qquueeiirruuggaa nnoo oolllloo ddoo...

16
R E V I S T A Q U I N C E N A L D E C R E N T E S G A L E G O S A terra vai dando froito por si mesma ANO XXIX • Nº 791 - Do 22 de xuño ao 5 de xuño de 2009 Q Q Q u u u e e e i i i r r r u u u g g g a a a n n n o o o o o o l l l l l l o o o d d d o o o i i i n n n q q q u u u i i i s s s i i i d d d o o o r r r

Upload: others

Post on 30-Jul-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: QQuueeiirruuggaa nnoo oolllloo ddoo iinnqquuiissiiddoorrasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-791-web.pdfpesado e pétreo cal solemne institución, un contento para a vista e un acubillo

RR EE VV II SS TT AA QQ UU II NN CC EE NN AA LL DD EE CC RR EE NN TT EE SS GG AA LL EE GG OO SS

A te r ra va i dando f ro i to por s i mesma

AANNOO XXXXIIXX •• NNºº 779911 -- DDoo 2222 ddee xxuuññoo aaoo 55 ddee xxuuññoo ddee 22000099

QQQQuuuueeeeiiiirrrruuuuggggaaaa nnnnoooo oooolllllllloooo ddddoooo iiiinnnnqqqquuuuiiiissssiiiiddddoooorrrr

Page 2: QQuueeiirruuggaa nnoo oolllloo ddoo iinnqquuiissiiddoorrasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-791-web.pdfpesado e pétreo cal solemne institución, un contento para a vista e un acubillo

A foto que fala

Somos queirugasO trasnoDaniel López Muñoz

Srinagar (India). Un manifestante sosténdous anacos de pedra durante unha pro-

testa

Seguramente non chegamos a Torres,nin a Espartacos, pero hoxequeremos e podemos ser queirugas.A queiruga ou queiroga é do xéneroerica, coma o breixo, a carroucha, a uzou urceira; “torga”, que din enportugués, apelido de poeta. É florventureira e enxebre, amiga dolimpo, humilde no inmenso.

A queiruga viste o monte, fainobranco e morado, téceo de color. Asqueirugas pequeneiras fan do monte,pesado e pétreo cal solemneinstitución, un contento para a vista eun acubillo para o corazón doscamiñantes. As queirugas, de raízforte na terra, humanizan a golpe deflor o que é de seu esgrevio eabraiante.

Andrés Torres, o “Queiruga”, pintoude cores amables o misterio, escribiude Deus coma quen grafittea unhaflor de uz na casula do arcebispo.Non fixo manipulable nin fácil oincomprensible, nin o fixo barato,que o amor incondicionado nunca oé. Fíxoo, iso si, algo máis achegado,sedutor e desafiante, pronunciablesen insultar a humana intelixencia,capaz de ser vivido sen necesidadeque pechar os ollos ao sufrimento doinocente, capaz tamén de coexistircoa emancipada sospeita académica,coa diversidade máis diversa, coavida, nada máis e nada menos.

Andrés –que tamén ten un aquel deTorres, que todo hai que dicilo, e olloque as torres caen pero as floresmontesías teñen raíces de malarrinque!- leva unha vida enteira dedisciplinada reflexión quecontempla, de contemplación queaguilloa e alimenta. Por iso as floresdo Queiruga no medio do granito sonpinceladas de primavera entre ospenedos e, no cadro en conxunto, fanun fondo de tapiz verde-violeta,tépedo, rumor de cousas divinas,sorprendentes nestes tempos, comoesa “certeza de se sentir amado eacollido por Deus, alegría invenciblede saber que a propia existencia estátraspasada por un amor meirande catodo obstáculo e por unha esperanzamáis forte có fracaso e a morte” (donAndres dixit, que así sexa).

Disque no monte das queirugas osinquisidores queren facer unhacanteira, pero que a reacción foi tangrande e bonita que agora non ousandar a orde aos artilleiros. Pode que ofagan. Daquela van pillar unhafartura épica de caldeirada deescoura e de cascallos en vinagre, emorrerán dunha indixestión deortodoxa ausencia de color.

A vida seguirá, por outros montes.

2

Page 3: QQuueeiirruuggaa nnoo oolllloo ddoo iinnqquuiissiiddoorrasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-791-web.pdfpesado e pétreo cal solemne institución, un contento para a vista e un acubillo

Editorial A fronte praecipitium, .... a tergo lupi (diante o precipicio, detrás, os lobos)

Rumores de esperanza

A situación que se está creando arredor do galego pode facernos esquecer a realidade máis real. Esa é aque está nos estudos e mapas sociolingüísticos, a que vemos cada día nos parques, hipermercados,perruquerías, facultades e hospitais, a que simplemente nos lembra, cada vez con máis contundencia, aperda de falantes entre as xeracións novas e as áreas urbanas, é dicir, entre os sectores que “representan”modernidade e futuro.

Esa realidade – a tanxible e terrible tendencia cara a conversión dunha lingua milenaria nun acentosuburbano que alguén chama “curuño”, pero que podería ser “vigoño” ou “lugueso”- é a que calquerapolítico responsable debería abordar con tesón, intelixencia, sedución, estratexia.

Moi ao contrario, o PP fixo bandeira coa mentira da imposición do galego, imposición que daría risa senon fose de chorar. E agora, no goberno, queren contentar a uns sen desgustar a outros: ten que enfrontaraquela “verdade” sociolingüística, sen desdicirse desta mentira electoral.

A famosa enquisa ás familias tamén é dechorar, porque é de risa. Unha vezfiltrados os cuestionarios, calquera sepregunta para que van servir, como sevan a interpretar os resultados e que

conclusión é posible tirar deles. O da escola infantil é especialmente perigoso nas mans dos amigos daCOPE: preguntar nun país cunha diglosia viva e puxante e cun invencible autoodio en que linguaaprendeu a falar o neno e en que lingua a nena se dirixe aos pais (cando aquí se dirixen aos pais encastelán mesmo os nenos que só sentiron o galego de sempre) podería ter dúas aplicacións ben diferentes.

