proposta entroido 2013
DESCRIPTION
actividades para traballar EntroidoTRANSCRIPT
O ENTROIDO EQUIPO EDL
EQUIPO BIBLIOTECA
EQUIPO ACE
E non paramos. Despois de celebrar o “Día da Paz” (que bonitas as flores que
fixemos!), agora chega o Entroido.
Esta festa celébrase en moitos lugares do mundo pero en Galicia ten unhas
características especiais. Propoñemos que nesta semana as vaiamos descubrindo.
Hai moitos enlaces en internet onde descubriremos a orixe, as datas, os disfraces
característicos de cada lugar. Recomendamos o elaborado polo Concello de Teo
http://www.siteo.org/educateo2/infantil.html
Pero… sabedes que na zona do noso colexio se celebra moi especialmente o
chamado Entroido dos Xenerais do Ulla? Nas parroquias de O Eixo, Marrozos, Aríns, hai
moita xente implicada en manter esta tradición. Por iso propoñemos as seguintes cuestións
que terá que resolver cada aula:
1.- Preguntade a compañeir@s do cole (no patio, nas aulas…) quen participa neste evento e
anotade os seus nomes e apelidos e o curso no que están. (Como mínimo 2)
2.- Anotade os días nos que sairán polos lugares e parroquias.
3.- Escribide polo menos dúas coplas que cantarán neses días.
4.- Por todo Santiago hai carteis coa foto dun Xeneral do Ulla anunciando o inicio do
Entroido. Esa foto é dun ex – alumno do noso colexio. Descubride o seu nome e tres
características do seu traxe.
5.- Estas celebracións do Antroido aprovéitanse para criticar as cousas que non van ben no
país, no Concello, nas parroquias… inventade dúas que se refiran ao noso colexio. Un
exemplo:
Pasamos uns cantos días
sen ter a calefacción.
Tiven máis frío na clase
que no meu conxelador.
Estas coplas, escribídeas nun folio e expoñerémolas no corredor da entrada.
6.- A partires do luns, dona Coresma, vendedora de produtos típicos destas datas, iravos
dando indicacións que deberedes cumprir ao longo da semana.