividades realizadas o curso anterior.
Realizarase un seguimento periódico da evolución do alumnado para
modificar o programa de reforzo en función dela. Neste seguimento
participará todo o profesorado implicado.
3. FLEXIBILIZACIÓN
Para a aplicación desta medida extraordinaria será imprescindible a
constatación da aplicación previa doutras medidas das previstas para a
atención das necesidades específicas do alumnado.
A duración do período de escolarización do alumnado con necesidades
educativas especiais poderase modificar de xeito excepcional:
Aumentando un ano respecto do disposto con carácter xeral tanto na
etapa de Educación Infantil como na de Primaria. Neste último caso
poderase aumentar nun segundo ano con carácter excepcional no
caso de non ter permanecido un ano máis na educación infantil.
Medidas previas: Reforzo educativo con apoio específico,
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
38 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
ACS, permanencia dun ano máis nun nivel...
Redución da escolarización para as NEAE asociadas a condicións
persoais de sobredotación. Axustarase ao disposto no Decreto
229/2011 do 7 de decembro polo que se regula a atención á
diversidade do alumnado da CCAA de Galicia, a Orde do 28 de
outubro de 1996, á Orde do 27 de decembro de 2002 e á Orde do 23
de novembro de 2007. Medidas previas: Programa de enriquecemento
curricular ou adaptación curricular de ampliación.
O procedemento para a aplicación da flexibilización da escolaridade será fixado
legalmente:
- Solicitude da dirección do centro ao Departamento Territorial da
Consellería de Educación previo informe da Inspección educativa.
- Informe do Departamento de Orientación que xustifique a medida.
- Conformidade expresa da familia.
- Certificación académica.
- Proposta de adaptación do currículo segundo o disposto
nas correspondentes Ordes.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
39 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
ALUMNADO OBXECTO DE ATENCIÓN ESPECÍFICA
TIPO DE NECESIDADES
Alumnado sen
NEAE
. Con desfase con respecto ao grupo nas técnicas
instrumentais, de forma temporal.
. Con problemas no ritmo de aprendizaxe.
Alu
mn
ado c
on
NE
AE
NEAE
temporais
Necesidades no desenvolvemento das
funcións superiores:
No desenvolvemento motor
No desenvolvemento perceptivo
No desenvolvemento lingüístico
No desenvolvemento lóxico-
conceptual
No desenvolvemento socio-
afectivo
Necesidades na aprendizaxe das
técnicas instrumentais básicas.
NEAE
permanentes
De carácter psíquico.
De carácter sensorial
De carácter físico-motórico.
Sobredotación intelectual
Trastornos de conduta.
Trastornos por déficit de atención con
hiperactividade (TDAH).
Trastornos xeneralizados do
desenvolvemento
De carácter afectivo-emocional
De carácter sociocultural
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
40 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
PROCEDEMENTO DE DETECCIÓN :
O titor/a e/ou profesor/a de área, no desenvolvemento das diversas accións
que implica a avaliación continua, detecta necesidades educativas (retraso,
alteracións, dificultades, problemas...) nalgún ámbito de desenvolvemento nun
alumno ou alumna.
Recolle información: avaliación inicial, observación de informes, traballos...
Intercambia información coa familia.
Tenta dar resposta ás necesidades plantexadas con medidas ordinarias de
forma normalizada.
Se o logra, pecha o ciclo de detección
Se non o logra, demanda colaboración ao departamento de orientación para
que o orientador valore o caso e determine as medidas educativas a adoptar
en función da necesidade que presente.
O titor/a informará a familia das medidas dispostas.
PRIORIDADES DE ATENCIÓN
A. Atenderase aquel alumnado que así o aconselle o correspondente
informe.
B. Atenderase ao alumnado con ACS.
C. Continuarase cos apoios iniciados, priorizando de 1º a 6º.
D. Buscarase un apoio de calidade fronte a un de cantidade.
E. Atenderase primeiro os RE que repiten curso que os que non.
F. O apoio será dentro da aula ordinaria, salvo os casos nos que se
aconselle realizalo de forma individualizada.
G. Para o establecemento dos apoios en aula teranse en conta os
momentos do horario do grupo nos que se imparte a materia obxecto
de dificultade.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
41 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
H. Nos casos en que o alumnado reciba o apoio fóra da aula ordinaria,
buscarase a coincidencia horaria da materia a reforzar: agrupamento e
apoio á ACS.
I. O alumnado suxeito a medidas de reforzo educativo que non puidese
(por non ter dispoñibilidade horaria) ou non se considerase necesario o
apoio especializado (PT/AL), recibirá ese apoio por parte do titor/a,
profesorado do nivel, ciclo ou nivel máis afín.
CRITERIOS ORGANIZACIÓN
Apoio na aula ordinaria sempre que sexa posible, tratando de que incida o
menor número posible de profesores/as no grupo clase.
Apoio fóra da aula ordinaria (aula de apoio) nos seguintes casos:
- Alumnado que precisan atención logopédica: atención específica
na Aula de Audición e Linguaxe, procurando que as sesións
sexan curtas (20-30 minutos) salvo casos de NEAE permanentes.
- Alumnado que contan con ACS ou aos que previamente se lle
teñen aplicado medidas de atención ordinaria e que o seu retraso
escolar lle impida o seguimento adaptado da clase.
- Alumnado, que despois da correspondente avaliación inicial se
detectan problemas de aprendizaxe que precisan un apoio
específico de xeito individualizado.
- As intervencións específicas serán realizadas prioritariamente
polo profesorado de apoio (especialistas en PT e AL) e polo resto
de profesorado con dispoñibilidade horaria, tratando de que incida
o menor número posible de profesores no grupo clase.
COORDINACIÓN – RESPONSABILIDADE DO PROFESORADO
O éxito do proceso de atención á diversidade pasa polo traballo
coordinado e cooperativo de todos os implicados, de todo o Equipo educativo
esgotando en primeiro lugar as posibilidades dun determinado nivel antes de
pasar ao nivel seguinte, así como esgotar as medidas ordinarias antes de
pasar ás extraordinarias.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
42 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
A tal fin, empregaranse as seguintes medidas:
COORDINACIÓN DO EQUIPO DOCENTE
O Equipo de profesores que imparten docencia nun grupo manterán
reunións coordinadas polo titor/a correspondente e coa colaboración do
Departamento de Orientación para:
- Ter criterios comúns de actuación.
- Analizar as necesidades educativas do grupo e cada alumno/a.
- Poñer en común as distintas informacións.
- Introducir acordos e prioridades nas distintas programacións.
- Na organización do centro deberá facerse previsión de tempos e
espazos para este cometido.
AVALIACIÓN INICIAL
Medida dirixida a todo o alumnado do centro, especialmente ao alumnado
de nova incorporación e ao comezo de ciclo e/ou etapa para:
- Deducir necesidades do grupo e de cada alumn@.
- Establecer prioridades de traballo
- Adoptar outro tipo de medidas para unha mellor atención das
necesidades detectadas.
- Adaptaranse as medidas ao nivel de competencia curricular e as
necesidades do alumnado.
Esta medida será levada a cabo polo profesorado de cada área coa
colaboración do Departamento de Orientación e/ou profesorado de apoio no
caso do alumnado con necesidades educativas específicas.
XUNTAS DE AVALIACIÓN
Posta en común, coordinada polo respectivo titor/a, do Equipo Docente para
analizar o proceso ensino-aprendizaxe e, a partir dos datos recollidos:
- Tomar decisións conxuntas.
- Realizar o seguimento do proceso de todo o grupo e de cada alumn@,
- Estimar o grao de competencia do alumnado.
- Valorar o progreso de cada alumno/a e establecer as medidas a adoptar
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
43 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
e/ou a eficacia das xa adoptadas.
- Avaliar a adecuación dos obxectivos, contidos e criterios de avaliación
ás necesidades do alumnado.
ACCIÓN TITORIAL
Poñer en práctica as actuacións (alumnado, profesorado e familias) que
recolle o Plan de Acción Titorial coa colaboración do Departamento de
Orientación e coa coordinación da Xefatura de Estudos como medida que
axuda á personalización e individualización do proceso de ensino-aprendizaxe
en cada alumno/a.
EQUIPO DE APOIO
O profesorado de apoio PT,e AL manterá reunións de coordinación coa
Orientadora do centro para planificar e facer seguimento de todos os apoios
específicos. Manterá os contactos sistemáticos cos respectivos titores/as para
o seguimento da evolución do alumnado no que interveñen. A súa intervención
coas familias será indirecta, xa que case sempre se canalizarán a través do
titor/a correspondente.
No tocante á atención do alumnado por parte da mestra especialista en
Audición e Linguaxe, tomáronse as seguintes decisións:
- Atenderanse os alumnas/os que presenten necesidades específicas
relacionadas coa linguaxe.
- Se o horario da mestra o permite, faranse intervencións de cara á
prevención das dificultades de linguaxe nas aulas de E.I. cun Programa
de Estimulación da Linguaxe, cunha frecuencia de 40 minutos semanais
por grupo.
- Con respecto á atención do alumando por parte da mestra especialista
en Pedagoxía Terapéutica, en liñas xerais tomáronse as seguintes
decisións:
- Priorizaranse os apoios dentro da aula ordinaria.
- Levaranse a cabo programas grupais dentro da aula de cara a: mellora
da conduta, promoción da educación en valores, adquisición de
estratexias de aprendizaxe (técnicas de estudio), etc.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
44 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
- Recibirán apoio fóra da aula aqueles alumnas/os que presenten
dificultades de aprendizaxe moi concretas que lles impidan seguir o fío
da clase co seu titor/a.
ORIENTADOR/A
É responsable da Avaliación Psicopedagóxica e da toma de decisións que se
leven a cabo. Unha vez se poña en marcha a medida de atención á diversidade
decidida, que preferiblemente debe ser consensuada co equipo
docente, o seu papel será, especialmente, o de coordinar todo o proceso e a
todos e todas os implicados.
De maneira máis específica sinalamos as principais funcións:
Coordinar a planificación e desenvolvemento das actividades de
orientación a través do Plan de Acción Titorial e do Plan de Orientación.
Asesorar á CCP proporcionando criterios psicopedagóxicos e de atención
á diversidade.
Colaborar na prevención e detección de problemas de aprendizaxe.
Participar na planificación e desenvolvemento das medidas específicas co
alumnado que o precise.
Colaborar cos titores/as na toma de decisións de promoción final de ciclo
e/ou etapa.
Coordinar a avaliación psicopedagóxica do alumnado que o precise,
realizando os informes pertinentes.
Solicitar a intervención do Equipo de Orientación Específico cando sexa
preciso.
Manter comunicación e colaboración cos servizos externos que actúen
sobre o alumnado do centro para realizar a coordinación e seguimento
das distintas actuacións.
SEGUIMENTO
Todo o equipo de profesores/as participa no seguimento e avaliación.
A avaliación será realizada polo profesorado implicado nas sesións de
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
45 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
coordinación e avaliación marcadas na PXA e na programación da
Acción Titorial.
Realizarase unha avaliación continua para o seguimento das propostas
individualizadas de Reforzo Educativo introducindo as medidas
correctoras consecuentes coa evolución do alumnado.
No caso do alumnado que recibiu atención específica, cumprimentarase
o Documento de Reforzo Educativo onde se reflectirá, ademais do
traballo desenvolvido, a valoración do apoio realizado e as propostas
para o próximo curso.
No boletín de información trimestral ás familias, recollerase o grao de
consecución dos obxectivos programados.
CANLES DE COLABORACIÓN-INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS
Tal e como establece o Decreto 229/2011, as nais, pais ou titores e titoras
legais do alumnado deberán compartir o esforzo educativo, participando e
colaborando, nos termos legalmente establecidos, nas decisións que afecten á
escolarización e aos procesos educativos do alumnado. É por iso que se
establecen unha serie de reunións, entrevistas,...etc, que permitan manter e
sempre mellorar, a relación do centro coas familias.
Esta colaboración familia-escola é moito máis importante cando falamos do
alumando con NEAE, porén dende o D. O. levaranse a cabo as seguintes
actuacións:
No momento da matrícula ou incorporación informaráselle do
funcionamento do centro e os servizos que ofrece: Departamento de
Orientación, profesorado de apoio, programas e proxectos do centro...
Cando se vaia a aplicar unha medida de intervención con apoio
específico, o titor/a correspondente comunica esta situación á familia,
preferiblemente de xeito persoal, para informarlles do motivo,
funcionamento (horario, materiais...) e xeito de colaborar, co apoio do
D.O. se é posible.
Información do proceso ao remate de cada avaliación a través dos
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
46 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
boletíns trimestrais.
Reunións individuais cando sexa necesario co titor/a e/ou Dpto. de
Orientación se é preciso.
Ao alumnado que segue unha ACS ou programa de RE moi diferenciado
do traballo do grupo clase entregaráselle un boletín informativo
complementario ao boletín de cualificacións ordinario, onde se
especificarán os obxectivos traballados e o seu nivel de consecución.
RECURSOS – MATERIAIS
Todo o profesorado do centro así como os seus espazos e materiais poderán
ser empregados para o desenvolvemento deste Plan.
No caso do alumnado con atención específica, os informes pertinentes,
documentos de reforzo ou adaptacións curriculares indicarán:
- Material específico a empregar.
- Profesorado especialista que require.
- Ubicación do apoio: aula PT, aula AL, aula ordinaria...
No seguimento e avaliación do Plan farase proposta de adquisición de
materiais específicos necesarios para o seu desenvolvemento.
AVALIACIÓN E REVISIÓN DO PLAN
Ao final de curso analizarase a adecuación do Plan á realidade do centro e
deseñar as modificacións necesarias.
O proceso a seguir será:
Análise e avaliación nas reunións de ciclo e dos Equipos docentes.
Análise e avaliación no Departamento de Orientación tendo en conta os
seguintes datos:
Valoración dos Equipos Docentes e de Ciclo.
Datos aportados polo profesorado de apoio: PT e AL.
Datos aportados polo orientador.
Posta en común na CCP
Elevación de conclusións e posibles modificacións ao Claustro de
Profesorado.
Inclusión das valoracións na Memoria Anual.
No momento de redactar a PXA, redactarase a súa concreción anual tendo
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
47 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
como base as conclusións do curso anterior e as realidades nese momento.
7.- CADRO DE ORGANIZACIÓN PEDAGÓXICA
Reproducimos neste epígrafe o cadro de organización pedagóxica do CEIP de
Viñagrande Deiro.
8.- PLAN DE ACTUACIÓN DOS ÓRGANOS COLEXIADOS
O CONSELLO ESCOLAR está constituído do seguinte xeito:
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
48 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
Equipo directivo:
Javier García García , como Presidente
María Castro Estudos
Rocío Bernárdez Cibeira, como Secretaria ( con voz pero sen voto ).
Representantes do profesorado:
Jose María Armas Martínez
Blanco Silva, Isabel
María Josefa Mollinedo García
Coa marcha de varios docentes o pasado curso os representantes do
profesorado reducíronse a 3. Será necesaria a incorporación de dous novos
representantes do profesorado a finais deste ano 2016.
Representantes dos pais:
Susana Varela Santos como representante da ANPA
Lucía Rey Vila
Silvia Gonçalves Santorum
Jessica Belvis Reverón
Jose Manuel Otero Vidal
Representante do PAS
Benito Viñas Morgade
Representante do Concello:
Manuel Sineiro Cores
COMISIÓN ECONÓMICA
PRESIDENTE: Javier García García
REPRESENTANTE DOS PAIS/NAIS: Jéssica Belvis Reverón
SECRETARIA: Rocío Bernárdez Cibeira
O CLAUSTRO DE PROFESORES está constituído segundo o cadro que
se insiriu na páxina anterior. As xuntanzas terán lugar segundo o disposto no
Regulamento orgánico (DOG do 21-10-96) unha vez por trimestre e sempre
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
49 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
que sexan convocadas por quen as preside, ou polo menos, por 1/3 dos seus
membros.
9.- PLAN DE ACTUACIÓN DO EQUIPO DIRECTIVO
DIRECTOR: Javier García García
XEFA DE ESTUDOS: María Castro Nine
SECRETARIA: Rocío Bernárdez Cibeira
Horario de dedicación ao cargo:
LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES TOTAIS
DIRECCIÓN 1h30´ 1h30´ 1h30´ 1h30´ 1h30´ 7h30´
XEFATURA 1h30´ 1h30´ 0 30´ 1h30´ 5h
SECRET. 45´ 0 45´ 1h30´ 1h30´ 4h30´
Horario de atención ao público:
Dirección: Os venres de 12:30 a 14:00 horas.
Xefatura: Os martes de 12:30 a 14:00 horas.
Secretaría: Os xoves de 9:00 a 10:30 horas.
10.- XORNADA ESCOLAR E HORARIO DO CENTRO
O horario lectivo do centro.
De luns a venres de 9:00 da mañá ás 14:00 horas.
As portas do centro ábrense para o alumnado transportado ás 8:45h. e
organizáronse gardas para atender a estes alumnos/as que son realizadas polo
profesorado en quendas de dous. Para o resto do alumnado o centro abre as
súas portas as 9:00 da mañá.
Distribución horaria:
1ª Sesión 09:00 – 10:30
2ª Sesión 10:30 – 12:00
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
50 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
Recreo 12:00 – 12:30
4ª Sesión 12:30 – 14:00
- O horario de atención a pais e nais é o martes de 18:00 a 19:00 horas.
- A biblioteca abre os luns, mércores e xoves de 16:00 a 18:00 horas
atendida polo profesorado do centro.
- A ANPA utilizará as nosas instalacións (aula de informática) en horario
de tarde para o desenvolvemento de actividades extraescolares en
horario de 16:00 a 18:00 organizadas por eles mesmos.
- Os martes pola tarde de 16:00 ás 18:00 horas se celebrarán as reunións
de coordinación de ciclo e dos diferentes equipos de dinamización.
Aproveitaremos os martes pola tarde para facer reunións de todo o
profesorado sempre que sexa necesario tomar decisións ou falar temas
que afecten o normal desenvolvemento do centro ou das actividades
lectivas.
*Os horarios dos grupos e do profesorado serán remitidos proximamente á
inspección educativa no DOC cumpríndose coa normativa vixente no referido á
distribución horaria de coordinacións,áreas, materias e actividades docentes”.
11.- QUENDAS DE VIXIANCIA DOS RECREOS
No seguinte cadro móstrase a organización dos recreos no noso centro.
Dado o número de alumnado en cada unha das etapas correspóndelle a dous
mestres cubrir a garda de recreo en Educación Infantil e outros dous farán a
garda en Educación Primaria.
Por outra banda, tamén se reflicten as gardas de biblioteca que o equipo
de mestres responsables da mesma ten para a atención ao alumnado que
solicita os préstamos bibliográficos no momento do recreo ou prefire quedar na
biblioteca nos momentos de lecer.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
51 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
12.- PROGRAMACIÓN E CALENDARIO DAS REUNIÓNS DOS ÓRGANOS
DE GOBERNO
O equipo directivo traballará de xeito coordinado no desempeño das
súas funcións, procurando dinamizar tódalas actividades do centro e que este
funcione o mellor posible. Para facilitar esta coordinación están previstas nos
horarios sesións semanais nas que o os integrantes do equipo directivo terán a
oportunidade de organizar e estruturar o traballo semanal.
As normas de convivencia están rexistradas no Regulamento de Réxime
Interno (RRI) que está incorporado no Proxecto Educativo de Centro (PEC).
Este ano iniciamos un novo mandato de catro anos. O pasado curso, e
despois dun intenso debate sobre o futuro do noso centro, tivemos a
oportunidade de trasladarlle ao claustro cal era a nosa visión e o camiño que
debería percorrer este centro durante os vindeiros anos. Foi un debate moi
interesante no que saíron ideas que se están desenvolvendo no actual curso e
que foron plasmadas no Proxecto de Dirección presentado ante a
administración educativa para a súa valoración.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
52 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
A tarefa máis importante que temos por diante é elaborar un novo PE
que conteña, no Proxecto Curricular, o modelo de centro que queremos dende
o punto de vista pedagóxico, organizativo e de funcionamento.
O NOF tamén será preciso modificalo coa finalidade de adapatalo ás
modificacións do modelo pedagóxico que queremos poñer a funcionar.
O Consello Escolar do centro reunirase a lo menos unha vez por
trimestre, ou sempre que existan situacións que o requiran.
O Claustro de Profesores reunirase, a lo menos unha vez por trimestre e
sempre que sexa preciso. As reunión serán os martes pola tarde.
Faranse reunións de todo o profesorado sempre que sexa necesario
tomar decisións ou falar temas que afecten o normal desenvolvemento do
centro ou das actividades lectivas.
13.- PROGRAMACIÓN E CALENDARIO DAS REUNIÓNS DE
COORDINACIÓN DOCENTE
En función da Orde que establece a Consellería con respecto á
dedicación docente, a xornada semanal dos mestres será de 30 horas con
presenza no centro, das cales 25 terán carácter lectivo e 5 non lectivas
dedicadas a: reunións de equipos e departamentos, atención a pais/nais,
claustros, coordinacións de ciclos. Tendo en conta esta normativa
establecemos como día de atención a pais/nais os martes de 18:00 a 19:00 e
os martes de 16:00 a 18:00 para reunións de ciclo, de Claustro e de Consello
Escolar. As 2 horas restantes quedarán para as reunións de equipos,
comisións, Departamento de Orientación, gardas de biblioteca e outras
actividades non lectivas que se desenvolven no noso centro: preparación de
clases, avaliacións, organizar materiais, elaborar exposicións e festivais...etc.
