r e v i s t a q u i n c e n a l d ... -...

16
R E V I S T A Q U I N C E N A L D E C R E N T E S G A L E G O S A terra vai dando froito por si mesma ANO XXIX • Nº 786 - Do 13 ao 26 de abril de 2009 O O a a b b o o r r t t o o e e o o s s s s e e u u s s l l i i n n c c e e s s

Upload: phamtuong

Post on 10-Feb-2018

244 views

Category:

Documents


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: R E V I S T A Q U I N C E N A L D ... - asociacion-irimia.orgasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_786_WEB.pdf · factor humano afonda nel como sementador de paz, ... provedores de Vietnam,

RR EE VV II SS TT AA QQ UU II NN CC EE NN AA LL DD EE CC RR EE NN TT EE SS GG AA LL EE GG OO SS

A te r ra va i dando f ro i to por s i mesma

AANNOO XXXXIIXX •• NNºº 778866 -- DDoo 1133 aaoo 2266 ddee aabbrriill ddee 22000099

OO aabboorrttoo ee ooss sseeuuss lliinncceess

Page 2: R E V I S T A Q U I N C E N A L D ... - asociacion-irimia.orgasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_786_WEB.pdf · factor humano afonda nel como sementador de paz, ... provedores de Vietnam,

A foto que fala

A crise en criseO trasnoDaniel López Muñoz

E agora todos! Ondiñas veñen, ondiñas veñen...

modos de vida que permitían a subsistenciadigna, crecemento en contra dos pobres.

E en contra do planeta. Porque xa haievidencias: o nivel de consumo de enerxía,materiais e alimento dos países ricos seríainsoportable para o planeta se se fixeseextensivo a todos os seus habitantes. Porquea especie humana aparece hai máis de 80.000anos, pero en só nuns decenios deindustrialismo ten posto en serio perigo avida da terra.

O crecemento ten límites. E estánamplamente superados. A cuestión é que sesenten a pensar en serio en como decrecersen grandes traumas, non en incentivar oconsumo de máis coches para “volver ásenda do crecemento”, que é a senda docolapso traumático.

Decididamente fannos parvos. E así,mentres vou cavilando nestas cousas,atópome de fronte na parada do bus con ese“mupi” dunha nena desgustada fronte a unvaso de leite que di algo así como:“mamáaaa! Esta leche no es de la centrallechera asturiana”.

Caghi, na! A Burkina Faso! Veña, a tomaraire un par de aniños e a degustar de paso unleite que nin diola! Será posible!

2

Reúnense en Londres para ver como nosresolven a vida.

E porfían en devolvernos a confianza,restablecendo o “crecemento”. E insisten noúnico “alicerce”: unha economía aberta,baseada nos principios de mercado.

É posible e compatible ese enfoque conoutros adornos do documento final do G20,como: “Unha globalización sostible” ou teren conta os “intereses das xeraciónsfuturas”?

O sistema hai moito tempo que está encrise. Capitalismo de Casino,chamoulle Susan Strange, a primeiramuller en ocupar, precisamente, unhacátedra na London School ofEconomics. Mil douscentos millónsde persoas con menos dun euro aodía; 850 millóns esfameados e máis de

33 millóns que conviven coa SIDA. 1000millóns de analfabetos e outros tantosaproximadamente sen auga potable.

Crecemento, si. Crecemento que o programadas Nacións Unidas para odesenvolvemento humano chama un“crecemento sen raíces”, de costas áseconomías locais, varrendo os pequenos

Page 3: R E V I S T A Q U I N C E N A L D ... - asociacion-irimia.orgasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_786_WEB.pdf · factor humano afonda nel como sementador de paz, ... provedores de Vietnam,

Editorial O partido “por defecto”

Rumores de esperanza

O famoso caso “Gürtel” iniciado por Garzón –e continuado polo Tribunal Superior deJusticia de Madrid - implica seriamente a importantes cargos do partido de Feijoo eRajoy. Recentemente un xornal galego indicaba, a propósito desa presunta corrupciónpolítica no ámbito do PP, que o asunto era un “novo e grave revés para Mariano Rajoy”.Pode ser que o sexa para Rajoy. Case con toda seguridade que non o será para Feijoo.

Que exista unha rede de corrupción de empresas satélites que negocian co podercontratos fantasmas; que todo un tesoureiro do Partido Popular estea acusado de cobrar1,35 millóns de euros en subornos; que o financiamento da campaña electoral do PP deGalicia do ano 98 estea na picota; que Pablo Crespo, un dos homes fortes dos popularesgalegos (ex-secretario de organización), estea en prisión provisional e se poña ademaisen evidencia que mantén activa unha “empresa de publicidade” que en realidade é unha“sociedade de investimento especulativo”, con propiedades tan curiosas como un áticode 200 metros en Marbella, un iate, etc... Que pase todo iso... non vai ter, con toda

probabilidade, o máis mínimoimpacto electoral. Así pasase antes,durante ou despois de calqueracampaña.

O PP é o partido por defecto. Esa éunha das leccións recentemente

aprendidas. A un goberno de esquerda ou nacionalista esíxeselle un nivel decomportamento determinado, maneiras impecables, estilos democráticos. Á dereita, non.A aqueles pódeselles dar unha oportunidade, a ver que tal, pero que non esquezan queestán de prestado.

Entre tanto, no mundo da esquerda e do nacionalismo téndese a confundir moifacilmente a crítica coa deserción total e o corte de mangas. A tentación é otremebundismo e ten consecuencias: efectivamente do “todos son iguais” pásase congran facilidade ao voto de castigo, en branco, ou ao voto simplemente inexistente...Porque unha cousa é que Galicia non se venda, o que está moi ben, e a outra que seentregue gratis, directa e incondicionalmente ao partido por defecto.

