revista 2010

36
A Voz da Sangriña Fundada en 1.979 polos alumn@s do C.E.I.P A Sangriña Edición Única Ano 2.010

Upload: juan-casado

Post on 02-Feb-2016

217 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

O traballo realizado no curso 2009-2010 no Ceip A Sangriña

TRANSCRIPT

Page 1: Revista 2010

A Voz da SangriñaFundada en 1.979 polos alumn@s do C.E.I.P A Sangriña

Edición Única Ano 2.010

Page 2: Revista 2010

Colaboradores:

LIBRERÍA CERVANTES

Rúa Vicente Sobrino, 3

A Guarda

Teléfono: 986 61 17 62

Dende 1.983R/ Concepción Arenal, 10A GuardaTeléfono: 986 61 34 31

Page 3: Revista 2010

EDITORIAL

Que rápido pasa o tempo! Parece que foi

onte cando empezabamos cargados de

moreas de ilusións e xa estamos rematando

o curso.

Un curso no que, coma sempre, traballamos

arreo ¡en tantas cousas! E tamén disfrutamos

coas pequenas cousas que fan que cada curso

sexa diferente: novos proxectos, novas saídas,

novas experiencias…

Noticia moi importante para nós, foi o estreno

da nova aula para a nosa Biblioteca. Tod@s

puxemos o noso granciño de area para que

quedase moi chula e Pepiño poidese sentirse

moi moi cómodo.

Para rematar, non queremos esquecernos da

nosa lingua, que vive momentos moi delicados,

aínda que temos a completa seguridade de que

nada nin ninguén nos fará deixar de usala.

Desexámosvos moitas lecturas para as vosas

merecidas vacacións.

ATA SETEMBRO!!!

ÍNDICE

Ed. Infantil 4/5/6/7/8/9

Ed. Primaria 1º 10/11

Ed. Primaria 2ºA/2ºB 12/13/14/15

Ed. Primaria 3º 16/17

Biblioteca Escolar 18/19

Ed. Primaria 4ºA 20/21

Ed. Primaria 4ºB 22/23

Ed. Primaria 5ºA/5ºB 24/25/26/27

Ed. Primaria 6º 28/29

Ed. Física (Vancouver) 30/31

Convivencia San Xerome 32/33

Os carteis do curso 34

Page 4: Revista 2010

04

Page 5: Revista 2010

05

Page 6: Revista 2010

06

EN

TR

OID

OE

NT

RO

IDO

EN

TR

OID

OE

NT

RO

IDO

EN

TR

OID

O

Page 7: Revista 2010

07

Page 8: Revista 2010

0708

Page 9: Revista 2010

09

Page 10: Revista 2010

10

Maréanse de tanto que os hai que afiar,seguiremos escribindo durante todo o verán,por ver se nos contratan un ano máis.

So os os E CRIBAS de u ar e

mS

ste l g

asta os d a is n ai.

g m to o l p ca to h

Page 11: Revista 2010

11

Alumnos/as 1º

Page 12: Revista 2010

12

2º A/ 2º B

O primeiro que imos contar é que nos separaron en dous grupos con dúas

profes: Begoña e Mari. Aínda así, estamos moitas veces xuntos facendo unha

chea de actividades como ides ver.

Todos sabedes quen é PEPIÑO, si! Si!, o noso moucho da Biblio. Pois a profe

Mari inventou unha canción e cantámola no festival de Nadal. Esta é a letra:

Teño unha mascota chula

que me anima a lere (BIS)

e que se chama Pepiño (BIS)

Pepiño da Noite.

Ai lala ai lala ai lala laralala

laralala.

¿Sabedes quen é Pepiño?

Pois... Pepiño é un moucho (BIS)

que pasea polo cole, (BIS)

vixiando o que facemos.

Ai lala ai lala ai lala laralala

laralala.

Pepiño deixame libros

que teño ganas de lere (BIS)

tamén deixame traballos (BIS)

que quero investigare.

Ai lala ai lala ai lala laralala

laralala.

Os nenos e nenas de 2º queremos contarvos moitas das cousas que fixemos neste

curso que está a piques de rematar.

