proxecto lingÜÍstico de centro. ies de carral...2015-16 proxecto lingÜÍstico de centro. ies de...

43
2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL

Upload: others

Post on 02-Jun-2020

9 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

2015-16

PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL

Page 2: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

2

ÍNDICE

Páxina

1. INTRODUCIÓN 3

2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6

3. LINGUA QUE SE DEBE EMPREGAR NAS DIFERENTES MATERIAS 22

4. MEDIDAS ADOPTADAS PARA QUE O ALUMNADO CON INSUFICIENTE

DOMINIO DAS LINGUAS POIDA SEGUIR CON APROVEITAMENTO AS

ENSINANZAS QUE SE LLE IMPARTEN

24

5. OBXECTIVOS E LIÑAS DE ACTUACIÓN PARA O FOMENTO DA LINGUA

GALEGA

25

5.1. OBXECTIVOS 25

5.2. PROPOSTAS DE ACTUACIÓN PARA A DINAMIZACIÓN DA LINGUA

GALEGA

29

6. OBXECTIVOS E LIÑAS DE ACTUACIÓN PARA O FOMENTO DAS

LINGUAS ESTRANXEIRAS

40

7. RECURSOS E MATERIAIS 42

8. AVALIACIÓN 42

9. ANEXOS 43

Page 3: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

3

1. INTRODUCIÓN

O IES de Carral é un centro de nova creación. Comezou a funcionar en

setembro de 2015. Entre as tarefas que nos propuxemos realizar este curso

está a redacción do Proxecto Lingüístico de Centro, cumprindo o Decreto

79/2010 para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. Estes son

os artigos que se refiren ao PLC nos IES:

Artigo 14º.-Proxecto lingüístico de centro.

1. Cada centro, dentro do seu proxecto educativo, elaborará o seu proxecto

lingüístico cada catro cursos escolares, no cal se fará constar:

a) A decisión do centro educativo respecto da lingua en que se impartirán

as materias de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e

bacharelato.

b) En educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato,

as medidas adoptadas para que o alumnado que non teña o suficiente

dominio das linguas poida seguir con aproveitamento as ensinanzas

que se lle imparten.

d) Os obxectivos xerais e as liñas de actuación deseñadas polo centro

para o fomento da lingua galega.

2. O proxecto lingüístico será redactado por unha comisión do profesorado

do centro, nomeada polo equipo directivo e oída a comisión de

coordinación pedagóxica. Formarán parte dela, como mínimo, os xefes/as

dos departamentos de linguas e o coordinador(a) do equipo de

dinamización da lingua galega. Será aprobado e avaliado polo consello

escolar do centro educativo.

3. Este proxecto remitiráselles cada catro cursos escolares aos servizos da

inspección educativa, que velarán para que o seu contido se axuste a

este decreto e ao desenvolvemento da Lei orgánica de educación.

4. Anualmente, elaborarase unha addenda do proxecto lingüístico na cal

conste:

Page 4: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

4

2. En todos os centros en que haxa unha modificación na impartición de

materias en lingua(s) estranxeira(s), información sobre os cambios

aprobados polo centro e autorizados pola consellería competente en

materia de educación.

3. En todos os centros, información e valoración dos programas e

actividades para o fomento e dinamización da lingua galega realizados

polo centro educativo no curso anterior e información do que se vai

desenvolver no curso seguinte.

5. Sen prexuízo do previsto na epígrafe 4 deste artigo, a Administración

educativa avaliará os proxectos lingüísticos dos centros e fará o

seguimento dos resultados que se desprendan da súa aplicación coa

finalidade de adoptar, se é o caso, as medidas necesarias para garantir

que o alumnado adquira de forma oral e escrita a competencia

lingüística propia de cada nivel e etapa nas dúas linguas oficiais de

Galicia, como establece o artigo 14.3º da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de

normalización lingüística.

Ademais, no artigo 5º sinala:

4. Cada centro educativo deberá facer constar no seu proxecto lingüístico

as actividades e estratexias de aprendizaxe empregadas para que o

alumnado adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento das dúas

linguas oficiais.

E no artigo 21º, indica:

2. Cando nun determinado curso o centro educativo aprobe a impartición

dunha ou de varias das materias a que se refiren os artigos 6, 7, 8 e 9 do

presente decreto en lingua(s) estranxeira(s), adaptará o seu proxecto

lingüístico para garantir o máximo equilibrio de horas semanais ofertadas

en galego e en castelán nese curso, segundo o procedemento establecido

no regulamento de centros.

No noso centro o Equipo Directivo nomeou unha comisión, oída a CCP,

encargada de redactar o PLC que estivo formada por:

Page 5: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

5

Xefa do Departamento de Lingua Castelá: Luz Gómez Avilés

Xefa do Departamento de Lingua Galega: Teresa Pastor Novo

Xefa do Departamento de Lingua Francesa: Eva Parcero Souto

Xefa do Departamento de Lingua Inglesa: Helena Vilá San Claudio

Coordinador do EDLG: Anxo Gómez Sánchez

Page 6: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

6

2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO

O IES Carral é un centro de recente creación no que se imparte Educación

Secundaria Obrigatoria. Está composto polo alumnado e o profesorado de ESO

que o pasado curso pertencía ao CPI Vicente Otero Valcárcel.

Está situado na vila de Carral, no concello do mesmo nome.

