revista do craega 34

20
Nº 34 > Primavera 2015 REVISTA do CRAEGA > Ourense vive o mercado ecolóxico > Craega participa en diversas actividades formativas > Medio Rural anuncia axudas para a agricultura ecolóxica Craega viaxa de novo a Biofach > Receitas gourmet ecolóxicas en Xantar 2015 e no Fórum Gastronómico Memoria anual do Craega A agricultura ecolóxica galega, en pleno auxe

Upload: transmedia-comunicacion

Post on 21-Jul-2016

250 views

Category:

Documents


12 download

DESCRIPTION

 

TRANSCRIPT

Page 1: Revista do Craega 34

Nº 34 > Primavera 2015

REVISTA do

CRAEGA

> Ourense vive o mercado ecolóxico

> Craega participa en diversas actividades formativas

> Medio Rural anuncia axudas para a agricultura ecolóxica

Craega viaxa de novo a Biofach

> Receitas gourmetecolóxicas en Xantar 2015 e no Fórum Gastronómico

Memoria anual

do Craega

A agricultura ecolóxica galega,

en pleno auxe

Page 2: Revista do Craega 34

Establecementos colaboradores

minoristasA Casa da Quenlla, SCPraza de Abastos, nave 7,casetas 227-228-22915703 Santiago de CompostelaA Coruña696 506 [email protected]

A Cesta da SaúdeRamón Cabanillas, 1015701 Santiago de CompostelaA Coruña981 592 [email protected]

A Despensa do Avó FranciscoR/ Mallorca, 2, baixo27003 Lugo982 812 [email protected]

ABC de BioR/ Padre Don Rúa, 236203 VigoPontevedra986 117 [email protected]

As CabaciñasR/ Restollal, 79, baixo15702 Santiago de CompostelaA Coruña981 593 [email protected]

Cárnicas O XurésR/ Celso Emilio Ferreiro, 20, baixo32004 Ourense988 245 [email protected] www.carnicasoxures.com

Consumo Consciente ÁrboreR/ Arquitecto Pérez Bellas, 5, baixo36203 VigoPontevedra986 233 [email protected]

Ecocentro NaturezaAvda. de Galicia, 52, baixo27400 Monforte de LemosLugo982 404 797 - 982 105 230

EcogalizaPraza de Abastos, nave 7,locais 222-223-22415704 Santiago de CompostelaA Coruña654 609 [email protected]

Eu Consumo ResponsableR/ Santo Domingo, 4, local 5,Galería Viacambre32003 Ourense988 219 [email protected]

Ganadería Tierra Celta S.L.Vilar, 35, San Pedro de Baroña15979 Porto do SonA Coruña981 853 [email protected]

Herbolario MentaR/ Cesáreo Tizón, 2532500 O CarballiñoOurense988 274 [email protected]

Horno Integral PandaránAvda. Bueu, 1936940 Cangas do Morrazo Pontevedra986 303 [email protected]

Horta + SáR/ Pérez Ardá, 26, baixo esq.15009 A Coruña981 285 [email protected]

Horta Fresca Tenda EcolóxicaR/ Damas Apostólicas, 13, baixo(A Ramallosa)36370 NigránPontevedra986 352 [email protected]

Horta Verde TuiR/ Alcalde Casal Aboi, 436700 TuiPontevedra986 600 [email protected]

HortasánPraza de Abastos, posto 3336002 Pontevedra981 512 [email protected]

La Aldea Biomarket, SLAvda. Finisterre, 2515004 A Coruña981 976 [email protected]

Maguz EcolóxicosMercado San Agustín, posto 315001 A Coruña615 600 [email protected]

Ourense Bio, SLR/ San Rosendo, 9, baixo32001 Ourense988 604 [email protected]

Ponte BioPraza Arxentina 536160 PonteareasPontevedra603 602 050

Tenda Ecolóxica EquilibrioAvda. dos Mallos, 115007 A Coruña881 898 788 - 981 242 [email protected]

Terra EcolóxicaTravesía de Rianxo, 315009 A Coruña881 879 [email protected]

Todo Bio, SLR/ Doutor Fleming, 7 B32003 Ourense988 251 [email protected]

Verde Bioleta, SLR/ Pizarro, 8136204 VigoPontevedra986 493 617 - 986 113 [email protected]

A Nosa TerraRúa Nova, 827001 Lugo982 229 [email protected]

A Parada das BestasPidre, 2727207 Lugo982 183 [email protected]

Canela Bakery CoffeePraza Maior, 6-827001 Lugo982 106 [email protected]

Coto do Rano 2R/ Reza, 11, baixo32003 Ourense988 240 [email protected]

Fogar do SantisoTrasellas, 13, Luou15886 TeoA Coruña981 805 [email protected]

O Lar de AdriánCarril das Flores, 3027002 Lugo982 244 [email protected]

Picota Espazo GastronómicoR/ Bailén, Praza de Abastos27400 Monforte de LemosLugo982 418 [email protected]

Restaurante BiobaniaR/ Cordelería, 715003 A Coruña981 221 [email protected]

Restaurante CamposRúa Nova, 2-427001 Lugo982 229 743 - 982 220 [email protected]

Restaurante EspañaR/ Teatro, 1027001 Lugo982 242 717 - 982 229 [email protected]

Restaurante MiramarR/ Arnela, 3515114 Ponteceso A Coruña 981 738 039www.miramardecorme.com

Restaurante O GreloCampo da Virxe, s/n27400 Monforte de LemosLugo982 404 [email protected]

Restaurante PapricaRúa das Nóreas, 1027001 Lugo982 255 [email protected]

Restaurante Porta SantiagoRonda da Muralla, 17627002 Lugo982 252 [email protected]

Taberna do LabregoCamiño Real, 32, Pacios27372 BegonteLugo982 398 [email protected]

Taberna Vegetariana GaiaR/ Orzán, 206-208 baixo15003 A Coruña658 155 [email protected]

Establecementos colaboradores

hostaleiros

3 | Memoria anual do Craega

7 | De feiras

15 | Formación

17 | Actualidade do sector

19 | Taboleiro de anuncios

CRAEGA

EDITA: CraegaSECRETARIO: Javier García LozanoDIRECCIÓN TÉCNICA: Ernesto Sánchez SalgadoDEPÓSITO LEGAL: LU 59-2015

Page 3: Revista do Craega 34

CRAEGA > 3

MEMORIA ANUAL DO CRAEGA >

O primeiro dato positivo posto na mesa por Patricia Ulloa foi que Galicia au-mentou en máis dun 20 % o volume de vendas certificadas de produto

ecolóxico en 2014, o que supón un incremento da facturación con respecto ao ano anterior de máis de 5,3 millóns de euros, ao pasar dos preto de 26 millóns de euros do ano 2013 aos máis de 31 millóns do ano pasado. A directora xeral subliñou que os datos amosan unha agricultura ecolóxica “en pleno auxe” e un gran crecemento en termos económicos.

