proxecto lingÜÍstico do ies de poio 2015... · 2020-01-16 · vista (pedagóxico, lingüístico,...

27
PROXECTO LINGÜÍSTICO DO IES de POIO [Escribir el subtítulo del documento] CURSO 2015/16

Upload: others

Post on 04-Mar-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PROXECTO LINGÜÍSTICO DO IES de POIO 2015... · 2020-01-16 · vista (pedagóxico, lingüístico, sociolingüístico, etc.). O argumento principal neste caso é que, cun mínimo

1

PROXECTO LINGÜÍSTICO DO IES de POIO [Escribir el subtítulo del documento]

CURSO 2015/16

Page 2: PROXECTO LINGÜÍSTICO DO IES de POIO 2015... · 2020-01-16 · vista (pedagóxico, lingüístico, sociolingüístico, etc.). O argumento principal neste caso é que, cun mínimo

PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO DO IES de POIO

1. INTRODUCIÓN.

2. PLANIFICACIÓN DO PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO (PLC).

3. OBXECTIVOS DO PLC NA PROMOCIÓN DO GALEGO.

4. ACCIÓNS E ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA.

5. PLAN LECTOR DE CENTRO

5.1 OBXECTIVOS, PRINCIPIOS E COMPROMISOS

5.2 PLANIFICACIÓN DAS ACTUACIÓNS E ACTIVIDADES

6. TRATAMENTO INTEGRADO DAS LINGUAS

7. INTEGRACIÓN NO ENSINO BILINGÜE DO ALUMNADO INMIGRANTE.

8. OUTRAS LINGUAS PRESENTES NO CENTRO

8.1 ACTIVIDADES EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

8.2 PROGRAMAS EUROPEOS

9. SEGUIMENTO E AVALIACIÓN DAS ACTUACIÓNS

ANEXOS:

ANEXO 1. ENQUISA 1: USOS LINGÜÍSTICOS DO ALUMNADO E ANÁLISE DOS MESMOS

ANEXO 2. ENQUISA 2: LINGUA DO PROFESORADO.

ANEXO 3. MATERIAS E LINGUAS DE IMPARTICIÓN.

Page 3: PROXECTO LINGÜÍSTICO DO IES de POIO 2015... · 2020-01-16 · vista (pedagóxico, lingüístico, sociolingüístico, etc.). O argumento principal neste caso é que, cun mínimo

1. INTRODUCIÓN

A transmisión lingüística primaria é o proceso de reprodución dunha lingua ás

novas xeracións de falantes, producido no seo familiar por parte principalmente

de pais e nais, e tamén, en certos casos, por outros membros da familia. Este

proceso lingüístico forma parte da socialización primaria dos individuos.

O obxecto da transmisión primaria é a lingua inicial, que será aquela variedade

lingüística que o individuo adquira espontaneamente en primeiro lugar. Non se

exclúe a posibilidade de que, baixo determinadas circunstancias, os individuos

adquiran máis dunha variedade como lingua inicial, sobre todo en contextos de

contacto de linguas ou de plurilingüismo familiar.

O traspaso da lingua familiar ás novas xeracións de falantes é o proceso

natural para a conservación dunha lingua, proceso que garante a súa vitalidade

demográfica e unha importante cohesión do grupo social que a fala. Unha

lingua que non se transmite ten poucas posibilidades de sobrevivir nun prazo

medio e longo de tempo. A familia foi, ata agora, a institución principal

responsable da reprodución das linguas. Tamén e moi relevante o papel da

familia estendida: avós, tíos, etc., que habitan na casa.

A trasmisión lingüística primaria non é una actividade que se poida regular

normativamente. A incidencia das políticas lingüísticas sobre o ámbito privado

e interpersoal é moi limitada. Ademais, as causas da non reprodución familiar

dunha lingua, mesmo por parte de falantes desa lingua, estarán moi enraizadas

nas valoracións e ideoloxías da comunidade.

Cando nunha comunidade se dá, de xeito maioritario, o traspaso da lingua de

pais/nais a fillos/as no ámbito familiar, debemos desenvolver argumentos

favorables o mantemento da transmisión primaria. Nestes casos, para reforzar

a transmisión da lingua, será efectivo utilizar argumentos que combinen as

motivacións integrativas xunto coas motivacións prácticas e utilitarias .

Page 4: PROXECTO LINGÜÍSTICO DO IES de POIO 2015... · 2020-01-16 · vista (pedagóxico, lingüístico, sociolingüístico, etc.). O argumento principal neste caso é que, cun mínimo

Nunha comunidade que ten dúas linguas, o coñecemento e uso de ambas

supón, xa que logo, una necesidade e, na maior parte dos casos, unha

oportunidade para os individuos. Polo tanto, trátase de explicar o argumento do

plurilingüismo individual e social .

Por outra banda, é igualmente interesante salientar que a aprendizaxe dos

dous idiomas desde o inicio do proceso socializador, máis aínda se se trata de

linguas estruturalmente próximas, é o máis óptimo desde calquera punto de

vista (pedagóxico, lingüístico, sociolingüístico, etc.). O argumento principal

neste caso é que, cun mínimo de esforzo suplementario, os alumnos/as poidan

aprender dúas ou mesmo unha terceira lingua .

Tomando como punto de partida todos estes aspectos teóricos sobre a

aprendizaxe dunha lingua, o Decreto 79/2010 do 20 de maio, para o

plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia que no artigo 14 adica á

elaboración do Proxecto Lingüístico do Centro (PLC). O deseño do Proxecto

Lingüístico de Centro deberá garantir que o alumnado que teña a lingua

galega como primeira lingua poida mantela e consolidar unha competencia

plena nela.

Así mesmo, que o alumnado con castelán como primeira lingua adquira plena

competencia en galego ofrecéndolle espazos e momentos de uso.

En última instancia o PLC deberá servir para que o alumnado adquira a

competencia establecida noutras linguas que se imparten no centro.

Por todo isto, no proxecto farase constar:

a) A lingua vehicular que se deben empregar nas áreas, materias, módulo ou

ámbitos de coñecemento distintos dos sinalados nos artigos 7 e 8 do mesmo

decreto.

b) As oportunas medidas de apoio e reforzo para un correcto uso lingüístico

escolar e educativo, co fin de acadar o obxectivo xeral establecido na Lei

3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística e dentro do marco

lexislativo que afecta ao fomento do plurilingüísmo.

