revista aí abril 2014

16
ABRIL 2014 | 1 Els Joglars En Narón GUÍA DE CULTURA, SERVIZOS E OCIO EN FERROLTERRA | ABRIL 2014 Exemplar gratuíto #75 TEATRO O MELLOR DE TRICICLE NO TEATRO JOFRE MÚSICA AINHOA ARTETA ABRE A TEMPADA LÍRICA NO AUDITORIO DE FERROL DANZA MARTA CARRASCO PRESENTA NO JOFRE BFLOWERS

Upload: bucle-bufete-de-comunicacion

Post on 19-Mar-2016

225 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

Guía de ocio e cultura de Ferrolterra Núm. 75, abril de 2014

TRANSCRIPT

Page 1: Revista Aí abril 2014

ABRIL 2014 | 1

ElsJoglars

En Narón

GUÍA DE CULTURA, SERVIZOS E OCIO EN FERROLTERRA | ABRIL 2014

Exe

mpl

ar g

ratu

íto

#75

TEATRO

O MELLOR DE TRICICLE NO

TEATRO JOFREMÚSICA

AINHOA ARTETA ABRE A TEMPADA LÍRICA NO AUDITORIO DE FERROL

DANZAMARTA CARRASCO PRESENTA

NO JOFRE BFLOWERS

Page 2: Revista Aí abril 2014

2 | ABRIL 2014

AÍ. Canto pesou a tradición familiar para que te adicaras á cociña?MC. Eu nacín e crieime ao redor deste local (“A Gabeira”) que se fundou en 1923. Pesaba a tradi-ción materna, da restauración, e a paterna, da carpintería, así que entre a tixola e o martelo aos 12 anos decateime de que cando meus pais non estaban eu facía o almorzo ou a merenda e sentín a independencia que me daba iso, que só de min dependía comer ben e incluso que se marchaba fóra nunca me ía faltar traballo.AÍ. Foi o teu caso?MC. Non exactamente. Eu fun á escola de hostalería de Santiago e logo marchei ao País Vasco a facer prácticas, que foi unha experiencia que me marcou. A estrutura de traballo nas cociñas dos grandes restaurantes, con estrelas Michelín, era moi dife-rente á que eu coñecía.AÍ. O lugar onde vivimos influíu no teu xeito de cociñar?MC. É o que máis inflúe, sobre todo a medida que maduras.

MiguelCamposentrevista

Membro da cuarta xeración de cociñeiros, desde os fogóns do restaurante “A Gabeira” de Valón é o presidente do Grupo Nove, un colectivo de grandes mestres da cociña que teñen como obxectivo modernizar o gusto e pór en valor os produtos galegos

TEXTOS: David Dapena | FOTOS: Ovidio Aldegunde

Deixas atrás influencias de fóra ou de libros e decátaste do importante que é tra-ballar cos produtos da túa zona, que son os que che dan frescura e calidade, ese radio de 30 e 40 quiló-metros nos que consegues o 80% da carta, sen deixar de lado cousas que veñen de lonxe e que aportan riqueza.AÍ. De aquí que destacarías?MC. Moitas cousas, desde o pequeno produtor que te manda

Page 3: Revista Aí abril 2014

ABRIL 2014 | 3

de facer unha década de traballo. Cumpríronse os vosos obxectivos iniciais de revalorizar a cociña galega?MC. Penso que si. Houbo un tra-ballo inicial de darnos a coñecer desde o local ao autonómico e agora xa a nivel nacional. Non foi complicado crear o grupo porque a altura do ano 2000, cando nace a idea, non había case nada, apenas revistas ou foros. Todos estabamos comezando desde un certo nivel, e como buscabamos o mesmo, foi o ideal. Agora xa somos 21, xente con carácter propio e facendo o seu traballo. Nin en España ou Europa hai ningún grupo como o noso. Cando vas ao Pais Vasco, Barce-lona ou Madrid, Arzak ou Roca sempre se marabillan do ben que nos levamos os galegos entre nós nunha profesión tan competitiva. A clave é a amizade e o abrirnos á xente nova que incorporamos cada ano.AÍ. Custaron moito as innovacións nun país de cociña tradicional?MC. Un montón, sobre todo baixar os puntos de cocción. AÍ. Que opinas dos chefs estrela da televisión?MC. Non se pode facer un bo prato en 20 minutos cando a ti te leva tres meses, iso non é real. O que non me parece ben é o dos programas infantís, os nenos non deben xogar con lume ou coitelos.AÍ. Como cociñeiro, cal é o teu ideal?MC. Provocar sorpresa e benestar.