Como se pode observar no cadro comparativo 2013-2014, os produtos máis beneficiados fo-ron os destinados á alimentación animal e, en segundo lugar, o sector do leite e os derivados, que o ano pasado acadou un volume económico de máis de 9,5 millóns de euros.

O pasado venres 27 de marzo presentouse na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) a memoria anual do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega). A directora xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa, foi a encargada de facer balance dos datos máis destacados do pasado ano 2014. Xunto a ela estiveron o presidente da entidade, José Antonio Fernández Álvarez, e mais o seu secretario, Javier García Lozano.

Galicia aumentou en máis dun 20 % o volume de vendas certificadas de produto ecolóxico en 2014

Page 4: Revista do Craega 34

4 < CRAEGA

1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014

800

700

600

500

400

300

200

100

0

ElaboradoresProdutoresElaboradoresProdutores

Evolución no número de inscritos nos últimos 18 anos

Outro dos datos positivos destacados na pre-sentación da memoria foi o aumento do número de inscritos nos rexistros respecto de 2013, cun aumento do 5,49 %. O número de produtores

medrou un 5,93 % e o número de elaboradores, importadores e comercializadores medra nun 12,03 %, o que supón que o Consello pasou dos 656 afi liados no 2013 aos 703 no 2014.

MEMORIA ANUAL DO CRAEGA >

PRODUTOS V. NEGOCIO 2013 V. NEGOCIO 2014 DIFERENZA % VARIACIÓN

Aceites 365.996,16 340.185,26 -25.810,90 -7,05 %

Bosque e recolleita silvestre 1.668.107,81 1.598.867,03 -69.240,78 -4,15 %

Carnes e derivados 3.597.103,66 3.820.457,13 223.353,47 6,21 %

Cereais 1.464,00 760,00 -704,00 -48,09 %

Conservas de pescado 3.564.411,04 3.649.280,17 84.869,13 2,38 %

Conservas vexetais 239.191,23 307.444,04 68.252,81 28,53 %

Árbores froiteiras 409.015,09 354.865,67 -54.149,42 -13,24 %

Hortalizas 365.500,97 351.908,71 -13.592,26 -3,72 %

Leite e derivados 8.493.001,37 9.510.709,67 1.017.708,30 11,98 %

Outros elaborados 1.537.261,75 2.327.797,05 790.535,30 51,42 %

Ovos e derivados 1.823.980,35 1.847.310,51 23.330,16 1,28 %

Panifi cación 488.144,49 559.636,34 71.491,85 14,65 %

Pensos e alimentación animal 1.695.837,78 3.711.152,95 2.015.315,17 118,84 %

Produtos apícolas 756.345,57 872.231,06 115.885,49 15,32 %

Viños, sidras e vinagres de sidra 637.881,34 994.985,86 357.104,52 55,98 %

Tubérculos 5.759,70 11.505,00 5.745,30 99,75 %

Acuicultura e recolleita de algas 267.444,47 965.236,39 697.791,92 260,91 %

TOTAIS 25.916.446,78 31.224.332,84 5.307.886,06 20,48 %

Cadro comparativo do volume de negocio 2013-2014

Os datos amosan unha agricultura ecolóxica “en pleno auxe” e un gran crecemento en termos económicos

Page 5: Revista do Craega 34

CRAEGA > 5

Número de operadores por provincia

Este ano o Consello engadiu unha nova táboa na súa memoria, a cal reflicte o número de opera-dores por cada provincia, desagregada por tipo de produción. Dela dedúcese que a produción acuícola foi maior, por razóns obvias, nas dúas provincias costeiras pero é máis importante na de Pontevedra, con 27 operadores rexistrados, fronte aos 15 da provincia da Coruña.

Respecto da produción vexetal, Lugo é a que ten maior presenza, con 117 operadores, seguida de 100 de Pontevedra, e 66 e 40 para A Co-ruña e Ourense respectivamente. A provincia de Lugo volve ser a primeira en produción animal con 101 explotacións; tras ela, Ourense, con 44; Pontevedra, con 37, e, finalmente, A Coruña, con 27. No que se refire á elaboración e comercia-lización, tamén Lugo logra o maior número de operadores con 50, seguida de Pontevedra, con 41, e das provincias da Coruña e Ourense, con 29 e 26 respectivamente.

Superficie inscrita para o cultivo ecolóxico

No que se refire á superficie inscrita en Galicia para o cultivo ecolóxico, as cifras son lixeiramen-te máis baixas que en 2013, pois pasouse das 15.670,85 ha ata as 15.233,10 en 2014, o que supón un decrecemento do -2,79 %. Por pro-

vincias obsérvanse resultados dispares, pois en Lugo e Ourense a superficie medrou un 1,72 % e un 0,63 % respectivamente, mentres que Ponte-vedra e A Coruña perden superficie respecto do ano anterior, un -7,85 % e un -31,39 % respec-tivamente. Coa nova liña de axudas prevese un crecemento, sobre todo na superficie de pastos destinada á gandería de vacún de carne.

MEMORIA ANUAL DO CRAEGA >

O número de afiliados medra dos 656 en 2013 aos 703 en 2014, o que supón un aumento do 5,93 %

tiPo dE ProducióN a coruÑa Lugo ourENsE PoNtEVEdra totais

Acuicultura 15 0 0 27 42

Recolleita de algas 2 0 0 2 4

Comercializador 2 7 3 4 16

Exportador/Importador 1 0 0 2 3

Elaboradores 27 43 23 37 130

Produción animal 27 101 44 13 185

Produción vexetal 66 117 40 100 323

totais 140 268 110 185 703

suPErficiE 2013(ha)

suPErficiE 2014(ha) VariacióN VariacióN

(%)

A CORUÑA 1.620,79 1.112,00 -508,79 -31,39 %

LUGO 6.971,11 7.090,92 119,81 1,72 %

OURENSE 5.979,28 6.016,86 37,58 0,63 %

PONTEVEDRA 1.099,67 1.013,32 -86,35 -7,85 %

totaL gaLicia 15.670,85 15.233,10 -437,75 -2,79 %

Page 6: Revista do Craega 34

6 < CRAEGA

Patricia Ulloa está convencida de que “esta modalidade abre o camiño a novas oportunidades de negocio e se converte nun sector con futuro”

MEMORIA ANUAL DO CRAEGA >

Apoio da Administración autonómica

En relación ao apoio do Goberno autonómico á agricultura ecolóxica, Patricia Ulloa destacou o esforzo que está a facer neste eido a Xunta de Galicia a través de diferentes liñas de axudas. Expuxo que para diversas actividades de pro-moción, información e programas de control de calidade a Xunta incrementou en máis dun 43 % estas axudas ao Craega, pasando dos máis de 132.000 euros destinados en 2013 aos máis de 189.000 de 2014.