Así, posto en evidencia que entre os infantes xa non se fala chisco de galego cabería unha postura deinmersión radical, para inverter o proceso. Ou, en atención á súa sacrosanta liberdade, darlle ao galego apuntilla que necesita. Postos nesa tesitura, para que se fai a enquisa, se ao final a decisión dependerásempre doutros factores, tales como a querenza pola lingua propia?

Entre tanto, para alegrar a festa, os outros inimigos do galego dedícanse a estragar coches e a convertera principal defensora do monolingüismo castelán en mártir da patria española e portada de xornais eemisoras.

Pois iso, por diante o barranco, por trás a manda de lobos.

Xan Guillén

a famosa enquisa ás familias tamén é dechorar, porque é de risa

O outro día estiven na entrega dos Premios Xerais na Illa de San Simón. A experiencia foiestupenda xa que os que alí estivemos pasamos unha tarde moi agradable nun lugar que realmenteé precioso. Un dos momentos máis emotivos da entrega foi o discurso de Agustín Fernández Paz.Eu coido que Don Agustín é por si mesmo un motivo de esperanza. Os que o coñecemos vemos nel un home sinxelo, de aspecto humilde e cercano pero un aunténticoxenio das palabras. Ten varias ducias de libros publicados. A meirande parte destes libros estánadicados ao público infantil e xuvenil. Se cadra o público máis difícil e critico á hora de dirixir aliteratura. A lista de premios e recoñementos e interminable. Porén el continúa traballando, dexeito sinxelo e inmenso.

A todos os que estabamos alí dirixiunos unhas palabraspara que continuaramos defendendo a lingua e a literaturade noso. Palabras escritas con sinxeleza e dende o corazóndun home que o ten enorme. Palabras ricas e con sentido.Palabras dun bo e xeneroso. Eu penso que toda Galicia estáen débeda con este home do bigotiño. Dinme que foicolaborador de Irimia hai anos e eu non podo deixar depensar que pasaría se tivesen un destes noutras terras.Grazas Don Agustín.

3

Page 4: QQuueeiirruuggaa nnoo oolllloo ddoo iinnqquuiissiiddoorrasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-791-web.pdfpesado e pétreo cal solemne institución, un contento para a vista e un acubillo

4

O verán agasállanos coscurros, un traballo duro no quetiñan que afanarse todos osveciños. Había que domar,rapar e marcar as reses porprimeira vez, e recoñecer ospoldros que non abandonan orastro das súas nais, paraidentificar así, os seus donos.Eva Moreda presentou a súanovela O PAÍS DAS BESTAS(Biblos), sobre as rapas, un dosritos máis ancestrais,vivenciados con emoción porunha rapaza de orixe urbana.O 60% dos 24.000 cabalosviven en liberdade. 1.563 sonde pura raza galega (o 20%dos que están no monte). Nafoto, unha pelexa de garañóns.O derradeiro domingo dexuño, a cita é na Capelada deCedeira. Xa a primeira fin desemana de xullo: Sabucedo naEstrada, ou Candaoso enViveiro. A seguinte: Amil enMoraña e o da Curota noBarbanza…

No solsticio de verán, vilas ealdeas como Sarria celebran oSAN XOÁN, unha das 4vilas galegas con máisactividade comercial, xunto conLalín (a vila de máis de 10.000habitantes con máis emprego,con 15 establecementos máisao ano), Tui e Monforte. A 13ªco PIB máis alto. Pero no tramo,xunto con Vilalba, co índice demáis vellez, o 25,5%, aliviadapolos inmigrantes, 1094 (94 no2008), que participan na festado lume con intensidade, cunpiso de acollida, mesmo paraas e os que poidan sufrirmaltratos. Como cabeceira deservizos, e coa industria domoble que acubilla, atrae apoboación da comarca (374altas no 08). As 1.234moblerías galegas baixaron un25% as vendas, pola crise daconstrución, a importación dePortugal, etc.

O día 5, nas lexislativasmexicanas, o partidogobernante (Pan) pon a probaa guerra suxa e arbitrariacontra a delincuenciaorganizada, que custou a vidaen 2008 a máis de 5.000persoas. En fronte, o PRD deesquerdas, que reclama un“Acordo nacional paracombatir o crime”, co debatesobre a legalización dasdrogas. No verán, con máislecer, leremos `La región mástransparente” (1958) de CarlosFuentes, que conta a historia dopaís, a través da capital. Osanos de revolución (1946-56),de Villa e Zapata, etc.Celebramos o Premio Príncipede Asturias á UniversidadeAutónoma que, co presidenteLázaro Cárdenas (na foto)acolleron @s exiliados no 36. Aavogada ourensá Mayte Lópezdefende as nais dedesaparecidas en CiudadJuárez, 1.100 en 19 meses,denunciando o Estado deMéxico polos feminicidios.

A CRUZ VERMELLAcumpre 150 anos o día 24.Na foto, unha das súasvoluntarias, que traballa a péde mar para remediar asdesfeitas das e dos inmigrantesde África, atendendo a un dos22 rescatados. O día 2, nunnaufraxio en Tarifa houbo uns30/50 desaparecidos, entreeles 8 bebés, despois de 4 díasno mar. Viñan de Mauritania.En Galicia hai 8.000voluntari@s, que taméncolaboran na información aosinmigrantes, e en labores derisco nas nosas costas.Seguimos sendo os máisinsolidarios. Á cola, cunhaachega da Xunta dun 0,11% doorzamento, nunha relación queencabezan Euskadi eCatalunya. Hai 50 Ongsintegradas nunhacoordinadora, pero son 160 asque teñen incidencia enGalicia.

