revista eroski club septiembre 2015 gal

54
#06 setembro’15 1 EURO Presentámosche as patacas Eroski NATUR, as túas mellores aliadas na cociña. www.eroski.es AFORRA CON EROSKI ESCAPARATE Un menú doado, económico e moi rápido Pasta italiana artesanal EROSKI SeleQtia Versátiles e exquisitas PATACAS

Upload: eroski

Post on 23-Jul-2016

234 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Revista EROSKI Club Septiembre 2015

TRANSCRIPT

Page 1: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

#06 setembro’15

1 euro

Presentámosche as patacas Eroski NATUR, as túas mellores aliadas na cociña.

www.eroski.es

AFORRA CON EROSKI

ESCApARAtE

Un menú doado, económico

e moi rápido

Pasta italiana artesanal

EROSKI SeleQtia

Versátiles e exquisitas

pAtACAS

Page 2: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

Aforra tempo, cartos e esforzo no teu súper onlineLevámosche a túa compra á casa gratis durante todo o ano.Válido para compras superiores a 70 €.

Estás feitade tempo libre

Elixiches facer a compra no Supermercado EROSKI online.Es doutra pasta, dos que saben que a vida está feita de pequenos

grandes momentos. E cómpre saber aproveitalos..

Tamén en EROSKI online, goza das túas vantaxes por ser socio.

eroski.es

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

DOBLE_PAGINA_GALLEGO.pdf 4 29/07/15 13:50

Page 3: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

Aforra tempo, cartos e esforzo no teu súper onlineLevámosche a túa compra á casa gratis durante todo o ano.Válido para compras superiores a 70 €.

Estás feitade tempo libre

Elixiches facer a compra no Supermercado EROSKI online.Es doutra pasta, dos que saben que a vida está feita de pequenos

grandes momentos. E cómpre saber aproveitalos..

Tamén en EROSKI online, goza das túas vantaxes por ser socio.

eroski.es

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

DOBLE_PAGINA_GALLEGO.pdf 4 29/07/15 13:50

Page 4: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

ou escribindo un correo electrónico a: [email protected]

Consulta condicións da promoción en: https://www.eroskiasegura.es/es/eroski-club-sanitas

devolvémosche ata 300€co teu seguro de SaúdeSanitas.

Infórmate no 901 200 113

Porque a túa saúde nos importa,

As vantaxes de ser socio.

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

prensa_salud_sanitas_400x280_ga.pdf 1 09/06/15 15:14

Page 5: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

ou escribindo un correo electrónico a: [email protected]

Consulta condicións da promoción en: https://www.eroskiasegura.es/es/eroski-club-sanitas

devolvémosche ata 300€co teu seguro de SaúdeSanitas.

Infórmate no 901 200 113

Porque a túa saúde nos importa,

As vantaxes de ser socio.

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

prensa_salud_sanitas_400x280_ga.pdf 1 09/06/15 15:14

Page 6: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

6

setembro’15

S etembro é o mes dos comezos: volta ao cole, ao traballo ou á procura del… Os comezos

custan, pero o mellor é que con cada comezo regresa a oportunidade de escribir a historia de novo.

En Eroski club así o imos facer. Durante este mes atoparás máis vantaxes: agora aínda máis aforro, máis descontos, máis protagonismo, en definitiva, máis club! Desde setembro, será aínda máis doado encher a túa tarxeta e aforrar. Porque ademais en EROSKI es protagonista, e a túa opinión conta. Como sabes, agora podes participar e valorar os produtos da nosa marca, as nosas tendas… E se aínda non es socio, setembro é un estupendo mes para te unires a Eroski club. Ten premio!

“Agora aínda máis aforro, máis descontos, máis protagonismo, máis club!”

Edición #06 setembro’15Arantza Campos — Responsable eroski club

Máis e máis Eroski club

E iso non o é todo. Desde a revista do noso club, querémoste axudar na volta a todo. Para que non deixes a cabeza (nin a carteira) na cociña, propoñémosche 15 receitas sabedoras e económicas. As patacas Eroski NATUR e a pasta EROSKI SeleQtia son dous dos seus protagonistas: dous ingredientes que lle gustan a toda a familia.

Non esquezas recortar os vales aforro que coma sempre atoparás nas páxinas finais da revista: a costa de setembro con eles é menos costa.

Nace Eroski club Descubre as vantaxes de ser socio

Achégate a unha das nosas tendas e faite socio ou, se o prefires, rexístrate en

www.eroski.es e descubre todas as vantaxes

EDITOREROSKI S. COOP.

Barrio San Agustín s/n48230 Elorrio (Bizkaia)

Tel: +34 946 211 211

REAlIzACIóN EDICIóN

Carrer Parlament, 2908015 Barcelona

Tel: +34 935 216 920www.loftworks.es

Difusión controlada por OJD

Publicidade loft Works/NAT, Sl Roger Aguadé Tel. +34 934 263 020 [email protected]

Imprenta MCC Graphics Pol. Ind. Txirrita Maleo Pab 11 20100 Errenteria (Gipuzkoa)

Tel: +34 943 344 614

Depósito Legal BI-243-2015

Prohibida a reprodución total ou parcial de textos ou de fotografías sen a

autorización expresa da empresa editora.

A revista Eroski club – As vantaxes de ser socio non se fai responsable das

opinións dos seus colaboradores nin das mensaxes publicitarias de empresas

públicas ou privadas.

Page 7: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal
Page 8: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

8

10 para abrir bocaActualidade e novidades.

12 é tempo de...A pataca é un dos alimentos “incondicionais” da cociña. Descubrímoscha.

18 protagonistas EROSKIComeza o día coas galletas Digestive EROSKI. Próbaas!

20 aforra con EROSKIA cociña enxeñosa é o mellor atallo para preparar pratos sen renunciar á calidade nin ao sabor.

24 pola túa saúdeExplicámosche o que precisas saber sobre o semáforo nutricional e como interpretalo.

30 o escaparateGoza do sabor da pasta italiana artesanal EROSKI SeleQtia. Todo un luxo para o padal!

34 na tenda contigoRenovamos as nosas tendas grazas ás vosas suxestións. Entra no novo EROSKI.

38 enerxía para medrarPreparar repostería na casa é un xeito de evitarmos as graxas trans da bolería industrial. Divírtete cos teus fillos na cociña!

43 belezaOs mozos tamén coidan a súa pel. É fundamental empregar cosméticos deseñados especificamente para homes. Proba a gama MEN by belle.

49 vales aforro Eroski club

Axudámoste a aforrar cos nosos vales aforro Eroski club.

52 noticias corporativasO noso día a día: estudos, novas e actos solidarios.

38

12

30

18

24

20

SALIENTAMOS NESTA EDICIÓN

Semáforo nutricional: todas as respostasAmosámosche toda a información que precisas saber sobre os nutrientes que aparecen na etiquetaxe nutricional para te axudarmos a seguires unha dieta sa. Páx. 24

Especial homesA pel masculina tamén precisa un coidado especial. Por esta razón é importante empregar cosméticos deseñados especialmente para eles. Páx. 43

sumariosetembro’15

Vales aforro Eroski clubAgora as túas compras serán moito máis económicas grazas aos vales aforro Eroski club. Ofertas e promocións exclusivas para os nosos socios. Valas perder? Páx. 49

A dispoñibilidade dos produtos pode variar dun establecemento a outro. Consúltao na túa tenda habitual.

Page 9: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

Ilumina y cuida tu ropa

Con agentes quitamanchas

integrados

La mejor cápsula del mercadoLÍQUIDO + POLVO*

NUEVO

CÁPSULAS DOBLE ACCIÓN

* Elegida la mejor cápsula combinando líquido y polvo. Test externo, 2015

Mantener siempre fuera del alcance de

los niños

skip pagina revista publiok.indd 1 28/07/15 16:51

Page 10: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

para abrir boca

10

Natural, descafeinado ou con chocolate. Velaquí os tres sabores dispoñibles dos nosos

novos Cappuccinos EROSKI. Deliciosos e ben doados de elaborar. Abonda con poñer un sobre de Cappuccino en 100 ml de auga quente. Non cómpre levalo a ebulición. Lembra que a temperatura recomendada de consumo se sitúa arredor dos 60-70 ºC.

de estrea

Cappuccinos EROSKI: doce mañás

lanzamento

Eu, cunha regalicia, son feliz

S e o doce é o teu, estás de sorte. A nosa familia de doces e caramelos

da marca EROSKI medra e ben que o fai! Xa están dispoñibles dous novos tipos de variados de regalicias recheas: un brillo e outro con cobertura de “pica”. A cor das

pezas acádase por medio de 100 % colorantes

naturais, procedentes de concentrados vexetais: cenoria, grosella negra, ravo, tomate, mazá, cabaza, cochinilla...