Page 5: PROXECTO LINGÜÍSTICO DO IES de POIO 2015... · 2020-01-16 · vista (pedagóxico, lingüístico, sociolingüístico, etc.). O argumento principal neste caso é que, cun mínimo

c) Os criterios para determinar a lingua predominante da contorna .

d) As medidas adoptadas para que o alumnado que se incorpore ao centro e

non teña suficiente dominio das linguas que nel se imparten poida seguir con

aproveitamento as ensinanzas que lle impartan.

A validez do PLC será, segundo establece o antedito decreto, dun curso

académico.

2. PLANIFICACIÓN DO PROXECTO LINGÜÍSTICO DO CENTRO

Para elaborar o PLC, cómpre dispor de información que nos permita obter un

bo coñecemento da realidade sociolingüística do centro, e con tal obxecto hai

que facer unha análise dos seguintes índices:

1.- O contexto sociolingüístico do centro.

2.- A situación do profesorado.

3.- A situación do alumnado.

4.- O ambiente lingüístico do centro.

Os datos para a elaboración deses índices de análise, obteranse a partir de:

a) Información obtida a través do mapa sociolingüístico de Galicia, datos

estatísticos oficiais, estudos sociolingüísticos, etc.

b) Información obtida a partir da observación directa:

Lingua usada na documentación administrativa, no rotulado do centro, notas

informativas, etc.

Lingua usada nas comunicacións orais e escritas co alumnado, coas familias e

con outras institucións.

Lingua empregada nas interaccións do profesorado co alumnado en contextos

informais: corredores, entrada, saída, patio de recreo, etc.

Page 6: PROXECTO LINGÜÍSTICO DO IES de POIO 2015... · 2020-01-16 · vista (pedagóxico, lingüístico, sociolingüístico, etc.). O argumento principal neste caso é que, cun mínimo

Lingua empregada polo profesorado en contextos formais: claustros, comisións

pedagóxicas, consellos escolares, reunións coas familias, etc.

Lingua empregada polo persoal non docente.

Dotación de fondos bibliográficos e audiovisuais.

Lingua empregada na utilización das tecnoloxías da información e da

comunicación.

Visibilidade das accións do Equipo de Normalización e Dinamización

Lingüística.

Lingua empregada nas actividades extraescolares.

Lingua empregada polas entidades asociativas do contorno.

c) Información obtida a través de cuestionarios.

1. Ao profesorado:

Lingua de comunicación empregada polo profesorado nas distintas materias.

Actitudes que se constatan entre o profesorado.

2. Ao alumnado:

A través de distintos cuestionarios a cumprimentar no momento de

escolarización do/a alumno/a (en calquera momento que se escolarice por

primeira vez no centro), que recolle os seguintes aspectos:

Lingua empregada na súa vida cotiá.

Lingua empregada no ámbito familiar.

Lingua empregada habitualmente polo alumno no ámbito escolar (a

cumprimentar polo profesorado nos primeiros momentos da súa escolarización

e antes de que inflúa o medio lingüístico do centro educativo).

Page 7: PROXECTO LINGÜÍSTICO DO IES de POIO 2015... · 2020-01-16 · vista (pedagóxico, lingüístico, sociolingüístico, etc.). O argumento principal neste caso é que, cun mínimo

Lingua empregada no ámbito familiar.

Nivel de competencia lingüística que traen da etapa anterior.

Actitudes cara á utilización do galego no ámbito educativo.

d) Información achegada polos alumnos, que será obtida mediante o

cuestionario que se presenta no ANEXO 1 deste PLC.

e) Información achegada polos profesores, que se presenta no ANEXO 2 deste

PLC.

f) Información das materias impartidas en galego será obtida a través do

cuestionario que se presenta no ANEXO 3 deste PLC.

3. OBXECTIVOS XERAIS E AS LIÑAS DE ACTUACIÓN DESEÑADAS POLO

CENTRO PARA O FOMENTO DA LINGUA GALEGA.

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES de Poio

considera como obxectivos principais para o fomento do uso da lingua galega

os seguintes:

1. Fomentar o uso da lingua galega como lingua habitual no centro, tanto oral

como escrita, e en todos os ámbitos

2. Garantir os dereitos lingüísticos dos galegofalantes no seo da nosa

comunidade educativa, nomeadamente no caso do alumnado.

3. Reforzar o traballo para a superación progresiva dos esquemas diglósicos e

dos prexuízos asociados, así como da súa consecuencia máis inmediata, o

rexeitamento do idioma propio, entre todos os integrantes da comunidade

escolar.

4. Promover o uso activo de ferramentas das tecnoloxías da información e

comunicación en galego.

5. Implicar activamente toda a comunidade escolar, en especial o alumnado e

profesorado, nun labor dinamizador con repercusión fóra do centro.

6. Reforzar o uso do galego dentro dos ámbitos artísticos como lingua de

creación e de expresión cultural

Page 8: PROXECTO LINGÜÍSTICO DO IES de POIO 2015... · 2020-01-16 · vista (pedagóxico, lingüístico, sociolingüístico, etc.). O argumento principal neste caso é que, cun mínimo

7. Fomentar os valores funcionais, identitarios e diferenciais do idioma

8. Fomentar o hábito lector en galego, tanto de prosa como de poesía,

incluíndo encontros cos autores e autoras .

9. Potenciar a conservación do patrimonio cultural e facilitar a relación do

alumnado cos seus maiores e a contorna e así contribuír á conservación de

tradicións, técnicas, usos, costumes e saberes.

10. Coñecer máis e mellor a nosa bisbarra e Galicia, facendo especial fincapé

en personaxes destacados tanto a nivel local como autonómico, escritores e

escritoras, festas tradicionais, as nosas parroquias.

4. ACCIÓNS E ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O ENDL do IES de Poio pretende desenvolver actividades encamiñadas ao

mantemento vivo da lingua galega, reforzando a dimensión comunicativa e co

obxectivo de acadar o lugar que lle corresponde para así estar presente en

todas e cada unha das actividades que se realizan no noso centro;

involucrando a un maior número de alumnos.

