revista 14 15
DESCRIPTION
ÂTRANSCRIPT
Neste curso escolar moitas das actividades levadas a cabo no noso colexio xiraron arredor do
proxecto “A medicina nas nosas vidas”. Nos diferentes artigos da revista farase referencia a
algunha delas , xa que esta temática foi protagonista en conmemoracións e festividades
celebradas no colexio. Así, no Nadal, puidemos ser testemuñas da gripe do Rei Melchor. Polo
Entroido; todos viñemos disfrazados de doutores, doutoras, enfermeiros, celadores, cirurxiáns,… e
ata de medicamentos; puidemos gozar de cancións como “O resfriado” , dos alumnos e alumnas de
1º e 2º; do recitado de todas as dores que ten o burriño , por parte do alumnado de Infantil; dunha
pequena representación teatral sobre o ébola, que fixeron os de 3º e outra, dunha consulta médica
que representaron os de 5º; unha parodia sobre o servizo de urxencias, representada polo
alumnado de 6º; e ata unha comparsa en defensa da sanidade pública que realizaron os nenos e
nenas de 4º, máis reivindicativos.
Tamén temos que resaltar a transformación que sufriu o noso antigo areeiro escolar,
converténdose nun precioso horto . Esta actividade forma parte dun proxecto de Voz Natura:
“Sementa ideas , recolle futuro” . Grazas a esta transformación o alumnado ampliou os seus
coñecementos e habilidades á hora de cultivar e aprender as propiedades das plantas. Sobre isto o
alumnado de 5º afondou facendo un estudio das propiedades dalgunhas plantas medicinais,
enmarcando isto no proxecto da medicina.
A transformación do areeiro, supuxo , ademais, un embelecemento de toda a zona do patio , na
que se implicaron un gran número de familias. Ás que queremos dar as grazas, xa que, sen a súa
colaboración sería imposible que o patio lucira tan bonito e colorido . A directiva da ANPA tamén
participou nese cambio do aspecto do colexio, pintando as liñas e áreas do campo de baloncesto, e
colocando redes protectoras para que non caian os balóns . Este traballo é un reflexo de que as
tarefas realizadas de modo cooperativo sempre son máis frutíferas. E, que para que un colexio
funcione temos que xuntar esforzos as docentes, os alumnos e as familias, e seguir un mesmo
camiño para conseguir un obxectivo común: que o alumnado desenvolva ao máximo as súas
capacidades nun entorno agradable onde prevalezan os valores básicos de convivencia.
Foron moitas as actividades realizadas, e imposible plasmalas todas na revista. Nela podemos
apreciar unha moi pequena mostra do que foi o noso día a día neste curso escolar ….Agora toca un
descanso. E , en setembro , continuaremos coa nosa ANDAINA.
FELIZ VERÁN A TODOS E TODAS!!!!!.
A Dirección
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Neste días os nenos e nenas de 4º de primaria fixeron unha obra de teatro baseada
no libro “Os enredos de Olalla” de Pepe Carballude e ilustrado por Mª Fe Quesada. A
obra estivo enmarcada no proxecto “A medicina nas nosas vidas” e trata dunha
nena pequerrechiña (á que lle encantaba imitar os sons dos animais). Un día, por
non querer comer, puxéronselle en folga os membros do corpo (as pernas non eran
quen de espernexar, os brazos de bracexar…).
Os país desesperados trataron de buscar unha solución. Viñeron os mellores
especialistas do mundo que examinaron á nena sen conseguir curala.
O mellor amigo de Olalla (Antón Freire) estaba moi preocupado. Enterouse (por
unha gaivota que se achegou á súa ventá) da existencia do curandeiro Dentabrú no
país de Minilandia e alá foi na procura dun remedio que a curase.
Dentabrú explicoulles que o que lle pasaba a Olalla era que os seus membros
puxéranse en folga por non querer comer e deulles un xarope de amoras para que
se recuperara. E así foi. Despois de tomar o xarope, os brazos de Olalla empezaron a
bracexar, as pernas a espernexar… e de alí en diante a neniña volveu bruar como a
vaca, piar como o pito, cacarexar como a galiña…
Dende Biblioteca agradeceuse a Anxo Ferreira a súa doazón de libros cun diploma e
un puzzle dos bolechas. ¡Moitas grazas Anxo!
Aproveitando que no 2º ciclo estabamos traballando o tema da Prehistoria, falamos
do libro “O CLAN DO OSO CAVERNARIO” e da súa autora Jean M. Auel.