Gama de cappuccinos EROSKI (Descafeinado, Natural e Café vienés) para gozar en calquera momento.

o dato

Sabes cantas calorías bebes?

N o eido científico, cada vez hai máis preocupación polo efecto que exercen as “calorías líquidas” no

noso peso. Non é o mesmo comer froita fresca enteira que tomala a xeito de zume. De feito, existe un claro consenso internacional que desaconsella as bebidas azucradas pola súa relación co risco de padecer obesidade e outras patoloxías. En todo caso, entre as “calorías líquidas” que adoitamos consumir destacan as provenientes de bebidas alcohólicas. Algunhas cifras: un terzo individual de cervexa rubia (320 ml) achega 105 kcal e unha copa de viño branco (100 ml), 70 kcal.

Page 11: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

11as vantaxes de ser socio

en voga

Betaglicanos para baixar o colesterol

novidade

Novas burguer e longaínza mixta: máis sabor e tenrura

Amellora continua é unha constante do noso día a día. Por iso, non é casual que os nosos produtos

melloren as súas receitas ou muden as súas formulacións a miúdo para satisfacer os padais máis esixentes. O último exemplo? A longaínza e a burguer mixtas. Elabóranse cunha nova receita para asegurar o mellor dos sabores. Están feitas de polo e porco, unha combinación perfecta que garante unha tenrura extra.

tendencias

Eliminar as graxas trans: misión posible

O s ácidos graxos trans son unha ameaza para a saúde pública. É algo que a comunidade

científica sabe dende hai ben anos. Non nos debería sorprender, xa que logo, que a Administración de Alimentos e Medicamentos de Estados Unidos (FDA) lle comunicara á industria alimentaria do seu país que debe retirar as devanditas substancias dos seus produtos. Por que non acontece isto en España, non sendo en empresas que, como EROSKI, optan por retiraren as graxas trans de xeito voluntario?

As cifras elevadas de colesterol e de glicosa en sangue

que se observan en boa parte da poboación española supoñen unha gran preocupación para as autoridades sanitarias.

Os betaglicanos son, segundo a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA), un tipo de fibra dietética presente nos cereais. Atópanse de xeito natural no farelo de grans como a cebada, a avea, o centeo ou o trigo, así que ao consumirmos cereais integrais (como o pan integral) tomamos, sen sabérmolo, betaglicanos.

A EFSA, tras a avaliación de diferentes estudos levados a cabo en humanos, considera probado, hoxe por hoxe, que os betaglicanos poden contribuír ao mantemento dos niveis normais de glicosa ou de colesterol no sangue, e mesmo a diminuílos.

Burguer mixta (320 g) e longaínza mixta (360 g) EROSKI Basic. Polo e porco.

Page 12: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

Poucos alimentos poden presumir de teren o título de “incondicional na cociña”. A pataca é un deles: está á altura dos pratos máis esixentes pero tamén dos máis mundanos. O resultado sempre

é o mesmo... exquisito!

Patacas

12

é tempo de...

Page 13: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

calorías

11%

21617%

12,2ggraxa

10%

0,6gsal

3%

2,9gaZUcrEs

15%

3,1g

graxasatUrada

0,70 €por

persoa

TORTILLA DE PATACAS, CEBOLA, PEMENTO VERDE E CABACIÑA

INGREDIENTES

•250 g de patacas para fritir Eroski NATUR

•1 cebola•1 pemento verde•1 cabaciña•6 ovos•500 ml de aceite

de oliva (ou xirasol)•Un chisco de sal

COMO SE ELABORA

l Rascamos as patacas, cortámolas en toros finos e fritímolas nunha tixola co aceite. Sazonamos lixeiramente. Logo, escorrémolas do aceite da fritura e reservámolas.

l Cortamos a cebola, o pemento verde e a cabaciña en cadradiños. Salteamos a cebola nunha tixola co aceite da fritura das patacas e así que estea refogada engadimos a cabaciña e mais o pemento verde. Unha vez cociñados, sazonamos e escorremos o aceite co que cociñamos coa axuda dun coadoiro.

l Xuntamos as patacas fritas coa cebola, a cabaciña e o pemento verde.

As patacas pódense clasificar segundo a cor da pel e as características da súa carne, forma e tamaño. En EROSKI, poñémoscho máis doado, xa que tes unha modalidade para

cada uso culinario: patacas Eroski NATUR Guisar, Fritir e Gornición. Son as que se utilizaron nas receitas destas páxinas. Toda a pataca Eroski NATUR supera esixentes controis de calidade. Tanto na

súa parte superficial como no corte, están totalmente exentas de calquera estrago (mazaduras, manchas, cavernas...), e presentan unha cor amarelada e un aspecto moi fresco.

Patacas Eroski NATUR: na variedade está o gusto

l Batemos os ovos e engadímolos á mestura de verduras xa cociñadas para que se mesture o ovo cos outros ingredientes.

l Nunha tixola antiadherente moi quente e cun chisco do aceite utilizado anteriormente para as verduras callamos a tortilla. Servímola quente cunha ensalada como acompañamento.

4 fácil 30-40’

13as vantaxes de ser socio

Page 14: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

ENSALADA DE FEIXÓNS VERDES CON PATACAS E BACALLAU

INGREDIENTES

•50 g de patacas para gornición Eroski NATUR

•150 g de feixóns verdes•100 g de leituga•100 g de bacallau desalgado•50 g de maionesa lixeira•1 dente de allo•30 ml de aceite de oliva

virxe extra•Unhas ramiñas de ceboliño•3 g de sal

0,34 €por

persoa

COMO SE ELABORA

l Pelamos as patacas e cortámolas en anacos. Lavamos os feixóns verdes e quitámoslles o fío lateral. Poñemos as patacas e mais os feixóns verdes nunha pota con auga salgada e deixámolos cocer durante 25 minutos. Transcorrido o tempo indicado, retirámolos da pota e deixámolos escorrer nun coador.

l Lavamos as follas de leituga e colocámolas como base nunha cunca. Sobre elas dispoñemos os feixóns verdes con patacas e aliñámolos con aceite de oliva virxe extra e un chisco de sal.

l Somerxemos o bacallau desalgado nun cazo con auga e quentámolo a lume manso. Xusto no intre en que comece a ferver, retiramos o bacallau do cazo e cortámolo en láminas ou en tiras.

l Colocamos o bacallau sobre os feixóns e aliñámolo cunha maionesa lixeira triturada cun cachiño do dente de allo (podemos agregar un pouco de aceite de oliva). Acabamos de decorar cuns talos de ceboliño.

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

calorías

8%

16017%

12,1ggraxa

11%

0,7gsal

2%

2gaZUcrEs

6%

1,1g

graxasatUrada

PASTEL DE PATACA CON VERDURA

INGREDIENTES

•600 g de patacas para guisar Eroski NATUR

•Unha folliña de loureiro•200 g de cenoria•200 g de cebola•100 g de espinacas•2 tomates•1 ovo•20 ml de aceite de oliva•Un chisco de sal

COMO SE ELABORA

l Rascamos as patacas e cocémolas con auga, sal e mais a folliña de loureiro. Despois, pasámolas polo pasador de puré.

l Raspamos as cenorias, cortámolas en toros ou en tiriñas e cocémolas noutra cazola con auga e sal.

l Pelamos a cebola, cortámola á xuliana e refogámola lixeiramente nunha tixola con dúas culleradas de aceite.

l Poñemos unha capa de puré de patacas nunha fonte rectangular e por riba colocamos a cebola, as cenorias, unhas follas de espinacas frescas e toros de tomate cortado fino.

l Enriba diso engadimos outra capa de puré de pataca e así sucesivamente. A última capa será de pataca, e sobre ela engadimos os ovos ben batidos.

l Introducimos o pastel no forno e cocémolo a 180 °C durante 20 ou 30 minutos. Servímolo na mesma fonte de forno.

4 fácil 30-40’

4 media 30-35’

é tempo de...

