revista eroski club mayo 2015 gal

54
1 #03 maio’15 1 EURO Propostas exquisitas e moi saudables coa anchoa do Cantábrico de EROSKI Está ben boa ANCHOA www.eroski.es AFORRA CON EROSKI Moito gusto, pouco orzamento PROTAGONISTAS Descubre a nosa gama de cervexas Aurum

Upload: eroski

Post on 21-Jul-2016

245 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

 

TRANSCRIPT

Page 1: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

1

#03 maio’15

1 EURO

Propostas exquisitas e moi saudables coa anchoa do Cantábrico de EROSKI

Está ben boa

ANCHOA

www.eroski.es

AFORRA CON EROSKI

Moito gusto, pouco orzamento

PROTAGONISTAS

Descubre a nosa gama de cervexas Aurum

Page 2: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

Eroski club en INTERNET!! Rexístrate en www.eroski.es e descubre aínda máis vantaxes. Poderás consultar o teu saldo de euros na tarxeta, o teu saldo de puntos Travel Club, todos os teus aforros por ser socio, activar vales de desconto, ver os teus datos, as túas compras e tamén o teu espazo para participar en accións que poñemos en marcha. Agardámoste!

Page 3: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

Eroski club é o novo modo de relacionármonos contigo:

xa non es un cliente, es un socio!

PREZO SOCIOGozarás de centos de produtos a mellores prezos.

CONSIGUE AS VANTAXES DE TRAVEL CLUBConsigue puntos e trócaos por fantásticas viaxes e agasallos.

DESCONTOS PERSONALIZADOSCos teus vales de desconto seguirás aforrando, aprovéitaos.

SÓ PARA SOCIOSTerás acceso a ofertas exclusivas só para ti, e acumularás os cartos na túa tarxeta para descontalos nas seguintes compras.

* Vantaxes válidas en todos os hipermercados, supermercados e gasolineiras da marca EROSKI que estean adheridos a Eroski club. Consulta a lista de centros adheridos en www.eroski.es/tiendasclub.

Benvido a Eroski club

Page 4: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

¿La tienes?¡Ya tienes Vacaciones!Canjea el saldo de tu Tarjeta EROSKI club en tus vacaciones y te devolvemos hasta

400€SÓLO HASTA

EL 25 DE MAYO

Consultar condicións e produtos da promoción.

Tela?Xa tes vacacións!Troca o saldo da túa Tarxeta EROSKI club nas túas vacacións e devolvémosche ata

400€SÓ ATA O

25 DE MAIO

Consultar condiciones y productos de la promoción.

Page 5: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

¿La tienes?¡Ya tienes Vacaciones!Canjea el saldo de tu Tarjeta EROSKI club en tus vacaciones y te devolvemos hasta

400€SÓLO HASTA

EL 25 DE MAYO

Consultar condicións e produtos da promoción.

Tela?Xa tes vacacións!Troca o saldo da túa Tarxeta EROSKI club nas túas vacacións e devolvémosche ata

400€SÓ ATA O

25 DE MAIO

Consultar condiciones y productos de la promoción.

Page 6: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

6

maio‘15

A índa que cho pareza, a revista que tes entre as mans non é rectangular. Non, non é que

perderamos a vista (nin a cabeza) no seu proceso de elaboración: é que nos quedou redonda! Por primeira vez, e esperamos que se repita nos vindeiros meses, vaste poder beneficiar do aforro que che ofrecemos a través de dez vales desconto que atoparás nas páxinas finais da revista. Non esquezas recortalos e levalos xunto coa lista da compra na túa seguinte visita ás nosas tendas.

A información que atoparás ao longo destas páxinas é de dez tamén. Contámosche en primicia o lanzamento de varios produtos. Queres un adianto? Os novos cueiros EROSKI Bebé inmotion con axuste perfecto

“Por primeira vez, vaste poder beneficiar de dez vales desconto que atoparás nas páxinas finais da revista”

Edición #03 maio‘15Arantza Campos — Responsable eroski club

Redonda, redondamesmo en movemento, toda unha innovación que completa a nosa gama de cueiros.

Ademais, presentámosche as últimas fichaxes de Aurum, a gama de cervexas de EROSKI, para que as probes e brindes con elas. E coma sempre, achegámosche máis de dez receitas coas que gozarás dos produtos EROSKI na túa cociña. Non perdas as que elaboramos coa nosa anchoa do Cantábrico... As imaxes falan soas! Como ves, unha revista redonda, redonda. Non penses que é falta de modestia: é cuestión de traballo e optimismo.

Nace Eroski club Descubre as vantaxes de ser socio

Achégate a unha das nosas tendas e faite socio ou, se o prefires, rexístrate en

www.eroski.es e descubre todas as vantaxes

EDITOREROSKI S. COOP.

Barrio San Agustín s/n48230 Elorrio (Bizkaia)

Tel: +34 946 211 211

REAlIzACIóN EDICIóN

Carrer Parlament, 2908015 Barcelona

Tel: +34 935 216 920www.loftworks.es

Difusión controlada por OJD

Publicidade loft Works/NAT, Sl Roger Aguadé Tel. +34 934 263 020 [email protected]

Imprenta MCC Graphics Pol. Ind. Txirrita Maleo Pab 11 20100 Errenteria (Gipuzkoa)

Tel: +34 943 344 614

Depósito Legal BI-243-2015

Prohibida a reprodución total ou parcial de textos ou de fotografías sen a

autorización expresa da empresa editora.

A revista Eroski club – As vantaxes de ser socio non se fai responsable das

opinións dos seus colaboradores nin das mensaxes publicitarias de empresas

públicas ou privadas.

Page 7: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

015_AAFFAn_Eroski_MasasPizzas_Buitoni.TR.pdf 1 27/04/15 19:23

Page 8: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

8

10 para abrir bocaActualidade e novidades.

12 é tempo de...A anchoa do Cantábrico: un peixe azul moi nutritivo.

18 protagonistas EROSKICalquera motivo é sempre bo para gozar dunha cervexa. Tomamos unha Aurum?

20 aforra con eroskiMoito gusto, pouco orzamento

24 pola túa saúdeCon este test poderás saber se a túa dieta inclúe demasiados azucres, graxas e sal. Atréveste?

30 na tenda contigoSalmón afumado EROSKI: gustoso, aromático e listo para servir.

32 de aquí e de acoláÁ rica Alcachofa de Tudela, versátil e deliciosa en fresco ou en conserva. Estas receitas non as perdas.

36 enerxía para medrarA froita con diversión sabe mellor. Estas suculentas receitas con cereixas demóstrano.

40 belezaDescubrímosche as mellores alternativas para combater e previr a suor.

44 o escaparateA proba de cus inquedos.Presentámosche os novos cueiros EROSKI Bebé. Descúbreos!

47 vales desconto Eroski club

Axudámoste a aforrar cos nosos vales desconto.

50 noticias corporativasO noso día a día: estudos, noticias e actos solidarios.

36

12

30

18

24

20

SALIENTAMOSNESTA EDICIÓN

E eu, como ben?Invitámoste a comprobar cun test se a túa alimentación contén un exceso dos nutrientes “conflitivos”: demasiados azucres, moito sal ou graxas saturadas en exceso. Descúbreo!. Páx. 24

Adeus, suorQueres a mellor protección para combater e previr a suor durante 24 horas e do xeito máis natural? Nestas páxinas dámosche unhas alternativas. Páx. 40

sumariomaio’15

Vales desconto Eroski clubAgora as túas compras van ser moito máis económicas grazas aos vales desconto de Eroski club. Ofertas e promocións exclusivas para os nosos socios. Valo perder? Páx. 47

A dispoñibilidade dos produtos pode variar dun establecemento a outro. Consúltao na túa tenda habitual.