Proxectamos a película e seleccionamos fragmentos do libro que nos interesaron
para tratar determinados aspectos (como por exemplo os relacionados coa
curandeira Iza -que nos servían tamén en relación co proxecto deste ano “A
MEDICINA NAS NOSAS VIDAS”-).
A colección “LOS NIÑOS EN LA HISTORIA” (creada por Michel Pierre -da Editorial
Serres-, serviunos -ao longo do curso- para analizar o modo de vida de cada etapa
histórica -cun personaxe infantil como protagonista-).
LUCÍA E FERNANDO AXUDAN A “SACAR AS PENAS”
Todos poideron expresar as súas preocupacións. Os maiores escribíndoo,
e os máis pequenos representándoo nun debuxo
Aos máis pequenos preocúpalles que
morran os seus seres queridos
Daniela. 5 anos Ainara Santos . 5 anos
Ainara Santos. 5 anos
alloween
Nesta festa anglosaxona en que dar e
sentir medo é o fundamental, fixemos unha lectura
de historias arrepiantes, espantosas,
estarrecedoras, horrorosas, aterradoras,… Esas
historias estaban escritas por nós! E… puxemos
toda a nosa imaxinación en funcionamento para
escribilas. Así pudemos disfrutar da súa lectura,
ese día ,no salón de actos.
Houbo historias ben divertidas inventadas polos nosos miolos!
H
Un fermoso día de outono … Así
podería comezar a nosa historia do
día que celebramos as festas do
outono: Halloween e o Magosto.
Estabamos moi “lindos”
vestidos de vampiros,
bruxas, demos, … e…
moitos de nós moi ben
maquillados, senón
mirade aos máis
pequenos!
Despois das lecturas, comezamos a festa do Magosto cunha
andaina polos montes de Camos.
Magosto Ese fermoso día de
outono … agora
Jimena de 5º
contaravos como foi
ese día e o que
fixemos.
¡Que ben se vai
por este bosque!
Umm, como
arrecende!!
As castañas asáronse
Cun asador de castañas
como o que debuxou
Cynthia. .
C O N T A C O N T O S D E I G U A L D A D E , C O N S A R A E I V Á N
HORTO ESCOLAR
No cumio dun afastado monte
tocando o ceo de Nigrán
asoma un pequeno colexio
que mira escondido ao mar.
Aloumiños lle fan as árbores
e cóxegas as matagueiras
solpor e amencer máxicos
de verán á primavera.
Mais neste colexio,
agochado e fermoso,
existía nun recuncho un areeiro
triste, sombrío e angosto
Que facer nesa zona?
Como cambiar ese recuncho?
Tiñamos que idear algo !!!
Pensaremos todos XUNTOS!!!
“Sementa ideas,recolle futuro”
Velaí a solución.
Na prensa,ante os nosos ollos,
xurdía unha pequena-gran ilusión.
“De areeiro a horto escolar”
ese é o noso proxecto
que a Fundación Santiago Rey Fdez – Latorre
“adoptou” con grande afecto.
“ De AREEIRO A HORTO ESCOLAR”
Pás, carretas e caldeiros.
Cento noventa e oito mans.
Moitas viaxes cargados
para o areeiro valeirar
Coma pintores, carpinteiros e albaneis
traballaron arreo as familias.
Coloridas paredes, palets colocados
incansables artistas.
Bailaban as follas co vento
cando chegou ao colexio un tractor,
cheo de abono e boa terra
para un cultivo mellor.
Plantamos remolachas,acelgas e cenorias,
tamén allos porros e leitugas
Medran sanos polos bicos do sol
e pólas bágoas do rocío e a chuvia.
Non temos soamente hortalizas,
tamén hai plantiñas de amorodos,
herbas aromáticas e medicinais
no noso horto comparten xogos.
Coñecendo cousiñas do horto.
Investigando sobre os seus coidados
Con xogos,tarefas e retos
aprender é divertido e doado.
Traballamos arte con ARCIMBOLDO
- Hortalizas e froitas nos seus cadros -
Debuxos e puzzles das suas obras
e os nosos retratos engalanamos.
Problemas da horta resolvimos
cada vez que aparecían.
Pensando e xogando cos números
as matemáticas son divertidas.
.
Sopas de 3, 5 ou 7 hortalizas,
aforcados de froitas e vexetais,
algúns crucigramas máis complicados
chegan dende o horto “Pasatempos naturais”.
“Misterio na horta”,
“Unha eiruga moi larpeira”
“Cuento de las 2 Cabras”...
Contacontos da leira.
Fixemos velas con romero,
aceite de salvia tamén.
Coas herbas aromáticas
pasámolo moi ben.