Salientou, ademais, as subvencións para os pro-dutores asociados ao Craega que participaron en programas de produción e mellora dos pro-dutos agroalimentarios galegos con calidade

diferenciada, das que se beneficiaron máis de 400 agricultores e gandeiros por un importe de preto de 90.000 euros. A responsable de Produción Agropecuaria tamén sinalou as ache-gas para a agricultura ecolóxica enmarcadas nas axudas agroambientais do Programa de Desen-volvemento Rural (PDR) de Galicia 2007-2013, das que se beneficiaron desde 2009 preto de 950 produtores por importe de preto de 2,5 millóns de euros.

A directora xeral fixo fincapé en que esta acti-vidade supón un valor engadido para as produ-cións da terra de Galicia, xa que lles ofrece aos consumidores un produto natural e de máxima calidade e está convencida de que “esta moda-lidade abre o camiño a novas oportunidades de negocio e convértese nun sector con futuro”.

Page 7: Revista do Craega 34

CRAEGA > 7

O interese polos alimentos ecolóxicos segue en auxe en todo o mundo: unha oferta cada vez maior de produtos, novas canles de distribución e a fideli-

zación dos clientes está a facer que o mercado evolucione moi positivamente na maioría dos países occidentais industrializados, entre eles Alemaña e Estados Unidos, con incrementos próximos ao 10 %. Boa mostra deste crece-mento foi a vixésimo sexta edición da Feira de Alimentos Ecolóxicos Biofach e do Monográfico Internacional de Cosmética Natural Vivaness. Do 11 ao 14 de febreiro o recinto feiral da Nürn-berg Messe volveuse encher de centos de fa-las distintas e de milleiros de cores, sabores e sensacións. Un total de 44.624 visitantes pro-fesionais de 136 países acudiron ata a cidade alemá de Núremberg para participar na principal reunión anual do sector ecolóxico, un 5 % máis que na edición anterior. Foi un dos síntomas da recuperación deste certame, que tamén aumen-tou o número de expositores, un total de 2.344 de 76 países dos cinco continentes, despois de dous anos cunha lixeira baixada, consonte aos momentos máis duros da crise económica.

Organizada pola Federación Internacional de Movementos de Agricultura Orgánica (IFOAM),

a máis representativa do mundo ecolóxico, con presenza en máis dun cento de países, e pola Asociación da Industria Alemá de Alimentos Ecolóxicos, Biofach xa está consolidada no calendario como a gran cita anual para todos aqueles interesados neste tipo de producións. E é que o interese polos alimentos ecolóxicos segue en auxe en todo o mundo, un mercado que xa está a mover máis de 60.000 millóns de euros en transaccións comerciais a nivel global e que pechou o primeiro semestre de 2014 cun saldo positivo internacional de case o 10 %.

A produción ecolóxica, máis coñecida como “or-gánica” nos países anglosaxóns e “biolóxica” ou “bio” por franceses e italianos, é un movemento presente xa en todas as culturas e continentes, e en todos os ámbitos da nosa vida. Máis de 43 millóns de hectáreas no planeta están sen-do cultivadas baixo os criterios da agricultura ecolóxica certificada, ás que habería que en-gadir outros 35 millóns de hectáreas de terras non agrarias en que se practica a recolección salvaxe. Máis de dous millóns de agricultores e gandeiros no planeta están acollidos hoxe a algún selo de certificación ecolóxica, en 164 países dos 198 que hai na terra.

Galicia estivo representada na gran feira de Núremberg a través do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) e de sete empresas expositoras. No stand do Craega luciron os produtos de Porto-Muíños, Daveiga, Mieles Anta, Casa Grande de Xanceda, Aceites Abril e Algamar, que recibiron a visita do secretario xeral de Medio Rural e Montes da Xunta de Galicia, Tomás Fernández-Couto.

Manuel cruzdirector deO Agro-Labranza

Biofach 2015: o sector mundial da alimentación apúntase ao cambio ecolóxico

DE FEIRAS >

foto de familia dos operadores participantes en Núremberg

Page 8: Revista do Craega 34

8 < CRAEGA

En Europa, España é o primeiro país en superfi-cie dedicada á produción ecolóxica, cun millón seiscentas mil hectáreas, e o segundo en nú-mero de produtores, con máis de 30.000. Iso notouse na presenza de 120 empresas espa-ñolas na feira, só superada polo país anfitrión, Alemaña, ademais de Italia e Francia.

Galicia en Biofach

Galicia tamén estivo presente en Biofach a través do Consellor Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) e do Clúster da Alimentación Ecolóxica de Galicia. Este ano par-ticipou cun stand de 50 metros cadrados, no que estaban presentes 6 empresas galegas: Porto-Muíños, Daveiga, Mieles Anta, Casa Gran-de de Xanceda, Aceites Abril e Algamar. Como destacou o presidente do Craega, José Antonio Fernández, “esta feira é para nós a máis impor-tante do sector ecolóxico, na que cremos que debemos estar por tres motivos principalmen-te: un, para darlles apoio ás nosas empresas e que se sintan respaldados nun mercado tan im-portante como Alemaña; tamén para ver todas esas novas iniciativas que xorden de aquí, xa que esta é a feira de referencia, a que che di por onde vai ir nos próximos anos o mundo da produción ecolóxica, e, en terceiro lugar, porque se celebran multitude de foros, conferencias e mesas redondas nas que participan as organi-zacións ás que estamos asociados”.

Localizado ao carón dunha das entradas do pa-villón 5, dedicado ás empresas internacionais, o stand de Galicia amosaba varias fotografías a gran tamaño alusivas á produción ecolóxica en Galicia xunto a un mapa de Europa onde se lo-calizaba a nosa comunidade. De cara ao público, cada unha das seis empresas presentes dispo-ñía dun expositor para os seus produtos e unha mesa para falar cos clientes.