Page 13: Revista 2010

13

Empezamos este curso cunha actividade que nos gustou moito, tanto que, se as

profes se esquecen, recordámosllo... a HORA DE LER. Todiños os días, depois

do recreo

lemos en

silenzo,

por

parellas,

na

Biblioteca,

no libro de

lectura

colectivo,

no caderno

de

poesías... - temos que decir que nos ENCANTA.

O outro día tivemos

unha sorpresa, veu a

clase a profe LUCÍA de

Infantil co seu

ordenador e un

micrófono. Sabedes

para que? Pois...

E díxonos que se ía

PARA

GRAVAR A NOSA

CANCIÓN DE PEPIÑO!!!

colgar na páxina do cole.

ENTRADE! XA VEREDES QUE BEN CANTAMOS!!!

Page 14: Revista 2010

14

Como marzo é o mes da

poesía (dixeron os profes!)

ensináronnos a rimar e

despois de ler moitas

poesías e practicar un

pouco, saíronnos estas tan

feitiñas

A QUE VOS GUSTAN?

Pero… o curso dura moito e fixemos moitas máis cousas: fomos a Vigo dúas veces a

ver dúas obras de teatro….PRECIOSAS, no Entroido disfrazámonos de cociñeiros

(as profes tamén), fixemos o Magosto, celebramos o DIA DA PAZ facendo unha

árbore cos compis de 1º que pegamos no corredor, lemos poesías o día do libro,

plantamos árbores, xuntámonos moitas veces para facer traballos de

plástica…

Page 15: Revista 2010

15

Seguriño que

nos esquecemos

de algo. Ah! Si!

Din as Profes que

traballamos como

leóns e lemos,

escribimos e

calculamos... MOI

MOI MOI MOI

BEN.

ATA

O VINDEIRO

CURSO

QUE

XA

SEREMOS

DE 3º!

Page 16: Revista 2010

16

( cantar de cego )

I

II

III

IV

V

VI

VII

VIII

IX

X

XI

Page 17: Revista 2010

17

I

II

III

IV

V

VI

VII

VIII

IX

X

XI Alumn@s de 3º

Page 18: Revista 2010

18

Outro curso que remata! Que rápido pasa o tempo! Por iso, as mestras e mestres que

formamos o Equipo da Biblioteca, queremos resumir en imaxes e palabras todo o que se

fixo dende a Biblioteca:

Aló polo mes de outubro, puxemos en

marcha as

que viaxan cada semana á casa dalgún

neno ou nena, con moito éxito entre as

familias tal como nos contan nos

cadernos viaxeiros.

MOCHILAS VIAXEIRAS

Para conmemorar a Semana Internacional das Blibliotecas, no mes de outubro organizamos

toda a semana no que o alumnado de maior idade actuou

para os pequerrechos, a través de contos, poesías, pequenas obras... Foi un exitazo!

SESIÓNS DE CONTACONTOS

Quixemos continuar co contacto

que iniciamos o curso pasado coa

Biblioteca Municipal e, promoveuse

un novo encontro co alumnado de 6º

curso no que se lle explicou os

distintos servizos que presta.

Inauguramos un novo servizo da Biblioteca:

A para xogar nos recreos.LUDOTECA

No Entroido, mandamos a imaxe de

Pepiño ás familias para que nos axudasen a disfrazalo e, temos que dicir que nas nosas

familias hai verdadeiros artistas, senón, mirade a foto!!!

Page 19: Revista 2010

19

Outras actividades: fixemos marcapáxinas, editamos por vez primeira

O mes de abril, adicado á

poesía, fixemos unha

CADEA DE POESÍA que

foi percorrendo todas as

aulas e, que lemos o 23 de

abril, DÍA DO LIBRO,

na xuntanza que

fixemos no salón de actos.

Iniciamos un

que nos

quedou moi moi precioso e

foi a excusa para

volvernos a xuntar de

novo a lelo.

CONTO

VIAXEIRO

para o alumnado e as familias, renovamos o contrato da Biblio, expuxemos libros de

Actualizamos a páxina do

Centro na parte de

Biblioteca con todo o que

iamos facendo...http://centros.edu.xunta.es/ceipasangrina/

e, deixamos para o final

unha noticia importante:

ESTRENAMOS NOVA AULA

PARA A BIBLIOTECA!!!! Todo

o cole, alumnado e profesorado,

colaborou, baixando libros e

axudando no que fixese falta,

e, aínda que faltan cousas, o

resultado é este:

Proxectos Futuros:moitos.... pero iso é outra historia......