patacas ou tomates ata o esforzo de cooperativas como a do Val, cos pementos do Couto e outras sementes antigas que se van re-cuperando. Para min a asignatu-ra pendente é a pataca, debería facerse un I+D dunha boa pata-ca da nosa zona, que houbo en San Xurxo, Covas ou o Val coas súas propias características.

AÍ. Coa información que hai hoxe, notas o cambio nos gustos dos clientes?MC. Si, en 15 anos houbo unha enorme transformación. No caso de Ferrol notei que gañaba prestixio cando os de fóra veñen e o contan. Co prestixio a xente admite o que lles pos. Pasou coas verduras ou sobre todo co peixe. Agora admiten unha cocción xusta, pero no seu punto de sabor, mentres antes había xente que pedía volverllo a pasar pola prancha.AÍ. Cambiarías moito se te dan unha estrela Michelín?MC. Non é unha obsesión. Se a dan moi ben polo recoñecemen-to da crítica, pero teño outras prioridades. Isto é unha empresa e hai que pagar uns soldos, uns impostos, a uns proveedores e gañar algo para ir de vacacións. Esa é a liña, porque teño amigos con estrelas Michelín e tamén é moi duro.AÍ. Cal é o teu prato favorito?MC. Aquel do que podo gozar cos meus amigos. Xa poden ser uns ovos rotos, callos, cocido ou percebes, sempre que teña o día libre e poida estar cos amigos, ese vai ser o meu prato favori-to. Mira, hai algo divertido que nos pasa aos cociñeiros. Cando tes moza e te invita a comer a casa dos pais, estes están moi nerviosos porque saben que ti es cociñeiro, e nós somos felices cando non temos que traballar, ¡a comida sempre está boa!AÍ. Presides o Grupo Nove que vén

entrevista

“UNHA ESTRELA MICHELÍN ESTARÍA BEN PERO NON É UNHA OBSESIÓN, HAI COUSAS MÁIS IMPORTANTES”

“A RELACIÓN QUE TEMOS OS CHEFS DO GRUPO NOVE É EXCELENTE, SORPRENDE NUN MUNDO TAN COMPETITIVO”

“COMO COCIÑEIRO, O MEU IDEAL SERÍA PROVOCAR SORPRESA E BENESTAR NOS MEUS CLIENTES”

“O MEU PRATO FAVORITO É AQUEL QUE PODO COMPARTIR COS MEUS AMIGOS”

Page 4: Revista Aí abril 2014

4 | ABRIL 2014

propostas

03 xoves 20:30 H

PROTAGONISTA, O CHELOMúsicaTEATRO JOFRE (FERROL)15/12/6 €

A Sociedade Filharmónica Ferrolana programa un concerto no que brillará o violonchelo de Julian Steckel, que será o solista da Sinfónica de Galicia baixo a dirección de Dima Slobodeniouk

O «Divertimento para corda» de Bela Bartók, o concerto para violonchelo e orquestra «Tout un monde lointain» de Dutilleux e a sinfonía «Renana» de Schumann conforman o programa do concerto. O chelista alemán Julian Steckel, un home que naceu nunha familia de músicos e que, tras recibir numerosos premios (entre eles o Rostropovich) actúa de xeito habitual con orquestras como a Royal Philharmonic Orchestra e a Filharmónica de San Petersburgo, é o solista convidado.