Este ano, a modo de novidade, estruturouse o traballo das distintas
comisións da seguinte maneira: Todo o profesorado do centro pertence a
algunha das comisións existentes (que se nomean a continuación). Os
membros de cada unha das comisións ou equipos reuniranse unha vez á
semana para dinamizar os contidos propios de cada unha delas e utilizarán
diferentes espazos do centro para o seu traballo particular.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
53 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
Equipos de ciclo
Integrantes do ciclo de Viñananos de E. Infantil (Aprendizaxe
Baseada en Proxectos).
Blanco Silva, Isabel
Louzao García, Cristina
Castro Castro, Josefa
Coordinadora: Louzao García, Cristina
Na etapa de Educación Primaria introduciuse unha novidade na
organización do profesorado. Unha vez desaparecidos os ciclos, no noso
centro decidiuse organizar ao profesorado en función da metodoloxía e
tipoloxía de traballo docente que desempeñan no centro. Así, creáronse
distintos equipos de mestres:
Integrantes do ciclo dos Viñapeques na Educación Primaria
(Aprendizaxe Baseada en Proxectos).
Piñeiro Sánchez, Manuel (titor de 1º)
González Lestón, Juán María (titor de 2º)
Calviño Rodríguez, María Jesús (substitura do titor de 2º)
Integrantes do ciclo dos Viñamedios e Viñagrandes na
Educación Primaria (Contextos de Aprendizaxe).
Barreiro Pérez, María Luísa (titora de 3º)
García García, Javier (titor de 4º)
Rosales López, Sergio (titor de 5º)
Estévez Reino, Amalia (titora de 6º)
Integrantes do equipo de especialistas.
Castro Nine, María (mestra de Educación Física)
Martínez Armas, José María (mestre de Inglés)
Mollinedo García, María José (mestra de Relixión)
Bernárdez Cibiera, Rocío (mestra de Música)
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
54 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
Integrantes do equipo de mestres para atención á diversidade.
Aragunde Soutullo, Jacobo (mestre de PT)
Mouriño Mouriño, María del Carmen (xefa do DO)
González Hermida, Silvia Alba (mestra de AL)
O profesorado especialista reúnese unha vez ao mes con cada un dos
ciclos establecidos garantindo, deste xeito, a coordinación da labor docente de
todo o profesorado.
As xuntanzas terán lugar en diferentes espazos no centro e segundo o
disposto na Orde do 22 de Xullo de 1997 (DOG. Do 2 de Setembro de 1997).
Prioritariamente os martes de 16:00 a 17:00 horas.
O Equipo de Normalización Lingüística está coordinado por Sergio
Rosales López e os compoñentes son os descritos no Plan para o uso e
fomento da lingua galega.
O equipo de Biblioteca, está coordinado por Rocío Bernárdez Cibeira
e os compoñentes son os descritos no Plan Anual de Lectura que recolle as
actividades a realizar este curso desde a nosa biblioteca .
O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares, está
coordinado por María Luísa Barreiro Pérez, e os compoñentes son os
descritos no Plan de Actividades Extraescolares e Complementarias.
O equipo de TICS está coordinado por Javier García García e
todo o profesorado forma parte deste equipo.
Ademais, este ano temos dúas comisións novas:
A comisión ecolóxica: encargada de desenvolver proxectos como
“Recíclate co Sogama” e “Voz Natura” e organizar todas aquelas
iniciativas e intervecións relacionadas co coidado do medio ambiente.
A comisión de decoración e material didáctico: responsables de
organizar un almacén de material didáctico coas necesidades que o
profesorado solicite e de mellorar a estética interior do centro con novos
espazos, novos elementos decorativos, exposicións artísticas e outras
iniciativas. Durante o curso escolar intentarase levar a cabo diversas
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
55 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
actividades encamiñadas ao embelecemento do centro, tanto no interior
como no exterior e a creación dun almacén de material didáctico.
En todas as actividades se fomentará a participación do alumnado e
intentaremos empregar materiais reciclados e que respecten o medio
ambiente.
14.- PARTICIPACIÓN DO PROFESORADO DO CENTRO EN PROGRAMAS
DE INNOVACIÓN EDUCATIVA
Este vai ser un ano algo máis calmado no referido á participación do
centro e do profesorado en Programas de Innovación Educativa. O motivo
desta decisión está determinado polo inicio do PEC. Necesitmaos un curso
algo máis tranquilo para asentar as bases do que vai ser o funcionamento e
organización para o futuro no noso centro.
Inda así, estamos inmersos en algúns proxectos entre os que
destacamos:
Plan Proxecta
1.- Xogade – Deporte Escolar:
Como cada ano dende o CEIP Viñagrande-Deiro queremos fomentar a
práctica de actividade física en idade escolar sendo conscientes da importancia
que ten o movemento no desenvolvemento integral dos nenos. Co fin de
asentar as bases para unha infancia máis saudable e menos sedentaria e
como continuidade do traballo de psicomotricidade que se fai neste centro nas
primeiras idades queremos continuar participando no presente curso 2016-
2017 no programa Xogade para fomentar entre os máis novos o gusto pola
práctica físico-deportiva e sigan, deste xeito, cunha vida activa no futuro.
O alumnado do antigo terceiro ciclo (e nalgunha ocasión o do antigo
segundo ciclo) participará neste programa que pretende que a actividade física
chegue a ser un hábito na nosa poboación e por iso é clave a súa práctica
desde a infancia nos ámbitos educativo e familiar, fundamental para o futuro
estilo de vida e a consolidación de hábitos físico-deportivos saudables.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
56 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
Entre os obxectivos están:
• Favorecer o desenvolvemento integral dos nenos e nenas a través do
movemento.
• Desenvolver e afianzar as habilidades motrices básicas a través da
práctica deportiva.
• Fomentar o traballo cooperativo dentro do equipo deportivo.
• Incentivar á práctica, dende un punto de vista educativo e saudable,
de actividades físicas por parte do alumnado.
• Eliminar a presenza de hábitos sedentarios na vida dos escolares.
• Fomentar as relacións sociais entre os nenos e nenas de diversos
colexios.
• Practicar diferentes deportes dun xeito lúdico e recreativo.
• Favorecer a inclusión na práctica deportiva escolar.
En canto á organización, desenvolvemento, metodoloxía e avaliación
atenderanse os seguintes aspectos:
Actividade deportiva-competitiva. Coordinaranse os diferentes
centros participantes en Xogade do Val do Salnés para organizar
diferentes xornadas deportivas intercentros: campo a través,
deportes colectivos, deportes de individuais...
Educación, deporte e valores: unha vez concedida esta
exposición presentarase nos espazos comúns do colexio co fin de
facer chegar a todo o alumnado do centro aqueles valores
fundamentais que se acadan coa práctica físico - deportiva.
Xogos populares: dende o centro esperamos a concesión do taller
itinerante de xogos populares para poder adicar a práctica da
actividade física durante unha semana a práctica dos xogos
populares galegos en tódolos ciclos
Levarase a cabo unha avaliación continua e global, buscando a
máxima obxectividade e tendo en conta o progreso e a
consecución dos obxectivos plantexados. Avaliaranse tanto a
participación do alumnado coma a do profesorado.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
57 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
2.- Recíclate con Sogama.
Título: PLANETA DEIRO
1. Introducción.
Planeta Deiro nace coa finalidade de amosar ás novas xeracións os
perigos do comportamento do ser humano sobre o noso planeta. Dada a
velocidade coa que estamos desfacendo o noso planeta, é necesario máis que
nunca que o alumnado coñeza e sexa capaz de desenvolver un conxunto de
medidas en favor do medio ambiente no planeta Terra e no noso Planeta Deiro
que representa a contorna onde vive e se relaciona socialmente o alumnado do
centro. A necesidade dun ensino significativo lévanos a centrar este proxecto
nesta contorna (parroquia, concello, colexio e nos fogares do noso alumnado).
2. Obxectivo.
O obxectivo principal de este proxecto e que o alumnado sexa o
protagonista do cambio nos comportamentos en relación coa natureza nos
ambientes nos que vive (colexio, casa, parroquia, concello e outros lugares).
Dende o noso punto de vista con este traballo póñense en valor modelos
pedagóxicos e propostas didácticas nas nosas aulas e no noso centro que
ofrezan a posibilidade real de mellorar os procesos de ensino e aprendizaxe.
3. Organización, desenvolvemento e metodoloxía.
Este é un proxecto dirixido a todo o alumnado do CEIP de Viñagrande -
Deiro (Vilanova de Arousa), abarcando as etapas de educación Infantil e
Primaria. Fomentaremos durante todo o curso escolar medidas en favor da
conservación do medio ambiente.
Pretendemos levar a cabo este proxecto dunha forma lúdica e
motivadora para que o alumnado mostre o maior interese e participación
posible.
O produto final consiste na xeolocalización de tódolos colectores que hai
na nosa contorna, nestes colectores ponse unha pegatina na que mediante
dúas apps (Layar e QR Droid) a xente pode acceder a unha chea de
información (localización de colectores, vídeos, imaxes, podcast explicativos do
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
58 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
que botar en cada colector,...). Este mapa virtual está acompañado dun mapa
físico no colexio e no que tamén se sitúan os diferentes colectores.
Utilizamos o traballo colaborativo e a cooperación para que o alumnado
sexa protagonista da súa aprendizaxe e que esta estea chea de
significatividade e sexa motivadora. O alumnado terá que ser creativo, crítico,
autónomo,... no
proceso de construción dos seus aprendizaxes
4. Avaliación.
Ao comezo do proxecto avaliaranse os coñecementos previos do
alumnado e o grao de motivación existente. Ao finalizar o programa realizarase
unha avaliación final en base ao cumplimento dos seguintes puntos.
Asimila conceptos relacionados coa conservacón do medio ambiente.
Participa activamente na procura de información e colaboración co resto
do grupo.
Contamos cos medios necesarios para levar a cabo este programa.
As actividades teñen un proceso continuado e coherente.
A planificación está totalmente aberta a suxestións do grupo (nenos/as e
mestres/as)
Mediante enquisas farase un seguimento dos hábitos de reciclaxe nas
familias dos alumnos.
Proxecto Samsung Smart School
Este curso continuamos coa participación en Samsung Smart School. Un
proxecto do que podemos destacar, ademáis do xa dito anteriormente, a
triple vertiente da súa implementación:
- Formación para o profesorado: Elaboración de proxectos didácticos e
execución compartida con centros doutas CCAA). Esta formación está
organizada e planificada polo INTEF e por Samsung.
- Programar tarefas tendo en conta o actual deseño curricular para a
súa aplicación nas aulas. O resultado final da participación neste
proxecto debera ser a demostración da capacidade do profesorado
para progamar tarefas nas que se integren os dispositvos móbiles dun
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
59 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
xeito efectivo, eficaz e cunha metodoloxía de traballo cooperativa e
potenciadora da creación e construción de contidos e coñecementos
por parte do alumnado.
- Investigación sobre a metodoloxía de traballo máis eficaz na
introdución desta tecnoloxía na aula. Esta investigación corre a cargo
da Universidade de Tarragona.
Este ano, ademais, solicitamos a Samsung que participara (aportando
financiación e equipamento multimedia) nun proxecto moi ambicioso para nós:
a creación do INFORMADEIRO. Un lugar onde ubicar os medios de
comunicación cos que traballaremos co alumnado e coas familias: un plató de
televisión, un espazo adicado a unha emisora real de radio, unha zona adicada
á edición e publicación dun xornal escolar mensual e un espazo multimedia
para a xestión da produción online (blog, páxinas web, redes sociais...).
Ademais destes programas de innovación que se desenvolverán neste
centro ó longo do curso 2016-2017, é necesario nomear os seguintes proxectos
que o centro ten a disposición de por en funcionamento e que dependerán da
concesión e aprobación por parte da Consellería de Educación:
Contrato-Programa de Reforzo, Orientación e Apoio:
- “Acompañamento escolar fóra do horario lectivo”. Está dirixido ao
alumnado de 2º e 3º ciclo con maiores necesidades de apoio e reforzo
educativo.
- “Mellora das competencias clave”. Coa finalidade de priorizar as
accións para a mellora da competencia matemática, o
desenvolvemento desta actuación incluirá sempre o reforzo desta
competencia e poderá incluír tamén actuacións para a mellora da
competencia en comunicación lingüística e/ou competencias básicas
en ciencia e tecnoloxía.
Destinatarios: Todo o alumnado de educación primaria.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
60 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
Plan de Mellora da Biblioteca Escolar (PLAMBE):
Este curso 2016 – 2017 e despois dun intenso traballo de reflexión sobre
como debera ser a futura biblioteca do noso centro, a Consellería de Educación
concedeunos o PLAMBE presentado.
O PLAMBE é un proxecto que convoca a Consellería de Educación tódolos
anos e que ten como finalidade principal ofrecer recursos económicos para a
mellora da biblioteca escolar (multimedia, bibliográficos, mobiliarios...).
A execución do plan de mellora da biblioteca escolar correrá a cargo do
profesorado, alumnado, familias e demáis comunidade educativa e centrarase
en desenvolver diversidade de actividades que incidirán na mellora da
competencia lingüística do alumnado e na formación como usuarios da
biblioteca.
Ademais posibilitaría a modificación actual do espazo da biblioteca e previsión
de ampliación para o futuro para poder abordar variadas actividades e
obradoiros de cine, audio, fotografía e dixitalización de tarefas escolares.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
61 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
Por outra parte, tamén consideramos oportuno sinalar aquí o Plan de
Orientación do noso centro que, si ben non é un proxecto de innovación,
constitúe un dos plans máis importantes polas características que posúe e
por ir dirixido a toda a comunidade educativa: familias, alumnado,
profesorado...
Plan de Orientación
A lexislación educativa mais recente outórgalle á función orientadora un
papel relevante, considerándoa un pilar esencial e básico do sistema educativo
con decisiva incidencia na calidade dos procesos que nel se desenvolven:
- A orientación educativa e profesional dos alumnos debe ser un dos
principios que inspira a actividade educativa como medio necesario
para o logro dunha formación personalizada que propicie unha
educación integral en coñecementos, destrezas e valores (Artigo 1º
da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación).
- A orientación educativa e profesional é un dos factores que favorecen
a calidade da ensinanza, aos que os poderes públicos prestarán
unha atención prioritaria (LOE, artigo 2º).
- A orientación educativa, académica e profesional do alumnado como
función do profesorado, en colaboración, no seu caso, cos servizos
ou departamentos especializados. (LOE, artigo 91º.d).
- Un dereito básico do alumnado é recibir orientación educativa e
profesional e o dos pais a ser oídos naquelas decisións que afecten á
orientación académica e profesional dos seus fillos e fillas
(Disposición derradeira primeira da LOE. Modificación da Lei
orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación)
Nesta liña, no CEIP de Viñagrande-Deiro desenvolveremos unha
orientación que incida sobre a comunidade educativa no seu conxunto
(alumnos, profesores e familias), que atenda aos problemas e dificultades de
aprendizaxe e preste apoio e asesoramento ante a diversidade de retos cos
que se enfronta a escola, animando e impulsando a súa acción, as relacións
entre os seus elementos e co entorno, contribuíndo, en definitiva, á mellora da
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
62 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
calidade dos procesos que se desenrolan nela e, conseguintemente, da acción
educativa.
A orientación é un deber compartido por todos/as os/as mestres que
traballamos no centro coas responsabilidades propias das diferentes tarefas
que desempeñamos e debe estar coidadosamente planificada, marcándose
uns obxectivos a partir da análise da realidade, programándose actuacións
concretas, deseñándose estratexias específicas e organizándose os espazos e
os tempos nos que se desenvolverá o planificado. Unha previsión que,
ademais, debe contemplar a avaliación e seguimento necesarios para constatar
o grao de consecución dos obxectivos e, no seu caso, as propostas de mellora.
O Plan de Orientación é o instrumento pedagóxico-didáctico que articula,
a medio e largo prazo, as actuacións relacionadas coa orientación e a acción
titorial. Pero esta planificación no pode facerse de maneira illada, é parte da
organización pedagóxico-educativa do centro e, consecuentemente, debe
incardinarse coa actividade e estrutura xeral deste. O Plan de Orientación
conforma pois, un epígrafe propio do PE como documento que planifica e
estrutura a acción orientadora dos equipos docentes e do centro educativo no
seu conxunto, con especial incidencia na atención á diversidade, na orientación
persoal e académica e na acción titorial, sendo o Departamento de Orientación
o responsable de elaborar a proposta do mesmo de acordo coas directrices
establecidas polo Claustro de profesores e a CCP.
O noso PO ímolo desenvolver en seis grandes bloques:
- Descrición do contorno no que se desenvolve o proceso orientador.
- Obxectivos da orientación para o conxunto do sistema.
- Accións de orientación prioritarias.
- Plan Xeral de Atención á Diversidade e Plan de Acción Titorial.
- Criterios e procedementos de avaliación.
- Instrumentos de avaliación.
A escola pública caracterízase por unha serie de principios básicos, pero
cada centro ten autonomía, dentro do marco legal, para facerse cun estilo
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
63 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
educativo propio. Éste reflíctese no Proxecto Educativo de cada colexio que
responde ó contexto socioeconómico e cultural, ás peculiaridades do alumnado
e á concepción educativa que os docentes e os pais e nais manteñen.
No curso 2008-2009 creouse o Departamento de Orientación Compartido
(OC) que abrangue dous centros: o CEIP de VIÑAGRANDE-DEIRO, centro
base do Dpto. de Orientación, e o CEIP SAN ROQUE DE CORÓN, ambos
situados no concello de Vilanova de Arousa.
No presente curso 2016-2017 o Dpto. de Orientación está constituído da
mesma forma que en anos anteriores só cambiando o centro base de algún
dos seus membros, quedando deste xeito:
Xefa do Dpto. Orientación compartida nos dous centros, sendo o seu
centro base o CEIP de VIÑAGRANDE-DEIRO.
Mestra especialista en audición e linguaxe compartida nos mesmos
centros anteriores, sendo o seu centro base neste curso o CEIP SAN
ROQUE DE CORÓN.
Dous mestres especialistas en pedagoxía terapéutica a tempo
completo, unha no CEIP San Roque de Corón e outro no CEIP
Viñagrande-Deiro.
XUSTIFICACIÓN BASEADA NO CONTORNO.
O noso Plan de Orientación parte dunha realidade con características
singulares que a definen e condicionan, necesidades propias ás que temos
que dar resposta, e recursos e posibilidades concretas que serán os
instrumentos para materializar as propostas da acción orientadora. Así, para
programar a nosa acción de forma eficaz, debemos coñecer as peculiaridades
do contorno ao que vai dirixida e no que se vai desenvolver: características do
alumnado, profesorado e familias, organización do centro educativo, medios
materiais, recursos humanos, etc.
O CEIP de Viñagrande-Deiro está situado nunha zona rural-mariñeira, na
parroquia de San Miguel de Deiro. A poboación correspóndese na súa
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
64 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
meirande parte coa clase media-baixa, e a maioría dos seus habitantes viven
da agricultura, marisqueo e comercio. Predomina a poboación cun nivel de
estudos primarios.
Conta con nove unidades: tres en Educación Infantil e seis en Educación
Primaria. Está escolarizado un total de 123 alumnos/as distribuídos do
seguinte xeito:
Educación Infantil:
• 11 de 3 anos.
• 13 de 4 anos.
• 13 de 5 anos.
Educación Primaria:
1º EP: 17 alumnos/as.
2º EP: 19 alumnas/os.
3º EP: 16 alumnos/as.
4º EP: 13 alumnos/as.
5º EP: 12 alumnos/as.
6º EP: 9 alumnos/as.
A mestra de Audición e Linguaxe é de carácter compartido acudindo
a este centro 2 días á semana. A mestra de Relixión é de carácter itinerante,
este é o seu centro base, acudindo a este centro tres días á semana.
A dotación de espazo físico para o Departamento de Orientación é
dunha aula-despacho de xefatura do departamento de orientación para a
atención ó departamento, reunións… que conta cos medios de soporte técnico
e a infraestructura adecuada.
NECESIDADES DA ORIENTACIÓN:
Coa análise dos datos que nos aportan a comunidade educativa vemos que
nos atopamos fronte a :
- Nos últimos anos é salientable a crecente chegada de inmigrantes coa
consecuente incorporación de alumnado estranxeiros a calquera altura
do curso provocando nestes nenos certa inestabilidade ao terse que
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
65 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
adaptar a novos hábitos e normas, mentres non superan o período de
adaptación. Ten de positivo o achegamento á diversidade
- Familias cunha crecente preocupación pola formación dos seus fillos
que precisa e demanda, cada vez máis, asesoramento e apoio.
- Un alumnado que require unha atención singular e global que dea
resposta ás súas necesidades.
- Profesorado que precisa asesoramento e apoio para facer fronte aos
novos retos que o ensino demanda e está aberto ás iniciativas e á
colaboración co Departamento de Orientación .
