reportaxe

3
Reportaxe A reportaxe: é un relato xornalístico de historias vividas por persoas ás que se relaciona co seu contexto. Baséase nun testemuño o máis directo posible que explica con palabras, imaxes e/ou sons, e desde unha perspectiva actual, acontecementos de interese público. Características Na reportaxe audiovisual ou fotográfica as accións deben ser espontáneas, mentres que no documental as situacións aínda sendo verosímiles poden ser preparadas. En canto á súa estrutura , a reportaxe é capaz de integrar calquera posibilidade narrativa (pódese intercalar o lead dunha noticia cunha entrevista ou declaracións acoutadas) no que non caben valoracións persoais. A entrevista e a enquisa utilízanse como elementos auxiliares no que a explicación de feitos se refire. Aquí descríbese a personalidade, tanto obxectiva como subxectivamente, é dicir, coa maior cantidade de detalles e circunstancias que enmarcan a súa existencia. Unha reportaxe de descrición deixará ó lector coa sensación de coñecer a fondo á persoa entrevistada: as súas virtudes, defectos, habilidades, sentimentos, preferencias persoais, o seu pasado, os seus valores actuais e a súa visión e ambición cara ó futuro. Tipos Científico: Este tipo de reportaxe destaca os avances e descubrimentos científicos máis recentes. O maior reto para o xornalista é interpretar os termos científicos facéndoos entendibles para receptores de todo nivel cultural. As reportaxes médicas, ecolóxicas, astronómicas, bioéticas, etc. Explicativo: Préstase a profundar en feitos de transcendencia entre a opinión pública, ten un fondo predominantemente noticioso, pero detalla as causas e efectos da noticia ou serie de eventos noticiosos. Investigativo: A reportaxe investigativa require un labor case detectivesco do xornalista para captar detalles completamente descoñecidos sobre un feito en particular. Require moita confianza das fontes no reporteiro, as que achegarán probas e documentos en moitos casos confidenciais, coa total certeza que o xornalista non revelará os seus nomes. Este tipo de reportaxe habitualmente contén cifras actualizadas e datos estatísticos en relación co tema. Pola seriedade e extensión da reportaxe (normalmente unha serie deles), ás veces require a participación de dous ou tres xornalistas que deben profundar e verificar a información, así como evitar filtracións ou fugas informativas antes da publicación da investigación xornalística. Libre: a reportaxe libre preséntanos unha estrutura a elección, e menos extenso que os outros. Utilízase maiormente nos nenos que fan tarefas. A clasificación da reportaxe pódese levar a cabo con base en criterios de contido ou puramente formais. Tamén se pode clasificar a reportaxe pola estrutura que adopta (docudrama, documental, series, informativos especiais...)

Upload: evapaula

Post on 22-Jul-2015

794 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Reportaxe

A reportaxe: é un relato xornalístico de historias vividas por persoas ás que se relaciona co seu contexto. Baséase nun testemuño o máis directo posible que explica con palabras, imaxes e/ou sons, e desde unha perspectiva actual, acontecementos de interese público.

Características

Na reportaxe audiovisual ou fotográfica as accións deben ser espontáneas, mentres que no documental as situacións aínda sendo verosímiles poden ser preparadas.

En canto á súa estrutura, a reportaxe é capaz de integrar calquera posibilidade narrativa (pódese intercalar o lead dunha noticia cunha entrevista ou declaracións acoutadas) no que non caben valoracións persoais. A entrevista e a enquisa utilízanse como elementos auxiliares no que a explicación de feitos se refire.

Aquí descríbese a personalidade, tanto obxectiva como subxectivamente, é dicir, coa maior cantidade de detalles e circunstancias que enmarcan a súa existencia.

Unha reportaxe de descrición deixará ó lector coa sensación de coñecer a fondo á persoa entrevistada: as súas virtudes, defectos, habilidades, sentimentos, preferencias persoais, o seu pasado, os seus valores actuais e a súa visión e ambición cara ó futuro.

Tipos

Científico: Este tipo de reportaxe destaca os avances e descubrimentos científicos máis recentes. O maior reto para o xornalista é interpretar os termos científicos facéndoos entendibles para receptores de todo nivel cultural. As reportaxes médicas, ecolóxicas, astronómicas, bioéticas, etc.