Porto-Muíños foi unha das firmas que repetiron a súa asistencia a Biofach. Esta empresa fami-liar está dedicada á recolección de algas e á súa comercialización en conservas, pastas e outros produtos máis accesibles a un consumidor que en moitos casos aínda non coñece o potencial culinario das chamadas verduras do mar: “No mercado español xa estamos ben introducidos, tanto no sector ecolóxico coma na restauración. Fóra, dependendo do país, hai quen ten máis cultura de consumo de algas, como Francia, e noutros países non. Por iso hai que ensinarlle á xente como traballar coas algas, como elabora-las, e por iso facemos as conservas, porque é moi fácil, é abrilas e tomar as algas como unha verdura máis”, di Bibiana Canosa, responsable de exportación de Porto-Muíños.

Máis habituais para o consumidor de todo o mundo son os biscoitos que elabora Daveiga. Esta empresa radicada en Chantada naceu en 2005 como un proxecto de emprendemen-to: todos os seus promotores estaban traba-llando naquel momento e decidiron deixar as súas ocupacións para emprender un proxecto propio, comprometidos coa economía social e coa sustentabilidade. En Daveiga atoparon no ecolóxico a aposta polo natural e o saudable que buscaban para os seus biscoitos, que xa están a atopar mercados máis aló da nosa te-rra, como sinala Xosé Lois Lamazares, coordi-nador de Daveiga: “Desde o principio tiñamos claro que había que saír de Galicia e de España. Nese senso empezamos xa desde o principio co mercado portugués por ser o máis próximo a nós e despois empezamos a facer prospec-cións noutros mercados, como Centroeuropa, a través da participación en feiras internacionais coma esta. Hoxe estamos traballando en Ingla-terra e a raíz da participación na feira SIAL de París saíronnos unhas oportunidades que posi-blemente frutifiquen”.

DE FEIRAS >

Aínda que de vocación internacional, o feito de que a maior feira ecolóxica do mundo se celebre en Núremberg xustifícase pola importancia que o consumo ecolóxico ten neste país

Porto-Muíños foi unha das firmas que repetiu en Biofach a empresa chantadina daveiga levou á feira as súas tradicionais galletas mariñeiras

Page 9: Revista do Craega 34

CRAEGA > 9

Mieles Anta é na actualidade o principal pro-dutor de mel ecolóxico de Galicia e de toda España. Veteranos na asistencia a esta feira, o mercado exterior supón xa máis do 20 % do seu volume de negocio anual. A gama ecolóxica de Mieles Anta non se limita só ao mel, tamén están a exportar pole, própole e cera, polo que decidiron crear unha liña nova para o mercado exterior, que lles presentaron aos seus clientes nesta edición de Biofach, como indica Pablo Vi-llasenín, responsable de comercio exterior da empresa: “Mieles Anta como proxecto xa está presente no mercado alemán desde os anos 80 coa marca Mel da Anta, pero quixemos aportar un factor diferenciador e cubrir a gran demanda que o mercado alemán ten de produtos ecolóxi-cos, non só de mel, senón doutros produtos. Por iso nesta feira en concreto estamos presentando Toca, un novo proxecto de marca ecolóxica que engloba unha gama completa de produtos apí-colas, directamente da colmea e en ecolóxico”.

Outra das empresas que repetiron asistencia a Biofach foi Casa Grande de Xanceda. Esta granxa, localizada en Mesía, no interior da pro-vincia da Coruña, é na actualidade o segundo maior produtor de leite ecolóxico de España, un leite que transforman en iogures, queixos e outros elaborados. Para eles Biofach é a manei-ra de darse a coñecer no principal mercado de produtos lácteos ecolóxicos de Europa: “Aquí estamos para presentarlle os nosos produtos a un público máis internacional e tamén para afian-zar relacións comerciais con clientes que temos en España, xa que aquí hai moitísima presenza española. Tamén nos serve para ver como está o mercado ecolóxico dos produtos lácteos en Europa, as novas tendencias, novos produtos e presentacións... Algo fundamental para saber

como evolucionará este mercado nos próximos anos”, en palabras de Jessica Rei, responsable de mercadotecnia de Casa Grande de Xanceda.

No stand do Craega tamén estaba presente a empresa ourensá Aceites Abril. Pioneiros na re-cuperación das plantacións de oliveiras en Ga-licia, hoxe en día están a comercializar os seus produtos en máis de 30 países, e a exportación supón xa case unha terceira parte do seu vo-lume de negocio total, segundo Patricia Gonzá-lez, comercial de exportación de Aceites Abril: “Sempre apostamos pola internacionalización, polo que intentamos acudir a todas as feiras de alimentación, nestes momentos eu estou aquí en Alemaña e un compañeiro meu está en Sudáfrica e, pouco a pouco, comezamos a ver os resulta-dos”. Aínda que pequena en proporción, a súa gama ecolóxica axúdaos a abrir novos mercados “porque é un segmento cada vez máis puxante e demandado, sobre todo en países como Alema-ña ou Reino Unido”, sinala Patricia.

DE FEIRAS >

Desde a posta en marcha do Craega, a produción ecolóxica na nosa comunidade non deixou de medrar, pasando das 13,35 hectáreas certificadas en 1997 ás máis de 15.600 de 2013, e de 11 operadores a 703 na actualidade

casa grande de Xanceda é o segundo maior produtor de leite ecolóxico de España

Para aceites abril a exportación supón xa case unha terceira parte do seu volume de negocio total

a gama ecolóxica de Mieles antas exporta, ademais de mel, pole, própole e cera

Page 10: Revista do Craega 34

10 < CRAEGA

A empresa pontevedresa Algamar acudiu por primeira vez a Biofach baixo o amparo do Crae-ga. Fundada en 1996, foron uns dos pioneiros no ámbito europeo na recolección e preparación de algas. Xa estaban presentes no mercado ale-mán, principalmente no sector da macrobiótica, e o seu obxectivo é expandirse ao consumidor convencional de produto ecolóxico, como desta-ca o seu representante en Alemaña, José María Ordeix: “A idea é entrar no consumidor orgáni-co, o que ten conciencia da saúde na alimenta-ción, que en Alemaña é un mercado moi grande. Como se trata dun produto novo que non está na tradición culinaria alemá hai que facer un es-forzo de pioneiros, de falar con maioristas pero tamén co pequeno consumidor. Ou sexa, que é un labor a medio e longo prazo, pero estamos seguros de que nuns anos as algas serán un alimento máis dentro dunha dieta saudable”.