É por iso polo que é preciso un servizo de orientación que contemple unha
intervención nos ámbitos do alumnado, do profesorado e das familias, no
marco das actuacións que se establecen desde a propia Administración
Educativa, pero partindo da realidade e dos condicionantes da zona e do propio
centro educativo.
COMPOSICIÓN DO DEPARTAMENTO.
Atendendo á normativa vixente, concretamente ao artigo 4 do Decreto
120/1998, polo que se regula a orientación educativa e profesional na
Comunidade Autónoma de Galicia; constitúese o Dpto. de Orientación para o
curso 2016-2017 no CEIP Viñagrande-Deiro do que forman parte:
Coordinadora Ed. Infantil: Dna. Cristina Louzao García.
Titor de 1º de Educación Primaria: Manuel Piñerio Sánchez
Titor de 2º de Educación Primaria :
D. Juan Mª González Lestón (de baixa),
Dna. Mª Jesús Calviño Rodríguez (sustituta)
Titor de 3º de Educación Primaria: Mª Luisa Barreiro Pérez
Titor de 4º de Educación Primaria e director : D. Javier García García.
Titor de 5º de Educación Primaria: Sergio Rosales López
Titor de 6º de Educación Primaria: Dna. Amalia Estévez Reino
Mestre especialista en A.L. : Dna. Silvia González Hermida
Mestre especialista en P.T. : D. Jacobo Aragunde Soutullo
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
66 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
Orientadora: Dna. Mª del Carmen Mouriño Mouriño.
FUNCIONAMENTO DO DEPARTAMENTO:
Seguindo as directrices da Orde do 24 de xullo de 1998 pola que se
establece a organización e funcionamento da orientación educativa e
profesional na Comunidade Autónoma de Galicia regulada polo Decreto
120/1998, ao largo do escolar levaranse a cabo unha serie de reunións que
quedan organizadas da seguinte forma:
Reunión semanal, mensual e trimestral do Departamento de
Orientación.
Reunións de coordinación co equipo directivo: para tratar todos
aqueles aspectos puntuais referidos ao departamento: establecer
aspectos organizativos, elaborar informes segundo as necesidades
que vaian xurdindo.
Reunión coas familias: para recadar información sobre o alumnado
obxecto de atención cara a unha posible avaliación, para solicitar o
con sentimento da avaliación psicopedagóxica, para informalos e
orientalos sobre aspectos puntuais do seu interese referidos ao
desenvolvemento do alumno/a.
Reunións de coordinación cos titores e profesorado:
Realizaranse xuntanzas cos equipos de ciclo, de nivel, profesorado
que atende aos alumnos con necesidade educativa de apoio
específico, unha vez ao mes e tendo en conta a dispoñibilidade
horaria dos mestres e titores.
O resto do horario da xefa do D.O. dedicarase a elaboración de
documentos, diagnósticos, reunións, recepcións de pais e nais así como de
alumnos (de acordo coa Dirección e a Xefatura de Estudios), reunións da
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
67 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
comisión de coordinación pedagóxica, reunións cos equipos didácticos e outras
actividades que poidan xurdir.
OBXECTIVOS
O noso Plan de Orientación é un documento aberto, que nace coa
pretensión de ofrecer un marco estable que guíe a acción orientadora do
centro. De aí que os obxectivos formulados enmarcarán unha proposta de
traballo a medio-longo prazo que se irá enriquecendo anualmente con distintas
aportacións, polo tanto cremos necesaria unha reflexión e toma de decisións
coherente e axustada tendo en conta:
O papel relevante e a importancia que da á función orientadora no
sistema educativo a Lei Orgánica 8/2013, do 9 decembro, para a Mellora
da Calidade Educativa.
As funcións e os ámbitos de actuación do Departamento de Orientación
e da xefatura do departamento que se regulan no Decreto 120/1998, do
23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na
Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG 27/04/98). Corrección de
erros, (DOG 14/05/98) e a Orde do 24 de xullo de 1998 pola que se
establece a organización e funcionamento da orientación educativa e
profesional na Comunidade Autónoma de Galicia regulada polo Decreto
120/1998. (DOG 31/07/98).
A análise das necesidades, características e recursos da realidade do
noso centro e o seu contorno.
Os valores, obxectivos e prioridades de actuación e as decisións e
opcións da comunidade educativa referidas ao ámbito pedagóxico,
académico e educativo explicitadas no PE.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
68 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
Os criterios fixados polo Claustro de profesores e as directrices da CCP
que nos leva a determinar que os obxectivos que deben guiar a acción
deste Departamento de Orientación son:
1.1 XERAIS:
Participar na elaboración, seguimento e avaliación do PE, incidindo
nos criterios organizativos, metodolóxicos e curriculares de carácter
inclusivo para a atención á diversidade do conxunto do alumnado e
asesorando nas decisións relativas á potenciación das áreas
instrumentais, avaliación, recuperación, criterios de promoción, etc.
Participar no deseño e desenvolvemento de medidas de atención á
diversidade que optimicen a atención educativa proporcionada ao
alumnado.
Contribuír á identificación e detección temperá das dificultades ou
problemas de desenvolvemento e aprendizaxe e potenciar a posta en
marcha de medidas e accións de carácter preventivo.
Apoiar a convivencia no centro a través da acción titorial e coa
implicación de toda a comunidade educativa.
Promover a comunicación, colaboración e coordinación coas familias,
potenciando a súa implicación no proceso educativo dos seus fillos e
na vida do centro.
Establecer canles de comunicación e coordinar actuacións cos
diferentes servizos e institucións.
Facilitarlle á comunidade educativa os apoios e o asesoramento
necesarios para favorecer o desenvolvemento persoal, social, e
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
69 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
cognitivo dos alumnos e axudarlles a enfrontar adecuadamente os
momentos escolares decisivos ou de maior dificultade.
Asesorar e apoiar ao conxunto da comunidade educativa e aos
órganos de goberno do colexio en particular, para impulsar o
desenvolvemento do centro educativo en todos os ámbitos.
Proporcionar apoio psicopedagóxico ao alumnado e deseñar,
desenvolver e avaliar programas específicos de intervención.
1.2 ESPECÍFICOS:
A) Con relación ao alumnado:
Desenvolvemento persoal e social
Favorecer e orientar a adaptación do alumnado ao contexto
escolar e a integración no grupo clase.
Axudar a tomar conciencia dos propios sentimentos e emocións,
desenvolvendo habilidades de control e autorregulación dos
mesmos e logrando un desenvolvemento emocional axeitado que
facilite a integración dos nenos no grupo.
Orientar a potenciación do desenvolvemento de hábitos básicos
de autonomía persoal e social coa colaboración das familias.
Facilitar a inclusión educativa e a integración escolar e social do
alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
Axudar a desenvolver no alumnado un adecuado coñecemento e
valoración de si mesmo, facilitando a progresiva toma de
conciencia sobre as súas propias capacidades, posibilidades e
intereses.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
70 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
Atención á diversidade e apoio aos procesos de ensinanza e
aprendizaxe
Asesorar no desenvolvemento de estratexias e elaboración de
instrumentos para o coñecemento das características persoais,
familiares, sociais e escolares dos alumnos.
Contribuír a mellorar a atención educativa proporcionada ao
alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
Asesorar e colaborar na elaboración de rexistros de observación-
avaliación sistemáticos.
Axudar a reforzar a equidade na educación, mellorando a
inclusión e a calidade da resposta educativa proporcionada ao
alumnado en situación de desvantaxe.
Promover a busca de estratexias que favorezan a adquisición de
aprendizaxes instrumentais, competencias básicas, estratexias de
aprendizaxe e técnicas de traballo intelectual.
Potenciar e asesorar na posta en marcha, seguimento e
avaliación de adaptacións curriculares, medidas de reforzo
educativo e calquera actuación destinada á mellora da
aprendizaxe.
Impulsar a eliminación dos obstáculos físicos, organizativos ou
curriculares que dificulten a acollida, a adaptación escolar e o
desenvolvemento educativo do conxunto do alumnado con
necesidade específica de apoio educativo: alumnado con
necesidades educativas especiais, inmigrantes, alumnado con
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
71 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
dificultades de aprendizaxe, alumnado afectado por enfermidades
que dificultan o seu proceso educativo, etc.
Orientación académica
Potenciar a adquisición de competencias relevantes no ámbito
educativo tales como a responsabilidade, a perseveranza, a toma
de decisións, o traballo en equipo, a experimentación e a
creatividade.
Convivencia
Contribuír á socialización do alumnado promovendo unha
formación en valores conectada coa realidade social e
comprometida con principios universais propios dunha sociedade
democrática: cooperación, convivencia, respecto e solidariedade,
etc, concibindo o diálogo como ferramenta fundamental para a
resolución pacífica de conflitos.
Potenciar a posta en marcha de medidas preventivas para
mellorar o clima de traballo e convivencia.
Transición e coordinación entre etapas educativas
Orientar no proceso de acollida ao alumnado de novo ingreso no
centro, prestando singular atención ao inicio da Educación Infantil
e ao alumnado inmigrante.
Apoiar o proceso de transición entre etapas educativas.
B) Con relación ás familias:
Asesorar ás familias para afrontar as dificultades que se
presenten na educación dos seus fillos.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
72 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
Asesorar ás familias orientándoas aos servizos que lles
proporcionan a asistencia e apoio que poidan precisar por estar
en situación de desvantaxe socioeducativa, pola súa condición de
emigrante, por pertencer a minorías étnicas ou por estar a vivir
situacións complexas ou problemáticas.
Asesorar e colaborar na procura de axudas e asistencia para
alumnos con necesidades específicas de apoio educativo.
C) Con relación ao profesorado:
o Asesorar na elaboración dos documentos do PE.
o Apoiar e asesorar no desenvolvemento das accións derivadas do
desenvolvemento da LOE: avaliación diagnóstica.
o Apoiar e asesorar no desenvolvemento da acción educativa e das
actuacións que forman parte do desempeño da función docente:
programación, avaliación, etc.
o Solicitar a colaboración do profesorado nos procesos de
avaliación psicopedagóxica e na organización da atención á
diversidade do alumnado.
o Asesorar no deseño, implementación e avaliación dos distintos
plans e/ou programas que se elaboren.
o Promover a coordinación, o traballo compartido e a innovación
educativa.
o Asesorar na elaboración, desenvolvemento e avaliación das
medidas de atención á diversidade.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
73 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
o Colaborar no deseño dos distintos documentos que forman parte
do expediente do alumno: informe fin de ciclo, informe fin de
etapa, etc.
D) Con relación a outras institucións e órganos externos:
Colaborar cos servizos de orientación: Equipo de Orientación
Específico, Departamentos de Orientacións dos IES e
Departamentos de Orientación doutros centros de EP da zona.
Coordinar actuacións cos servizos e axentes externos: Saúde,
Servizos Sociais, Concello, etc, aproveitando os recursos
socioeducativos que estas institucións poidan ofrecer.
LIÑAS PRIORITARIAS DE ACTUACIÓN
A determinación de liñas prioritarias de actuación é un paso necesario
nunha planificación de accións realistas e efectivas, en consecuencia coas
finalidades da orientación reguladas pola normativa e tras a análise das
necesidades da nosa comunidade educativa, que parte da Circular 10/2010 da
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación
Educativa pola que se ditan instrucións para coordinar as actuacións e
establecer as accións prioritarias dos servizos de orientación educativa e
profesional da Comunidade Autónoma de Galicia, que define as liñas
prioritarias de actuación que deben ser tamén referente da nosa acción
orientadora, no sentido de establecer ámbitos de actuación preferente dentro
das accións que o departamento ten determinadas.
Estes ámbitos preferentes e as características e necesidades dos nosos
centros, son os criterios que guían o establecemento das accións prioritarias
para o curso presente. O desenvolvemento de algunha delas precisará da
continuidade do seu tratamento ao longo de varios anos ao ter que responder
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
74 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
de xeito prioritario fundamentalmente ás demandas de atención ás
necesidades específicas de apoio educativo que puideran presentarse ao longo
do curso.
Moitas desas accións prioritarias aparecen recollidas nos respectivos plans
que conforman este PO, podemos destacar as seguintes:
Asesorar e colaborar na actualización e elaboración dos documentos
que integran o Proxecto Educativo do Centro.
Asesorar nos procesos de axuste e desenvolvemento das concrecións
curriculares, programacións de curso e/ou ciclo, medidas de RE e ACs e
promover a reflexión sobre os procesos que os integran: avaliación,
recuperación, criterios que deben considerarse á hora de adoptar a
decisión de permanecer un ano máis nun determinado ciclo e/ou etapa,
etc.
Asesorar e colaborar na elaboración de documentos adaptados á
normativa de desenvolvemento da LOMCE para a nosa Comunidade.
Deseñar e colaborar en actuacións que teñan como obxecto a
promoción da convivencia e a resolución pacífica de conflitos.
Plantexar propostas para mellorar as canles de coordinación co
orientador do centro de secundaria e facilitar o tránsito do alumnado entre
estas etapas educativas.
Asesorar á Comunidade Educativa en relación as actuacións
relacionadas co axuste, mellora e desenvolvemento xeral dos diferentes
aspectos do proceso educativo.
Promover a reflexión e a coordinación entre os distintos servizos que
interveñen cun mesmo alumno.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
75 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
Asesorar a comunidade educativa sobre as diferentes medidas e
recursos para a atención ao ANEAE.
Axustar as propostas de apoio educativo á realidade do alumnado, con
intervencións inclusivas orientadas polo potencial de aprendizaxe do
alumnado.
ESTRATEXIAS DE INTERVENCIÓN.
No Departamento de Orientación proponse:
- Integrar o Plan de Orientación na actividade xeral do centro, afondando na
coordinación entre profesores e departamento.
- A relación de asesoramento, apoio, colaboración e coordinación
permanente co equipo directivo, fundamentalmente coa xefatura de
estudos.
- A importancia da participación activa dos mestres no equipo, como
xeradores de iniciativas e pola implicación que se precisa para desenvolver
de maneira real e efectiva as accións planificadas no Departamento.
- A importancia dos coordinadores, coa función de aunar e ordear medios e
esforzos para unha acción común eficaz.
- Intervir sen aplicación de medidas extraordinarias salvo en casos extremos,
tomando como referencia o principio de normalización. As mestras
especialistas en PT e AL: ninguén mellor para colaborar na necesaria
sensibilización, impulso, mediación, concienciación,... e na coordinación de
accións para optimizar a atención ao alumnado con necesidades educativas
de apoio educativo.
- Promover actuacións preventivas e recuperadoras se son precisas.
- O establecemento dunha relación titorial permanente co alumnado e coas
familias.
A estratexia de intervención deseñada a partir dos obxectivos anteriores é
dobre, e está relacionada co Plan Xeral de Atención á Diversidade (do que
falaremos máis adiante na concreción anual da atención á diversidade) e o
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
76 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
Plan de Acción Titorial.
PLAN DE ACCIÓN TITORIAL
INTRODUCCIÓN:
Asumido que a acción titorial compromete á totalidade do profesorado no
marco dunha actuación colectiva e debidamente coordinada, e que o seu
desenvolvemento abrangue tanto o ámbito do proceso de ensino-aprendizaxe
coma o relativo ao desenvolvemento persoal, pretendemos que este plan
signifique unha resposta deste centro cara á personalización da educación do
noso alumnado
Naturalmente, este proceso de axuda está condicionado á situación de
partida, á realidade do conxunto deste sistema e ao noso contexto, o que
determinará a elección dos obxectivos a acadar e as actuacións específicas
para o seu logro.
OBXECTIVOS DA ACCIÓN TITORIAL:
Tendo en conta todo o referido anteriormente no documento, con este Plan
de Acción Titorial pretendemos:
- Coñecer as características dos alumnos a nivel persoal, familiar,
socioambiental e escolar (competencia curricular, estratexias de
aprendizaxe, motivación e intereses) coa finalidade de programar respostas
educativas adecuadas que contribúan ao seu desenvolvemento integral.
- Favorecer a integración do novo alumnado, desenvolvendo accións que
faciliten a adaptación e favorezan a súa interacción co grupo.
- Establecer unha liña de comunicación-información permanente do grupo
de alumnos e o equipo docente.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
77 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
- Contribuír á formación integral do alumnado, en sintonía cos principios
recollidos no PE.
- Favorecer procesos de mellora educativa a través da implementación de
programas e desenvolvemento de actividades formativas por parte dos
equipos docentes, co asesoramento e apoio do Departamento de
Orientación.
- Promover a participación das familias no labor formativo, asesorándoas e
informándoas daquilo que precisen e demanden, en especial da importancia
da estimulación dos fillos, da promoción da súa autonomía, da potenciación
dos valores, da relación familia-alumnado-profesorado e de todo o
relacionado co proceso de ensino-aprendizaxe.
- Contribuír á mellora da coordinación e asegurar a continuidade educativa
entre os distintos centros, ciclos e/ou etapas.
- Favorecer a convivencia, potenciando a formación en valores, o
desenvolvemento das habilidades sociais e a autoestima, que facilite a
adaptación social e persoal e a resolución dialogada de conflitos.
DESENVOLVEMENTO DA ACCIÓN TITORIAL
Para tratar de acadar os obxectivos establecidos anteriormente é necesaria a
realización dunha serie de accións, debidamente planificadas e cun seguimento
regular que permita o seu (re)axuste.
Entre as actuacións que cada un dos ciclos e/ou etapas pode desenvolver
destacan:
Actuacións no 2º ciclo de Educación Infantil.
a) Desenvolvemento das actuacións previstas no Programa de Acollida.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
78 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
b) Realización, nos casos de novas incorporacións, da entrevista persoal a
cada familia, de cara á obtención da información necesaria para a ficha de
avaliación inicial.
c) Cumprimentar, nos casos que corresponda, da ficha de avaliación inicial.
d) Análise do expediente persoal do alumnado e de toda aquela información
que facilite o coñecemento da súa realidade e dos aspectos que poden
incidir no proceso de ensino-aprendizaxe.
e) Sempre que sexa posible, realización dunha reunión trimestral e xeral coas
familias para informarlles de todo o relativo ao proxecto educativo, á
concreción curricular, e ao desenvolvemento do proceso educativo.
Procurarase que a primeira coincida co comezo do curso e nela informarase
sobre todo o relativo a: calendario escolar, horarios, horas de titoría,
actividades extraescolares e complementarias previstas, programas
escolares, criterios de avaliación do grupo, normas organizativas do centro,
colaboración da familia, ...
f) Establecemento dunha liña de coordinación entre os distintos niveis da
etapa.
g) Promoción da coordinación entre as etapas de Infantil e Primaria.
h) Información regular ás familias sobre os progresos e dificultades do alumno
establecendo canles de comunicación e colaboración que favorezan a
educación integral..
i) Elaboración dun informe escrito trimestral que recolla os datos sobre os
progresos e dificultades detectadas na consecución dos obxectivos
establecidos no currículo, sobre o proceso de integración socioeducativa,
sobre o grao de iniciación no desenvolvemento das competencias básicas
e, de ser o caso, sobre as medidas de apoio ou reforzo educativo
adoptadas ou propostas.
j) Cumprimentar as fichas-informe de avaliación anuais.
k) Realización, ao remate da etapa, do informe de avaliación final.
l) Cumplimentación dos datos correspondentes ao informe persoal.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
79 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
m) Control e informe das incidencias relacionadas coa puntualidade,
absentismo, ...
n) Participación no deseño e implementación de programas e actividades que
contribúan á mellora do proceso educativo, ao desenvolvemento persoal e
social do alumno e á promoción da convivencia.
o) Participación no seguimento e avaliación dos distintos proxectos e/ou
programas, nos termos que se establezan.
p) Promoción e coordinación de actividades que fomenten a convivencia, a
integración e a participación responsable do alumnado na vida do centro.
q) Establecemento dun horario semanal de atención individualizada ás
familias.
r) Planificación e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade.
s) Coordinación da acción común do profesorado do mesmo grupo de
alumnos.
t) Organización das sesións de avaliación, procurando que o seu
desenvolvemento se axuste aos principios da avaliación global, continua,
formativa, reguladora e orientadora do proceso educativo, coordinando a
mellora da intervención educativa e responsabilizándose da elaboración
das actas.
u) Transmitir aos profesores todas as informacións sobre o alumnado que lles
poidan ser útiles para o desenvolvemento das súas tarefas docentes,
avaliadoras e orientadoras
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
80 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
Actuacións para a etapa de Educación Primaria.
a) Desenvolvemento, de darse as circunstancias, das actuacións previstas no
Programa de Acollida.
b) Realización da avaliación inicial, revisando os expedientes do alumnado,
analizando a información aportada nos informes do curso e/ou etapa
anterior e considerando todo aquilo que facilite o coñecemento da súa
realidade e dos aspectos que poden incidir no proceso de ensino-
aprendizaxe.
c) Realización dunha reunión trimestral e xeral coas familias para informarlles
de todo o relativo ao proxecto educativo, á concreción curricular e ao
desenvolvemento do proceso educativo. Procurarase que a primeira se
realice durante o mes de setembro e nela informarase sobre todo o relativo
a: calendario escolar, horarios, horas de titoría, actividades extraescolares e
complementarias previstas, programas escolares, criterios de avaliación do
grupo, normas organizativas do centro, colaboración da familia, ...
d) Establecemento dun horario semanal de atención individualizada ás
familias.
e) Asesoramento ás familias sobre todo aquilo que afecte á educación dos
seus fillos, orientando a súa implicación nas tarefas de estudo e na
promoción da autonomía, autoconcepto e autoestima.
f) Promoción da coordinación cos equipos do 2º ciclo de Ed. Infantil, e entre
os distintos niveis da etapa.
g) Participación, nos termos que estableza o Departamento de Orientación, no
desenvolvemento do programa de exploración psicopedagóxica individual
co alumnado de Ed. Primaria, nos casos que sexan necesarios.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
81 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
h) Planificación e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade,
especialmente as contempladas no Plan Xeral de Atención á Diversidade.
i) Participación no deseño e implementación de programas e actividades que
contribúan á mellora do proceso educativo, ao desenvolvemento persoal e
social do alumno e á promoción da convivencia.
j) Organización das sesións de avaliación, procurando que o seu
desenvolvemento se axuste aos principios da avaliación continua, formativa
e orientativa que se propugnan para todas as fases do proceso avaliador,
tratando de coordinar todo o relativo á intervención educativa e á promoción
de cada alumno e responsabilizándose do enchido das actas.
k) Información regular ás familias sobre os progresos e dificultades dos
alumnos, prestando especial atención á información escrita correspondente
ás distintas sesións de avaliación.
l) Procurar a colaboración dos pais e o intercambio e análise de información
en relación co desenvolvemento dos seus fillos promovendo unha actitude
serena, positiva, activa e responsable fronte as dificultades que se
plantexen.
m) Actualización do expediente do alumnado.
n) Control e informe das incidencias relacionadas coa puntualidade,
absentismo, para poder levar a cabo as accións correspondentes.
o) Cumprimentación dos informes de avaliación e, de darse o caso, do informe
persoal por traslado.
p) Participación no seguimento e avaliación dos distintos proxectos e/ou
programas, nos termos que se establezan.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
82 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
q) Promover e coordinar actividades que fomenten a convivencia, a integración
e a participación responsable do alumnado na vida do centro: dar a coñecer
ao principio de curso cales son os nosos dereitos e deberes, normas de
réxime interior e disciplina, funcionamento do centro,.. e determinar as
normas e procedementos de organización e funcionamento do grupo-clase
(normas da aula, xestión de resolución de conflitos,...).
r) Coordinar o seguimento da evolución do grupo e a toma de decisións e
actuacións a desenvolver.
s) Transmitir ao profesorado todas as informacións sobre o alumnado que lles
poidan ser útiles para o desenvolvemento das súas tarefas docentes,
avaliadoras e orientadoras.
t) Incidir na adquisición e mellora dos hábitos de traballo.