A peneira

1

1 2 3 4

3

42

Page 5: QQuueeiirruuggaa nnoo oolllloo ddoo iinnqquuiissiiddoorrasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-791-web.pdfpesado e pétreo cal solemne institución, un contento para a vista e un acubillo

5

Hai debate sobre aENERXÍA NUCLEAR,rexeitada no 1974 cando seproxectaba a central nuclear enXove, grazas aos líderes deComisións Labregas, Pencha deExtensión Agraria, ou ÁfricaLeira da AC. Sementeira, opárroco, Ramón Marful, o lídernacionalista, Francisco L. R.Guerreiro…, cunha consigna:“A terra é nosa e non deFenosa”. Os xeradoresreactivos producen 12.000 t.de refugallos perigosos. EnEuropa hai 125 centrais (32menos que hai 20 anos), Peroa China quere igualar a EUAen 20 anos con 104 plantas, entroco das 11 actuais. Na foto,Herbert F. York, pacifistaamericano, finado o 19, quedespois de participar naconstrución da bomba atómica,converteuse en detractor: “nonexiste un sistema de armamentonuclear bo”.

As CONSERVEIRASloitan contra a crise, mesmoremozando as plantillas, agoradunha media de 45 anos, conprexubilacións. Pode reducirseo emprego en 3.000 persoas,un 15%. Hoxe son 10.500 nas67 empresas (o 60,4% de atún)e 20 de acuicultura. Un 83% dafactura de todo o estado. Asúa produción con marcapropia baixou un 19%, a proldas etiquetas dasdistribuidoras: grandesalmacéns, etc. Os conxeladosdan traballo directamente a8.800 persoas (71% demulleres), o 5% dasexportacións de Galiza, e queestán sendo prexudicados polaimportación do sudeste asiático.Científicos da Universidade deSantiago asesoran ás principaisexportadoras de atún enconserva de Tailandia parareducir emisións de gases deefecto invernadoiro, dende aprodución ata o seu consumo.

O 28, día do Estatuto do 36,X. M. BEIRAS, recibe oPremio Trasalba, ao abeiro deOtero Pedrayo, pola “vidaentregada xenerosamente aGalicia”. A mellor homenaxe éa palabra cando moitosabdican: “Cómpre que Galizaobteña unha auténticacapacidade de autogobernocomo “nacionalidade histórica”para abordar con poderesabondo a solución dos seusproblemas económicos esociais, desenvolver a súacultura tanto en coordenadasxenuínas coma universais,impulsar e normalizar o uso doseu idioma, e ocupar unhaposición digna no Estado e naUE… Nós imos proseguir anosa loita e o noso laborpolítico con máis enerxía eintelixencia aínda, e en estreitacolaboración solidaria con esacidadanía. E digo “Nós” comodicían Castelao, Otero Pedrayoe os demais. E como ManuelAntonio, o poeta mariñeiro: “omar, o barco e máis nós”. Unmar sen chapapote químico ninpolítico”.

No “Día da solidariedade coasvítimas da tortura”, o 26,denunciamos a ignominia deGUANTÁNAMO. Nafoto, manifestación en Lugo. Unxuíz obrigou a facer públicasas probas contra os detidos, oprimeiro foi un mozo de 15anos, agora 22… Publicouse oque xa se sabía, o escarnio quesofren os 240 secuestrados edetidos aquí, e nas cárceressegredas de EEUU,machucando os dereitoshumanos, cun cinismo que estáa desinflar as promesas deObama. Aínda está poremerxer a explosión de torturasque os soldados e aadministración provocaron.Igual cás políticas feudais...,nas que a guerra contra oterror vira contra a liberdade,con simas de violencia:Paquistán, Exipto. Obama debeentregar a Cuba a base militar,reduto da tortura, e volverescoitar “Guantanamera”, osversos de José Martí.

5 6 7 8

5

6

7

8

Alfonso Blanco Torrado

Page 6: QQuueeiirruuggaa nnoo oolllloo ddoo iinnqquuiissiiddoorrasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-791-web.pdfpesado e pétreo cal solemne institución, un contento para a vista e un acubillo

6

Xabier Blanco.

ContextoEscribo o sábado 13 de xuño polatarde. O vindeiro luns día 15reunirase a comisión episcopal dadoutrina da fe presidida poloarcebispo de Granada don JavierMartínez –xunto con 9 bispos máis- eo “secretario técnico” José Rico Pavése disque quitarán adiante undocumento que levará por título algosemellante a “Nota aclaratoria sobrealgunhas obras del Profesor AndrésTorres Queiruga” na que secuestionarán moitos aspectos da súateoloxía e dirase que se fai para queo Pobo de Deus non sexa confundidoetc... Recoñecerase, seguramente, a“boa intención” do autor en tratar depresentar a mensaxe cristiá dun xeitopositivo e actualizado,pero diraseque, aínda sendo bo o intento, asconsecuencias son negativas para aIgrexa dado que non é fiel aoMaxisterio, que rompe coa Tradición,co “depósito da Fe”... E todo istodirase sen utilizar a palabra“condena”.Publicarase a nota despois de pasar,probablemente, pola comisiónpermanente do episcopado. Candoleades isto xa saberedes se todoprocedeu así ou a “presión” exercidanas páxinas de internet dende opasado 10 de xuño disuadiu acomisión (seica os seus membros nonesperaban que a nova se filtrase). Ben, xa con isto chegaría paracabrearse ou entristecerse:cuestionarase a reflexión dun teólogosen ter dialogado previamente con el.Se as cousas son así, qué significanna práctica verbas tan importantes naTradición como Comuñón,Fraternidade, Participación?

