quen son eu - sri ramana maharshi · 2018. 10. 20. · 7. o mundo -que é o obxecto visto-: cando...

24
QUEN SON EU ?

Upload: others

Post on 03-Jan-2021

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: QUEN SON EU - Sri Ramana Maharshi · 2018. 10. 20. · 7. O mundo -que é o obxecto visto-: cando desaparecerá? Cando a mente5-que é a causa de toda percepción- sexa desactivada,

QUENSONEU?

Page 2: QUEN SON EU - Sri Ramana Maharshi · 2018. 10. 20. · 7. O mundo -que é o obxecto visto-: cando desaparecerá? Cando a mente5-que é a causa de toda percepción- sexa desactivada,

Título orixinal da edición inglesa: 'Who am I?'

© Sri Ramanasramam, Tiruvannamalai

Publicado por:

V.S. RAMANAN

President Sri Ramanasramam

Tiruvannamalai 606 603

Tamil Nadu

India

email: [email protected]

website: www.sriramanamaharshi.org

Tradución e notas:

Iván Sende

Edición dixital 1.0 (3/2017)

Page 3: QUEN SON EU - Sri Ramana Maharshi · 2018. 10. 20. · 7. O mundo -que é o obxecto visto-: cando desaparecerá? Cando a mente5-que é a causa de toda percepción- sexa desactivada,

Limiar

Ramana Maharshi experimentou o despertarespiritual (moksha, mukti) no ano 1896, cando só contaba16 anos. Ás poucas semanas mudouse pola súa conta esen consultarllo a ninguén, á vila de Tiruvannamalai,para coñecer a quen sempre considerou o seu gurú: amontaña sagrada Arunachala. Nunca máis se moveu deselugar.

A comezos do século XX Ramana vivía enVirupaksha, unha pequena cova situada na propiamontaña, e comezaba xa a ter unha certa sona comomestre espiritual e como persoa santa. Entre os seusvisitantes había xente de todo tipo, dende curiosos,turistas, e desesperados buscando un milagre, atarepresentantes das distintas darshanas hinduistas.

Entre estes visitantes atopábase SivaprakasamPillai, un estudante de Filosofía que no ano 1902,ap rove i t a ndo unha e s t anc i a de t r aba l l o enTiruvannamalai, acudiu a visitar ao mozo.

Daquela Ramana non adoitaba repl icarverbalmente ás preguntas dos seus devotos (non por que

Page 4: QUEN SON EU - Sri Ramana Maharshi · 2018. 10. 20. · 7. O mundo -que é o obxecto visto-: cando desaparecerá? Cando a mente5-que é a causa de toda percepción- sexa desactivada,

tivese adoptado ningún voto de silencio senón porquesimplemente non se sentía inclinado a facelo), mais nonera estraño que respondese a rogos e dúbidas escribindonunha lousa ou directamente no chan. Deste xeito foicomo Sivaprakasam obtivo resposta ás súas preguntas notocante á natureza da realidade e a práctica espiritual.

Sivaprakasam reuniu todas estas respostas nuncaderno que permaneceu no anonimato ata que foipublicado dúas décadas máis tarde en forma de libro,baixo o título “Nan Yar”: Quen son Eu?

Existen varias versións da obra: unha na que soaparecen 13 preguntas, outra con 28, e unha terceira enforma de ensaio, onde non aparece pregunta algunha.Porén, todas as versións conteñen o texto das respostasao completo.

A presente edición é a tradución da versióninglesa máis coñecida (o texto orixinal está redactado enTamil), e consta de 28 preguntas. Engadíronse unhasbreves notas ao final do volume co obxecto de aclararcertas nocións e expresións propias do hinduísmo.

Page 5: QUEN SON EU - Sri Ramana Maharshi · 2018. 10. 20. · 7. O mundo -que é o obxecto visto-: cando desaparecerá? Cando a mente5-que é a causa de toda percepción- sexa desactivada,

Quen son eu?