PLAN ANUAL DAS ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE
ORIENTACIÓN
2 PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE
ORIENTACIÓN.
1º Trimestre 2º Trimestre 3º Trimestre Ó longo do curso
Organización do propio Departamento de Orientación
ACTUACIÓNS IMPLICADOS
Dar a coñecer a todo o alumnado os
membros do Departamento de
orientación.
Membros do Departamento de
Orientación
Revisión e modificación do Plan de
Orientación
Departamento de Orientación
Xefa de Estudios
Elaboración e aprobación do Plan Anual
de Actividades do Departamento.
Departamento de Orientación
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
83 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
Creación de material informativo para
implementar o coñecemento das funcións
e tarefas do departamento.
Departamento de Orientación
Responsable da web do centro
Equipo directivo
Proporcionar a todos os titores que o
demanden ó comezo do curso
información relevante dos alumnos de
nova incorporación. Avaliacións Iniciais.
Orientadora
Mestras de PT e AL
Titores
Equipo directivo
Elaboración e aprobación da memoria
final do plan de actividades
Orientadora
Actualización dos arquivos e informes do
departamento
Departamento de Orientación
Seguimento e valoración mensual do
desenvolvemento do Plan Anual de
Actividades do Departamento
Departamento de Orientación
Asistir e participar nas reunións coa
orientadora do IES
Orientadora
Asistir e participar nas posibles reunións
cos orientadores do entorno ou cos
Servizos Sociais.
Orientadora
Plan de Acción Titorial: PAT
ACTUACIÓNS IMPLICADOS
Elaborar un plan marco de acción
titorial, solicitando directrices á CCP
Departamento de Orientación
Director
Xefa de Estudios
Establecer cauces de coordinación
coa orientadora do IES na elaboración
do PAT
Orientadora
Orientadora do IES
Presentar ós titores os eixos e accións
esenciais do PAT
Orientadora
Titores
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
84 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
Xefa de Estudios
Proporcionar a todos os titores que o
demanden ó comezo do curso
información relevante dos alumnos de
nova incorporación
Orientadora
Mestras de PT e AL
Titores
Equipo directivo
Establecer as directrices do Plan de
Convivencia para o noso centro
Orientadora
Mestras de PT e AL
Comisión de Coordinación
pedagóxica
Equipo directivo
Revisar o Plan de Acollida do
alumnado e incluir neste plan a todo o
alumnado de novo ingreso,
independentemente do momento ou
curso no que se escolarice
Orientadora
Titores
Xefa de Estudios
Elaborar a memoria final do PAT coa
colaboración da Xefa de Estudios e
titores, coas propostas de
modificacións
Orientadora
Titores
Xefa de Estudios
Atender individualizadamente as
demandas dos titores
Orientadora, mestras de PT e AL
Titores
Colaborar na identificación de
necesidades formativas dos titores
para propoñer cursos de formación
Orientadora
Titores
Xefa de Estudios
Participar cos titores na solución de
conflictos que xurdan no seu grupo
poñendo en marcha procesos de
diagnóstico e tratamento
Orientadora
Titores
Participar nas reunións de
coordinación titorial
Orientadora
Titores
Colaborar co equipo directivo e cos
titores no diagnóstico, tratamento e
seguimento dos casos de especial
Orientadora
Equipo directivo
Titores
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
85 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
gravidade que se poidan producir:
conducta, absentismo…
Atender ás demandas de
asesoramento e axuda que plantexen
os alumnos, a través dos pais ou
titores ou por propia iniciativa do
Departamento
Orientadora
Alumnos
Facilitar información sobre actividades
culturais e de lecer que se
desenvolvan no entorno
Orientadora
Titores
Alumnos
Intervención directa nas actividades
de titoría grupal cando a temática ou
as circunstancias o demanden
Orientadora
Titores
Alumnos
Colaborar na organización e
desenvolvemento das reunións de
pais que se convoquen
Orientadora
Equipo directivo
Titores
Plan de Atención ó Proceso de Ensino-Aprendizaxe: PAPEA
ACTUACIÓNS IMPLICADOS
Colaboración na avaliación inicial do
alumnado de novo ingreso
Orientadora
Titores
Propoñer criterios e procedementos para
a organización de actividades de reforzo
e apoio dirixidas ó alumnado con
necesidade específica de apoio
educativo: alumnado con necesidades
educativas especiais, alumnado con
sobredotación intelectual ou alumnado
procedente do estranxeiro*
Orientadora
Mestra de PT
Mestra de AL
Xefa de estudios
Titores
Establecemento de criterios para realizar
a avaliación psicopedagóxica que
favorezan a participación do profesorado*
Orientadora
Titores
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
86 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
Xefa de Estudios
Revisar modelo de informe ós titores
sobre os apoios recibidos polo alumnado
fóra da aula
Orientadora
Mestra de PT
Mestra de AL
Formular propostas para o
desenvolvemento das habilidades
sociales do alumnado e a prevención no
tratamento de problemas de convivencia
(Plan de Convivencia), estudio,
relacións…
Orientadora
Mestras de PT e AL
Equipo directivo
Facilitación do tránsito da etapa de infantil
á de primaria e da etapa de primaria á de
secundaria
Orientadora
Titores
Xefa de estudios
Aplicación da avaliación formativa,
continua e criterial.
Orientadora
Xefa de estudios
Colaborar nas medidas tomadas para
incrementar os hábitos de estudio, as
técnicas de traballo intelectual estratexias
de aprendizaxe
Orientadora
Xefa de estudios
Titores
Realización da avaliación
psicopedagóxica a demanda do
mestre
Orientadora
Titores
Actualización dos procedementos e
recursos empregados na avaliación
psicopedagóxica elaborando novos
materiais
Orientadora
Mestra de PT
Mestra de AL
Apoio na elaboración e
desenvolvemento das ACS por parte
do profesorado de cada área
Orientadora
Mestra de PT
Mestra de AL
Mestres das diferentes áreas obxecto
de adaptación
Colaboración na elaboración dos
informes do alumnado que cambie de
Orientadora
Secretario
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
87 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
centro Titores
Asistencia e participación nas sesións
de avaliación dos grupos de alumnos
facendo fincapé na normativa vixente
sobre avaliación
Orientadora
Titores
Mestra de PT
Mestra de AL
Atención e seguimento dos grupos de
risco (non promocionaron, familias
desestructuradas ou con escasos
recursos…)
Orientadora
Titores
Facilitar informes periódicos ó
profesorado titor sobre o alumnado
obxecto de apoio fóra da aula
Orientadora
Mestra de PT
Mestra de AL
Facilitación de información relevante
ás familias sobre a avaliación
psicopedagóxica e orientacións sobre
as dificultades identificadas, os apoios
establecidos e os progresos dos seus
fillos
Orientadora
Plan de Orientación Académica: POA
ACTUACIÓNS IMPLICADOS
Presentar ó inicio do curso os eixos
básicos do POA e as liñas xerais de
actuación
Orientadora
Profesorado
Revisar a páxina web do centro no
enlace ó Departamento de
Orientación no que se proporcione
información sobre o mesmo
Orientadora
Responsable da aula de informática
Establecer eixes básicos do que será
o Plan de Preparación para a ESO
Departamento de Orientación do noso
centro e do IES
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
88 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
PPESO
Colaborar co equipo directivo e titores
na organización da visita ó Instituto de
Educación Secundaria
Orientadora
Titores
Equipo directivo
Elaborar a memoria final do POA e
propoñer as modificacións
consecuentes
Orientadora
Titores
Reunións puntuais co equipo directivo
para coordinar e dinamizar as
actuacións e iniciativas que se tomen
no ámbito da orientación
Orientadora
Equipo directivo
Coordinación co Departamento de
Orientación do IES do proceso
orientador do alumnado do 6º curso:
cuestionario previo de avaliación,
charlas informativas, visita ó IES…
Departamento de Orientación do noso
CEIP e do IES
Titores
Colaborar cos titores na orientación
personalizada, especialmente nos
casos de alumnos en situación de
desventaxa socio-educativa
Orientadora
Titores
Atención directa ás demandas de
alumnos e pais relacionadas coa
orientación
Orientadora
Elaboración de información a
proporcionar ós pais sobre aspectos
relevantes en relación coa orientación,
por exemplo, sobre a etapa
secundaria ou outros ámbitos
Orientadora
Titores
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
89 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
CRITERIOS E FORMAS DE AVALIACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN.
A avaliación constitúe un elemento fundamental para a mellora de
calquera actividade. Só desde unha reflexión crítica sobre o desenvolvemento
das actuacións emprendidas, poden poñerse en marcha procesos de mellora
fundamentados no ámbito educativo. Este proceso de reflexión debe ser
compartido, de forma que no mesmo se lles dea cabida aos distintos axentes
protagonistas da comunidade educativa, permitindo así enriquecer as
propostas de mellora coas aportacións e perspectivas destes.
No que ao Plan de Orientación se refire, é preciso avaliar o seu
desenvolvemento xunto co do plan anual de actividades do Departamento de
Orientación .Deben fixarse pois, uns criterios xerais de avaliación e establecer
procedementos e instrumentos para valorar o grao de cumprimento do recollido
neste documento de planificación, así como a idoneidade dos obxectivos,
elementos e actuacións derivados do mesmo.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
Os criterios que nos van permitir facer un seguimento e/ou avaliación do
Plan de Orientación relaciónanse directamente cos obxectivos plantexados nel
e veñen determinados por:
a) A realización das actuacións previstas nos diferentes plans e proxectos.
b) A resposta ás demandas da comunidade educativa.
c) A satisfacción das necesidades de orientación do centro.
d) O grado de axuste á realidade do colexio.
e) A resposta á diversidade.
f) O apoio á comunidade educativa no desenvolvemento das accións de
mellora da intervención educativa.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
90 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
g) O asesoramento e apoio en relación a todo o relacionado coas accións
de desenvolvemento da LOE.
h) A promoción das relacións dos distintos sectores da comunidade
educativa e a participación na vida do centro.
i) A relación cos axentes externos.
j) O apoio ao alumnado para favorecer o seu desenvolvemento integral.
k) A promoción e apoio á convivencia.
PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN DO PLAN:
Para a avaliación deste plan de orientación utilizaremos as seguintes
procedementos e/ou instrumentos:
a) As reunións de coordinación
b) Análise dos resultados escolares e das probas de diagnóstico
c) Entrevistas.
d) Análise do clima de convivencia no centro.
e) Memorias finais
f) Análise de documentos
g) Análise de tarefas
darannos información que nos achegue a:
h) Desenvolvemento das accións prioritarias.
i) As accións previstas e non realizadas.
j) As modificacións e/ou actuacións introducidas.
k) Reunións celebradas.
l) A participación nas reunións do Departamento.
m) O número de demandas recibidas.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
91 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
n) O número de demandas atendidas.
o) Instrumentos e/ou documentos elaborados.
l) O desenvolvemento do propio plan de actividades do DO.
m) E outras que poidan ser de interese, e xurdir durante o curso
escolar..
Ó remate do curso escolar avaliarase o Plan anual de actividades.
Quedará plasmado na Memoria, onde se reflexarán os logros conseguidos ,
así como as dificultades atopadas e tamén os aspectos que incidan positiva
e negativamente no desenvolvemento do mesmo.
15.- LIBROS DE TEXTO E DEMAIS MATERIAIS CURRICULARES
ESTABLECIDOS NO CENTRO
Este curso, e por primeira vez na historia recente deste centro, todo o
profesorado traballa cunha metodoloxía de traballo moi similar en tódolos niveis
e etapas educativas. Non utilizamos libros de texto dun xeito sistemático e
traballamos cunha ampla tipoloxía de material curricular: impreso, multimedia,
tecnolóxico, experimental, matemático manipulativo, simbólico, lóxico, dos
distintos eidos expresivos, sensorial, musical, da natureza, funxible, non
funxible, específico para educación física, xogos didácticos...etc.
A nosa visión é a seguinte: o alumnado debe ter a posibilidade de vivir
as aprendizaxes dende un punto de vista vivencial. É decir, deber aprender con
materiais reais e en situacións reais da vida cotiá. Para iso, será necesario
traballar con material real, da vida cotiá e, ás veces, outro máis específico co
que se traballa na ciencia, na literatura, na música...etc.
16.- PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E
EXTRAESCOLARES
A continuación explicitamos as actividades que organiza, planifica e
desenvolve o Equipo de Actividade Extraescolares e Complementarias.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
92 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
SAÍDAS.
Neste momento temos confirmadas ou realizadas só as seguintes actividades:
- Obradoiro “O sabor da aventura está no mar” (educación infantil e
primaria; o 7 de outubro).
- Saída a visitar as Torres de San Sadurniño, Cálago e as do Oeste en
Catoira (educación infantil; o 11 de outubro).
- Saída de Fin de Curso de todo o centro ao Parque Natural de Carreirón
(A Illa de Arousa).
Están solicitadas e pendentes de confirmar (ou ben pendentes de fixar data
concreta) as seguintes actividades:
- Actividade escolar de Afundación en Pontevedra, teatro de
actor/monicreques “Osiño”(educación infantil; febreiro).
- Atividade escolar de Afundación en Pontevedra, representación musical
“Gatuxo”, (educación infantil; en maio).
- Realización de actividades de educación viaria (colaboración co
Concello e a DXT; educación infantil e primaria).
- Participación no programa “Prensa-escola” de La Voz de Galicia
(educación primaria)
- Actividades organizadas e ofertadas polo Concello de Vilanova e a
Deputación de Pontevedra (educación infantil e primaria).
- Diversas actividades de contacontos, títeres e/ou teatro para os distintos
ciclos (educación infantil e primaria).
- Participación no concurso de caricaturas sobre Valle-Inclán organizado
polo Concello de Vilanova de Arousa(5º de primaria).
- Lectura de textos de Valle-Inclán na casa museo ( primaria).
- Participación no concurso escolar da ONCE ( primaria).
- Actividades organizadas polo Museo de Pontevedra (educación infantil e
primaria).
- Solicitude de actividades do programa de inmersión lingüística (3º ciclo
de primaria).
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
93 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
- Recollida de tradición oral (educación infantil e primaria).
- Representación da compañía “Caracol” en Cambados (educación infantil
e primaria; en maio).
- Distintas excursións e viaxes de fin de curso aínda por concretar as
datas (educación infantil e primaria)
- Saídas para o coñecemento da localidade e o entorno próximo: as
distintas parroquias, O Terrón, lonxa, porto, Praia do Terrón e o seu
entorno, etc (educación infantil e primaria)
- Xornadas de deporte na escola (educación infantil e primaria)
Ademais, o centro poderá participar nas distintas saídas, actividades e
actuacións que vaian sendo ofertadas polas distintas entidades e agrupacións,
ou que poidan xurdir ao longo do curso e sexan valoradas como de interese
para o nivel ou ciclo correspondente.
Para as saídas polo casco urbano de Vilanova e o seu contorno inmediato,
enviamos ás familias unha autorización única que estará vixente durante todo o
curso. Para as demais saídas solicitarase autorización previa.
CELEBRACIÓNS CONXUNTAS:
Márcanse, como celebracións de todo o colexio para o presente curso, as
seguintes:
• Celebración do Samaín.
• Magosto
• Festa Fin 1º trimestre.
• Día da Paz.
• Entroido.
• Día do libro.
• Día das Letras Galegas.
• Maios.
• Semana dos xogos populares.
• Día Mundial do Medio Ambiente.
• Festa Fin de curso.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
94 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
Ademáis tamén se traballarán, en maior ou menor medida, as
conmemoracións fixadas no decreto de calendario escolar.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.
Son aquelas actividades que se desenrolan fóra do horario maioritariamente
organizadas pola ANPA a excepción da apertura da biblioteca que corre a
cargo do profesorado:
• Biblioteca aberta polas tardes o luns, mércores e xoves de 16:00 a 18:00
que estará supervisada polo profesorado, facendo quendas.
FESTIVIDADES LOCAIS - DÍAS NON LECTIVOS
O Claustro aprobou solicitar como días non lectivos:
- 9 de decembro, Ao cadrar o 15 de xaneiro (festividade local de San
Amaro) en domingo, tivemos que elexir outro día.
- 8 de maio. Ffestividade local de San Miguel.
Estamos á espera da aprobación por parte da Inspección Educativa.
17. PLAN DE AUTOPROTECCIÓN
Na actualidade o Plan de Autoprotección segue vixente. Revisarase ao
longo deste curso antes de levar a cabo o simulacro anual no que se
presenta ao novo profesorado o seu funcionamento, se comproba a súa
adecuación e se corrixen posibles erros ou problemas que puideran darse.
18.- PLAN DE ORGANIZACIÓN E COORDINACIÓN DAS TAREFAS DO
PERSOAL NON DOCENTE
Neste punto contémplanse as tarefas destinadas ó conserxe no centro.
Tamén se fai mención das normas de apertura
para as actividades extraescolares a realizar dentro do centro.
TAREFAS DE CONSERXERÍA
8:30............. Abrir a portas exterior do centro.
Apertura de secretaría, dirección e acender a fotocopiadora.
Percorrido polo centro para comprobar que todo está en orde.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
95 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
9:00............ Atender ao correcto funcionamento do timbre de entrada.
Colaborar para que os/as nenos/as entren ordenadamente.
9:05............ Pechar todas as entradas.
Estar na conserxería por se alguén toca o timbre mentres as
portas están pechadas.
Cando os/as pais/nais ou titores veñan recoller un alumno/a
deberán asinar o impreso correspondente para levarlle ao titor/a e
agardar en conserxería mentres se vai buscar o/ neno/a á aula.
11:00 – 11:30..........Descanso.
11:45........... Abrir a saída traseira para que os/as nenos/as saian ao patio.
11:50........... Controlar o timbre de saída ó recreo. Situarse na porta traseira
para controlar que se saia sen correr.
12:20............Controlar o timbre para entrar do recreo e volver colocarse na
porta traseira para que entren con orde.
12:25............Pechar as portas e revisar os servizos de Infantil.
13:50............Abrir as portas para saír.
14:00............Controlar o timbre para saír. Vixiar a saída dos alumnos/as pola
saída principal do centro.
14:10............Pechar todas as portas.
14:15............Percorrido de mantemento polo centro. Apagar a fotocopiadora..
Os períodos comprendidos entre as horas sinaladas estará a disposición do
profesorado e do equipo directivo para facer todas aquelas tarefas que sexan
precisas.
Sempre que sexa preciso encargarase do mantemento dos xardíns .
CONTRATO – PROGRAMA REFORZO, ORIENTACIÓN E APOIO.