Xan Guillén

Unha cousa é que Galicia non se venda,outra que se entregue gratis

Hai uns días vin na Galega, no programa Trece badaladas, ao noso amigo Rubén, o cura de San Tomé de Piñeiro e OCampo en Marín. Gustoume moito velo alí e coido que foi moi ben presentado. Un pouco místico, un poucorevolucionario e, sobre todo, moi humano. Dá gusto ver unha casa tan chea de vida e chea de xente. Dá gusto ter un curaque conte chistes de curas e que os conte ben. En relación con isto teño que romper unha lanza a favor da Televisión Galega. Moitas veces foi chamada despectivamentepor nós “telejaita”. Eu creo que hai unhas cantas cousiñas na nosa tele que son moi dignas e que paga a pena velas. Xavos falei de que a min me divirten moito as historias rexoubeiras do Padre Casares, mediador entre Don Crisanto eDelmiro. Pero tamén paso un pouco ben agradable coñecendo o noso pasado con Historias de Galicia. Aprendo unmontón e resulta tamén moi ameno o programa O cazador de palabras, no que van buscando palabras e termosusados na nosa lingua. Na mesma dirección da lingua está o programa do profesor Ferro Ruibal, chamadoBen falado, que é unha mágoa que quede no curruncho das tres e media da tarde. A quen lle gusten osanimais, ten o Criaturas. Para os debates non está mal o Hai debate. Para coñecer máis do noso pasado estáDoa a doa. Non son grandes producións, pero son bos programas dos que sempre se pode aprender algo.Oínlle dicir ao novo presidente da Xunta que non lle gustaba a TVG. Espero que respecte o bo que hai nelae poidamos seguir vendo curas coma Rubén, que poidamos seguir cazandopalabras e escoitando cousas ben faladas e aprendendo historias de Galicia.

3

Page 4: R E V I S T A Q U I N C E N A L D ... - asociacion-irimia.orgasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_786_WEB.pdf · factor humano afonda nel como sementador de paz, ... provedores de Vietnam,

4

O 17 de marzo foi o aniversariodo referendo contra o“apartheid” (1992). O 22 é a 4ªelección á Asemblea,convocada polo ANC quegoberna SUDAFRICAdende 1994. Pero é Mandela oque atrae pola súaexemplaridade. J. Carlin en Ofactor humano afonda nel comosementador de paz, partindo davitoria no Mundial de rugbino1995, na foto, cando foi capazde unilos a todos, na festa,superando o racismo e osenfrontamentos seculares.Integrou os grupos de resistenciacontra a segregación, nunhatransición, preñada de sentidiñoe reconciliación. Clint Eastwoodprincipia a rodar no país australun filme sobre esta historia,onde M. Freeman desenvolve opapel de Nóbel.

Os Premios MESTRE MATEO son osÓscar da Academia doAudiovisual. A máis nominada,Os mortos van á présa. Na foto,a presidenta María Bouzas. Ocinema galego conquista salas,despois de Pradolongo ou PadreCasares, fronte ásmultinacionais. Hai directores eprodutores que desafían omercado. Non valen arguciascomerciais para debilitar acultura. Tamén o ensino debe irpor aí, achegándoo comoferramenta didáctica, naaprendizaxe da lingua. Haiunha evolución na dignificaciónda fala dende o nacemento daTVG (1985). Curtametraxes deOliver Laxe e Fran Araujo foronconvidadas, o 23, ao “Indie” deLisboa.

O G20, desencadeou a protestacontra o neoliberalismo. Haixeitos de loitar contra a miseria;é o caso das FINANZAS ÉTICASpropiciadas no XIX polo gruporelixioso cuáquero, querexeitaban investimentos cosque escravizaban nos EEUU.Outros non negociaron conprovedores de Vietnam, oufavoreceron empresasantiapartheid. Hai bancossolidarios, en contra de pobrezae das guerras, contransparencia, enmanifestacións, e que boicoteanaos que invisten en armas. Acoreana Annie John, na foto,incentiva o Triodos Bank, 1º deEEUU en reconstruír un barriomarxinal de Chicago, hai 27anos. Aquí hai poucosinvestimentos éticos e moitaesmola.

O 17 de abril é o Día daLOITA LABREGA colema “Xuntos polos dereitos doslabregos e labregas!”. Estáconvocado por Vía Campesina,en homenaxe aos 19campesiños do Movimento SemTerra asasinados pola policíanunha mobilización a prol daterra. Non hai futuro senlabregos/as, proclama a Vía.Son uns 200 millóns. A Víarexeita o FMI e o BancoMundial, controlados por EEUU,a prol do libre comercio dasmultinacionais. Pola soberaníaalimentaria, a que defende aAlternativa Bolivariana: accesoá terra, sementes, auga…

A peneira

1

1 2 3 4

3

42

Page 5: R E V I S T A Q U I N C E N A L D ... - asociacion-irimia.orgasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_786_WEB.pdf · factor humano afonda nel como sementador de paz, ... provedores de Vietnam,

5

Sen facer de menos a palabrada XXVI Semana de Filosofía dePontevedra, do 13 ao 17 deabril, con tres eixes: “Pensar eeducación”, “Galiza:Perspectivas educativas” e“Olladas á educación”, no mesdo libro convócannos a outrasemana, do 20 ao 26, a daACCIÓN MUNDIALPOLA EDUCACIÓN.O lema desta vez será “Abre unlibro, Abre o mundo”: aeducación como un dereito,“Educación para Todos eTodas”, de balde, obrigatoria,pública e permanente. Os/asparticipantes na SAME vanescribir un libro sobre aeducación para esixirllescompromiso ás administracións.Colaboran Educación senFronteiras, Entreculturas,CCOO, FERE, UGT, FundaciónCultura de Paz, etc.

Lía e as zapatillas de deporte,de María Reimóndez (Xerais),na foto en Karaikal, é adenuncia da E X P L O TA C I O NINFANTIL e a chamada anenas e nenos a loitar polaxustiza. Fundadora de“Implicadas nodesenvolvemento”, está asensibilizar a sociedade nestasteimas e crea un grupo devoluntarios/as no Ferrol. DendeSantiago, leva 10 anosimplicando aos cidadáns paraver o mundo doutro xeito,mesmo mercando produtosfeitos sen escravitude. O 16 deabril de 1995 asasinaron aIqbal Masih, de 12 anos. Candotiña 4 foi vendido á fabrica dealfombras, para pagar ocasamento do irmán maior.Traballaba 12 horas/ día por 1rupia. Aos 10 anos asistiu a unmitin e converteuse no lídercontra o traballo forzado. Amafia matouno. Só en Américalatina hai 17 millóns de nenos eadolescentes explotadoslaboralmente.

Principian as eleccións na Indiao vindeiro 13 de abril. Unhademocracia formada por moitosestados, idiomas, relixións…que funciona grazas a xentecoma VICENTE FERRER(Barcelona 1920), que cumpreanos o día 9. Leva xa 55traballando alí, primeiro comoxesuíta, creando cooperativaspara escavacións de pozos eabastacementos. Na foto,recibindo o recoñecemento doexecutivo de Madrid. A súaONG, integrada por 1800voluntarios/as, case todosnativos, loita polaautosuficiencia de 2,5 millónsde persoas. Constrúen de 3500a 5000 vivendas/ano. Traballanen 5 hospitais e 1500 escolas.Foi expulsado no 68 polasautoridades que non aturabanas súas denuncias daescravitude, a prol dos dalíts ouintocables, os marxinados nosistema de castas.