Page 6: QUEN SON EU - Sri Ramana Maharshi · 2018. 10. 20. · 7. O mundo -que é o obxecto visto-: cando desaparecerá? Cando a mente5-que é a causa de toda percepción- sexa desactivada,

1. Quen son eu?

Eu non son o corpo basto, composto polos setedhatus1. Eu non son o sentido da vista, o oído, o olfacto,o gusto, ou o tacto, nin tampouco os seus obxectossensuais asociados: a cor, o son, o olor, o sabor, ou otacto. Eu non son ningún dos cinco órganos da acción: afala, a locomoción, a capacidade de prender, a excreción,ou a reprodución, nen ningunha das súas funciónsasociadas. Eu non son ningún dos cinco alentos vitais,como o prana e demais, que realizan as diferentesfuncións da respiración, como a inhalación, a exhalación,etc... Nin sequera son a mente pensante, nin tampouco aignorancia, que foi creada polas impresións residuais dosobxectos, malia ela mesma non estar formada porobxectos ou funcións.

2. Se eu non son nada do mencionado, quen soneu entón?

Page 7: QUEN SON EU - Sri Ramana Maharshi · 2018. 10. 20. · 7. O mundo -que é o obxecto visto-: cando desaparecerá? Cando a mente5-que é a causa de toda percepción- sexa desactivada,

Logo de rexeitar todo o anteriormentemencionado, e establecendo “non son isto, non sonaquilo”2, vexo que eu son a conciencia, que é o único quefica.

3. Cal é a natureza da conciencia?

A natureza da conciencia é sat-chit-ananda3.

4. Cando se acadará realización do Ser?

Cando o mundo, que é “aquilo que é visto”, sexaeliminado, darase a realización do Ser, que é “aquilo queve”.

5. Non se dará a realización do Ser mentres omundo estea presente4?

Non.

6. Por que?

O observador e o obxecto observado son como acobra e a corda; do mesmo xeito que o coñecemento dacorda, que é o substrato, non aparecerá ata que ocoñecemento da ficticia cobra desapareza, a realizacióndo Ser, que é o substrato, non se obterá ata que a crenzade que o mundo é real desapareza.

Page 8: QUEN SON EU - Sri Ramana Maharshi · 2018. 10. 20. · 7. O mundo -que é o obxecto visto-: cando desaparecerá? Cando a mente5-que é a causa de toda percepción- sexa desactivada,

7. O mundo -que é o obxecto visto-: candodesaparecerá?

Cando a mente5 -que é a causa de todapercepción- sexa desactivada, o mundo desaparecerá.

8. Cal é a natureza da mente?

Iso que chamamos mente é un abraiante poderque reside no Ser. É a causa de que xurdan todos ospensamentos; pensamentos aparte, non existe “a mente”.Xa que logo, a natureza da mente son os pensamentos;non hai unha entidade independente chamada “mundo”existindo aparte dos pensamentos; no sono profundo nonexisten pensamentos e non existe o mundo; nos estadosda vixilia e dos soños hai pensamentos, e tamén hai unmundo. Así como a araña produce o seu fío de si mesmae a si mesma volve, así a mente proxecta o mundo -dendesi mesma-, e tamén volve a ela mesma. O mundo aparececando a mente se despraza do Ser; así pois, cando omundo aparece (como real) o Ser non aparece (comoreal); por outra banda cando o Ser aparece (brilla) omundo desaparece. No intre en que un investiga condegoro a natureza da mente, a mente vaise, deixando aoSer como residuo. O que chamamos Ser é o atman. Amente só pode existir subordinada a algo basto; non podeexistir pola súa propia conta. Á mente chamámosllecorpo sutil ou jiva6.

Page 9: QUEN SON EU - Sri Ramana Maharshi · 2018. 10. 20. · 7. O mundo -que é o obxecto visto-: cando desaparecerá? Cando a mente5-que é a causa de toda percepción- sexa desactivada,

9. Cal é o método de investigación para coñecera natureza da mente?

O que aparece neste corpo como “eu” é a mente.Cando un pregunta en que punto do corpo xorde este“eu”, descubre que xorde no corazón: ai é onde a menteten a súa orixe. Se un pensa constantemente no “eu-eu”,tamén acabará nese lugar. De todos os pensamentos quexorden na mente, o “pensamento eu” é o primeiro; sódespois de que este apareza, aparecen todos os demais. Ésó despois da aparición do pronome de primeira persoaque aparecen a segunda e a terceira; sen o primeiropronome non haberá segundo nin terceiro.