Foron moitos os avances feitos en materia lingüística nestes anos: as

comunicacións oficiais e internas no noso idioma; a radio escolar, infinidade de

saídas culturais onde participan tanto alumnos como profesores, a

recuperación da nosa memoria e tradicións, o labor de asesoramento e axuda

en temas lingüísticos a outros departamentos, a realización de eventos e actos

sociais anuais como a entrega de diplomas aos alumnos de 2º de Bacharelato,

as representacións teatrais, os concursos, video-montaxes, a adquisición de

material pedagóxico en lingua galega, a publicación da revista escolar etc...

Na actualidade seguimos con estas liñas de actuación abertas, sabedores que

aínda que os resultados non foron tan satisfactorios como quixeramos é

preciso continuarmos explorando novas vías e contribuír a fomentar o uso

normalizado do noso idioma.

Atendendo aos obxectivos descritos, a continuación presentamos as liñas de

actuación deseñadas polo centro para o fomento e a dinamización da lingua

galega; organizados do seguinte xeito:

Page 9: PROXECTO LINGÜÍSTICO DO IES de POIO 2015... · 2020-01-16 · vista (pedagóxico, lingüístico, sociolingüístico, etc.). O argumento principal neste caso é que, cun mínimo

1. Celebración das festas tradicionais do ciclo anual (Samaín, Magosto,

Entroido). Tamén a semana das letras no mes de Maio.

2. Fomento do uso oral e escrito: documentación escrita, dixital e

sinaléctica en lingua galega. Uso oral daqueles actos públicos que se

levan a cabo (presentación de curso, reunións cos pais, titorías,

recebimento aos alumnos de 6º EP, entrega de diplomas, ANPA...).

3. Colaboración cos clubes de lectura que desde a biblioteca do centro se

poñen en marcha para así mellorar o nivel de comprensión lectora.

4. A Radio Escolar, dous días semanais (luns e venres): música, noticias,

celebracións e conmemoracións, entrevistas...

5. Fomento da expresión escrita e artística mediante concursos literarios

propios ou doutros organismos (Fálame da túa avoa, microrrelatos,

Xaime Isla, creación de slogan) tamén a revista escolar

6. Realización de obradoiros (maxia, banda deseñada, música tradicional)

7. Visitas e saídas culturais (roteiros, museos, teatro)

8. Charlas e encontros con escritores

9. Expresión dramática: recitais poético-musicais, performances, teatro de

títeres

10. Emprego das novas tecnoloxías: mantemento do blog ENDL no

enderezo http://endldepoio.blogspot.com.es/ ou o uso de programas de

gravación e montaxe de audio e vídeo.

5. PLAN LECTOR DE CENTRO

A LOE establece nos artigos 24.7, 25.5, 26 e 35 a necesidade de traballar en

todas as áreas, materias e niveis a comprensión lectora, a expresión oral e

escrita, a comunicación audiovisual, as tecnoloxías da información e a

comunicación e a educación en valores. Estas indicacións expresan a

necesidade de achegar as competencias básicas aos curriculos e, no capítulo

2, artigo 113 sobre bibliotecas escolares, establece que estas “contribuirán a

fomentar la lectura y a que el alumno acceda a la información y otros recursos

para el aprendizaje de las demás áreas y materias y pueda formarse en el uso

crítico de los mismos”.

Page 10: PROXECTO LINGÜÍSTICO DO IES de POIO 2015... · 2020-01-16 · vista (pedagóxico, lingüístico, sociolingüístico, etc.). O argumento principal neste caso é que, cun mínimo

En Galicia, o desenvolvemento da lei no artigo 5º do Anexo 1 establece que “a

lectura constitúe un factor primordial para o desenvolvemento das

competencias básicas”. Así, queda explícita a relación existente entre ambos

conceptos; ler posibilitará non só a competencia lingüística senón tamén

calquera outra competencia.

O Proxecto Lector de Centro é un documento a medio prazo que parte dunha

análise do contexto no que traballa para despois poder elaborar os plans

anuais de lectura, que se incluirán nas programacións xerais anuais e buscarán

a consecución dos obxectivos propostos para a mellora da capacitación do

alumnado.

O principal obxectivo do proxecto lector é o de convertir desde o noso centro ,

á lectura e á escritura en feitos cotiáns, alonxados das connotacións

academicistas que teñen polo xeral no ámbito escolar, ofrecendo experiencias

lectoras que resulten atractivas, que favorezan o feito “natural” da lectura e da

escritura.

5.1 OBXECTIVOS, PRINCIPIOS E COMPROMISOS

Obxectivos

- Facer da lectura e da escritura estratexias do traballo que favorezan

unha mellora nos procesos de aprendizaxe do alumnado.

- Construír no centro unha rede básica de lectura mediante a utilización

da biblioteca escolar .

- Dar á lectura e a escritura a importancia adecuada dentro das áreas

curriculares realizando actividades específicas.

- Realizar intervencións continuadas e coherentes ao longo do curso

escolar .

- Aproveitar ao máximo os recursos materiais e humanos.

- Colaborar con outros centros educativos e con outras institucións.

- Conseguir a implicación de toda a comunidade educativa

Principios

- Os centros educativos son lugares de irradiación cultural especialmente

en zonas rurais de posibilidades culturais escasas.

- A interdisciplinariedade é idónea para traballar competencias lectora e

escritora.

Page 11: PROXECTO LINGÜÍSTICO DO IES de POIO 2015... · 2020-01-16 · vista (pedagóxico, lingüístico, sociolingüístico, etc.). O argumento principal neste caso é que, cun mínimo

- O desenvolvemento destas competencias require a implicación e o

traballo responsable e coordinado de todo o profesorado .

- A comunidade educativa debe colaborar activamente na realización das

actividades pogramadas desde o centro.

- As actividades desenvolvidas desde o proxecto lector e escritor poden

ser un elemento de compensación de desigualdades.

Compromisos

- Establécense no centro criterios comúns e liñas de actuación

consensuadas por todo o profesorado en relación á lectura, á escritura,

ás bibliotecas de aula e a biblioteca escolar.

- O traballo de lectura e escritura son considerados fundamentais no

desenvolvemento das diferentes áreas e aparecen explicitadas nas

programacións.

- Establecemos formas de coordinación que favorezan o

desenvolvemento do proxecto lector .