Completaba a presenza galega en Biofach a conserveira Antonio Pérez Lafuente, de Vilano-va de Arousa, que participou cun stand propio no pavillón 7, dentro da zona do selo Demeter. Este organismo certificador de carácter interna-cional está vinculado á denominada “produción biodinámica” e integra 5.000 produtores de 50 países. En palabras de Álvaro Pérez Lafuente, director comercial da conserveira, o 82 % da facturación é o mercado exterior, especialmente Alemaña, onde son líderes no seu segmento: “O paso á produción ecolóxica foi unha maneira de entender o cambio de tendencias do consumi-dor, e tamén de concienciarnos coa sustentabili-dade do mar, apostar por un tipo de pesca arte-sá, explorar novos mercados e atopar un nicho de mercado para unha conserveira como a nosa,

que é unha empresa pequena. Para nós, chegar da man de Demeter foi abrir as portas do mer-cado alemán e, a partir deste, estendernos por toda Europa”.

Ademais dos expositores, outros galegos acu-diron a Biofach en calidade de visitantes, coma os representantes das empresas pontevedresas Hifas da Terra e Bioalacena, ou Caponcito de Vilalba. Por segundo ano consecutivo o secre-tario xeral de Medio Rural e Montes da Xunta de Galicia, Tomás Fernández-Couto, visitou Bio-fach para darlles apoio ás empresas galegas presentes na feira. Fernández-Couto destacou o pulo que a produción ecolóxica está a aca-dar na nosa comunidade: “Hoxe en día temos capacidade de producir en practicamente todos os ámbitos territoriais, o difícil é ser diferentes e saber posicionarse nos mercados. No caso da produción ecolóxica estamos ante un mun-do que non deixa de medrar, estamos a falar de produtos cunha garantía de sanidade xeral, de conservación organoléptica, de producións totalmente respectuosas co benestar animal e coa biodiversidade, que é o que demandan hoxe mercados coma este de Alemaña”.

Desde a posta en marcha do Craega hai 17 anos, a produción ecolóxica na nosa comunida-de non deixou de medrar, pasando das 13,35 hectáreas certificadas en 1997 ás máis de 15.600 de 2013, e de 11 operadores a 703 na actualidade. Máis dun trinta por cento da produción ecolóxica galega vai xa a estes mer-cados internacionais: “Temos que mandarlles unha mensaxe aos produtores galegos para que estean atentos ás promocións que veñen da Ad-ministración e de organizacións coma o Craega, porque é o futuro do mercado. Neste momento practicamente en todo o que sexamos capaces de producir en ecolóxico imos ter un bo merca-do. Debemos facernos máis ecolóxicos desde o punto de vista de producir e de consumir”.

DE FEIRAS >

Desde 2007 celébrase xunto con Biofach o Salón Vivaness, dedicado á cosmética natural. Participaron 203 expositores de 30 países, que presentaron en Núremberg 149 novos produtos de beleza e cosmética

algamar é unha das empresas pioneiras na recolección e preparación de algas

“Pan do Mar” é o nome comercial da conserveira antonio Pérez Lafuente

Page 11: Revista do Craega 34

CRAEGA > 11

DE FEIRAS >

Escaparate do ecolóxico no mundo

Boa parte do mercado destas empresas está en Alemaña. Aínda que de vocación internacional, o feito de que a maior feira ecolóxica do mundo se celebre en Núremberg xustifícase pola im-portancia que o consumo ecolóxico ten neste país. Segundo a Asociación da Industria Alemá de Alimentos Ecolóxicos (BÖLW) en 2014 os fogares alemáns investiron un 4,8 % máis en bebidas e alimentos ecolóxicos que o ano ante-rior e a cifra de negocios ascendeu a preto de 8.000 millóns de euros ao ano, o 10 % de todo o mercado mundial.

As dúas tendencias máis destacadas da Biofach 2015 foron os Free From e a dieta vegana. Free From é o nome que reciben os alimentos sen ovo, glute nin lactosa, cada vez máis deman-dados no comercio tras a nova lexislación eu-ropea sobre declaración de alérxenos. A dieta vegana é a daqueles vexetarianos puros que, ademais de non comer carne nin peixe, tam-pouco consomen produtos lácteos, ovos nin calquera outro alimento de orixe animal. Desta volta Biofach acolleu un salón específico para os produtos veganos, no que participaron 726 fabricantes.

No stand de novidades de Biofach os visitantes puideron dar o seu voto aos 545 produtos que se presentaron este ano aos Best New Products Awards. Entre eles estaba un produto galego, unha salsa chimichurri elaborada a base de al-gas presentada pola empresa Porto-Muíños. Outro dos protagonistas desta edición foi Ho-landa, escollido coma País do Ano. 99 exposi-tores dos Países Baixos amosaron en Biofach o

crecemento que a agricultura ecolóxica está a experimentar neste país, unhas producións en-focadas sobre todo á exportación.

Pero o ecolóxico non se limita só á alimenta-ción... Desde 2007 celébrase xunto con Biofach o Salón Vivaness, dedicado á cosmética natural. Participaron 203 expositores de 30 países, que presentaron en Núremberg 149 novos produ-tos de beleza e cosmética. Cun incremento do 6 % no número de expositores, Vivaness puxo de manifesto o futuro que ten esta liña de pro-dución, que a nivel internacional está a facturar preto de 11.500 millóns de euros.

Xa hai data para a próxima cita do dúo feiral Bio-fach e Vivaness, será do 10 ao 13 de febreiro de 2016 novamente en Núremberg, unha opor-tunidade de negocio que, á vista das cifras que move a agricultura ecolóxica, seguirá a medrar nos próximos anos.

Page 12: Revista do Craega 34

12 < CRAEGA

No mes de marzo celebráronse dous im-portantes eventos gastronómicos de recoñecemento internacional: o 16.º Salón Internacional de Turismo Gas-

tronómico Xantar 2015, que se levou a cabo en Ourense entre os días 4 e 8 de marzo, e o Fórum Gastronómico A Coruña 2015, que se desenvolveu entre os días 15 e 17 de marzo.

A cita ourensá tivo lugar no recinto feiral de Expourense e durante eses días os visitantes puideron escoller entre máis de cen propos-tas gastronómicas, menús, expositores, obra-doiros, catas de viños e cervexas artesás, así como coñecer de preto o país invitado deste ano, Costa Rica. A gastronomía galega estivo presente a través do programa da Consellería do Medio Rural e do Mar coas “Degustacións de produtos do mar maridados con produtos da terra” elaborados por catro cociñeiros per-tencentes aos restaurantes España e Paprica, de Lugo; o Galileo de Ourense, e o Gastro-bar O Birrán, de Ribadavia, que presentaron menús cuxos protagonistas foron os froitos do mar ao abeiro do selo PescadeRías, acom-pañados de produtos ecolóxicos como algas, polo e xeados.