O Concello de Carral está formado por oito parroquias: Tabeaio, Sergude,

Cañás, San Vicente de Vigo, Paleo, Quembre, Sumio e Beira. Limita cos

concellos de Culleredo, Cambre, Abegondo, Ordes e Cerceda. Ten unha

poboación de 6180 persoas a 1 de xaneiro de 2015 (3040 homes; 3140

mulleres). Hai 84 aldeas e lugares no concello, polo que se pode dicir que a

poboación está moi espallada, se ben unha gran parte vive na vila de Carral.

Nos últimos anos está a medrar considerablemente a poboación,

converténdose nun concello ao que vén vivir moita xente que traballa na

Coruña, debido aos prezos máis asequibles das vivendas. Se ben desde que

comezou a actual crise económica tamén se observou unha ralentización no

medre do Concello.

Segundo datos do IGE, a poboación estranxeira residente no Concello, sería

de 163 persoas. Se ben, as persoas nacidas no estranxeiro serían 503 (145 en

países da UE, 71 noutros estados europeos, 261 en América e 14 en África).

Seguramente, boa parte deles son fillos de galegos na emigración.

Estamos a realizar uns inquéritos sobre os usos lingüísticos da comunidade

educativa do IES de Carral.

Do ano pasado xa ofrecemos unha comparativa que se desprendía dos datos

fornecidos polo IGE en 2014, baseados no censo de 2011 e que comparamos

cos do 2001.

Page 7: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

7

En tan só 10 anos, o descenso no uso do galego é alarmante: baixou un 23%

entre os que o usan sempre; aumentou considerablemente quen o usa ás

veces e o cambio é pouco significativo entre os que non o usan nunca.

Cos inquéritos que faremos este ano entre as familias do alumnado

imaxinamos que corroboraremos estes datos.

A colaboración co Concello é estreita e amosan sempre boa predisposición a

participar nas nosas actividades, tanto desde a Alcaldía, responsables das

Concellarías de Educación e da de Cultura, técnicos de Cultura, responsables

de Bibliotecas e técnico de Normalización Lingüística.

Carral é un concello con un uso aínda importante da nosa lingua, tendo en

consideración que non está moi lonxe de cidades como A Coruña ou de

concellos limítrofes bastante máis castelanizados como Cambre ou Culleredo.

É lingua de uso nas parroquias, nas familias, por parte do comercio (tanto

oralmente como por escrito).

Page 8: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

8

2.1. A situación lingüística do centro.

O IES Carral manifesta como institución a partir da documentación do centro

unha boa predisposición para o uso da lingua galega con normalidade. A seguir

imos describir algunhas situacións en relación coa lingua galega no centro.

En xeral, as actividades e documentación que realiza o centro están

redactadas en lingua galega.

A continuación imos dar algúns datos sobre os usos lingüísticos no centro,

partindo duns inquéritos realizados aos distintos membros da comunidade

educativa. Esta foi a participación por sectores:

Persoal non docente: 6 persoas (100%)

Persoal docente: 18 (arredor do 70%)

Alumnado: 173 (82%)

Familias: 44 (arredor do 25%)

Opinión sobre a presenza do galego no centro:

Persoal non docente:

Persoal docente:

Page 9: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

9

Alumnado:

Familias:

2.2. A situación do profesorado.

Durante o curso 2015-16 consideramos preciso realizarmos unha análise dos

usos lingüísticos de toda a comunidade escolar, por suposto, tamén do

profesorado.

Aínda que é un centro novo, a maior parte dos profesores e profesoras

proveñen do CPI Vicente Otero. Durante este curso deuse, ademais, un feito

pouco habitual pois xubilouse case unha cuarta parte da plantilla de profesores

durante o primeiro trimestre, polo cal podería darse unha diferenza substancial

de principio a mediados de curso.

Page 10: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

10

Capacidade do profesorado para usar o galego:

En que lingua aprendeu a falar e que lingua usa?

Page 11: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

11

Que lingua usas: na casa, cos amigos, na escola…?

Page 12: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

12

Que lingua usa o profesorado co alumnado?

Que lingua din os alumnos que emprega o profesorado?

Page 13: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

13

Que lingua di o profesorado que usa co persoal non docente?

Que lingua di o persoal non docente que emprega o profesorado con elas?

Que lingua emprega o profesorado coas familias?

Page 14: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

14

E, finalmente, que lingua pensa o profesorado que falará o alumnado que

ingrese no centro no futuro?

2.3. A situación do alumnado.

Os datos reflectidos no inquérito do IGE xa advirten de que se está a producir

unha forte desgaleguización. Así o apuntaban tamén os nosos inquéritos, feitos

entre o alumnado da ESO en cursos anteriores.

En xeral, teñen unha boa predisposición cara á nosa lingua e un dominio.

bastante correcto. Curiosamente, o maior problema que se observa é na

oralidade, pois cada vez están máis castelanizados.

Usos lingüísticos do alumnado na casa, cos amigos…

Page 15: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

15

Usos lingüísticos do alumnado na escola:

Page 16: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

16

Linguas que o alumnado di usar co profesorado:

Linguas que os profesores din que usa o alumnado:

Lingua que o alumnado di usar co persoal non docente:

Lingua que o persoal non docente di que usa o alumnado:

Page 17: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

17

Que lles resulta máis difícil de facer en galego?

Que pensan sobre o uso do galego no futuro?

2.4. A situación do persoal non docente

O persoal non docente do centro está formado por cinco persoas, ás que

engadimos neste estudo á persoa de cafetería. Estes son os resultados dos

inquéritos realizados:

Page 18: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

18

Os usos lingüísticos do persoal non docente:

Page 19: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

19

Usos lingüísticos do persoal non docente na escola:

2.5. A situación das familias.

A situación das familias que presentamos vén dada polas respostas que deron

ao cuestionario que anónima e voluntariamente cubriron e entregaron.