Lectura de poesías o Día do Libro

Esta é a nova Biblioteca!!!

Page 20: Revista 2010

20

Os alumnos de 4º dentro do

Proxecto Lector fixemos varias

actividades. Unha delas foi

“ O MURAL DOS

SUPERHEROES”

Na actividade de comic fixemos un libriño

coas fichas realizadas sobre os comics e

tamén cos comics feitos por nós.

O traballo realizado neste curso

foi elaborar un caderno con fichas,

contos, poesías e debuxos

relacionados co mar e o seu mundo

titulado: “MERGULLATE NO MAR

DAS PALABRAS”

Page 21: Revista 2010

21

Para realizar o mural,

primeiro pensamos cada un

nun superheroe e buscamos

información na aula de

informática para elaborar

unha ficha autobiográfica.

Na clase ordeamos a información,

a reunimos e fixemos fichas en

papeis de cores cos datos máis

importantes: nomes, superpoderes,

familia, inimigos...

Tamén buscamos fotos

ou debuxamos os

superheroes para

e n g a d i r á f i c h a .

Con todas as fichas

fixemos un mural.

Page 22: Revista 2010

Os nenos e nenas de 4ºB fixemos unha volta ao mundo virtual.

Viaxamos por algúns continentes na busca de monumentos, castelos,

estatuas e outras curiosidades e agora sabemos un pouquiño máis deles.

En Brasil descubrimos o Cristo Redentor,que

mide 38 m. Parece alta, verdade? pois que

saibades que está enriba dunha montaña de

731 m. (máis de dúas veces o noso Monte

Tegra), claro, foi unha das sete maravillas

do mundo moderno.

Estivemos tamén en Agra, na India, visitando

o Taj-Mahal. O seu nome significa “Poema de

amor en pedra” e que realmente foi construido

por Shan Jahan en honor da súa esposa preferida.

Tardaron 23 anos en rematalo,do 1631 ao 1654.

E este gato tan repoludiño está máis cerca

do que pensades, pois podémolo ver no noso

país, en Barcelona.Pesa unhas dúas toneladas

pero a pesar diso, xa se moveu por distintos

puntos da cidade. O seu autor é Botero e se

lle botades unha ollada en Internet descu-

briredes que na meirande parte da súa obra

inclúe xente con sobrepeso.

A VOLTA AO MUNDO DE 4ºB

22

Page 23: Revista 2010

23

Mirade esta escultura da dereita.

Imaxinádevos diante dun bloque de

mármore, cun cicel na man? Parece

imposible que algo tan perfecto se

poida facer cuns poucos instrumentos

coma este. É o Moisés de Miguel

Ángel e está en Roma. Parece que

en calquera momento vaise levantar e

botar a andar.

E este edificio da esquerda non quedou así

por un tremor de terra. Está situado en

Praga e se chama a “casa danzante”. Os

materiais elididos para a construcción da

fachada pretenden imitar as vestiduras

dunha bailarina…pois semilla que si.

Este castelo de nome impronunciable

(Neuschwanstein) está en Alemania.

Din que é o castelo da Bela Durminte

e durmir nel non é ningún problema pois

conta con 360 habitacións. O seu nome

significa “Novo cisne de pedra” e se o

mirades ben, realmente é un cisne.

De momento, aquí rematamos a nosa ruta. Nós seguimos na clase con

esta viaxe a piques de finalizar. Esperamos que vos gustase!!!

Page 24: Revista 2010

2424

Aventuras Atlánticas

Ons

Page 25: Revista 2010

25

“Aventuras Atlánticas”

Capítulo I : Unha tarefa pendente…

“… Para as Illas Atlánticas visitar,Unha tarefa deberedes facer:

Un cómic orixinal teredes que achegar,Que entre centos de coles deberemos escoller.

Non queremos máis dun folio,Coas illas, un traballo relacionado…

Ordenado, limpo, e sen embrollo.Asdo.: Corvo Mariño Cristado.”

