proxecto interdisciplinar€¦ · mellor”, “o son das ondas” “mariñeiros a navegar”......
TRANSCRIPT
1
PROXECTO INTERDISCIPLINAR: Os alumn@s son os verdadeiros protagonistas, e elixen o que
queren facer e como facelo ao longo do curso.
Intentamos desenvolver as súas competencias básicas: “Social e cidadá” “Autonomía e iniciativa persoal” “Aprender a aprender”
“ Coñecemento e interacción co mundo físico” “Cultural e artística e
“Tratamento da información e competencia dixital”
Propoñéndonos como obxectivos Fomentar:
O traballo cooperativo e a participación activa e crítica, na toma
de decisións. E gozar nun proceso creativo.
Que sexan respectuos@s e comprometidos co medio urbano no
que viven, e co medio natural mariño no que imos desenvolver
o noso proxecto
Que teñan hábitos saudables activos no seu tempo de ocio
FASE DE PREPARACIÓN: 1.- Que é o que queremos facer? Posibles ideas de proxectos ou eixos temáticos abertos, admitimos todas as suxestións para enriquecernos e dar que pensar. Os seus intereses foron os
seguintes: Informática, Cultura, Mitoloxía, Música, Debuxo e
Deportes no medio mariño.
Cal eleximos? e por que?: Valoramos as ideas, e consensuando
entre tod@s cal podería ser a proposta máis interesante para o
grupo.
2.- Título do proxecto, apartados e formato As ideas sobre o
título que lle íamos poñer foron moitas e moi boas. As máis votadas
foron: “Cos pés na auga”, “Lendas nas ondas”, Atrévete! e móllate!”
e “O noso bello...vello mar” , os demais títulos ou epígrafes:
“Navegando polas salgadas augas”, “Móllate por unha Coruña
mellor”, “O Son das ondas” “Mariñeiros a navegar”... Din que o formato das presentacións vai ser en Power Point.
FASE DE EXECUCIÓN: Temporalización:
Fase 1 e 2, dende Setembro clarificamos o significado de
Interdisciplinar. O 11 de Outubro tiñamos moitas propostas. O 25 de Outubro xa tiñamos o eixo temático: O noso mar. A proposta
resultante, que englobaría todo o que eles desexaban facer, foi o
mundo mariño.
Fase 3, Pasamos a acción!! Dende comezo de Novembro Traballamos dun xeito individual, por grupos, ou todo o grupo xunto
para darlle sentido as actividades. Sabemos o que queremos facer, e
por onde comezar e ata final de curso iremos valorando e
2
introducindo propostas de mellora. Ao final de curso faremos unha
exposición en público do realizado no proxecto.
O NOSO PROXECTO INTERDISCIPLINAR: Título: “COS PÉS NA AUGA” IMOS FACER UNHA VIAXE A TRAVÉS DO MUNDO MARIÑO...
Lle dimos unha reviravolta a tradicional frase de “Cos pés na terra”
cun significado de ser realistas e non deixarse levar moito polos
soños. Nós queremos achegarnos máis ao mar e deixarnos levar
polos nosos soños. E empregar a cabeza, pero tamén o corpo, e
camiñar cos pes espidos pola beira do mar pode ser un bo
punto de partida...
O mar, como a vida mesma, está sempre cambiante e en
movemento. Se pensamos no mar inúndannos recordos de
vivencias de plenitude. No noso maxín gardamos recordos e
sensacións moi agradables de equilibrio ou paz, enerxía, liberdade,
elevación... pero tamén o mar pode resultar perigoso e cruel, e
tamén recordamos episodios de inseguridade, medo, rabia,
impotencia...
QUEREMOS COÑECER máis das posibilidades recreativas que
ofrece o mar a través da práctica dun deporte, e das posibilidades
culturais. A través da nosa curiosidade , farémonos preguntas e
haberá que investigar. Constatamos que na nosa cidade non se
fomentan os deportes náuticos, desperdiciando un enorme potencial educativo. Vivimos nunha cidade rodeada case
completamente polo mar, sen embargo na Coruña vivimos de
costas ao mar. O mundo da vela segue a ser elitista, e os os outros
deportes tradicionais como o piragüismo, e o remo non se practican a
penas. Estas actividades mariñeiras que desperdiciamos no ámbito
escolar, tradicionalmente tiveron un fin utilitario, polo que forman
parte do noso patrimonio cultural. Os nosos alumn@s nunca viron
arroaces, nunca foron coller xenrada e pescar, ou fixeron de piratillas
en travesías pola ría... a maioría de rapaces da Coruña non
dispoñen dun traxe de neopreno e un body para xogar coas
ondas, para achegarse ao coñecemento, respecto, admiración
e goce do mar dende pequen@s; para engancharse ao mar
para sempre. Sen embargo en Andorra, por exemplo, todo cativo esquía fenomenal, por que?
Imos aproveitarnos da experiencia da xente relacionada co mar,
investigando sobre que colectivos fan actividades no mar na Coruña.
Lles pasaremos unha enquisa que elaboraremos coa finalidade
de que nos conten a cerca do que tan ben coñecen.