- Fixamos mecanismos de coordinación nos temas de lectura, escritura e

uso dos recursos bibliotecarios.

5.2 PLANIFICACIÓN DAS ACTUACIÓNS E ACTIVIDADES

Neste momento xa dispomos da infraestrutura bibliotecaria, estamos

automatizando o rexistro de fondos e o servizo de préstamo, temos un

coordinador da biblioteca e un equipo de biblioteca, definimos obxectivos,

principios e compromisos do proxecto.

Tamén, e por quinto ano consecutivo, puxemos en marcha o Proxecto

Lector (curso 2015/16), desenvolvendo accións que implican a todo o centro

como a “Hora de Ler” ou reorganizar os fondos das bibliotecas de aula.

Apesar de que no curso pasado naceron iniciativas para implicar ás familias

no desenvolvemento das actividades, queremos incidir neste aspecto como

tamén noutros do tipo: “Mochilas viaxeiras”, encontros con autores; o

fomento da alfabetización informacional mediante recursos como os

proxectos documentais ou as web-quest, PLAMBE, os proxectos

intercentros etc.

Dentro das Actividades Xerais que contempla este proxecto están:

Page 12: PROXECTO LINGÜÍSTICO DO IES de POIO 2015... · 2020-01-16 · vista (pedagóxico, lingüístico, sociolingüístico, etc.). O argumento principal neste caso é que, cun mínimo

1. Organización de espazos e tempos: Creación de ambientes lectores: A

Hora de ler.

2. Establecerase un período de 20 minutos semanais adicados á lectura

silenciosa dentro do horario adicado á titoría.

As opcións serán:

Lectura libre ou dirixida.

Un mesmo título para todos os alumnos ou diversidade de

títulos.

Optar por un libro, xornal, revista ou mesmo soporte dixital.

Lectura silenciosa ou en voz alta.

Opcional : Posterior comentario das lecturas.

Ademais, os diferentes departamentos didácticos organizarán unha serie de

actividades que teñen por obxectivo a mellora da competencia lectora en todos

os seus aspectos. Entre estas destacariamos:

1. Nas áreas de Lingua e Literatura Española e de Lingua e Literatura

Galega, das catro horas semanais no primeiro curso da ESO, unha hora

será adicada á lectura, ben dos libros de lectura obrigatoria ou textos

seleccionados polo profesor.

2. Nos cursos da ESO formaranse bibliotecas de aula a partir de libros

que estaban xa na biblioteca, combinados con novas adquisicións. A

idea é que os alumnos poidan aproveitar calquera momento libre para

dedicarse á lectura.

3. Lectura comprensiva de textos variados tanto de carácter científico,

filosófico ou cultural que se poidan empregar dentro das diferentes

materias que se imparten no centro.

4. Música e Declamación no departamento de Música para os alumnos

aprenderen a declamar e a vivir a poesía na aula de música. Amosarase

que o ritmo, a entoación, o fraseo e a musicalidade non están presentes

só nas partituras musicais senón noutros soportes.

5. Realización de pequenas montaxes audiovisuais utilizando programas

axeitados.

Page 13: PROXECTO LINGÜÍSTICO DO IES de POIO 2015... · 2020-01-16 · vista (pedagóxico, lingüístico, sociolingüístico, etc.). O argumento principal neste caso é que, cun mínimo

6. TRATAMENTO INTEGRADO DAS LINGUAS

A Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade

educativa, modificou a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

O desenvolvemento dos currículos das distintas linguas incorporan unha

referencia expresa ao plurilingüismo, na medida en que a competencia en cada

lingua interactúa e se enriquece co coñecemento das outras linguas, e

contribúe a desenvolver destrezas e capacidades que son a base da

competencia en comunicación lingüística. Isto, e a alusión igualmente explícita

a actitudes interculturais de respecto a diferentes xeitos de expresarse e

actuar, promove o desenvolvemento simultáneo do plurilingüismo e da

interculturalidade.

Así, tanto na Educación Secundaria Obrigatoria como no Bacharelato é espe-

cialmente salientable que as aprendizaxes de linguas establecidas no currículo

destas etapas se traten de xeito integrado, e dean continuidade ao proceso de

fomento do interese por outras linguas e culturas distintas da propia e

promovan o respecto cara ás persoas falantes desas linguas.

Potenciarase o desenvolvemento da competencia de comunicación lingüística

e para unha adquisición eficaz das competencias e a súa integración efectiva

no currículo, deberán deseñarse actividades de aprendizaxe integradas que

permitan ao alumnado avanzar cara aos resultados de aprendizaxe en máis

dunha competencia ao mesmo tempo.

O tratamento integrado das linguas implica a superación do enfoque tradicional

centrado en contidos gramaticais e a historia da literatura. O traballo

sistemático sobre os diferentes xéneros textuais compartidos co resto das

materias do currículo nun enfoque comunicativo obriga a que os contidos

gramaticais vinculados á análise oracional non sexan un fin en si mesmos,

senón un instrumento ao servizo da adquisición da competencia lingüística.

Dende o punto de vista epistemolóxico queda clara a necesidade de integrar as

áreas de linguas nos proxectos lingüísticos de centro a través da metodoloxía

da aprendizaxe integrada cos contidos das áreas non lingüísticas.

É o momento de formular propostas concretas dende a experiencia da práctica

docente na aula de lingua e así proporemos algúns exemplos de actividades de

aprendizaxe integradas, aínda que non de maneira sistemática:

Page 14: PROXECTO LINGÜÍSTICO DO IES de POIO 2015... · 2020-01-16 · vista (pedagóxico, lingüístico, sociolingüístico, etc.). O argumento principal neste caso é que, cun mínimo

1. Na ortografía. A adquisición dunha verdadeira competencia ortográfica

na lingua materna (sobre todo para falantes nativos competentes que

presentan dificultade nun vocabulario expresivo concreto) só é posible

dende un enfoque integrado na aprendizaxe e a produción de textos en

áreas non lingüísticas. Polo tanto, debemos desterrar calquera exercicio

que non estea directamente relacionado coa produción de textos reais

de comunicación (exercitación directa do vocabulario ortográfico,

exercicios de atención, de pronuncia, memorización, evocación e

aplicación de regras... etc.)