14

Page 15: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

calorías

13%

25012%

8,7ggraxa

9%

0,5gsal

8%

7,5gaZUcrEs

9%

1,8g

graxasatUrada

0,85 €por

persoa

15as vantaxes de ser socio

Page 16: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

1

3

2

4

l Cocemos as patacas enteiras e sen pelar nunha pota con auga e sal. Unha vez cocidas, dámoslles un corte na parte superior e baleirámolas parcialmente coa axuda dunha culleriña. Reservamos.

l Cando o viño se evapore, botámoslle a salsa de tomate e deixamos que se cociñe durante 10 minutos a lume suave. Esparexémoslle por riba o ourego, a alfábega e a pementa negra. Sazonamos.

l Picamos a cebola, o allo e mais o pemento verde en brunoise (cadradiños moi pequenos) e refogámolos a lume manso. Engadimos a carne, refogámola e mollamos co viño tinto.

l Enchemos as patacas cocidas e baleiradas coa carne picada. Botámoslles por riba un pouco de queixo emmental relado e enfornámolas a 200 °C ata que se gratine a superficie.

O segredo está na cocción

As patacas cocidas ou fervidas son as que mellor conservan todo o sabor e o seu valor nutritivo. As patacas

deben estar en remollo con auga fría e sal (dúas

culleradas por cada litro de auga). Despois, cócense durante polo menos 30 minutos (o tempo dependerá

do tamaño). Despois, escórrense as patacas e pélanse en quente.

Se se decide facer un prato de patacas

asadas, convén escoller as que sexan do

mesmo tamaño. Así, a calor penetra de xeito uniforme. Colócanse

no forno a uns 180 ºC e ásanse durante unha

hora ou algo máis.

PATACAS RECHEAS DE CARNE

INGREDIENTES

•4 patacas para guisar Eroski NATUR•50 g de cebola•1 dente de allo•50 g de pemento verde•100 g de carne de tenreira picada•50 ml de viño tinto•100 g de tomate frito•Ourego•Alfábega•50 ml de aceite de oliva•Queixo emmental relado•Sal e pementa negra

4 media 40-50’

RECEITA PASO A PASO

16

é tempo de...

Page 17: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

calorías

16%

32025%

17,8ggraxa

3%

0,2gsal

3%

2,8gaZUcrEs

20%

4g

graxasatUrada

0,40 €por

persoa

17as vantaxes de ser socio

Page 18: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

18

protagonistas EROSKI

Galletas Digestive EROSKI

Oh, que galletas!Comeza o día coas nosas galletas Digestive. Non esquezas acompañalas dun lácteo e de algo de froita para un almorzo redondo e equilibrado.

Page 19: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

19as vantaxes de ser socio

A escena repítese acotío cada mañá: soa o espertador, saltas da cama e vas á ducha. Espíleste e espreguízaste no baño e aterras na cociña co ánimo de comezar o día. Para facelo ben, almorzar é primordial. E que mellor acompañante ca as galletas Digestive EROSKI? Podes elixir entre as que teñen cobertura de chocolate, as que inclúen flocos de avea ou as clásicas. Próbaas!

Unha fonte extra de fibra

GALLETAS DIGESTIVE AVEA EROSKIEstas deliciosas e crocantes galletas son ricas en fibra. Inclúen na súa composición un 36 % de flocos de avea e un 20 % de fariña integral de trigo. Perfectas como parte dun almorzo equilibrado ou como saboroso refrixerio a media mañá.

GALLETAS DIGESTIVE CHOCOLATE EROSKICun 24 % de cobertura de chocolate con leite e un 46 % de fariña integral de trigo, estas galletas son perfectas para o capricho diario, para a pausa no traballo ou para adozar a sobremesa... Son, ademais, fonte de fibra.

GALLETAS DIGESTIVE EROSKIAtoparalas nun formato moi práctico: dous rolos de 400 g. Ideais para os amantes destas galletas e complemento imprescindible para os afeccionados á repostería. Con estas galletas poderás facer a base dunha torta de queixo, un bo tiramisú ou un rico crumble. Cun 62 % de fariña integral de trigo.

Page 20: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

aforra con EROSKI

Preparado, listo... xa!

O tempo tamén é unha moeda de curso legal. Aforralo supón gañar minutos para invertelos noutras tarefas. Como levalo á práctica na cociña? Botando man dun valioso recurso: o enxeño. Integrar na elaboración das nosas receitas ingredientes xa preparados (como a bechamel, a ensalada ou o leite callado que propoñemos) e darlles o toque final. Un atallo que non lle resta calidade nin sabor ao prato. Súmaste á cociña enxeñosa?

aforra con EROSKI

0,25 €por

persoa

Page 21: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

21as vantaxes de ser socio

0,24 €por

persoa

0,67 €por

persoa

Page 22: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

22

aforra con EROSKI

SOBREMESA

MOUSSE DE CALLADA CON CRISTAIS DE MEL

INGREDIENTES

• 2 ovos• 50 g de azucre• 100 g de nata

• 200 g de leite callado EROSKI

• 30 g de mel

COMO SE ELABORA

l Cascamos os ovos e separamos as claras das xemas. Mesturamos as xemas co azucre ata que quede unha crema suave. Deseguido, montamos a nata tamén por separado. Dispoñemos o leite callado nun recipiente e engadimos as xemas, remexendo amodiño coa espátula. Logo, agregamos a nata con suavidade ata que quede unha crema uniforme.

l Montamos as claras a punto de neve e incorporamos o leite calado aos poucos, con suavidade. Vertemos a mousse en copas e introducímola no frigorífico un par de horas.

l Para elaborarmos os cristais de mel, estendemos o mel nunha bandexa de forno sobre papel vexetal. Deixamos que reduza a 150 °C durante 30 minutos. Sacámolo do forno e cando o mel comece a amornar, con moito tino de non nos queimar, espallámolo coas mans facendo formas. Deixámolo arrefriar para que o mel cristalice. Servimos a sobremesa fría cos cristais de mel.

SEgUnDO

OVOS GRATINADOS CON BECHAMEL E SALSA DE TOMATE

INGREDIENTES

• 6 ovos• Un chorro de

vinagre• 2 culleradas de

aceite de oliva

• 100 ml de tomate frito

• Un bote de salsa bechamel EROSKI

• Un chisco de sal

COMO SE ELABORA

l Cocemos os ovos en auga fervendo con sal e un chorro de vinagre durante 10 minutos. Sacamos os ovos da auga fervendo e arrefriámolos baixo a billa. Unha vez fríos, estonámolos, partímolos pola metade e reservámolos na neveira ata a súa utilización.

l nunha fonte engraxada con aceite, colocamos dúas culleradas de salsa de tomate caseira, enriba poñemos a metade do ovo cocido e cubrimos con outra cullerada de bechamel, de xeito que quede ben cuberto.

l Introducimos no forno en posición de grill ata que se gratine a superficie. Servimos os ovos quentes.

PRIMEIRO

CÓCTEL DE MARISCO

INGREDIENTES

• 150 g de ceboliña• 1 pemento verde• 30 g de pementos

do piquillo (2 unidades)

• 2 tomates

• Ensalada de cangrexo EROSKI

• 100 g de arroz• 50 g de leituga• Aceite de oliva• Sal

COMO SE ELABORA

l Picamos a ceboliña e mais os pementos en cachiños pequenos. Partimos os tomates. Mesturamos todo coa ensalada de cangrexo EROSKI.

l Cocemos o arroz en auga fervendo con sal durante 20 minutos e despois escorrémolo e reservámolo lixeiramente untado cunha cullerada de aceite de oliva.

l Picamos a leituga finamente e reservámola en auga para que non quede lasa.

l Dispoñemos o arroz nunha cunca ou copa de xeado fría, enriba engadimos unha capa de leituga e logo a mestura de verduras e a ensalada de cangrexo.

4 fácil 20-30’4 fácil +1h

4 fácil 20-30’

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

calorías

9%

1765%

3,2gGraXa

8%

0,4gsal

5%

4,4gaZUcrEs

3%

0,5g

GraXasatUrada

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

calorías

12%

24126%

18gGraXa

1%

0,04gsal

18%

16gaZUcrEs

45%

9g

GraXasatUrada

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

calorías

15%

29631%

21,7gGraXa

9%

0,5gsal

5%

4,2gaZUcrEs

40%

8g

GraXasatUrada

Page 23: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

TRESemmé, marca presente en el bac-kstage de algunas de las principales pasa-relas, ha detectado las dos tendencias de estilismo más populares del momento: las ondas suaves y las ondas surferas.

Para dar respuesta a estas dos ten-dencias, TRESemmé lanza la gama Ondas (Im)Perfectas se compone de cinco productos: un champú, un acon-dicionador, una mousse para crear ondas suaves, un spray texturizador para crear ondas surferas y un spray fijador.