Outra das actividades destacadas foi o showcoo-king da firma ourensá Aceites Abril, que presen-tou unha sorprendente receita consistente nun falso ovo de mirabel con queixo do país e o seu novo aceite Oliveiras Galegas. O xefe de cociña

Os produtos ecolóxicos estiveron presentes nas grandes citas gastronómicas galegas

DE FEIRAS >

Luís Vidal, de SG Tino Iglesias, foi o encargado de dirixir esta orixinal mostra, que contou cun gran número de asistentes.

No marco do Salón celebrouse tamén o III Con-curso de Cociña Xantar Gourmet entre cuxas bases figuraba a de utilizar, como mínimo, dous dos ingredientes dunha ampla listaxe de produ-tos autóctonos coas etiquetas do CRIXP, DOP ou adscritos ao CRDO Agricultura Ecolóxica de Galicia. Na última xornada foron entregados os premios, que, por segundo ano consecuti-vo, gañou Manuel Garea coa receita “Trufa de mar”, na que empregou vieiras de Galicia do selo PescadeRías, bonito, algas, grelos e aceite de oliva ecolóxico.

Page 13: Revista do Craega 34

CRAEGA > 13

DE FEIRAS >

Unha semana máis tarde foi a quenda da cidade herculina, que acolleu no ExpoCoruña o Fórum Gastronómico, no cal se levou a cabo un amplo abano de actividades para o público asistente, entre as que se encontraba novamente o pro-grama de “Degustacións de produtos do mar maridados con produtos da terra” da Consellería do Medio Rural e do Mar, no que prestixiosos co-ciñeiros realizaron catas de suculentas propostas culinarias elaboradas con produtos galegos.

En concreto, o día 16 de marzo o cociñeiro Mar-tín Mantilla, do restaurante monfortino O Grelo, elaborou o prato “Galicia, un mar ecolóxico”, con viños e sidras de produción ecolóxica, que consistiu nunha ensalada de grelos con verdu-ras sobre crema de porros, troita ecolóxica en escabeche e po de remolacha; canelón de cas-tañas ecolóxicas de Galicia con polo ecolóxico ao viño Ribeira Sacra tamén ecolóxico e roxóns, e mais croqueta de queixo Tetilla con marmelo, maruxas de nata e salsa de mazá.

A cata desenvolveuse nun ambiente ameno e co-mezou coa presentación do xefe de servizo da Secretaría do Mar, Ramón Fernández Conchas, de Martín Mantilla e do sommelier Nacho Cos-tolla e nela participaron o secretario do Craega, Javier García Lozano, Ramón Jesús Lamelo Ote-ro, xefe de Área do Servizo de Calidade Alimen-taria, e José Luis Olmedo, de Customdrinks.

Page 14: Revista do Craega 34

14 < CRAEGA

Durante os días 30 e 31 de xaneiro a praza de abastos de Ourense pendu-rou o cartel de mercado ecolóxico a través da iniciativa “Vive o mercado

ecolóxico”. Baixo este lema un total de 13 pro-dutores levaron ata alí os seus produtos para amosar as bondades destes alimentos entre o público asistente.

A cita estivo promovida polo Concello de Ou-rense e a ela acudiu o alcalde da cidade, Agus-tín Fernández, acompañado polos concelleiros José Ángel Vázquez Barquero e Juana Ageitos, así como polo presidente da praza, Emilio Gon-zález, polo vicepresidente do Craega, Albino Fernández Rodríguez, e polo seu secretario, Javier García Lozano, quen na súa intervención para os medios de comunicación explicou que o obxectivo desta iniciativa é facerlle chegar á cidadanía as vantaxes dos produtos ecolóxicos. Ademais, resaltou que o sector está medran-do, como o demostra o incremento da factura-ción nos últimos anos, polo que considera que estamos ante un mercado incipiente grazas á concienciación dos cidadáns. En canto ás cifras económicas, apuntou que en 2013 se factura-ron 26 millóns de euros e que esperaban supe-rar en 2014 os 30 millóns, aumento que tamén se observa na cifra de produtores ecolóxicos, que pasou de 656 a 703.

DE FEIRAS >

PRODUTORES PARTICIPANTES

•  Aceites Abril•  Casa Grande de Xanceda•  Caurelor•  Conservas do Támega•  Coren•  Customdrinks•  Daiquí•  Diego de Lemos•  Ecoleia•  Ecosetalia•  Mar de Ardora•  Pecado de Outono•  Verín Biocoop

A praza de abastos de Ourense aposta polo mercado ecolóxico

Page 15: Revista do Craega 34

CRAEGA > 15

Os días 29 e 30 de xaneiro tivo lugar no concello de Dodro a xornada titulada “Emprender baixo a fórmula

cooperativa. Agricultura ecolóxica”, que se enmarca no programa de actuación 2015 da Rede Eusumo, unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social. Entre os participantes estivo Antonio Eduardo Pérez, responsable de Calida-de do Craega, quen interveu o venres día 30 cunha charla sobre a “Normativa da Agricultura Ecolóxica”.

Durante os días 6 e 7 de febreiro desenvolveuse na Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior de Lugo o Se-minario “O manexo do solo e a fertilidade en agricultu-ra ecolóxica”, un espazo de debate no que interviñeron,

entre outros, o secretario técnico do Consello, Ernesto Sánchez Salgado, quen se encargou de inaugurar a xornada do sábado co relatorio “Regulamento de AE e fertilizantes”.

O Seminario, que foi organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), Ibader, Sociedad Española de Agricultura Eco-lógica (SEAE), Deputación de Lugo e Consello Regulador da Agri-cultura Ecolóxica de Galicia (Craega), estivo dirixido principalmente a técnicos e profesionais do sector.