2. A elaboración de listas de palabras co vocabulario que cada falante

necesita escribir segundo as súas necesidades comunicativas (pero do

que non automatizou a súa ortografía) é un recurso didáctico moi eficaz

que comparten todas as áreas do currículo.

3. Outra das achegas concretas que realizaría o profesorado de lingua ao

PLC sería a proposta dunha clasificación clara e contextualizada no

centro dos textos que o alumnado utiliza para desenvolver a súa

competencia lingüística, así como as características textuais que

permiten a súa explotación didáctica no proceso de ensino aprendizaxe.

Trataríase de chegar a un acordo sobre as tipoloxías textuais que se

utilizarían (textos narrativos, descritivos, instrutivos; dos medios de

comunicación, académicos, divulgativos, literarios, electrónicos, ...), os

temas transversais, de actualidade e temas de interese para o alumnado

e a forma de integralos nas diferentes materias

4. Na mesma liña, outro dos aspectos fundamentais no que participarán as

áreas de lingua sería o deseño de tarefas comunicativas conxuntas coas

áreas non lingüísticas partindo das diferentes tipoloxías textuais

segundo a materia que desenvolvan destrezas comunicativas en

castelán ou galego (escoitar, falar, ler e escribir). Un exemplo podería

ser a preparación e exposición ante a clase dun texto argumentativo ou

expositivo sobre un tema relacionado coa área non lingüística. Na

secuencia didáctica incluiríanse contidos lingüísticos, como por exemplo

realizar presentacións orais ben estruturadas sobre temas relacionados

Page 15: PROXECTO LINGÜÍSTICO DO IES de POIO 2015... · 2020-01-16 · vista (pedagóxico, lingüístico, sociolingüístico, etc.). O argumento principal neste caso é que, cun mínimo

coa actividade, utilizando o apoio de medios audiovisuais e das

tecnoloxías da información e a comunicación.

7. INTEGRACIÓN NO ENSINO BILINGÜE DO ALUMNADO INMIGRANTE

Ao tratarmos de establecer o perfil sociolingüístco do alumnado temos que

considerar a situación cambiante do centro que non é outra que a que está a

experimentar a nosa sociedade; trátase dos alumnos estranxeiros que se

incorporan ao noso sistema educativo. Polo tanto, aquí incluímos este punto

complementario no que recollemos outras variábeis que nos poden axudar a

comprender a realidade sociolingüística do centro. Son estas:

Porcentaxe de alumnado inmigrante no centro

Lugar de procedencia do alumnado inmigrante.

Linguas faladas no ámbito familiar do alumnado inmigrante.

Competencia en galego do alumnado inmigrante

Temos un total de 34 alumnos estranxeiros procedentes de diferentes países e

culturas, o que constitue o 6.18 % do alumnado. Se ben, algúns destes

alumnos teñen adquirida a nacionalidade española, en concreto 16; ou, a

pesar de teren nacido fóra son de ascendencia galega. Algúns destes alumnos

proceden de países de fala hispana como: Perú, Guatemala, Venezuela,

Arxentina, Chile, Colombia, Paraguai ou Cuba, e non teñen especial dificultade

en lingua castelá, pero precisan reforzo en galego, posto que moitas materias

son impartidas ou teñen textos en galego. Outros, en cambio teñen como

lingua materna outras con maior ou menor grao de semellanza co noso

sistema lingüístico; caso do portugués ou catalán por unha banda ou chinés,

árabe, wolof por outra.

De todos os xeitos, a maioria do alumnado de orixe estranxeira xa levan varios

anos escolarizados dentro do noso sistema educativo o que facilita

considerablemente o labor docente xa que en xeral o grao de comprensión e

expresión tanto en castelán coma en galego é aceptable.

Page 16: PROXECTO LINGÜÍSTICO DO IES de POIO 2015... · 2020-01-16 · vista (pedagóxico, lingüístico, sociolingüístico, etc.). O argumento principal neste caso é que, cun mínimo

Ademais, para aqueles alumnos que acaban de incorporarse recentemente

existe profesorado de apoio que se encarga de solventar os problemas

puntuais de tipo lingüístico que poidan presentarse ou que obviamente precisan

reforzo nas dúas linguas.

A todos eles hai que telos en consideración á hora de integralos nun ensino

bilingüe. A mellor maneira de facelo é comezando por coñecer a súa propia

lingua e cultura, polo que ao longo do ano se realizan distintas actividades que

permiten o devandito coñecemento, tales como ler en celebracións sinaladas

un mesmo texto nas distintas linguas en que falan os alumnos do centro.

Ademais, para que lles sexa máis doado familiarizarse co noso idioma, e teñan

o galego como unha lingua próxima, tanto nas aulas como fóra delas, tratamos

de acadar unha visibilidade permanente da lingua galega a través de

actividades de dinamización lingüística.

8. OUTRAS LINGUAS PRESENTES NO CENTRO

Ao tratarse o noso dun centro plurilingüe, no que, á parte do castelán e do

galego, tamén se estudan o inglés e o francés, imos tratar agora de enumerar

as actividades que se realizan para adquirir as competencias en cada unha

destas linguas.

A meirande parte das actividades que realiza o alumnado para o dominio

destas linguas, transcorre dentro do espazo da aula, ou dentro do centro, pero

tamén se están a realizar algunhas fóra del.

8.1 ACTIVIDADES EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

Departamento de Inglés

Entre as que teñas lugar dentro do centro, son de especial interese:

A realización de láminas, letreiros, carteis, etc., utilizando vocabulario ou

estruturas gramaticais básicas.

Page 17: PROXECTO LINGÜÍSTICO DO IES de POIO 2015... · 2020-01-16 · vista (pedagóxico, lingüístico, sociolingüístico, etc.). O argumento principal neste caso é que, cun mínimo

Dramatizacións curtas en inglés ao longo do ano, nos cursos de 1º e 2º da

ESO, para fomentar o uso da lingua oral.

Coordinación entre o departamento de música e o de inglés, preparando

cancións na clase que despois serán cantadas na aula de música.

Utilización do laboratorio de idiomas.