No fervor enxergado polasegunda república, o día 27, A.Oliveira, de Teo, presentouCuruxás, o guerrilleiro que noncazou Franco, de C. Parrado. Éo símbolo da resistencia enToques, Melide e A Ulloa.Ramón Rodríguez, caseiro naaldea, obreiro en Asturias e nasminas de Lousame, da CNT,viviu na terra, protexido porveciños ata a morte (1967),despois de 31 anos fuxido noExército Guerrilleiro. E o 25vaise sinalar cun monolito amemoria dos 3 “manueles”,asasinados hai 62 anos enFontao-Frades: o Ponte, “OAsturiano” e M. Díaz Pan. Nafoto, J. Thompson, prof. deMóntana-EEUU, que participouna escavación dunha foxa noBierzo. Traballa na literaturagalega sobre a guerra, a prolda RECUPERACIONDA MEMORIA paraevitar conflitos e arrequentar aconvivencia.

5 6 7 8

5

6

7

8

Alfonso Blanco Torrado

Page 6: R E V I S T A Q U I N C E N A L D ... - asociacion-irimia.orgasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_786_WEB.pdf · factor humano afonda nel como sementador de paz, ... provedores de Vietnam,

6

Pedro Pedrouzo Devesa

A recesión económica acaba de tumbar o goberno socialista, polo menos unhaparte moi considerable del. Bastou pouco máis dun ano para que as desastrosascifras económicas descubrisen as dificultades de Zapatero para gobernar.

Varios son os motivos que obrigan a Zapatero a facer tales cambios: o máisimportante é a imaxe de desánimo que transmite o Vicepresidente de asuntoseconómicos Pedro Solbes; con este cambio ZP quere desmentir a impresión quedá Solbes de que o PSOE non ten máis solucións ante a recesión que asrealizadas ata agora, que son insuficientes. O segundo motivo son as elecciónseuropeas: o PSOE necesita dar un golpe de efecto para recuperar parte do seuelectorado desencantado. O temor a que a victoria electoral do PP sexaexcesiva acelera uns cambios que estaban previstos para máis adiante. Porúltimo, está tamén a necesidade de trasladar a idea de que a única responsabledas promesas incumpridas en infraestruturas por Fomento (en especial o AVE) éa titular dese Ministerio, Magdalena Álvarez.

A estes tres motivos, Zapatero engade un novo, que supón un cambio de rumbonos seus criterios de elección ata o momento: optar por ministros políticos en vezde ministros xestores. A experiencia da derrota socialista nas eleccións galegasé atribuída en parte á invisibilidade de moitos dos seus concelleiros cun perfilapolítico, descoñecidos pola maior parte dos galegos, e desaparecidos durantea campaña galega. Necesitados dos baróns do partido, aqueles que mobilizano electorado, Zapatero e Pepe Blanco lanzan unha mensaxe diáfana: oumovedes o partido, ou o PP volve gobernar.

Porque as vindeiras eleccións europeas vanse encarar como unha reválida dasxerais, nas que se demostre o apoio actual que ten o PSOE. Se as cifras soninsuficientes, non sería nada raro a presentación dunha moción de censura porparte dos populares con apoio de partidos que priorizan o liberalismo candogobernan: manda a economía. Por iso, non é raro que se comece a falar dunhaposible convocatoria de eleccións anticipadas, que suporía un previsible cambiode goberno, se a recesión económica segue azotando desta maneira tan duraá nosa economía. Unha convocatoria que non só sería forzada polos resultadoselectorais, senón pola presión da Patronal necesitada de reformas laborais queadelgacen as plantillas dunhas empresas que, cunha baixada en picado defacturación, necesitan unha reestruturación. Nese ámbito, todos sabemos quenson os especialistas.

Aínda nos quedan meses duros, e por desgraza os nosos políticos (goberno eoposición) seguen facendo máis caso aos tempos electorais que á recesióneconómica. A busca polo poder segue sendo prioritaria, porque os quegobernan seguen pensando que poden eles sós coa besta económica, e aoposición observa desde as gradas as embestidas dun touro co que desexanlidiar…, pero gobernando. E en solitario.

Cambios no Goberno estatal

Page 7: R E V I S T A Q U I N C E N A L D ... - asociacion-irimia.orgasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_786_WEB.pdf · factor humano afonda nel como sementador de paz, ... provedores de Vietnam,

7

Rubén Aramburu

O Peto do Santo AntónHai anos puiden falar con Dom Helder Câmara, o bispo de Recife, no Brasil, doque se celebra o centenario do seu nacemento. Foi en Compostela, durante avisita do Papa. Estaba moi velliño e enfermo e os demais bispos apenas repa-raban nel. Cando miraba tantos milleiros de mozos movía as mans trementes edicía: muita esperança, canta esperança! Durante os anos que foi bispo durmiununha pequena habitación que había na sancristía dunha parroquia. Calquerapodía ir petar á súa porta e a calquera hora. Contan que durante a ditaduramilitar colleron preso a un veciño e estaban a torturalo cando chegou donHélder de mañanciña, berrando que era seu cuñado, e ceibárono. O seu com-promiso cos pobres foi tan radical que el mesmo parecía un pobre, era unpobre, pero cheo de Deus. Agora leo unha letriña súa, chea de tenrura e quesabe a Pascua:

“Tem pena, Senhor,tem carinho especial, com as pessoas muito lógicas, muito práticas, muito realistas, que se irritam com quem crê no cavalinho azul”

E xa estamos listos para plantar as nosas tendas no colexio das Filipenses enArousa na 36 Pascua Xoven, os días 23, 24 e 25 de abril. Este ano vai deecoloxía e fraternidade coas criaturas e coa terra. No cartaz, un mundo verdee azul reza: Querido amigo, son parte de ti!! Obradoiros, faladoiros, ora-cións, testemuñas, perdón, festa e música para mozos de tantos lugares.Celebraremos aló o “avril dos cravos” cun Grándola Vila Morena de esperan-za, con tantos mozos. Canta esperança, muita esperança.