04 venres 20:30 H

AINHOA ARTETARecital líricoAUDITORIO DE FERROL15 €

A SOPRANO AINHOA ARTETA ABRE O CICLO DE

RECITAIS LÍRICOS NO NOVO ESPAZO ESCÉNICO

FERROLÁN CUN PROGRAMA DE MÚSICA ESPAÑOLA

A brillante carreira internacional da hoxe máis importante soprano española comezou tras gañar os concursos “Metropolitan Opera National Council Auditions” e “International de Voix d´Opera Plácido Domingo”. Desde aquela ten actuado en espazos tan importantes como o Carnegie Hall, o Covent Garden, e o Teatro alla Scalla de Milán; realmente, en todos os teatros importantes do mundo. No recital que dará en Ferrol interpretará un programa centrado exclusivamente na música española: Isaac Albéniz, Antón García Abril, Enrique Granados, Joaquín Turina,... Ainhoa Arteta acadou grandes éxitos nos últimos anos, entre eles o da estrea da “Dulcinea” de Lorenzo Palomo no Konzerthaus de Berlín, o seu debut no Musikverein de Viena xunto ao pianista Roger Vignoles e a súa participación en “La bohème” no Metropolitan de Nova York baixo a dirección de Carlo Rizzi.

Page 5: Revista Aí abril 2014

ABRIL 2014 | 5

propostas

06 domingo 18:00 H

A RATIÑA AZUL E O QUEIXO LEVITADORConcerto familiarTEATRO JOFRE (FERROL)5€

A Ratiña Azul e o Queixo Levitador é unha proposta escénica e musical pensada para o público máis pequeno da casa, se é que ten máis de 6 meses

Os actores e cantantes Marcelo Dobode e Mónica de Nut, dan vida a dúas personaxes tan divertidas como orixinais: unha ratiña azul e un cabaliño do demo que, coas súas cancións e peripecias, levan ao público máis pequeno por unha historia divertida e tenra.

05 sábado 20:30 H

LOS SECRETOSMúsicaTEATRO JOFRE (FERROL)20/17 €

Los Secretos é un grupo inevitable na historia do pop español. Son tantas as súas cancións populares que con elas se pode facer un concerto de 2 horas

Con máis de 30 anos de traxectoria ás costas, o trío que lidera Álvaro Urquijo ten composto cancións que forman parte da memoria colectiva española. O grupo goza xa da súa madurez ofrecendo concertos honestos para un público que sabe de sobra que vai escoitar e, de feito, quere reafirmarse na súa escolla. Non será raro que o patio de butacas do Jofre pareza un karaoke.

Page 6: Revista Aí abril 2014

6 | ABRIL 2014

11 venres 20:30 H

EL COLOQUIO DE LOS PERROSTeatroPAZO DA CULTURA (NARÓN)14 €

RAMÓN FONTSERÉ DIRIXE ELS JOGLARS POR VEZ

PRIMEIRA EN “EL COLOQUIO DE LOS PERROS”,

UNHA ADAPTACIÓN DE CERVANTES SOBRE A FALLA

DE SENTIDO COMÚN DOS HUMANOS

De xeito insólito, dous cans son agasallados por unha noite co don da fala. Son dous vellos cans que observaron nos seus anos de vida muda toda a condición humana, toda a miseria, todo o mundo ridículo dos homes. E antes de que se lles acabe a noite e queden mudos de novo contan a realidade auténtica: que os lobos son os pastores, que a defensa ofende e que a confianza rouba. Escribe Ramón Fonseré –que dirixe por vez primeira a Els Joglars nesta obra e interpreta ademais ao can Cipión– que quizá esta actualización da obra de Cervantes sirva para poñer freo a tanto abuso e refocilarnos co bo entendemento dos cuadrúpedos Cipión e Berganza.

11 venres 20:30 H

CO XENIO DESTROZADOMúsicaTEATRO JOFRE (FERROL)15/12/6 €

Dos coros africanos aos ritmos de ska, do blues á pachanga, de Aretha a Janis Joplin... Sés é unha cantautora pouco convencional, unha descarga de ritmos e sons cun denominador común: as boas vibracións

Chega ao Teatro Jofre o ciclón Sés. María Xosé Silvar “Sés” (A Coruña, 1983), irrompeu como tal na escena galega hai uns anos cunha proposta feminina rockeira e reivindicativa e un discurso feminista e contundente. Tras o éxito do seu primeiro disco, “Admirando a condición”, chegou na primavera deste ano “Co xenio destrozado”, un disco potente con aires de blues, rock, tango e tamén baladas.