Con carácter anual e co ánimo de fomentar e divulgar o uso do inglés e do

francés entre o alumnado, o centro tamén participa nunha grande cantidade de

proxectos, dos que os máis destacados son:

Participación no proxecto ERASMUS+, dentro do proxecto Tourism for

teenagers

Viaxe a Londres para alumnado de 2º Bacharelato

Para ESO e bacharelato, e tamén con carácter anual, o centro promove entre o

alumnado a participación no programa de inmersión lingüística da Xunta

de Galicia. Os fins principais desta actividade, que se leva a cabo durante tres

semanas do verán, son, por unha banda, mellorar as competencias do

alumnado en linguas estranxeiras e pola outra, fomentar o interese pola cultura

dos países receptores. Realízase mediante estadías en campamentos ou

residencias en distintos puntos da xeografía española, para os alumnos de 1º

da ESO, ou no estranxeiro, para os alumnos de 2º, 3º e 4º. Neste último caso,

as estadías terán lugar no Reino Unido, Irlanda ou Francia. Canto aos alumnos

de bacharelato poderán viaxar a Canadá, para mellorar as súas habilidades

lingüísticas.

Departamento de francés

1º ESO: Reforzo de comprensión e expresión oral coas expresións

fundamentais da clase e a expresión de cuestións personais (descripción física,

a familia, os gustos, o deporte, o colexio...)

2º ESO: Reforzo de comprensión e expresión oral coas expresións

Page 18: PROXECTO LINGÜÍSTICO DO IES de POIO 2015... · 2020-01-16 · vista (pedagóxico, lingüístico, sociolingüístico, etc.). O argumento principal neste caso é que, cun mínimo

fundamentais da clase e a expresión de cuestións personais (a casa, a cidade,

a roupa, as comidas...)

3º ESO: Reforzo de compresión oral e escrita coa lectura de novelas

adaptadas o pensadas para pública desa idade.

Saída pedagóxica: SÉJOUR ÉCOLO - actividades de medio ambiente nun

entorno natural traballando a lingua estranxeira nas catro competencias

fundamentais.

4º ESO: Reforzo de compresión oral e escrita coa lectura de novelas

adaptadas o pensadas para pública desa idade.

1º BAC: Saída pedagóxica: VOYAGE À PARIS - inmersión lingüística para

poñer en práctica os coñecementos adquiridos. Proxectos a desenvolver na

aula que reforcen a competencia lingúística do alumnado.

2º BAC: Proxectos a desenvolver na aula que reforcen a competencia

lingúística do alumnado.

8.2 PROGRAMAS EUROPEOS

Dende o curso 2009-2010 o centro comezou a desenvolver proxectos dentro de

e-Twinning, a plataforma europea de traballo colaborativo facendo uso das

Tecnoloxías da Información e da Comunicación.

Os proxectos tiveron como lingua de traballo, segundo os casos, o español,

galego, inglés e francés. Algúns dos proxectos desenvolvidos coa súa data de

inicio:

Teaching each other 28.09.2009 (Selo de Calidade Nacional, Selo de Calidade Europeo, Premio europeo)

Page 19: PROXECTO LINGÜÍSTICO DO IES de POIO 2015... · 2020-01-16 · vista (pedagóxico, lingüístico, sociolingüístico, etc.). O argumento principal neste caso é que, cun mínimo

Writing a story together 29.09.2009

ASÍ SOMOS EN... 02.11.2009

Nos encontramos en el Camino 06.10.2010 (Selo de Calidade Nacional, Selo de Calidade

Europeo, Premio Nacional)

Leer y compartir- Lire et partager 06.10.2010 (Selo de Calidade Nacional, Selo de Calidade

Europeo)

Calamo currente 30.10.2010 (Selo de Calidade Nacional, Selo de Calidade Europeo)

Tips to Scheherazade 02.12.2010

Twinpress 30.09.2011 Selo de Calidade Nacional, Selo de Calidade Europeo)

Pirates adventures in the Mediterranean sea 22.10.2011

Let´s play Latin! 30.09.2012

Cine-tura: de cine a literatura 12.10.2012 (Selo de Calidade Nacional, Selo de Calidade

Europeo, Premio Nacional, finalista dos Premios de Innovación Educativa SIMO)

Intercambio linguïstico 13.10.2012

Difusión eTwinning 25.10.2012

Cidades: Literatura e escenarios, lemos e rodamos./ Ciudades: Literatura y

escenarios, leemos y rodamos. 23.11.2012

VOCES DE EUROPA 27.11.2012

Ulysse 2014 : l'odyssée du twinspace 02.07.2013

Intercambio 30.08.2013

Homer in focus 29.09.2013

Enredando versos I 19.10.2013

Ecos de la antiguedad clásica 21.11.2013

Equipos de centro eTwinnng. Etwinning school teams 26.01.2014

Transformaciones ... de ser y de sentir 19.03.2014

LOOK AT A MYTH!!! 05.11.2014

Tourism for teenagers 10.12.2014

Nos cursos 2014-2015 e 2015-2016 estase a desenvolver unha Asociación

Escolar KA2 dentro do programa europeo Erasmus +. A lingua de traballo é o

inglés, sendo algúns dos produtos finais publicados tamén en galego e

castelán.

Malia esta longa traxectoria de traballo cooperativo con socios europeos,

algúns deles recoñecidos con distintas distincións, aínda non está creada no

noso centro a dinamización de proxectos europeos, quedando todo este

traballo á boa vontade do profesorado que lle adica horas do seu tempo fóra

da xornada laboral, especialmente no caso da Asociación KA2.

Page 20: PROXECTO LINGÜÍSTICO DO IES de POIO 2015... · 2020-01-16 · vista (pedagóxico, lingüístico, sociolingüístico, etc.). O argumento principal neste caso é que, cun mínimo

9. SEGUIMENTO E AVALIACIÓN DAS ACTUACIÓNS

Dentro do Plan Lingüístico de Centro ao longo de cada curso académico

haberá que levar a cabo unha serie de accións que teñen como finalidade

detectar as posibles eivas e asemade contribuír á mellora do mesmo. Entre

elas estarían:

1. Delimitar actuacións e establecer um cronograma

2. Temporalizar os obxectivos a curto, medio e longo prazo.

3. Revisar de maneira periódica a situación sociolingüística do centro

4. Revisar aquelas estratexias que xa temos en marcha como o plan lector,

actividades para o fomento da lingua galega, integración de alumnado

inmigrante...etc

5. Incorporar cando menos unha actuación concreta en cada curso.

Page 21: PROXECTO LINGÜÍSTICO DO IES de POIO 2015... · 2020-01-16 · vista (pedagóxico, lingüístico, sociolingüístico, etc.). O argumento principal neste caso é que, cun mínimo

ANEXOS:

ANEXO 1. ENQUISA 1: USOS LINGÜÍSTICOS DO ALUMNADO E ANÁLISE DOS MESMOS

Dos 550 alumnos e alumnas matriculados no centro neste curso académico,

unha parte procede das zonas rurais próximas, o que conleva un nivel de

competencia da lingua galega e unhas actitudes sociolingüísticas diferentes ás do

medio máis urbano, mais non por iso menos castelanizadas. Estase a dar que

alumnos de familias galego falantes utilizan con exclusividade a lingua castelá e

minusvaloran a lingua propia.

