regulamento xeral do comedor

4

Click here to load reader

Upload: estevez-monse

Post on 29-Mar-2016

219 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

Regulamento xeral do comedor

TRANSCRIPT

Page 1: Regulamento Xeral do Comedor

REGULAMENTO XERAL DO COMEDOR ESCOLAR O Consello Escolar estableceu as seguintes normas para unha boa organización e bo funcionamento do comedor. 12.1-CRITERIOS DE SELECCIÓN: cando houbera problemas de espacio a selección dos comensais farase tendo en conta a seguinte orde:

a) Os becados/as do Concello b) Maior número de días por semana de asistencia ó comedor. c) A orde de inscripción

12.2- SISTEMA DE PAGO a) A única forma de pago do recibo mensual do comedor é mediante domiciliación bancaria. Os pais deberán facilitar ó número de conta onde desexen facer a domiciliación do recibo no momento da inscrición. O recibo pasarase o cobro o día 10 de cada mes. Cóbrase por mes adiantado. No caso de ser devolto polo banco, terán que facer o ingreso na conta da ANPA do recibo pendente, asumiendo tamén os gastos pola devolución. b) os alumnos da ESO terán que afrontar o pago da coidadora dende o remate do comedor ata o comezo das clases da tarde. O prezo será o establecido para este curso. Tamén os alumnos becados do Concello. No caso de non querer aboar ese importe, terán que rechazar por escrito o servizo de coidadora e os alumnos deberán de abandoar o recinto escolar cando finaliza o comedor e non poderán volver a entrar ata a hora da apertura de portas. PRIMARIA ESO (Cando asistan luns).

1 día : 13 € ( para ESO sumase 1.50) 1 dia : 14.50€ 2 “ 23€ 2 “ 24.50€ 3 “ 33€ 3 ” 34.50€ 4” 43€ 4 “ 44.50€ 5” 53€ 5 “ 54.50€ Prezos actualizados para curso 2011/2012. Estipulados por Foanpas (Federación de ANPAS). Prezos facendo unha media de todo o curso. Os alumnos non inscritos no comedor que precisen acudir algún día, deben de comunicar a ANPA que quedan a comer antes das 9 e cuarto da mañá, para pedir un prato de máis. O prezo dos esporádicos é de 5€ que deben de aboar en efectivo ese mesmo día.

Page 2: Regulamento Xeral do Comedor

12.3- OS ALUMN@S BECADOS POLO CONCELLO Tódolos alumnos que teñan aprobada a beca de comedor deberán pasar pola oficina da ANPA para asinar a listaxe que envía o Concello. Seredes avisados mediante circular, dende ese momento teredes CINCO DÏAS para asinar. No caso de non facelo neste prazo, as listaxes serán devoltas ó Concello sen esas sinaturas, e lóxicamente, teredes que facer frente as consecuencias que esta situación poida carrexar. 12.4- ASISTENCIA E PUNTUALIDADE -Tanto os comensais con programación (os que acuden o comedor algúns dias da semana) como os fixos (becados ou non becados) teñen a obriga de comunicar a ANPA antes das 9 horas e quince minutos de cada día a súa non asistencia o comedor ese día. A tarefa de comedor é fixa polo que non se descontarán os dias de non asistencia. Salvo falta prolongada por causa xustificada, nese caso descontaránse 10 € por semana completa sin asistencia. - No caso dos alumnos becados, o Concello terá información mensual o respecto. - Os comensais esporádicos deberán comunicar a súa presencia no comedor antes

das 9 horas e quince minutos. - Ningún comensal pode acudir ó comedor se non asístiu o centro pola mañán. - O horario de recollida dos nenos do comedor, agás que acudan a actividades no

centro, é entre ás 15:30 e as 15:45. A partires desta hora ningunha das coidadoras do centro é responsable de ningún neno ou nena.