10. Como se desactiva a mente?

Coa investigación do “Quen son eu?”. Opensamento “Quen son eu?” destruirá todos os outrospensamentos e, como o pau que se usa para avivar o lumeda pira ardente, el mesmo será destruído finalmente.Entón acadarase a realización do Ser.

11. Cal é o método para poder manter opensamento “Quen son eu?”?

Cando outros pensamentos xorden, un non debe irtras deles senón que debe preguntarse: “En quenaparecen estes pensamentos?”. Tanto ten cantospensamentos xurdan, asi como aparece un pensamento,un debe preguntarse dilixentemente: “En quen apareceu

Page 10: QUEN SON EU - Sri Ramana Maharshi · 2018. 10. 20. · 7. O mundo -que é o obxecto visto-: cando desaparecerá? Cando a mente5-que é a causa de toda percepción- sexa desactivada,

este pensamento?”. A resposta que xurdirá será: “Enmin”. Acto seguido, se un pregunta “Quen son eu?” amente regresará á súa fonte, e o pensamento que xurdiuserá desactivado. Practicando repetidamente deste xeito,a mente desenvolverá a habilidade de permanecer nafonte. Cando a mente, que é sutil, se despraza do seulugar utilizando o cerebro e os sentidos, os nomes bastose as formas aparecen; cando permanece no Ser, os nomese formas desaparecen. Este non deixar vagar a mentechámase antarmukha (introspección), e deixar que amente saia do corazón é bahirmukha (extroversión). Así,cando a mente permanece no corazón, o “eu”, que é afonte de todos os pensamentos, irase, e o Ser eternobrillará. Calquera cousa que un faga, debe facela sen o“eu” egoísta. Se un actúa deste xeito, todo se mostrarácoa súa natureza divina (a natureza de Shiva).

12. Non hai outros métodos para desactivar amente?

Alén da indagación, non hai métodos axeitados.Se se pretende controlar a mente por outros medios, amente semellará controlada, mais reaparecerá. A mentetamén se pode desactivar por medio do control darespiración, mais so permanecerá inactiva entanto arespiración está baixo control; cando se recupera arespiración, a mente, de novo, retomará a súa actividadee moverase de acordo coas súas impresións residuais. Afonte é a mesma para a mente e para o alento. A naturezada mente é o pensamento. O pensamento “eu” é o

Page 11: QUEN SON EU - Sri Ramana Maharshi · 2018. 10. 20. · 7. O mundo -que é o obxecto visto-: cando desaparecerá? Cando a mente5-que é a causa de toda percepción- sexa desactivada,

primeiro pensamento da mente; iso é “egoísmo”. Arespiración orixínase no mesmo lugar que o “egoísmo”.Así pois, cando desactivamos a mente, a respiraciónpermanece controlada, e cando a respiración permanececontrolada, a mente permanece inactiva. Pero no sonoprofundo malia a mente estar inactiva, a respiración noncesa. Isto acontece por mor da vontade divina, para que ocorpo sobreviva e as outras persoas non pensen que estámorto. No estado de vixilia e no samadhi7, cando a menteestá inactiva, a respiración está baixo control. Ata o diada morte, a mente mantén a respiración do corpo, e candoo corpo morre, a mente leva a respiración con ela. Distoséguese que o exercicio do control da respiración é sounha axuda que desactivará a mente (manonigraha), maisnon a destruirá (manonasa8).

Igual que o control da respiración, meditar nasformas de Deus, a repetición de mantras, o xexún, etc...non son máis que axudas para manter a mente inactiva.