Con extractos de algas marinas y fórmulas ligeras, esta gama ofrece productos de calidad de peluque-ría que siguiendo unos sencillos pasos permiten crear un look de ondas naturales que dura todo el día.

consigue

fácilmente

el look

que marca

tendencia

ondas(im)perfectas

U n a f r a g a n c i a s U t i l y e l e g a n t e

NUEVO

B l a c k

the Black side

Page 24: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

pola túa saúde

24

I gual que ninguén se estraña da presenza de semáforos nas rúas, nin considera que os seus sinais

luminosos restan autonomía ou coartan a liberdade, non nos debería estrañar atopar un semáforo nos alimentos. Ao pé da estrada, regulan a circulación, evitan accidentes e mesmo teñen un labor educativo. E logo por que unha etiquetaxe nutricional con semáforo non pode exercer funcións semellantes?

Que é o semáforo nutricional?É unha información que atopamos na etiqueta de determinados produtos (por agora, a súa implantación é voluntaria) e que nos permite descubrir, mediante un código de cores, se o alimento ten tal cantidade de calorías, azucre, graxa, graxa saturada e sal. Son os chamados “nutrientes conflitivos”, porque a súa elevada inxestión a partir de alimentos procesados se asociou a incrementos no risco de padecer enfermidades crónicas. A táboa que aparece deseguido achega información sobre os devanditos nutrientes.

Por Que engadir un “semáforo” aos alimentos?Porque os consumidores queren, e ademais necesitan, estar ben informados. Pero para iso non debe ser preciso que adquiran moitos coñecementos nutricionais: a información debe ser accesible e doada de entender. A etiquetaxe con semáforo persegue que a información sexa transparente, pero tamén comprensible. A sinxeleza e a claridade visual deben ser capaces, ademais, de transmitir datos útiles.

o sistema foi avaliado en estudos científicos?Numerosas investigacións, como unha publicada en agosto do 2012 no Health Promotion Journal of Australia,

Semáforo nutricional: preguntas con respostaNumerosas investigacións constatan que os consumidores desexamos coñecer a composición dos alimentos que mercamos e tamén cal é o seu valor nutricional útil.

Page 25: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

25as vantaxes de ser socio

“Cando o tráfico é intenso e o risco de choque é elevado, os semáforos son indispensables. Non cabe dúbida de que o risco de colisión, no caso da alimentación, é notable”

Julio Basulto, nutricionista

Información sobre os nutrientes que aparecen na etiquetaxe nutricional

cal é a súa función?riscos asociados a un exceso

no seu consumo

enerxía (calorías)

É a “gasolina” das nosas células, e grazas a ela podemos crear órganos e tecidos.

Consumir máis enerxía da necesaria pode producir obesidade e mais as enfermidades asociadas a ela (cardiovasculares).

graxasAchégannos enerxía, transportan algunhas vitaminas (como as vitaminas E ou D) e participan na fabricación de hormonas, entre outras funcións. O exceso no consumo de graxas ou graxa

saturada presente en alimentos procesados asociouse a un maior risco de obesidade, aumentos no colesterol en sangue e enfermidades cardiovasculares.

graxa saturadaÉ necesaria para a estrutura das células, pero o organismo humano é capaz de sintetizala a partir doutras substancias.

azucresAchéganos enerxía. Non é preciso inxerir azucre: o ser humano pode elaborar o que precisa a partir de alimentos saudables.

Desequilibrios alimentarios, carie, obesidade e as patoloxías relacionadas con esta última.

salMantén o equilibrio de líquidos no noso organismo, amais doutras importantes funcións, pero consumimos moitísimo máis sal do preciso.

Elevación da tensión arterial e un maior risco de enfermidades cardíacas.

FON

TE: E

LAB

OR

AC

IÓN

PR

OP

IA

constatan que non só queremos saber a composición (os ingredientes) dos alimentos que mercamos, senón tamén cal é o seu valor nutricional “útil”; é dicir, buscamos unha etiquetaxe comprensible, con información transparente. O Institute of Medicine, de Estados Unidos, sinalou que a etiquetaxe debe basearse na sinxeleza e na claridade visual e, ademais, dar transmitido información sen que cumpra recorrer ao texto escrito.

Por exemplo, a doutora Ninya Maubach e os seus colaboradores publicaron na revista Appetite un traballo no que se confirmou que, de entre distintas opcións, a de etiquetar con semáforo era a que mellor permitía escoller alimentos saudables.

como debemos interPretar o semáforo nutricional?A cor verde indícanos que unha porción do alimento nos achega unha cantidade baixa do nutriente

sinalado, polo que o seu consumo habitual ou frecuente non suporá ningún desequilibrio. A cor amarela, pola súa banda, advirte que a porción do produto contén unha cantidade media dun nutriente concreto, o que significa que cómpre poñer atención e intentar non realizar unha inxestión repetida do alimento. A cor laranxa, por último, alértanos de que a porción de consumo do alimento achega unha cantidade

alta do nutriente, polo que non deberiamos consumir a miúdo o devandito alimento.

En definitiva, os nosos hábitos dietéticos elevan dunha maneira clara o noso risco de sufrirmos enfermidades crónicas a longo prazo. Xa que logo, engadir na etiquetaxe dun produto información útil e doada de entender, mediante códigos de cores ben calibradas (“semáforo nutricional”), ten moito sentido.

Page 26: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

26

ensalada morna con Pescada e gulas

INGREDIENTES

• 1 ceboliña fresca• 1 dente de allo• 1 tomate de

ensalada• 200 g de pescada• 100 g de gulas

refrixeradas

• 200 g de leitugas variadas

• 40 ml de aceite de oliva

• Sal iodado

Vinagreta

• 30 ml de aceite de oliva

• 10 ml de vinagre de sidra

• 2 g de sal iodado

COMO SE ELABORA

l Nunha tixola co aceite de oliva quente salteamos a ceboliña cortada á xuliana, o dente de allo pelado e fileteado e o tomate pelado e sen pebidas. Salteamos durante 5 minutos a lume medio remexendo constantemente para non queimarmos os ingredientes e que se cociñen uniformemente.

l Limpamos a pescada, eliminamos as espiñas con coidado e pasámola volta e volta pola prancha ben quente. Cando estea lista, cortámola en taquiños de bocado.

l Incorporamos os taquiños de pescada e mais as gulas á tixola co resto dos ingredientes e quentamos o conxunto durante 2 minutos para que se integren

os sabores. Poñemos o salteado ao punto de sal e reservámolo na mesma tixola, pero fóra do lume.

l Dispoñemos as leitugas variadas (previamente aliñadas co aceite de oliva e co vinagre de sidra) nun prato de servizo e por riba colocamos as verduras salteadas coas gulas e mais a pescada. Débese servir decontado.

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

calorías

10%

19121%

14,5gGraXa

4%

0,3gsal

3%

2,6gaZUcrEs

12%

2,4g

GraXasatUrada

Nos semáforos nutricionais destas receitas abunda o verde e mais o amarelo: son polo tanto pratos equilibrados e moi saudables.

En equilibrio

4 media 10-15’ 5-10

Page 27: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

27as vantaxes de ser socio

pola túa saúde

fabas brancas con verduras

INGREDIENTES

• 250 g de fabas brancas

• 100 g de cebola• 75 g de tomate• 100 g de cabaza• Unha folla de

loureiro

• 1 dente de allo• Perexil• Pemento doce• Azafrán (optativo)• 10 ml de aceite

de oliva• Sal iodado

COMO SE ELABORA

l Poñemos as fabas a remollo en auga fría durante a noite anterior. Á mañá seguinte, escorrémolas e botámolas nunha pota, xunto coa cebola e o tomate enteiros, a cabaza partida en anacos, o loureiro, o allo, o perexil, o pemento e o aceite cru. Cubrimos con auga fría e poñémolas a cocer.

l Cando rompa a fervura, baixamos o lume, engadimos o azafrán (optativo) e deixamos cocer devagar, procurando que as fabas estean sempre cubertas de auga para que non solten a pel.

l Á metade da cocción sacamos as verduras e pasámolas polo pasador de puré e polo coadoiro chinés fino formando unha crema que engadiremos ás fabas.

l Cando as fabas estean tenras sazonámolas e deixámolas que sigan cocendo moi devagar. Logo, retirámolas do lume e deixámolas repousar, tapadas, uns 10 minutos. Servimos.

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

calorías

12%

2322%

1gGraXa

8%

0,5gsal

4%

3,5gaZUcrEs

0%

0g

GraXasatUrada

4 fácil 5-10’ 5-10

O semáforo nutricional é un

sistema de cores que permite

entender os valores nutricionais destas receitas dun xeito

claro, rápido e completo

Page 28: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

28

pola túa saúde

maZá en dÚas versiÓns

INGREDIENTES

• 8 mazás reineta• Casca de limón• 4 culleradas de

auga

• 10 g de edulcorante sen calorías

COMO SE ELABORA

l Depelicamos as mazás, quitámoslles os carozos e cortámolas en anacos finos.

l Botamos as mazás nunha pota, engadimos a casca de limón, a auga e o edulcorante.

l Tapamos e cocemos suavemente ata que estean moles. Retiramos a pel do

limón e esmagamos un pouco a mestura cun cullerón. Comprobamos a acidez.

l Unha vez elaborada a compota, trituramos cun batedor ata que quede unha crema moi fina.

l Servimos a compota, de o desexarmos, cunhas láminas de mazá acaramelada.