Qué pretende a reflexión teolóxicade Andrés?Hai xa máis de 30 anos o autorexpresábase do seguinte xeito:“Hai xa tempo que me anda a tentara idea de ir dándolle forma á intuiciónde Deus como Pai, como puro amor ebondade. Estou convencido de queela pode – e quizais deba –

reconfigurar toda a teoloxía: ofreceunha nova visión, unha novaperspectiva sobre todos os temasfundamentais (...). A relixión é moitasveces cargada cun peso alleo:experimentada como imposición máisou menos represiva. Aparece comorelixión do deber: da limitación daexistencia, da existencia que nonpermite acougar...Falso. O peso davida non é o peso da relixión, senónda existencia como tal. É o ser home,o realizarse como persoa o queresulta difícil. Ser persoa: velaí aesixencia, a chamada cara adiante, atarefa e a dureza da liberdade. Arelixión vén xustamente a facer máislevadeira a tarefa. (...). Xa se ve quetodo o que impida ver a relixión comograza, liberación, alegría, constitúedeformación ou aínda “blasfemia”.Deus ten que aparecer sempre como“cómplice”, como apoio, axuda...nadura tarefa da vida.”Velaí condensado o grande esforzode toda a reflexión teolóxica deQuiruga.El toma os grandes conceptos doCristianismo (Revelación, Salvación,Creación, Resurrección...) e fai unenorme esforzo para que talesconceptos sexan intelixibles para asmulleres e os homes do século XXI epara que non digan nada do que nonqueren dicir: Deus como inimigo,relixión como carga...O autor tomouse moi en seriocontribuír a que a Igrexa sexa“intelectualmente habitable” e por isoreformula o Cristianismo tendo enconta que a Modernidade “conmoveuata os alicerces” a nosa comprensiónda fe, dado que os seus conceptosfundamentais forxáronse na Patrísticae na Escolástica Medieval. En talintento non hai máis que fidelidade aoConcilio cando pide que unha“exposición inadecuada da doutrina”non constitúa “parte non pequena” doateísmo ou cando pide que a feprecisa hoxe ser consecuente co feitoincontrovertible de que o respecto á“autonomía da realidade terrea”constitúe unha esixencia“absolutamente lexítima”.

Qué nos aporta a reflexión teolóxica de Queiruga?

Page 7: QQuueeiirruuggaa nnoo oolllloo ddoo iinnqquuiissiiddoorrasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-791-web.pdfpesado e pétreo cal solemne institución, un contento para a vista e un acubillo

7

Rubén Aramburu

O Peto do Santo AntónA Escola de Espiritualidade rematou o curso en Sobrado dos Monxes con tres díasde retiro e oración. 60 persoas en silencio e busca percorreron os claustrosmonásticos acompañados da incansable presenza da chuvia. O curso centrouse encaer na conta de Deus que crea e recrea en cada persoa: Cocreadores!Foi bonita a experiencia de contemplación a través dos sentidos e que vos conto porse queredes intentalo. Paseo: 10 minutos dedicados á vista, só a mirar e observar apaisaxe, sen facer xuízos, razoamentos… descubrir todo o que está ante os nososollos. 10 minutos para o oído, para escoitar cada son, como a chuvia, o vento, ospaxaros, os propios pasos…10 minutos para ulir, os olores lévannos a infancia, atantos momentos. Ulir a herba, a pedra, o musgo, o pan que partimos…10 minutospara o tacto, para sentir a través da pel, o frío, o aloumiño do sol, as asperezas, assuavidades…Discorren 40 minutos, e entras no silencio e na quietude, no estado decontemplación que é sobre todo non facer xuízos, deixar atrás os pensamentos equedar baleiro ante Deus que nos crea.A fermosa liturxia dos monxes de Sobrado foinos acompañando o longo do día.Desde as vixilias na mañanciña ata as completas e a salve cisterciense da noite.Tamén nos acompañaban os monxes- que teñen 6 novizos mozos!- desde o seusilencio e a súa acollida.O domingo foi día da Trindade, cousa ben difícil e rara. A capela monásticaencheuse de xente e a liturxia era un canto da vida saboreada por Deus Pai e Nai.Na homilía descubrimos como o ser humano foi percibindo a Deus ao longo dosséculos de forma distinta, na Xénese, no Éxodo, no libro de Nehemías…ata o abbáde Xesús que escandalizou os señores do templo. Entendemos a Deus Trindade-comunidade, grazas a un don, a un agasallo que o propio Deus pousou na nosaterra, e que con toda eclesialidade presidiu a eucaristía como abade de honra:Andrés Torres Queiruga. Grazas irmán!

Page 8: QQuueeiirruuggaa nnoo oolllloo ddoo iinnqquuiissiiddoorrasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-791-web.pdfpesado e pétreo cal solemne institución, un contento para a vista e un acubillo

8

Este tríptico informativo da Coordinadora Galega de Equipos deNormalización Lingüística nace da necesidade de achegar ás familiasinformación rigorosa sobre o ensino das linguas en Galicia. Os estudos nosque se basean os datos que nel se ofrecen desmontan moitos dos prexuízos efalsidades que se levan dito sobre o noso sistema educativo. Ante a consultaás familias que a Xunta acaba de realizar era importante que os pais e as naistivesen nas súas mans información seria. A Consellería de Educación, que eraquen debía ocuparse deste labor non só non o levou a cabo senón queintentou impedir a difusión deste documento cun correo intimidatoriodirixido aos equipos directivos no que se prohibía calquera tipo de campañatanto a favor coma e contra das enquisas. O documento que promoveu aCoordinadora de Equipos de Normalización e que apoiaron as universidadesda Coruña e Vigo e mais as escolas católicas de Galicia é o que aquí vosofrecemos.

Que está pasando? A situación actual é que o idioma que debería unirnos está sendo utilizado

para separarnos nunha loita na que algunha xente busca a desaparición da

nosa lingua do sistema educativo.

Neste contexto, e ante a enquisa que vai realizar a Xunta, pensamos que é

necesario que os pais e nais lle fagan saber á Consellería de Educación algo

que parece do máis lóxico: que queremos que os nosos fillos e fillas dominen

as dúas linguas e que, por tanto, o galego sexa tamén lingua da aprendizaxe.