Page 20: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

20

Usos lingüísticos das familias:

Page 21: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

21

Que lingua di o persoal non docente que empregan as familias con elas?

Page 22: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

22

3. LINGUA QUE SE DEBE EMPREGAR NAS DIFERENTES MATERIAS

A lingua utilizada nas aulas:

A lingua das materias de idiomas ha ser a propia: Castelán, Francés, Galego e

Inglés.

Restadas as linguas estranxeiras, o galego e o castelán has ser as linguas do

50% da docencia.

É obrigado impartir en galego as seguintes materias: Ciencias da Natureza,

Bioloxía e Xeoloxía e Ciencias Sociais, Xeografía e Historia. E en castelán:

Física e Química, Matemáticas e Tecnoloxía.

No resto das materias hai unha distribución equitativa de ambas linguas oficiais

e neste centro non se imparten materias curriculares en linguas estranxeiras.

MATERIAS 1º DA ESO

CASTELÁN H. GALEGO H. INGLÉS/FRANCÉS H.

LENGUA CASTELLANA 4 LINGUA GALEGA 4 PRIMEIRA LE 3

MATEMÁTICAS 5 XEOGRAFÍA 3 SEGUNDA LE 2

PLÁSTICA 2 BIOLOXÍA 4

L. CONFIGURACIÓN 1 E. FÍSICA 2

RELIXIÓN / V. ÉTICOS 1

MATERIAS 2º DA ESO

CASTELÁN H. GALEGO H. INGLÉS/FRANCÉS H.

LENGUA CASTELLANA 3 LINGUA GALEGA 3 PRIMEIRA LE 3

MATEMÁTICAS 5 XEOGRAFÍA 3 SEGUNDA LE 2

FÍSICA E QUÍMICA 3 E. FÍSICA 2

TECNOLOXÍA 3 RELIXIÓN / V. ÉTICOS 1

MÚSICA 2

L. CONFIGURACIÓN 1

Page 23: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

23

MATERIAS 3º DA ESO

CASTELÁN H. GALEGO H. INGLÉS/FRANCÉS H.

LENGUA CASTELLANA 3 LINGUA GALEGA 3 PRIMEIRA LE 3

MATEMÁTICAS 4 XEOGRAFÍA 3 SEGUNDA LE 2

FÍSICA E QUÍMICA 2 E. FÍSICA 2

TECNOLOXÍA 2 RELIXIÓN / V. ÉTICOS 1

PLÁSTICA 2 CULTURA CLÁSICA 2

MÚSICA 2 BIOLOXÍA 2

MATERIAS 4º DA ESO ACADÉMICAS

CASTELÁN H. GALEGO H. INGLÉS/FRANCÉS H.

LENGUA CASTELLANA 3 LINGUA GALEGA 3 PRIMEIRA LE 3

MATEMÁTICAS 4 XEOGRAFÍA 3 SEGUNDA LE 3

FÍSICA E QUÍMICA 3 E. FÍSICA 2

PLÁSTICA 3 RELIXIÓN / V. ÉTICOS 1

MÚSICA 3 TICS 3

LATÍN 3 BIOLOXÍA 3

ECONOMÍA 3

MATERIAS 4º DA ESO APLICADAS

CASTELÁN H. GALEGO H. INGLÉS/FRANCÉS H.

LENGUA CASTELLANA 3 LINGUA GALEGA 3 PRIMEIRA LE 3

MATEMÁTICAS 4 XEOGRAFÍA 3 SEGUNDA LE 3

TECNOLOXÍA 3 E. FÍSICA 2

PLÁSTICA 3 RELIXIÓN / V. ÉTICOS 1

MÚSICA 3 TICS 3

IAE 3

CCAAP 3

Page 24: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

24

4. MEDIDAS ADOPTADAS PARA QUE O ALUMNADO CON INSUFICIENTE

DOMINIO DAS LINGUAS POIDA SEGUIR CON APROVEITAMENTO AS

ENSINANZAS QUE SE LLE IMPARTEN

Caso de haber alumnado con insuficiente dominio nalgunha das linguas oficiais

tomaremos medidas de carácter organizativo e curricular.

A coordinación entre o profesorado do grupo, o titor/a e o Departamento de

Orientación serve para que detectemos aqueles casos de alumnado con

dificultades.

Hai alumnado que está exento da segunda lingua estranxeira; noutros casos

recibe reforzo en Lingua Castelá en 1º da ESO e en Lingua Galega en 2º da

ESO.

No noso centro a maioría dos inmigrantes son de lingua castelá, procedentes

doutras comunidades autónomas españolas ou ben de Sudamérica. Isto facilita

a súa aprendizaxe do galego, por seren dúas linguas latinas. Ademais, son un

número aínda moi reducido de alumnos, o que facilita que teñan unha atención

máis individualizada. Os que teñen comolingua de orixe o portugués serán moi

beneficiosos para propiciarmos actitudes de prestixio e positivas cara ao

galego.

Medidas a tomar:

Teremos toda a documentación do centro en galego, con tradución ás

linguas de orixe dos inmigrantes.

Realizaremos unha avaliación lingüística inicial, que nos permitirá tomar

as

decisións de tipo curricular ou organizativo que consideremos oportunas.

Faremos reforzos lingüísticos, a ser posible dentro da propia aula,

naquelas

materias nas que o galego é a lingua vehicular.

Crearemos a figura do "alumno titor lingüístico", principalmente nenas e

nenos que falen sempre en galego para que se relacionen con eles tanto

dentro como fóra da aula.

