proxecto lingua galega cidadanía- mate - temporalización por sesións (2ª avaliación)

8
Colexio plurilingüe “María Auxiliadora” Salesianos - Vigo PROXECTO CIDADANÍA -LINGUA GALEGA- MATEMÁTICAS 2º ESO EDUCACIÓN EN VALORES E COMPETENCIAS BÁSICAS www.enestadodemocratico.blogspot.com 2ª AVALIACIÓN 1) Procura de información e investigación sobre un dos problemas: Que? Cando? Onde? Como?... Avaliación: Blog/ Presentación power point/ Exposición oral Febreiro 2) Obtención e análise de información a partir da entorna (aportar modelo de sondaxe: enquisa e observación). Avaliación: Blog/ Deseño e elaboración de Enquisas e Presentación dos resultados da investigación Power Point / Exposición oral Marzo

Upload: evapaula

Post on 22-Jul-2015

420 views

Category:

Education


7 download

TRANSCRIPT

Page 1: Proxecto lingua galega  cidadanía- mate - temporalización por sesións (2ª avaliación)

Colexio plurilingüe “María Auxiliadora” Salesianos - Vigo

PROXECTO CIDADANÍA -LINGUA GALEGA- MATEMÁTICAS 2º ESO EDUCACIÓN EN VALORES E COMPETENCIAS BÁSICAS

www.enestadodemocratico.blogspot.com

2ª AVALIACIÓN

1) Procura de información e investigación sobre un dos problemas: Que? Cando? Onde? Como?...

Avaliación: Blog/ Presentación power point/ Exposición oral Febreiro

2) Obtención e análise de información a partir da entorna (aportar modelo de sondaxe: enquisa e observación).

Avaliación: Blog/ Deseño e elaboración de Enquisas e Presentación dos resultados da investigación

Power Point / Exposición oral Marzo

Page 2: Proxecto lingua galega  cidadanía- mate - temporalización por sesións (2ª avaliación)

DESEÑO DO BLOG 2ª AVALIACIÓN

ETIQUETAS TITULOS DE CADA POST/ENTRADA

Caderno de equipo 2ª

avaliación

Nome do equipo e compoñentes

Normas de funcionamento

Cargos e funcións

Diario de sesións 2ª

avaliación

Sesión 1: Caderno de Equipo 2ª avaliación

Sesión 2: Que é, cando e onde se produce?

Sesión 3: Como se manifesta e por que?

Sesión 4: Como previr? Listado de medidas preventivas. Exemplo real

ou ficticio.

Sesión 5: Elaboración presentación en PP coa información e as

imaxes/vídeos recollidos nas entradas do blog.

Sesión 6: Deseño e creación dunha enquisa.

Sesión 7: Sondaxe da contorna.

Sesión 8: Organización e planificación da realización de enquisas.

Sesión 9: Carga (elaboración de gráficas) en excel.

Sesión 10:

Investigación:

“……………….……………”

Que é o acoso escolar/anorexia/drogodependencia/…?

Cando (franxa de idade, estado anímico,..) e Onde (lugares, zonas,

clase social,...) se produce?

Como se manifesta? Síntomas de como detectalo.

Por que se produce? Listado de causas.

Como previr? Listado de medidas preventivas. Exemplo real ou

ficticio.

Elaboración presentación.

Sondaxe de Contorna Deseño e creación dunha enquisa

Creación da mostra de poboación (aula)

Organización e planificación da realización de enquisas (aula)

Carga (elaboración gráficas) en excel

Análise dos resultados: Power Point comentado

Page 3: Proxecto lingua galega  cidadanía- mate - temporalización por sesións (2ª avaliación)

AS ENTRADAS DO BLOG DEBEN INCLUÍR:

1) Texto de elaboración propia (- cantidade + calidade)

2) Imaxes/Vídeos

3) Enlaces

4) Enlaces ás fontes consultadas para a elaboración da entrada

DIARIO DE SESIÓNS

Diario de sesións nº ………………. Data: ……………………………… Alumno/a Cumpriu coas tarefas

asignadas na sesión anterior Tarefas realizadas nesta sesión Valoración do traballo en equipo (1-4)

Tarefas asignadas para a próxima sesión

1 2 3 4

Valoración

Traballo en

equipo

Habilidades de

convivencia

Xenera conflitos de

xeito habitual.

Non se implica no

progreso do grupo,

aínda que cumpre os cometidos básicos.

Xera bo ambiente de

traballo e achega ideas e

suxestións.

Fomenta as boas

relacións entre todos os

membros do grupo.