1. O galego necesita aprenderse na escola En Galicia temos dúas linguas e o sistema educativo debe conseguir que se

dominen as dúas.

A escola ten que garantir que os nenos/as saiban por igual galego e castelán.

Hoxe en día, para moitos nenos/as a escola é o único lugar no que conviven

co galego. Por iso, xa que o galego precisa espazos de uso, é fundamental que,

cando menos, a metade das materias se impartan no noso idioma. Porque,

todos estamos de acordo, as linguas apréndense usándoas.

2. Saber galego axuda a aprender Os especialistas en adquisición de linguas (Cummins,

I. Vila, C. Baker...) demostran nos seus estudos que é máis fácil aprender unha

nova lingua partindo doutras. Canto máis temperá é a introdución de novas

linguas mellor se consolidan.

Se un alumno aprende nunha lingua poderá transferir os coñecementos a

calquera outra (se aprende matemáticas en galego, poderá utilizar os seus

coñecementos matemáticos en calquera outra lingua).

Actualidade

Page 9: QQuueeiirruuggaa nnoo oolllloo ddoo iinnqquuiissiiddoorrasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-791-web.pdfpesado e pétreo cal solemne institución, un contento para a vista e un acubillo

O coñecemento das linguasinternacionais é necesario, pero nindinamarqueses, nin holandeses, ninislande¬ses... deixan de lado a súa linguapropia a pesar

de teren poucos falantes. Todas asculturas entenden a lingua como unpatrimonio que hai que protexer e doque sentir¬se orgullosos.

O galego é unha ponte para coñecer alingua portuguesa e ábrenos as portas aun mercado próximo aos 300 millóns depersoas. Nun mundo fortementecompetitivo onde os idiomas van serbásicos para abrirse camiño na vida,temos que ser conscientes todos nós deque non nos podemos permitir o luxo dedesprezar ningunha das nosaspotencialidades lingüísticas.

9

Sabiades que... ... o alumnado galego ten mellor dominiodo castelán que a media española? O informe Pisa sinala que as comunidadescon dúas resultados obtidos polo alumnado son mellores que os doutras comunidadesautónomas

Gráfica 1: Competencia en lingua castelá e literatura

Sobrado Fernández, L.M. (dir.): Avaliación da calidade e innovación doscentros educativos, 2008

... o alumnado galego ten mellor dominiodo inglés que a media española?Gráfica 2: Análise de rendemento escolar en lingua inglesa

Sobrado Fernández, L.M. (dir.):

Avaliación da calidade e innovación dos centros educativos, 2008

... o alumnado galego remata a secundariamáis capacitado que o doutras comunida-des que teñen unha soa lingua? Seis premios nacionais de bacharelato e formación profesional deste anoforon para o alumnado galego, alumnado que se formou estudando materiasen lingua galega.

Page 10: QQuueeiirruuggaa nnoo oolllloo ddoo iinnqquuiissiiddoorrasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-791-web.pdfpesado e pétreo cal solemne institución, un contento para a vista e un acubillo

Opinión

Centros católicos, ulos?Unha amiga profesora fíxome chegar hai xa uns días unstrípticos explicativos nos que se quería facer reflexionaros pais sobre as mentiras acerca do galego máis en voga:que se os nenos perden de aprender castelán ou inglés,que se van menos preparados ca noutras comunidadesonde só falan castelán... Con sorpresa e ledicia fixeimeque entre os que apoiaban este papeliño estaban asEscolas Católicas.

O tempo pasou e nunca recibín nin a primeira dasinformacións desde o centro no que estudan os meusfillos, presuntamente católico, xa que é un colexio demonxas: nin se nos alertou das trampas-erros que aenquisa da Xunta agochaba, nin nada de nada. Visitei ocentro á procura dalgún taboleiro no que aparecese areferida información, pero en todos eles a únicareferencia que vin ás linguas era o anuncio dun campusde verán para mergullar os cativos en inglés, que seica tenmáis propiedades beneficiosas cá auga do mar.

Preguntei a un coñecido se no centro, tamén de monxaspresuntamente católicas, ás que el leva os seus fillos secomunicara algo sobre o tema aos pais: nada de nada.

Si en cambio sei que a ANPA dun colexio públicoveciño enviou o tríptico a todos os pais. Será que paraeducar os fillos ao xeito católico hai que cambialos decentro?

10

Page 11: QQuueeiirruuggaa nnoo oolllloo ddoo iinnqquuiissiiddoorrasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-791-web.pdfpesado e pétreo cal solemne institución, un contento para a vista e un acubillo

Liberdade, si; pero non para tiXa lle puxera o punto e final ao artigo anterior, cando linna prensa que Educación enviara por escrito aos centroseducativos a orde para que se impedise a distribución decalquera tríptico informativo ou a celebración decalquera reunión para explicar a postura favorable áeducación bilingüe dos equipos de normalización e dunsector do profesorado. Iso, sen explicar en que lexislaciónbaseaban semellante prohibición e despois de queGalicia Bilingüe e outras asociacións afíns se paseasenata onte mesmo por centros públicos e privados comoPerico pola súa casa: enviando cartas ás familias e aosequipos directivos, celebrando mitins, recollendosinaturas...

Xa vexo eu de que vai a defensa da liberdade lingüísticaque fai o PP: os que están de acordo co goberno teñendereito a falar e a elixir; os que pensan diferente teñenque calar e achantar. Liberdade para min, merda(dispensando) para os demais. Pois cando só os quemandan poden dicir o que pensan, normalmente non sefala de liberdade, senón de ditadura. E que non me veñancoa leria esa de que gañaron as eleccións, porque iso nonlles dá potestade a anular un dereito constitucional comoo da liberdade de expresión.

Para empezar, ninguén os votou para isto. E aproveitopara dicir que ningunha das medidas que están tomandocontra o galego figuraba no seu programa electoral e só aderrogación do Decreto 124/07 saíu durante a campaña,así que tampouco ninguén os votou para que reformasena Lei de función pública, por exemplo, co fin de eliminardas oposicións os exames en galego ou de galego.