12.5- DISCIPLINA NO COMEDOR O Consello Escolar do centro aposta por unha plena integración deste servicio complementario no desenvolvemento da función educativa que todo centro educativo posúe. A tal efecto, decidiu, hai uns cursos, crear a figura do Profesor Coordinador do Comedor. As súas principáis funcións son: servir de conexión entre o comedor e o equipo directivo, trasladar as necesidades que o servicio plantexe e intermediar nos conflictos xurdidos, tentando buscar solucións aos mesmos. As camareiras-coidadoras cubrirán diariamente un parte de incidencias do comedor e trasladaranllo o profesor coordinador. Este, en base á importancia dos feitos acaecidos, ou ben, tenta intermediar para buscar unha solución satisfactoria, ou ben, informará ó Equipo Directivo ou a Comisión de Convivencia. En todo caso, tódolos comensais están suxeitos o Regulamento de Réxime Interno do centro. A reincidencia na aparición nos partes diarios de incidencias do comedor pode ocasionar a perda do dereito de asistencia ó comedor polo tempo que o centro estime oportuno, previo aviso as familias e o Concello no caso de ser becados.

Page 3: Regulamento Xeral do Comedor

12.6- DIETAS ESPECIAIS Calquer cambio nas dietas deberá comunicarse como mínimo con DOUS días de antelación e por escrito na ANPA. Estando notificados os cambios, calquera anomalía ou errro nas dietaas será responsabilidade do catering. Os nenos/as que padezan calquera problema médico deberán aportar un informe médico, así como unha autorización do pai, nai ou titor e do médico conforme pode asistir ó servizo de comedor. Ademáis esixirasélle un protocolo de primeiros auxilios. En calquera caso, ni o ANPA, nin as coidadoras terán responsabilidade sobre dito protocolo. É convinte que tódolos nenos e nenas que asistan ó comedor suscriban o seguro escolar. No caso de non facelo, os pais, nais ou titores deberán asinar un documento exonerando ó ANPA das responsabilidades. 12.7.-NORMAS DE FUNCIONAMENTO DO COMEDOR

� ENTRAR ACOMPAÑADOS/AS POLAS COIDADORAS � COLOCAR A ROUPA E MOCHILAS NAS PERCHAS CORRESPONDENTES. � LAVAR ÁS MANS � SENTAR CORRECTAMENTE � OS NENOS/AS NON PODEN TRAER COUSAS DE COMER OU BEBER Ó

COMEDOR. � COMER TODO E DE TODO (MENÚ) � FALAR NUN TONO BAIXO E RESPETANDO A TODAS AS PERSOAS COAS

QUE SE COMPARTE O COMEDOR. � PEDIR CON RESPETO O QUE SE NECESITA � NON XOGAR COS CUBERTOS E COA COMIDA � SOBRE AS MESAS SO ESTARÁ O NECESARIO PARA COMER. � AGARDAR SENTADOS/AS ATA QUE A PERSOA ENCARGADA COMUNIQUE

O MOMENTO DE SAIR � SAIR TRANQUILAMENTE � XOGAR SOAMENTE NO PATIO DE RECREO E DEIXAR RECOLLIDO O

MATERIAL � NOS PASILLOS NON SE PODE ESTAR NIN XOGAR, TAMPOUCO SE PODE

SUBIR CLASES. � Ó REMATAR O HORARIO DE COMEDOR (16:00 H.) OS NENOS/AS QUE

NON TEÑAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES TEÑEN QUE SER RECOLLIDOS POLAS PERSOAS RESPONSABLES E SAIRÁN DO RECINTO ESCOLAR.

� A RELACIÓN COAS COIDADORAS LIMITARASE A CUESTIÓNS DE SAÚDE, DIETAS, ETC, O RESTO DOS ASUNTOS DEBERÁN SER TRATADAS

Page 4: Regulamento Xeral do Comedor

SEMPRE, A TRAVÉS DA ENCARGADA DO COMEDOR DO ANPA OU DO PROFESOR COORDINADOR DO COMEDOR (MANUEL DAPENA)

Serán as propias coidadoras as que, tendo en conta as normas anteriores e

baixo o seu criterio, reprendan os nenos/as que deixen de cumplilas. Ademáis informarán diariamente das cuestións máis importantes, mediante partes de

incidencia, á encargada do comedor e ó profesor coordinador, os que valorarán as medidas a tomar tendo en conta o punto 5º do REGULAMENTO XERAL DO COMEDOR.

Todos os usuarios do comedor deben asinar un regulamento para facer uso do mesmo. A sinatura supón asumir tódolos puntos aquí establecidos.