Page 9: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

a*C

a*C

a*C

aC

a*C

a*C*C

féféfFo

rFo

roFor

For

FoFoota

ltaa

ltat

eza

eza

eza

eza

ezee-rere-r-

inkin

kin

kin

kin

aaahahahhrreerre

nnnannm

anm

anm

am

ikkkikik

ikikiiiiez

ez

ez

ez

ezzez

due

due

due

due

due

due

duudn

kn

kn

kn

kn

kn

onp

onp

onp

onpnonoai

nai

ninninaiiaiaiaiaiaiaiaaiaia

ataatatatbaababbooooo

eko

eko

eko

eko

eko

ekoo

ma

ma

ma

mrk

ark

ark

ark

ark

....

Cápsulas

“Me gusta por su intenso sabor”Jaime Cantizano

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

AAFF EROSKI cantizano DESPERTAR CASTELLANO marzo2015.ai 2 17/4/15 13:51

Page 10: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

para abrir boca

10

Un croissant, madalena ou pan de leite san e baixo en calorías? Pero iso existe? Existe, si. Así é a bolería EROSKI Sannia, a alternativa perfecta para un

almorzo ou refrixerio lixeiro. Amais do pan de leite e do croissant, a madalena EROSKI Sannia é a máis recente novidade nesta gama: ten de forma xenérica un 60 % menos de azucre e un 35 % menos de graxa ca outras madalenas EROSKI. Están elaboradas con aceite de xirasol e son tamén fonte de fibra. Que non falten na túa seguinte lista da compra!

novidades

Umm... bolería EROSKI Sannia

o dato

Plátano, cantas calorías tes?

Son unha froita de gran valor nutritivo. Proporciono

interesantes cantidades de hidratos de carbono, magnesio e potasio, de aí que sexa tan apreciada polos deportistas. Tamén son a favorita dos nenos, xa que –aínda que estea mal que eu o diga– son rica, doce e boa de pelar. Así e todo, no momento de facer dieta son un dos alimentos que primeiro desaparezo da cociña. Teño mala sona. Só conteño entre 55 e 110 calorías, en función do meu tamaño e peso. As mesmas ca unha mazá.

lanzamento

Os batidos infantís, de estrea

R enovarse ou morrer. A premisa tamén impera no mundo da distribución. Por iso, a miúdo, a imaxe dos nosos produtos cambia, modernízase, adecúase ás novas tendencias... E

se ademais o novo look vén acompañado por unha mellora na súa receita, que máis se pode pedir? Os novos batidos de cacao,

amorodo e vainilla de EROSKI son un claro exemplo. A súa imaxe é nova e a súa fórmula enriqueceuse: agora inclúen vitaminas A, D e E. O seu contido en graxa é baixo e non teñen glute. Probáchelos xa?

Batido de cacao EROSKI (6x200 ml).

Page 11: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

11as vantaxes de ser socio

novos

Snacks con moito sabor

produto

Entre queixiños anda o xogo

Sempre é un bo momento para facer unha pequena pausa,

descansar, tomar aire... e gozar dos novos froitos secos con sabor de EROSKI: millo tenro con sabor barbacoa, pipas de xirasol tamén con sabor barbacoa ou calquera dos mix (na súa versión picante ou barbacoa). Se os probas, vas repetir.

P equenos en forma pero grandes en sabor. Quen non botou man deles ao

facer unha bechamel ou unha crema de verduras? En EROSKI, temos queixiños para todos; os EROSKI basic (24 porcións), cunha moi boa relación calidade-prezo; os de Sannia (16 porcións), cun 84% menos de graxa, e, como novidade, os EROSKI (16 porcións), con vitaminas e calcio.

Gama de leites EROSKI (enteiro, semidesnatado e desnatado) 1 litro.

estudo

Máis vantaxes da dieta mediterránea

A alimentación ten un efecto considerable no cambio climático.

En EE.UU., un dos países con maior pegada de carbono, os alimentos son responsables de polo menos o 20% das súas emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI). Diversos expertos salientan a importancia de asumir dietas baixas en carbono, porque non todos os alimentos teñen o mesmo impacto ambiental. A dieta mediterránea encaixaría neste obxectivo, segundo se desprende dun estudo científico publicado recentemente no Journal of Health Services Research & Policy por un equipo de investigadores do Complexo Hospitalario Universitario de Huelva, da Universidade Jaume I de Castellón e da Universidade de Huelva.

produto

Moooito leite

E streamos nova imaxe para o teu leite de sempre, o de EROSKI.

As cores mantéñense: azul para o enteiro, verde para o semidesnatado e rosa para o desnatado. E como novidade, unha simpática vaca no frontal de cada envase que te invita a consumir mooooito leite. Por suposto, hai algo que non cambia: a calidade dos nosos leites. Contan co selo PLS, que certifica a orixe española do leite e dos derivados lácteos e mais que foi contratado nunhas condicións que garanten a sostibilidade económica do sector lácteo español.

de tempada

Maio: verduras de todas as cores

Benvido, maio! Tes as hortas cheas! Neste mes recollerase boa parte das verduras que máis consumimos

e, polo tanto, están no seu mellor momento. Allo, cabaciña, tomate, cebola, leituga, cogombro ou feixón

verde son algunhas das verduras de tempada durante este mes. Lembra que atender ao calendario e comprar as verduras de tempada é unha das mellores maneiras de se alimentar dun xeito san e económico.

Page 12: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

12

Con todos vostedes, unha das iconas gastronómicas da cociña española: a anchoa do Cantábrico. Bocareu, anchoa ou bocarte. Calquera dos seus

nomes vale para presentar este pequeno peixe azul, grande polas súas múltiples propiedades nutricionais.

Á rica anchoa do Cantábrico

é tempo de...

Page 13: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

13as vantaxes de ser socio

AnchoAs en vinAgretA

IngredIentes

• 400 g de anchoas• 300 ml de aceite de oliva• 200 ml de vinagre

de mazá EROSKI• 2 dentes de allo• Perexil• Un chisco de sal

COMO se eLABOrA

l Quitámoslles a cabeza, as tripas e mais a espiña ás anchoas. Dividímolas en dous lombos e quitámoslles a cola. Lavámolas, salgámolas e colocámolas nun bote ou recipiente con tapa. Poñemos o aceite, o vinagre, os allos e o perexil picado e mesturamos.

4 fácil 10-15’ + mariñado

Azul prata brillante e coa carne dura e firme. Así se recoñece unha boa anchoa fresca. Antes de poñelas á venda, en EROSKI contrólase a súa frescura e que se manipulara nas condicións adecuadas dende a súa pesca -sempre de xeito

sostible- ata o punto de venda. Durante a tempada da anchoa do Cantábrico, nos meses de abril e maio aproximadamente, abastecémonos das lonxas con maiores desembarcos de Cantabria e do País Vasco. Fundamentalmente, Santoña, Bermeo,

Getaria e Hondarribia, pero sen descoidarmos outras con menores volumes pero calidade ben boa. Cando a campaña do Cantábrico conclúe, abastecémonos de lonxas do Mediterráneo e do sur. Todas son lonxas de gran tradición e calidade.

A anchoa en erOsKI, ben boa

l Imos poñendo as anchoas en capas procurando que cada capa quede cuberta pola vinagreta. Se logo de poñer todas as anchoas non quedan cubertas coa mariñada, engadimos algo máis de aceite e de vinagre.

l Poñemos a tapa e reservamos ata consumir. Debemos manter durante 24 horas como mínimo na mariñada. Consérvase ben varios días. Mellor na neveira.

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

calorías

5%

936%

4,4gGraXa

8%

0,5gsal

0%

0,3gaZUcrEs

6%

1,2g

GraXasatUrada

0,87 €por

persoa

Page 14: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

é tempo de...