Temos no cole un tilo, nogueira
carballo, piñeiro e castiñeiro.
Unha moreira, unha ameixeira,...
E dende marzo, un Xingko Biloba de compañeiro
Pasamos nove meses
colaborando con Voz Natura,
e desexamos o vindeiro curso
continuarmos con esta aventura.
Así comezou a historia
dun triste areeiro circular,
que con ledicia,traballo e maxia
transformouse en horto escolar.
O día 16 de xaneiro, os alumnos de 4º, 5º e 6º fomos ver
unha obra de teatro no auditorio de Baiona . Compartimos o autobús cos nenos do colexio de Mallón.
Cando chegamos a Baiona fomos ao tellado do auditorio a merendar, dende alí víanse unhas vistas espectaculares.
Paréceme que todos tiñamos moita fame porque acabamos moi rápido . E… menos mal! Porque xusto cando rematamos de merendar,
empezou a chover. Máis tarde, entramos no auditorio, era moi grande, e tomamos asento porque a
obra ía comezar . Cando empezou, o primeiro que vimos todos foi a un señor (ao actor Cándido Pazó) que explicou quen era Balbino e onde vivía coa súa familia
pobre . Encantoume a obra, estaba impresionado de como era a vida de Balbino.
Cando saímos do auditorio fomos a que nos recollera o autobús , polo camiño cantamos cancións e despois de deixar aos nenos do colexio de Mallón , nós fomos ao cole .
Alí, na clase conteille a
profe que me encantara a obra de teatro.
Aquí estamos todos os que
fomos ver a obra xunto
con Cándido Pazó.
Martín (5º)
Os días antes de ver a obra, en clase, descubrimos algunhas das historias que lle ocurriron a Balbino e as personaxes máis cercanas a el, e como eran e se comportaban.
Balbino é un neno pobre que vive nunha aldea na que a xente está sempre a traballar para o señor. Soña con marchar da aldea e coñecer outros mundos diferentes, e poder falar do que lle acontece, como iso aínda non o pode facer escribe unha especie de diario, que son as historias do libro.
Manolito é un neno rico , insoportable , mandón, que vive co seu pai e abusa dos outros nenos insultándoos e tratándoos mal.
O pai de Balbino é un señor sumiso co señor para o que traballa e é rudo co seu fillo e ás veces inxusto con el porque ten medo de perder o seu traballo.
Martín (5º)
Este curso, o DÍA DA PAZ, tivo como eixe condutor o libro de Miguel
Anxo Alonso e Luz Beloso: “A nena á quen non deixaban ser feliz”.
Para analizar este libro, recollemos -da rede- o comentario escrito o 4 de abril de 2013 por… VILÁFER (librería, papelería e artes gráficas. Cangas do Morrazo) que reproducimos a continuación:
A protagonista do libro e unha pequena e feliz pintora chamada Sabela. Cos seus soños e a súa alma xenerosa, camiña polo mundo dando un pouco de luz nun tempo de maldade e escuridade.
Sabela enfróntase ao patriarcado establecido nunha ríxida orde social. Atopamos neste libro, un reflexo da realidade dun mundo -o real-, onde todas as voces que teñen autoridade son homes (libro que foi calificado como un libro feminista, que amosa a unha nena que non teme as consecuencias de levar a cabo o seu xeito de vivir a vida).
O libro xira arredor do concepto da (in) felicidade, artellándose unha viaxe, protagonizada por Sabela, que unicamente devece por ser feliz e que será culpabilizada e perseguida, por dicilo aos catro ventos… Deste xeito, o
Esta afirmación por parte da nena, fará que se teña que enfrontar a
xuízos implacables, ou mesmo superar fortes tentacións que non
conseguirán modificar as súas sinxelas e arraigadas conviccións
(exhibindo argumentos que, dentro da súa inocencia -por tratarse
dunha nena-, resultan inapelables).
Valores como a solidariedade e a xenerosidade -que Sabela encarna-
vanse manter -e mesmo fortalecer- diante do abuso das novas
tecnoloxías, da cobiza e da privación da liberdade persoal e
colectiva…
A reflexión sobre este libro, levounos a analizar a realidade de moitos nenos e nenas que carecen dos dereitos máis elementais e que, polo
tanto, non poden facer realidade os seus soños.
O emotivo video que visionamos -“Os nenos de Siria”- emocionounos a todos (nenos, nenas, profesoras…).