OPCIÓN

l Para realizarmos a mazá acaramelada, dispoñemos 30 gramos de manteiga nunha tixola con 2 culleradas de azucre, agregamos 1 mazá partida en toros e deixámola acaramelar.

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

calorías

3%

620%

0gGraXa

0%

0gsal

13%

11,5gaZUcrEs

0%

0g

GraXasatUrada

4 media 50’-1h < 5

A túa saúde para nós é o primeiro

Todos os nosos produtos de alimentación inclúen o semáforo nutricional EROSKI para que poidas seguir unha alimentación saudable.

Todo o que as marcas EROSKI fan pola túa saúde

semáforo nutricionalCo semáforo nutricional descubrirás a cantidade de calorías, azucres, graxa, graxa saturada e sal que contén a porción dun produto. Ademais, para que saibas á primeira vista o que comes está identificado con cores.

menos aZucreEliminamos máis de28 toneladas de azucres dos nosos produtos.

menos salSuprimimos máis de 17 toneladas de sal dos produtos da marca EROSKI.

menos graXasAínda que as graxas son imprescindibles para que o organismo obteña a enerxía que precisa, estas non deben superar, dentro da alimentación cotiá, máis dun 35 %. Por iso eliminamos máis de 211 toneladas de graxa das nosas marcas.

sen graXas transAs graxas vexetais parcialmente hidroxenadas, que achegan graxas trans, son nocivas porque soben o colesterol malo. Por iso suprimimos estas graxas das nosas marcas.

Page 29: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

EL NUEVO NESCAFÉ VITALISSIMOCON MAGNESIO TE AYUDA A REDUCIR EL CANSANCIO Y LA FATIGA.

200x280+3mm.indd 1 29/7/15 0:58

Page 30: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

30

o escaparate

Pasta italiana artesanal EROSKI SeleQtia

Mamma mia!A pasta EROSKI SeleQtia ten sabor a tradición: é auténtica pasta italiana artesanal. Un luxo para o padal.

Page 31: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

31as vantaxes de ser socio

V ivimos na era da présa e do inmediato. Nestes tempos de

aceleramento continuo, temos o gusto de lles presentar unha pasta cunha elaboración que permanece inalterable co paso do tempo: faise coma sempre, dun xeito artesanal tal e como manda a tradición italiana. É a nosa pasta seca EROSKI SeleQtia.

TRADICIÓN ITALIANA E ARTESANALA gama de pasta Eroski SeleQtia elabórase segundo os métodos artesanais da tradición culinaria italiana, con moldes de bronce e un lento secado. Por unha banda, o emprego de moldes de bronce proporciónalle á pasta un aspecto rugoso que permite abrazar mellor a salsa elixida. Por outra, o proceso de secado lento e a baixa temperatura axuda a conservar o sabor e as calidades nutricionais do trigo duro.

Como novidade, mellorouse aínda máis a receita das Conghiglie e dos Gigli EROSKI SeleQtia. Agora as súas cores son máis intensas. Así os nosos pratos serán máis divertidos e a súa receita achega outros ingredientes que as pastas tradicionais non inclúen, como as verduras. Ademais, os Spaghetti al nero di sepia EROSKI SeleQtia reformuláronse: dobrouse a porcentaxe de tinta de lura na receita para que sigan a ser os preferidos polos nosos clientes.

Con todo o sabor

Pasta italiana artesanal Spaghetti al nero di sepia EROSKI SeleQtia. 250 g.

Pasta italiana artesanal Fusilli bucati EROSKI SeleQtia. Elaborada con molde de bronce. 500 g.

Pasta italiana artesanal Gigli al pomodoro espinaci EROSKI SeleQtia. Elaborada con molde de bronce. 500 g.

Pasta italiana artesanal Conghiglie ai cinque colori EROSKI SeleQtia. Elaborada con molde de bronce. 500 g.

Pasta italiana artesanal Pennoni EROSKI SeleQtia. Elaborada con molde de bronce. 500 g.

Page 32: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

o escaparate

32

ESPAGUETES NEGROS CON GAMBAS

INGREDIENTES

• 300 g de Spaghetti al nero di sepia EROSKI SeleQtia

• 2 dentes de allo• Un cachiño de

chile seco• 200 g de gambas

peladas

• 100 g de mexillóns en conserva ao natural

• 30 ml de aceite de oliva virxe extra

• Un chisco de sal• Unhas follas de

perexil picadas

COMO SE ElAbORA

l Quentamos abundante auga nunha cazola e, cando ferva, engadimos un chisco de sal. Deseguido, agregamos os espaguetes e deixamos que cozan 8 minutos. Cando estean cocidos, retirámolos do lume e arrefriámolos baixo un chorro de auga fría coa axuda dun coadoiro grande. Para que non peguen entre eles, untámolos lixeiramente con aceite e reservámolos.

l Nunha tixola ampla, tipo wok, e con aceite de oliva quente, douramos os dentes de allos pelados e fileteados. Logo, retiramos a tixola do lume e agregamos un cachiño de chile, as gambas e mais os mexillóns. Volvémola colocar ao lume e refogamos 5 segundos.

l Engadimos os espaguetes reservados. Salteamos todo o conxunto un intre, esparexémoslle por riba o perexil e servimos decontado.

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

calorías

20%

40715%

10,2gGraXa

11%

0,7gsal

2%

2gaZUcrEs

9%

1,7g

GraXasatUrada

PASTA CON SALTEADO DE LAGOSTINOS E ShITAKES

INGREDIENTES

• 1 ceboliña• 4 dentes de allo• 200 g de

cogomelos shitake

• 350 g de Gigli al pomodoro espinaci EROSKI SeleQtia

• 650 g de lagostinos

• 60 g de salsa de soia

• Perexil• 60 ml de aceite

de oliva

COMO SE ElAbORA

l Pelamos a ceboliña e mais os dentes de allo, cortámolos en finas láminas e salteámolos nunha pota quente xunto co aceite de oliva.

l Así que comecen a tornar amarelados, engadimos os cogomelos limpos e partidos en tiras. Cocémolos durante 10 minutos a lume medio e agregamos os lagostinos pelados. Deseguido, refogamos o conxunto, poñémolo ao punto de sabor cun toque de salsa de soia e cuns cachiños de perexil.

l Fervemos a pasta en abundante auga con sal e, cando estea al dente, escorrémola. Servimos a pasta co salteado de lagostinos e shitakes.

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

calorías

22%

4334%

3,1gGraXa

16%

1gsal

6%

5,4gaZUcrEs

3%

0,5g

GraXasatUrada

ENSALADA DE PASTA COLORIDA

INGREDIENTES

• 100 g de Conghiglie ai cinque colori EROSKI SeleQtia

• 10 ravos pequenos

• 3 cenorias• 100 g de

chícharos conxelados

• 50 g de millo en conserva

• 90 ml de aceite de oliva

• 30 ml de vinagre balsámico

• Un chisco de sal

COMO SE ElAbORA

l Cocemos a pasta durante 6 minutos en auga con sal. Así que estea cocida, escorrémola e reservámola untada lixeiramente con aceite de oliva para evitar que se pegue.

l Lavamos os ravos e partímolos. Pelamos as cenorias e cortámolas á xuliana. Cocemos os chícharos en auga fervendo con sal. Unha vez cocidos, arrefriámolos en auga con xeo para fixarmos a súa cor verde intensa.

l Preparamos a ensalada dispoñendo os diversos ingredientes de maneira ordenada.

l Elaboramos unha vinagreta con nove culleradas de aceite de oliva, tres culleradas de vinagre e un chisco de sal. Con esta vinagreta aliñamos a ensalada de pasta xusto no intre de servila.