propostas

Page 7: Revista Aí abril 2014

ABRIL 2014 | 7

17 xoves 20:30 H

THE HELLBUCKERSMúsicaSALA SÚPER 8 (FERROL)ENTRADA GRATUÍTA

A unión de Carla Figueredo e o grupo coruñés Los Eternos deu lugar a un grupo soul consistente como a mellor música negra

Carla de Figueredo é unha das voces máis interesantes da escena galega. Especializada na “música negra” e formada no jazz, o blues e o soul entre Galicia e Italia, estrea proxecto musical con estes Hellbuckers que inician en Ferrol unha xira galega de presentación do seu espectáculo.

12 sábado 20:30 H

100% TRICICLETeatroTEATRO JOFRE (FERROL)15/12/10 €

Clownic, un grupo creado e dirixida polos membros de Tricicle, pon es escena unha antoloxía dos mellores momentos dos 6 espectáculos da coñecida compañía catalana de teatro xestual.

100% Tricicle é unha antoloxía de Manicomic, Exit, Slastic, Terrific, Entretres e Sit e un pequeno avance do espectáculo de nova creación Garrick. Clownic é unha segunda compañía de Tricicle, formada por tres actores seleccionados polos creadores orixinais dos espectáculos porque “non son meros imitadores, senón que aportan frescura e creatividade a uns espectáculos xa testados na súa brillantez”. O humor e posta en escena de Tricicle baséase en personaxes e accións cotiás que son canalizadas cara á comedia, fuxindo dos temas de moda e facendo que se convertan en intemporales, e permitan por iso, que continúen vixentes anos logo da súa exhibición e con intérpretes diferentes.

propostas

Page 8: Revista Aí abril 2014

8 | ABRIL 2014

propostas

18 venres 22:00 H

ITACA BAND + COLECTIVO BOMBAMúsicaSALA SUPER 8 (FERROL)8 €

Itaca Band e Colectivo Bomba son 2 formacións novas de son potente e bailable. Do Ska á salsa e o punk, a banda catalana e a galega prometen unha noite frenética

Itaca Band é un grupo optimista e cheo de ritmo que ven de Montcada i Reixac (Barcelona).Os Colectivo Bomba fundáronse en Monforte e mesturan ska, o reggae, o rock e a cumbia con letras sobre o desafogo humano e protesta social.

25 venres 21:00 H

BFLOWERSDanza-teatroTEATRO JOFRE (FERROL)10 €

A Compañía Marta Carrasco chega ao Teatro Jofre para presentar ‘B.Flowers’, o décimo espectáculo da compañía, interpretado por Marta Carrasco, Anna Coll e Majo Cordonet

A flor representa a beleza por natureza. A beleza da vida, a beleza da morte e outra vez a vida. Millóns de flores son mutiladas a diario por motivo sentimental ou decorativo. Arrincámolas de raíz e elas séguense aferrando á existencia... Marta Carrasco é creadora escénica, intérprete, bailarina, coreógrafa e profesora teatral. En 1995 creou o seu primeiro só de danza-teatro.

Clínica veterinaria

CANTÓN C/ Carmen, 2 bajoFerrol (A Coruña)T 981 35 11 44 / 630 03 20 21

Page 9: Revista Aí abril 2014

ABRIL 2014 | 9

propostas

28 luns 20:30 H

KHO WOON KIMMúsicaTEATRO JOFRE (FERROL)ENTRADA GRATUÍTA

A gañadora da última edición do Concurso Internacional de Piano Cidade de Ferrol ofrece un programa con obras de Bach, Granados e Beethoven

Kho Woon Kim (Seúl, 1984) gañou en xullo de 2013 o primeiro premio no Concurso do International Institute and Keyboard Festival en Nova York. En novembro gañou o Cidade do Ferrol. En 2012 ingresara na Manhattan School of Music na clase de Salomón Gadles Mikowsky como beneficiaria da beca Elva Van Gelder. No programa da súa presentación como solista na cidade inclúe, entre outras pezas, unha Fantasía sobre ritmos flamencos de Frank Martin