Escoitamos o discurso -ante a ONU- de Malala Yousafzai (xoven
paquistaní que recibiu o premio Nobel da Paz no 2014 -compartido
co indio Kailash Satyarthi- pola súa loita en contra da opresión infantil
e a favor do dereito de todos os nenos e nenas á educación):
“… Queridos irmáns e irmás, lembren unha cousa: o Día de Malala, non é o meu
día… Hoxe é o día de cada muller, de cada neno e de cada nena que levantaron a
súa voz pola defensa dos seus dereitos (o dereito a vivir en paz, o dereito a ser
tratado con dignidade, o dereito á igualdade de oportunidades, o dereito á
educación…). Non falo por min, senón que falo por aqueles cuxa voz non pode ser
escoitada…
escoitada…
Queridos amigos, o nove de outubro de 2012, os talibáns dispararon contra min…
Eles pensaron que as balas conseguirían silenciarme, pero fracasaron, xa que dese
silencio xurdiron miles de voces… Os terroristas pensaron que ían cambiar os meus
obxectivos e obrigarme a abandonar as miñas ambicións, pero nada cambiou
mudou na na miña vida excepto isto: a debilidade, o medo e a desesperanza morreron para
sempr sempre; nacendo en min, a forza, o poder e maila coraxe…
Son a mesma Malala. As miñas ambicións son as mesmas. As miñas esperanzas son as mesmas, os meus soños son os mesmos… Queridos irmáns e irmás, eu non estou en contra de ninguén. Tampouco estou aquí para falar en termos de vinganza persoal contra os talibáns ou calquera outro grupo terrorista. Estou aquí para falar do dereito á educación para todos os nenos. Quero educación para os fillos e fillas dos talibáns e para os fillos de todos os terroristas extremistas. Nin sequera odio ao talibán que me disparou. Mesmo se tivera unha arma na mán, e el estivera fronte a min, non lle dispararía…
Esta é a compasión que aprendín de Mahoma, de Xesucristo, de Budá. Este é o legado de cambio que herdei de Martin Luther King, Nelson Mandela e Mohammed Ali Jinnah. Esta é a filosofía da non violencia que aprendín de Ghandi, Bacha Khan e Teresa de Calcuta…
Esta es
la
Este é o perdón que aprendín a dar do meu pai e da miña nai. Isto é o que a miña
alma me pide: estar en paz e amar a todos…
Os terroristas están facendo un mal uso do nome do Islam para o seu propio
beneficio persoal… Os extremistas teñen medo dos libros e bolígrafos. O poder da
educación dalles medo. Teñen medo das mulleres. O poder da voz das mulleres
dálles medo…
En moitas partes do mundo, especialmente en Afganistán e Pakistán, o
terrorismo, a guerra e os conflitos evitan que os nenos vaian á escola. Estamos
moi cansos destas guerras. As mulleres e os nenos sofren, de moitas maneiras, en
moitas partes do mundo…
A pobreza, a ignorancia, a inxustiza, o racismo e a privación dos dereitos básicos
son os principais problemas que enfrontan tanto os homes como a mulleres…
Hoxe, facemos un chamamento a todos os líderes do mundo para que cambien as
súas políticas estratéxicas en favor da paz e da prosperidade; para que protexan
ás mulleres e os dereitos dos nenos; para que garanticen a educación gratuita para
todos… todos… Non debemos esquecer que os nosos irmáns e irmás estan agardando por
un pacífico e brillante futuro…
Así que libremos unha gloriosa loita contra o analfabetismo, a pobreza e o
terrorismo terrorismo… Levantemos os nosos libros e os nosos lapis, pois son as armas máis
Queridos poderosas…
“UN NENO, UN MESTRE, UN LIBRO E UN LAPIS PODEN CAMBIAR O MUNDO…”
Logo, o 24 de febreiro, tivemos a sorte de recibir a visita do autor do libro “A NENA Á QUEN NON DEIXABAN SER FELIZ”. FEL
Ensinounos o proceso de ilustración e elaboración dun libro. ¡Foi interesantísimo…!
Os nenos/as fixéronlle moitas preguntas sobre a súa vida e a súa obra.
Miguel Angel quedou gratamente sorprendido cando representa- mos para el, unha adaptación do conto.
Os pequenos disfrutaron moitísimo cando lles falou dalgúns dos seus libros (“O soño de Esther” e “O cullarapo Roque”).
O autor destacou o traballo de equipo con Luz Beloso (autora das fermosas ilustracións dos seus libros).
Esta visita serviunos para valorar a dificultade do traballo creativo e editorial na elaboración dun libro.
Miguel Angel contaxiounos o seu entusiasmo e optimismo…
¡POR FAVOR, SEGUE ESCRIBINDO…!
Este curso os nenos e nenas de Educación Infantilconvertémonos en auténticos piratas.