Page 25: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

25

5. OBXECTIVOS E LIÑAS DE ACTUACIÓN PARA O FOMENTO DA

LINGUA GALEGA

Trataremos de potenciar aqueles espazos en que o Decreto de Plurilingüismo

dá pé a facelo:

Decreto de plurilingüismo. Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o

plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia (DOG 97, 25-5-2010).

Artigo 11º. Potenciación da lingua galega nos centros.

Coa finalidade de promover o uso do galego nos centros, a consellería

competente en materia de educación establecerá un programa regular de

actividades de fomento da lingua en cada centro educativo, no marco do seu

proxecto lingüístico e coa participación de toda a comunidade educativa, con

especial atención ás liñas de actuación que permitan un incremento no uso do

galego nas actividades extraescolares e complementarias.

5.1. OBXECTIVOS

Entre os obxectivos principais está o de consolidar aqueles aspectos que

consideramos están a funcionar:

Continuaremos a activar dinámicas que propicien a participación do alumnado

e dos distintos membros da comunidade educativa cara á lingua galega:

mediante concursos que procuren incentivar o seu uso e eliminar prexuízos;

utilizando o idioma en actividades que sirvan de exemplo dun uso normal da

lingua; recuperando e transmitindo tradicións, feitos históricos, facendo

publicidade dos nosos creadores culturais, literarios e musicais…

Poremos a disposición do profesorado (en colaboración co Equipo de

Biblioteca, co Equipo Directivo, con outros Departamentos) recursos sobre os

diferentes eventos que queiramos realizar, para que ademais das actividades

conxuntas, poidan preparar nas súas aulas.

Algunhas das actividades que se sinalan no Proxecto de fomento do galego

non teñen unha única concreción, pois deveñen de actitudes e recursos que se

facilitan ao longo do curso: proporcionar material, enderezos web, recursos…

Page 26: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

26

que se van facilitando periodicamente.

Seguirmos a consolidar usos lingüísticos acadados xa hai tempo como a

utilización normal do galego nos usos escritos dos distintos estamentos do

Centro.

Continuarmos a colaborar co Concello de Carral para promover e consolidar o

uso do galego, especialmente coa Técnica de Normalización Lingüística e coas

Concellarías de Educación e de Cultura. Tamén cos técnicos e responsables

das bibliotecas do Concello.

Sabemos tamén que hai moitos aspectos que temos de mellorar e neles

debemos traballar:

Conseguirmos implicar ao alumnado e ao profesorado nas diferentes

actividades, pois nalgunhas delas non chegamos á comunidade

educativa.

Mellorarmos a nosa presenza e visibilización a través das redes sociais,

blogs e todo o que ten relación coas novas tecnoloxías.

Difundir mellor as actividades que realizamos.

Colaborarmos e implicar a outras asociacións do concello: comercios,

equipos, asociacións culturais, etc.

A seguir, indicarémolos máis polo miúdo.

5.1.1. Obxectivos en relación co contorno sociolingüístico do centro.

a. Incidirmos mediante a información e a explicación argumentada e

científica, na comunidade educativa (alumnado, profesorado, persoal

non docente e familias) para vencer prexuízos cara ao galego e para

promover actitudes favorables á galeguización da escola.

b. Promoveremos a interacción entre a escola e o seu contorno para facer

máis rendibles os recursos e os esforzos deses dous ámbitos a prol da

normalización do galego: relacións co Concello, asociacións veciñais e

culturais, comercios, etc.

c. Establecer as accións de dinamización que fomenten a autoestima cara

Page 27: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

27

á lingua galega dos pais e nais, especialmente galego-falantes, co

obxectivo de evitar a negación da propia lingua na transmisión de pais a

fillos.

d. Facermos promoción e darlle visibilidade ás actividades do EDLG a

través das redes sociais, da web do centro, do noso twitter… de maneira

que cheguen ao maior número de persoas e provocar unha participación

activa da cidadanía de Carral.

e. Fomentar actividades que favorezan o uso do galego e o coñecemento

da nosa historia e tradición cultural, colaborando co concello,

asociacións e habitantes de Carral.

5.1.2. Obxectivos en relación co profesorado.

a. Responsabilizar o profesorado no proceso de dignificación da lingua,

como modelo lingüístico diario de referencia do alumnado.

b. Facermos promoción e darlle visibilidade ás actividades do EDLG a

través das redes sociais, da web do centro … de maneira que cheguen

ao maior número de profesores e desta maneira tamén ao noso

alumnado.

c. Forneceremos ao profesorado e informarémolo de canto material

relacionado coas TICS apareza en galego, facilitando o mesmo ou os

enderezos web onde se poden buscar.

d. Axudar ao profesorado na procura de material audiovisual e relacionado

coas novas tecnoloxías en galego, de maneira que o seu

descoñecemento non impida o seu uso.

e. Informar ao profesorado das medidas que están aprobadas no noso

centro para a promoción e uso do galego, de maneira que se aproveiten

e se leven a cabo.

f. Propoñer actividades que melloren as actitudes lingüísticas da

comunidade escolar que potencien o uso do galego en contextos

diversos no centro, tamén fóra das aulas e nas actividades

extraescolares e complementarias:: conferencias, coloquios, teatro,

Page 28: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

28

actividades deportivas, …

g. Proporcionar asesoramento lingüístico ao profesorado que o precise

para a realización dalgunha das actividades.