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

calorías

18%

36033%

23,3gGraXa

8%

0,5gsal

10%

9gaZUcrEs

19%

3,8g

GraXasatUrada

4 media 10-15’ > 5 4 fácil 20-30’ 5-10 4 fácil 15-20’ 5-10

Page 33: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

Una buena salud empieza con una buena alimentación. ultima™ es un alimento elaborado con ingredientes de primera calidad y cocido al vapor, manteniendo así

todo el sabor y las propiedades para cuidar lo que más quieres.

www.ultima.es

CON INGREDIENTES DE ALTA CALIDAD

* Una fuente de proteína animal como el pollo, el salmón o el cordero.** Cebada en el caso de gatos esterilizados Sin conservantes ni colorantes

Page 34: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

na tenda contigo

34

Entra no novo EROSKIEscoitámosvos. Inspirámonos nas vosas suxestións para definirmos as bases do modelo de tenda dos nosos novos supermercados e hipermercados. Quérelo coñecer?

Page 35: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

35as vantaxes de ser socio

na tenda contigo

Toda unha experiencia de compra nas denominadas “zonas descubrimento”, que poderás atopar nalgunhas tendas: os supermercados de Mutilva (Navarra), de Ermua (Biscaia) e nos hipermercados de Garbera e Zarautz (Guipúscoa), por exemplo. Nestas áreas, iluminadas de xeito especial e cunha estética moi coidada, atoparás produtos que ofrecen un plus pola súa calidade, prestacións, orixe ou presentación: distintos chocolates de novas orixes; unha ampla variedade de cápsulas de café onde ata podes mercalas a granel; pasta italiana en todas as súas formas, cores e sabores; máis de 60 especialidades de cervexas nacionais e internacionais; limpadores con máis tratamentos específicos, fragrancias e formatos, etc. Anímaste a visitalas?

T i es a nosa principal prioridade nas novas e nas anovadas seccións da tenda “Contigo”: ti,

a túa saúde, a túa alimentación... De aí que a atención personalizada sexa un dos seus puntos fortes.

A tenda “Contigo” outórgalles máis protagonismo aos alimentos frescos, un dos nosos sinais de identidade. Por iso, dedicámoslles maior espazo e atoparás asesores especialistas en frescos que che axudarán na túa compra.

A nosa aposta polos produtos locais fortalécese aínda máis. Isto tradúcese en centos de acordos de colaboración cos provedores de cada rexión e, como verás, un lugar preferente e destacado na tenda para estes produtos.

Outro dos puntais das nosas novas tendas “Contigo” son a promoción dunha alimentación saudable e o compromiso coa saúde. Para iso, creamos novas seccións como as de alimentación ecolóxica ou parafarmacia. É, ademais, o reflexo dun compromiso histórico de EROSKI.

A nova arquitectura interior, as cores, os mobles, os lineais e a sinalización reproducen un modelo de establecemento onde se incorporaron as últimas innovacións tecnolóxicas para mellorar a súa eficiencia enerxética e reducir o impacto ambiental da actividade de cada tenda.

UNHA GRAN PRAZA DE ABASTOSO verdadeiro corazón da tenda “Contigo” érguese nunha zona claramente diferenciada e cunha estética moi diferente á do resto das áreas. Como se fose unha gran praza de abastos, as seccións de frescos toman vida propia.• Froitería. Unha parte importante das froitas e verduras de tempada que se venden nesta sección proceden de provedores agrarios da rexión.• Chacinería. A presenza do produto local tamén é importante. Ten dous mostradores: un para cárnicos e outro para queixos. Cómpre salientar a gama de produtos cortados no momento no propio centro (cocidos, curados e queixos).• Carnicería. Incorpora un mostrador de venda asistida para as pezas nobres, así que non dubides en lles

Zonas descubrimento

pedir asesoramento aos empregados desta sección.• Peixería. Entre a ampla variedade da que dispón non faltan peixes das lonxas dos portos máis próximos.• Panadería. Pan acabado de facer e produtos de provedores locais.

ÁREA DE SAÚDENo novo modelo de tenda “Contigo”, a promoción dunha alimentación saudable realízase a través da

posta en marcha de novas seccións como “Alimentación Ecolóxica” ou “Zona BIO”. Nelas atoparás unha gama máis extensa de produción ecolóxica e mais produtos dietéticos e específicos para intolerancias alimentarias, como ao glute, á lactosa, etc.

Este compromiso coa saúde materialízase nunha nova sección de parafarmacia máis grande e especializada no coidado persoal.

Page 36: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

36

na tenda contigo

Para que o concepto de

sala de vendas da tenda

“Contigo” se puidese

desenvolver, os metros

físicos para os produtos

non alimentarios diminuíron

de xeito notable, pero

non a súa proposta. No

seu lugar, seguro que

che sorprende o stand

de venda por catálogo.

Neste espazo, da man dun

equipo asesor, pódeste

informar e adquirir todos

os produtos que caben

no catálogo de EROSKI.

E é que con esta idea tan

innovadora as túas opcións

multiplícanse.

Venda por catálogo para a non alimentación

Nun lugar privilexiado da sala de vendas da tenda “Contigo” atópase a Aula do Cliente, que serve de punto de encontro para que esteas sempre informado e dende a cal en EROSKI podemos promover hábitos de alimentación saudables. Nela ofrécense charlas sobre consumo, cursos de cociña, catas, encontros e seminarios relacionados coa nutrición, amais das sesións do Programa Educativo en Alimentación e Hábitos de Vida Saudables (PEAHS) da Fundación EROSKI. Tamén representa o centro de participación activa dos consumidores onde é posible debater, posicionarse e definir directrices sobre temas que vos interesan.

Aula do ClienteÉ un punto de encontro onde se organizan actividades sobre alimentación saudable

Page 37: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

AAFF_Truvia_Eroski.pdf 1 28/7/15 10:40

Page 38: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

38

enerxía para medrar

Amiúdo, conseguir que os máis cativos tomen a sobremesa supón mil e

un esforzos. Claro que a cousa cambia cando aparece en escena “o doce”. As escusas e subterfuxios acaban para galletas, biscoitos ou madalenas. Agora ben, deberiamos desterrar da dieta infantil todos os produtos de bolería e repostería que inclúan entre os seus ingredientes os termos “aceites e/ou graxas vexetais parcialmente

hidroxenados” ou graxas trans.Estes ácidos graxos vexetais

parcialmente hidroxenados fixéronse populares polos seus ben sabidos efectos negativos na nosa saúde. De feito, a Administración de Alimentos e Medicamentos de Estados Unidos (FDA) comunicoulle á industria alimentaria do seu país que debe retirar as devanditas substancias dos seus produtos. Algo que EROSKI xa fixo no 2009.

Sempre queda a posibilidade

de preparalos na casa: con graxas saudables, como aceite de oliva ou xirasol, e incluír ingredientes tan recomendables como froita ou froitos secos. Iso si: aínda que se trate de repostería caseira ou sen graxas trans, a moderación debe sentar á mesa. Outra alternativa é confiar naquelas marcas que de xeito voluntario decidiron eliminar dos seus produtos as graxas vexetais parcialmente hidroxenadas, como fixo no seu día EROSKI.

Coma na casa...Facer a repostería na casa é un xeito de lle facermos fronte ás graxas trans que abundan na bolería industrial e que ultimamente se fixeron populares polos seus efectos nocivos para a saúde.

A túa saúde para nós é o primeiro

73.819 nenos participaron no Programa Educativo da Escola de Alimentación da Fundación Eroski www.escueladealimentacion.es

Page 39: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

39as vantaxes de ser socio

0,20 €por

persoa

MADALENAS DE CACAO

IngredIentes pArA 6 unIdAdes

• 2 ovos• 125 ml de leite• 100 ml de aceite

de oliva• 50 g de azucre

• 10 g de lévedo en po

• 100 g de fariña de repostería

• 1 limón• 25 g de cacao

fácil 30-40’

Como se elAborA

l Nun recipiente fondo batemos os ovos e engadimos o leite frío. Así que ligue, vertemos a manteiga derretida, líquida e morna, o azucre, o lévedo, a fariña, a reladura de limón e mais o cacao. Remexemos todo o conxunto ata acadarmos unha pasta fina e cremosa.

l Enchemos cada molde ata a metade, esparexémoslle por riba un pouco de azucre e introducímolo no forno a 180 °C de temperatura,

previamente prequentado. Cociñamos durante 20 minutos, ata que as madalenas suban e collan cor por riba. Comprobamos que están cociñadas picando cun escarvadentes o seu interior: se o escarvadentes sae sen restos de masa, están listas.

l Sacamos do forno as madalenas e deixámolas arrefriar sobre unha reixa de pastelería.