Traballo en

equipo

Non cumpriu o seu

traballo

Cumpriu, aínda que

houbo que estar

pendente de que o

fixese.

Fixo o que lle

correspondía

eficientemente.

Fixo as súas tarefas e

axudou aos demais a

acadar as súas.

Interacción na

conversa

Non participou nin

con opinións nin con achegas propias.

Participou de xeito moi

puntual.

Escoita con interese e

participa dando ideas.

Participa, escoita con

atención e anima a que todo o mundo achegue

ideas novas.

Page 4: Proxecto lingua galega  cidadanía- mate - temporalización por sesións (2ª avaliación)

TEMPORALIZACIÓN POR SESIÓNS

1) Procura de información e investigación sobre o tema da campaña: Que? Cando?

Onde? Como?...

Sesión Xaneiro LINGUA CIDADANÍA

1

Luns 19

Nome do equipo e compoñenetes

Normas de funcionamento

Cargos e funcións

Sesión 1:

2

Martes 20

(2ºA)

Venres 23

(2º B)

Que é o acoso

escolar/anorexia/drogodependencia/…?

Cando (franxa de idade, estado

anímico,..) e Onde (lugares, zonas, clase

social,...) se produce?

Sesión 2:

3 Luns 26

Como se manifesta? Síntomas de

como detectalo

Por que se produce? Listado de

causas:

Sesión 3:

Sesión Febreiro LINGUA CIDADANÍA

4 Luns 2 Como previr? Listado de medidas

preventivas. Exemplo real ou

ficticio.

Sesión 4:

5 Martes 3

(2ºA)

Venres 6

(2º B)

Elaboración presentación en PP coa

información e as imaxes/vídeos

recollidas nas entradas do blog

Sesión 5:

9-13 Avaliación Blog/ Presentación Power Point/ Exposición oral

Page 5: Proxecto lingua galega  cidadanía- mate - temporalización por sesións (2ª avaliación)

2) Obtención e análise de información a partir da entorna (aportar modelo de sondaxe:

enquisa e observación).

Sesión Febreiro LINGUA MATEMÁTICAS

6

Luns 23

Deseño e creación dunha enquisa

Redacción 10 preguntas

Sesión 6:

7

Martes 24

(2º A)

Mércores 25

(2º B)

Creación da mostra de poboación (aula)

Sesión 7:

CIDADANÍA

8

Martes 24

(2º A)

Venres 27

(2º B)

Organización e planificación da

realización de enquisas (aula)

Programación (lugares e horarios).

Protocolo de cortesía.

Sesión 8:

Xoves 26- Martes 3 Realización das enquisas (entrada, saída, recreos, outros)

Sesión Marzo LINGUA MATEMÁTICAS

9 Mércores 4

(2º A e B)

Carga (elaboración gráficas) en excel.

Sesión 9:

CIDADANÍA - MATEMÁTICAS

10 Mércores 4

(2º A)

Venres 6

(2º A -B)

Análise dos resultados: Power Point

comentado.

Sesión 10:

9-13 Avaliación Blog/ Presentación Power Point/ Exposición oral

Page 6: Proxecto lingua galega  cidadanía- mate - temporalización por sesións (2ª avaliación)

Fontes: Problemas asociados a falta de autoestima (anorexia, bulimia, drogodependencia).

http://www.educaweb.com/noticia/2005/10/10/trastornos -conducta-alimentaria-tca-definicion-

tipologias-733/

http://www.ugr.es/~ve/pdf/alimentacion.pdf

http://www.acab-rioja.org/

http://www.masqueunaimagen.com/

http://www.abagal.org/

http://www.pnsd.msc.es/

http://www.msssi.gob.es/ciudadanos/proteccionSalud/adolescencia/alcohol/home.htm

http://www.proxectohome.org/

Violencia de xénero:

http://www.who.int/mediacentre/factsheets/fs239/es/

http://www.igualdadevigo.org/violencia.php?sec=29

http://igualdade.xunta.es/gl/campanas/unidade-didactica-fios-violeta-convivir-en-igualdade

http://www.igualdadevigo.org/?sec=noticias&id_noticia=421

http://enlazavigo2014.blogspot.com.es/

https://docs.google.com/file/d/0B-1gJ9v5CRNBa0l1YWRlakxwd1E/edit?pli=1

Bullying:

www.acosoescolar.info

http://www.internetsinacoso.com/ciber-bullying.php

Pobreza e desigualdades sociais:

http://www.libertaddigital.com/opinion/juan-ramon-rallo/hambre-en-espana-73210/ http://www.savethechildren.es/docs/Ficheros/644/INFORME.pdf http://www.unicef.es/sites/www.unicef.es/fi les/Infancia_2012_2013_final.pdf

Page 7: Proxecto lingua galega  cidadanía- mate - temporalización por sesións (2ª avaliación)

MODELO DE RÚBRICA

BLOG Elementos do blog- Competencia matemática

1 O blog non recolle os elementos obrigatorios (entradas, etiquetas,…)

2 O blog recolle os elementos obrigatorios pero non é doado chegar á información (falta de etiquetas) e non está actualizado habitualmente.