Xornada en Dodro sobre agriculturaecolóxica

Craega participa no Seminario sobre o manexo do solo e a fertilidade

FORMACIÓN >

Page 16: Revista do Craega 34

16 < CRAEGA

FORMACIÓN >

Asala Feiraco de Fonteboa de Coristanco acolleu o xoves 19 de febreiro unha Xornada de Horticultura, organiza-da polo GDR Bergantiños coa colaboración do Centro de Promoción Rural-EFA. O evento tivo lugar en horario de

tarde e nel déronse cita diversos profesionais do sector, que pre-sentaron proxectos relacionados coa horticultura. O primeiro dos relatores foi Pablo López Calviño, xerente do Viveiro As Angustias (Betanzos), quen presentou un proxecto participante no Programa de Apoio ao Emprendemento Agroalimentario da Fundación Juana de Vega. A súa charla deu paso á do director técnico do Craega, Ernesto Sánchez Salgado, quen falou sobre a “Produción hortícola en ecolóxico”. A xornada deu remate coa constitución dun Grupo de Estudo e Desenvolvemento Agrario (GEDA).

Odía 9 de febreiro o secretario do Craega, Javier García Lozano, achegouse ao colexio CEIP Novo de Monforte de Lemos para im-

partir unha charla ante o alumnado do co-lexio con idades comprendidas entre 6 e 9 anos, divididos en 2 grupos, de infantil e

primaria. Os pequenos asistentes puideron desfrutar dun sinxelo vídeo sobre a produ-ción ecolóxica e, tras o visionado, levouse a cabo unha batería de preguntas para ob-servar o nivel de comprensión acadado por parte dos cativos.

Un mes máis tarde, García Lozano despra-zouse ata a parroquia lucense de Castro de Ribeiras de Lea (Castro de Rei) para dar unha conferencia ante un grupo de case corenta alumnos do Ciclo Superior de Paisaxismo e Medio Rural e do Ciclo Superior de Xestión Forestal e Conservación do Medio Natural do IES José Trapero Pardo.

O representante do Craega abordou temas sobre o proceso de inscrición e transforma-ción de explotacións e cultivos ao sistema ecolóxico, así como sobre o proceso de control e certifi cación. A actividade estivo organizada polo profesor do centro Nilo Carballal Vázquez.

Debate sobre horticultura en Coristanco

O Craega ofrece charlas didácticas en diversos centros de Galicia sobre agricultura ecolóxica

Coristanco Xoves 19 de febreiro de 2015

Organiza: GDR BERGANTIÑOSColabora: Centro de Promoción Rural - EFA FonteboaLugar: Sala Feiraco (Fonteboa)Inscrición: 981 733 051 (Fonteboa) 981 707 377 (AD Bergantiños)

16.15 Presentación da Xornada

16.30 Experiencia de emprendemento empresarial en horticulturaD. Pablo López Calviño, xerente do Viveiro AsAngustias de Betanzos, especializado na produ-ción de variedades autóctonas para horta.(Proxecto participante no Programa de Apoio aoEmprendemento Agroalimentario da FundaciónJuana de Vega)

17.15 Produción hortícola en ecolóxicoD. Ernesto Sánchez Salgado, Director Técnico do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).

18.00 Pausa e Café

18.15 Constitución dun GEDA (Grupo de estudo e desenvolvemento agrario), no que participen horticultores locais interesados en buscar solucións a problemas técnicos, organizativos e de comercialización nas súas explotación hortícolas.

18.45 Remate.

Page 17: Revista do Craega 34

CRAEGA > 17

A Consellería do Medio Rural e do Mar está convencida de que o sector agroalimentario de Galicia ten que seguir apostando por producións de calidade e ta-mén respectuosas co medio ambiente, que cada vez

son máis demandadas polos consumidores galegos, españois e europeos. Nese marco, no Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, en fase de aprobación pola Comisión Europea, prevese un importante apoio á agri-cultura ecolóxica a través dunhas axudas específicas para ela.

Estas axudas á agricultura ecolóxica xa se poderán solicitar este ano dentro da solicitude única da PAC e serán xestiona-das a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) e das propias oficinas agrarias comarcais (OAC).

Para acceder a estas axudas deberanse cumprir os requisitos e compromisos que se indican deseguido:

Requisitos

1. Ser titular dunha explotación agraria inscrita no corres-pondente rexistro (REGA/Reaga).

2. Reunir as condicións de agricultor activo recollidas no ar-tigo 8 do Real Decreto 1075/2014, de aplicación dos pagos directos á agricultura e á gandería e outros réximes de axuda e de desenvolvemento rural.

3. Recibir un servizo de aconsellamento específico dunha entidade de inscrita no Resaxega.

Compromisos que se han de respectar

1. Empregar as técnicas de produción ecolóxica establecidas no Regulamento (CE) 834/2007 e demais normativa de aplicación.

2. Estar inscrito no correspondente rexistro de operadores de agricultura ecolóxica.

3. Manter as parcelas e a superficie comprometida duran-te os anos que dure o compromiso. Porén, o número de hectáreas poderá reducirse, como máximo, nun 10 % da superficie suxeita a este no seu inicio, sempre e cando non se vexa comprometido o seu logro.

4. As explotacións de gandería ecolóxica deberán manter unha carga gandeira maior de 0,7 UGM/ha e menor de 2 UGM/ha.

5. No caso da apicultura ecolóxica manteranse durante os anos que dura o compromiso as colmeas comprometidas que, como mínimo, serán 80. Se se dispón de varias alva-rizas, a distancia entre as alvarizas primables do mesmo beneficiario será, polo menos, de 1 km.

6. Manter o caderno de explotación esixido en agricultura ecolóxica para os efectos do control das producións.

Medio Rural anuncia axudaspara a agricultura ecolóxica

ACTUALIDADE DO SECTOR >

Duración dos compromisos

1. Os compromisos contraeranse por un período de 5 anos.

2. Durante ese período non será posible aumentar as unida-des comprometidas (hectáreas ou colmeas).

3. Cada ano deberase presentar unha solicitude de pago dentro da Solicitude Única de axudas.

Importe das axudas

En función do tipo de cultivo e da fase na que se atope a ex-plotación (conversión ou mantemento) existirán as seguintes axudas unitarias:

Para os efectos destas axudas non serán indemnizables:

a) As superficies de usos en común, entendendo como tales aquelas nas que se faga un aproveitamento conxunto por varios produtores.

b) As superficies de interese ecolóxico indicadas no artigo 24.2 do RD 1075/2014 (barbeitos e cultivos fixadores de nitróxeno).