14

ensALADA De AnchoAs FrescAs con sALMÓn AFUMADo

IngredIentes

• 400 g de anchoas• 200 ml de vinagre de viño

branco ou de mazá• Aceite de oliva• 1 bolsa de leitugas

variadas• 150 g de salmón afumado

EROSKI SeleQtia

4 fácil < 5 + mariñado

esPAgUetes con sALsA De AnchoAs

IngredIentes

• 1 dente de allo• Unhas follas de alfábega• 6 tomates• 65 g de anchoas en aceite

(8 unidades)• 400 g de espaguetes

ao ovo EROSKI• 40 ml de aceite de oliva

COMO se eLABOrA

l Pelamos o dente de allo e picámolo. Lavamos as follas de alfábega e picámolas tamén. Escaldamos os tomates en auga fervendo uns minutos, estonámolos e cortámolos en dados.

l Retiramos as posibles espiñas das anchoas e partímolas.

l Quentamos un pouco de aceite nunha tixola e fritimos o allo sen que se doure. Engadimos as anchoas e fritímolas durante un momentiño ata que se desfagan. Engadimos o tomate e mesturamos o conxunto na tixola. Fritimos a lume lento uns 10-15 minutos. Engadimos a alfábega picada no último momento.

l Cocemos os espaguetes nunha pota con auga fervendo cun pouco de sal ata que estean ao dente. Escorremos ben a pasta, poñémola nunha fonte para servir ou nos pratos e engadimos a salsa de anchoas por riba.

4 fácil 20’-30’

Para a vinagreta• 80 ml de aceite de oliva• 30 ml de vinagre• 10 g de maionesa

EROSKI basic• Un chisco de sal

COMO se eLABOrA

l Limpamos as anchoas, quitándolles a cabeza e mais a espiña central. Separámolas en lombos e introducímolas nun recipiente co vinagre. Deixámolas 2 horas na neveira.

l Así que se tornen brancas no vinagre, escorrémolas e poñémolas nun recipiente con aceite ata cubrilas. Agregamos un pouco do vinagre da mariñada.

l Lavamos as leitugas e, xusto ao ilas servir, aliñámolas cunha vinagreta elaborada con aceite de oliva, vinagre, sal e unha cullerada de maionesa.

l Dispoñemos as leitugas variadas na base do prato e colocamos enriba o salmón afumado e mais as anchoas en aceite. Esparexemos un chisco de perexil ou coandro picado e servimos.

sUXestIÓn

Para lle dar un toque de cor e sabor á ensalada pódenselle engadir uns tomatiños cherry partidos pola metade.

2,43 €por

persoa

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

calorías

18%

34235%

20gGraXa

20%

1gsal

0%

0,3gaZUcrEs

26%

5g

GraXasatUrada

Page 15: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

15as vantaxes de ser socio

0,69 €por

persoa

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

calorías

23%

4506%

3,7gGraXa

11%

1gsal

11%

10gaZUcrEs

2%

0,4g

GraXasatUrada

Page 16: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

16

é tempo de...

AnchoAs recheAs De PiQUiLLo

IngredIentes

• 800 g de anchoas• 1 dente de allo• 90 g de pementos do piquillo

ao allo EROSKI• 10 g de fariña EROSKI• 1 ovo• 10 ml de aceite de oliva• Un chisco de sal

Bocados de saúdeComer anchoas é

elixir saúde. Consumir peixe azul prevén as enfermidades cardiovasculares. Os ácidos graxos

omega 3, abundantes na súa graxa, reducen

os niveis de presión arterial, a taxa de

colesterol total e de colesterol LDL (malo).

RECEITA PASO A PASO

4 media 20-30’

1

3

2

4

l Abrimos as anchoas, descabezámolas e quitámoslles as espiñas con coidado. A continuación, salgámolas, unha a unha, e reservámolas nun prato.

l Poñemos unha tiriña de pemento do piquillo no interior da anchoa e pechámola. Pasamos o conxunto de anchoas e pemento por fariña e ovo por ambas as dúas caras.

l Nunha pota, quentamos unhas culleradas de aceite co dente de allo finamente picado, e cando este comece a tomar cor, engadimos os pementos. Cociñamos a lume lento, remexendo de vez en cando, pero con tino para non rompelos. Unha vez cociñados (de 15 a 30 minutos), cortámolos en tiras finas.

l Fritimos as anchoas en aceite abundante moi quente durante 2 minutos por cada lado e ímolas colocando sobre papel absorbente para que solten o exceso de aceite. De o desexarmos, servimos as anchoas con ensalada.

Page 17: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

17as vantaxes de ser socio

1,24 €por

persoa

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

calorías

11%

21715%

11gGraXa

10%

1gsal

1%

1,2gaZUcrEs

14%

3g

GraXasatUrada

Page 18: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

18

protagonistas eroski

A nosa gama de cervexas

Tomamos unha Aurum?Para a hora do aperitivo, para acompañar a comida, para se refrescar, para celebrar o remate da xornada laboral... Calquera motivo é sempre bo para gozar dunha das nosas Aurum. Descubre a gama de cervexas especiais e internacionais, elaboradas de xeito tradicional: a cervexa torrada e a extra son as dúas últimas fichaxes. Saúde!

sabías que... amais das especiais e internacionais, hai

máis cervexas aurum? rubias, 0,0, con sabor limón, en lata, botella,

paquetes... brinda con elas

auruM eXTra

Como é: de cor ouro vello e reflexos avermellados; a

súa graduación é superior. Ten un aroma intenso,

marcado polo malteado e que lembra a regalicia.

É unha cervexa con corpo, escuma cremosa e cun

final en boca amargo intenso.

Lembra consumila en copa clásica e a unha

temperatura de entre 5 e 7º C.

Graduación: 7,5º

auruM TorraDa

recoñecerala por... a súa cor castaña escura e a súa escuma cremosa; o seu aroma é forte e resulta moi intensa no padal. A dozura do malte abre paso a un sabor final especiado e amargo.

Triunfarás se... a serves a unha temperatura baixa, entre 6 e 8º C, e en copa tipo cáliz

Graduación: 6,6º

Page 19: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

19as vantaxes de ser socio

auruM TriGo

recoñecerala por... é unha cervexa de cor bronce, con

escuma torrada, espesa e duradeira. O seu aroma e sabor

son afroitados e con certos toques a caramelo. Importada

directamente de Alemaña.

Triunfarás se... a serves nun vaso weizen, alto e estreito no fondo e máis ancho así que gaña altura.

Así dáselle volume á escuma e pódese gozar do sabor e do

aroma desta cervexa.

Graduación: 5,0º

auruM 100% MaLTe

Descrición: inspirámonos na clásica elaboración alemá baseada tan só en auga, malte de cebada e lúpulo. É unha cervexa tradicional, de cor dourada escura. O seu aroma é malteado.

Presentación: sírvea entre 5 e 7º C e en vaso alto.

Graduación: 5,5º

auruM esPeCiaL

estilo: é unha cervexa clásica tipo Pilsen, dourada

e de fermentación baixa. Está elaborada coas

mellores variedades de lúpulo e fermento. O seu

aroma é suave e deixa certa dozura no padal.

Lembra consumila fría, entre 5 e 7º C, e en copa clásica.

Graduación: 5,6º

Page 20: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

20

Moito gusto, pouco orzamento

Cadrar o orzamento familiar e á vez adquirir produtos de calidade? Comer de xeito saudable sen arruinarse na compra é posible, se se emprega o sentido común e se aproveitan as ofertas, descontos e prezos especiais. Consultaches os nosos folletos? Elaboramos estas receitas con algúns dos produtos que se atopan en promoción. Consúltaos!

aforra con EROSKI

0,41€por

persoa

Page 21: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

21as vantaxes de ser socio

0,38 €por

persoa

2,14 €por

persoa

Page 22: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

22

aforra con EROSKI

SOBREMESA

SORBETE XEADO DE CEREIXAS

IngredIentes

• 250 g de cereixas• 125 g de azucre• 100 ml de auga

• 25 ml de zume de limón

COMO se eLABOrA

l Quitámoslles a carabuña ás cereixas e trituramos a polpa ata que quede un puré.

l Botamos o azucre e mais un vaso de auga nun cazo e cocemos durante 5 minutos ata formar un almibre lixeiro. Retiramos do lume o almibre, engadimos o zume de limón e deixamos que arrefríe a mestura.

l Mesturamos o almibre co puré de cereixas e vertémolo nun recipiente ancho que admita a conxelación. Introducímolo no conxelador e remexemos a mestura cada 30 minutos durante 2 horas. Logo, deixamos que se conxele pero que quede refresco xeado ou sorbete e non conxelado uniforme. Servímolo acompañado dunhas cereixas frescas.