26 sábado 20:30 H

LONGA VIAXE CARA Á NOITETeatroPAZO DA CULTURA (NARÓN)9,50 €

O Centro Dramático Galego pon en escena este texto de Eugene O’Neill, gañador de catro Pulitzer, premio Nobel de Literatura en 1936 e pai do teatro norteamericano moderno, baixo a dirección de Manuel Guede

Aclamada pola crítica e considerada a obra máis completa e cumio de O’Neill, Longa viaxe cara á noite foi galardoada co premio Pulitzer póstumo ao ser editada pouco despois da morte do seu autor. Con elementos da vida do propio O’Neill, este texto narra a crónica dun só día na vida dos Tyrone, unha familia norteamericana quebrada polas frustracións e os vicios: James, un actor de éxito e fortuna, que pasou a súa vida de escenario en escenario sen poder formar un verdadeiro fogar; Mary, a súa muller, presa dunha adicción imposible de desarraigar; Jamie, o fillo maior e alcohólico; e Edmund, un mozo soñador e romántico.

Page 10: Revista Aí abril 2014

10 | ABRIL 2014

exposicións

Pintura

DA FANTASÍA Á REALIDADE

18/02-03/05 CENTRO SOCIOCULTURAL FUNDACIÓN NOVACAIXAGALICIA (FERROL)

LUNS A SÁBADO

DE 11:00 A 14:00 E DE 18:00 A 21:00 H

DOMINGO PECHADO

ENTRADA GRATUÍTA

«Da fantasía á realidade. Pintura en Galicia de 1833 a 1936» parte da sección máis antiga do fondo das coleccións das xa fenecidas caixas de aforro galegas, que mostra un rico periodo artístico en Galicia valéndose de nomes importantes da nosa plástica do século XIX y comenzo do XX, como Ovidio Murguía, Lloréns ou Álvarez de Sotomayor.

Instalación

NAMORANDO DE FERROL

28/03-22/04CENTRO SOCIOCULTURAL FUNDACIÓN NOVACAIXAGALICIA (FERROL)

LUNS A SÁBADO

DE 11:00 A 14:00 E DE 18:00 A 21:00 H

DOMINGO PECHADO

ENTRADA GRATUÍTA

Fotografía

ESPEJISMOS

01/04-30/04ATENEO FERROLÁN (FERROL)

LUNS A VENRES

DE 11:00 A 13:30 E DE 17:00 A 21:00 H

LUNS PECHADO

ENTRADA GRATUÍTA

Pintura

PUNTOS DE PINTURA

14/03-18/05CENTRO CULTURAL TORRENTE BALLESTER (FERROL)

MARTES A DOMINGO (INCLUÍDO FESTIVOS)

DE 11:00 A 13:30 E DE 17:00 A 21:00 H

LUNS PECHADO

ENTRADA GRATUÍTA

Puntos de pintura funciona como unha exposición colectiva concibida como a unión de pequenas individuais, facilitando a comprensión do traballo de cada artista en particular para configurar un diálogo global ao redor da capacidade do pequeno formato para adecuarse ás esixencias da pintura con maiúsculas.

Gravado

COLECCIÓN DO CONCELLO DE FERROL

14/03-18/05CENTRO CULTURAL TORRENTE BALLESTER (FERROL)

MARTES A DOMINGO (INCLUÍDO FESTIVOS)

DE 11:00 A 13:30 E DE 17:00 A 21:00 H

LUNS PECHADO

ENTRADA GRATUÍTA

Esta exposición recorda a presenza de moitas das grandes figuras da arte contemporánea galega cuxa obra podemos atopar agora na Colección de Arte Concello de Ferrol. Partindo dos gravados de Luis Seoane presentes na Colección, a exposición fai unha lectura da presenza do gravado en Galicia centrándose nos traballos correspondentes a artistas galegos moi representativos da escena cultural nos anos setenta, oitenta e noventa do pasado século ata a actualidade.

Gravado

MANUEL PATINHA

03/04-30/04GALERÍA SARGADELOS (FERROL)

LUNS A SÁBADO

DE 10:00 A 13:30 E DE 17:00 A 21:00 H

DOMINGO PECHADO

ENTRADA GRATUÍTA

Page 11: Revista Aí abril 2014

ELS JOGLARS

El coloquio de los perros

VENRES11/04

TEATRO CLÁSICO

CARLOS BLANCO E LUIS DÁVILA

Menú do día

COMEDIA

VENRES04/04C.D.G.