Por último, para calquera outra información poderá dirixir-se aos propios servizos do Fogga, ás OAC, ás entidades de aconsellamento e ao Craega.

agricultura ecolóxica

tiPo dE cuLtiVo conversión€/ha

Mantemento€/ha

Cultivos herbáceos 245 213

Froiteiras (pebida e óso) 385 335

Outras froiteiras (castiñeiro etc.) 165 143

Hortícolas aire libre 469 408

Hortícolas baixo 600 560

Viñedo para vinificación 897 780

gandería ecolóxica

tiPo dE cuLtiVo conversión€/ha

Mantemento€/ha

Prados e cultivos forraxeiros 331 288

Pastos arbustivos e pastos con arboredo

99 86

apicultura ecolóxica

tiPo dE cuLtiVo conversión€/colmea

Mantemento€/colmea

Colmea 35 30

Page 18: Revista do Craega 34

18 < CRAEGA

*Contenidos y publicidad con enlaces a páginas web

Existe en versíon papel y versión digital interactiva*

¡Infórmate! www.revista-ae.es • tel: 961 26 71 22Existe en versíon papel y versión digital interactiva

Revista de divulgación Técnica de Agricultura y Ganadería Ecológica

Os patóxenos asociados á produtivi-dade en gando bovino son a orixe das enfermidades máis comúns de ámbito mundial e están vinculados

ao propio sistema produtivo. Son de moi di-fícil erradicación e son os máis importantes polas perdas económicas que provocan na in-dustria láctea, debido á suma de tratamentos, perdas de produción, sacrificio de exempla-res afectados, cambios na calidade do leite, risco de contraer outras doenzas e custo de servizos veterinarios, do diagnóstico, inves-timento para renovar a explotación tras un episodio infeccioso etc.

A única solución é preventiva: a súa detec-ción precoz antes de que existan signos clíni-cos, separar inmediatamente os animais afec-tados e tratalos se é posible, pero necesita o deseño de novos programas e estratexias para unha prevención real nas granxas.

A solución sería o biochip formato LOC que:

•  facilite resultados concluíntes en horas.

•   inclúa as especies de patóxenos de signifi-cación epidemiolóxica.

•   mellore  a  sensibilidade,  especificidade  e fiabilidade das técnicas actuais de diag-nóstico e permita unha análise simultánea de todos os microorganismos dianas de risco, menor esixencia de recursos, sen persoal cualificado, in situ e en tempo real e a un custo axustado.

•   sexa  válido  para  diferentes  matrices  (leite, penso, soro, sangue ou mostras ambientais).

Este biochip será desenvolvido pola empresa Biodiagsan SL, en cooperación internacional con centros tecnolóxicos, universidades e empresas do sector agropecuario. O dispo-sitivo combina a tecnoloxía Microarray LDR cun biochip de ADN de cámara múltiple, cuxo deseño permitirá a redución do tempo de

ACTUALIDADE DO SECTOR >

alerta, redundará nun aumento da produtividade mediante actividades asociadas a calidade, se-guridade e trazabilidade dos produtos lácteos, co consecuente aumento da rendibilidade das explotacións e mellora de calidade de vida da cabana gandeira (non só bovina). Para obter máis información pódese contactar no correo electrónico [email protected].

O biochip de Biodiagsan diagnosticará patóxenos asociados á produción do gando bovino

Page 19: Revista do Craega 34

Taboleiro de anuncios

Sección gratuíta para os inscritosPara publicar os anuncios enviar a solicitude a [email protected]

Repartimos caixas de verduras ecolóxicas a

domicilio en Santiago de Compostela e concellos

limítrofes (Vedra, Boqueixón, Teo, Ames e Brión)

Finca de horta en Vedra inscrita no Craega

[email protected]

Sección gratuíta para os inscritos

Repartimos cestas personalizadas de verdura e froita

no concello de Lugo, que se poden complementar con

produtos biodinámicos ou ecolóxicos certificados

A Panturreira, A Pontenova (Lugo)

Isabel Zaera Dolz: 637 849 641

[email protected]

granjashambhalla.com

650 343 777

Servimos pedidos de carne ecolóxica de tenreira envasada ao baleiro

Carnicería Carballada (Sarria, Lugo)982 886 225

[email protected]

Recibimos visitas guiadas de escolares e grupos na nosa

explotación ecolóxica de Rubia GalegaPazo de Sabadelle (Chantada, Lugo)

650 343 777

Venda de carne de vacún de produción ecolóxica de raza Limusin; véndense canais e medias canais, tamén se fai o despece segundo o desexe o cliente e pódeselle poñer no domicilio en transporte frigorífico para non romper a cadea de frío.

Vicente Prieto Ledo609 864 738

[email protected]

Granxa certificada de carne de vacún, ovino e porco celta en varios pesos. Posibilidade de servir en despeces en distintos formatos.Granxas de Lousada SC657 103 467

[email protected]

Viveiro de plantel hortícola ecolóxico.

Facemos plantel por encarga

Biohorta

981 483 312 / 669 690 212

[email protected]

Venda de Porco Celta en ecolóxico. Leitóns

para criar ou para consumir. Posibilidade

de engorde dos porcos por encarga

Elisa e Camilo: 676 666 157

Véndese ou alúgase finca de 10.700 m2 de produción de froita ecolóxica con 700 árbores. Venda de froita asegurada. Casa de pedra para restaurar, situada nun lugar privilexiado na ribeira do MiñoCésar García Alonso: 670 852 [email protected]

Sección gratuíta para os inscritos

Viveiro de plantel hortícola en ecolóxico. Temos plantas en stock e recollemos encargas. Sementes convencionais e tradicionais certificadas Feitoría Verde698 164 249 / 698 161 [email protected]://feitoriaverde.wordpress.com

Realizamos plantón hortícola en ecolóxico.

Asesoramento con cursos de hortofruticultura

e cultivos de invernadoiro

Semilleros Penateixa

636 060 286 / 693 654 130

[email protected]

semillerospenateixa.blogspot.com

Realízanse sacrificios ecolóxicos.Matadoiro Comarcal de SarriaSan Xulián da Veiga, 27614Luís López: 982 531 273

Descontos do 20 % nas tarifas de aloxamento en Ecoagroturismo Arqueixal para inscritos no CraegaAlbá (Palas de Rei, Lugo) 982 380 251 / 629 176 [email protected] / www.arqueixal.com

Véndense fabas ecolóxicas de

Lourenzá, a granel ou envasadas

Mª Josefa Leitón Ramallal

648 705 100 / 982 146 006

Page 20: Revista do Craega 34

20 < CRAEGA

Logotipo europeo para os alimentos ecolóxicos

FEADEREuropa inviste no Rural

ministeriode agricultura, alimentacióny medio ambiente

gobiernode españa

Impr

eso

en p

apel

rec

icla

doM

aine

Glo

ss G

reen