A participación do colexio nos Contratos – Programa supón a apertura do
centro escolar dúas tardes á semana. O conserxe, o mestre responsable da
garda de biblioteca ou o mestre responsable do Contrato - Programa serán
os encargados de abrir e de pechar o centro.
Nota: Sempre e cando sexa aprobado e concedido pola Admón Educativa.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
96 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
APERTURA DO CENTRO PARA AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.
Os días que o conserxe permanece pola tarde no centro é él quen se
encarga de abrir e pechar. Os mestres que están de garda de biblioteca así
como o persoal de limpeza tamén poderá abrir as portas do centro para que
familias, alumnado ou outras persoas poidan dirixirse ao interior do centro
para distintas finalidades (entrega de paquetes, visitas, lectura na
biblioteca...).
19.- HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO
Neste punto contemplaranse o plan de atención ó público dos membros do
equipo directivo.
HORARIO DE ATENCIÓN POR PARTE DO EQUIPO DIRECTIVO.
Dirección: Os venres de 12:30 a 14:00 horas.
Xefatura: Os martes de 12:30 a 14:00 horas.
Secretaría: Os xoves de 9:00 a 10:30 horas.
20.- PLAN DE TRANSPORTE ESCOLAR
Dende fai xa varios anos o noso centro dispón do servizo de transporte escolar.
O procedemento para solicitar praza será o seguinte:
- Preguntar en dirección si hai prazas vacantes nesa liña de autobús.
- Cubrir a solicitude de transporte escolar dispoñible na dirección do
centro.
- A dirección do centro introducirá os datos na aplicación correspondente
e informará a familia da dispoñibilidade.
- O alumnado que, por algún motivo, quixera modificar a súa ruta deberá
cubrir outra solicitude para actualizar os datos.
- As normas do uso do transporte escolar reflíctense no RRI e deberán
respectarse. Velarán polo seu cumprimento as coidadoras do transporte
escolar. Todo o alumnado de Educación Infantil irá acompañado ata a
porta do autobús para garantir a súa seguridade.
GARDA DE TRANSPORTE DO ALUMNADO:
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
97 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
O profesorado fará as gardas do alumnado transportado dende a
chegada do transporte escolar ata o horario de entrada no centro e dende a
saída do alumnado ata que o transporte escolar sae da parada establecida no
centro.
Tódalas familias que fagan uso deste servizo deberán ser coñecedoras das
normas. Para eso firmarán un documento de aceptación das normas que rixen
o transporte escolar e que se xuntarán á enquisa que teñen que cubrir e que
se lle facilitará previamente na dirección do centro conxuntamente coa
inscripción.
Nota ao pé: Solicitude para ser usuario do transporte escolar.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
98 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
21.- PLAN PARA A UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DO CENTRO
Ao igual que para a utilización do transporte escolar, toda aquela persoa,
organización ou institución que queira facer uso das instalacións do centro,
deberá cubrir unha solicitude que será estudada pola dirección do centro e
consensuada cos órganos colexiados (claustro e consello escolar) que
axudarán ao equipo directivo a tomar unha decisión.
As normas de uso das instalacións do centro así como os criterios para a
súa concesión están recollidas nas Normas de Organización en Funcionamento
do Centro.
As asociacións de pais de alumnos poderán utilizar as instalacións do
Centro para a realización das súas actividades, sempre despois do acordo do
Consello Escolar.
O director concederá a autorización sempre que o destino sexa a
finalidade propia das ditas institucións e mentres non se altere o normal
funcionamento do centro.
As instalacións do centro poranse sempre a disposición da
Administración para a formación do profesorado, para a realización de cursos
para a educación de adultos,...
Os posibles danos polo uso das instalacións será responsabilidade dos
interesados, debendo deixar todo en perfecto estado.
Nota: Na seguinte páxina xúntase a solicitude para usar as instalacións do centro.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
99 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
22.- PLAN DE ACTIVIDADES PROPOSTAS POLA ANPA
A continuación detállanse as actividades programadas pola AMPA e que
contan coa aprobación para a utilización dos espazos do centro no caso de que
os precisen para cubrir posibles imprevistos nos espazos que se determinan.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
100 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
Para a inscrición nas actividades ofertadas a ANPA establece unhas
normas de organización e funcionamento que se entregan conxuntamente coa
propia solicitude de participación.
23.- PLAN XERAL DE AVALIACIÓN DO CENTRO
Para realizar a AVALIACIÓN DO ALUMNADO teremos en conta o Orde
de Avaliación do 9 de xuño de 2016 para Primaria e a Orde de Avaliación do 25
de xuño de 2009 para Infantil.
Farase unha avaliación continua, global e que teña en conta o progreso
do/a alumno/a no conxunto das áreas e a adquisición das competencias
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
101 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
básicas. Os criterios e os estándares de avaliación das áreas serán referente
fundamental para valorar tanto o grao de adquisición das competencias básicas
como da consecución dos obxectivos.
Este curso tamén temos novidades neste eido e por primeira vez se
entregarán informes cuatrimestrais ás familias (en febreiro e en xuño) nos que
o titor/a informará de todo o proceso de ensino e aprendizaxe do alumnado
titorizado dun xeito individualizado ao longo de 20 minutos. Desta maneira
queremos garantir que as familias coñecen o rendemento académico e persoal
dos seus fillos e fillas.
Como valoración do funcionamento do centro e do desenvolvemento do
proceso educativo realizarase unha AVALIACIÓN EXTERNA e una
AVALIACIÓN INTERNA.
Avaliación Externa:
Será o Consello Escolar do centro o encargado de realizala e atenderá
ós seguintes aspectos:
- Proxecto Educativo de Centro.
- Programación Xeral Anual, en especial as actividades
complementarias e extraescolares
- Proceso de ensinanza.
- Evolución do rendemento escolar dos/as alumnos/as.
- Eficacia dos recursos humanos e materiais. Para poder realizala terá
que ter en conta:
- Os obxectivos específicos do centro.
- A participación dos distintos sectores da Comunidade Educativa.
- O ambiente educativo e de convivencia no centro.
- O ambiente de estudo creado.
- A atención á diversidade do alumnado.
- Os resultados educativos que alcanzan os/as alumnos/as.
- As relacións do centro co seu entorno social e cultural.
Avaliación Interna:
Ó remata-lo curso o Claustro avaliará:
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
102 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
- Proxecto Curricular de cada Etapa.
- Proceso de ensinanza-aprendizaxe.
- Participación nos diferentes Proxectos.
- Evolución do rendemento escolar atendendo a:
Grao de consecución dos obxectivos.
Adecuación das actividades ós destinatarios.
Adecuación e suficiencia dos recursos.
Adecuación da temporalización.
Implicación dos participantes.
Grao de satisfacción dos implicados.
DATAS DAS XUNTAS DE AVALIACIÓN DO CURSO ESCOLAR 2016-17
1ª AVALIACIÓN
EDUCACIÓN INFANTIL, 1º e 2º DE PRIMARIA 12 DE DECEMBRO
3º,4º, 5º e 6º DE PRIMARIA 13 DE DECEMBRO
ENTREGA DE NOTAS: 20 DE DECEMBRO
2ª AVALIACIÓN
EDUCACIÓN INFANTIL, 1º e 2º DE PRIMARIA 4 DE ABRIL
3º,4º, 5º e 6º DE PRIMARIA 5 DE ABRIL
ENTREGA DE NOTAS: 7 DE ABRIL
3ª AVALIACIÓN
EDUCACIÓN INFANTIL, 1º e 2º DE PRIMARIA 12 DE XUÑO
3º,4º, 5º e 6º DE PRIMARIA 13 DE XUÑO
ENTREGA DE NOTAS: 21 DE XUÑO Para as diferentes sesións de avaliación, previamente os especialistas
deberán poñer en coñecemento das súas notas ós/ás titores/as.
25.- MATERIA DE LIBRE CONFIGURACIÓN
O claustro de profesores tomou a decisión de que nos niveis de 4º e 6º
de Educación Primaria a materia de libre configuración será o REFORZO E
AFONDAMENTO DA LINGUA GALEGA por ser esa a lingua minoritaria de uso
entre o alumnado do noso centro.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
103 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
26.- PLAN ANUAL DE LECTURA
1.- INTRODUCIÓN. FUNDAMENTACIÓN
Como desenvolvemento do Proxecto Lector de centro, neste Plan Anual
de Lectura recollemos as actuacións que se pretenden levar a cabo nos
distintos niveis de Educación Infantil e Primaria e de xeito coordinado cos
distintos equipos e proxectos nos que participa o centro.
Este plan vai encamiñado ao alumnado, tratando de estimular e
desenvolver a necesidade e o pracer de ler, á implicación do profesorado
como motor fundamental e ás familias como base esencial na formación do
alumnado.
2.- OBXECTIVOS
Inculcar e fomentar nos nenos o hábito e o pracer da lectura, a
aprendizaxe e a utilización das bibliotecas ao longo de toda a súa vida.
Contribuír ao desenvolvemento da competencia lingüística tanto oral
como escrita.
Transformar a biblioteca escolar nun centro de recursos integrado
plenamente nas prácticas educativas de aula e do centro.
Converter a biblioteca nun lugar de lectura, información e aprendizaxe,
onde formar usuarios competentes da información.
Posibilitar o traballo por proxectos achegando os recursos necesarios.
Integrar as tecnoloxías da comunicación e da información que promovan
dun xeito sinxelo a creación de contidos por parte do alumnado.
Conseguir unha biblioteca compensadora de desigualdades.
Cambiar a práctica educativa facilitando a introdución da innovación e a
aprendizaxe compartida entre iguais, tanto adultos como alumnado.
Promover o uso e o achegamento de toda a comunidade educativa á
biblioteca.
3.- LIÑAS DE ACTUACIÓN PRIORITARIAS EN RELACIÓN COA
BIBLIOTECA ESCOLAR DO CENTRO
Este curso, grazas á incorporación do centro ao Plan de Mellora da
Biblioteca Escolar teremos a oportunidade de realizar importantes cambios na
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
104 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
biblioteca do noso centro, tanto no que se refire á modificación do espazo físico
como á mellora na dotación de recursos de diferente tipoloxía. Este será, polo
tanto, unha das prioridades de cara a este curso.
3.1) Necesidades en canto a equipamento
- O mobiliario é insuficiente, antigo e desgastado, ademais de non ser
apropiado para a función de cada un dos espazo que queremos crear na
biblioteca: distribuidor, área de infantil, área polivalente, “informadeiro”/ área de
xogos, área de expresión plástica, área de lectura relaxada, área de xestión,
quiosco e áreas de música.
- Escaseza de ordenadores.
- É necesario incorporar libros electrónicos como dispositivos de lectura,
pola súa presenza, cada vez maior, na sociedade.
- Equipos de música que permitan crear zonas para este fin.
3.2) Necesidades en canto a fondos
- As referencias bibliográficas que temos son escasas, pouco
actualizadas e non axeitadas a todas as idades, sobre todo no que se refire a
documentos informativos e de consulta que permitan desenvolver diferentes
proxectos.
- Apenas temos revistas ou publicacións periódicas.
- É preciso incorporar material multimedia actualizado: vídeos
documentais, xogos interactivos...
- É necesario ampliar os libros de consulta para o profesorado
- Non dispoñemos de materiais para as familias.
3.3) Equipo de biblioteca. Organización e funcionamento.
A biblioteca permanecerá aberta 9:00-14:00 e de 16:00-18:00 co fin de
que estea a disposición da toda comunidade educativa. Durante toda a mañá
estará aberta para as titorías e especialidades seguindo un horario
preestablecido que axude a organizar a utilización dos distintos espazos, pero
sempre cun carácter flexible. Durante os períodos de lecer estará atendida por
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
105 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
un membro do Equipo de biblioteca e nenos do equipo de voluntarios. Polas
tardes estableceranse quendas para todo o profesorado
O equipo de biblioteca está formado por cinco mestres de diferentes
ciclos ou especialidades, co fin de que todos os ámbitos do centro estean
representados.
Responsable do equipo: Rocío Bernárdez Cibeira (especialista de
Educación Musical)
Compoñentes do equipo de apoio:
- Josefa Castro Castro: titora de 5º de Educación Infantil
- María Jesús Calviño Rodríguez: titora de 2º de Educación
Primaria (en substitución de Juan María González Lestón)
- María del Carmen Mouriño Mouriño: orientadora
- Javier García García: titor de 4º de Educación Primaria e
responsable do contexto lingüístico
LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
Xestión de biblioteca
Coordinadora
(9:00- 10: 30)
Xestión de biblioteca
Coordinadora
(9:00- 10: 30)
Garda recreo Garda recreo Garda recreo Garda recreo Garda recreo
Garda profesorado
(16:00- 18:00)
Xestión de biblioteca
Equipo de biblioteca
(17:00- 18:00)
Garda profesorado
(16:00- 18:00)
Garda profesorado
(16:00- 18:00)
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
106 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
3.4) Xestión técnica e organización
1º TRIMESTRE 2º TRIMESTRE 3º TRIMESTRE ANUAL
-Reorganización do espazo e
presentación da biblioteca
- Organización do horario
- Inicio do préstamo
(individual e de aula)
-Recollida de propostas do
profesorado para a
adquisición de fondos
- Creación da Comisión de
Biblioteca no Consello
Escolar
- Boletín de recomendacións
-Elaboración do Plan Anual
de Lectura.
- Avaliación formativa do
desenvolvemento do
PLAMBE
- Revisión de catálogos
e novas adquisicións
- Presentación de
novidades
- Subscricións a revistas
ou publicacións
periódicas
-Finalización do préstamo
- Boletín de recomendacións e
axenda cultural
- Avaliación dos servizos
levados a cabo (gráficas/
enquisas/porcentaxes...):
actividades realizadas, libros
máis lidos, mellores
lectores,fondos máis solicitados,
tipo de fondos adquiridos e
existentes ...
- Memoria final
- Catalogación
MEIGA
- Expurgo
- Selección e
exposición de fondos
-Organización de
actividades
-Coordinación cos
demais equipos
-Achega de material
documental para os
proxectos
-Actualización do
Proxecto Lector
3.5) Formación de usuarios
1º TRIMETRE 2º TRIMETRE
3º
TRIMETRE ANUAL
-Xornadas formativas/ informativas
(profesorado, familias e
voluntariado) sobre o uso da
biblioteca.
- Divulgación de boletíns
informativos/ presentacións con
normas de funcionamento da
biblioteca e a utilización dos
espazos.
- Préstamos/ devolucións a través
do MEIGA.
- Servizo de Axudantes de Chaveta
(SACH- o equipo de voluntarios de
biblioteca): organización, formación
e asignación de tarefas.
-Formación en
CDU:
organización e
localización
dos fondos.
- Utilidade das
etiquetas
- Partes dun
libro
- Guía de uso
de libros
electrónicos
-Formación
en OPAC
MEIGA
- O SACH axúdache. Os axudantes de
biblioteca guían e axudan aos demais
compañeiros na realización de préstamos
e devolucións, busca de libros, colocación
nos andeis …
-O SACH informa: elaboración do Xornal
Escolar
- Crear murais interactivos sobre os usos
dos espazos
- Inserir códigos QR coa información sobre
a biblioteca.
- Uso do Bee- bot
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
107 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
4.- ACTIVIDADES PROGRAMADAS
4.1) Actividades para o fomento da lectura e a comprensión lectora
Entrevistamos. Preparación, realización e publicación de entrevistas a
diferentes persoas en relación ao centro de traballo que se desenvolva na aula.
Sesión multisensorial medorenta. Escoitar, ver, tocar e sentir relatos de
medo, traballando as emocións.
Obradoiro literario terrorífico. Creación de contos, poemas, curtas,
ilustracións... arredor desta temática.
O clube da retranca galega. Voluntariamente, o alumnado que o desexe
poderá achegarse ao estudo de Televiñagrande para contar chistes en galego.
Biografía/autobiografía - retrato/autoretrato de persoas do entorno do
alumno, relacionadas co traballo que a desenvolver na aula, de personaxes
literarios ou creados polo imaxinario dos nenos ou deles mesmos.
Semana do teatro. Interpretación de obras, dramatizacións, marionetas... para
toda a comunidade educativa.
Describimos. Despois do traballo sobre biografías e retratos, realizaranse
descricións de persoas ou personaxes imaxinarios, pero tamén de lugares,
espazos, obxectos...
Recanto poético. Traballo arredor da poesía, tanto de autor como de creación
por parte do alumnado, con ilustracións e gravacións das mesmas, para
finalizar coa celebración do día da poesía recitándoas en público.
Falando co patio. Retransmisión ao patio, dende Raiodeiroonline, de historias,
contos, relatos ou novas de interese por parte de alumnado voluntario.
A xanela de Viñagrande. Creación dun xornal que recolla noticias relevantes
na vida do centro, actividades ou acontecementos que teñan lugar,
celebracións, traballos do alumnado...
Traballamos a... Elección dun autor, ilustrador... e traballo da súa obra,
finalizando coa visita ao centro.
Crucicontos. Lemos contos de forma cruzada, nenos dunha aula len aos
compañeiros doutra aula diferente.
Obradoiro de textos expositivos. A través de Televiñagrande o alumnado
das diferentes aulas expón oralmente os contidos do PDI traballados.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
108 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
Cantando contos. Realización de versións musicais de contos e gravación da
interpretación do alumnado.
Conta un conto animado. Narración e gravación dun conto ou historia creada
polo alumnado e utilización de aplicacións multimedia para convertelas en
vídeos de animación.
Videoconferencias para compartir experiencias a través da comunicación oral
con nenos doutros centros.
Recoméndoche. Ao longo de todo o curso e para todos os niveis o alumnado
realizará recomendacións de lecturas co fin de potenciar o hábito lector e
desenvolver a lectura crítica e a opinión persoal sobre o lido.
Caixa de suxestións. Caixa de correo para que o alumnado deixe suxestións
para novas adquisicións Ademais, continuaremos con actividades que xa se
veñen realizando nos últimos cursos: hora de ler, apadriñamentos lectores...
1º TRIMETRE 2º TRIMETRE 3º TRIMETRE ANUAL
- Sesión
multisensoria
l medorenta
- Obradoiro
literario
terrorífico
- Conta un
conto
animado
- Entrevistamos
- Describimos
- O clube da
retranca
galega
- Recanto
poético
- Biografía/autobiografía-
retrato/autoretrato
- Obradoiro de textos
expositivos
- Semana do teatro
- Traballamos a...
- Cantando contos
- Falando co patio
- A xanela de Viñagrande
- Crucicontos
- Videoconferencias
- Recoméndoche
- Caixa de suxestións
- Hora de ler
- Apadriñamentos
lectores
4.2) Competencia informacional e mediática
Propoñemos a posta en práctica de procesos de ensino e aprendizaxe
onde o alumnado, en grupos cooperativos, realice traballos onde é fundamental
a lectura, análise, filtrado, intercambio... de información sobre os distintos
contidos curriculares, co fin de elaborar as tarefas que se lle presentan.
Partindo das modificacións metodolóxicas e de organización introducidas este
curso en base ao novo Proxecto Educativo que estamos a elaborar,
establécese unha nova organización espazo temporal, segundo a cal, todo o
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
109 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
alumnado terá no seu horario un momento de unha hora e media de duración
de Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP). A partires de 3º de Educación
Primaria, traballaremos en contextos de aprendizaxe (Laboratorio,
Calculadeiro, Informadeiro, Verbadeiro e Humanidade) nos que se
desenvolverán diferentes proxectos que interrelacionan áreas de aprendizaxe.
Na realización dos proxectos abarcaranse os tres momentos en relación
á competencia informacional e mediática: busca e recuperación de información,
o seu tratamento e a comunicación da mesma.
4.3) Proxecto Documental Integrado
Ao longo do curso levaremos a cabo o Proxecto Documental Integrado
“Arte e natureza”, no que están implicados todos os niveis e equipos do centro
e no que, o proxecto de biblioteca, se interrelacionan cos demais proxectos que
se levan a cabo: o proxecto do equipo de dinamización da Lingua Galega, de
actividades complementarias e extraescolares, o proxecto Samsung Smart-
School, as seccións biblingües, o proxecto Voz Natura…
4.4) Implicación das familias e colaboración con outras bibliotecas
Anímote a ler. Convidamos á comunidade educativa a achegarse ás aulas
para contar contos.
Tertulias literarias. No contexto lingüístico- literario realizaranse sesións nas
que diferentes membros da comunidade educativa dialogan sobre unha
determinada obra literaria.
Outras actividades que xa se veñen realizando e nas que participan as
familias son: mochilas viaxeiras, sentadas lectoras, participación en
proxectos…
Ademais das mencionadas, tamén se levarán a cabo outras actividades
que poidan xurdir no centro durante o curso, así como actividades en
colaboración con outras bibliotecas (biblioteca municipal, bibliotecas escolares
da contorna…)
5.- AVALIACIÓN
Os criterios de avaliación tratarán de comprobar se conseguimos:
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
110 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
ITEMS SI NON EP
Organización
espazo-
temporal
- A distribución espacial favorece unha mellor utilización
- O horario establecido foi axeitado.
- Os recursos dos que dispón son suficientes e axeitados
- Favoreceu a integración das tecnoloxías da información.