En todo caso, e pensen o que pensen os seus votantes, osgobernos democráticos están obrigados a respectar as leisfundamentais e os dereitos das minorías. Tamén Hitlerchegou ao poder despois dunhas eleccións democráticase iso non lle daba dereito (supoño que Núñez Feijoocoincidirá comigo neste punto) a asasinar a seis millónsde xudeus. Mesmo que aos electores que votaron aosnazis lles parecese, previo lavado de cerebro, unha idealiberadora.

11

I M P R E SO PARA FA C E R S E SOC IO D E I R IM I A OU S U B S C R I B I R S E Á R E V I S TASe queres facerte socio, subscribirte á revista IRIMIA (ou coñeces a alguén que lle poida interesar recibir de balde os tres próximos números da revista) recorta este

impreso e envíao ó Apartado 980 15705-Santiago de Compostela, ou escríbenos a [email protected]

NOME: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .APELIDOS: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .ENDEREZO: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .CÓD. POSTAL: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .CONCELLO OU CIDADE: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .PROVINCIA: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .TELÉFONO . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .CORREO ELECTRÓNICO . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

QUERO SER SOCIA/-O: 3 € �

QUERO SUBSCRIBIRME: Ordinaria: 21 € �

De apoio: 33 € � Subscricción anual (22 números) - QUERO SER 60x100: 60 € �

DOMICILIACIÓNBANCO OU CAIXA E AFORROS: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .DOMICILIO DO BANCO: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .CÓD. POSTAL: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .CONCELLO OU CIDADE: . . . . . . . . . . . . . . . .PROVINCIA: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .TITULAR DA CONTA: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .Nº de CONTA: _ _ _ _ / _ _ _ _ / _ _ / _ _ _ _ _ _ _ _ _ _Sírvase atender ata novo aviso, e con cargo á miña conta, os recibos que ó meu nome lles sexan presentados ó seu cobro por IRIMIA.

En ..................... ...................................... a ....................... de ................................... de 200__.Atentamente.

Se queres podes ingresar directamente en calquera das nosas contas indicando claramente o teu nome no impreso de ingreso e enviándonos unha copia xunto cos teus datos.Conta: CAIXA GALICIA: 2091-0349-45-3040005822

BBVA 0182-0267-15-0207905484

Page 12: QQuueeiirruuggaa nnoo oolllloo ddoo iinnqquuiissiiddoorrasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-791-web.pdfpesado e pétreo cal solemne institución, un contento para a vista e un acubillo

12

A Aquela

Eu, e non outra, estaba docemente deitada na herba. Tiñaos ollos pechados, as pernas un pouco separadas,formando unha “v”, e os brazos en cruz. Levaba unhacamiseta de tirantes e un pantalón de algodón moicómodos, imperceptibeis. Quitara as sandalias nada máischegar e os meus pés formaban parte de min como nuncao fan cando os levo tapados co calzado.

Sentía a herba verde oliva, verde herba, verde vidaasomando uns centímetros por riba da miña cabeza.Podía ulila. Só a herba ule tan ben a herba. Por causa dabrisiña que se anunciaba a través dos meus oídos,abaneábase por momentos movendo os extremos dostalos nunha coreografía precisa e delicada de ondasverdes que se estendía ata o cabo do mundo.

A metade de min en contacto total coa terra. A outramitade, entregada ao ceo coloreado de formas blancasnun movemento de transformación sen fin. O olor, esearoma de primavera en tránsito permanente tan noso, tande meu, repinicando ao redor e meténdose por todos osmeus recunchos, os físicos e os outros.

“A auga, cando non se remexe, está queda. Tamén amente, cando non se remexe, permanece queda”…Lembrei estas palabras.

Abría os ollos de poucos a poucos, e o goce era igual deintenso a cada momento: abrir, pechar, ver por fóra, verpor dentro…

Os órganos vitais, que para min son todos, sentían tantoque semellaba que en calquera momento poderíaestoupar de benestar, de estar ben, de puro sentirme ben.Como é posible chegar a percibir con tanta intensidade?

Cada grolo de aire tomado de fóra era un regalo de anosde vida por dentro.

Agradezo os momentos nos que só existo eu e o que merodea, nos que tomo consciencia das dimensións domundo. E deste lugar que é a miña casa.

Bea Cedrón

Sensacións

Page 13: QQuueeiirruuggaa nnoo oolllloo ddoo iinnqquuiissiiddoorrasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-791-web.pdfpesado e pétreo cal solemne institución, un contento para a vista e un acubillo

13

Utopía

Primeiro viñeron polos comunistas, Primeiro viñeron polos comunistas, pero non dixen nada pero non dixen nada porque eu non era un comunista.porque eu non era un comunista.Entón volveron polos sindicalistasEntón volveron polos sindicalistase non abrín a bocae non abrín a bocaporque eu non era un sindicalista. porque eu non era un sindicalista. Daquela apareceron e levaron aos xudeus Daquela apareceron e levaron aos xudeus e non dixen nada e non dixen nada porque eu non son un xudeu.porque eu non son un xudeu.Entón viñeron a por min. Entón viñeron a por min. E non quedaba ninguénE non quedaba ninguénpara defenderme para defenderme

Pastor Martin NiemöllerPastor Martin Niemöller11. 1946. 1946

1Despois de ter participado na primeira guerra mundial, Martin Niemöller exerceu como pastor

e significado líder da Igrexa confesional alemana (Bekenntniskirche), significándose na súa predi-cación antihitleriana na que condenaba abertamente a “solución final”contra os xudeus. A súa fir-meza supúxolle o encarceramento no campo de concentración de Sachsenhausen. Este poema,nas súas diversas variantes foi erroneamente atribuído a Bertolt Brecht.