Por medio da meditación nas formas de Deus e darepetición de mantras, a mente acada concentración, peroa mente sempre divagará. Do mesmo xeito que cando selle dá unha cadea a un elefante para que terme dela coasúa trompa el prende a cadea e nada máis, así a mente,cando se lle dá un nome e unha forma, ocúpase diso e denada máis. Cando a mente divaga na forma deincontables pensamentos, cada un deses pensamentos éfeble, mais cando os pensamentos finalizan, a menteconcéntrase e vólvese forte; para unha mente así, aautoindagación é doada. De todas as regras queaconsellan restrición, a relacionada coa inxesta moderada

Page 12: QUEN SON EU - Sri Ramana Maharshi · 2018. 10. 20. · 7. O mundo -que é o obxecto visto-: cando desaparecerá? Cando a mente5-que é a causa de toda percepción- sexa desactivada,

de alimentos sattvicos9 é a máis recomendable: mantendoesta regra, a cualidade sáttvica da mente fortalecerase eredundará en beneficio da autoindagación.

13. As impresións residuais (pensamentos) dosobxectos semellan infinitas, como as ondas do océano;cando serán destruídas?

A medida que a meditación no Ser se volva máise máis forte, os pensamentos serán destruídos.

14. É posible que as impresións dos obxectos, queproceden, por así dicir, dun tempo inmemorial, rematen,e que un permaneza como o puro Ser?

Un debe insistir na meditación sobre o Ser sen darlugar á pregunta “É posible ou non?”. Mesmo se un é unpecador, non debe preocuparse e laiarse dicindo “Oh, sonun pecador, como podo ser salvado?”. Un debe renunciarcompletamente ao pensamento “Son un pecador” econcentrarse profundamente na meditación do Ser. Entónacadaremos o éxito con seguridade. Non hai dúas mentes,unha boa e outra mala: so hai unha mente. Son asimpresións residuais as que son de dous tipos:auspiciosas e non auspiciosas. Cando a mente esta baixoa influencia das impresións auspiciosas é chamada “boa”,e cando a mente esta baixo a influencia das impresiónsnon auspiciosas é chamada “mala”.

Non se debe permitir que a mente se preocupepolos obxectos mundanos nin por aquilo que atinxe a

Page 13: QUEN SON EU - Sri Ramana Maharshi · 2018. 10. 20. · 7. O mundo -que é o obxecto visto-: cando desaparecerá? Cando a mente5-que é a causa de toda percepción- sexa desactivada,

outras persoas. Por moi mala que poida ser outra persoa,un non debe terlle odio. Tanto o desexo como o odiodeben ser evitados. O que un lle dá aos outros estallodando a si mesmo. Se esta verdade é comprendida: quennon lle daría aos outros? Cando o ser de seu xorde, todoxorde; cando o ser de seu acouga, todo acouga. Abondade aparecerá na medida en que sexamos humildes.Se a mente se mantén inactiva, un pode vivir en calqueralugar.

15. Canto tempo se debe pract icar aautoindagación?

Mentres existan impresións dos obxectos namente, requirirase preguntar “Quen son eu?”. Cando ospensamentos xurdan, deben ser destruídos nese mesmointre e lugar, na sua orixe, a través da investigación. Seun regresa ininterrompidamente á contemplación do Ser,con iso abondará. En tanto haxa inimigos dentro dafortaleza, estes continuarán atacando, pero se sondestruídos en canto aparecen, a fortaleza caerá nas nosasmans.

16. Cal é a natureza do Ser?

En realidade o Ser é o único que existe. O mundo,a alma individual, e Deus, son meras aparicións nese Ser,igual que a prata é unha aparición na madreperla. Os tresaparecen simultaneamente, e simultaneamentedesaparecen.

Page 14: QUEN SON EU - Sri Ramana Maharshi · 2018. 10. 20. · 7. O mundo -que é o obxecto visto-: cando desaparecerá? Cando a mente5-que é a causa de toda percepción- sexa desactivada,

O Ser é iso onde non existe o “pensamento-eu”.É o que chamamos “silencio”. O Ser é o mundo, o Ser é o“eu”, o Ser é Deus; todo é o Ser, todo é Shiva.