Con respecto
ao alumnado
- Favoreceu hábitos de consulta, tanto impresos como dixitais.
- Axudou a avanzar no proceso de ensino e aprendizaxe.
- Desenvolveu competencias básicas.
- Favoreceu o hábito lector.
- Axuda na mellora de técnicas de escritura e de oralidade.
Con respecto
ao profesorado
e familias
- Implicáronse na realización das actividades propostas.
- Logrouse a coordinación de todo o equipo de mestres.
Con respecto
ás actividades
- Resultaron motivadoras.
- Foron axeitadas a cada nivel.
- Facilitaron as aprendizaxes do currículo.
- Estiveron ben documentadas.
- Xiraron en torno aos temas desenvolvidos nos proxectos
6.- PROPOSTAS DE MELLORA
Como instrumentos de avaliación faremos enquisas e/ou cuestionarios a
profesorado e alumnado para ver se os obxectivos foron os axeitados e se
alcanzaron e tamén obteremos datos a través dos listados do MEIGA. Os
resultados desta avaliación serán recollidos na memoria de final de curso na
que se reflectirán os obxectivos conseguidos e os non acadados, así como as
modificacións introducidas e as propostas de mellora para o vindeiro curso.
Ao longo do curso escolar o equipo de biblioteca realizará unha
avaliación formativa coa axuda dos usuarios que permita facer achegas,
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
111 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
introducir modificacións e propoñer melloras para un mellor funcionamento e/ou
xestión da biblioteca escolar.
27.- PLAN PARA A INTEGRACIÓN DAS TIC
Recollemos neste epígrafe o xa antedito no referido á nova organización
do equipo de TICs.
Dende o Equipo de Tics existen novidades a ter en consideración.
Este ano o equipo de TICs non vai funcionar como un equipo integrado por
uns docentes determinados. Todo o claustro forma parte deste equipo e
periódicamente se reunirá para desenvolver determinadas actuacións. Estas
actuacións esixen duns responsables que son os encargados de
desenvolvelas, organizalas e planificalas:
c) Formación para o profesorado no eido da Informática. Esta
actuación busca un obxectivo fundamental: que o profesorado do noso
centro saiba e posúa as competencias dixitais necesarias para
adaptarse á rápida velocidade coa que evoluciona a tecnoloxía. A
competencia dixital debe ofrecérselle ao alumnado de modo transversal
pero, para que esta sexa factible, é necesario que o profesorado coñeza
e saiba qué tipo de recursos están ao seu alcance e cómo se poden
utilizar na súa labor docente co alumnado. Para iso, este curso,
organizaranse sesións nas que se indagará sobre o potencial educativo
do uso dos dispositivos móbiles nas aulas de Intantil e Primaria.
d) Ademáis, todo o claustro participará activamente na organización e
funcionamento do proxecto Samsung Smart School que
desenvolvemos dende o pasodo ano e que consiste en traballar con
dispositivos móbiles a través dunha metodoloxía que posibilite asegurar e
mellorar a adquisición de contidos e coñecementos por parte do
alumnado a través da creación e construción de coñecementos polo
propio alumnado.
e) Actualizar e fomentar o uso da páxina web do noso centro dentro
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
112 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
da comunidade educativa. O obxectivo principal é que o profesorado
teña unha ferramenta a través da cal publicar os traballos e experiencias
de aprendizaxe do seu alumnado (proxectos, saídas, visitas, exposicións,
traballos de aulas). Para iso será necesario facer partícipe ao
profesorado e facilitarlle, ao profesorado que o solicite, a posibilidade de
coñecer as distintas maneiras que hai de colgar novidades na páxina
web do centro. Para facelo, haberá sesións formativas adicadas a este
fin.
f) Continuar coa formación continuada no eido tecnolóxico. A
formación cooperativa entre o claustro e a posibilidade de visitar e que
nos visiten profesionais destacados neste eido vai ser outra das
actuacións a desenvolver.
28.- ADDENDA DO PROXECTO LINGÜÍSTICO
O Estatuto de Autonomía de Galicia, no seu artigo 5, define o galego como
lingua propia de Galicia e dispón que os idiomas galego e castelán son oficiais
en Galicia e que todos teñen o dereito de coñecelos e usalos. Así mesmo,
establece que os poderes públicos de Galicia potenciarán o uso do galego en
todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e que disporán dos
medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.
A Lei 3/1983, de 15 de xuño, de normalización lingüística, de conformidade
coas disposicións precedentes, garante a igualdade do galego e do castelán
como linguas oficiais de Galicia e posibilita a incorporación da lingua galega á
Administración, á ensinanza e aos medios de comunicación públicos,
favorecendo un cambio de tendencia na súa consideración social e na
incorporación do idioma a novas esferas da vida social. O artigo 14 desta lei
indica que ao final da ensinanza obrigatoria se garantirá a igualdade de
competencia lingüística dos dous idiomas oficiais.
Por outra parte, a realidade social europea na que vivimos, nun contexto de
globalización e de mobilidade laboral, nos sitúa nun espazo internacional de
plurilingüismo. Esta nova realidade esixe un marco educativo que atenda esta
necesidade social, posibilitando a capacitación efectiva do alumnado nas dúas
linguas oficiais ou nunha ou varias linguas estranxeiras, seguindo para iso o
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
113 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
marco delimitado pola nova Lei Orgánica de Mellora da Calidade no Ensino.
Tendo todo isto en conta, trátase de garantir a competencia plena e en
igualdade das dúas linguas oficiais e o de conseguir a adquisición dun
coñecemento efectivo en lingua(s) estranxeira(s).
A LINGUA NAS ETAPAS EDUCATIVAS
Educación infantil.
Segundo este resultado e seguindo o Decreto 79/2010, do 20 de maio,
para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, a lingua
empregada polo profesorado do centro no 4º nivel de educación infantil no
presente curso é a lingua galega. No resto dos niveis mantense o establecido
nos anos anteriore.
Educación primaria.
Seguindo as directrices que aparecen no Decreto 79/2010, do 20 de
maio, para o plurilingüismo na etapa de educación primaria, que establece que
as áreas de coñecemento do medio natural, social e cultural será impartida en
galego, e a asignatura de matemáticas será impartida en castelán, quedando a
lingua das demais asignaturas determinada na súa elección polo claustro
sempre garantindo que as asignaturas en galego e en castelán se distribúan na
mesma porcentaxe de horas semanais, e segundo decisión adoptada en
claustro o día 10 de xuño de 2010, na etapa da educación primaria
impartiranse as materias como segue: en toda a etapa da educación primaria
impartiranse obrigatoriamente en galego as áreas de lingua galega,
coñecemento do medio natural social e cultural, educación física, inglés e
música. En lingua castelá serán impartidas as áreas de lingua castelá,
matemáticas, plástica e relixión de acordo co artigo 6º.4. do decreto 79/2010
para o plurilingüismo, segundo decisión adoptada en Claustro o día 10 de xuño
de 2010.
Desde o curso 2013/2014 funcionan catro seccións bilingües e
inglés na área de expresión artística: educación plástica no 3º, 4º, 5º e 6º
nivel, quedando o reparto de horas impartidas nas tres linguas da
seguinte maneira:
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
114 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
Materiais 1º 2º 3º 4º 5º 6º Lingua
E.
Artística
Música 1h 1h 1h 1h 1h 1h Galega
Plástica 1h 1h Castelá
1h 1h 1h 1h Inglés
Educación Física 2h 2h 2h 2h 2h 2h Galega
Relixión/Valores 1h 2h 1h 1h 1h 2h Castelá
Ref. e afondamento da lingua galega
1h 1h Galega
29.- PROXECTO LINGÜÍSTICO DO CENTRO
O NOSO MODELO LINGÜÍSTICO
O modelo lingüístico que plantexamos reflicte a nosa realidade e, inda
que está determinado polas leis e normativas vixentes, introduce novidades no
tratamento educativo na competencia lingüística no que se refire aos tres
idiomas que son obxecto educativo e como elementos que configuran a
realidade e identidade do lugar no que vivimos.
O modelo que aquí presentamos recolle os aspectos relacionados co
ensino das linguas e a o uso que delas facemos. Especificamos o tratamento
que damos ás linguas dentro do currículo.
Está dirixido a todos os membros da comunidade educativa e esixe o
seu compromiso e participación para que sexa unha realidade e non só un
documento máis que se queda no caixón e quere reflectir o desenvolvemento
da nosa práctica educativa. Evidentemente está suxeito a adecuacións e
innovacións.
Realidade lingüística no noso centro
No curso 2014 elaborouse un rigoroso estudo sociolingüístico do noso
centro. Estes datos reflicten unha situación case alarmante! O galego está a
piques de converterse nunha lingua residual.
En Educación Infantil a situación é crítica xa que a lingua galega apenas
se usa na escola nas interaccións entre o alumnado máis pequeno.
En Educación Primaria a situación tamén é moi preocupante dende o
noso punto de vista. Dos seis cursos, só no segundo nivel o galego tiña un uso
maioritario. Nos demais cursos o galego quedaba como segundo idioma (a
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
115 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
excepción de 6º e 3º nos que o uso do galego e do castelán estaba en
equilibrio porcentual) e mesmo cun uso excesivamente baixo (en 5º, 4º e 1º).
Con esta realidade, non cabe outra iniciativa máis que unha intervención
eficaz, progresiva e motivante de cara a que o alumnado vaia progresivamente
aumentando o uso do galego entre eles, na escola, nas súas casas e na
relación co resto de persoas. Debera ser unha intervención que vaia máis aló
da escola e intentar intervir no eido familiar de cara a modificar a actual
situación.
Da análise sociolingüística do centro, do profesorado e do alumando
sacamos unha conclusión ben clara: non é suficiente con plasmar nun proxecto
(de uso e fomento do galego) unha serie de actividades que temos que
desenvolver durante varios cursos; máis ben temos que presentar un proxecto
que inicie procedementos que se consoliden no tempo para garantir o éxito da
nosa intervención. Non podemos pretender que nun ano vaiamos a conseguir
unha milagre e revirar esta situación.
É por iso polo que plantexamos un modelo lingüístico moito máis ambicioso
con dinámicas que fomenten principalmente a oralidade en lingua galega e que
permanezan no noso centro moitos anos.
Obxectivos
Con respecto á competencia comunicativa, os deseños curriculares das
etapas de Educación Infantil e Educación Primaria determinan que o alumnado
debera conseguir tanto en Lingua Galega como en Lingúa Castelá un nivel de
coñecemento B2 e en lingua estranxeira o B1 seguindo a clasificación da
“Association of Language Testers in Europe”
Tomando este punto de partida, queremos acadar os obxectivos que se
marcan a continuación. Son obxectivos que debemos asumir tanto o
profesorado, o persoal non docente, os monitores das actividades
extraescolares que se desenvolvan no centro, xa que “todos somos mestres de
Lingua”:
Considerar todas as linguas como patrimonio cultural e instrumento de
comunicación.
Utilizar o galego, colaborando no esforzo que moitas asociacións e
colectivos están facendo para fortalecer dita lingua.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
116 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
Comprender tanto en galego como en castelán os textos orais e escritos
que se utilizan nas conversas cotiás e nos distintos contextos de
aprendizaxe. Falar de maneira correcta e coherente tendo en conta o
sistema e as normas de cada lingua.
Comprender en inglés conversas cotiás e textos orais e escritos. Falar
de forma axeitada e coherente nos contextos habituais e permitir que a
lingua estranxeira participe con naturalidade nos distintos contextos e
situacións de aprendizaxe.
Un único modelo
Nos últimos anos sucedeu un cambio na sociedade galega, e en
consecuencia na nosa escola, que nos debe levar a replantexarnos un modelo
lingüístico cun claro carácter de discriminación positiva cara a lingua galega.
A normativa no ano 1983 dou un importante empuxón do uso do galego,
pero a medida que van pasando os anos a sociedade foi mudando así como as
súas necesidades e demandas. Nos últimos anos, tal e como reflicte o estudo
sociolingüístico do noso centro, constatamos un cambio na actitude hacia o
galego tanto por parte do alumnado como por parte das familias; non contamos
coa colaboración necesaria e, ás veces, percibimos falta de gañas, baixo
compromiso e esixencia e inclusive actitudes negativas.
Este tipo de prexuízos fan moito dano á normalización da lingua galega;
por iso, neste momento defendemos un único marco lingüístico para todo o
alumnado.
Este marco conlevará as súas dificultades, e pode que tamén algúns
prexuízos, pero é imprescindible fomentar a actitude positiva coa Lingua
Galega. Esto non o conseguiremos se seguimos pensando e sentindo que
pertencemos a dúas comunidades diferentes: a galega e a castelá.
Tamén somos conscientes de que a lingua materna do neno que chega ao
centro por primeira vez no primeiro nivel da etapa de Educación infantil
condiciona o noso modelo. Nós respectamos ese dereito, pero ás familias
novas no período de matrícula comunicarémoslles o noso proxecto lingüístico a
este respecto.
Dende a nosa perspectiva, para aprender ben unha lingua o alumnado
ten que ter contacto directo e de calidade con esa lingua. A clave está na
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
117 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
cantidade e na calidade do que recibe nesa lingua (imput: datos e/ou
informacións). Os adultos, exercendo o seu rol de guía, teñen moitísima
importancia na interación co alumnado: por unha parte a súa linguaxe é un
modelo para o alumnado e, por outra, as estratexias que utiliza na
comunicación oral inflúen na construción da súa linguaxe.
Tamén queremos destacar a importancia da produción (output: saída que
teñen os datos ou información coas que o alumnado traballa). Os produtos
deben reunir esas características de cantidade, variedade e calidade (a lingua
estruturase co uso e cos intentos, cos erros, coas dúbidas, coas correccións…
son imprescindibles para aprender unha lingua).
Presenza das tres linguas
Sendo a lingua galega minoritaria, para acadar os obxectivos descritos
anteriormente utilizarase a lingua galega como lingua vehicular e, se houbera
posibilidade, ampliariamos o seu uso e fomento dentro e fora do horario lectivo.
Galego:
En Educación Infantil fomentariamos que a presenza do galego fose
máxima. Queremos garantir a adquisición dos coñecementos básicos do
galego – no caso do alumnado que chegue ao centro coa lingua castelá como
lingua materna – e o enriquecemento da lingua – no caso do alumnado
galegofalante.
En Educación Primaria o galego tamén será a lingua vehicular principal: a
que se utilizará prioritariamente como vehículo de comunicación.
Castelán:
O castelán é a outra lingua oficial da Comunidade Autónoma Galega e a
lingua materna de moitos alumnos/as. Pensamos que, inda que é sinxelo
adquirir a linguaxe coloquial na nosa contorna, en xeral a escola ten como
función desenvolver esta lingua como ferramenta para que o alumnado poida
levar a cabo as súas aprendizaxes nas áreas nas que é, por normativa,
obrigatorio impatir en castelán.
Dada a nosa metodoloxía de traballo integral, multidisciplicar e
globalizadora, e que se desenvolve dende a Educación Infantil ata o último
curso da Educación Primaria, consideramos que é moi difícil separar o uso
lingüístico en función do contexto, momento, tarefa, proxecto ou actividade que
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
118 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
se estea desenvovendo. O sentido común no uso das linguas oficiais é o
indicador máis importante a ter conta en todos os procesos de ensino e
aprendizaxe. Deste xeito, en Educación Primaria a lingua castelá impartirase
como asignatura no interior dalgúns contextos de aprendizaxe e asegurarase
que participe, con naturalidade, en todos os intercambios comunicativos orais e
escritos que teñan lugar no centro.
Inglés:
Comezamos co ensino do Inglés en Educación Infantil. A nosa aposta é a
seguinte:
- En Educación Infantil e no 1º ciclo da Educación Primaria o ensino do Inglés
debe ser moi vivencial. O alumnado ten dereito a aprender esta lingua nas
mesmas condicións que as demais linguas (con variedade, cantidade e
calidade nos inputs e outputs que se lle presenten) e se un dos nosos
principios e a programación por actividades vitais, o inglés ten a obriga de
participar por igual (coas condicións horarias establecidas) que o castelán e o
galego neste tipo de actividades: na oralidade continuada, no movemento, na
aprendizaxe emocional con esta lingua, cancións, nos obradoiros... son
estratexias didácticas que estarán presentes.
A pretensión vai ser que o inglés teña unha presenza total nas aulas dende que
o mestre entra ata que sae. O idioma vehicular nas sesións nas que se utilice
esta lingua será única e exclusivamente o inglés. Supón un cambio de
concepción, pero pensamos que unha lingua se debe ensinar e aprender en
contacto directo con ela, que se viva con emoción, entusiasmo e en situacións
reais e cotiás (inda que na escola teñan que persentarse en formatos
simulados: supermercado, radio, tv…)
- A partir de 3º de Educación Primaria está implantado o programa das
Seccións Bilingües ampliando o crédito horario que se asigna a esta lingua
para desenvolver, neste caso, o currículo da expresión plástica: obradoiros de
arxila, marquetería, experimentación artística, novas vertentes plásticas… son
posibilidades que poden ser executadas o vindeiro curso en lingua inglesa.
Nestes niveis (de 3º a 6º) a Lingua Inglesa estará presente en todos os
momentos: colectivo, vivencial, de traballo por proxectos e no interior dos
contextos de aprendizaxe.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
119 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
O ensino das linguas: criterios
Utilizamos a mesma metodoloxía para o ensino das tres linguas, o que
facilita a transferencia entre elas: “Todas las lenguas se insertan en un tronco
común; no las asimilamos de forma autónoma. Se dan transferencias entre
ellas, y por consecuencia, las competencias adquiridas en una lengua se
transfieren al aprendizaje de las otras” - J.Cummins.
Na nosa metodoloxía teñen moita importancia os medios da comunicación
da escola, sobre todo porque dan sentido a moitos dos traballos que se
realizan e porque serven de motivación para o alumnado. A linguaxe oral e a
linguaxe escrita se ven desenvolvidas axeitadamente co uso destes recursos e
deste contexto de aprendizaxe (O INFORMADEIRO).
Inda que a linguaxe oral e escrita se sustentan mutuamente, hai que
diferenciar e traballar os rexistros tanto o oral coma o escrito.
Linguaxe oral
Inda que o punto de partida sexa o diálogo vivencial sobre temas cotiás e
contextualizados, situamos os obxectivos a niveis máis formais: queremos que
o noso alumnado adquira unha linguaxe técnica e a utilice en situacións
variadas. Inda que, como xa quedou dito, no caso do galego, temos que facer
un esforzo engadido para que o alumnado utilice a linguaxe coloquial no seu
día a día.
A conversa convértese, polo tanto, no procedemento fundamental na
adquisición da linguaxe. Describimos dous tipos de conversas:
- Interacional: Xorde arredor dos rituais e costumes cotiás. Dáse nun contexto
coñecido e concreto y trátanse temas e vocabularios básicos.
- Transacional: é unha actividade máis elaborada. Dáse arredor dos temas de
traballo. Hai que utilizar un vocabulario máis específico e falar con máis
propiedade. O obxectivo da conversa é a transmisión exacta da mensaxe.
Pedímoslle ao alumnado que no uso da linguaxe oral utilicen a linguaxe
coloquial nas relacións interpersoais e unha linguaxe máis culta para as
aprendizaxes escolares.
Ademais do diálogo vivencial, tamén dedicaremos gran parte do tempo a
exposicións orais, contos, representacións teatrais, gravacións de audio,
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
120 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
memorización de textos, recitados, etc. Os medios de comunicación son moi
importantes neste proceso de enriquecer e afianzar unha lingua.
Linguaxe escrita
Dominar o linguaxe escrito é fundamental na sociedade actual. É unha
ferramenta imprescindible tanto para comunicarse cos demais como para
construír o pensamento e o coñecemento. En consecuencia, ler ben e escribir
ben son competencias básicas para afrontar o día.
Así como a linguaxe oral, a linguaxe escrita tamén se traballará en
situacións comunicativas, funcionais e significativas. Por iso, nas actividades
cotiás utilizaremos distintos tipo de textos e xéneros respectado a variedade,
calidade e cantidade de información suministrada (imputs) e a saída que van
ter cara ao exterior (outputs).
En Educación Infantil dáse comezo ao proceso de lectoescritura dun xeito
natural e seguindo o ritmo, intereses e capacidades do alumnado. Neste
primeiro contacto é fundamental a vertente emocional. O neno e a nena deben
sentir que achegarse á lectura e escritura ten un compoñente emocional moi
importante. Temos que conseguir que os sentimentos positivos dominen esta
pre-aprendizaxe.
Alumnado procedente doutros países ou comunidades:
Neste curso 2016 – 2017 topámonos ante unha situación nova e pouco
frecuente no noso centro pero que pode ser máis común nos vindeiros anos e,
polo tanto, debemos atendela dun modo axeitado: escolarizar alumnado que
ven doutros países e que non coñece o galego e, ás veces, tampouco o
castelán.
Para a aprendizaxe das linguas con este alumnado temos os mesmos
obxectivos que para o resto do alumnado, pero temos que ter en conta que o
punto de partida non é o mesmo e, en consecuencia, o tempo necesario para
aprender o outro idioma cambia. A maioría das investigacións afirman que
unha metodoloxía activa é a mellor maneira de aprender un novo idioma na
escola.