Longa viaxe cara a noite

DRAMA

SÁBADO26/04LA ZARANDA

El régimen del pienso

TEATRO CONTEMPORÁNEO

SÁBADO03/05PROMOTORA 600 NS’

El club de la Comedia woman

MONÓLOGOS

DOMINGO11/05

Máis información en: www.padroadodacultura.esfacebook/padroadodeculturaconcellodenaron

Page 12: Revista Aí abril 2014

12 | ABRIL 2014

CÓMIC

Vida y opiniones de Tristam Shandy, caballeroO mítico crítico do século XVIII Samuel Johnson asegurou que o “Tristam Shandy” non ía perdurar porque “nada extravagante é perdurable”

MARTIN ROWSON / LAURENCE STERNE | IMPEDIMENTA | 176 PÁX. | 23,95 €

O certo é que a obra mestra de Laurence Sterne (1713-1768) segue fascinando a quen se achega a ela mentres de Johnson o que lemos é a biografía que del fixo James Boswell. Tristram Shandy segue a ser unha das novelas máis complexas e cómicas da literatura inglesa e que máis influencia tivo (Machado de Assis, Joyce, Cortázar, etc). Así, co seu estilo delirante e feliz, o debuxante e ilustrador Martin Rowson fai a proeza de adaptar ao cómic a obra mestra de Sterne conseguindo a heroicidade que alguén que non lera o libro se faga unha idea de, polo menos, o estilo e intención do xenial escritor. Canda Rowson percorreremos os vagabundeos de Shandy coas súas digresións inesgotables, quen, xunto co seu peculiar tío Toby e a súa teima coas fortificacións, percorre os tortuosos carreiros do complexo e fascinante mundo de Sterne. Nesta adaptación, Rowson ofrece un punto de vista contemporáneo na súa adaptación polo que desfilan unha versión cinematográfica do Tristram Shandy asinada por Oliver Stone, unha balea que vomita barcos, un navío cheo de críticos, ou os escritores Martin Amis, T. S. Eliot e ata o mesmo Samuel Johnson. Brutal.

CÓMIC

NA COCIÑA DE NOITE

MAURICE SENDAK | KALANDRAKA | 48 PÁX. | 15 €

“Nós forneamos para ti mentres durmes” era o anuncio dunha panadería que fascinaba na súa nenez ao debuxante norteamericano Maurice Sendak. Xa de adulto debuxou este álbum a través dun relato onírico que acabou convertido nunha referencia en todo o mundo cun neno que traballa facendo pan como quen xoga nun parque de atraccións con tres panadeiros cuspidos a Oliver Hardy. Con este volume comeza Kalandraka un ano no que editará varias das obras do marabilloso Maurice Sendak.

NOVELA

UN HOMBRE ENAMORADO

KARL OVE KNAUSGÅRD | ANAGRAMA | 640 PÁX. | 24,90 €

Regresa o Proust do século XXI, o noruegués Karl Ove Knausgård, coa segunda parte das seis que conforman “Mi lucha”, a inmensa novela autobiográfica que está a fascinar á crítica especializada. Neste segundo volume o protagonista deixa á súa muller e marcha a Estocolmo. Coñecerá á Geir, outro noruegués, e atópase con Linda, unha poeta que o cegou e que acabará converténdose na súa segunda muller. A paternidade e o seu mundo e a necesidade de escribir planean neste soberbio fresco, autorretrato do artista en afervoada creatividade.