17. Non é todo unha acción divina?

O Sol aparece cada mañá, sen desexo, sen esforzoou decisión, e ante súa simple presencia a pedra preciosaemite o seu fulgor, o loto florece, a auga evapórase, e axente realiza as súas tarefas e logo descansa. Así como aagulla se move ante a presenza dun imán, é en virtude damera presencia de Deus que as almas gobernadas polastres funcións cósmicas10 ou a quíntupla actividadedivina11 realizan as súas tarefas e logo descansan deacordo cos seus respectivos karmas. Deus non decide. Domesmo xeito que as accións mundanas non teñen efectosobre o Sol, ou os méritos ou deméritos dos outros catroelementos non afectan ao espazo omnipresente12, o karmanon afecta a Deus.

18. Cal é o devoto máis merecedor?

Quen se entrega ao Ser, que é Deus, é o devotomáis merecedor. Entregarse a Deus significa permanecerno Ser sen deixar lugar a que xurda ningún outropensamento que non sexa o do Ser.

Calquera que sexa a carga que se lle impoña aDeus, el sopórtaa. Posto que o poder divino é o que faique todas as cousas se movan, por que iamos nós, senentregarnos a el, preocuparnos pensando sobre o que

Page 15: QUEN SON EU - Sri Ramana Maharshi · 2018. 10. 20. · 7. O mundo -que é o obxecto visto-: cando desaparecerá? Cando a mente5-que é a causa de toda percepción- sexa desactivada,

deberíamos facer e de que xeito facelo, ou sobre o quenon deberiamos facer ou de que xeito non sería apropiadofacelo?

Sabemos que é o tren o que transporta todas ascargas, así pois, logo de ter subido nese tren, porqueiamos seguir levando a nosa pequena equipaxe enriba dasnosa testa para o noso propio prexuízo no canto depousala e poñernos cómodos?

19. En que consiste o non-apego?

Non-apego é destruír completamente ospensamentos no seu lugar de orixe e tan pronto comoxorden. Así como o buscador de perlas posúe unha pedraque ata á sua cintura para poder mergullarse e coller asperlas, así cada un de nós debería estar dotado de non-apego para mergullarnos no noso propio interior e atopara perla do Ser.

20. Non é posible para Deus ou o gurú efectuar aliberación da alma?

Deus ou o gurú so amosarán o camiño áliberación, pero non serán eles os que leven á alma aoestado da liberación.

En realidade, Deus e o gurú non son distintos. Asícomo a presa que cae nas fauces do tigre non tenescapatoria, tamén os que caen no ámbito de influenciada ollada do gurú serán salvados polo gurú e non seperderán, mais, con todo, canda quen debe facer o

Page 16: QUEN SON EU - Sri Ramana Maharshi · 2018. 10. 20. · 7. O mundo -que é o obxecto visto-: cando desaparecerá? Cando a mente5-que é a causa de toda percepción- sexa desactivada,

camiño amosado por Deus ou o gurú, pola súa conta, eacadar así a liberación. Un so pode coñecerse a si mesmopor medio do seu propio ollo do coñecemento13, e nonpor medio do de outro. Precisa Rama da axuda dunespello para saber que é Rama?

21. É necesario para alguén que desexa aliberación cuestionar a natureza das categorías(tattvas)?

Así como a persoa que quere tirar o lixo nonprecisa analizalo e dicir de que se compón exactamente,quen desexa coñecer o Ser non ten necesidade de contaro número das categorías ou cuestionar as súascaracterísticas. O que ten que facer é rexeitar de veztodas as categorías que se agochan no Ser. O mundo debeser considerado como un soño.

22. Existe algunha diferenza entre a vixilia e osoño?

A vixilia é longa e o soño curto: alén disto nonexisten diferenzas. Así como os acontecementos davixilia semellan reais cando estamos espertos, osacontecementos do soño semellan reais cando soñamos.Durante o soño a mente toma outro corpo. Tanto navixilia como no soño, os pensamentos, os nomes, e asformas, aparecen simultaneamente.