5.1.3. Obxectivos en relación co alumnado.

a. Manter e consolidar unha competencia lingüística plena naquel

alumnado que teña a lingua galega como código habitual.

b. Favorecer o emprego do galego por parte de aquel alumnado que

manifesta utilizalo na familia e fóra do centro.

c. Axudar ao alumnado inmigrante na incorporación á nosa lingua.

d. Promover actividades que potencien a oralidade en lingua galega

(lembremos que é a habilidade lingüística que din que lles custa máis).

e. Publicitar e dar visibilidade a aqueles traballos que haxa en galego nos

campos en que máis se move a mocidade: música, novas tecnoloxías,

redes sociais, blogs…

f. Achegar as actividades do EDLG ao alumnado.

g. Faremos campañas para que o alumnado e o profesorado demande

aquela tecnoloxía da informática que non encontra en galego.

h. Crearemos unha fonoteca e videoteca do centro, fornecéndoa de

material en galego, que se lle poida prestar ao alumnado e que o

profesorado poida utilizar nas aulas.

5.1.4. Obxectivos en relación coa situación lingüística do centro.

a. Coñecer a situación lingüística do centro para sabermos cal é a súa

realidade e poder comparala en anos sucesivos.

b. Publicitar entre o alumnado, profesorado, familias e persoal non docente

os obxectivos lingüísticos establecidos en todos os documentos do

centro.

c. Activar accións e dinámicas cara á mellora das actitudes da comunidade

educativa respecto da lingua galega.

d. Galeguizar os usos escritos do Centro que non o estean xa

Page 29: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

29

(comunicacións internas e externas, documentación administrativa,

material didáctico, impresos, ...).

e. Favorecer a creación de espazos de uso da lingua propia desde a

escola.

f. Presentar actitudes e accións xerais favorables ao desenvolvemento e

ao progreso educativo do ensino en galego, que fagan da galeguización

un sinal de identidade e calidade educativa do centro.

5.2. PROPOSTAS DE ACTUACIÓN PARA A DINAMIZACIÓN DA LINGUA

GALEGA

5.2.1. Actividades encamiñadas a conseguir os obxectivos establecidos a

ver co contorno sociolingüístico do centro.

Actividade 1:

Título: Biblioteca de sociolingüística

Descrición: co orzamento facilitado polo centro organizaremos unha

biblioteca temática de sociolingüística, que poremos a disposición de

toda a comunidade educativa.

Temporización: todo o curso

Responsable: Equipo de Biblioteca, EDLG.

Destinatarios: toda a comunidade educativa.

Material necesario: libros, revistas, películas, pdf… e mobiliario.

Actividade 2

Título: CENlebramos (Celebrarmos o centenario das Irmandades) 100

medidas

Descrición: O EDLG quere celebrar o centenario das Irmandades da

Fala poñendo colaborando con todas os individuos e as entidades que

favorezan o uso da nosa lingua: Concello, asociacións culturais e

deportivas, comercios… Para iso faremos un repositorio con 100

Page 30: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

30

propostas de galeguización:

- Tarxetas de convites a festas: para familias, negocios…

- Tarxetas de felicitación de aniversario

- Recordatorios de Primeira Comuñón

- Cartas de menú de restaurantes

- Carteis de sinalización, etc.

Temporización: todo o curso

Responsable: EDLG

Destinatarios: concello, asociacións culturais e deportivas, comercios…

Material necesario: fotocopias color, internet.

Actividade 3

Título: De boca en boca

Descrición: microdocumentais familiares en que pais e fillas, nais e fillos

conversan sobre a lingua que falan e sobre situacións sociolingüísticas.

Publicaríanse na revista dixital ou no blog do EDLG.

Temporización: terceiro trimestre do curso

Responsable: Departamento de Lingua Galega.

Destinatarios: comunidade educativa.

Material necesario: móbiles, tablets.

Actividade 4

Título: Piando polo galego

Descrición: despois de realizarmos os cuestionarios para os diferentes

membros da comunidade educativa, comprobamos que o labor do EDLG

é invisible para moitos e isto non pode ser. Queremos incitar á

participación e colaboración de quen o desexe. Para iso imos

achegarnos aos demais através do noso twitter e instagram.

Temporización: ao longo do curso

Page 31: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

31

Responsable: EDLG

Destinatarios: toda a comunidade educativa

Material necesario: carteis color difundir o noso twitter e instagran,

computadoras e conexión a Internet.

Actividade 5

Título: Sempre en galego, en galego de sempre

Descrición: ás veces o que temos máis próximo é o máis descoñecido.

Temos comprobado que é máis sinxelo que os cativos e cativas saiban

unha panxoliña en inglés que unha en galego; saiban máis o que é a

Feira de Abril que o que son os maios e así poderiamos seguir. Nesta

actividade queremos englobar toda unha serie de actos e feitos que

realizamos ao longo do curso e que pretenden facer visibles as nosas

tradicións.

- O Samaín: Trivial sobre o Samaín por parellas

- O Nadal: participación con panxoliñas en galego no festival

- A Candeloria: concurso de lemas amorosos para camisetas…

Temporización: todo o curso, dependendo da tradición na súa data.

Responsable: departamentos, alumnos, EDLG...

Destinatarios: toda a comunidade educativa.

Material necesario: fotocopias color, plastificados, premios para o

alumnado gañador dos concursos.

