res historiae romani imperii
DESCRIPTION
Presentación sobre a Historia de Roma a través de varias anécdotas e feitos curiososTRANSCRIPT
Conta a lenda que en tempos de Rómulo,
primeiro rei da futura cidade (753-716 a.C.), a
falta de mulleres levou ós romanos a raptar as dos seus veciños, os sabinos. Estes, anoxados, atacaron
ós romanos, que se refuxiaron no outeiro
fortificado do Capitolio. Unha muller, Tarpeia,
ofreceu ós sabinos abrirlles as portas dos
muros a cambio do que eles levaban no seu brazo esquerdo, referíndose a uns brazaletes de ouro. Cando lles deixou paso, eles matárona cos seus
escudos, que sostiñan co mesmo brazo: os sabinos
non gustaban dos traidores
A guerra rematou con acordo entre romanos e sabinos, mais o lugar onde
morreu Tarpeia, unha rocha, tomou o seu nome. En certas ocasións, algúns
condenados por traición eran lanzados o vacío desde alí
No ano 509 a.C. Sexto Tarquinio, fillo de Tarquinio o Soberbio, entrou na casa do seu primo Tarquinio Colatino. Foi á habitación de Lucrecia,
esposa daquel, e díxolle: Tace, Lucretia. Sextus Tarquinius sum. Moriere si emiseris vocem (“Cala, Lucrecia. Son Sexto Tarquinio. Se dis unha
palabra, morres”). De seguido, violouna. Ela manda chamar ó seu home, que estaba co exército romano nunha guerra, e ó seu pai. Dilles que se vai matar, posto que, aínda que contra a súa vontade, foi deshonrada; mais failles prometer vinganza contra Sexto Tarquinio e a familia real.
Os dous homes fan vir a un patricio prestixioso, Lucio Xuño Bruto, matan a Sexto Tarquinio e proclaman ó pobo romano a abolición da monarquía. Cando o rei, que tamén estaba na guerra, quixo voltar a Roma, atopou as súas portas pechadas. Viña de comezar a República
Mais o rei non se conformou. Foi a Etruria, rexión situada ó norte de Roma de onde
procedía a súa familia, e conseguiu a axuda de Lars Porsena, que armou un exército contra Roma. Os romanos quixeron curtar a ponte
sobre o río Tíber que daba acceso á cidade. A ponte era de madeira, e di a tradición que mentres algúns soldados a rompían, un só home, Horacio Cocles, mantivo a raia ós
etruscos
Pouco despois un mozo romano, Gaio Mucio,
entrou ás agachadas no campamento etrusco para matar a Porsena.
Capturado, para amosar o pouco medo que tiña á
morte, meteu a man dereita nun braseiro e permaneceu impasible
mentres se queimaba. Foi alcumado Scaevola, que en latín significa “zurdo”
O 16 de xullo do ano 390 a.C. un exército
estranxeiro entrou en Roma por última vez en
800 anos. Foron os celtas no norte de Italia, que os
romanos chamaban galos. Disque unha vez tomada
a cidade, o líder galo Brenno esixiu un pago:
colocou gran cantidade de armas no prato dunha
balanza, e mandou que os romanos depositasen
suficiente ouro no outro prato para equilibrala.
Cando así se fixo, engadiu a súa espada ó prato do ferro, proclamando: Vae
victis!, que en latín quere dicir “Ai dos vencidos!”
A principios do s. III a.C. Roma estaba empeñada en conquistar o sur de
Italia, en mans de cidades gregas moi ricas, mais
sen exército. Pero compraron a forza
armada de Pirro, rei do Epiro (actual Albania).
Este contaba con elefantes, nunca vistos
polos romanos, que perderon a primeira
batalla. Dise que Pirro examinou o campo de
batalla logo da loita e viu que todos os romanos
mortos foran feridos de fronte, e non de costas, polo que se decatou da valentía do seu inimigo.