Page 8: R E V I S T A Q U I N C E N A L D ... - asociacion-irimia.orgasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_786_WEB.pdf · factor humano afonda nel como sementador de paz, ... provedores de Vietnam,

8

Tanto se está a falar sobre o tema do aborto que podería dar a sensación de

que xa abonda e pode parecer reiterativa outra achega, sobre todo se

decidimos acudir a ideas de hai anos, mais a novidade deste artigo non está na

súa data senón na súa liberdade e atrevemento. A relixiosa e teóloga feminista

Ivone Gebara non é unha descoñecida no noso país; con todo, pouca xente

saberá que estivo silenciada polo Vaticano despois de que aparecese publicada

na revista brasileira VEJA (6 outubro 1993) unha entrevista concedida por ela

e titulada “O aborto non é pecado”. Publicar neste momento, parte desa

antiga entrevista a Ivone Gebara, pode ser interesante porque o seu

pensamento e as súas propostas lúcidas e atrevidas son unha porta aberta

para as nosas reflexións.

Entrevista a Ivone Gebara: “Oaborto non é pecado”

VEJA: Que pensa sobre a postura daigrexa católica sobre o aborto?

IVONE: Non hai novidade. É unhapostura tradicional do Vaticano, xaconsagrada noutras Encíclicas. É aposición de quen non ten ningúndiálogo co mundo contemporáneo,en especial co mundo dos pobres.

VEJA: Por que?

IVONE: A moral Católica nonalcanza ás mulleres ricas. Elasabortan e teñen os medioseconómicos que garanten unhaintervención cirúrxica en condiciónshumanas. Polo tanto, a lei que aIgrexa defende prexudica as mullerespobres. O aborto debe serdescriminalizado e legalizado. Máisaínda, debe ser realizado a expensasdo estado. Hoxe, o aborto é a quintacausa de mortalidade feminina enBrasil. Quen morre? Son as mulleres

máis pobres. Fronte ao feito de que oaborto é inevitable, é mellor realizaloen condicións de dignidade.

VEJA: Como monxa católica nondebería considerar o aborto como unpecado?

IVONE: O aborto non é pecado. OEvanxeo non trata isto. O Evanxeo éun conxunto de historias que xeranmisericordia e axuda na construcióndo ser humano. A dogmática enrelación ao aborto foi elaborada aolongo dos séculos. Quen escribiu quenon se pode controlar o nacementodos fillos? Foron os sacerdotes,homes célibes encerrados no seumundo no que vivenconfortablemente coas súas teimas.Non teñen muller nin sogra e non sepreocupan dalgún fillo enfermo;algúns ata son ricos e teñenpropiedades. Así, é fácil condenar oaborto.

VEJA: A lei permite o aborto en casode violación. En que casos consideravostede que o aborto é lexítimo?

IVONE: En todos os casos en que amuller, sexa ela rica ou pobre, nonteña as condicións psicolóxicas paraasumir o bebé. A Igrexa atense aoprincipio de que soamente Deuspode quitar a vida. Eu tamén aceptei

Debate abertoMulleres Cristiáns Galegas

A teóloga Ivone Gebara fala sobre o aborto

Foron os sacerdotes, homes célibes, os queelaboraron a dogmático sobre o aborto

Ivone Gebara, relixiosa e teóloga brasileira

Page 9: R E V I S T A Q U I N C E N A L D ... - asociacion-irimia.orgasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_786_WEB.pdf · factor humano afonda nel como sementador de paz, ... provedores de Vietnam,

9

esa idea. Pero hoxe creo que a naiten, si, algún dereito sobre a vida quecarga no útero. O feto non podesobrevivir sen ela e, nesa osmoseprimordial, é ilícito considerar quenon ten a súa propia vontade. Se anai non está en condiciónspsicolóxicas de enfrontar oembarazo, ten dereito ainterrompelo.

VEJA: Que fixo que vostedecambiase de opinión e defendese oaborto?

IVONE: A miña convivencia coasmulleres pobres de Camaragibelevoume a reflexionar máis sobreeste asunto. Estas mulleres sonextremadamente pobres, sonvendedoras de alimentos elavandeiras. Elas non teñeninformación para desenvolver a súavida sexual de forma saudable. Nonsaben como evitar fillos e aínda quesoubesen non terían condiciónseconómicas de facelo porque nondispoñen de asistencia. Esta situaciónlevoume a unha posición pragmáticade defensa do aborto. Pero ata agorasó conversara sobre a miña posturaen encontros pechados, con teólogase feministas. O meu discurso aínda étentativo. Estou intentando superar

dogmas. Se eu fose sacerdote, aIgrexa talvez me expulsaría do clero.Como monxa, teño mais liberdade.Aínda así, logo desta entrevista, creoque vou quedar desprotexida. Seique a miña posición é unhatransgresión do pensamento daIgrexa, pero resolvín falar, porquecreo que vou axudar ás persoas.

VEJA: Vostede como senteescoitando e acompañando amulleres que pensan en abortar?

IVONE: É necesario entender unhacousa. O outro día socorrín a unhamuller que abortou e quedeimeimpresionada ao ver o feto. É unbebé, e é coma se estivésemosquitándolle a oportunidade deflorecer a aquela vida. O aborto éviolento, moi violento. É sempreunha opción traumática, xamais uncamiño de alegría. A muller só abortase se ve obrigada polascircunstancias. Con todo, é unhaviolencia que existe e como tal debeser lexislada. Coñecín no meu barriounha nena que quedou embarazadado seu propio pai aos 14 anos. Nesecontexto, non significaabsolutamente nada dicir que se estásalvando a vida ao evitar o aborto.Que vida será salvada? A dun neno

que será destruído e abandonado? Adunha nai cuxos dramas aínda se vanagravar máis? O Brasil abortacontinuamente aos seus cidadáns, senon no primeiro mes, ao longo davida.

VEJA: É posible que a Igrexa cambiede opinión sobre o aborto?

IVONE: Nada permite prevelo. Peroiso non ocorrerá a curto prazo. Non éalgo que ocorrerá neste século. Pensoque esta cuestión non debería serdiscutida como un dogma da Igrexa.É unha cuestión que incumbe ásociedade civil. A legalización doaborto é necesaria e non pode serimpedida por credos relixiosos.

VEJA: A súa posición sobre o abortoé solitaria dentro da Igrexa?

IVONE: A maioría do clero estacontra o aborto e reduce o asunto aunha cuestión privada. Osconservadores falan máis e sempreco discurso do respecto absoluto ávida. Pero si, hai sacerdotes e monxasa favor. É un segmento máisavanzado que só se manifesta entrebastidores e vive nun conflito entreaquilo en que cre e o que ainstitución pensa. Son homes emulleres esgazados por mor das súasconviccións.