Actividade 6

Título: Aniversario dos Mártires de Carral

Descrición: Como vén sendo habitual, vaise realizar unha viaxe a

Cacheiras (Teo), para conmemorar os sucesos da revolución

provincialista de 1846, na que tiveron especial protagonismo Cacheiras

(onde tivo lugar unha famosa batalla) e Carral (onde foron fusilados os

oficiais liberais coñecidos como “Mártires de Carral”). Alí realizaremos o

percorrido pola Ruta da Batalla de Cacheiras. O día 26 de abril o

Page 32: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

32

alumnado de Cacheiras devólvenos a visita e facemos un percorrido

pola Ruta dos Mártires de Carral. Xa levamos máis de 10 anos de

intercambio e, ademais de coñecer a historia máis próxima, permítenos

que socialicen rapaces das dúas localidades.

Temporización: 25 e 26 de abril.

Responsable: Departamentos de Ciencias Sociais, Lingua Galega e

EDLG e IES de Cacheiras, Concello de Carral.

Destinatarios: alumnado de 2º da ESO.

Material necesario: autobús a Cacheiras

Actividade 7

Título: Das nosas letras...

Descrición: debido á desigualdade coa que parte o noso idioma en

relación ao castelán para chegar ao noso alumnado na lectura e na

escrita (ausencia de cómics case total, de promoción nas librarías a non

ser en datas concretas...) deseñaranse actividades para promover a

lectura en galego. Trátase de promover planos de lectura seguindo

técnicas de animación, aproveitando o auxe da literatura infantil e

xuvenil en galego. A biblioteca do centro será habitualmente o espazo

onde se leven a cabo: realización e proxección de videos promocionais

da lectura, recitais poéticos e lecturas dramatizadas, apartados

dedicados a unha temática determinada (medo, aventuras, ..…). Non

sempre se poden prever todas con antelación; aquí tamén aproveitamos

convites de outras institucións ou posibilidades que se nos presentan de

asistir a obras de teatro, por exemplo.

- Celebración do Día de Rosalía (24 de febreiro)

Semana das Letras Galegas.

Temporización: durante todo o curso.

Responsable: Biblioteca do centro, biblioteca de Carral, Departamento

de Lingua Galega e EDLG.

Page 33: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

33

Destinatarios: alumnado do centro.

Material necesario: fotocopias en color e material para realizar

exposicións.

5.2.2. Actividades encamiñadas á consecución dos obxectivos en relación

co profesorado.

Actividade 8

Título: Contamos con todo

Descrición: Facer unha análise das necesidades existentes entre o

colectivo do profesorado para desenvolver o seu traballo en galego.

Temporización: mes de xaneiro para facer o estudo e o resto do curso

para que o centro poña á súa disposición o que precise: programas

informáticos, dicionarios, atlas...

Responsable: departamentos, equipo directivo e EDLG.

Destinatarios: todo o profesorado.

Material necesario: correos electrónicos

Actividade 9

Título: Participamos en galego

Descrición: o EDLG, seguindo as directrices do decreto en relación coa

lingua galega, coidará e proporá aos Departamentos que organizacen

actividades extraescolares e complementarias que utilicen a nosa lingua

e que propoñan que a participación nas mesmas se faga tamén,

oralmente e por escrito, en galego. Evidentemente, a non ser que a

actividade sexa organizada en relación con outra lingua (castelán, inglés

e/ou francés).

Poñamos como exemplo desta actividade que inclúe dentro de si moitas

outras o FESTIVAL DO ENTROIDO, que no noso centro participan

varios departamentos e ciclos na súa organización: hai que preparar a

cartelaría, letras das comparsas, etc. Ou concursos que organizan a

Page 34: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

34

ANPA ou o Concello de Carral.

Temporización: todo o curso

Responsable: departamentos de ESO, ANPA, Concello.

Destinatarios: toda a comunidade educativa

Material necesario: cartelaría, plastificado, copias en color.

Actividade 10

Título: En liña co galego

Descrición: o EDLG está a disposición de toda a comunidade educativa

para resolver calquera dúbida de tipo lingüístico que xurda para facer

unha actividade en galego. Queremos que non se poida indicar que non

se fai un documento, unha presentación na nosa lingua por cuestións de

tipo grmatical, léxico, ortográfico...

Temporización: todo o curso

Responsable: EDLG

Destinatarios: toda a comunidade educativa

5.2.3. Actividades a realizar para a consecución dos obxectivos en

relación co alumnado.

Neste apartado a maioría das actividades contribúen a acadar varios dos

obxectivos en relación co alumnado, polo que optamos a non clasificalas por

obxectivos, agás a que se comenta en primeiro lugar, que é máis específica.

Actividade 11

Título: Plan de integración do alumnado inmigrante

Descrición: Elaborar un Plan de axuda para que o alumnado inmigrante

adquira de maneira rápida uns coñecementos básicos na nosa lingua e

se familiaricen con ela de xeito natural en tódolos contextos da súa vida

Temporización: todo o curso, principalmente cando chega un alumno

novo

Page 35: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

35

Responsable: EDLG en coordinación con Orientación e a Comisión de

Coordinación Pedagóxica.

Destinatarios: alumnado inmigrante

Material necesario: elaborado pola CCP.

Actividade 12

Título: Club de lectura “A Pedra Rosetta”

Descrición: en colaboración co Equipo de biblioteca continuamos co club

de lectura, aínda que en realidade son dous, un para 1º e 2º da ESO e

un para 3º e 4º da ESO. A intención é divulgar e fomentar a lectura.

Temporización: todo o curso.

Responsable: Equipo de Biblioteca

Destinatarios: o alumnado da ESO.

Material necesario: libros, material de papelaría, peperetadas varias.

Actividade 13

Título: Congreso da Mocidade pola lingua

Descrición: o Congreso componse de dúas partes:

Visitas de persoeiros de fóra do centro

Traballos realizados polos cativos durante o curso.