3
QUEREMOS TER UNHA ACTITUDE RESPONSABLE E
INTELIXENTE CARA AO MAR, E A VEZ SENTIR LIBERDADE,
EMOCIÓN, AVENTURA, GOCE NUNHA PRÁCTICA DEPORTIVA...
Ata onde queremos realmente implicarnos? Ata onde imos
chegar? Quen trouxo ideas, fotografías, poemas, debuxos,
textos, noticias na prensa, quen navegou pola rede, foi ao mar
cos seus pais, amigos? Quen fixo actividades recreativas no
mar?
Propostas:
1.- LENDAS NAS ONDAS. Ao longo das historias, o mar sempre
foi escenario de mitos e fábulas. Os gregos na súa Teogonía tiñan
a Poseidón o Deus do Océano, como personificación do enorme poder da auga. Poder que desempeñaba no Olimpo, e as súas fillas
oceánidas eran as ninfas do mar... Na enormemente marítima Odisea
de Homero é Poseidón, non Zeus, o principal protagonista dos
sucesos que se desencadean. As historias cos mitos greco-latinos
imos velas no ceo nas constelacións... saída observación noite...
Porque as sereas enfeitizan e fan perder o norte aos mariños?Por que
os faros se chaman así e por que teñen luz e dende cando?...
(Hércules e a copa do sol, Ith nos petroglifos de Punta Herminia, San
Amaro, Simbad o mariño, “Se o vello Simbad volvese as illas”...)
2.- O NOSO BELLO...VELLO MAR. Orixe e evolución da vida no
planeta terra. Condicións ambientais da vida do mar; concepto de
sobreexplotación, sostenibilidade, urbanismo, consumismo invasivo, monocultivos... Composición da auga do mar e ecosistema mariño.
Realización dunha práctica intermareal; ou recollida de mostras de
flora e fauna para o seu análise. Coñecer, valorar e
sensibilizarnos sobre a interrelación humana co medio mariño
Riqueza do ecosistema mariño atlántico. Como os seres humanos
manipulamos o mar para sacar proveito del?
E como se lle saca beneficio a esa materia prima? ou comercialización
dos produtos do mar. O impacto dos seres humanos sobre o
medio mariño ten que ser o menos perxudicial posible.
3.- NAVEGANDO POLAS SALGADAS AUGAS. Coñecer os tipos de
embarcacións antes da aparición do motor, materiais de que estaban
feitas. Dende as construcións tradicionais de embarcacións galegas as
táboas de surf...
4.- O SON DAS ONDAS. A inspiración do mar nas artes:
Literatura: Espronceda “La canción del pirata”, Álvaro Cunqueiro
“Fábulas y leyendas de la mar”, Herman Melville “Moby Dick”... R.Lois
Steavenson“La isla del tesoro”, Julio Verne “20 mil leguas de viaxe
submarino”... Música, Pintura...cine... Gozar das diferentes
manifestacións artísticas e non ter pudor a hora de crear nas distintas
linguaxes artísticas: plásticas, literarias, escénicas, coas tics...
Realización dalgunha creación artística individual.
4
ALVARO CUNQUEIRO, enorme poeta, narrador, dramaturgo e
xornalista, sempre estivo fascinado pola xeografía dos mares, e os
ventos, polas fantásticas criaturas e aventuras…Cando vivía en
Madrid tiña verdadeiros síndromes de abstinencia. Quizás escribir foi
unha terapia. Na dictadura, na España anterior ao desarrollismo,
houbo moitas carencias ademáis das de liberdade… e moita xente
chegaba a maior sen ter visto nunca o mar…
5
…
E ti que fas polo mar? QUE FAI O MAR POR TI?
Cantemos!, e aprendamos a comprender o valor que ten
preservar o mar para todos nós.
El Hombre Y El Agua (Joan Manuel Serrat ) Si el hombre es un gesto el agua es la historia.
Si el hombre es un sueño el agua es el rumbo.
Si el hombre es un pueblo el agua es el mundo.
Si el hombre es recuerdo el agua es memoria.
Si el hombre está vivo el agua es la vida.
Si el hombre es un niño el agua es París.
Si el hombre la pisa el agua salpica.
Cuídala como cuida ella de ti.
Brinca, moja, vuela, lava, agua que vienes y vas. Río, espuma, lluvia,
niebla, nube, fuente, hielo, mar. Agua, barro en el camino, agua que esculpes paisajes, agua que
mueves molinos. ¡Ay agua!, que me da sed nombrarte,
agua que le puedes al fuego, agua que agujereas la piedra,
agua que estás en los cielos como en la tierra.
Brinca, moja, vuela, lava, agua que vienes y vas. Río, espuma, lluvia,
niebla, nube, fuente, hielo, mar...
5.-ATRÉVETE E MÓLLATE! Móllate por unha Coruña mellor!
Reivindicacións para unha concienciación de vivir sen darlle as costas
ao mar. Persoas, clubs que viven en contacto co mar facendo
actividades de ocio en relación co mar na nosa cidade.
6.- MARIÑEIROS A NAVEGAR! Travesía en batel e piragua!!