Desta forma, os rapaces e rapazas de 5º recibimos a notificación para poder participar no proceso de selección dunha viaxe especial ás Illas Atlánticas.

Capítulo II: As regras do xogo.

Unha vez aceptados, recibimos a visita de dúas rapazas chamadas Ana e Bea. Explicáronnos moitas cousas das Illas Atlánticas, e coñecemos a ese “Corvo Mariño”

que nos tiña intrigados.

Unha presentación no encerado dixital, e uns xogos amenos máis tarde, comprendemos o que podiamos e non podiamos facer o día da excursión… A ver se conseguimos

lembrar tantas normas!

Capítulo III: Ondiñas veñen e vaaaaan…. de camiño a Ons

8:10 da mañá. Emoción, intriga, dor de barriga..... Berros, présas, carreiras polo corredor, crema solar e mochilas con moitos bocatas. O autobús xa agarda por nós ¿A

que hora chegaremos?

9:30. Chegamos ao peirao de Bueu. Reunión cos amigos do Sinde e outros coles. Xa temos fame. Manda truco! Profe, onde está o baño?

9:45. ¿Que é esa carraca flotante?¿Temos que subir dentro? ¿Onde está a pasarela? E se caemos ao “abismo”?

10:00 Unha vez calmados, e subidos ao barco sen contratempos é a hora de embadurnarnos con crema solar. O profe parece unha pantasma...

10:05 Mareos en cuberta.

10:06 Máis mareos...

10:07 – “Onde está o baño?”

10:08 – “Teño frío, cando chegamos...?”

Page 26: Revista 2010

26

Capítulo IV: A Illa do Tesouro Mariño Cristado

45 minutos despois, e uns contratempos imprevistos máis tarde debido a un peirao ocupado que non nos permitía atracar, conseguimos amarrar o noso “Falcón Milenario” particular. Desembarcamos. Mareos, tambaleos varios, primeiro bocata e quinta excursión ao baño...

Ás monitoras xa coñecidas, Ana e Bea, se engadiron Marta e Suso. Deciden repartirnos en grupos para facer un percorrido polos principais lugares da illa. Para iso, seremos “exploradores” cunha folla de ruta moi particular: en cada parada, deberemos resolver uns enigmas para completar un puzzle que nos explicará os diferentes ecosistemas presentes no lugar.

Comeza a camiñata. Que pasada de vistas! Aquí respiramos tranquilidade... E que limpo está todo! Vaia, non temos Play Station! Menos mal que as probas que nos prepararon os guías son do máis simpático. Que guapos estamos con estas gorras! ¿E estes cascabeis? Este tío está tolo! ¿Que os poñamos nas orellas? Nin que foramos gatos! Anda que os nosos pais non se ían meter con nós se nos viran con estas pintas!

¿Chegaremos ao Burato do Inferno? Vaia, din que está moi lonxe e non hai tempo. Ufff! Menos mal!, con ese nome.. igual a algún de nós nos deixaban alí!

De volta ao “campamento base” casi 2 horas e media máis tarde, toca “repostar” combustible. É o bautizado “Momento Bocata (c)”. Unha hora máis tarde, tras facer convivencia xogando cos amigos do resto dos coles que nos acompañan, os profes optaron por facer unha escapada ao faro. ¿E a praia? ¿Non será máis divertida? O faro está moi lonxe!

Unha mágoa... tanto camiñar e non podemos entrar no recinto do faro. Dende abaixo parecía máis pequeno. Menuda bombilla debe haber dentro!

Epílogo

Mar revolto. Parece que vai chover, o tempo estropéase por momentos. Outra vez hai que loitar co “abismo” no momento de saltar ao barco. De novo, todos salvos. Mágoa que o día estea acabando...

Arrancamos camiño a Bueu. Menudas ondas! Isto parece o “Dragón Khan Marítimo”. En fin, definitivamente parece que chegamos ao porto. Algo mareados... pero foi bonito mentres durou. Mañá, de novo toca volver á rutina cotiá. As matemáticas nos esperan!