A situación do concello próximo á cidade de Pontevedra e que en gran medida,

polo menos no referido á parroquia de San Salvador de Poio, debe o seu

crecemento por ser residencia de moitas das persoas que traballan na capital

provincial fai que a expansión do uso do castelán sexa xeralizada en todas as

capas da sociedade.

A isto debemos unir a importancia que está a acadar como destino turístico de

primeira orde no sur de Galicia e que ano tras ano atrae a milleiros de

visitantes. Precisamente nos núcleos de poboación costeiros (de onde procede

a meirande parte do noso alumnado) é onde a regresión no uso do galego é

máis evidente ao asociar o castelán cunha lingua máis útil para o comercio e o

turismo en xeral.

Ademais, debemos falar dunha particularidade engadida que é o colectivo de

etnia xitana que frecuenta as aulas. Nestes casos o grao de emprego da lingua

galega é nulo e tamén o nivel de competencia nas destrezas lingüísticas

básicas é menor có resto de compañeiros. No referido á expresión oral, moitos

dos alumnos de etnia xitana son incapaces de manter unha conversa sinxela

en lingua galega e as lagoas que presentan na expresión escrita son moi

elevadas. Melloran substancialmente nas destrezas que teñen que ver coa

comprensión oral, aínda que os niveis seguen sendo baixos no referente á

comprensión escrita en galego.

Realizamos a cabo unha enquisa entre unha parte do noso alumnado que

constaba de 15 preguntas e estaba dividida por un lado no uso da lingua dentro

do ámbito familiar, a nivel individual e como lingua de relación dentro do centro

Page 22: PROXECTO LINGÜÍSTICO DO IES de POIO 2015... · 2020-01-16 · vista (pedagóxico, lingüístico, sociolingüístico, etc.). O argumento principal neste caso é que, cun mínimo

de ensino. Por outra banda, preguntábase sobre o emprego do galego noutros

ámbitos: teléfono móbil, internet, consumo de música ou libros.

Os datos, que nalgúns puntos debemos analizar con certa prudencia, amosan

en xeral unha clarísima desgaleguización dentro do noso alumnado, e non fan

máis que reafirmar o que vimos observando nos últimos tempos (e avalan os

últimos datos coñecidos) e que é unha constante en practicamente todos os

lugares da contorna.

Á pregunta da lingua que empregan os teus pais na casa vemos que o galego

o falan exclusivamente case un 30% e que o bilingüismo ocupa outro 30%.

Observamos que é maior a porcentaxe que fala o galego entre os homes.

Galego Castelán Ambas NS/NC

Pai 29% 38% 31% 2%

Nai 17% 57% 26%

En cambio, contrastando estes datos co emprego da lingua na xeración

inmediatamente anterior, encontramos que houbo xa unha clara regresión no

emprego da lingua propia. O galego é maioritario entre os avós (máis do 50%)

e que tamén é maior o emprego que os alumnos fan dela nas relacións cos

seus maiores.

Galego Castelán Ambas NS/NC

Avó 51% 18% 19% 12%

Avoa 53% 23% 18% 6%

Á pregunta de cal é a túa lingua materna, o galego derrúbase a niveis

marxinais, aínda que talvez as porcentaxes debemos interpretalas con cautela

xa que os alumnos confunden a súa lingua de instalación coa materna.

Galego Castelán Ambas NS/NC Outras

7% 67% 24% - 1%

Con estes datos pódese constatar que en grande medida a cadea de

transmisión lingüística xa foi quebrada nas relacións pai-fillo e demostran que

existe unha ocultación do idioma vehicular e que o instituto máis que contribuír

ao mantemento de falantes acaba por ser un axente desgaleguizador máis.

Cando preguntamos pola lingua de uso habitual tanto na vida diaria, cos

amigos e irmáns,

Galego Castelán Ambas NS/NC Outras

Page 23: PROXECTO LINGÜÍSTICO DO IES de POIO 2015... · 2020-01-16 · vista (pedagóxico, lingüístico, sociolingüístico, etc.). O argumento principal neste caso é que, cun mínimo

3% 72% 24% - 1%

coma no instituto o castelán ten unha importancia esmagadora (entre o 70% e

o 80%) fronte a un 4% que di falar exclusivamente en galego.

Galego Castelán Ambas

4% 81% 15%

Só se maquillan timidamente os datos cando preguntamos polo emprego da

lingua galega nas aulas e nas relacións cos profesores.

Galego Castelán Ambas

5% 28% 67%

A vinculación do castelán coa modernidade e por extensión, do galego co

atraso e co antigo é un prexuízo que calla entre os nosos alumnos; unido, claro

está, a unha falta de coñecemento sobre as posibilidades que a súa lingua lle

ofrece en todos os ámbitos da vida (cultura, lecer, entretemento).

Desta forma, ás preguntas referidas ao uso do galego nas novas tecnoloxías,

na internet ou no emprego de aplicacións para móbil e tablets os datos

recollidos son pésimos, tendo case un valor testemuñal (13% bastante ou

moito).

Nada Pouco Bastante Moito

65% 22% 11% 2%

Tampouco son mellores os referidos á escoita de música en galego (9%

bastante ou moito) ou á lectura de libros no noso idioma (31% bastante ou

moito).

Nada Pouco Bastante Moito

71% 20% 8% 1%

Libros

Nada Pouco Bastante Moito

14% 55% 28% 3%

Tamén preguntamos aos alumnos pola valoración que teñen da lingua galega e

se cren que se deben promover medidas para fortalecer o uso da mesma na

nosa sociedade. O 76% ten unha valoración boa ou moi boa da lingua galega.