PRIMEIRO

ENSALADA DE CENORIA E PEMENTO VERDE

IngredIentes

• 400 g de cenoria• 200 g de ceboliña• 1 pemento verde• 1 pemento

vermello

• 80 ml de aceite de oliva

• 20 ml de vinagre• Un chisco de sal• Uns talos de

ceboliño

COMO se eLABOrA

l Cortamos as cenorias en tiras finas, colocámolas nun cazo con pouca auga fervendo –a xusta para que cubra as cenorias– cun chisco de sal e dámoslles un fervor de 30 segundos. Unha vez escaldadas, refrescámolas baixo o chorro de auga fría e reservámolas.

l Pelamos as ceboliñas e cortámolas en tiras finas (en xuliana). Facemos o mesmo cos pementos.

l Colocamos as tiras de cenorias escaldadas nunha ensaladeira e engadimos as tiras finas das ceboliñas e pementos.

l Introducimos o aceite de oliva, o vinagre e o sal nunha cunca e batemos ata conseguir unha salsa homoxénea. O aliño engádese xusto no intre do consumo. Decoramos cuns talos de ceboliño.

SEGUNDO

DOURADA ÁS COSTAS

IngredIentes

• 800 g de dourada (2 exemplares de cultivo)

• 20 ml de aceite de oliva

• 2 dentes de allo

• 5 ml de zume de limón

• Un chisco de sal• Unhas follas

de perexil• Un cachiño

de chile seco

COMO se eLABOrA

l Limpamos as douradas de escamas e aletas e abrímolas pola metade, de xeito que os dous lombos queden unidos polas “costas” do peixe.

l Colocámolas sobre unha bandexa de forno e untámolas lixeiramente de aceite e sal. Cociñamos no forno prequecido a 200 °C durante 15 minutos, ou ata que as espiñas se separen da carne do peixe con facilidade.

l Pelamos os dentes de allo, cortámolos en toriños finos e dourámolos, xunto cun cachiño de chile, nunha tixola cun pouco de aceite. Cando os allos muden de cor, sacamos a tixola do lume, deixamos amornar e agregamos o zume de limón. Ligamos a salsa vinagreta con movementos circulares da tixola.

l Unha vez asado o peixe, retirámolo do forno e botámoslle por riba a vinagreta. Esparexémoslle perexil ben picado por riba e ligamos a vinagreta co zume do peixe asado. Servimos o peixe, de desexalo, cunhas pataquiñas.

4 fácil 10-15’ 5-64 fácil 30-40’ 10-20

4 fácil +2h 5

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

calorías

12,2%

24429%

20,3gGraXa

7,6%

0,5gsal

12,6%

11,3gaZUcrEs

16,8%

3,4g

GraXasatUrada

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

calorías

6,6%

1328,7%

6,1gGraXa

7%

0,4gsal

0,1%

0,1gaZUcrEs

4,2%

0,8g

GraXasatUrada

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

calorías

8%

1600,4%

0,3gGraXa

0%

0gsal

42,8%

38,5gaZUcrEs

0%

0g

GraXasatUrada

Page 23: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal
Page 24: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

24

pola túa saúde

E eu, como ben?Abonda con seguir uns poucos consellos e non abusar de tres nutrientes que a longo prazo afectan de xeito negativo á nosa saúde: azucre, graxas (en particular as saturadas) e sal.

Non é preciso calcular ao milímetro os nutrientes que conteñen os nosos

menús. Pero si debemos ter claro que hai algúns dos que non convén abusar. Tomar demasiados azucres xera un maior risco de padecer carie e exceso de peso e mais as patoloxías relacionadas coa obesidade (como hipertensión ou diabete). Aconséllase non superar o 10% das calorías inxeridas a partir de azucres, pero a nosa inxestión oscila entre o 16 % e o 36 %.

Page 25: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

25as vantaxes de ser socio

”Cómpre ter claro que hai nutrientes, como o azucre, as graxas e o sal, dos que non convén abusar”

Julio Basulto, nutricionista

1. O meu consumo de cárnicos procesados (como embutido ou xamón) é...

a) Varias veces ao día (bocadillos ou gornición nas comidas principais) ....................................o

b) Algunhas veces por semana .......................................................................oc) Case nunca ou de xeito moi esporádico ..................................................o2. Tomo carne vermella...

a) Máis de 500 gramos semanais .......................................................................ob) Entre 300 e 500 gramos semanais .................................................................oc) Menos de 300 gramos semanais ...................................................................o3. Os pratos preparados (por exemplo, precociñados) consúmoos...

a) Acotío ................................................................................................................ob) Algunhas veces por semana .........................................................................oc) Nunca ou case nunca ....................................................................................o4. Na casa como pan...

a) Sempre con sal .................................................................................................ob) Algunhas veces sen sal ...................................................................................oc) Sempre sen sal ..................................................................................................o5. Con respecto ao queixo...

a) Consumo máis de 100 gramos diarios ..........................................................ob) Consumo entre 50 e 100 gramos diarios ......................................................oc) Consumo menos de 50 gramos diarios ........................................................o6. Os aperitivos salgados (por exemplo, patacas)...

a) Consúmoos case acotío ................................................................................ob) Non os tomo acotío, pero si algunhas veces por semana .......................oc) Só os escollo unhas poucas veces ao mes .................................................o7. Os refrescos...

a) Sempre están na mesa e/ou tómoos entre horas ......................................ob) Tómoos unhas dúas veces por semana .......................................................oc) Case nunca os tomo .......................................................................................o8. Bolería, xeados, refrescos xeados ou similares...

a) Cada día consúmoos .....................................................................................ob) Varias veces por semana tomo algún .........................................................oc) Case nunca os consumo ................................................................................o9. Maionesas e salsas con moita graxa...

a) Sempre están na mesa ...................................................................................ob) Só as tomo unha ou dúas veces por semana .............................................oc) Só as consumo en ocasións especiais .........................................................o

ValOraCióN dO TEsT:Se na maior parte de respostas marcamos a letra “a”, é que os nosos hábitos alimentarios teñen unha ampla marxe de mellora. En caso de que a maioría das opcións escollidas sexa do tipo “b”, a nosa alimentación é aceptable, pero tamén mellorable. Para rematar, cando a maior parte de respostas coinciden coa opción “c”, é moi probable que o noso patrón de

alimentación sexa saudable.

*Este test non é unha ferramenta validada. A súa validez non foi confirmada en estudos científicos, pero serve para valorar orientativamente se convén realizar cambios nos nosos hábitos dietéticos.

Test: Comes de xeito equilibrado?descubre se na túa alimentación existe un exceso dos nutrientes “conflitivos”.

No tocante ás graxas, se ben existe un amplo debate científico sobre o seu papel nas patoloxías crónicas, o certo é que consumimos máis graxas do recomendable. A Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria propón non superar o 35 % da enerxía inxerida a partir delas... e inxerimos o 40 %. Sucede algo semellante coas graxas saturadas: convén non tomar máis do 10% da enerxía a partir delas, pero consumimos o 12,1 %.

Menos dúbidas existen con respecto aos perigos de consumir demasiado sal. Diversas investigacións relacionan o seu exceso na dieta cos accidentes cerebrovasculares. De feito, a OMS considera que se poderían evitar ata 2,5 millóns de mortes cada ano se o consumo de sal se reducise aos niveis recomendados. E é que a nosa inxestión de sal en absoluto se achega ás recomendacións: aconséllase non superar o consumo de 5 gramos/día, e en España tomamos a diario uns 10 gramos, xusto o dobre.