Page 14: QQuueeiirruuggaa nnoo oolllloo ddoo iinnqquuiissiiddoorrasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-791-web.pdfpesado e pétreo cal solemne institución, un contento para a vista e un acubillo

Irimia vai tendo páxina web de seuRecentemente Irimia estreou, enperíodo de probas, unha páxina naInternet. Malia non estar aíndatotalmente operativa, si ten xa unhacerta estrutura que a xunta directivade Irimia vos convida a visitar.Pódese chegar a ela escribindo nonavegador:

Neste período de probas, que seprolongará até fin do mes de xuño,anímasenos a todas/os a aportar asindicacións, suxestións ou propostasque consideremos necesarias para terunha páxina web útil e participativa.Porén, a presenza de Irimia na rederemóntase moitos anos atrás, candoVictorino Pérez comezou a xestionara canal Irimia no portal de Vieiros. Ogran crecemento experimentado poreste portal fixo que, en certo modo,fosemos perdendo visibilidade. Detodos os xeitos, as novas máissalientables -e que consideremosinteresantes para un público máisamplo có xa sensibilizado coa liñairimega- seguirán aparecendo nacanal de Vieiros, á que tamén se podechegar doadamente desde otaboleiro da nova páxina.

http://asociacion-irimia.org

14

EDITA: Asociación A. IRIMIA FEITO EN PAPEL RECICLADO

MESA DE REDACCIÓN: Daniel López Munoz, Luís Gómez Aldegunde, Pedro Pedrouzo Devesa, Rubén Rivas Vidal, Lidia Campos

Chan, Manolo G. Turnes, Lines Salgado Iglesias, José Antonio Martínez. Tlf. 986 10 49 45.

COLABORADORES: Xosé Chao Rego, Victorino Pérez Prieto, Xosé Antón Miguélez, Manolo Regal, Alfonso Blanco Torrado, Xosé Lois

Vilar, Marta Sopeña, Gumersindo Campaña, Tareixa Ledo, Moisés Lozano, Clodio González Pérez, Antón Martínez Aneiros, Sara Paz

Quiñones, Manuel Pérez Blanco, Xabier Blanco, Bernardo García Cendán, Valentina Formoso Gosende, Celia Castro Ojea, Xerardo

Castedo Valbuena, Engracia Vidal, Francisco Xabier Martínez Prieto, Fernando Veiga, Antonio Pinto Antón, Bea Cedrón Vilar, Mariano

Guizán Sánchez, Carmen Soto, Rubén Aramburu, Carme Soto, Marisa Vidal e Xan Guillén.

CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA: Lidia Campos Chan, Luís Aldegunde.

SUBSCRICIÓNS: Apdo. 980 - 15705 Santiago de Compostela. Telf.: 655 028 253

SUBSCRICIÓNS: ordinaria: 24 Euros. de Apoio: 36 Euros. Correo electrónico - [email protected]

CONTA: Caixa Galicia, CC/2091-0349-45-3040005822 - Urbana, nº 8 - Santiago / BBVA 0182-0267-15-0207905484

DEPÓSITO LEGAL: C-1417-81 TIRADA: 1.300 exemplares DESEÑO E MAQUETACIÓN: Ninfa, Riveiro, Martínez

IMPRIME: Artes Gráficas LITONOR S.A.L. DISTRIBÚE: IMPACTA

EDICIÓN ELECTRÓNICA: http://www.vieiros.com/canais/26/canal-irimia

RR EE VV II SS TT AA QQ UU II NN CC EE NN AA LL DD EE CC RR EE NN TT EE SS GG AA LL EE GG OO SS

A te r ra va i dando f ro i to por s i mesma

AANNOO XXXXIIXX •• NNºº 779911 -- DDoo 2222 ddee xxuuññoo aaoo 55 ddee xxuuññoo ddee 22000099

QQQQuuuueeeeiiiirrrruuuuggggaaaa nnnnoooo oooollll lllloooo ddddoooo iiiinnnnqqqquuuuiiiissssiiiiddddoooorrrr

Page 15: QQuueeiirruuggaa nnoo oolllloo ddoo iinnqquuiissiiddoorrasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-791-web.pdfpesado e pétreo cal solemne institución, un contento para a vista e un acubillo

15

Boa Nova

A vida e os seus paradoxos!! Hai neste relato dúas mulleres contrapostas: unha nena que está a morreren plena primavera da vida, que de feito morre, e unha vella, impura segundo a lei de Moisés, morta envida, que quere saír da tumba na que a sociedade a meteu. Unha é o olliño dereito de seu pai, unhome socialmente ben situado e apreciado, que chora e pide por ela e a outra ten que andar agachadaentre a xente a tocarlle o manto a Xesús por detrás, porque sabe que se chegan a saber quen é e que éo que lle pasa bótana de alí a patadas. Que ben debuxado está o abismo co que a sociedade separa aestas dúas mulleres, tratadas pola sociedade (polos homes), de xeito tan desigual. Vénme á cabeza aquela rapaza nova asasinada en Andalucía que conmociona á opinión pública cadavez que o seu nome sae nos telexornais fronte á prostituta estranxeira que, na mesma semana, enOurense, aparece morta nun colector de lixo, e pola que ninguén botou unha bágoa.E no medio destas dores Xesús, que deixa a Xairo de lado, que deixa morrer á meniña, para facer casoá muller infecta. Xesús non abandona á “filliña do seu papá”, pero primeiro mira para a dashemorraxias, a rexeitada socialmente. E non a deixa marchar sen máis, senón que a pon no medio daroda de xente para que todos saiban que ela é unha digna filla de Deus.Canto terían que aprender desta historia os que, no canto de ver a dignidade das mulleres, só ven nelasmáquinas de facer fillos!!