Martínez Camino durante a presentación da campaña “¡Protege mi vida!”

Page 10: R E V I S T A Q U I N C E N A L D ... - asociacion-irimia.orgasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_786_WEB.pdf · factor humano afonda nel como sementador de paz, ... provedores de Vietnam,

10

O aborto volve á palestra pola nova lei que quere aprobar o Goberno español

e pola campaña en contra promovida pola Conferencia Episcopal -con lince

ibérico de fondo- “¿Y yo? ¡Protege mi vida!” (idea collida dunha vella

pastoral de Gea Escolano: “El ser humano especie protegida”). Había xa

unhas semanas que empezara a falarse do tema polo aborto dunha rapaza no

Brasil, embarazada do seu pai aos nove anos, tras reiterados abusos deste, con

grave risco para a súa supervivencia psíquica e mesmo física, e a vergonzosa

postura do arcebispo de Olinda Recife que excomungou á cativa, á súa nai e

aos que a apoiaron... pero non ao pai violador.

Hipocrisía e lixeireza ante un temadelicadoEu tamén estou en contra do abortocomo un mal que é; pero admitoexcepcións en certos casos, e desdelogo a súa discriminalización. Enrealidade, creo que, salvo alguénmoi insensato, non hai quen penserealmente que o aborto é un “ben”, emenos as mulleres que o padezan.Considerando o aborto un mal, estoucontra a condena das persoas que seven case obrigadas a realizalo, porrazóns sociais ou persoais.E estou tamén en contra tanto da

hipocrisía de parte dos presuntamenteacérrimos detractores do aborto, quecualifican de “asasinos” ou deinmorais a todos os que pensan ocontrario, mentres xente do seu grupoconservador ten ido reiteradamenteabortar fóra; xa non digamos ocinismo da dereita política italianaque constatamos recentemente:ministros que desprezaronexplicitamente a condición humana

dos inmigrantes e acusaron deasasino ao pai de Eluana. Pola outrabanda está a lixeireza de parte dosdefensores “progresistas” do aborto,que cualifican a todos os outros comomedievais e premodernos opostos aoprogreso. Esta hipocrisía manifesta máis unhadefensa partidista e chea deprexuízos, que un convencementoserio e pacífico: calquera argumentodos que non pensan coma min éinválido, simplemente por vir de quenvén; e, polo mesmo, calqueraargumento que vén dos que están nomeu bando é válido. Por iso, alguéncomentaba que os chamados“dilemas morais” deixaron de sermorais para convertérense en“cuestión de identidade” grupal; e asrazóns de uns e outros “simulan sermorais”, pero, en realidade sonbandeiras de tribo.

Despenalizar non é defender; unóvulo fecundado non é un fetoNon é o mesmo despenalizar quedefender; non é o mesmo dicir quenon se pode meter no cárcere a quenchega a facer un aborto, que apoiarque se faga indiscriminadamente. Tampouco é o mesmo o aborto dunembrión con dous meses, que o dunfeto con seis, cando xa é unha vidahumana máis ou menos viable. Non é

Debate abertoVictorino Pérez

Sobre o aborto

O caso da nena de 9 anos violada eembarazada polo padrastro reavivoutamén en Brasil o debate sobre o aborto

Page 11: R E V I S T A Q U I N C E N A L D ... - asociacion-irimia.orgasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_786_WEB.pdf · factor humano afonda nel como sementador de paz, ... provedores de Vietnam,

o mesmo falar da do abortoindiscriminado, que facelo endeterminados casos e suxeito a unhalei de prazos.Dito isto, está a terceira cuestión, queé a de considerar cando aparece avida humana; se é humano xa o óvulofecundado e aniñado, o cigotoposterior ou o embrión –que éinviable en máis do 50% dos casos-anterior ao feto. E aquí non só nonestivo nin está de acordo a ciencia,senón que tampouco estivo nin está adoutrina moral da Igrexa, non sóentre a xerarquía e os moralistas,senón nas mesmas posturas oficiais.Santo Agostiño (s. IV) admite que só apartir do día 40 despois dafecundación se pode falar de persoa;e San Tomé de Aquino (s. XIII)reafirma non recoñecer como humanoo embrión que aínda non ten 40 días,que sería cando se lle infunde a “almaracional”; aínda que isto foracontestado por San Alberte Magno,mestre de San Tomé, que defende ahominización inmediata, desde afecundación. A posición dos dousprimeiros converteuse en doutrinaoficial da Igrexa a partir do conciliode Trento (s. XVI); pero logo, asegunda postura converteuse enoficial cando Pío IX a asume naencíclica Apostolica Sedis (1869),condenando calquera interrupciónvoluntaria do embarazo.

No s. XX un moralista tan respectadocomo Bernhard Häering, admite oaborto en caso de estupo, polo danomoral e psicolóxico causado. “Outros crimes” En calquera caso, Roma manifestaunha hipocrisía semellante á queapuntabamos antes, cando levaadiante nas últimas décadas unhabatalla sen cuartel contra o aborto porconsideralo un “crime abominable” -como repetía Xoán Paulo II- aosuprimir voluntariamente unhapresunta vida humana –en realidade,só en potencia-; pero non aplica igualrigor á loita contra pena de morte oua presunta lexitimidade dunha“guerra xusta” que acaba con moitasvidas humanas non en potencia,senón ben reais, e que vén ser casesempre unha guerra inxusta. E comoten escrito Frei Betto, no canto deloitar tanto pola penalización doaborto, por que non se penaliza olatifundio improdutivo, e tantas outrascausas que no Brasil levan á mortecada ano a case 21 de cada 1000nenos que aínda non chegaron aos12 meses de vida? Como cristián defensor da vida ecomo ecoloxista, eu tamén creo quenon se deben suprimir vidas humanas

aínda que só sexan en potencia epode que non cheguen a ser viables,pero coido que cada muller debe teralgo que dicir sobre esa vida que levadentro, e unha institución na que sódeciden homes non pode ser a únicareferencia moral. En fin, o que é máisimportante, considero que se a Igrexae as masas de neoconservadores quepagan a campaña provocativa daConferencia Episcopal estiveransinceramente contra o aborto,deberían loitar máis contra aexplotación irracional do planeta e adistribución inxusta da riqueza, quecondena a millóns de persoas ámiseria e a degradación da súadignidade, declarando mesmoinmorais aos ricos especuladores;pode que non se fixesen necesariosmoitos dos abortos se todos os nenose nenas puidesen nacer en condiciónssociais seguras. Se a Igrexa quereliderar a defensa da vida, ten queliderar a defensa dos dereitos detodos os humanos –non só dos quenon naceron- se quere ser crible.