Page 26: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

26

pola túa saúde

sOPa dE TOMaTE CON QUEiXO FrEsCO

INGREDIENTES

• 1 ceboliña• 2 dentes de allo• 700 g de tomate

tipo pera Eroski NATUR

• 250 g de queixo fresco batido EROSKI Sannia

• Un chisco de sal iodado

• 8 g de azucre• Pementas

variadas• 80 ml de aceite de

oliva virxe EROSKI• Uns talos de

ceboliño

Como SE ElaBoRa

l Salteamos a ceboliña fresca con aceite de oliva virxe e un dente de allo. Cando comece a amarelar, agregamos os tomates tipo pera, lavados e torados. Dámoslle un fervor de 1 minuto ao conxunto e retirámolo do lume.

l Trituramos a preparación cun chisco de sal e co azucre ata que quede unha sopa uniforme e cremosa. Introducimos a sopa de tomate no frigorífico durante 1 hora.

l Remexemos o queixo fresco batido. Dispoñemos a sopa no prato e agregamos o queixo no centro.

4 fácil 1h + refrixeración

< 5

Cociñar con menos sal, azucre ou graxa é posible. Só precisas un aliado que estea á altura: EROSKI Sannia, produtos que te axudan a coidarte

Unhas receitas moi “Sannias”

l Decoramos cuns talos de ceboliño, cunhas pementas variadas moídas no momento e cun fío de aceite de oliva virxe.

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

calorías GraXa salaZUcrEsGraXa

satUrada

14%

26021%

15g7%

0,4g13%

13,4g17%

3g

Page 27: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

27

É cuestión de tempo: se

reducimos de xeito gradual a cantidade

de sal nas nosas preparacións, o padal vaise

afacendo

HaMBUrGUEsas dE aTÚN

INGREDIENTES

• 30 g de cebola• 1 dente de allo• 400 g de atún en

aceite baixo en sal EROSKI Sannia

• 20 g de pan relado EROSKI basic

• 1 ovo fresco EROSKI

• 10 g de fariña EROSKI basic

• 60 ml de aceite de oliva virxe extra EROSKI

• Pementa• 50 g de ensalada

gourmet EROSKI

Como SE ElaBoRa

l Cortamos a cebola e o dente de allo en cadradiños moi pequenos e rustrímolos a lume suave cun pouco de aceite de oliva virxe extra, ata que amolezan e adquiran un ton amarelento. Escorremos o rustrido e

reservamos o aceite para posteriormente cociñar as hamburguesas.

l Esmiuzamos o atún, escorrido, e agregámoslle o rustrido anterior, o pan relado, o ovo, o sal e a pementa. Mesturámolo todo ata formar unha masa homoxénea e elaboramos unhas 8 hamburguesas pequenas.

l Enfariñamos lixeiramente as hamburguesas e co aceite do rustrido antes reservado cociñamos as hamburguesas nunha tixola, deixándoas dourar 1 minuto por cada lado.

l Servimos as hamburguesas de atún cunha ensalada gourmet e, se se desexa, cuns toros de tomate.

4 fácil 10-15’ 10

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

calorías GraXa salaZUcrEsGraXa

satUrada

15%

23420%

16g9%

0,7g2%

1,4g12%

2,5g

Page 28: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

28

pola túa saúde

MUEsli dE CErEais CON MaZÁ E NOCEs

INGREDIENTES

• 1 mazá Eroski NATUR

• 30 g de pasas sultás EROSKI

• 40 g de noces peladas EROSKI

• 250 g de flocos de cereais EROSKI Sannia

• 100 g de iogur de soia natural azucrado EROSKI Sannia

• 30 g marmelada de ameixa EROSKI Sannia

Como SE ElaBoRa

l Pelamos a mazá e cortámola en cachiños ben pequenos.

l Mesturamos a mazá picada coas pasas (tamén se poden usar dátiles) e mais coas noces. Deseguido, agregamos os flocos de cereais.

l Vertemos o iogur de soia, unha cullerada de marmelada de ameixa e, sobre eles, a mestura de froitas e os flocos de cereais. Servimos.

4 para principiantes

10’ 10-20

Con ERoSKI Sannia axudámoste a seguir unha dieta equilibrada, sa e variada

l Son produtos nutricionalmente equilibrados e mellorados.l Teñen menos sal, azucre e/ou graxas saturadas ca os seus equivalentes no mercado.l Ofrecen unha mellor calidade-prezo.l Están elaborados por fabricantes líderes

Ademais, todos os produtos EROSKI Sannia conteñen na súa embalaxe un práctico e intuitivo semáforo nutricional no que se especifica a cantidade de calorías, azucres, graxas, graxas saturada e sal que contén a ración dun produto.

Flocos de arroz e trigo integral ErOsKi sannia (500 g).

Atún claro en aceite de oliva ErOsKi sannia (3x85 g).

Queixo fresco batido natural ErOsKi sannia (500 g).

Velaquí os produtos ERoSKI Sannia que vas precisar para preparares as nosas receitas:

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

calorías GraXa salaZUcrEsGraXa

satUrada

13%

2834%

3,6g5%

0,6g8%

15g0%

0,5g

Page 29: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

Anuncio200x280.pdf 1 08/04/15 11:09

Page 30: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

30

na tenda contigo

Salmón afumado para todos

Non nos enganemos. As cifras din que somos máis de carne ca de peixe. Que se as espiñas, que se non o sei limpar,

que se custa máis cociñalo... Os pretextos son moitos e variados. E se che contamos un segredo para que comeces a gozar do peixe na túa dieta? O salmón afumado de EROSKI. Sempre listo e sen complicacións. Como un ingrediente máis en ensaladas, sándwichs e pratos de pasta ou como entrante indiscutible en calquera menú.

Delicioso, versátil e listo para servir. O salmón afumado é unha excelente opción para incluír máis peixe nos menús familiares. En EROSKI temos unha gran variedade. Descúbrea!

Sen sangachoPara obter un sabor máis intenso, todo o salmón afumado en EROSKI (a excepción de EROSKI basic) non ten sangacho. E iso que é? A parte marrón, máis escura do músculo que ten un sabor peculiar e distinto do resto da peza. O seu consumo non é prexudicial, nin moito menos, pero a súa calidade adoita ser algo inferior.

Page 31: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

31as vantaxes de ser socio

O afumado é unha das formas máis exquisitas de tomar peixe. De feito, esta técnica emprégase tamén con outras especies como o bacallau ou a troita. O salmón afumado é ideal como aperitivo ou entrante e combina ás mil marabillas con outros alimentos de sabor máis neutro como a pataca, o

arroz, o espárrago, o ovo, o queixo de untar... Nas nosas tendas, atoparás unha ampla variedade de formatos do noso salmón afumado EROSKI. Están pensados para satisfacer distintas necesidades. Presentámoschos!

Unha oferta moi completa

l Salmón afumado EROSKI Sannia: a opción máis saudable cun 40% menos de sal ca o salmón afumado EROSKI Basic. Atoparalo nun cómodo paquete dobre para unha mellor conservación.

l Salmón afumado EROSKI SeleQtia: a máxima calidade e sabor. Intensidade aromática, liscos limpos e sen defectos, con agradable e elegante protagonismo do afumado. A súa textura é firme e consistente. Tes dúas opcións: o salmón afumado EROSKI SeleQtia, con catro liscos homoxéneas de maior tamaño, ou o solombo de EROSKI SeleQtia. En ambos os dous casos está elaborado con exemplares de salmón noruegués de máis de 7 kg e dos que se selecciona unicamente a parte alta de cada peza. Esta é unha zona moi tenra e consistente.

l Salmón afumado EROSKI basic: a opción máis económica pero sempre coa calidade ben garantida.

l Salmón afumado EROSKI: precortado e listo para servir, elabórase seguindo un proceso de salgado tradicional e un afumado característico, o que lle confire unhas calidades excepcionais.