praceres solitarios

Page 13: Revista Aí abril 2014

ABRIL 2014 | 13

DELICIAS SONORAS

BECK “MORNING PHASE” (2014) Máis na liña do introspectivo “Sea change” (2002) que do luminoso “Odelay” (1996), Beck volve sorprender co seu duodécimo traballo discográfico, unha obra doce e reflexiva, de melodías envolventes que remite á dourada California dos 60 e 70, onde pouco hai de experimentación, hip hop ou electrónica bailable e si de sons abertos e sentimentos espidos, un disco de madurez no mellor sentido da palabra: experiencia e rexistro dabondo para comunicar como quere. Estamos ante o regreso dun compositor e cantante que ten o don de reinventarse a si mesmo e o exemplo dun artista enorme enfrontándose ao público con honestidade e dándolle unha faceta nova da súa polifacética personalidade. Temas tan emotivos como a épica “Morning”, “Blackbird change”, “Heart is a drum”, “Say goodbye” ou “Turn away” entran á primeira e definen o estilo entre melancólico e feliz dun traballo que xa é para a prestixiosa revista MOJO un dos mellores do ano e o símbolo dun renacido Beck desde os primeiros raios de sol da mañá.

MÚSICA

Tanta memez, as diferentes apostas de El Viejo Caracol

Regresa o septeto ferrolán El Viejo Caracol ao mundo discográfico co seu terceiro traballo que leva por expresivo título “Tanta memez”. Trátase de once temas que van desde a reflexión íntima ata reivindicacións e críticas sociais nun momento como o presente. Os seguidores do grupo non se sorprenderán musicalmente dunha proposta da que hai de todo: rock, reggae, folk ou country, unha paleta sonora que atende ás diferentes sensibilidades do propio grupo en temas como “Danzando entre la maleza”, a relaxada “Otra canción para la Luna” ou a que dá título ao disco. Liderados por Óscar Fojo (guitarra acústica e voz), que volve compoñer os temas, a banda segue formada por Miguel Pita (guitarra eléctrica, zanfona e coros); Carlos Mor (guitarra eléctrica); Mon Ibañez (baixo eléctrico); Fausto Escrigas (saxo e coros); Erico Pose (batería) e Agostiño Fraguío (percusións) a quen se lles uniu para este disco Antonio Vázquez. Tras seis anos de andaina, este é o terceiro disco tras “Con la casa a cuestas” (2008) e “Autopía” (2011), que foron gravar aos estudios Abrigueiro de Lugo coa produción de Arturo Vaquero. Agora repiten experiencia en Abrigueiro, cuns resultados que deixaron satisfeitos a tódalas partes. A novidade é que “Tanta memez” non saíu en formato físico de momento (probablemente si o faga máis tarde). Pode descargarse de balde desde a web da banda e o seu facebook, e non só a musical senón tamén a propia portada do disco. Unha iniciativa que reafirma a decadencia da industria discográfica e a función do disco como tarxeta de visita dos artistas.

praceres solitarios

Page 14: Revista Aí abril 2014

14 | ABRIL 2014

Nº 75 | Ano VI

Edita:

Director:

Miguel Toval

Deseño/maqueta:

Jose A. Farinós

Produción:

Bucle Comunicación

Comercial:

[email protected]

Depósito legal:

C 4370-2007

Administración

Rúa Galiano, 63 - 1º15402 FERROLT 981 35 53 53F 981 35 18 99

dDANZA

MMÚSICA

t TEATRO

OOUTRAS ACTIVIDADES

I INFANTIL

C CINE

axenda

02me 17:30 h Biblioteca Municipal

ARES OBRADOIRO FACEMOS O CONTO O

03x 20:00 h Cine dúplex FERROL BEETLEJUICE C20:30 h Teatro Jofre FERROL ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA M

04v 20:30 h Auditorio Ferrol FERROL AINHOA ARTETA M21:00 h Pazo da Cultura NARÓN MENU DO DÍA (MONÓLOGOS) O22:30 h Sala Super8 FERROL TERBUTALINA + LOBISHOME M

05s 16:30 h Auditorio Alovi AS PONTES AURORA (TEATRO INFANTIL) T20:00 h* Espacio Vivo FERROL INTERCOM BABY (MICROTEATRO) T20:30 h Teatro Jofre FERROL LOS SECRETOS M

06d 18:00 h Teatro Jofre FERROL A RATIÑA AZUL (TEATRO INFANTIL) T

07l 20:00 h Fundación Novacaixagalicia

FERROL BECKET C

11v 20:30 h Pazo da Cultura NARÓN EL COLOQUIO DE LOS PERROS T21:30 Teatro Jofre FERROL SES M