As razóns duns e outros simulan ser morais, pero, en realidade, son bandeiras de tribo

11

Page 12: R E V I S T A Q U I N C E N A L D ... - asociacion-irimia.orgasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_786_WEB.pdf · factor humano afonda nel como sementador de paz, ... provedores de Vietnam,

12

Chama a atención que tantosocialistas coma populares, e case sepode dicir que a sociedade en xeral,lle veñan atribuíndo ao BNG ofamoso Decreto 124/07 de uso epromoción do galego no sistemaeducativo, o que estableceu quecando menos o 50% das horas dedocencia debía impartirse en galego.Porén, saíu da Consellaría deEducación, que estaba nas mans doPSOE, e publicouse no DOG coasinatura da súa conselleira e maisd’O PRESIDENTE, Touriño. Certo éque se negociou cos outros partidos,incluído o PP que se desmarcoucando o decreto estaba a piques depublicarse, non sen antes acordaralgunhas modificacións ao textoproposto polo goberno que aíndahoxe permanecen nel. De feito,dende a Vicepresidencia e asconsellerías do BNG tomáronsedecisións ben máis prudentes –e eu,que son unha firme defensora doDecreto 124/07, diría que máisintelixentes- ca dende Educación.Sen saír do eido do ensino, as taménfamosas galescolas crearon, a pesardo interese de PSOE e PP porbombardealas, moita menoscontroversia ca o citado decreto. Eiso, non só porque non implicaban

cambiar costumes asentados endocentes reticentes a facer mudanzasna súa aula, senón porque asociaba ogalego a un servizo novo e decalidade. As familias que tiñan quefacer peripecias para poder deixar osseus fillos ben atendidos mentres íantraballar estaban contentas se llesabrían unha galescola á beira da casa,tanto se as clases se impartían engalego como se se daban en chinés (eaínda había quen as prefería engalego, co que a boa acollida estabagarantida).Os socialistas sacaron o Decretoporque era algo que lles tocaba facera eles, de acordo co Plan Xeral deNormalización aprobado porunanimidade no Parlamento durantea derradeira lexislatura de Fraga eadoptado, disque, como programa degoberno en materia de políticalingüística polo bipartito. Dá aimpresión de que non contaban coaoposición que suscitou. Como eles aotema da lingua non lle dabanimportancia, pensaron que a ninguénmáis lle ía preocupar, fóra de gruposque por minoritarios que non llesquitaron o sono (e iso que houbovoces que lles advertiron o que íaocorrer). Mais velaquí que os catrogatos que se opuxeron con uñas e

dentes ao decreto atoparon ecofavorable en moitos medios decomunicación, que lle deron a cadasuspiro de Galicia Bilingüe ecompañía o rango de noticiaobxectiva e de primeira plana emesmo, nalgúns casos, fixeronbandeira deste asunto. E daquela OPRESIDENTE asustouse, aconselleira engurrouse, a secretariaxeral de Política Lingüística meteu acabeza debaixo da á. E o PSOE fixo opeor que se pode facer: non retirou odecreto, pero non o promoveu, non odifundiu nin o defendeu. Nin sequeraentre o profesorado dependente daConsellería de Educación. Tapouno eintentou que non se falase del e, sobretodo, que ninguén relacionase ossocialistas co texto promovido easinado polos socialistas. Asíconseguiuse que a maior parte dasociedade, pais e docentes incluídos,tivese unicamente a informaciónnesgada e mentireira que daban delaos seus opositores. Poida que con estaactitude e as declaracións d’OPRESIDENTE que, na últimasemana de campaña, empezou a falardas imposicións lingüísticas do BNG,levasen a sociedade a atribuír esedecreto ao Bloque. Pero iso nonsalvou ao PSOE e foi moi negativopara a lingua.Non facer nada é unha política malapara as linguas minorizadas, quenecesitan de esforzos de promociónextra. Pero abrir a caixa de Pandora elogo lavar as mans é mesmo peor.

OpiniónNusca Senín

Lavar as mans ben lavadas

o PSOE fixo o peor que se pode facer: nonretirou o decreto, pero non o promoveu, nono difundiu nin o defendeu.

Page 13: R E V I S T A Q U I N C E N A L D ... - asociacion-irimia.orgasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_786_WEB.pdf · factor humano afonda nel como sementador de paz, ... provedores de Vietnam,

13

Vinte anos ininterrompidos degoberno dereitista nun país destruídopola fame, a riqueza duns poucos, oclientelismo secular e oanalfabetismo quedaroninterrompidos nas elecciónspresidenciais recentes no Salvador.Pero a tarefa que agarda a estexornalista de 49 anos non será nadafácil. Mauricio Funes enfróntase aunha oposición implacable, a do malperdedor Arena, e ás dúbidas de boaparte do seu propio electorado,historicamente revolucionario epouco comprensible cos políticos daesquerda moderada latinoamericana.

Os malos recordos dunha guerra

O Salvador ten unha poboación de7.066.403 habitantes (86% mestiza,12% branca, e 2% indíxena); moipoucos indíxenas retiveron os seuscostumes e tradicións. É o país máisdensamente poboado de AméricaLatina. A Constitución de 1983establece que O Salvador é unharepública democrática cuxos tresórganos son o executivo, encabezadopolo presidente da República e o seugabinete; o lexislativo, denominadoAsemblea Lexislativa (unicameral), eo xudicial, expresado na CorteSuprema de Xustiza.

A guerra que arrasou este paíscentroamericano durante 12 anosdeixou o seu sinal na memoria dopresidente electo Funes. O seu irmánfoi asasinado pola Policía Nacionalpor defender as demandasestudantís. O propio Mauricioabandonou os seus estudos paraalfabetizar decenas de campesiños

sen recursos. Xa en pleno conflito,seguiu contracorrente. Desde o seuprograma Entrevista ao día na Canle12 e como correspondente da CNNdesafiou o poder militar aoconvertelo en plataforma libertariade ideas. Sen censuras e con rigor,Funes labrou para si un prestixio queagora deu os seus froitos. Oselectores farabundistas son as clasespopulares e a pequena burguesía conalgúns sectores da nova burguesía,mentres a nova oposición tiña oapoio da ultra dereita, das clasesdominantes máis autoritarias erepresivas, poderiamos dicir que oque queda dos escuadróns da morte eos matóns do pasado.