Page 32: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

32

de aquí e de acolá

Alcachofa de Tudela

A flor da hortaBaixo a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) “Alcachofa de Tudela” ampárase a produción da variedade “Branca de Tudela”, unha delicia en fresco ou en conserva á que se dedican unha trintena de localidades de La Ribera. En plena tempada da colleita, contamos algunhas curiosidades da raíña da horta navarra.

Page 33: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

33as vantaxes de ser socio

Navarra ten a honra de ver medrar nas súas terras a variedade

de alcachofa máis cultivada e consumida no noso país:

a Alcachofa de Tudela

Corazóns de alcachofa de Tudela EROSKI SeleQtia. Peso neto (660 g).

Alcachofas frescas Eroski NATUR con IXP.

Aalcachofa de Tudela distínguese pola súa forma redondeada e por ter un

orificio circular na parte superior, debido a que as súas brácteas (follas) verdes non chegan a se xuntar para pechar a cabeza. A súa carne é crocante (se se toma asada), suculenta, tenra, substanciosa, fina, cunha combinación moi atinada de sabores: un lixeiro amargor e un toque final doce.

As alcachofas de Tudela en conserva preséntanse enteiras ou en metades, sempre en envase de vidro e cunha contraetiqueta numerada co símbolo da IXP. Pola súa banda, as alcachofas frescas de categoría Extra e Primeira véndense por ducias –se é con talo e follas–, mentres que sen talo comercialízanse por quilos.

COMO ELIXILAS E CONSERVALASÁ hora de mercalas, é mellor seleccionar as máis pesadas en proporción ao seu tamaño. Aínda estarán frescas se, ao apertalas preto do oído, se escoita un ruído.

Xa na casa, pódense gardar no frigorífico durante unha semana nunha bolsa de plástico ben pechada. Unha vez cocidas, cómpre conservalas na neveira e consumilas en 24 horas, pero tamén se poden conxelar durante 6-8 meses.

ANTES DE PREPARALASAs alcachofas, mentres se preparan e se limpan ata chegar ao corazón, oxídanse e ennegrecen decontado. Pero isto pódese evitar se se enchen antes cunhas gotas de limón. E para cocelas, é recomendable facelo nun recipiente de aceiro inoxidable ou de barro.

XA NA COCIÑAPolas súas singulares características ao padal e grazas á súa versatilidade, a alcachofa de Tudela é unha verdura moi valorada na cociña. O idóneo é cociñalas ao vapor para conservar os seus sales minerais e oligoelementos, mentres que con técnicas de cocción rápidas, como a pota a presión, se evita a perda de vitaminas hidrosolubles.

Pódense preparar crúas en ensaladas, cocidas,

escaldadas, salteadas, fritas, estufadas, guisadas, á brasa... Son fundamentais nunha boa minestra de verduras; danlle profundidade aos arroces e paellas; polas súas propiedades dixestivas e depurativas, resultan un complemento idóneo para ovos e xamóns, e ata se poden encher con queixo, anchoas, alcaparras...

DIXESTIVAS E UN PROTECTOR HEPÁTICOAmais da auga, un dos

compoñentes maioritarios da alcachofa son os hidratos de carbono. Entre eles destaca a inulina. Esta substancia metabolízase no organismo dando lugar a unidades de frutosa, un azucre asimilable sen necesidade de insulina. Por iso está indicada para persoas diabéticas.

Pola súa riqueza en fibra, proporciona sensación de saciedade e favorece o tránsito intestinal, contribuíndo a aliviar ou previr o estrinximento.

Page 34: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

34

de aquí e de acolá

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

calorías

5,5%

1101,5%

1,1gGraXa

13,7%

0,8gsal

6,2%

5,5gaZUcrEs

1,2%

0,2g

GraXasatUrada

CAZOLA DE SEPIA CON ALCACHOFAS

INGREDIENTES

• 500 g de sepia• 100 g de cebola• 50 g de pemento

verde• 2 dentes de allo• Perexil• 2 tomates

• 300 g de alcachofas frescas ou en conserva

• 40 ml de aceite de oliva

• 250 ml de auga• Un chisco de sal

Como SE ElAboRA

l Limpamos a sepia e cortámola en dados. Cortamos as cebolas e os pementos á xuliana (en tiras finas), os dentes de allo en filetes e o pemento en tiras finas. Logo, picamos o perexil e pasamos os tomates por un batedor para que queden ben triturados.

l Nunha cazola de barro, que posteriormente nos servirá como recipiente de presentación, engadimos o aceite quente e sofritimos as cebolas, os allos, o pemento, o perexil e os tomates xunto coas tiras de sepia. Salgamos.

l Deixamos cocer a lume medio durante 5 minutos e, deseguido, baixamos a

intensidade do lume. Engadimos 1/4 litro de auga e deixámolo irse facendo durante 20 minutos ata que a sepia estea cociñada e a verdura quede como unha salsa homoxénea.

l Se optamos por alcachofas frescas, pelámolas ata chegar ao corazón, quitamos a peluxe e cortámolas en cuartos. Cando a sepia estea case lista, engadimos as alcachofas e deixamos 10 minutos máis. Esparexémoslle perexil por riba e servimos.

4 media 50’-1h 10-20

Page 35: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

35as vantaxes de ser socio

ARROZ CALDOSO CON ALCACHOFAS

INGREDIENTES

• 200 g de alcachofas frescas ou en conserva

• 50 g de cebola• 2 dentes de allo• 100 g de arroz

• Caldo vexetal ou auga

• Perexil• 40 ml de aceite

de oliva• Un chisco de sal

Como SE ElAboRA

l Retiramos as follas duras das alcachofas e torámolas en cuartos. Reservamos en auga con zume de limón ou perexil. Cortamos a cebola e os dentes de allo en brunoise (cadradiños ben pequenos) e sofritímolos nunha cazola cun pouco de aceite de oliva. Cando a cebola e o allo estean amarelentos e cociñados, agregamos as alcachofas, refogámolas co rustrido e engadimos o arroz.

l Mollamos o arroz co caldo vexetal ou coa auga (por cada vaso de arroz dous vasos e medio de caldo vexetal ou de auga). Poñemos a punto de sal e

deixamos que se cociñe a fervor suave e continuo durante 20 minutos.

l Cando queden 5 minutos para rematar a cocción do arroz, engadimos perexil en cachiños. Servimos en cuncas individuais.

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

calorías

9,9%

19814,7%

10,3gGraXa

7,1%

0,4gsal

2%

1,8gaZUcrEs

8,6%

1,7g

GraXasatUrada

4 fácil 40-50’ 5-10

Page 36: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

36

enerxía para medrar

Oque máis lles gusta aos nenos é xogar e, a miúdo, viven o momento da comida como

unha interrupción do seu entretemento. Unha das alternativas é lograr que a comida tamén teña o seu toque de diversión. É moito máis atraente para o neno, e acrecentará as súas ganas de comer, recibir unha fonte multicolor, con anacos de cereixa, laranxa e kiwi cortados en tamaños e formas similares, que unha soa peza de froita enteira. Outra alternativa é presentala en forma de batido ou zume. E, por suposto, sempre animar os cativos a participar na elaboración dos pratos.

Froita: con diversión, sabe mellorTan fundamental como problemática de incluír na dieta dos máis peques. A froita proporciona nutrientes de gran valor, pero a miúdo os nenos móstranse remisos a probala. Predicar co exemplo, combinala con outros ingredientes (iogur, xeado, etc.), presentala dun xeito atractivo e non obrigar nin insistir demasiado son algunhas das claves para lograr que a froita sexa un membro máis da nosa familia (ou case).

Page 37: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

37as vantaxes de ser socio

0,59 €por

persoa

BATIDO DE CEREIXAS

IngredIentes

• 400 g de cereixas picotas

• 400 ml de leite desnatado

• 200 ml de iogur natural EROSKI basic

• 40 g de azucre

4 para principiantes

5-10’

COMO se eLABOrA

l Lavamos as cereixas e torámolas para quitarlles a carabuña.

l Xuntamos as cereixas co leite e o iogur natural, e triturámolo todo coa axuda do batedor ata acadar un batido cremoso.

l O punto de azucre modificarémolo ao gusto de cada quen. Servimos, de o desexar, cuns cachiños de cereixas.

sUXestIÓn

As cereixas tenden a se oxidar axiña e poden darlle a este batido unha cor lixeiramente escura. O ideal, para que isto non aconteza, é bebelo así que se sirva na mesa.