Page 27: Revista 2010

27

Page 28: Revista 2010

28

PROXECTO: ”UNHA POESÍA CADA DÍA”.Durante segundo trimestre, todos os días, lemos poesías; eran moi variadas e entretidas e, como non, tamén xogamos a ser poetas. Empezamos facendo pareados, inventando mentiras en verso, e cando nos fomos soltando e perdéndolle o medo, conseguimos converter os contos tradicionais en poemas. Sentímonos moi orgullosos co resultado. Fixemos poemas variados que recollemos nun libro que titulamos” Poemas variados” , xogamos a facer acrósticos cos nosos nomes, co do colexio.... e como non, tamén caligramas. A experiencia ó principio nos resultou difícil, pero agora, estamos moi ledos porque somos capaces de facer as nosas propias poesías, con facilidade.Escribimos poemas que quedaron recollidos nuns libros que titulamos:” Pareados mariños” ,“Poemas no fondo do mar”,” e “ Poemas o meu pobo mariñeiro”

O NOSO QUERIDO COLEXIO

Con moi poucos anos, ó cole chegamos.E con once e doce, nos marchamos.Intentamos sempre estudar e aprobar.Para saber e o instituto poder pasar.

A Sangriña, botarémola de menos.

Sempre moito, moito a quixemos.Ás nosas mestras e mestres lembraremos.Nunca deles nos esqueceremosGrandes momentos vivimos.Rindo, cantando , xogando nos coñecimos.Imos marchar, unha nova etapa imos empezar.Ñañaras...! ! Outros nenos ocuparán o noso lugar.Ata mais ver, novos amigos imos facer!.

Estas son algunha das nosas poesías:

OS MELLORES MOMENTOS:O MELLOR DESTE CURSO FOI:

Page 29: Revista 2010

29

A GUARDA

Cando Á Guarda cheguei,unha cousa observei:Un monte moi curiosoe un río caudaloso.

Cando a alameda vin,rápido a ela corrín.máis tarde o porto baixei,cos meus amigos, alí xoguei.

O MONTEA min gústame o monte, e non me da corte.De noite gústame máis,Porque medo terás.

O monte está talado,non me esta gustando,teñen que parar de talarparar o monte salvar.

PROXECTO LECTOR: “QUE DE AVENTURAS XURDEN DO MAR!”

Foi un proxecto baseado sobre todo na lectura. Eramos detectives en busca da resposta a moitas preguntas. Tivemos que ler moito para poder atopar as solucións e ademais, aprendemos un montón de cousas relativas ó mar e todo o relacionado con el.

PROXECTO DE INVESTIGACIÓN: “VIAXAMOS NO TEMPO”.

É un proxecto que estamosrealizando, os ne@s de 5º e 6º deprimaria, sobre a Prehistoria e Historia. No 1º trimestre, empezamos ainvestigar as tres etapas da prehistoria.Buscamos información en internet, noslibros... Ó rematar o trimestre sabiamostodo de “pe a pa” No 3º trimestre empezamos aestudiar a seguinte etapa: A IdadeAntiga;o principio foi un rollo, perodespois de investigar e as explicaciónsde Mª José, quedóusenos todo. Mentresos nenos de 5º investigaban sobre osCastros. Decidimos empezar a traballar epor a información no curso “Viaxamos

no Tempo”, dentro da Wiki que creamos. Ainformación metiámola desde a aula deinformática e mesmo desde a nosa casa. Agora estamos rematando a Idade Media eseguiremos con outra etapa. O mellor é que nos divertimos un montóninvestigando, lendo, redactando e sobre todoaprendendo, sen estudiar, o noso pasado.Tamén fomos visitar o Castro do Tegra!

As nosas informacións quedan reflexadasNo curso “ Viaxamos no tempo”.

UNHA FENOMENAL EXPERIENCIA : PLENO MUNICIPAL ESCOLAR

O pasado mes de decembro , desde oConcello, recibimos unha invitación especial:participar nun Pleno Escolar. . . O principio, pareceunos algo aburrido e moidifícil pero, pronto nos puxemos a traballar.Eliximos os nosos representantes: como alcaldeVíctor, e concelleiros Leandro, María e Ángela.. Por fin chegou o día; todos estabamos moinerviosos. Ó chegar o Concello atopámonos coscompañeiros dos outros colexios ( Solanas, Sinde,Somascos e San Xerome), que eran a oposición. Fomos recibidos polo alcalde e algúnsconcelleiros. A sala de Plenos impoñía, e aíndanos puxo máis nerviosos do que estabamos.Sentámonos cada un no lugar correspondente einmediatamente empezou a sesión. A experiencia, aínda que nos custoubastante preparala, foi moi boa, posto queaprendemos moito, compartimos ideas , vimosonde os políticos fan os plenos, comofuncionan.... é sobre todo resultou divertida.