Cun gran galeón...
...imos na búsqueda dun tesouro...
v...que se atopa escondido nunha remota illa.
O noso gran galeón estará tripulado polo capitán epolo resto dos piratas:
Ademais contaremos coa gran axuda do noso loroCoquito:
Así lograremos descubrir o grantesouro agochado na illa!!!!--ALUMNOS DE E.INFANTIL--
RECICAMOSEste ano seguimos levando a cabo o noso “proxecto
de Reciclaxe”.
carton
As nosas letras iniciais
Corazóns de lá
Botiquín
plastico
vidro
Portafotos
Boneco de neve
Aceite de Salvia
Flores
RESTAURANTE CAMOSEIRO Coma en cursos anteriores, neste curso 2014 – 2015, varias familias animáronse a elaborar
ricas receitas cos nenos e nenas de EDUCACIÓN INFANTIL. Ademais dos momentos
divertidos que pasamos, serviunos para aprender sinxelas recitas que agora podemos facer en
casa cos nosos pais e nais.
MERENDA TERRORÍFICA
polo SAMAIN coas nais de
RIQUÍSIMOS CUPCAKES
coa nai de
TRUFAS DE CHOCOLATE coa
nai de BRANDÁN TREN DE CHUCHES
cos pais de
DELICIOSAS PASTAS CHEESECAKES
coa familia de coa nai de
2 RECEITAS coa nai de
PASTAS coa nai de
MERENDA ROMÁNTICA
en SAN VALENTÍN FILLOAS polo ENTROIDO oa nai de
coa nai de
E ADEMAIS EN EDUCACIÓN INFANTIL …
Contacontos coas familias de
María Unai
“O pirata Pata de Lata” “Perdido y encontrado”
“ “Lenda dos paxaros “ “ “Como naceron as sereas”
Lorenzo Brandán
“Carapuchiña vermella”
Mara A.
Contacontos cos maiores
En inglés cos nenos/as de 6º Anxo Valverde Os nenos e nenas de 2º
AS
“O oso que tragou unha mosca”
“Conto do outono”
Comezamos a celebración do Entroido cunha homenaxe á
Fundación Teodora. Agrupación que fai máis feliz a hospitalización
dos nenos e nenas, realizando visitas periódicas aos hospitais
onde se recuperan das súas doenzas, compartindo alegría e
momentos de optimismo, arrincando un sorriso.
A continuación, cada curso escenificou un breve spot abordando
diversos puntos de vista sobre “A medicina nas nosas vidas”, como
nolo relata Cynthia de 5º.
Nome Galego: Xinkgo biloba
Latín: Ginkgo biloba
Castellano: Ginkgo biloba
Inglés: Ginkgo biloba
O Xingo Biloba chámaselle tamén “a árbore dos corenta escudos”. É unha árbore única no mundo , sen parentes vivos. Está moitas veces clasificada na súa propia división, Xingo , sendo o único membro da clase, orden Ginkgoales, familia Ginkgoaceae , xénero Ginkgko.
O nome vulgar "árbore dos 40 escudos", é debido ao prezo que pagou un parisiense a un horticultor inglés, pola compra de 5
Ginkgos ao prezo de 40 escudos.
Botanicamente é unha rareza. Chamáselle “fósil vivinte” por tratarse dun dos vexetais que máis tempo permaneceron sen cambiaos a través das diferentes épocas xeolóxicas. Atopáronse restos petrificados de máis de 200 millóns de anos!
É de orixe chinesa, onde é considerada
árbore sagrada. Chega a Europa en 1727.
Trátase dunha árbore de crecemento lento, pero que pode chegar a
alcanzar unha altura duns 30 metros e unha anchura no tronco de
entre uns 60 ou 150 cm.
¡PODE CHEGAR A VIVIR 2000 ANOS!
No colexio plantamos un xingko biloba o 21 de marzo
do 2015
Agora veremos coma foi ese día.
Fósil de xinkgo
A historia da medicina e tamén a
historia das plantas medicinais.
Descubrimentos realizados en asentamentos do Neolítico aportan as primeiras
probas do uso medicinal das plantas, por parte do ser humano.
Na Idade Media, os monxes
beneditinos foron extraordinarios
coñecedores das plantas e cultivaban
numerosas plantas medicinais nas
hortas das súas abadías. A abadesa
Hidegard von Bingen (1098-1179)
escribiu un libro sobre plantas
medicinais.