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un neno entre 5 e 10 anos

calorías

8%

1602,7%

1,9gGraXa

1,6%

0,1gsal

32,1%

28,9gaZUcrEs

4,4%

0,9g

GraXasatUrada

Page 38: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

38

enerxía para medrar

0,71 €por

persoa

Inclúe o neno na toma de decisións

con preguntas como “Que comemos hoxe: plátano ou cereixas?”

Así séntese” máis implicado e será máis

propenso a comer froita

SUXESTIÓN

Enerxía para medrar

MACEDONIA DE FROITAS CON CEREIXAS

IngredIentes

• 250 g de cereixas• 2 kiwis

• 2 laranxas

COMO se eLABOrA

l Lavamos as cereixas e torámolas deixando algunha para decorar.

l Pelamos os kiwis e as laranxas, e cortámolos en cachiños ou en cuarteiróns para poder recoller o zume que solten ao cortalas.

l Dispoñemos todas as froitas nun vaso e engadimos o zume recollido. Servimos.

Podes atopar máis receitas con cereixas aquí

4 para principiantes

5-10’

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un neno entre 5 e 10 anos

calorías

4,2%

840,7%

0,5gGraXa

0,1%

0gsal

18,8%

16,9gaZUcrEs

0%

0g

GraXasatUrada

Page 39: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

Combínaloscomo quieras

*En los productos Moussel señalizados. 50% de descuento en los de menor importe. Promoción válida del 14 al 27 de mayo de 2015.

2ª unidad* al

%50

3005 MOUSSEL ERODSKI.indd 1 16/04/15 15:55

Page 40: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

40

beleza

A doita acompañarnos máis do que nos gustaría. Coa calor, acode puntual ás citas. A

súa presenza non pasa inadvertida. Que é? A nosa amiga incondicional: a suor. Para a combater e previr, belle, a marca de beleza de venda exclusiva en EROSKI, dispón dunha gran colección de desodorizantes e antitranspirantes: en spray, roll-on, antimanchas, unisex, en formato viaxe... e na nova pedra desodorizante 100% alume de belle, a maneira máis natural de previr a suor, sen aluminio.

Especial

Adeus, suorÉ un fenómeno natural que axuda a regular a temperatura do corpo, pero cando cheira é posible combatelo.

Page 41: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal
Page 42: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

42

beleza

100 % minErAl dE AlumE

O alume é unha pedra natural cortada, pulida e formada que, usada como desodorizante, proporciona unha protección eficaz durante 24 horas.

Non enmascara o olor corporal, senón que o prevén deixando unha fina capa de minerais sobre a pel que inhibe a formación das bacterias que causan o cheiro. É un sulfato mineral natural que actúa moi ben como desodorizante e cicatrizante e que está especialmente indicado para peles sensibles e/ou persoas alérxicas a outro tipo de desodorizantes.

MODO DE EMPREGOPara utilizalo cómpre humedecer a pedra. Por iso, hai que utilizalo inmediatamente despois de saír da ducha, sobre a pel húmida, ou sobre a pel seca humedecendo a pedra un pouco antes de aplicala.

Sen alcohol, sen perfume, sen substancias químicas tóxicas e sen irritar a pel. A pedra de alume seca nun intre e non deixa manchas na roupa, non é pegañenta e ten un efecto duradeiro ao longo do día. Amais de usar a pedra de alume para as axilas ou para os pés, tamén se adoita empregar logo do afeitado ou da depilación, xa que calma e axuda a cicatrizar a pel.

A pedra mineral de alume lévase usando dende a antigüidade. Era coñecida polos romanos polas súas calidades cicatrizantes e bactericidas, e xa a usaban como desodorizante. O mineral preséntase na natureza en forma de sal cristalizado.

PEDRA DESODORIZANTE DE MINERAL DE ALUME BELLE• 0% aluminio

• Protección 24 h

• Para todo tipo de peles

• Sen alcohol

• Sen perfume

• Sen parabenos

• Hipoalerxénica

• Tolerancia testada baixo control dermatolóxico

Queres unha protección eficaz durante 24 horas e do máis natural? Presentámosche a nova pedra desodorizante de alume belle: 100% mineral de alume, non deixa manchas na roupa e seca nun intre. Toda unha caricia para a pel.

De venda exclusiva en EROSKI

Page 43: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

43as vantaxes de ser socio

DeSoDorizanTe ou anTiTranSPiranTe?Mesmo fin pero con distinto resultado. Nas nosas tendas atoparás desodorizantes e antitranspirantes belle. Sabes en que se diferencian?

• Desodorizantes: controlan o cheiro e camúflano por medio de distintas fragrancias. Non exercen acción sobre a humidade. A súa eficacia e duración no tempo é menor.

• Antitranspirantes: combaten o cheiro e tamén a humidade. Inhiben a actividade das glándulas sudoríparas. Reducen o fluxo da suor e tamén inhiben o desenvolvemento de bacterias. A súa eficacia é superior á dos desodorizantes.

A gama de desodorizantes belle con diferentes

fragrancias ofréceche unha protección eficaz

durante 48 horas. Sen alcohol, sen parabenos e

antitranspirantes.

os desodorizantes roll-on, ideados para todo tipo de peles, axudaranche a sentir unha total seguridade cun gran frescor. máxima protección sen alcohol nin parabenos.

A súa fórmula protexerate durante todo o día.

De venda exclusiva en EROSKI

De venda exclusiva en EROSKI

Visita a nosa web para coñecer todos os

produtos de belle, a nosa marca de beleza, de venda

exclusiva en EROSKI: www.belle.eroski.es

Page 44: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

44

o escaparate

Cueiros EROSKI Bebé inmotion

A proba de cus inquedos

Cueiros EROSKI Bebé inmotion 13/18 kg, talle 5 (44 unidades).

Cueiros EROSKI Bebé inmotion 4/10 kg, talle 3 (56 unidades).

Cueiros EROSKI Bebé inmotion 9/15 kg, talle 4 (50 unidades).

Máis cómodos, absorbentes e sempre pensados para protexer a pel do teu bebé. Así son os novos cueiros EROSKI Bebé inmotion. Descúbreos!

Page 45: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

45as vantaxes de ser socio

Q ue coma, que durma e que non se manche (demasiado). Os tres mandamentos que

todo pai desexa para o seu bebé. Para alcanzalos é fundamental contar con altas doses de paciencia e cun cueiro que estea á altura, como o novo cueiro EROSKI Bebé inmotion.

MÁIS DE TODOEste novo cueiro de EROSKI axústase á perfección ao corpo do bebé e sempre con altas doses de confort. Absorbe máis grazas ao núcleo intelixente cunha maior cantidade de partículas superabsorbentes, que protexen contra a humidade. Ademais respectan a pel co seu tecido extrasuave e evitan as fugas coas súas barreiras laterais melloradas.

É un dos cueiros máis finos do mercado, pero cunha maior suavidade e cun núcleo máis flexible.

O veo interior extrasuave con aloe vera e camomila protexe as peles máis delicadas. O exterior gofrado outórgalle un tacto similar ao téxtil. As barreiras son extrasuaves, con dobre

elástico que asegura o axuste perfecto. Todos os materiais foron testados dermatoloxicamente co obxectivo de minimizar ao máximo o risco de irritacións e dermatite na pel do bebé.

AXUSTE PERFECTO Novas orellas elásticas e barreiras de protección

EXTRASUAVES E EXTRAFINOS Protección ata nas peles máis delicadas

NOVO NÚCLEO INTELIXENTE Distribución ultrarrápida do pipí

ATA 12 HORAS SECO

SAbíAS qUE... estes cueiros foron

validados, amais de por laboratorios

externos, por 60 nais e os seus bebés?