A intervención do profesorado do Programa de Adquisición das Linguas é
necesaria e imprescindible no desenvolvemento e seguimento do proceso de
aprendizaxe deste alumnado. Este profesorado traballará, na aula específica,
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
121 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
as nocións e coñecementos básicos do galego e/ou do castelán en
coordinación co profesorado titor e ou profesorado responsable do contexto
lingüístico (a partires do 3º nivel de Educación Primaria) para adecuar os
recursos necesarios. A presenza na aula específica, regulada pola normativa
vixente, será para reforzar aqueles conceptos que se traballan na aula ordinaria
e, así, pouco a pouco, o alumno/a irá adquirindo maior competencia lingüística.
É importante coidar a información que se transmite á familia. Esta debe
saber o beneficio que supón manter e reforzar a lingua materna para a
aprendizaxe doutras linguas. Ademais, a actitude que mostra a familia ante a
lingua escolar determinará a valoración que constrúa o alumno/a sobre dita
lingua. A actitude do alumno así como a do seu entorno condiciona totalmente
a aprendizaxe dunha nova lingua.
Por outro lado, o centro ten que mostrar sensibilidade ante as linguas e
costumes dos recentemente chegados.
Normalización do galego
Expresamos o noso compromiso activo co esforzo que se está realizando
en determinados estamentos, institucións, asociacións e plataformas cívicas a
prol da lingua galega e en favor da súa normalización (Proceso levado a cabo
nunha comunidade lingüística para promover o uso e igualdade funcional da
súa lingua con respecto a outra coa que está en contacto - RAG).
Desgraciadamente, e máis na nosa contorna, temos que volver a falar de
normalización do galego. O noso reto non só é que o alumnado aprenda
galego, senón que o utilice no seu día a día dentro e fóra da escola.
Tendo en conta a importancia do tema, uniremos as nosas forzas e
fomentaremos a implicación dos compoñentes da comunidade escolar.
Queremos que se coñeza o esforzo que estamos realizando pola recuperación
da nosa lingua e que nos sintamos partícipes desta iniciativa.
Os esforzos que se veñen realizando nos centros educativos para que o
alumnado utilice o galego nas súas relacións e os avances que se logran, se
debilitan facilmente por moitas razóns. Para facerlle fronte a esta situación
temos que traballar de forma sistemática; hai que manter a atención e o punto
de tensión en todo momento. Este e sen dúbida un dos alicerces da nosa
intervención neste eido.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
122 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
30.- ACTIVIDADES PARA O FOMENTO DA LINGUA GALEGA.
CONSTITUCIÓN O EDNL
O equipo de dinamización e normalización lingüística está constituido dende
o primeiro claustro deste curso (02-09-2016) coas seguintes persoas:
- Sergio Rosales López (Coordinador)
- Jacobo Aragunde Soutullo (Representante dos Especialistas)
- Isabel Blanco Silva (Representante de Educación Infantil)
- Amalia Estévez Reino (Representante de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria)
- Manuel Piñeiro Sánchez (Representante do antigo 1º ciclo)
É o equipo responsable de planificar, organizar e executar as actividades do
proxecto de uso e fomento do galego que tódolos anos este centro desenvolve.
A continuación mostramos as actividades que este curso se programaron
para inserir en dito proxecto.
ACTIVIDADES QUE SEN VAN A DESENVOLVER PARA O FOMENTO E
DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA.
Dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CEIP
Viñagrande–Deiro de Vilanova de Arousa pretendemos continuar co traballo
desenvolvido nestes últimos anos e levar a cabo unha serie de procesos que
permitan provocar un xiro na situación que o galego está a vivir na actualidade
no noso centro e na contorna máis próxima. Consideramos como prioritario
nestes intres que o galego se converta no idioma vehicular dentro e fóra da
escola. Na actualidade, a nosa lingua está a padecer un deterioro que vai
camiño de facer co galego sexa unha lingua esquecida.
Partimos dunha situación bastante pobre e mesmo de tristeza cando
comprobamos cómo a lingua galega está desaparecendo das contornas máis
rurais coma na que nos atopamos, esta desaparición é moi salientable nestes
últimos anos incrementándose dun xeito vertixinoso. Pasamos de ser a lingua
de uso habitual da poboación máis nova, a ser na actualidade unha lingua
minoritaria nesta franxa de idade.
Dende o Equipo de Normalización Lingüística non podemos deixar pasar
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
123 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
máis tempo, e entre todos debemos construír un futuro esperanzador para a
nosa lingua, dignificándoa e poñéndoa en valor.
As actividades que propoñemos serán unha continuación daquelas que
funcionaron ben no curso pasado, aquelas que por diferentes motivos non se
puideron levar a cabo e outras novas que pretendemos sexan do agrado do
alumnado, orientadas como dixemos anteriormente a que o alumnado vexa o
prestixio da lingua.
Con este proxecto pretendemos co noso alumnado teña unha visión o
máis positiva posible da nosa cultura, da nosa realidade, dos nosos costumes
e, como non, da nosa lingua. O obxectivo principal é construír unha base sólida
na que os participantes reflexionen sobre as implicacións e consecuencias que
tería esquecernos da nosa oralidade, da nosa música, do noso teatro, do noso
cine e publicidade, da nosa expresión plástica, das nosas tradicións, da nosa
historia e costumes... sen que a nosa lingua sexa o eixe da nosa realidade e o
canal a través do cal poidamos mostrarlle a todos a nosa forma de vivir e a
nosa historia vivida.
A nosa idea e intentar conformar un proxecto no que tanto titores,
especialistas alumnado, coordinadores, equipo directivo, familias, institucións e
entidades próximas traballen de xeito coordinado e cooperando cara á
consecución das nosas metas e obxectivos que neste plan propoñemos e que
afectan a tódalas disciplinas de coñecementos e á adquisición das
competencias básicas en tódalas áreas de coñecemento.
Este proxecto conta coa participación de todo o profesorado e, para
levalo a cabo na práctica, co compromiso de cooperación de tódalas comisións
que están presentes no noso centro.
Cabe destacar que nos atopamos no ámbito dunha comunidade
educativa na que o emprego do galego é unha pobre realidade que abrangue
dende os nenos e nenas máis pequenos ata un elevado porcentaxe de pais,
mestres,.... O éxito desta aposta pola nosa lingua depende, en gran medida, da
implicación de todos os sectores da comunidade educativa. A mellora da
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
124 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
situación da nosa lingua é unha obriga de todos nós.
OBXECTIVOS
A nosa realidade sitúase nun alumnado castelán falante que convive
nunha contorna galego falante (avós e pais galego falantes) pero que se inician
na fala a través da lingua castelá.
En función desta realidade lingüística do noso centro, iniciamos un camiño
que terá como grandes obxectivos:
Lograr a competencia e o uso do galego como primeira lingua.
Consolidar a competencia do castelán sen que o fomento do galego
implique un retroceso nas competencias lingüísticas en castelán.
Poñer en valor a lingua galega implicando a todos os axentes escolares
neste proceso.
Dar a coñecer a toda a comunidade educativa aspectos culturais do
entorno e de Galicia vinculados ao emprego do galego.
Darlle ó noso alumnado a posibilidade de percibir as innumerables
utilidades que ten o noso idioma.
Mellorar a valoración da nosa lingua.
Lograr a plena normalización do noso idioma na vida diaria do centro por
parte de toda a comunidade educativa, tanto nas aulas como fóra delas.
Iniciar un camiño de cooperación e participación do profesorado e
familias ante un proxecto común referido á nosa lingua.
Lograr unha actitude positiva da comunidade educativa en favor da
normalización.
Aumentar progresivamente os espazos e tempos nos que se desenvolve
o alumnado en lingua galega.
Comprometer na tarefa normalizadora o maior número posíbel de
membros da comunidade educativa.
Concienciar os sectores máis próximos ou afíns á nosa realidade para
lograr un cambio progresivo da súa actitude lingüística.
Promover o uso do noso idioma en carteis, murais, festivais e todo tipo
de actividades que se realicen dende o centro.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
125 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
Dar os pasos necesarios para a definición da liña lingüística do centro,
planificando o emprego do galego como lingua vehicular do ensino,
partindo do coñecemento detallado e realista da situación.
Deseñar e coordinar un proxecto de sensibilización e actividades a prol
da normalización lingüística dirixidas á comunidade educativa no seu
conxunto.
Concienciar á comunidade educativa de que o galego é unha lingua que
pode servir perfectamente para desenvolverse en todos os campos
(artísticos) e realidades (médico, casa, colexio, con amizades...).
Amosar ante o alumnado que a aprendizaxe e utilización da nosa lingua
ten interese e utilidade social.
Acadar que o alumnado tome conciencia de que o futuro da lingua non
vai ser indiferente á nosa actuación social concreta e de que a nosa
participación e uso individual van ser elementos positivos na
recuperación de usos.
Potenciar en toda a comunidade educativa as actitudes positivas cara ao
noso idioma.
ACTIVIDADES
As actividades que se propoñen están inmersas dentro dun proxecto
global de traballo no que terá cabida toda a comunidade educativa. Partiremos
dunha serie de actividades que se desenvolverán ao longo do curso escolar,
ben sexa nalgún trimestre en concreto ou ao longo de todo o curso. Estas
actividades serán unha continuación daquelas que funcionaron ben no curso
pasado, aquelas que por diferentes motivos non se puideron levar a cabo e
outras novas que pretendemos sexan do agrado do alumnado.
Entrevistas con personaxes coñecidos. Pretendemos que mediante a
realización de diferentes entrevistas a personaxes públicos que utilizan
habitualmente o galego como lingua uso cotiá, esta gañe en valoración entre o
alumnado.
Curtas en galego. Queremos que o alumnado experimente o arte do
cine mediante a realización dalgún corto mediante técnicas coma o Stop Motion
ou gravacións con cámara de vídeo.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
126 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
O xogo da tarxeta vermella ó castelán. Xogo mediante a realización
dunhas tarxetas que “sancionarán” aquel alumnado que non empregue o
galego no tempo que dure esta actividade.
O club da retranca galega. Consiste fundamentalmente na gravación
en vídeo do alumando que, voluntariamente, quere contar “un chiste” en
galego. A finalidade principal é conseguir que o alumnado utilice a lingua
galega para comunicarse con sentido do humor e mostrárllelo ao resto do
alumnado e familias do centro.
Telexornal. Realización dun telexornal para que o alumnado se exprese
en galego e deste xeito traballar a expresión oral.
Radio. Ao igual que na actividade anterior pretendemos co alumnado se
exprese en galego e mellore a súa expresión oral. Esta actividade ten un
traballo previo de expresión escrita na realización de guións, noticias,...
Maio. Poñemos en valor unha tradición e axudamos deste xeito a súa
conservación. Neste curso o alumnado terá que elaborar e recitar coplas dos
Maios.
Os nomes galegos. Mediante unha app de nube de palabras o
alumnado realizará murais para dar a coñecer os nomes en galego que temos
no noso colexio.
Postais en galego. Realización de postais en galego para felicitar as
festas e o ano novo. Traballamos a expresión escrita en galego e as
felicitacións na nosa lingua.
Anuncio en defensa do galego. Consistirá na realización de carteis
publicitarios elaborados polas familias onde farán notar a importancia que ten o
uso da lingua galega entre as xeracións máis novas
Teatro en Galego. Realización dunha pequena obra de teatro no que o
alumnado utilice a lingua galega e así concienciarnos da importancia da
utilización da nosa lingua.
Videoconferencias. Comunicación oral co alumnado doutros colexios
ou personaxes de interese para promover a intercambio comunicativo na lingua
galega e así facer uso da mesma.
Contando contos. Para festexar o Día do Libro queremos celebrar un
festival de contos en galego. Prepararemos un conto por ciclo e gravaranse as
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
127 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
voces do alumnado, ao mesmo tempo o alumnado fará debuxos e outras
actividades plásticas para acompañar os contos.
Cantemos en galego. En colaboración coa mestra de Educación
Musical pretendemos que o alumnado do centro cante unha cantiga galega
tradicional para os pais/nais en datas sinaladas.
Postais. Realizamos postais para felicitar o novo ano e as festas, estas
felicitacións teñen que estar en galego.
O Entroido galego. Nesta celebración achegarémonos á celebración do
Entroido nas diferentes zonas do noso pais por medio da realización de murais,
documentais, videoconferencias,…
Torneo de buxainas. En colaboración ca mestre de Ed. Física
realizaremos un torneo de buxainas no que se premiará a habilidade á hora de
lanzar e dominar este xogo.
Certame fotográfico. Dedicamos este certame ás festas do noso pais
onde o alumnado terá que presentar unha fotografía xunto un pé de foto e o
lugar onde foi sacada.
Xogamos, cantamos, recitamos,...en galego. Organizaranse unha
variedade de actividades conmemorativas que coinciden con datas de especial
interese para o centro e para o alumnado e que gardan estreita relación coa
identidade galega: Samaín, Magosto, Entroido...
Autor galego. Traballarase xunto coa biblioteca a obra dun autor galego
que nestes momentos aínda está por determinar.
Semana das letras galegas. O obxectivo principal desta semana será
mostrarlle ao alumnado a riqueza do noso idioma, das nosas costumes e
realidades e da nosa cultura. Para iso desenvolveremos actividades dirixidas
ao profesorado e alumnado e outras dirixidas tamén ás familias para que gocen
delas e así comezar coa idea de que un proxecto para o uso e fomento do
galego debe contar sempre coas familias como axente principal de cambio.
Ao igual que o ano pasado, pretendemos contar cun contacontos, unha
representación musical e un teatro.
Conservación do noso patrimonio. Traballaremos algún elemento
patrimonial da nosa contorna, informándonos da súa historia e axudando a
difundilo, deste xeito contribuír a súa conservación.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
128 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
Este traballo realizarase con códigos QR e realidade aumentada.
Difusión das actividades no blog e nas redes sociais. O alumnado
será quen de ter ao día o blog de normalización e compartir nas redes sociais
as actividades que se vaian realizando, twitter, facebook, pinterest,
instagram,...
Ademais destas actividades tamén poderemos realizar outras en función da
participación ou organización doutras institucións próximas o noso centro como
as familias, o concello, centros educativos, entidades, etc. Entre estas
podemos mencionar:
Asistencia a diferentes representacións teatrais.
Participación en concursos relacionados coa lingua galega.
Organización de diferentes exposicións así como asistencia a aquelas
que sexan de interese.
Colaboración coas actividades programadas polas diferentes comisións
que se acollan aos obxectivos marcados polo ENLG.
TEMPORALIZACIÓN
Mes Actividade Obxectivo
Outubro Samaín Dar a coñecer as tradicións e
costumes a través de lecturas,
traballos, debuxos e recollida de
cabazas.
Novembro Torneo de buxainas
Magosto
Dar a coñecer xogos tradicionais
galegos e divertirse con eles.
Vivir esta data como propia da
cultura galega asando e comendo
castañas, participando nos xogos
tradicionais, facendo debuxos…
Decembro Pandigueiro Recuperar e dar a coñecer a
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
129 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
Cantemos en galego
Postais
figura do Pandigueiro como parte
da nosa cultura.
Cantar e dar a coñecer unha
cantiga típica galega que o
alumnado terá que interpretar.
Realizar felicitacións mediante a
utilización da lingua galega.
Xaneiro Os nomes galegos Coñecer diferentes nomes en
galego.
Febreiro Entroido
O Entroido galego
Participar nas festas tradicionais.
Habituar ao alumnado a facer
crítica construtiva coas coplas,
cancións, etc.
Recoñecer e informar doutras
formas de celebrar esta data no
noso país.
Marzo O club dos contos
galegos
Cantemos en galego
O club da retranca
galega
Iniciar no alumnado de infantil a
utilización do galego para contar
ou expresar un conto ou un feito.
Cantar e dar a coñecer unha
cantiga típica galega que o
alumnado terá que interpretar.
Conseguir que o alumnado utilice
a lingua galega para comunicarse
con sentido de humor.
Abril Anuncio en defensa
do galego
Contando contos
Traballar no fogar en compañía
dos seus pais/nais na realización
dun anuncio en galego para
defender e valorar a utilización
desta lingua.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
130 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
Comunicar e transmitir un conto
en galego.
Maio Semana das letras
galegas:
o Contacontos
o Actuación musical
o Teatro
Conmemorar esta data tan
importante e resaltar a importancia
do uso e conservación que ten a
nosa lingua como parte da nosa
cultura.
Xuño
Cantemos en galego Cantar e dar a coñecer unha
cantiga típica galega que o
alumnado terá que interpretar.
Anual
Anual
Videoconferencias
Autor galego
Telexornal
Radio
Conservación do
patrimonio
Blog e redes sociais
Entrevistas
O xogo da tarxeta
Curtas en galego
Transmitir información en galego e
ser quen de recibir e manter unha
conversa nesta lingua.
Coñecer e traballar a obra dun
autor galego.
Traballar un autor que realiza o
seu traballo en lingua galega.
Expresar información oralmente
en lingua galega en un medio
audiovisual.
Expresar información en audio en
lingua galega.
Dar a coñecer o noso patrimonio e
axudar a coñecer a súa historia
mediante o uso das TIC.
Usar as TIC para transmitir
información das actividades
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
131 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
realizadas.
Realizar entrevistas en galego
mediante a elaboración de un
guión.
Xogar en galego e entreterse na
nosa lingua.
Realizar diferentes tipos de curtas
de diferente temática empregando
o galego
31.- CONCRECIÓN ANUAL DO PLAN XERAL DE ATENCIÓN Á
DIVERSIDADE
INTRODUCCIÓN:
Atender á diversidade implica a acomodación da escola ás necesidades
de todo o alumnado, polo tanto dende esta perspectiva asumimos,
establecendo estratexias e medios educativos que permitan o
desenvolvemento óptimo de todo o alumnado, adaptando para iso os
elementos do currículo e provéndoo dos servizos necesarios que, dada a
complexidade e pluralidade de aspectos que deben considerarse, entendemos
deben articularse mediante o Plan Xeral de Atención á Diversidade.
Este plan xeral de atención á diversidade estrutúrase en tres bloques:
- Os obxectivos, que definen aquilo que pretendemos coa elaboración
deste plan.
- As actuacións, onde se contemplan unha serie de instrumentos que
deben achegarnos aos obxectivos perseguidos.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
132 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
- A avaliación, que nos permitirá coñecer en qué medida se acadaron os
obxectivos e as modificacións que será preciso introducir.
OBXECTIVOS
- Adecuar o desenvolvemento do currículo á diversidade do alumnado.
- Deseñar respostas educativas e planificar actuacións para o alumnado
con necesidade específica de apoio educativo: exploracións
psicopedagóxicas, apoios, reforzos educativos, etc.
- Optimizar o uso dos recursos do centro tanto humanos como persoais.
- Establecer criterios pedagóxicos que orienten na adopción de decisións
respecto do alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
DESENVOLVEMENTO. ACTUACIÓNS.
Modalidades de atención xeral:
Coma norma xeral, o profesorado acomodará o proceso de
ensino-aprendizaxe ás condicións particulares do alumnado. De modo que a
cada alumno se lle ensine partindo do seu nivel de coñecementos previos e
dentro da súa zona de desenvolvemento próximo, respectando o seu ritmo de
aprendizaxe, co obxecto de que vaia construíndo o seu coñecemento e
desenvolvéndose conforme ás súas potencialidades.
Neste tipo de actuacións é preciso que o profesorado coñeza a situación
persoal do alumnado: os principais datos evolutivos e de saúde, o estilo e o
ritmo de aprendizaxe de cada quen, que reflexione sobre a metodoloxía máis
adecuada que facilite o seu achegamento ao currículo, que analice as relacións
que se establecen dentro e fóra da aula e a súa utilidade nos agrupamentos
dentro da aula, etc, sendo fundamental que dende a titoría se estableza unha
rede coordinadora entre o distinto profesorado (equipo docente).
Atención no caso do alumnado con necesidade específica de apoio
educativo:
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
133 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
Na atención daquel alumnado con necesidade específica de apoio
educativo e dende o punto de vista propiamente académico, poden levarse a
cabo varios tipos de actuacións de carácter organizativo, pedagóxico e
curricular:
A. RE sen apoio: son medidas que o propio profesorado deseña e
aplica con aqueles alumnos que teñen dificultades de seguimento
da programación diaria, ben por exceso ou por defecto (traballos
específicos de recuperación, traballos de ampliación, ...).
B. RE con apoio especializado: son medidas que contemplan o apoio
temporal dun profesor especialista en audición e linguaxe e/ou en
pedagoxía terapéutica. Para que se produza este tipo de atención,
que seguirá os criterios de utilización establecidos neste plan, o
alumno será avaliado polo Dpto. de Orientación.
O procedemento para a demanda de intervención do servizo de orientación é o
seguinte:
- Comunicado do profesor á xefatura de estudos do centro da necesidade
de intervención.
- Comunicado desa demanda ao xefe do Departamento de Orientación
por parte da xefatura de estudos.
- Cuberto por parte do profesor da folla de datos (cuestionario previo)
aportada pola orientadora.
- Proceso de avaliación e informe de atención ás necesidades específicas
de apoio educativo .