Unha madalena contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un neno entre 5 e 10 anos

calorías

15%

29516%

10,9gGraXa

7%

0,4gsal

22%

19,6gaZUcrEs

25%

5g

GraXasatUrada

Page 40: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

40

enerxía para medrar

0,21 €por

persoa

GALLETAS SEN MANTEIGA CON PIÑA E PASAS

IngredIentes pArA 16 unIdAdes

• 50 g de piña• 1 ovo• 100 g de azucre

moreno• 125 g de fariña

• 10 g de lévedo• 50 g de uvas

pasas sen pebidas

Como se elAborA

l Trituramos a piña para que quede en forma de papa ou puré. Batemos o ovo ata que dobre o seu volume, agregamos o azucre aos pouquiños e seguimos a bater para que non perda a súa esponxosidade. Incorporamos a piña. Mesturamos a fariña co lévedo, incorporámola á masa e mesturámolo todo de xeito homoxéneo. Prequentamos o forno a 200 °C.

l Nunha bandexa con papel de forno colocamos porcións de masa e, cando adquiran forma de galleta, colocamos sobre elas uns cachiños de uvas pasas sen pebidas. Introducimos no forno e deixamos cocer durante 12 ou 15 minutos. Sacamos do forno, despegamos da base con coidado e colocamos sobre o prato de servizo.

4 fácil +1h

Aínda que a “doce tentación” se elabore na casa e sirva para espertar o gusto pola cociña entre os máis pequenos, cómpre

lembrarmos que unha dieta equilibrada e saudable debe

basearse no consumo frecuente

e abundante de alimentos de orixe

vexetal pouco procesados

SUXESTIÓN

podes atopar máis receitas de galletas aquí

Tres galletas conteñen:

da Inxestión de Referencia (IR) para un neno entre 5 e 10 anos

calorías

14%

2783%

2gGraXa

6%

0,3gsal

38%

33,4gaZUcrEs

2%

0,5g

GraXasatUrada

Enerxía para medrar

Page 41: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

Sin título-1 1 24/7/15 10:30

Page 42: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal
Page 43: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

43as vantaxes de ser socio

Oafeitado diario, a exposición ao sol, ás altas e baixas temperaturas, ao vento... son algunhas das

agresións que pode chegar a sufrir a pel dos homes acotío. Irritación, escamacións e deshidratacións son os efectos máis visibles. Por iso, precisa ser reconstituída.

A pel masculina é moi distinta á feminina: é máis graxa e o seu pH é máis acedo. Por esta razón, é fundamental empregar cosméticos deseñados especificamente para os homes. Presentámosche o que belle pensou para ti.

Especial homes

Os homes tamén se coidanPresentámosche a renovada gama de coidado facial masculino MEN by belle, de venda exclusiva en EROSKI. Con ela acabáronse as escusas para non te coidares.

beleza

Page 44: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

44

beleza

4 PaSOS PaRa uNha PEl Sa E COIdada

PRODUTOS AO TEU SERVIZO• Sen parabenos en toda a gama.

• Dermatoloxicamente testada.

• Fórmulas melloradas: con principios activos máis cualitativos e redución da presenza de conservantes.

• Perfumes sen alérxenos etiquetables.

1Limpar. Aínda que a simple vista o noso rostro poida parecer estar limpo, non o está. A polución,

o fume do tabaco e o uso doutros produtos van depositando ao longo do día milleiros de partículas que cómpre limpar. A limpeza da pel débese facer dúas veces ao día, unha vez pola mañá e outra pola noite, antes de se deitar. Os homes teñen unha pel máis graxa, así que é recomendable usar un limpador facial axeitado e especializado na cute masculina.

2 Hidratar. O paso de hidratar é un xesto indispensable para unha cute sa e bonita.

A crema hidratante é, polo tanto, un básico no ritual de coidados da pel masculina. Hidrata a pel e axuda a previr agresións e posibles erosións cutáneas, avellentamento prematuro... Sempre que se poida é recomendable elixir unha crema ou un xel hidratante que teña protección solar.

3 ExfoLiar. Podemos limpar e hidratar a pel acotío, pero se non a exfoliamos, o traballo

non acaba de estar ben feito. A exfoliación consiste na eliminación das células mortas da pel. Co paso do tempo, a nosa pel é capaz de exfoliarse por si soa (de xeito moi lento), polo que é mellor que adoptemos como parte da nosa rutina a exfoliación (polo menos dúas veces por semana).

É recomendable usar un exfoliante específico para o coidado masculino que suavice a pel. Deste xeito, suavízanse tamén os folículos do pelo e o afeitado será menos irritante.

4 Coidado dE oLLos. Non hai xeito de esquivar o paso do tempo. E o primeiro signo que

nos delata son os ollos. Onde primeiro se ven os sinais de avellentamento é na zona de arredor dos ollos. É un detalle que moitas persoas adoitan descoidar.

Co contorno de ollos axeitado hidrátase, suavízase e protéxese a pel desta zona. Aconséllase aplicalo cada mañá e cada noite antes de se deitar.

Page 45: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

Dove es diferente, ¡descúbrelo en tu piel!

En Dove, queremos inspirarte a creer en tu belleza real y a cuidarte con productos de

calidad superior. Dedicar un pequeño momento a ti misma cada

día te hará sentir más bella y más feliz, ¡disfrutando siempre de ser tu misma!

Geles de Ducha con Nutrium Moisture®

Aplicar el producto sobre la piel mojada y extender con un suave masaje circular para mejorar la circulación.Aclarar con agua abundante y secar bien antes de aplicar la crema hidratante

*Promoción válida desde el 27 de Agosto hasta el 9 de septiembre de 2015

1 Desodorantes con 1/4 de crema hidratante

Aplicar sobre las axilas y ¡lista para disfrutar de un gran día!

2 Lociones Hidratantes con DeepCare Complex®

Aplicar el producto sobre la piel seca y extender bien ma-sajeando con movimientos hacia arriba hasta que se haya absorbido completamente

3

comprando 2

Comprando 3, En todos los productos Doveseñalizados

te devolvemos el 3º

COMBINACOMO

QUIERASSolo para socios

Te devolvemos la unidad de menor importe en tu tarjeta*

Page 46: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

46

beleza

PaRa O COIdadO COTIÁNEstes produtos son os mellores aliados para seguir unha rutina de limpeza e hidratación cotiá.

xel limpador mEN by belle (150 ml)

• Regula o exceso de graxa e deixa o rostro

suave e terso.

• Con áloe vera, betaína e limón.

• Suaviza e refresca. Contén activos

hidratantes.

• De uso diario, mañá e noite.

xel exfoliante purificante mEN by belle (100 ml)

• Elimina as impurezas, non deixa residuos e prepara a pel para o afeitado ou posterior tratamento.

• Con microperlas de vitamina E, áloe vera e betaína.

• Uso: 2 veces por semana.

Crema hidratante mEN by belle (75 ml)

• Textura suave e lixeira. Tonifica, hidrata e protexe a pel. Evita o irritado logo do afeitado. Con aceite de karité, betaína e vitamina E.

• De uso diario, mañá e noite.

Bálsamo aftershave dobre acción mEN by belle (50 ml)

• Aftershave calmante e tamén hidratante antifatiga.

• Mellora o aspecto da pel tras o afeitado.

• Hidrata e revitaliza a pel eliminando os signos de cansazo.

• Apto para peles sensibles, sen alcohol.

• Formulado con alantoína, que favorece o crecemento celular e a cicatrización, bisabolol, áloe vera e manteiga de karité.

• Dermatoloxicamente testado. Hipoalerxénico.

• Uso: despois do afeitado.

Page 47: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal
Page 48: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

48

beleza

COIdadOS ESPECÍFICOSA pel dos homes é máis graxa, polo que é importante utilizar cosméticos especialmente deseñados para a cute masculina. Xa non hai escusas. Coida a túa pel!

Contorno roll-on mEN by belle (15 ml)

• É un produto antibolsas, antiolleiras e antifatiga.

Contén silicio orgánico e cafeína e preséntase nun cómodo formato roll-on.

• Oftalmoloxicamente testado.

• De uso diario, mañá e noite.

Crema antiengurras mEN by belle (50 ml)

• Trátase dun produto antiidade, antipolución e que contribúe á rexeneración celular. Con silicio orgánico, microproteínas de moringa e L-arxinina.

• Mellora o aspecto da pel ao paliar os efectos do paso do tempo e proporciona un aspecto mate e sen brillos.

• De uso diario, mañá e noite.

Crema revitalizante mEN by belle (50 ml)

• Combate os signos de fatiga masculinos, «espertando» a pel e mellorando o seu aspecto ao instante.

• Con enerxen e microproteínas de moringa.

• De uso diario, mañá e noite.

Belle, a túa beleza, o teu benestar sen Parabenos

SEn parabenos

Dende o 2013, estamos a eliminar os parabenos dos nosos produtos cosméticos.