Page 46: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

Dentrificos_200x280.pdf 1 27/4/15 12:06

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

Dentrificos_200x280.pdf 1 27/4/15 12:06

Page 47: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

¿BODA ALA VISTA?03 TENDER PINKEL COLOR DE LAS NOVIAS

De venta exclusiva en EROSKI

belle03tenderpink.indd 1 20/4/15 9:09

Page 48: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

50

Dous novos premios

Franquías

Un 2014 de crecemento

C ada ano somos máis. O ano pasado abrimos 58 novos supermercados franquiados, 12 máis ca no 2013. A

maioría foron no País Vasco (14), Baleares (12), Cataluña (11) e Andalucía (10). Con eles a rede franquiada de EROSKI suma xa 460 tendas, 148 delas dende o arranque do Plan Estratéxico 2013-2016, consolidándose como a segunda rede de supermercados franquiados de España.

Coas inauguracións destes establecementos, que supuxeron un investimento superior a 18 millóns de euros, xeráronse 316 postos de traballo e axudouse a que as vendas desta crecente rede aumentaran un 6% durante o 2014. A este incremento nas vendas tamén contribuíu a adaptación que se realizou do novo modelo comercial “Contigo” á rede franquiada e que dende finais de marzo deste ano tamén conta co seu primeiro hipermercado en Tarragona.

Fomos recoñecidos polo deseño dos nosos envases e polo noso labor na promoción de hábitos de vida saudables

No último mes, dúas entidades ben distintas gabaron o traballo que facemos cada día en EROSKI.

A primeira é a web estadounidense My Private Brand, a publicación dixital máis lida do mundo sobre marcas de distribuidor (MDD), con seguidores de máis de 65 países. Cos premios Vertex, a empresa americana cada ano recoñece os mellores deseños de packaging de MDD do mundo. Nesta ocasión o xurado fixouse nos envases dos nosos produtos e outorgounos o premio Best of Show Award, o seu principal galardón. Considerou que son os mellores pola súa imaxe colorida, optimista e sinxela, que busca interactuar co cliente e destacar entre o resto de referencias.

Xa no noso país, a Estratexia NAOS (Estratexia para a Nutrición, Actividade Física e Prevención da Obesidade) do Ministerio de Sanidade e Consumo volveu recoñecer o noso labor na promoción de hábitos de vida saudables. Vén de nos conceder o primeiro accésit da modalidade Iniciativa Empresarial do Premio NAOS 2014 ao “Programa

EROSKI Contigo: Comprometidos cunha alimentación máis equilibrada”. No 2009 entregáranos o galardón á mellor iniciativa empresarial polo Programa “EROSKI Contigo de nutrición e benestar”.

Uns envases moi orixinais

Page 49: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

_Gazpacho Revista Club.pdf 1 27/4/15 12:04

Page 50: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

52

O rdizia é o berce do queixo DO Idiazabal. Na súa última

celebración do Artzain Eguna (Día do Pastor), no que se proba o novo queixo, recibimos unha entrañable homenaxe. O Concello desta localidade guipuscoana, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Idiazabal e a Confraría do Queixo Idiazabal de Ordizia recoñeceron o labor que facemos en EROSKI a prol da distribución e da difusión deste produto elaborado no País Vasco e en Navarra.

Non en van, a nosa aposta é clara: comercializamos máis do 10% do total da produción deste queixo de calidade garantida; no 2014 aumentamos un 14% o volume de compras deste lácteo, superando os 129.000 quilos, e as vendas de EROSKI deste produto incrementáronse un 10,5%, e, ademais, entre outras accións, a marca propia EROSKI SeleQtia xa conta co queixo artesán DO Idiazabal Artzai-Gazta.

Camiño de San Salvador

Nova ruta para a Guía do Camiño de Santiago

AGuía práctica do Camiño de Santiago de EROSKI CONSUMER ten unha nova ruta que os

peregrinos poden seguir a través da edición dixital da revista ou da súa aplicación para iPhone: o Camiño de San Salvador.

Os 122 quilómetros que separan o Parador Nacional de San Marcos de León (Castela e León) e a Catedral

de Oviedo (Asturias) divídense en cinco etapas, a maioría delas entre montañas. Este percorrido xacobeo caracterízase pola maxestosidade das paisaxes, a ausencia de tráfico e un número limitado de poboacións con servizos, pero cun gran traballo de sinalización e cunha abonda rede de albergues, como se reflicte na guía práctica.

Mellorarmos a saúde e o benestar dos nosos socios é prioritario. De aí que dentro

da campaña “Merca ben para vivir mellor”, dende abril ata finais deste mes en EROSKI querémosvos concienciar da importancia de ter os niveis óptimos de colesterol e tensión.

Para iso, un equipo de nutricionistas percorrerá 26 hipermercados e máis de 40 supermercados de Cantabria, País Vasco, Navarra e Zaragoza para

realizar medicións de colesterol e de tensión a todo aquel que o desexe. Ademais, daranvos asesoramento sobre a dieta e ensinaranvos a utilidade do semáforo nutricional que incorporan todos os envases alimenticios da marca EROSKI, pois a súa etiquetaxe ofrece a información necesaria para podermos controlar a nosa dieta. E é que esta campaña tamén pretende poñer en valor a elección dos alimentos axeitados na compra cotiá para poder vivir mellor.

O colesterol e mais a tensión, á raiaCampaña de saúde

Homenaxe

Entre os máis queixeiros

Page 51: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal
Page 52: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

É tempo de... albaricoques

Queres unha das nosas novas croquetas conxeladas EROSKI?

Ao rico xeado de EROSKI

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

calorías

17%

33126%

18gGraXa

13%

1gsal

5%

4,4gaZUcrEs

34%

7g

GraXa saTUraDa

O semáforo nutricionalQue é?

O semáforo achéganos información nutricional sinxela e facilmente comprensible sobre as receitas que podes atopar nesta revista. A preocupación por che ofrecer unha alimentación sa e equilibrada levounos a incluír esta información orientativa, que te pode axudar a construír unha dieta máis saudable.

Sobre que informa o semáforo nutricional?

RACIÓN. Enténdese por ración a porción de alimento que inxerimos habitualmente cada vez que o comemos.

ACHEGA DE NUTRIENTES. Infórmase sobre a cantidade de calorías e nutrientes que achega cada ración de alimento inxerido. CANTIDADE DIARIA ORIENTATIVA (CDO). A comunidade científica recomenda unha cantidade diaria de calorías e de nutrientes (a CDO) que cómpre inxerirmos para mantermos unha dieta sa.

Como se calculan estas porcentaxes? Están calculadas para unha muller adulta cunha inxestión diaria de 2.000 kcal (agás nos produtos para nenos, calculados para as súas necesidades). Ademais, as necesidades individuais poden variar en función do sexo, da idade, da actividade física ou doutros factores.

QUE SIGNIFICAN AS CORES? A achega nutricional dunha receita depende dos ingredientes elixidos, da cantidade de cada un deles que empreguemos ao preparala, do xeito

no que se cociñan (non é o mesmo fritir, asar, cocer...) e do tamaño da ración que inxerimos.

As cores do semáforo nutricional que verás en cada receita facilitan a comprensión da información nutricional dunha ración. Dunha soa ollada poderás saber a importancia que unha ración ten en relación coa Inxestión de Referencia.

Así, para as calorías e os nutrientes de cada receita...

...unha ración supón unha achega importante das necesidades diarias

...unha ración supón unha achega algo menor, aínda que segue a ser significativa

...unha ración da receita supón unha menor achega sobre a Inxestión de Referencia.

O valor concreto para cada nutriente nunha ración de cada receita vén expresado en valor absoluto e en porcentaxe sobre a Inxestión de Referencia.

o vindeiro mes...xuño’15

Page 53: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal

_Revista Club Aurum_200x280.pdf 1 17/4/15 11:15

Page 54: Revista EROSKI Club Mayo 2015 gal