Dentro do proxecto “ A medicina nas
nosas vidas” fixemos tres actividades
arredor das plantas medicinais. Por
unha banda; os nenos e nenas de 5º
fixeron un catálogo de plantas
medicinais, Sandra –a mamá de
Yanet e Lucía Méndez- fixo un
obradoiro de identificación e
degustación de plantas medicinais
para preparar en infusións. E,… para
rematar sementamos plantas medicinais e os nenos de 4º plantaron unha planta de
Herbaboa.
.
Preparación dunha infusión
Ferver auga, engadir as follas ou
flores da planta, tapar a mestura
durante 5-8 minutos, colar e
deixar que arrefríe para beber.
Á hora de preparar a revista so fixemos o obradoiro cos grupos de Educación Infantil. Coñecemos o sabor da Herba Luísa, Macela e Menta.
Primeiro, cheiramos as follas para coñecer o olor e a forma da folla da Herba Luísa.
A continuación, puxemos a auga fervendo na xerra e mesturamos as follas secas da planta. Logo tapamos. Despois, servimos,… esperamos a que arrefríase e bebemos.
En segundo lugar, comprobamos o que había dentro
do sobre da macela e logo de comprobar como
recende, probamos a infusión.
Para rematar, saímos ao xardín de
plantas aromáticas que hai no colexio e
apañamos unhas folliñas de menta para
elaborar a nosa derradeira infusión.
Umm!! Como recende esta
menta.
Quen quere repetir?
O venres 15 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, dedicado este ano 2015 a XOSÉ
FILGUEIRA VALVERDE.
Intelectual pontevedrés, nacido no ano 1906.
Apodado “o vello profesor” polo seu labor como docente (principalmente no Instituto de Pontevedra).
Historiador e escritor que cultivou a narrativa, a poesía, o ensaio e mailo teatro.
Desenvolveu unha grande actividade cultural: • Participou na formación do Seminario de Estudos Galegos. • Foi presidente do Consello da Cultura Galega. • Dirixiu o Museo "Rosalía de Castro“. • Desenvolveu un gran labor como director do Museo de Pontevedra. • Foi membro da Real Academia Galega…
Ocupou cargos públicos durante a ditadura franquista (foi procurador en Cortes e alcalde de Pontevedra de 1959 a 1968 -tomando numerosas medidas para a conservación do conxunto histórico e monumental da vila-). Xa na democracia, foi conselleiro de cultura no goberno de Xerardo Fernández Albor.
Precisamente, por ese labor político desenvolvido durante a ditadura franquista, o seu
nomeamento pola R.A.G para ser homenaxeado o Día das Letras Galegas, foi moi
cuestionado (por formar parte dun réxime que dirixiu os seus ataques máis feroces contra a
lingua e a cultura galega -mentres outras persoas padecían exilio ou prisión pola súa
defensa-).
Nós pensamos que este é un día que debe de servir para unir a todos os galegos e galegas
na defensa da nosa lingua.
Por iso, quixemos aproveitar o acto, para render unha homenaxe ás escritoras e escritores
que empregaron a lingua galega para escribir os seus ensaios, as súas novelas, os seus
contos, os seus poemas… Como non podiamos nomealos a todos, escollemos a algúns deles
como representantes das nosas LETRAS…
En primeiro lugar, quixemos lembrar aos trovadores, que na Idade Media, escribiron
fermosísimas composicións en galego-portugués (composicións que tiveron un gran
recoñecemento na literatura universal). Destacando as cantigas de amigo dos trovadores
da ría de Vigo (Xohan de Cangas, Martín Códax e Mendinho).
Sedia-m'eu na ermida de San Simón,
e cercaron-mi as ondas, que grandes son. Eu atendend'o meu amigo! Eu atendend'o meu amigo!
Despois do esplendor da lírica galaico-portuguesa, houbo un longo periodo de algo máis de tres séculos -os chamados SÉCULOS ESCUROS- nos que se abandonou o galego como lingua literaria. Pero, por fin… ¡chegou a luz…!
Rosalía pequeniña soñaba con ser pirata… A pequena Rosalía escribía na nosa fala…
Cantarte hei, Galicia, teus dulces cantares, que así mo pediron na beira do mare…
Adiós ríos, adiós fontes, Iste vaise, e aquel vaise adiós regatos pequenos… e todos, todos se van Adiós vista dos meus ollos, Galicia, sen homes quedas non sei cando nos veremos… que te poidan traballar…
Os nenos e nenas de Infantil -de 4 e 5 anos- elaboraron un fermoso video -¿Viches a Rosalía?- remedando o realizado pola Escola de Educación Infantil de Lañas -A Baña- (traballo que resultara merecente do 2º premio no concurso audiovisual “Imaxina Cantares”, convocado pola Consellería de Educación e Cultura -coincidindo co Día de Rosalía e a celebración do 150º aniversario da publicación de “Cantares Gallegos”-).