Page 17: QUEN SON EU - Sri Ramana Maharshi · 2018. 10. 20. · 7. O mundo -que é o obxecto visto-: cando desaparecerá? Cando a mente5-que é a causa de toda percepción- sexa desactivada,

23. Ten algún sentido ler libros para as persoasque desexan a liberación?

Todos os textos din que para acadar a liberación,a actividade da mente debe cesar. Xa que logo, aensinanza concluínte é que se debe desactivar a mente;unha vez que se entendeu isto, non hai necesidade decontinuar lendo sen descanso. Para desactivar a mente,un debe investigar no seu propio interior que é o seu Ser:como podería facerse esta procura lendo? Un debecoñecer o seu Ser por medio do seu propio ollo dasabedoría. O Ser está no interior dos cinco veos14, e oslibros están fóra. Posto que para indagar na natureza doSer hai que descartar os cinco veos, é inútil buscar noslibros. Chegará un día no que teñas que esquecer todo oque aprendiches.

24. Que é a felicidade?

A felicidade é natureza inherente do Ser; Ser efelicidade non son dúas cousas distintas. Non haifelicidade en ningún obxecto deste mundo. Imaxinamos,na nosa ignorancia, que a felicidade se deriva dosobxectos, mais cando a mente se move do seu lugar,experimenta miseria. En realidade, cando os desexos sonsatisfeitos o que acontece é que a mente retorna ao lugarque lle corresponde e desfruta da felicidade, que é o Ser.O mesmo pasa no estado do soño, no samadhi, noesvaecemento, e tamén cando o obxecto desexado éacadado ou o obxecto non desexado é eliminado: a mente

Page 18: QUEN SON EU - Sri Ramana Maharshi · 2018. 10. 20. · 7. O mundo -que é o obxecto visto-: cando desaparecerá? Cando a mente5-que é a causa de toda percepción- sexa desactivada,

toma o curso introspectivo e desfruta da pura felicidadedo Ser.

Asi é como a mente se move sen descanso,entrando e saíndo do Ser... Baixo a árbore, a sombra éagradable, mais fóra desta sombra a calor é abrasadora.Quen estivo fóra, ao Sol, sente o frescor cando alcanza asombra. Quen anda entrando e saíndo da sombra é uninsensato. A persoa sabia permanece sempre baixo asombra. De xeito análogo, a mente de quen coñece averdade non abandona Brahman, mentres que a mente dapersoa ignorante, pola contra, vaga polo mundo,sentíndose miserenta, e por un pequeno intre regresa aBrahman, para experimentar felicidade. De feito, o quechamamos mundo non son máis que pensamentos. Candoo mundo desaparece -cando non hai pensamentos-, amente experimenta felicidade, e cando o mundoreaparece experimenta miseria.

2 5 . Q u e é jnana-drishti (a ollada dasabedoría)?

Permanecer en silencio é jnana-drishti. Ficar ensilencio é levar a mente ao Ser. A telepatía, ocoñecemento de acontecementos pasados e futuros, e aclarividencia, non constitúen jnana-drishti.

26. Cal é a relación entre o non-desexar e asabedoría?

Non-desexar é sabedoría. Non son cousas

Page 19: QUEN SON EU - Sri Ramana Maharshi · 2018. 10. 20. · 7. O mundo -que é o obxecto visto-: cando desaparecerá? Cando a mente5-que é a causa de toda percepción- sexa desactivada,

diferentes; son o mesmo. Non-desexar consiste enabsterse de dirixir a mente cara ningún obxecto. Asabedoría é a desaparición dos obxectos. Noutraspalabras: non procurar nada que non sexa o Ser édesapego ou non-desexar, e non abandonar o Ser ésabedoría.

27. Cal é a diferencia entre a investigación e ameditación?

A investigación consiste en manter a mente noSer. A meditación consiste en pensar que un é Brahman:sat-chit-ananda.

28. Que é a liberación?

Investigar a natureza de quen se acha atado ecomprender cal é a verdadeira natureza dun mesmo, éliberación.

Page 20: QUEN SON EU - Sri Ramana Maharshi · 2018. 10. 20. · 7. O mundo -que é o obxecto visto-: cando desaparecerá? Cando a mente5-que é a causa de toda percepción- sexa desactivada,

Notas

1. Dhatus: os sete elementos fundamentais quecompoñen o corpo: o sangue, a linfa, os músculos, agraxa, os ósos, a médula ósea, e o seme.