Temporización: durante o segundo trimestre preparamos todos os

traballos. Expóñense o día do Congreso.

Responsable: Departamento de Lingua Galega, EDLG, Concellarías de

Educación e Cultura do Concello de Carral, Biblioteca de Carral, persoas

e colectivos alleos á comunidade educativa.

Destinatarios: alumnado da ESO e familias que se convidan para asistir.

Material necesario: Salón de actos do Concello; sala de audiovisuais e

biblioteca do Concello. O que necesitemos para elaborar ou representar

os traballos.

Page 36: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

36

Actividade 14

Título: O Correlingua

Descrición: participación no Correlingua, tanto nos concursos de

manifesto, banda deseñada, elaboración de pancartas, animación para o

Día da Carreira… como no propio paseo o Día da Carreira.

Temporización: o día da carreira e todos os días precedentes que

traballaron no centro na elaboración de manifestos, pancartas...

Responsable: EDLG.

Destinatarios: Alumnado da ESO.

Material necesario: Dous autobuses para desprazamento,

pinturas e tea para as pancartas, rotuladores e folios para os manifestos

e banda deseñada.

Actividade 15

Título: Exposicións orais do alumnado para os seus compañeiros de ESO,

e dos centros de Primaria e de Infantil do Concello de Carral

Descrición: aproveitando diferentes temáticas ao longo do curso:

traballos de diferentes materias de aula, tradicións galegas de datas

sinaladas (a Candeloria, o Nadal, o Samaín…) os alumnos expoñen e

presentan traballos oralmente para o resto de compañeiros. Sinalaremos

algunhas porque sería moi complexo sinalalas todas. Coidamos que son

moi importantes porque serven de modelo lingüístico para o resto do

alumnado que asiste ás presentacións e exposicións.

Responsable: Diferentes Departamentos, Biblioteca,

EDLG...

Destinatarios: o alumnado do centro.

Material necesario: plastificado de documentos, fotocopias en color,

cartolinas...

Page 37: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

37

Actividade 16

Título: En galego si se xoga

Descrición: adaptamos xogos coñecidos por todos os rapaces ao

galego; ás veces en cartolina e outros materiais reais e outras na rede:

- Trivial do Samaín

- Pasapalabra da Candeloria

- Scatergorix

Temporización: todo o curso

Responsable: EDLG

Destinatarios: toda a comunidade educativa do CPI.

Material necesario: premios, copias.

5.2.4. Actividades a realizar para a consecución dos obxectivos en

relación coa situación lingüística do centro.

Actividade 17

Título: Cuestionarios para coñecer a realidade sociolingüística do centro

Descrición: realizaranse uns inquéritos a cubrir por todos os membros da

comunidade educativa: profesorado, alumnado, persoal non docente e

familias. Realizarase a partir das aplicacións do Google Drive.. O

programa xa nos proporciona os gráficos e as procentaxes das

respostas.

Temporización: curso 2015-2016

Responsable: EDLG

Destinatarios: toda a comunidade educativa do IES.

Material necesario: elaboración dos cuestionarios en Google Drive e o

blog do EDLG de Carral.

Page 38: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

38

Actividade 18

Título: en galego, por principios

Descrición: Establecer o galego como lingua de contacto inicial, cando

menos, entre o persoal do centro e calquera outro membro da

comunidade educativa ou da sociedade en xeral. Faremos varias

campañas informativas e publicitarias.

Temporización: todo o curso

Responsable: EDLG

Destinatarios: toda a comunidade educativa

Material necesario: carteis en color.

Actividade 19

Título: Concurso, “En galego todos os días”

* Descrición: concurso para elaborar un calendario de peto con unha imaxe

que anime ao uso da nosa lingua. Este foi o diploma para os gañadores

deste ano:

*Temporización: primeiro trimestre

*Responsable: EDLG

*Destinatarios: alumnado da ESO

*Material necesario: impresión calendarios

Actividade 20

Título: Expoñémonos

Descrición: facer visibles no taboleiro do EDLG noticias referentes ao

galego, caricaturas de debuxantes galegos en relación co idioma,

graffitis e cartas ó director a modo de xornais onde os rapaces opinen

sobre temas diversos.

Temporización: todo o curso

Responsable: EDLG

Page 39: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

39

Destinatarios: toda a comunidade educativa

Material necesario: fotocopias en color

Actividade 21

Título: Auditoría lingüística

Descrición: facermos unha auditoría de todos os usos lingüísticos que fai

o propio centro e a comunidade educativa, para comprobarmos o nivel

de galeguización: blogs de aulas, departamentos, ciclos, aula virtual,

taboleiros… Servirá para comprobarmos en que niveis temos un maior

uso do galego e en cales se pode potenciar.

Temporización: todo o curso

Responsable: EDLG

Destinatarios: toda a comunidade educativa

Page 40: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

40

6. OBXECTIVOS E LIÑAS DE ACTUACIÓN PARA O FOMENTO DAS

LINGUAS ESTRANXEIRAS

OBXECTIVOS

LINGÜÍSTICOS

Implantar seccións bilingües nas dúas linguas estranxeiras

a curto prazo.

Procurar o desdobre das aulas para o traballo oral da 1º/2º

lingua estranxeira.

Reforzar a lecto-escritura nas dúas linguas estranxeiras

traballando coas TICS e creando libros, comics, revistas,

guións que serán logo interpretados…

Deseñar, planificar e implantar actividades, utilizando as

novas tecnoloxías, creando un clima positivo de

participación do alumnado.

Potenciar o traballo por proxectos xunto con outros

Departamentos e favorecer a aprendizaxe cooperativa.