Tras os chamados “Séculos Escuros” -a finais do século XIX- Rosalía, Curros Enríquez e Eduardo Pondal, protagonizarán un movemento de reinvidicación do galego como lingua de creación literaria -principalmente poética-: O REXURDIMENTO (1863-1900).
De Pondal, destacamos o himno galego -poema musicado por Pascual Veiga da súa obra “Queixume dos pinos”-).
De Curros, escollemos “Ai ven o maio” -interpretado por Luis Emilio Batallán- (¡os
pequeniños do cole enchéronnos de pétalos de flores…!).
E tamén dramatizamos o poema dedicado a Rosalía tras a súa morte…
Do mar, pola orela, mireina pasar, na fronte unha estrela, no bico un cantar…
Recitamos poemas de Antonio Noriega (da súa obra “O ermo”) e de Ramón Cabanillas (da súa obra “A terra asoballada” -invitando aos campesiños á revolución-); ambos poetas autores de transición entre o Rexurdimento e a moderna literatura.
Irmáns, en pé sereos
a limpa fronte erguida, envoltos na brancura, da luz que cae de riba… O corazón aberto a toda verba amiga e nunha man a fouce e noutra man a oliva…
S Será no século XX -en tempos da República- cando Castelao e outros intelectuais (que formaron o grupo NÓS), deron un segundo impulso á cultura e á literatura galegas).
A poesía galega de anteguerra (influenciada polo descubrimento das cantigas galaico-
portuguesas), creou unha corrente autóctona, denominada neotrovadorismo; sendo
Fermín Bouza Brey -co seu poemario “Nao Senlleira”- o seu creador, e Álvaro Cunqueiro o
seu representante máis destacado (proxectamos un video con imaxes do autor e a voz de
Luis Emilio Batallán -xunto cos nenos e nenas de 1º- cantando: “A pomba dourada”).
No niño novo do vento, hai unha pomba dourada… ¡Quen poidera namorala…!
O extraordinario poeta García Lorca (admirador de Curros e Rosalía) -e namorado de Galicia-, escribe seis poemas en lingua galega, como homenaxe á nosa paisaxe e á nosa lingua. Escoitamos o seu poema “CHOVE EN SANTIAGO” (interpetrado por Luar na Lubre e Ismael Serrano) e dramatizado polos nenos e nenas de 6º.
A Guerra Civil mandou ao exilio a moitos intelectuais e escritores (como Lorenzo Varela -Lonxe-; Luis Seoane -O fardel do exiliado-… ). No exilio interior quedaron autores como Celso Emilio Ferreiro (que pode conside- rarse un continuador da poesía social e cívica de Curros). Como mostra deste tipo de poesía os nenos de 4º recitaron…
LINGUA PROLETARIA DO MEU POBO, EU FÁLOA PORQUE SI, PORQUE ME GOSTA, PORQUE ME PETA E QUERO E DAME A GAÑA PORQUE ME SAE DE DENTRO
ALÁ DO FONDO… Ademais de poesía social, Celso Emilio fixo poemas de amor dunha beleza e calidade extraordinaria (destacando os dedicados á súa muller MORAIMA...). Escoitamos este fermoso poema na voz -e coas ilustracións- de Suso Vaamonde). Logo, Marta e Anxo, recitaron outro dos seus poemas de amor...
Eu xa te procurei cando o mundo era unha pedra intaita…
Contemporáneo a Celso Emilio foi Xose Mª Álvarez Blázquez, de quen destacamos o libro
“Roseira do teu mencer” (conxunto de poemas -cheos de tenrura e musicalidade-
dedicados á súa primeira filla “Colorín”).
Era un airiño suave
que se ergueu pola mañá
e viña de non se sabe...
Era un recendo de rosas
da roseira de ningures,
que se meteu pola porta...
Era unha cantiga leda
que nacía non sei onde
e petaba na fiestra...
Era unha graza sutil
que baixaba das estrelas...
¡Eras ti…!
Un dos poetas máis coñecidos das nosas letras é Manuel María, do que destaca o seu
carácter combativo e o seu compromiso político. Escoitamos o seu poema…
GALICIA, DOCEMENTE
ESTÁ OLLANDO O MARE
TEN VALES E MONTAÑAS
E TERRAS PRA LABRARE…
Díaz Castro, María Mariño, Xohana Torres, Bernardino Graña, Uxío Novoneyra, Darío Xohan Cabana, Lois Pereiro, Méndez Ferrín, Álvarez Cáccamo, Marta Dacosta, Chus Pato… son poetas a destacar das últimas décadas.