12s 10:00 h Biblioteca Municipal

ARES MERCADILLO DE LIBROS E XOGUETES O

16:30 h Auditorio Alovi AS PONTES CONSTELACIONES (TEATRO INFANTIL) T19:30 h Pazo da Cultura NARÓN GALA SOLIDARIA A FAVOR DE LA

ASOCIACIÓN ALBA PÉREZO

20:00 h* Espacio Vivo FERROL LA CITA (MICROTEATRO) T20:30 h Teatro Jofre FERROL 100% TRICICLE T22:30 h Sala Super8 FERROL FU FU (FUNKY NIGHT) M

14l 20:00 h Fundación Novacaixagalicia

FERROL LINCOLN C

axendaabril

Page 15: Revista Aí abril 2014

ABRIL 2014 | 15

16me 23:30 h Sala Super8 FERROL MCKUIN M

17x 10:00 h FIMO FERROL EQUIOCIO O22:30 h Sala Super8 FERROL THE HELLBUCKERS M

18v 10:00 h FIMO FERROL EQUIOCIO O22:00 h Sala Super8 FERROL ÍTACA BAND + COLECTIVO BOMBA M

19s 10:00 h FIMO FERROL EQUIOCIO O20:00 h* Espacio Vivo FERROL LA PISCINA (MICROTEATRO) T

20d 10:00 h FIMO FERROL EQUIOCIO O

23me 19:00 h Teatro Jofre FERROL BANDA DE MÚSICA DO CONSERVATORIO SUPERIOR DA CORUÑA

M

25v 21:00 h Teatro Jofre FERROL MARTA CARRASCO (DANZA) D

26s 20:00 h Pazo da Cultura NARÓN LONGA VIAXE CARA A NOITE T20:00 h* Espacio Vivo FERROL NATA AGRIA (MICROTEATRO) T22:30 h Sala Super8 FERROL APHONNIC + ÁNIMA M

27d 20:00 h Teatro Jofre FERROL A FILLA DE WOODY ALLEN T

28l 20:30 h Teatro Jofre FERROL KIM KHO WOON M

30me 20:00 h Teatro Jofre FERROL PREMIO JOSÉ COUSO O22:30 h Sala Super8 FERROL SURFER JOE + THE CANALOAS M

*20:00/20:30/21:00/21:30/22:00 h

A información dos espectáculos, os seus horarios e o lugar de celebración dos actos facilítana directamente os organizadores dos mesmos. Edicións Embora declina calquera responsabilidade pola suspensión ou modificación de calquera tipo dos devanditos actos.

axenda

axendaabril

Page 16: Revista Aí abril 2014

Axenda

X 03 20:30 h 15/12/6 € Música clasica Orquesta Sinfónica de Galicia

V 04 20:30 h 15 € Ferrol en clave lírica Ainhoa Arteta

S 05 20:30 h 17 €* Son’s do Jofre Los Secretos

D 06 18:00 h 5 € Concertos en familia CONTO MUSICAL A ratiña azul

V 11 21:30 h 12/10/8 € Música CO XENIO DESTROZADOSés

S 12 20:30 h 15/12/10 € Teatro 100% TRICICLEClownic

Me 23 19:00 h Gratuíto Música clásica Banda de Música do Conservatorio Superior da Coruña

V 25 21:00 h 10 € Danza BFLOWERSMarta Carrasco

D 27 20:00 h 8/6/4 € Teatro A filla de Woody Allen

L 28 20:30 h 12/8/6 € Música clásica CONCERTO DE PIANOKim Kho Woon

Me 30 20:00 h Gratuíto Premio Liberdade de Prensa José Couso

14/03/14 ao 27/05/14 Exposición Exposición de Gravados da Colecciónde Arte do Concello de Ferrol

14/03/14 ao 27/05/14 Exposición Puntos de pintura

*20 € o día da actuación

Teatro Jofre Auditorio de Ferrol Capela do C.C. Torrente Ballester C.C. Torrente Ballester

Información e venda de entradas: T 981 944 245 | www.ferrol.es/axendacultural | Taquilla: Teatro Jofre e Auditorio de Ferrol

Programa cultural Abril 2014

/ferrolcultura

S05 S12 V25V04