Reforzar a comprensión oral co visionado de películas e

documentais en versión orixinal.

CULTURAIS

Coñecer outras culturas e realidades que esperten o seu

interese e curiosidade e enriquecer, deste xeito, a súa

competencia pluricultural.

Establecer intercambios por correspondencia e de viaxe ao

estranxeiro

Potenciar o traballo en equipo, favorecendo as relacións

interpersoais e as actitudes de cooperación entre o

alumnado.

Consolidar a presenza das linguas estranxeiras na vida

académica do centro como linguas de uso (carteis,

entrevistas na lingua estranxeira aos diferentes membros

da comunidade educativa, cancións, poemas, receitas,

películas, documentais)

Page 41: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

41

LIÑAS DE ACTUACIÓN

MELLORA DA

COMPETENCIA

LINGÜÍSTICA

Potenciar o uso oral e escrito das linguas

estranxeiras na actividade académica.

Aproveitar todos os espazos de uso para a lingua

estranxeira: publicacións, concursos, actividades

relacionadas coa oratoria, teatro, música,

gastronomía, deportes...

Colaborar coa biblioteca escolar no fomento da

lectura (intensiva e extensiva), presentación de

contacontos na lingua estranxeira realizados polo

propio alumnado do centro...

DINAMIZACIÓN DA

VIDA CULTURAL

Promover intercambios con alumnos/as dos países

cuxas linguas están a aprender.

Animar ao alumnado do centro a participar nos

programas de actividades de formación de linguas

estranxeiras convocados pola Consellería de

Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Participar na organización das celebracións

tradicionais: Magosto, Entroido, Nadal...

Organizar e/ou participar en concursos literarios,

musicais, gastronómicos…

Potenciar actividades culturais relacionadas co

entorno das linguas estranxeiras, creando

situacións de comunicación real co alumnado anglo

e francofalante no estranxeiro: intercambios por

correspondencia, videoconferencias ou estadías no

Reino Unido e Francia.

Realizar exposicións ao longo do curso

relacionadas cos traballos que os alumnos/as

realizan na aula, co fin de compartirlo co resto da

comunidade educativa.

Page 42: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

42

7. RECURSOS E MATERIAIS

No centro contamos con dicionarios, gramáticas, revistas e libros en diferentes

linguas. Debido a que realizamos este ano o traslado desde o CEIP Vicente

Otero, temos que avaliar o material do que dispoñemos, para vermos cales son

as carencias.

Trataremos de colocar nas diferentes webs, páxinas dos Departamentos,

Biblioteca... acceso a correctores, diciomarios... online das distintas linguas

impartidas no centro.

Igualmente, crearemos unha sección de Sociolingüística na Biblioteca.

8. AVALIACIÓN

Neste apartado reproducimos o indicado no Decreto 79/2010 para a avaliación

do PLC (dado que ademais, como é o primeiro ano que se aproba aínda non

realizamos ningunha)

2. O proxecto lingüístico será redactado por unha comisión do profesorado

do centro, nomeada polo equipo directivo e oída a comisión de

coordinación pedagóxica. Formarán parte dela, como mínimo, os

xefes/as dos departamentos de linguas e o coordinador(a) do equipo de

dinamización da lingua galega. Será aprobado e avaliado polo consello

escolar do centro educativo.

3. Este proxecto remitiráselles cada catro cursos escolares aos servizos da

inspección educativa, que velarán para que o seu contido se axuste a

este decreto e ao desenvolvemento da Lei orgánica de educación.

Anualmente, elaborarase unha addenda do proxecto lingüístico na cal conste:

2. En todos os centros en que haxa unha modificación na impartición de

materias en lingua(s) estranxeira(s), información sobre os cambios

aprobados polo centro e autorizados pola consellería competente en

materia de educación.

Page 43: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL...2015-16 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL 2 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN 3 2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6 3

43

3. En todos os centros, información e valoración dos programas e

actividades para o fomento e dinamización da lingua galega realizados

polo centro educativo no curso anterior e información do que se vai

desenvolver no curso seguinte.

5. Sen prexuízo do previsto na epígrafe 4 deste artigo, a Administración

educativa avaliará os proxectos lingüísticos dos centros e fará o

seguimento dos resultados que se desprendan da súa aplicación coa

finalidade de adoptar, se é o caso, as medidas necesarias para garantir

que o alumnado adquira de forma oral e escrita a competencia

lingüística propia de cada nivel e etapa nas dúas linguas oficiais de

Galicia, como establece o artigo 14.3º da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de

normalización lingüística.

Ademais, como sinalamos nas actividades, realizaremos ao final de cada curso

unha auditoría lingüística que nos axude a saber as nosas fortalezas e

debilidades.

9. ANEXOS

Estes son uns enlaces aos cuestionarios realizados este curso para

coñecermos a situación sociolingüística do centro:

ALUMNADO

https://docs.google.com/forms/d/1aPUaokIpckJDyo4zy1WgIh07toZzgmbDm_cT

OKgDU9k/viewform

PERSOAL NON DOCENTE

https://docs.google.com/forms/d/1BedJzYUfZt1DUb5GLC7fMJuwt4ZRbTD5iQls

dkeM1wU/viewform

PROFESORADO

https://docs.google.com/forms/d/1LgtNPcls7vJJzw8QYd9i6RPA9q26WqzwqXu

XfJOb4vA/viewform

FAMILIAS

https://docs.google.com/forms/d/1K7IKpb4qXEleBjhCKTj7vTFUFnim60aKv68n

1p224MI/viewform