Unha nova esperanza

A campaña e a vitoria espertaesperanzas e tal vez pode activar aparticipación de moita xente. O seugoberno parece substituír a represiónpolo diálogo e iso tamén é positivo.Moito depende de como osmovementos sociais aproveiten este

cambio electoral para pór sobre amesa as verdadeiras reivindicacións ecambios estruturais que necesita opobo para mellorar as súascondicións.

Un problema que O Salvadorafronta é a desigualdade económicada distribución de gananciaspersoais. En 1999, o grupo do sectorrico da poboación recibiu o 45% daganancia do país, mentres que oamplo grupo dos pobres recibiusoamente 5,6%.

Subido a unha tarima nunha prazachea de xente, Mauricio Funespreguntou: queredes que sexa o vosopresidente? Estades dispostos atraballar comigo por este país?”. Amultitude dicía que si e axitababandeiras do FMLN. O novopresidente do Salvador, o novo líderdos vellos guerrilleiros que acaba dearrebatarlle o mando á dereita porprimeira vez desde a fin da guerra, en1992, respondeu: “Traballaremosxuntos. Acabouse o medo!”

InternacionalMoisés Lozano Paz

Xiro político no Salvador Mauricio Funes nun acto de campaña

Page 14: R E V I S T A Q U I N C E N A L D ... - asociacion-irimia.orgasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_786_WEB.pdf · factor humano afonda nel como sementador de paz, ... provedores de Vietnam,

Asemblea de Crentes Galegos(Sábado 18 de abril - Colexio La Salle – Santiago)

10:00 - 10:30 Acollida.10:30 - 11:15 Ponencia: "Alternativas á crise,

por un crecemento sostible" polosociólogo Daniel López Muñoz.

11:15 - 12:30 Mesa de experiencias alternativas:representantes de AIS O Peto,Cooperativasde Consumo eSindicato Labrego Galego.

12:30 - 13:00 Descanso.13:00 - 14:00 Debate e propostas de conclusións

entre os participantes.14:00 Xantar

16:00 - 17:30 Celebración.17:30 Despedida e clausura da

Asemblea.

1414

EDITA: Asociación A. IRIMIA FEITO EN PAPEL RECICLADO

MESA DE REDACCIÓN: Daniel López Munoz, Luís Gómez Aldegunde, Pedro Pedrouzo Devesa, Rubén Rivas Vidal, Lidia CamposChan, Manolo G. Turnes, Lines Salgado Iglesias, José Antonio Martínez. Tlf. 986 10 49 45.

COLABORADORES: Xosé Chao Rego, Victorino Pérez Prieto, Xosé Antón Miguélez, Manolo Regal, Alfonso Blanco Torrado, Xosé LoisVilar, Marta Sopeña, Gumersindo Campaña, Tareixa Ledo, Moisés Lozano, Clodio González Pérez, Antón Martínez Aneiros, Sara PazQuiñones, Agustín Bueno, Manuel Pérez Blanco, Xabier Blanco, Bernardo García Cendán, Valentina Formoso Gosende, Celia Castro Ojea,Xerardo Castedo Valbuena, Engracia Vidal, Francisco Xabier Martínez Prieto, Fernando Veiga, Antonio Pinto Antón, Bea Cedrón Vilar,Mariano Guizán Sánchez, Carmen Soto, Rubén Aramburu.

CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA: Lidia Campos Chan, Luís Aldegunde.

SUBSCRICIÓNS: Apdo. 980 - 15705 Santiago de Compostela. Telf.: 655 028 253

SUBSCRICIÓNS: ordinaria: 24 Euros. de Apoio: 36 Euros. Correo electrónico - [email protected]

CONTA: Caixa Galicia, CC/2091-0349-45-3040005822 - Urbana, nº 8 - Santiago / BBVA 0182-0267-15-0207905484

DEPÓSITO LEGAL: C-1417-81 TIRADA: 1.300 exemplares DESEÑO E MAQUETACIÓN: Ninfa, Riveiro, Martínez

IMPRIME: Artes Gráficas LITONOR S.A.L. DISTRIBÚE: IMPACTA

EDICIÓN ELECTRÓNICA: http://www.vieiros.com/canais/26/canal-irimia

RR EE VV II SS TT AA QQ UU II NN CC EE NN AA LL DD EE CC RR EE NN TT EE SS GG AA LL EE GG OO SS

A te r ra va i dando f ro i to por s i mesma

AANNOO XXXXIIXX •• NNºº 778866 -- DDoo 1133 aaoo 2266 ddee aabbrriill ddee 22000099

OO aabboorrttoo ee ooss sseeuuss lliinncceess

Page 15: R E V I S T A Q U I N C E N A L D ... - asociacion-irimia.orgasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_786_WEB.pdf · factor humano afonda nel como sementador de paz, ... provedores de Vietnam,

15

Boa Nova

Atoparse co resucitado (Xn 20, 19-31)O obxectivo dos relatos das aparicións doresucitado e a de transmitir unha experienciavivida con gran intensidade polosdiscípulos/as e non a de facer unha reportaxedo sucedido. De feito, se botamos unha olladaa estas narracións nos catro evanxeos,descubrimos que todas elas son diferentes,pois o que aconteceu non foi algo que sepuidera ver cos ollos, senón algo que seestaba a experimentar na vida. Porén, en todas elas mostrásenos dúasrealidades significativas: a situación inicial demedo e tristura e o encontro sorpresivo comestre. O que mostra que, trala morte domestre, a predisposición inicial non era a decrelo vivo, e custoulles un tempo acoller evivenciar ese horizonte que se lles impoñía. A comunidade a que lles escribe Xoán, está enaberta confrontación co xudaísmo e séntesedébil e perseguida, por iso está un poucopechada en si mesma (Xn 20, 19). Ante estasituación o autor recórdalles a experienciapascual, e nela o envío a misión, con unhacerteza, o espírito estará con eles (Xn 20, 21)e un desafío, ata onde eles fagan chegar aexperiencia de perdón e salvación de Deus,ata alí chegará (Xn 20, 23).Con todo, sigue habendo xente que necesitaprobas na fe, e o relato de Tomé móstralles, deforma narrativa, que o Señor mesmo bendí aaudacia dos que se arriscan a crer sendemostracións (Xn 20,29) e, sobre todo, os quenon dubidan de que a experiencia que están avivir, non é froito dun éxtase, senón que oresucitado, segue a ser o crucificado (Xn 27).