3 O blog recolle todos os elementos obrigatorios a información se amosa claramente.

4 O blog recolle todos os elementos obrigatorios e responde a criterios de claridade e de calidade estética, ademais de ser actualizado habitualmente.

Elaboración da información Texto de elaboración propia

1 A redacción non é de elaboración propia.

2 A redacción é propia, mais presenta serios problemas de coherencia, cohesión e adecuación.

3 A redacción é propia, empregando estruturas sinxelas pero cohesionadas, coherentes e adecuadas.

4 A redacción e propia e emprega estruturas complexas cohesionadas, coherentes e adecuadas.

Riqueza da información achegada Enlaces ás fontes consultadas para a elaboración da entrada.

1 Consulta unha fonte de información, sen contrastar o contido con algunha outra.

2 Consulta máis dunha fonte de información, pero non contrasta o contido, limitándose a xustapór os datos.

3 Consulta máis dunha fonte de información e contrasta o contido para elaborar unha entrada propia.

4 Consulta máis dunha fonte de información, contrasta o contido delas e elabora unha entrada propia na que inclúe opinión e ideas orixinais.

Uso das TICS Imaxes/Vídeos/P

ower Point

1 Tenta evitar o uso das TICS e non amosa interese en aprender a usalas.

2 Participa na elaboración das producións usando recursos tics pero os usa con pouca fluidez e autonomía.

3 Participa na elaboración de producións usando distintos recursos TIC.

4 Participa na elaboración de producións usando distintos recursos tic, abordando con autonomía os problemas que xorden co seu uso.

NOME DO GRUPO:

Integrantes:

1)

2)

3)

4)

Data de realización da exposición oral:

Page 8: Proxecto lingua galega  cidadanía- mate - temporalización por sesións (2ª avaliación)

EXPOSICIÓN ORAL

Expresión oral 1 Sen estrutura nin cohesión no discurso. O rexistro non é adecuado. Falta vocabulario propio do tema tratado. O uso do galego é deficiente.

2 Faltan claridade e coherencia no discurso, ademais de que non emprega o vocabulario axeitadamente. O uso do galego non é satisfactorio.

3 Ten claras as ideas principais e exprésaas correctamente.Emprega o galego correctamente.

4 O discurso é coherente, está cohesionado e emprega un rexistro e vocabulario adecuados. Emprega expresións propias do galego, sen traducir nin acudir a outra lingua.

Comunicación 1 A súa linguaxe corporal, a súa entoación e a súa relación co público non son adecuados.

2 Fai esforzos por comunicarse pero non consegue manter o ton de voz ou a mirada.

3 Diríxese ao público e escóitaselle claramente.

4 A súa mensaxe oral é perfectamente percibida pola entoación e por enriquecela coa linguaxe corporal e coa interrelación co público.

POWER POINT

Competencia

dixital e

tratamento da

información

1 Non sintetiza a información relevante.

2

Non é quen de distinguir a información principal e

secundaria.

3

Sintetiza con

palabras alleas.

4

Sintetiza con

palabras propias.

1

Non emprega as TICs

axeitadamente

2

Emprega algunhas ferramentas

básicas.

3

Emprega ferramentas coñecidas con

soltura.

4

Emprega as ferramentas coñecidas e outras

avanzadas.

Elementos da presentación - Competencia matemática

1 A presentación non recolle os elementos obrigatorios .

2 Recolle os elementos obrigatorios de forma incompleta ou desordenada.

3 Recolle todos os elementos obrigatorios de maneira clara e ordenada.

4 Recolle todos os elementos obrigatorios e responde a criterios de claridade e de calidade estética.

COAVALIACIÓN

Traballo en equipo (BLOG)

1 Non cumpriu o seu traballo.

2 Cumpriu, aínda que houbo que estar pendente de que o fixese.

3 Fixo o que lle correspondía eficientemente.

4 Fixo as súas tarefas e axudou aos demais a acadar as súas.