Á segunda pregunta, as respostas afirmativas achéganse a esta porcentaxe

pero chama a atención que máis dun terzo do alumnado, o 34%, non teña unha

opinión formada ao respecto e di non saber contestar á pregunta. Pode

Page 24: PROXECTO LINGÜÍSTICO DO IES de POIO 2015... · 2020-01-16 · vista (pedagóxico, lingüístico, sociolingüístico, etc.). O argumento principal neste caso é que, cun mínimo

deberse a que en xeral descoñecen que o galego non é unha lingua

plenamente normalizada en moitos ámbitos e que se deben promover medidas

para incentivar o seu uso na nosa sociedade.

Nada Pouco Bastante Moito

3% 21% 49% 27%

As actitudes negativas cara á lingua nos castelán-falantes ou con uso

preferente do castelán son produto sobre todo de prexuízos establecidos

(identificación de castelán= “máis capacidade de comunicación”). Incluso

dentro dos galegofalantes é común a resistencia a asumir que o galego é unha

lingua culta e cunha variedade estándar; a mesma que pode existir en calquera

outra.

Page 25: PROXECTO LINGÜÍSTICO DO IES de POIO 2015... · 2020-01-16 · vista (pedagóxico, lingüístico, sociolingüístico, etc.). O argumento principal neste caso é que, cun mínimo

ANEXO 2. ENQUISA 2: LINGUA DO PROFESORADO.

O persoal docente do IES de Poio está constituído por 48 profesores e a lingua

que empregue o profesorado é determinante na escolla lingüística nas

relacións profesor-alumno. No noso IES, é maioría o profesorado que emprega

o castelán como lingua habitual, e só un 30% declara usar só galego ou máis

galego. Hai que ter en conta que dentro do 70% do profesorado castelán

falante, unha porcentaxe emprega o galego para impartir as súas clases e

amosa unha actitude positiva cara á normalización do idioma galego, tamén na

práctica docente.

Page 26: PROXECTO LINGÜÍSTICO DO IES de POIO 2015... · 2020-01-16 · vista (pedagóxico, lingüístico, sociolingüístico, etc.). O argumento principal neste caso é que, cun mínimo

ANEXO 3. MATERIAS E LINGUAS DE IMPARTICIÓN

Materias 1º ESO 2º ESO 3º ESO 4º ESO

1. Lingua Galega e lit GALEGO GALEGO GALEGO GALEGO

2. Lingua Española e lit CASTELÁN CASTELÁN CASTELÁN CASTELÁN

3. Lingua Inglesa INGLÉS INGLÉS INGLÉS INGLÉS

4. 2ª Lingua Francés FRANCÉS FRANCÉS FRANCÉS FRANCÉS

5. Matemáticas* CASTELÁN CASTELÁN CASTELÁN CASTELÁN

6. Tecnoloxía* ------------------- CASTELÁN CASTELÁN CASTELÁN

7. Bioloxía e Xeoloxía** GALEGO ------------- GALEGO GALEGO

8. Xeografía e Historia** GALEGO GALEGO GALEGO GALEGO

9. CCNN/ Física e Química*

----------------- CASTELÁN CASTELÁN CASTELÁN

10. Cidadanía ------------- GALEGO ------------------- GALEGO

11. Latín --------------- ----------------- ------------------- CASTELÁN

12. Cultura Clásica ----------------- ------------------- GALEGO -------------------

13. Ed Plástica e Visual CASTELÁN ----------------- CASTELÁN CASTELÁN

14. Música ---------------- CASTELÁN CASTELÁN CASTELÁN

15. Educación Física GALEGO GALEGO GALEGO CASTELÁN

16. Informática (TIC) ---------- --------------- ------------- GALEGO

17. Economía ---------- ---------------- ------------------ GALEGO

18. Relixión GALEGO GALEGO GALEGO GALEGO

19. Ed Ético-cívica ------------ ------------------ ------------- GALEGO

20. Valores Éticos/ ALTERNATIVA

GAL

CAST

CASTELÁN GALEGO -------------

* Obrigatorias impartilas en castelán ** Obrigatorias impartilas en galego

Page 27: PROXECTO LINGÜÍSTICO DO IES de POIO 2015... · 2020-01-16 · vista (pedagóxico, lingüístico, sociolingüístico, etc.). O argumento principal neste caso é que, cun mínimo

MATERIAS 1º 1º Bacharelato 2º Bacharelato MATERIAS 2º

1. Lingua Galega e lit GALEGO GALEGO 1. Lingua Galega e lit

2. Lingua Española e lit CASTELÁN CASTELÁN 2. Lingua Española e lit

3. Lingua Inglesa INGLÉS INGLÉS 3. Lingua Inglesa

4. Francés FRANCÉS FRANCÉS 4. Francés

5. Matemáticas CASTELÁN CASTELÁN 5. Matemáticas

6. Tecnoloxía Industrial GALEGO GALEGO 7. Bioloxía

7. Bioloxía e Xeoloxía GALEGO GALEGO 8. Xeoloxía

8. Historia Mundo Cont GALEGO GALEGO 8. Historia de España

9. Física e Química GALEGO CASTELÁN 9. Física

10. Filosofía GALEGO GALEGO 10. Hª Filosofía

11. Latín I CASTELÁN CASTELÁN 11. Latín II

12. Grego I GALEGO CASTELÁN 12. Grego II

13. Debuxo Técnico I CASTELÁN CASTELÁN 13. Debuxo Técnico II

14. Linguaxe musical CASTELÁN GALEGO 14. Química

15. Educación Física CASTELÁN CASTELÁN 15. Educación Física

16. Informática (TIC) GALEGO 16. Informática (TIC)

17. Economía GALEGO GALEGO 17. Economía Emprend

18. Relixión CASTELÁN CASTELÁN 18. Relixión

19. Técnicas Expresión e Debate (Libre Conf)

GALEGO GALEGO 19. Ética e Fil do Dereito

20. Cultura Europea (Libre Configuración)

CASTELÁN -------------

21. Lit Universal CASTELÁN -------------------

22. Valores Éticos/ ALTERNATIVA

Valores Éticos/ ALTERNATIVA