Page 49: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal
Page 50: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

52

PEAHS

Plans turísticos

O Programa Educativo de Alimentación e Hábitos Saudables (PEAHS) da nosa

Escola de Alimentación xa conta co seu primeiro recoñecemento por impulsar prácticas saudables entre os escolares. “Enerxía para medrar” recibiu o Selo Gosasun, unha distinción promovida pola Axencia Vasca da Innovación (Innobasque), que destaca iniciativas comprometidas co fomento no País Vasco de hábitos de vida saudables en alimentación, actividade física e saúde emocional.

O PEAHS, posto en marcha no 2012 pola Fundación EROSKI para frear a crecente taxa de obesidade infantil en España, está a piques de comezar a súa cuarta edición en centos de escolas de Educación Primaria. O programa consiste en

V iaxar en globo, saborear un menú degustación ou pasar unha noite

inesquecible nunha casa rural son algunhas das propostas de “gou! by EROSKI”. Con esta iniciativa, dende EROSKI queremos dinamizar o sector turístico, amais de premiarmos os nosos socios con aforros de ata o 33% na adquisición destas escapadas. A través da web goueroski.es e das tendas de EROSKI adheridas a esta promoción, o proxecto bota a andar con máis de 600 plans. Impulsada conxuntamente coa Axencia Vasca de Turismo (Basquetour) e mais co Grupo Gureak (grupo empresarial que empregou seis persoas con minusvalidez para este programa), a plataforma “gou! by EROSKI” conta co apoio de “Euskadi-Basque Country”, “Reyno de Navarra” ou “La Rioja Apetece”.

Tempada de verán

De festa contigo

D ende EROSKI quixemos participar en todo tipo de eventos que se celebraron este verán por toda España. En Pamplona, por exemplo, volvemos

patrocinar o Concurso Internacional de Fogos Artificiais de San Fermín; ademais, axudamos economicamente ao parque infantil e xuvenil “Menudas fiestas”. Tamén instalamos un supermercado EROSKI na zona de acampada do festival de música Bilbao BBK Live e abrimos outro PopUp Store franquiado en varios concertos bilbaínos e mais no Alrumbo Festival 2015 de Chipiona (Cádiz). En Galicia, celebramos a festividade do Día do Apóstolo Santiago axudando aos máis necesitados e entregámoslles 9.000 quilos de alimentos a unhas 2.400 persoas que se alimentan en comedores sociais, en colaboración con 11 entidades benéficas galegas.

Selo Gosasun para “Enerxía para medrar”

Experiencias únicas con “gou! by EROSKI”

“Enerxía para medrar” recibiu o Selo Gosasun, unha distinción promovida pola Axencia Vasca da Innovación

dous obradoiros prácticos nas nosas tendas e oito sesións para impartir na aula (tres delas coa Fundación Española do Corazón, UNICEF e WWF). Durante o pasado curso, máis de 67.000 estudantes de 930 centros educativos de 15 comunidades autónomas participaron neste plan. Con el ampliaron os seus coñecementos sobre alimentación, a pirámide e a etiquetaxe nutricional e o valor do consumo de produtos locais ou a relación entre a alimentación e a sostibilidade do planeta.

Page 51: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

53as vantaxes de ser socio

Certificación SA 8000

Comprometidos cunha xestión ética

E n EROSKI temos a honra de sermos a única empresa de distribución española que conta cunha

acreditación que promove o respecto dos dereitos dos traballadores a escala mundial. Trátase do certificado da Norma Social Accountability 8000 (SA 8000), que obtivemos por primeira vez no 2003 e que vimos de renovar, logo de pasarmos a correspondente auditoría de control cada seis meses. Esta certificación ratifica o compromiso e cumprimento de EROSKI coas condicións de traballo éticas, cos dereitos laborais, coa responsabilidade social corporativa e co diálogo social.

A norma SA 8000 ten en conta a

correcta implantación de medidas de salubridade e de seguridade no traballo, unha xusta liberdade de asociación e de dereito de negociación colectiva e o cumprimento da lexislación vixente de horarios laborais e salarios. Garante tamén a ausencia de traballo infantil, de traballos forzados, de calquera tipo de discriminación ou da aplicación de castigos disciplinarios, tanto físicos como psicolóxicos, incluíndo a todos os provedores. Ademais, no apartado “Control de provedores e subcontratas” incorpora medidas para impedir calquera tipo de suborno, actividades corruptas e, en definitiva, calquera caso de corrupción.

Supermercados

En só medio ano, 52 novos supermercados xa figuran dentro

da nosa rede de tendas franquiadas, que alcanza os 500 establecementos. A súa apertura, concentrada especialmente en Andalucía, Cataluña, País Vasco e Baleares, supuxo a creación de 350 postos de traballo e un investimento superior aos 11 millóns de euros. Con estas franquías e as que se espera abrir nos vindeiros meses en Madrid, Estremadura e Levante, antes de que remate o ano en EROSKI contabilizaremos un cento de novos supermercados, que se sumarán aos 58 abertos no 2014.

Todas estas tendas responden ao novo modelo comercial “Contigo” de EROSKI, no que son característicos un trato máis personalizado ao cliente e unha forte aposta polos produtos locais. De feito, os centros franquiados teñen unha oferta case exclusiva de alimentación, cunha gran variedade de alimentos rexionais como expresión do noso compromiso a prol da diversidade do tecido produtivo agroalimentario, o que nos leva a colaborar con máis de 4.700 provedores distintos.

52 franquías na primeira metade do ano

Espazos de participación

EROSKI club, máis contigo

F ormar parte de EROSKI club ten moitas vantaxes: descontos de ata do 15% en máis de 2.500 produtos

a través do “Prezo Socio”, descontos personalizados e ofertas exclusivas que acumulan cartos na tarxeta moedeiro, amais de todos os beneficios que xa proporcionaba o programa Travel Club. Pero agora en EROSKI queremos estar ao voso carón aínda máis. Para iso activouse na web do club (areacliente.eroski.es) un espazo no que a vosa participación é esencial. Na área privada de EROSKI club

hai novos apartados nos que se pode dar a opinión sobre novos produtos, valorar os últimos lanzamentos, opinar sobre os nosos establecementos, entreterse con xogos relacionados coas marcas ou participar en concursos.

Page 52: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

É tempo de...cogomelos e fungos

Un outubro moi EROSKI Sannia

Novos zumes EROSKI SeleQtia

o vindeiro mes...outubro’15

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

calorías

17%

33126%

18gGraXa

13%

1gsal

5%

4,4gaZUcrEs

34%

7g

GraXa saTUraDa

O semáforo nutricionalQue é?

O semáforo achéganos información nutricional sinxela e facilmente comprensible sobre as receitas que podes atopar nesta revista. A preocupación por che ofrecer unha alimentación sa e equilibrada levounos a incluír esta información orientativa, que te pode axudar a construír unha dieta máis saudable.

Sobre que informa o semáforo nutricional?

RACIÓN. Enténdese por ración a porción de alimento que inxerimos habitualmente cada vez que o comemos.

ACHEGA DE NUTRIENTES. Infórmase sobre a cantidade de calorías e nutrientes que achega cada ración de alimento inxerido. CANTIDADE DIARIA ORIENTATIVA (CDO). A comunidade científica recomenda unha cantidade diaria de calorías e de nutrientes (a CDO) que cómpre inxerirmos para mantermos unha dieta sa.

Como se calculan estas porcentaxes? Están calculadas para unha muller adulta cunha inxestión diaria de 2.000 kcal (agás nos produtos para nenos, calculados para as súas necesidades). Ademais, as necesidades individuais poden variar en función do sexo, da idade, da actividade física ou doutros factores.

QUE SIGNIFICAN AS CORES? A achega nutricional dunha receita depende dos ingredientes elixidos, da cantidade de cada un deles que empreguemos ao preparala, do xeito

no que se cociñan (non é o mesmo fritir, asar, cocer...) e do tamaño da ración que inxerimos.

As cores do semáforo nutricional que verás en cada receita facilitan a comprensión da información nutricional dunha ración. Dunha soa ollada poderás saber a importancia que unha ración ten en relación coa Inxestión de Referencia.

Así, para as calorías e os nutrientes de cada receita...

...unha ración supón unha achega importante das necesidades diarias

...unha ración supón unha achega algo menor, aínda que segue a ser significativa

...unha ración da receita supón unha menor achega sobre a Inxestión de Referencia.

O valor concreto para cada nutriente nunha ración de cada receita vén expresado en valor absoluto e en porcentaxe sobre a Inxestión de Referencia.

Page 53: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

AF 200x280.pdf 1 05/05/15 16:12

Page 54: Revista EROSKI Club Septiembre 2015 Gal