Marisa de Corme

A C

LAVE

DOMINGO 28 DE XUÑO. 13º Domingo doTempo OrdinarioMc 5, 21-43

Pasando de novo nunha barca para a banda deenfronte, xuntouse moita xente arredor del, queestaba na beira do mar. Nisto chegou un dosxefes da sinagoga, chamado Xairo, que, aovelo, botouse aos seus pés suplicándolle: “Amiña filla está a piques de morrer; ven imporsobre ela as túas mans, para que sande e viva”.E foise con el, seguido de moito xentío, que oestrullaba. Había unha muller, que padecíahemorraxias desde doce anos atrás, e levabasufrindo moito cos médicos, que lle acababancos bens; total para nada, porque a cada pasoía a peor. Como oíra falar do que facía Xesús,achegouse entre a xente por detrás e tocoulle oseu vestido, dicindo para si: “Aínda que nonsexa máis que tocarlle o seu vestido, ficarei sa”.E secándoselle a fonte da hemorraxia, sentiu noseu corpo que estaba curada do mal (...) Eldíxolle: “Filla, a túa fe sandoute, vaite en paz,curada para sempre da túa doenza”. Aíndaestaba el falando, cando chegaron da casa doxefe da sinagoga a dicirlle: “A túa filla acabade morrer. Para que andar molestando aoMestre?”. Pero Xesús, ao escoitar o que estabana falar, díxolle ao xefe da sinagoga: “Nontemas, abonda que teñas fe” (...)

A PALA

BRA

Se dun tempo a esta parte algo está a triunfarneste país é o desánimo. Da crise económica, dashipotecas, da inestabilidade do emprego; aoretroceso político, á aparición de confrontaciónscoas que non soñabamos nin nos peorespesadelos. Véxoo avanzar silandeiro, pesado,nas conversas de bar, entre os compañeiros detraballo, nos encontros na rúa: un desánimo quenos conmociona xunto a un medo que nosagarrota, tinxido dunha fútil esperanza que serepite no anuncio televisivo: “también te puedetocar a ti”. Porén, todo é moito máis sinxelo:“non temas, abonda que teñas fe”.

José A. Martínez

O E

CO

Page 16: QQuueeiirruuggaa nnoo oolllloo ddoo iinnqquuiissiiddoorrasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-791-web.pdfpesado e pétreo cal solemne institución, un contento para a vista e un acubillo

16

Falando da linguaAs linguas suman!... pero... temos que recordalo?

Lidia e Valentina

Mentres o pau vai e vén descansa o lombo

O Fachineiro da lingua

Parécenos que estamos asistindo a unha película de ciencia-ficción cun guiónmalísimo no que o escenario pretende ser a posguerra, cando menos. De feito,cando chegue esta revista ás vosas mans nin saberemos en que momento estáa película.A que nos referimos? Os membros da CGENDL (Coordinadora Galega deEquipos de Normalización e Dinamización Lingüística), uns docentes quetraballan nos centros de ensino e que coñecen ben a súa realidade, cumprindocoas súas funcións, uníronse para sacar un tríptico informativo para distribuírna mesma semana en que se ten que pasar a famosa enquisa para consultarllesós pais a lingua na que queren que os seus fillos “aprendan” (este punto ésurrealista e xa foi tratado, así que xa non nos imos parar nel).Estes docentes, de colexios públicos e privados, mostraron moitapreocupación polo problema xerado nos últimos tempos arredor da presenzadas linguas no ensino, xa que ven que “intereses políticos, que non educativos”,acaban de crear un problema no ensino arredor das dúas linguas oficiais dacomunidade, que pode derivar nunha perigosa fractura social... e a iso imos aeste paso!Nós estamos de acordo con eles en que a convivencia do galego e do castelánna nosa comunidade non ten que ser un problema senón unha vantaxe, xa quese o alumnado aprende en dúas linguas desde pequeno, logo ten máisfacilidade para aprender outras linguas, tal e como demostran estudos feitosdesde hai décadas en todo o mundo (Cummins, C. Baker, I. Vila).Desde unha perspectiva pedagóxica todos os implicados no ensino deberíancentrarse en conseguir que os nenos e nenas sexan igualmente competentes engalego e castelán. Polo tanto, o debate que se ten que abrir é precisamenteeste: que medidas hai que tomar para conseguir que os rapaces e rapazasdominen plenamente as dúas linguas, tal e como establece a LOE, e nonperderse en facer unha enquisa que non é seria nin no contido nin na formaen que se tramita, que está feita para que se conteste o que eles querenescoitar, non o que pensan os pais, que foi acompañada de AMEAZAS conprohibicións expresas de que non se repartisen os trípticos da coordinadora,nos que só se dá “información” sobre as vantaxes de aprender galego naescola.Cando acaba a película, por favor? Que nos deixen marchar deste cine!

Isto é o que dicía o burro do debuxo de Castelaoao que un home lle estaba batanando o lombocunha xostra. É tamén o que debe estar pensandoa lingua galega vendo o que se lle vén enribaacotío. O Conselleiro de Educación e máis o seuprofeta na terra, Anxo Lorenzo, xa teñen no seupoder as enquisas realizadas ás familias, feitassen outro propósito có de reducir a presenza dogalego no ensino, ese espazo que, para ameirande parte dos nenos e nenas, é o únicocontacto que teñen coa nosa lingua. Pensemosque, ao que saen da escola, en ámbitos urbanostodas as teles menos unha falan castelán, todas asradios fan o mesmo, os xornais outro tanto, e a

consola, e os amigos... Pero isto non lle parecesuficiente ao conselleiro e por iso decidiu preguntarcanto quere a sociedade minguar esa lingua nonoso sistema educativo. A pregunta sobre asmaterias estaba feita de xeito arteiro para quetodo se axuste ao resultado desexado. Só secuestionaba sobre as materias que agora seimparten en galego, segundo o decreto aíndavixente, polo que responder “todas en galego”estábase en realidade dicindo a metade do ensinoen galego. Dada a situación sociolingüística donoso país, podían aforrar o traballo.

A.Q.