C. RE con apoio de profesorado do colexio: esta medida contempla o
apoio de profesorado do centro nas áreas instrumentais. Poderá
poñerse en funcionamento ao comezo de cada curso en función das
dispoñibilidade horaria do profesorado. A xefetura de estudos
informará á orientadora desta medida aos efectos de elaborar a
proposta de apoios.
D. Adaptación Curricular: esta medida seguirá o procedemento
establecido na Orde do 6 de outubro de 1995 da Consellería de
Educación e Ordenación Universitaria.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
134 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
E. Flexibilización: a escolarización do alumnado con altas capacidades
intelectuais flexibilizarase de tal forma que se poida anticipar un
curso o inicio da escolarización nesta etapa educativa ou reducir a
súa duración cando se prevexa que estas son as medidas axeitadas
para o desenvolvemento do seu equilibrio persoal e a súa
socialización, ou poderá enriquecerse o currículo, nos termos que
estableza a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
F. Prolongación da escolaridade: sen prexuízo da permanencia
durante un curso máis no mesmo ciclo, prevista no artigo 9.4º do
Decreto 130/2007do 28 de xuño, polo que se establece o currículo
da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG
09-07-07), a escolarización do alumnado con necesidades
educativas especiais na educación primaria poderá prolongarse un
ano máis, sempre que se favoreza a súa integración
socioeducativa.
CRITERIOS DE UTILIZACIÓN DOS SERVIZOS DE APOIO:
Tendo sempre como referentes os principios de integración e
normalización, a orientadora elevará a proposta de organización da docencia
para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo. Para o deseño
desta atención teranse en conta os seguintes criterios prioritarios:
1. Atenderase a aquel alumnado que así o aconselle a
correspondente avaliación psicopedagóxica.
2. Atenderase ó alumnado obxecto dunha ACS.
3. Buscarase un apoio de calidade fronte a un de cantidade.
4. Evitarase o exceso de horas de permanencia do alumno fora do
grupo ordinario.
5. Evitarase a ausencia nas materias non instrumentais que
favorecen a integración.
6. A atención diferenciada aos alumnos con NEAE fora da aula será
temporalizada compatibilizándoa nas materias obxecto de apoio
coa atención docente directa dentro da aula por parte dos
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
135 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
profesores do grupo ordinario non podendo prescindirse desta
última en ningunha das áreas do currículo.
CRITERIOS NA DECISIÓN SOBRE A NON PROMOCIÓN DO ALUMNADO:
Á hora de decidir sobre a non promoción dun alumno ó curso seguinte
teranse en conta o lexislado respecto da avaliación en Infantil e en Primaria así
coma os criterios de promoción aprobados polo claustro do profesorado;
criterios que se concretan en:
EDUCACIÓN INFANTIL: promocionará todo o alumnado, contemplando,
de ser necesario, o establecido na Orde do 25 de xuño do 2009, pola que se
regula a implantación, o desarrollo e a avaliación do 2º ciclo de Educación
Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
EDUCACIÓN PRIMARIA: Promocionará, segundo a orde que regula a
avaliación da Educación Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
- O alumnado que alcanzou o desenvolvemento adecuado das competencias
básicas e un axeitado grao de madurez consoante a súa idade.
- O alumnado que permaneceu un ano máis na etapa.
- O alumnado con áreas sen superar cando as aprendizaxes non alcanzadas
non sexan un obstáculo para seguir satisfactoriamente o novo ciclo.
ACTUACIÓNS A NIVEL DE DOTACIÓN.
- No ámbito escolar: A atención ao alumnado con necesidades específicas
de apoio educativo deberá contar cunha dotación adecuada de material e
de profesorado especialista (PT, AL, ...).
- No ámbito infraestrutural: a escolarización de alumnos con necesidades
específicas de apoio educativo requirirá que o centro adecúe os seus
servizos ás necesidades que estes presenten. De aí que a supresión de
barreiras, a ubicación nunha determinada aula, a adaptación dos baños, o
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
136 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
servizo de transporte, o comedor escolar, etc. deberán considerar as
circunstancias específicas destes nenos.
32.- ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DAS SECCIÓNS BILINGÜES
INTRODUCIÓN. FUNDAMENTACIÓN
Xustificación
O C.E.I.P de Viñagrande-Deiro é un centro dunha única liña que está situado
na parroquia de San Miguel de Deiro e está formado por tres niveis de Educación
Infantil (3, 4 e 5 anos) e seis de Primaria (dende 1º ata 6º). Entre as áreas que
conforman o currículo da Educación Primaria, a de Plástica desenvólvese a través de
ensinanzas bilingües nos niveis de 3º, 4º, 5º e 6º.
Tendo en conta as características da nosa contorna, en principio, existen unha
serie de circunstancias que nos impulsan a desenvolver un proxecto bilingüe en Inglés:
primeiro, facilitar a unha ampla comarca rural o acceso a un ensino bilingüe que
responda ás necesidades educativas actuais e permita mellorar o seu nivel de inglés;
e segundo desenvolver a competencia lingüística nunha lingua que se converteu na
porta para o acceso á tecnoloxía, á ciencia e é case un idioma universal nas
comunicacións entre persoas de diferentes nacionalidades.
A Xunta de Galicia xustifica a creación de seccións bilingües (ORDE do 18 de
abril de 2007) nos procesos de globalización e plena integración no marco da Unión
Europea, nos que se demanda unha educación plurilingüe como compoñente básico
da formación dos cidadáns. Ademais, considérase que a aprendizaxe doutras linguas
achega un valor engadido aos sistemas educativos, fomentando o desenvolvemento
de diferentes capacidades e integrando valores como o respecto e a tolerancia.
O CEIP Viñagrande-Deiro esfórzase en procurar ao seu alumnado unha oferta
educativa acorde coas innovacións propostas desde as administracións, unha oferta
que responda ás necesidades de desenvolvemento da nosa contorna e permita
mellorar o dominio das linguas estranxeiras.
As clases bilingües constitúen unha resposta adaptada á diversificación
lingüística e cultural de Europa, á mobilidade profesional, á cooperación entre
estados/países, á participación nos programas educativos europeos e á intensificación
dos intercambios escolares.
As vantaxes lingüísticas, culturais e pedagóxicas das clases bilingües.
- Reforzo da educación lingüística
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
137 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
Todas as investigacións, observacións e análises demostran que se aprende
correctamente unha lingua cando se utiliza para aprender: así, neste caso, dominarase
mellor a lingua inglesa se esta lingua serve para aprender outra cousa que non sexa o
inglés.
Máis aló deste razoamento considerable da aprendizaxe dunha lingua,
probouse igualmente que se mellora o coñecemento e o dominio da lingua materna.
De feito, competencias metalingüísticas póñense de manifesto no alumno, a partir de
comparacións, de confrontacións, de reflexións sobre o funcionamento de dúas
linguas.
As capacidades de lector do alumno desenvólvense igualmente de maneira
considerable, cando este está exposto regularmente a un ensino bilingüe, os pasos
para a adquisición do sentido perfecciónanse. As capacidades de tradutor, de
intérprete, pódense igualmente utilizar de forma natural.
En resumo, un ensino bilingüe desenvolve as capacidades "de educación
lingüística" útiles á súa vez para aprender outras linguas, tanto a nivel fonético como a
nivel do léxico e da sintaxe.
- Desenvolvemento das capacidades xerais para aprender
Un ensino bilingüe permite tamén desenvolver as competencias xerais de
aprendizaxe. O alumno está sometido a dous códigos lingüísticos, sabe xogar coas
dúas linguas, sabe situarse, está en estado de "alerta intelectual" sostida e
permanente, desenvolvendo así unha "flexibilidade cognoscitiva" para a aprendizaxe
intelectual.
Por outra banda, aprender nocións e coñecementos grazas a unha segunda
lingua (non materna) permite confrontar as capacidades de abstracción (a palabra non
é o obxecto) e de conceptualización.
O ensino en dúas linguas aumenta tamén a creatividade e a imaxinación.
- Apertura cultural
A utilización regular dunha segunda lingua de ensino, permite tamén,
naturalmente, poñer en relación distintas maneiras de describir e de percibir a
realidade, favorecendo naturalmente o interese por outras culturas, por outras formas
de pensar no mundo: desenvolvemento das calidades de tolerancia, de aceptación do
outro e dun sentido de pertenza á cidadanía europea.
Esta apertura cultural é moi importante na formación do cidadán do mañá.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
138 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
- Promoción da mobilidade xeográfica do alumnado
O coñecemento doutras linguas facilita a posibilidade de cursar futuros estudos
ou realizar estancias formativas noutros países e mellorar o acceso aos programas da
Unión.
Elección do Inglés para a nosa Sección Bilingüe.
Elixiuse como idioma da sección bilingüe o inglés polas seguintes razóns:
- Consideramos que é o máis demandado na nosa contorna.
- É o que aparece no noso currículo como primeira lingua estranxeira.
- É ao que se lle dá prioridade desde a Xunta de Galicia, como o demostra a
xeneralización da súa implantación desde os tres anos en todos os centros
públicos da comunidade.
- É o que dominan un número tal de profesores que fai viable este proxecto.
ORGANIZACIÓN DAS SECCIÓNS
A sección bilingüe para a área de Educación Plástica é impartida pola
profesora especialista de Educación Musical nos niveis de 3º, 4º e pola titora de 6º de
primaria nos niveis de 5º e 6º.
Incluirase no horario das profesoras encargadas da sección bilingüe unha hora
de coordinación semanal destinada a preparar as clases e acordar os proxectos que
se realizarán de maneira conxunta ao longo de todo o curso.
TEMPORALIZACIÓN
ORGANIZACIÓN
TEMPORAL EDUCACIÓN PRIMARIA 3º, 4º, 5º e 6º
MOMENTO
COLECTIVO
(1h 30 min)
Programa curricular específico
MOMENTO
VIVENCIAL
Constitúe un tempo de aprendizaxe sentido, vivido e estimulante: a
aprendizaxe da música, da arte, da lingua estranxeira, dos valores
sociais e cívicos, … debe realizarse dende unha perspectiva moito
máis práctica (con obradoiros, tarefas, experiencias). Para iso, o
profesorado titor e especialista organizará sesións didácticas nas que
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
139 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
(1h 30 min) o alumnado teña a oportunidade de sentir, vivir e emocionarse con
estas aprendizaxes.
MOMENTO
DE LECER
(30 min)
É o momento que goza todos o alumnado do centro e que
consideramos de vital importancia xa que é onde teñen a
oportunidade de xogar dun xeito moito máis espontáneo e libre.
Pensamos que é un momento educativo máis dentro do horario
lectivo e como tal debemos incorporar todo tipo de elementos que
axuden ao alumnado a desenvolver esa necesidade de xogo libre e
espontáneo tanto a nivel de dotación de recursos materiais como de
dotación de recursos psicolóxicos, sociais e persoais.
É un momento no que o alumnado debe aprender a xestionar o seu
tempo libre.
MOMENTO
COMPARTIDO
(1h 30 min)
Aprendizaxe baseado en contextos de aprendizaxe
A área de Educación Plástica desenvólvese no tramo momento vivencial
durante hora e media á semana para cada grupo de alumnos. As actividades están
agrupadas en diferentes proxectos comúns ao longo do curso escolar nos que
traballaremos en cada trimestre tres aspectos distintos: Debuxo-Pintura, Educación
Audiovisual e Creacións Manuais.
DEBUXO-PINTURA ED. AUDIOVISUAL CREACIÓNS MANUAIS
1º Trimestre Bodegón Curta animación
Samaín
2º Trimestre Proxecto Lita Cabellut Meco
3º Trimestre Ilustración literaria Arte Fugaz
Arte con papel
Debuxo- Pintura: estas actividades irán encamiñadas a descubrir e experimentar
diferentes instrumentos, técnicas e materiais de debuxo e pintura que permitan a
creación de produtos artísticos.
- Bodegón. Proxecto relacionado co traballo sobre alimentación lavado a cabo nos
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
140 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
contextos de aprendizaxe. A través desta actividade incidiremos na mestura de
cores, busca de tonalidades, luces e sombras...
- Proxecto de Lita Cabellut. Este proxecto, organizado por institucións da contorna e
no que participan centros educativos do noso concello e doutros, permitiranos
coñecer a esta destacada artista, a súa obra e experimentar diferentes técnicas de
pintura de gran formato. Tamén elaboraremos flores de papel para participar
nunha homenaxe colectiva á autora.
- Ilustración literaria. Neste proxecto partiremos de obras literarias e contos elixidos
polo alumnado e incluso creados por eles mesmos para o debuxo de personaxes.
Educación Audiovisual: trataremos de integrar de forma efectiva o uso das
novas tecnoloxías nas creacións artísticas, a través do uso de ordenadores,
dispositivos móbiles, cámara de fotos e de vídeo… e apps de alto poder educativo que
permitan ao alumnado utilizar estas ferramentas como medios de expresión artística
realizando as súas propias creacións.
- Curta de animación. Neste proxecto traballaremos a modelaxe de plastilina para a
creación de personaxes e decorados e coa cámara de fotos e a técnica Stop
Motion faremos a montaxe dunha curta de animación que versará sobre o contido
dunha canción.
- Arte fugaz. Este proxecto, estreitamente relacionado co Proxecto Documental
Integrado “Arte e natureza” que desenvolveremos este curso no centro, será unha
creación colectiva entre os catro niveis que participan nas seccións bilingües, na
que se empregarán elementos da natureza e de reciclaxe para crear unha
composición de grandes dimensións no patio do colexio. Ademais, crearemos un
pequeno documental para amosar o proceso de planificación e realización deste
arte fugaz, así como o produto final.
Creacións Manuais: neste apartado incluímos actividades relacionadas coa
escultura, explorando diferentes técnicas e actividades manipulativas.
- Samaín e Meco. En relación a estas dúas festividades realizaremos creacións
manuais con distintas técnicas que sirvan, ademais, de decoración e ambientación
do colexio para estas datas.
- Arte con papel. Para levar a cabo este proxecto contamos coa axuda dunha
persoa colaboradora externa ao centro que nos guiará na elaboración de
diferentes obxectos (cestas, lapiseiros...) empregando tiras de papel.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
141 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
En relación ao proxecto Samsung Smart School no que particioa o centro
empregaremos os dispositivos móbiles de xeito habitual para que o alumnado cree
composicións que amosen as súas realizacións e así poder subilas na páxina web do
centro, compartíndoas con toda a comunidade educativa e aproveitándoas tamén
como un medio de expresión e comunicación co exterior en lingua inglesa.
Ao longo dos diferentes proxectos aproveitaremos para coñecer artistas,
pintores, escultores... destacados da Historia do Arte.
Ademais das actividades mencionadas, realizaranse outras que poidan xurdir
ao longo do curso.
AVALIACIÓN DAS SECCIÓNS BILINGÜES
Ao longo do curso realizaremos unha avaliación do desenvolvemento das
seccións bilingües. Partiremos dunha avaliación inicial que nos permita definir as
principais dificultades do alumnado para o entendemento e uso da lingua inglesa e
valoraremos os progresos que se vaian acadando atendendo aos seguintes criterios:
- Valoración da aprendizaxe dunha lingua estranxeira.
- Interese e esforzo por mellorar a competencia lingüística en inglés.
- Incorporación de vocabulario e expresións en inglés que se usan de xeito habitual
nas clases.
- A lingua inglesa convértese na lingua vehicular nas interaccións entre alumnado e
mestras.
- A lingua inglesa convértese na lingua vehicular nas interacción entre iguais.
- Interese polo uso dunha lingua estranxeira na comunicación dos traballos
realizados.
Nas reunións de coordinación farase un seguimento do progreso das seccións
bilingües, introducindo as modificacións e melloras que se consideren oportunas, as
cales serán recollidas na memoria de final de curso.
33.- ACCIÓNS DE MELLORA DERIVADAS DA ANÁLISE DE RESULTADOS
DA AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE TERCEIRO PRIMARIA. GUÍA DE
INTERVENCIÓN PARA A MELLORA, ELABORADA A PARTIR DA ANÁLISE
DOS RESULTADOS
1.- Comisión de coordinación da avaliación de diagnóstico
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
142 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
Composición:
- Director – presidente: D Javier García García
- Xefa de Estudos: Dª María Castro Nine
- Xefa do Departamento de Orientación: Dª María del Carmen Mouriño
Mouriño
- Titora de 3º de E. Primaria Dª María Luisa Barreiro Pérez
As súas funcións son as seguintes:
- Informar a comunidade educativa sobre o sentido e a finalidade da
avaliación individualizada.
- Coordinar o proceso desta avaliación no centro.
- Colaborar coa Administración educativa e cos servizos de inspección
naqueles aspectos do proceso para os cales sexa requirida.
2.- Proceso de análise e valoración dos resultados.
Unha vez recibida a información dos resultados da avaliación
individualizada, celebrada no noso centro no curso anterior, procedemos ao
seu análise seguindo os seguintes pasos:
1. Facilitáronse a todo o profesorado, independentemente do nivel
educativo, pois parécenos moi importante ter unha visión global da nosa
realidade.
2. A nivel de Claustro e segundo ciclos fíxose un análise dos datos
e elaboráronse as propostas de mellora para levar a cabo no presente
curso.
3. Os resultados acadados na avaliación individualizada son os esperados.
Para nós é unha información máis pero non determina como é realmente o
nivel dos nosos alumnos-as, habería que ter en conta outros aspectos do
proceso de ensino- aprendizaxe dos mesmos e outros parámetros.
Por outra banda, o propio proceso en si dificulta que a actuación dos
alumnos-as sexa a esperada, pois saíron as seguintes reflexións:
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
143 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
- Os nenos-as non están acostumados a este tipo de probas, non lles
chega o tempo, como todo é demasiado formal para uns nenos-as tan
pequenos…
- Para os alumnos-as de primaria son demasiadas probas xuntas, a
proposta do profesorado sería unha proba cada día.
- Necesitamos que as familias se implique máis nos procesos de
ensino e aprendizaxe.
3.- Propostas de Mellora:
RESPECTO AO CURRÍCULO
ACCIÓN 1.- Adaptar os nosos recursos educativos ás competencias que se
miden mediante a avaliación de diagnóstico.
ACCIÓN 2.- Mellorar e actualizar a nosa metodoloxía de traballo á hora de
traballar competencias, compartindo recursos e actividades entre profesorado
dos distintos ciclos.
ACCIÓN 3.- Avaliar actualizando o enfoque deste proceso, tendo en conta
novos modelos de avaliación que midan as competencias dun xeito máis
práctico.
ACCIÓN 4.- Incorporar na práctica diaria competencias semellantes as que se
avalían nas probas.
ACCIÓN 5.- Potenciar nas diferentes áreas as Competencias Lingüísticas e
Matemáticas.
RESPECTO Á PRÁCTICA DOCENTE E O ALUMNADO
ACCIÓN 1.- Realizar reunións periódicas de coordinación entre o profesorado
dos distintos niveis educativos, a nivel vertical e horizontal.
ACCIÓN 2.- Realizar prácticas tomando como base probas de avaliación
individualizada e diagnóstica doutros anos. Primeiro para que o profesorado se
familiarice coa metodoloxía utilizada nas mesmas e segundo para que a súa
realización sexa coñecida e incorporada no proceso de aprendizaxe dos nosos
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
144 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
alumnos-as.
ACCIÓN 3.- Concluímos que non se trata de traballar máis, senón de traballar
doutro xeito máis funcional e práctico.
RESPECTO Á ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO CENTRO
ACCIÓN 1.- Potenciación do Proxecto Lector e da “ hora de ler”
ACCIÓN 2.- Seguir implicándonos nas actividades propostas pola Biblioteca, o
Departamento de Orientación, o equipo TICs, o equipo de Normalización
Lingüística e o de Actividades complementarias.
ACCIÓN 3.- Coordinación entre os distintos niveis educativos e seguimento da
posta en práctica dos acordos tomados.
RESPECTO Á TITORÍA
ACCIÓN 1.- Seguimento e control individualizado da evolución dos alumnos-as,
contando co apoio do Departamento de Orientación do centro.
ACCIÓN 2 .- Contacto de calidade coas familias, establecendo pautas de
actuacións coordinadas no proceso de seguimento dos alumnos-as.
RESPECTO Á FAMILIA E AO ENTORNO
ACCIÓN 1.- Implicación dos pais co centro no seguimento do traballo do seu
fillo/a.
ACCIÓN 2.- Aproveitar os numerosos recursos do noso entorno: concello,
asociacións culturais, propostas de actividade socioculturais da zona…
34.- ACTIVIDADES LEVADAS A CABO DENTRO DOS PROGRAMAS DO
PLAN PROXECTA.
Xa no apartado 13 “Participación do profesorado do centro en programas
de innovación educativa” xa se desenvolve a organización e funcionamento dos
dous plans proxecta que se desenvolven no noso centro: Xogade e Recíclate
con Sogama.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
145 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
Esta programación xeral anual foi presentada para a súa aprobación ao
Claustro e ao Consello Escolar en sesións celebradas o día 25 de outubro de
2016.
A xefa de Estudos
Asdo: María Catro Nine
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017
146 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
ANEXO I
CURSO 2016 - 2017
PLAN DE MELLORA DA BIBLIOTECA
ESCOLAR
CEIP de VIÑAGRANDE - DEIRO