Encantaríanos repetila algún día!

Se queredes saber máis de nos, non odubidedes, quedades todos invitamos a visitara páxina:www.centros.edu.xunta.es/ceipasangriña.

Page 30: Revista 2010

3030

VANCOUVER 2010

Este ano, os alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria tivemos a ocasión de seguir, dende adistancia, a celebración dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de inverno que se celebraron na cidadecanadiense de Vancouver.Empezamos, na clase de Educación Física, coñecendo as modalidades deportivas que se levan a caboe pouco a pouco fomos descubrindo un interés especial que nos atraía. Pero o que máis nos sorprendeu,e chamou a atención, foi descubrir a capacidade de esforzo que poñen en xogo os deportistas paralím- picos a pesar das súas limitacións.Por iso propuxémonos facerlle chegar a nosa felicitación polo seu esforzo e as súas ganas de superación.Puxémonos en contacto coa Federación Española de Deportes para Cegos que nos facilitou a direcciónde correo electrónico da Técnica de Esquí do Equipo Paralímpico. Remitímoslle a seguinte carta:

¡Hola Jon!

Somos un grupo de niños/as, de un Colegio de Educación Primaria, que vivimos en una localidadllamada A Guarda de la provincia de Pontevedra, justo donde el río Miño se encuentra con el océanoAtlántico. Aunque estamos situados en la zona noroeste tenemos un clima que nos impide disfrutarde algo que tu conoces muy bien y que nosotros solo podemos ver por la tele, la nieve. La última vezque “nevó” aquí, un poco, aún no habíamos nacido, fue en 1.987. Solo podemos recordarlo por unafotografía que hay en el cole y cada año esperamos volver a disfrutar de ese momento.En Educación Física nuestro profe nos habla de todos los deportes para que conozcamos un poco decada uno. Este año lo hicimos de las olimpiadas de invierno. Descubrimos las distintas modalidadesque se practican, de las que nunca habíamos oído hablar, sus normas y quedamos maravillados por lasinstalaciones en las que se desarrollaron. Pero lo que más nos impresionó fue cuando nos explicó quetambién se iban a celebrar las Paralimpiadas, en las que deportistas con diferentes limitaciones tendríanque competir. Así supimos, que por España participaríais: Jon Santacana, Gabriel Gorce, Úrsula Pueyo,Anna Cohí y Andrés Boira y vuestros guías: Miguel Galindo, Félix Aznar, Raquel García y Aleix Suñéy de vuestras discapacidades que hacen mucho más meritorio el esfuerzo que realizáis. Este año televisión ofreció una mejor cobertura de los juegos y pudimos veros participar. Seguro que en cadauno de vuestros descensos, en la distancia, estábamos apoyándoos y con la ilusión de que obtuvieraisun buen resultado. Cada día aparecían en el tablón de anuncios los resultados que se habían producido y se celebrabancon gran alegría. Queremos con nuestra carta felicitaros por vuestra participación y en especial a ti que conseguistetres medallas fantásticas. Gracias por habernos hecho vibrar y saber que, a pesar de los problemasque la vida nos pone en el camino, con esfuerzo y mucha ilusión se puede salir adelante y logrargrandes éxitos. Nos gustaría, si fuera posible, que nos mandaras un autógrafo para conservar como recuerdo devuestros éxitos y desearos que consigáis muchos más. Un saludo: (Firmas dos alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria

Dous días despois empezaron a chegar as respostas:Apreciado Gil:Al leer la carta me he emocionado, iniciativas como esta que realizáis dan sentido al trabajo que hacemos.Les envío la carta a todos los chicos y estoy seguro que os harán llegar una nota, vuestros chicos se lo merecen.Por mi parte felicitarte ya que estas iniciativas lo que hacen es inculcar unos valores tan necesarios en los jóvenesde hoy en día.Por mi parte a parte de ayudar en hacer llegar la carta, te ofrezco poder colaborar si te parece en el futuro a travesde un programa que llevamos tiempo haciendo desde una asociación que es lo que llamamos "dia paralimpico en laescuela". Entra en la web de www.playandtrain.org y entra en el blog, ahi veras de lo que te hablo.Ademas vamos a venir a realizar algunas acciones a vuestra tierra Galicia.Espero que mantengamos el contactoUn saludo para ti y tus chicosSylvana Mestre

Page 31: Revista 2010

31

Hola a todos/as alumnos de primaria del C.E.I.P A SANGRIÑA y su profesor de Educación física. Soy Raquel García, guía del equipo paralímpico español.Acabo de leer vuestra carta y, me ha hecho muchísima ilusión ver como desde Pontevedra seguís este deporte y nos habéis apoyado,como muy bien decís, desde la distancia. Ya se sabe que en España el esquí no es un deporte primordial como lo puede ser el fútbol,baloncesto, etc...pero gracias a gente como vosotros cada vez este deporte es más valorado en este país.Agradeceros vuestro apoyo y seguimiento, y espero que sigáis así, poniendo interés por todo el deporte español que poco a pocointenta subir un escalón más.Un abrazo.Raquel Garcia Borreguero.

Hola a todos!En primer lugar GRACIAS!. Soy Miguel, el guía de Jon Santacana. Me ha emocionado mucho la carta quehabéis mandado. Nada de lo que hemos conseguido en Vancouver tendría sentido sin gente con vosotros, que se alegranpor los éxitos de un pequeño y humilde equipo que trabaja sin descanso para conseguir desarrollar un deporte tan complicado como el esquí. Me parece fundamental la labor que estáis haciendo con los chavales, sobre todo en edades tan tempranas.Con acciones como la vuestra hacéis que el deporte tenga sentido y sobre todo que gente tan joven seinterese por el deporte paralímpico, que al fin y al cabo sigue siendo deporte.Yo estoy acabando CCAFD en la Universidad de Zaragoza y sé la importancia de la educación, y más enconcreto de la educación física, que no siempre está reconocida.... pero como habéis demostrado, tambiénsirve para educar en valores, algo que cada vez cuesta más inculcar a los chavales.Por supuesto y sin ninguna duda os mandaremos una foto firmada para que la pongáis en el colegio y asírecordéis lo que hemos conseguido, no sólo nosotros sino todo el equipo...Nos tenéis a vuestra entera disposición para lo que queráis. Un abrazo muy fuerte.

Hola, soy Gabriel, uno de los deportistas que visteis en Vancouver. Os hago llegar mi más sincera alegría por saber quehay gente que nos sigue desde todas partes; es una satisfacción comparable a la que se tiene ganado un premio en unacarrera. Os transmito mis sensaciones ya que, debo deciros que este ha sido mi debut en cuanto se refiere a citasparalímpicas, y la verdad es que, aunque mis resultados -confieso- pudieron ser mejores, me quedo satisfecho porque séque soy muy joven y que aún me quedan muchos años por delante para demostrar lo que valgo.Con todo esto os reitero mi agradecimiento por esta carta tan emotiva que nos habéis enviado a todos nosotros, y os invitoa seguir apoyándonos este próximo ciclo de 4 años hasta Sochi 2014, porque creo que va a dar mucho de que hablar.

¡¡¡Muchas gracias por todo y hasta pronto!!! Gabriel Gorce Yepes

Tamén recibimos a felicitación do Presidente do Comité Paralímpico Español que nos agasalloucon gorras para tódolos alumno/as.

Page 32: Revista 2010

32

Page 33: Revista 2010

33

Page 34: Revista 2010

34

Os carteis docurso

Page 35: Revista 2010

35

Asociación de nais e paisdo CEIP A Sangriña

A Guarda

R/ San Roque nº 2Salcidos (A Guarda)Teléfono: 649 980 745

Catering Comedor Escolar

Colaboradores:

Page 36: Revista 2010

C.E.I.P. A Sangriña

Educación Primaria

Promoción 2.004-2.010

Romina Xairo Alexandra Leandro Silvia Noé

María Adrián Jennifer Germán

Victor Noelia Eric Angela Bernabé