Pouco despois, era vencido polos romanos e
voltaba ó seu reino
Entre 264 e 241 a.C. Roma mantivo con Cartago a
primeira de tres guerras. Houbo varias batallas navais,
e nunha delas o almirante romano Clodio Pulcro quería atacar á flota cartaxinesa en
Sicilia. Mais antes de entrar en combate, os sacerdotes tiñan que comprobar a vontade dos
deuses mediante a observación duns polos
sagrados. Interpretaron como un mal augurio que non
quixesen comer, co que os plans de Clodio estaban en perigo. Anoxado, tirou os polos pola borda dicindo:
Bibant, si edere nolunt! (“Se non queren comer, que
beban!”). Por certo, perdeu a batalla, pero Roma gañou a
guerra
A mediados do s. II a.C. Roma derrotara definitivamente a Cartago e fixérase co seu
territorio, entre o que estaba a costa mediterránea de Hispania. As tribus do interior hostigaban ós romanos de cando en cando. Un líder moi teimudo foi Viriato,
de Lusitania (gran parte do actual Portugal e Extremadura). Entre 149 e 139 a.C. foi moi molesto
para Roma. Todo rematou cando tres homes de Viriato ofreceron
ós romanos o seu asasinato. Logo de levalo a cabo, foron reclamar
unha recompensa, mais os romanos decidiron executalos. Ó
non comprendelo, dixéronlles: “Roma non paga a traidores”
En 62 a.C. Gaio Xulio César era Pontifex
Maximus, é dicir, o xefe da relixión romana. Un mozo romano, Publio Clodio, foi descuberto
disfrazado de muller no medio duns ritos
reservados a mulleres. Saltou o escándalo e
rumoreouse que Clodio mantiña relacións coa
esposa de César, Pompeia. César disculpou
publicamente á súa muller, mais ó pouco
divorciouse dela. Cando lle preguntaron por qué o fixera, César respostou: “A esposa de César non
só debe ser honesta, senón tamén parecelo”
O 29 de xuño do 49 a.C. tivo lugar na chaira de Farsalia, en Grecia, a batalla decisiva da guerra civil entre César e Pompeio. A forza deste último residía na cabaleiría, formada
por mozos da nobreza romana. César instruíu ós seus soldados para que no combate
apuntasen coas súas lanzas ós rostros dos xinetes. Ó facelo así, moitos retrocederon,
temendo ser desfigurados
Logo de vencer, César perseguiu a Pompeio ata Exipto, un Estado protexido por Roma. Alí
loitaban polo poder o faraón Tolomeo e a súa irmá Cleopatra. Esta, vendo en César o
dominador do mundo romano, quixo gañar o seu favor, mais sabía que o seu irmán non lle
permitiría achegarse a César. Por iso se envolveu nunha alfombra que mandou levar como regalo a César. Cando a desenrolaron,
apareceu, deixando abraiado ó romano
O primeiro Emperador, Augusto, quixo incorporar ó Imperio o territorio comprendido entre os ríos Rhin e Elba. Alí enviou, no 9 d.C., ó xeneral Publio Quintilio Varo, quen entrou en contacto cun líder xermano, presuntamente
amistoso, chamado Arminio. Éste convenceuno para que saíse das fortificacións do Rhin e guiouno ata un bosque no que un exército xermano estaba listo para atacar. Tres lexións (entre 15.000 e 20.000 homes) foron
aniquiladas. A amargura de Augusto foi enorme; disque ía berrando polo seu pazo: Quintili Vare, legiones redde! (“Quintilio Varo, vólveme as miñas
lexións!”)
A familia de Augusto deu os cinco primeiros Emperadores. O terceiro deles foi alcumado Calígula porque
seu pai, sobriño do Emperador Tiberio, o levou de neno a unha campaña militar. Os soldados regaláronlle unhas pequenas
sandalias, que en latín se chaman caligae; caligula é un deminutivo
A pesar dun bo comezo, no ano 38 d.C. Calígula
enfermou e a súa mente quedou trastornada:
pretendeu ser un deus, ordenaba execucións arbitrarias, e mesmo
chegou a nomear cónsul ó seu cabalo. Unha conspiración militar
asasinouno no ano 41
Os soldados que mataron a Calígula atoparon ó seu tío Claudio agochado tras
dunhas cortinas e proclamárono Emperador.
Pensaban poder manexalo, xa que era tatexo e tiña fama de
deficiente mental. Mais o seu goberno foi bastante axeitado, invertindo gran parte do presuposto en obras públicas. O seu
problema foron as mulleres. Unha das súas
esposas, Mesalina, rivalizaba coas prostitutas de Roma en capacidade
sexual. A seguinte, Agripina, convenceuno
para que nomease sucesor ó seu fillo e logo,
segundo parece, envenenouno no ano 54
Nerón sucedeu a Claudio, pero semellaba máis interesado na
poesía e no teatro. Só vivía para cumprir os seus caprichos: como a súa nai intentaba manipulalo, mandou matala. Ela díxolles ós
soldados que viñan asasinala que a apuñalasen no ventre, onde
xestara ó seu fillo.
No ano 64 produciuse un gran incendio en Roma, que Nerón presenciou desde o seu pazo
tocando a lira. Isto fixo pensar que el fora o seu causante, e el
pretendeu que foran os cristiáns. Pouco despois, no ano 68, varios
xenerais do exército subleváronse contra el, que se
suicidou. Disque as súas últimas palabras foron: “Que gran artista perde o mundo!” Foi o derradeiro Emperador da familia de Augusto
No ano 69 Vespasiano inauguraba a dinastía
Flavia, que reorganizou o goberno. Como era
costume que o Senado divinizase ós
Emperadores logo da súa morte, dise que
Vespasiano, nos últimos intres da súa vida, no ano 79, dixo: Vae, puto, deus
fio (“Ai, creo que me estou a converter en
deus”).
Ese mesmo ano, xa co seu fillo Tito como Emperador,
tivo lugar a erupción do Vesubio que sepultou
Pompeia. Nela morreu o escritor Plinio, levado da súa curiosidade por ver o
fenómeno
Entre o 98 e o 192 gobernaron Emperadores da familia dos
Antoninos. Algúns deles cultivaron a literatura, como
Marco Aurelio ou Hadriano, do que se cita o poemas que
verás de seguido. Todos foron ben xulgados pola Historia,
menos o derradeiro. Cómodo pareceuse máis a Nerón e
Calígula: gustaba de combater como un gladiador; iso si, contra animais ós que, por exemplo, lles extraeran os
dentes e as gadoupas
En 306 Constantino foi proclamado Emperador
polas lexións de Britania, pero había máis
candidatos ó trono. No ano 312 invadiu Italia e
enfrontouse en Roma, nas beiras do Tíber, co
xeneral Maxencio, ó que venceu. Xa sen rivais, no seu goberno favoreceu ós
cristiáns, que xa eran unha forza social
considerable. Anos despois contábase que pouco antes da batalla
contra Maxencio vira unha cruz no ceo con estas palabras: In hoc signo
vinces (“Con este signo has vencer”). Mais non se bautizou ata o momento
da súa morte, en 337