Por amor nacín da terra. Por amor son o que son. Por amor canto o meu canto, por amor... Por amor sángranme os pulsos e ábreseme o corazón. Por amor doénme os ollos.
Por amor, só por amor… Aínda que a poesía é o xénero literario
dominante en galego, a narrativa (que
é de máis tardía aparición), tivo tamén
grandes representantes como Castelao,
Vicente Risco, Otero Pedrayo, Eduardo
Blanco Amor, Anxel Fole, Rafael Dieste
e Álvaro Cunqueiro.
Entre os narradores das últimas décadas destacan: Neira Vilas, Méndez Ferrín, Victor Freixanes, Carlos Casares, Suso de Toro e Manuel Rivas (deste último destacan as obras: “O lapis do carpinteiro” e “A lingua das bolboretas” (novelas que foron levadas ao cine).
Os nenos e nenas de 4º e 5º traballamos, nas clases este clásico da literatura galega.
E, por suposto, procuramos dar a coñecer aos autores e ilustradores de literatura infantil
galega (Xoan Babarro, Concha Blanco, Pepe Carballude, Xabier Docampo, Helena Villar
Janeiro, Antonio García Teijeiro…) que tanto nos fan disfrutar…
Rematado o percorrido pola literatura galega -na SEGUNDA PARTE do acto- actuaron:
Os nenos e nenas de 1º coa canción: “A SEÑORA ANICA”.
Señora dona Anica
veña abaixo ao seu xardín,
veña ver aos frautistas
facer así así…
Os de 6º fixéronnos disfrutar coa súa interpretación de “RÍAS BAIXAS STYLE “…
Se Se tes ganas de ir a praia, pois veña, ven… ¡Isto é o edén!
¡Rías Baixas Style!
Os de 3º representaron a obra “ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA”
(Premios “Merlín”, “Fervenzas Literarias” e “Neira Vilas” ao mellor libro Infantil 2014).
Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña
para o seu décimo aniversario -que coincidía co Día de Defuntos, a festa dos mortos-. E,
nese día tan especial, recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito
acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha
cociñeira falecida no século XIX…
Os de Infantil -de 3 aniños- (que traballaron todo o curso arredor do proxecto OS PIRATAS) cantaron a canción:
“O PIRATA METEPATA”
Finalmente, os de 2º representaron a obra: “OS BONOBOS CON LENTES”.
Adiviñas 3 º
Nicolás: Cucurico non ten ollos, nin cu, nin bico, e os fillos de cucurico teñen ollos, cu e bico.
Antía Puga: Anda e non ten pés, come e non ten boca, e toda a comida lle parece pouca .
Mya: Unha cousa para quen, sempre chove, e sempre esta mollada.
Iván: No alto vive, no alto mora, no alto tece a tecedora.
Uns somos verdes, outros negros, pero de dozura, todos imos cheos.
Lucía: Auga me chamo, e de nome ardente é o meu corazón. O que non atine é un gran borricón.
Pablo: Alto ou baixo, deitado ou de pé, sempre está calado e non hai quen fale mellor ca el.
Iago Sanromán: Queres té? Pois toma té! Sabes ti que froita é?
Rebeca: Unhas son brancas, outras son negras, todas son doces, todas son boas.
Antía V.: Son o diminutivo da fruta prohibida, e flor mediciñal coñecida.
Aarón: Dous irmáns son, un vai a misa e o outro non.
Fabiola: Ten mans e non escribe, anda mais non tenpés; se non o adiviñas, ben burro es.
Fernando: Un ramiño de noces, que pola noite se espalla, e polo día se esconde.
Sara: Amarelo por fora, amarelo por dentro e cun corazón dentro. Que é?
Son de cor marrón, abrigado estou en blanco. Que son?
Blanca por dentro, verde por for a, se queres que cho diga, espera. Que é?
Ten boca e non fala, ten ollos e non ve, anda e máis non ten pés, se non o adiviñas ben burro es.
Antía F. :Ten un dente e tira pola xente.
Laura: Despois de moerme, agua fervendo botan en min, a xente bébeme moito cando non quere durmir.
Respostas: as estrelas, o melocotón, o café, o coco, o muiño, o ovo e o pitiño, a campá, o viño blanco e o tinto, as uvas, augardente, o libro, o tomate, a araña, a lingua, a lúa, o plátano, o figo.
PAULA
DAVID V.
YERAY
LARA
ANDREA
RAÚL
EDU
JENNI
AINHOA
DAVID R.