Carme Soto

A C

LAVEDomingo 19 de abril. 2º Domingo de PascuaXn 20, 19-31Naquel día, o primeiro da semana, ao serán,estando pechando as portas onde estaban osdiscípulos, por medo dos xudeus, chegou Xesús e,poñéndose no medio, díxolles: “Paz convosco”. Ditoisto, mostroulles as mans e mais o costado. Osdiscípulos alegráronse, vendo o Señor. El díxollesoutra vez: “Paz convosco: coma o Pai me mandou amin, tamén eu vos mando a vós”. E dito isto alentousobre eles, e díxolles: “Recibide o Espírito Santo: aquen lles perdoedes os pecados, quedaranlleperdoados; a quen llelos reteñades, quedaranllesretidos”. Pero Tomé, un dos Doce, o chamadoXémeo, non estaba con eles cando chegou Xesús.Dicíanlle entón os outros discípulos: “Vimos o Señor”.Pero el contestoulles: “Como non vexa nas súas mansas furas dos cravos e non meta nelas o meu dedo;como non meta a miña man no seu costado, noncrerei”. Oito días despois, estaban outra vez dentroos discípulos, e Tomé con eles. Chegou Xesús,estando pechadas as portas, e poñéndose no medio,dixo: “Paz convosco”. Despois díxolle a Tomé: “Traeaquí o teu dedo e mira as miñas mans; trae a túaman e métea no meu costado. Non sexas incrédulo,senón home de fe”. Tomé respondeulle: “Meu Señor emeu Deus!”. Xesús díxolle: Tes fe porque me viches?Benia os que creron sen veren!” (...)”.

A PALA

BRA

Lembrounos Boff nun artigo destas últimas semanasque a crise da que tanto se fala non é sóeconómica, senón que fundamentalmente é unhacrise ética. A creba do sistema financeirointernacional acabou coa confianza, e senconfianza non se pode soster unha sociedade.Desconfiamos dos bancos e das oportunidades deinvestimento (volvemos cos “cartos baixo ocolchón”). Desconfiamos dos nosos xefes e dosnosos compañeiros de traballo (acentuando oindividualismo do sálvase quen poida).Desconfiamos dos nosos maridos e mulleres(estamos ante a taxa máis alta da historia depeticións de probas de paternidade. Desconfiamosdos nosos/as fillos (vense ben os test de drogaspara controlalos despois das saídas, así como osrexistros informatizados das faltas na escola).Desconfiamos dos nosos amigos/as e mesmo dasnosas posibilidades. Como hai case 2000 anos, ofuturo existirá para quen teñan fe. E a confianzanos demais é unha boa proba para calibrar afortaleza da nosa fe.

J. A. Martínez

O E

CO

Page 16: R E V I S T A Q U I N C E N A L D ... - asociacion-irimia.orgasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_786_WEB.pdf · factor humano afonda nel como sementador de paz, ... provedores de Vietnam,

16

Falando da linguaLidia e Valentina

O diván do fachineiro é alongado e andaba aver analoxías da situación lingüística encalquera cousa na que puxese os ollos. Foi oprimeiro que pensei cando vin desta feita ocadro de Pieter Brueghel o Vello “O triunfo damorte” no que reas de mortais son conducidospor esqueletos ata perdérense na trapela quelles abren. Ben sabe o fachineiro que opesimismo desmobiliza, un luxo que nonpodemos permitirnos nesta conxuntura que nostoucou vivir. Por iso saudamos a reacción decolectivos e de persoas que se decatan danecesidade de poñérmonos a traballar xa ouantes. Entre elas quixera destacar a creación

Si, hai futuro

dunha coordinadora de equipos denormalización e dinamización lingüística decentros educativos de toda Galicia. Saben bendo que falan porque traballan dentro dosistema educativo, coñecen a realidade dogalego nos centros, na maioría dos casosachegan horas de traballo fóra do seu horariolaboral e manteñen a ilusión porque a nosalingua sexa a de todos. Acaban de presentarun manifesto que podemos ler enwww.coordinadoraendl.org Eu apúntome áanterior portada irimega: si, hai futuro.

A.Q.

O Fachineiro da lingua

E que é o saio?

Chegou a primavera, pero como asestacións empezan a estar desdebuxa-das xa non sabemos se os refráns tradi-cionais referidos ó tempo metereolóxi-co terán todo o sentido. En abril, augasmil (se cadra si e se cadra non, comaoutros anos), Ata o corenta de maionon quites o saio pois seguramenteporque con este febreiro e marzo tanquentes, que ninguén pense que isto sevolveu o Caribe... Polo tanto, xa quenon imos mudar por agora o refranei-ro, ímonos centrar nas apreciaciónslingüísticas. Unha importante, fixáde-vos que é “non quites o saio” e non“non *te quites o saio” que sería uncastelanismo. Por que? Pois por que engalego ese pronome reflexivo (é dicir,que reflicte a persoa que executa aacción do verbo: o suxeito) non seemprega cando temos verbos con com-plemento directo. Imos explicalo deforma menos “lingüística”:

Nós lavamos as mans, en castelánNosostros nos lavamos las manos. Engalego é incorrecto “Nós lavámonosas mans” e aínda moito máis “Nósnos lavamos as mans”. Primeiro, por-que o que lavamos son as mans. O“nos” emprégase cando queremosindicar que nos lavamos a nós mes-mos: “Nós lavámonos ás mañás con

auga fría”, por exemplo. É dicir, senespecificar unha parte concreta docorpo.

Eu lavo a cara, en castelán Yo melavo la cara. Polo mesmo, non podeser “Eu *lávome a cara” porque o“me” sería para indicar que me lavoa min mesma. Pero se o que lavo éunha parte: as mans, os pés... xa nonpodo poñer o pronome átono.

Ti compras un pantalón, en castelánTu te compras un pantalón. A estasalturas xa vos daredes conta de quenon pode ser “Ti *cómpraste unpantalón”, verdade?

Polo tanto, tampouco pode ser “nonte quites o saio”...

De paso, sen querer ser pesadaspero pretendendo fixar temas, pedí-mosvos que vos fixedes na coloca-ción do pronome que repasabamosno número pasado. Déchesvosconta de que “Eu lávome”, Nóslavámonos” “Non te quites”...?Acordádevos que o poñemos sem-pre despois do verbo, excepto candovai antes o “non”, algúns adverbios,partículas interrogativas ou excla-mativas...

Ai, se nos leran máis por aí adiante!

Ata o 40 de maio, aínda a vella queima o tallo