Explicativo: Préstase a profundar en feitos de transcendencia entre a opinión pública, ten un fondo predominantemente noticioso, pero detalla as causas e efectos da noticia ou serie de eventos noticiosos.

Investigativo: A reportaxe investigativa require un labor case detectivesco do xornalista para captar detalles completamente descoñecidos sobre un feito en particular. Require moita confianza das fontes no reporteiro, as que achegarán probas e documentos en moitos casos confidenciais, coa total certeza que o xornalista non revelará os seus nomes. Este tipo de reportaxe habitualmente contén cifras actualizadas e datos estatísticos en relación co tema. Pola seriedade e extensión da reportaxe (normalmente unha serie deles), ás veces require a participación de dous ou tres xornalistas que deben profundar e verificar a información, así como evitar filtracións ou fugas informativas antes da publicación da investigación xornalística.

Libre: a reportaxe libre preséntanos unha estrutura a elección, e menos extenso que os outros. Utilízase maiormente nos nenos que fan tarefas.

A clasificación da reportaxe pódese levar a cabo con base en criterios de contido ou puramente formais. Tamén se pode clasificar a reportaxe pola estrutura que adopta (docudrama, documental, series, informativos especiais...)

Como todos os textos xornalísticos, a reportaxe ten unha estrutura propia e ben diferenciada: • Presentación ou introdución: esta parte é a que introduce, detalladamente, o tema sobre o que vai tratar a reportaxe. • Nó: é a parte principal da reportaxe e a máis extensa. Nela desenvólvese en profundidade o tema da reportaxe. • Conclusión: a reportaxe é un xénero que non é completamente obxectivo xa que permite ao xornalista facer reflexións e emitir xuízos en relación co tema desenvolvido no texto. • Apoios: Dado que a reportaxe é un xénero moi extenso, é moi recomendable, se non necesario, apoiar o texto con recursos visuais, entrevistas, fotos e, no caso de reportaxes online, vídeos.

Estratexia para escribir reportaxes

Elixir o tema

Selecciona un tema, porque o

consideras importante, actual e de

interese para a sociedade ou para

un grupo social.

Definir que se vai escribir na

reportaxe (feitos, ideas)

Define como o farás. Unha vez seleccionado o tema, será

necesario que lle deas o enfoque, é dicir, definas os

aspectos relevantes que vas traballar sobre ese tema: que

vas abordar do tema e para que. Buscar antecedentes,

sucesos e facer interrogatorios son esenciais para a escritura da

reportaxe.

Organizar a información

Selecciona as fontes que

consultarás para recabar a

información: testemuñas verbais

que expresen puntos de vista ou

xuízos sobre o tema ou asuntos

que estás investigando;

documentos ou textos

(publicacións, boletíns) que falen

sobre o contexto ou os contornos

relacionados co asunto que

traballan, así como entrevistas,

enquisas, observación directa,

declaracións, testemuñas,

documentos, comunicados,

etcétera. Selecciona a información

necesaria.

Estrutura

Considera que a reportaxe teña

un lead ou entrada para atrapar a

atención dos lectores e captar o

seu interese; un corpo, onde

presentes a información ou o

desenvolvemento do tema co fin

de ampliar, completar ou

profundizar na información dunha

noticia (argumenta, expón

opinións, enquisas, entrevistas,

puntos de vista e testemuños) e

unha conclusión ou pechee do

investigado.

Escribir e revisar o borrador

(consultar manuais de

ortografía)

Escribe a túa primeira versión.

Se tes dúbidas no uso de algún

termo, consulta manuais de

gramática, ortografía e

puntuación. Revisa, coa axuda dos

teus compañeiros, todas as

versións da reportaxe. Considera

que queres comunicar do tema

investigado, tanto para o título

como para as ideas clave que

desexas expresar, analizar e

ordenar.

Redactar a versión final

Presenta o traballo terminado

e atende las recomendaciones dos

compañeiros e do teu profe, para

mellorar o texto. Se cómpre,

corrixe ou reescribe o texto para a

versión final e publicación.