2. Referencia á práctica tradicional do neti neti,“nin isto nin aquilo”, que é unha técnica que consiste enrexeitar todo obxecto percibido como suxeito docoñecemento.

3 . Sat-chit-ananda: existencia-conciencia-ledicia.Así é como o Vedanta describe as cualidades da realidadeeterna. É moi común atopar esta fórmula substantivada.

4. Na edición inglesa deste libro faise unhaaclaración entre parénteses: “...mentres o mundo esteapresente (tomado como real)”. O cal nos indica que apregunta non apunta a unha hipotética destrución ou

Page 21: QUEN SON EU - Sri Ramana Maharshi · 2018. 10. 20. · 7. O mundo -que é o obxecto visto-: cando desaparecerá? Cando a mente5-que é a causa de toda percepción- sexa desactivada,

desprazamento do mundo, senón á destrución oudesprazamento do concepto do mundo como algo real,como o propio Ramana sinala na súa resposta á seguintepregunta.

5. As tradicións de orixe india dividen a mente (oórgano interno) en dúas esencias ou atribucións básicas:manas (ou manah) e buddhi. Mentres que o termo manasse refire a aspectos ligados a funcións mecánicas oupasivas, buddhi sería o aspecto da mente que ten acapacidade de decidir e discriminar e que está en liña cocoñecemento espiritual.

Nesta edición utilicei o termo mente comosinónimo de manas mais compre non esquecer que esta“mente” non coincide exactamente co concepto que enoccidente temos dela.

6 . Atman é "o propio Ser", a realidade última daexistencia, mentres que jiva é a esencia individual.

Jiva sobrevive ao corpo no intre da morte emantense en sucesivas reencarnacións, porén -e adiferencia de atman- é efémera pois desaparece no intreda liberación (moksha).

Diversas tradicións indias están encamiñadas afacer comprender ao aspirante que ātman e Brahman nonson senón o mesmo.

7. Samadhi: transo, estado supraconsciente.

Page 22: QUEN SON EU - Sri Ramana Maharshi · 2018. 10. 20. · 7. O mundo -que é o obxecto visto-: cando desaparecerá? Cando a mente5-que é a causa de toda percepción- sexa desactivada,

8. Habida conta do explicado na nota 4, traducirmanonasa como “destrución da mente” sen máisexplicación (como se pode ver de cote) non é axeitado.Manonasa non é a “destrución da mente” senón máis bena destrución das funcións e aspectos “negativos” desta.

9. A filosofía Sankhya establece tres forzas oucualidades básicas na natureza material chamadas gunas:tamas, rajas e sattva. Tamas, a escuridade, correspóndesecoa inercia e a preguiza, rajas correspóndese coa paixón,o movemento e o desacougo, e sattva coa luz e oequilibrio.

Os alimentos sáttvicos serían alimentos quecomparten esta cualidade. Segundo Ramana, exemplosde alimentos sáttvicos serían o pan, a froita, os vexetais,ou o leite.

10. As tres funcións cósmicas son a creación, omantemento, e a destrución. Estas funcións son levadas acabo por Brahma, Vishnu, e Shiva respectivamente.

11. Panchakritya, a quíntupla actividade divina: acreación, o mantemento, a disolución, o ocultamento, e agraza.

1 2 . Mahabhuta, os cinco elementos: a auga, olume, a terra, o aire, e o espazo (akash).

13. O ollo do coñecemento (ou da sabedoría), acapacidade da visión transcendental.

Page 23: QUEN SON EU - Sri Ramana Maharshi · 2018. 10. 20. · 7. O mundo -que é o obxecto visto-: cando desaparecerá? Cando a mente5-que é a causa de toda percepción- sexa desactivada,

14. Os cinco veos (pancha-koshas) veñen a ser ascapas que cobren ao atman e que van de máis basta amáis sutil.

Page 24: QUEN SON EU - Sri Ramana Maharshi · 2018. 10. 20. · 7. O mundo -que é o obxecto visto-: cando desaparecerá? Cando a mente5-que é a causa de toda percepción- sexa desactivada,

OM TAT SAT