revista moemia virtual marzo 2013
DESCRIPTION
Revista elaborada por los usuarios del Aula Ocupacional NN.TT. de Fingoi LugoTRANSCRIPT
Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.
COGAMI - CRD-FINGOI
Índice
O Artigo
Deportes
Recuncho Literario
O Noticiero
Carteleira
Enlaces de interese
Poesía
Edita:
COGAMI - CRD-FINGOI - Lugo.
Consello de Dirección:
Directora:
Rosa M. Pías Salgado
Coordinadora:
Purificación Salvador Rebolo
Maquetación:
Enrique Sanmartín
Redactores de sección:
Juan Antonio García
José Manuel Ramil
José Luis Vázquez
Luis Fernández Trinidad
Enrique Sanmartín
Ana Varela
Jose Rodiño
Roberto Camba
Manuel Paz
Francisco Gullón
Ricardo Lamazares
Nieves Gayoso
Antonio Fernández
Ana Cristina Piñeiro
Manuel Rosón
Óscar Vigo
Jose Luis López
José Carlos Vázquez
Luis Alberto García
Ramón Veiga
Miguel Regueiro
Arturo Fojón
Francisco J. Solana
Gustavo Latorre
Manuel Álvarez
Raquel Combo
Manuel A. Jiménez
Colaboración Externa:
José Ángel Vázquez
Alfredo Romero
Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.
COGAMI - CRD-FINGOI
Revista mensual gratuíta realizada no Programa de Formación Ocupacional para persoas congrandes discapacidadesCOGAMI - CRD-FINGOI
3
6
11
13
14
15
15
5
10
12
13
14
15
15
3 ARTÍGO
ACADAR propón o autocoidado a través da saúde sexual"
ACADAR desenvolveu durante o mes de marzo o proxecto "O autocoidado a través da saúde sexual" en colaboración co Concello de Lugo, realizando 5 obradoiros de 3 horas cada un, na que participaron mulleres e homes con e sen discapacidade desta cidade. Estes obradoiros impartironse no salón de actos do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra.
As inscricións para este obradoiro xestionáronse dende a Casa da Muller do Concello e a actividade enmárcouse dentro dos actos previstos na Concellería, con motivo da
celebración do Día Internacional da Muller.
ACADAR con este proxecto pretende fomentar a participación das mulleres con discapacidade e do resto de persoas do Concello, especialmente as residentes no rural, a través do reforzamento da autoimaxe e autoestima no marco afectivo sexual, contribuindo á mellora da súa saúde integral e a eliminación dos principais obstáculos que ocasionan un menor nivel de participación social.
ACADAR forma parte da Confederación Estatal de Mulleres con Discapacidade e participa activamente nas comisións da muller que puxeron en marcha as organizacións impulsoras da combinación da dobre transversalidade de xénero e discapacidade.
Actúan en Galicia coa finalidade de ofertar servizos, dirixir actividades e reivindicar dereitos para todas as mulleres con discapacidade independentemente do lugar onde residan, tendo en conta sobre todo, as necesidades específicas das mulleres residentes no rural, das mulleres con discapacidade máis severa e/ou nas que concorren circunstancias de risco ou exclusión social.
Ao mesmo tempo, manteñen contactos coas distintas Administracións públicas para conseguir introducir o dobre enfoque da promoción da igualdade de xénero e o empoderamento da muller con discapacidade segundo as bases da Convención Internacional dos Dereitos das Persoas con Discapacidade.
Jose L. Lago
A Secretaria Xeral de Igualdade presentou o proxecto acompañada pola Presidenta de ACADAR.
O pasado mes de marzo, a Casa das Asociacións de Compostela acolleu a presentación do programa “Descubre a Nosa Realidade”, unha aposta pola busca da igualdade efectiva de oportunidades das mulleres con discapacidade, incrementando a súa participación social e loitando contra a violencia de xénero contra as mulleres con discapacidade.
A Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, presentou este programa que a Asociación de mulleres con discapacidade de Galicia (ACADAR) vai desenvolver ao longo deste ano.
A Presidenta de ACADAR, Mónica Álvarez, fixo un balance dos proxectos que a entidade realizou durante o ano pasado e tamén dos que iniciarán ou se están executando durante este ano, todos eles en favor do empoderamento da muller con discapacidade, reivindicando un cambio social e incrementando a autonomía e participación social.
A Asociación ACADAR presenta un programa a favor da igualdade das mulleres con discapacidade
Jose L. Vázquez
4 ARTÍGO
PROGRAMA OPERATIVO FSE - GALICIA 2007 - 2013 Curso cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de GaliciaConsellería de Traballo e Benestar- e impartido por COGAMI a persoas con discapacidade
Secretaría Xeral de Política Social
COGAMI inicia seis cursos de formación no que participarán máis de setenta e cinco persoas con discapacidadede diversas localidades galegas Todos estes cursos están financiados pola Consellería de Traballo e Benestar – Secretaría Xeral de Política Social da Xunta de Galicia e o
Fondo Social Europeo no marco do convenio de Formación Profesional e Formación Ocupacional para as persoas con discapacidade que
residan na comunidade galega (PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013).
· Controlador de accesos (Xove): Un total de 12 persoas, 10 homes e 2
mulleres, iniciaron o pasado mes de febreiro esta acción formativa que
consta de 220 horas lectivas presenciais impartidas de luns a venres en
horario de 9:00 a 14:00 h. nas instalacións do centro de recursos de
Palmeiro (Urbanización de Palmeiro s/n. A Regueira). Ata o día 30 do mes
de abril, o alumnado terá que prepararse en contidos como informática,
área socioprofesional, técnicoprofesional, xurídica e mecanografía.
· Ofimática Básica (Cuntis): 14 persoas, 9 homes e 5 mulleres,
iniciaron esta acción formativa de 200 horas lectivas presenciais
impartidas de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 h. no Centro
de Formación Ocupacional da Ran (Pol. Industrial A Ran s/n, Cuntis).
Do 01 de marzo ao 29 de abril formaranse en contidos como
Windows XP, Word, Excel, Power Point e Internet.
· Introdución ás Técnicas de Oficina (Boiro): Do 04 de marzo ao 21 de maio, un total de 11 persoas, 3 homes e 8 mulleres,
recibirán formación durante 265 horas lectivas presenciais impartidas de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 h. na Casa da
Cultura A Cachada de Boiro. Os contidos que traballarán serán: Informática Básica, Ofimática Básica, Técnicas de Comunicación
e Recepción e Técnicas Administrativas de Oficina.
5 ARTÍGO
PROGRAMA OPERATIVO FSE - GALICIA 2007 - 2013 Curso cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de GaliciaConsellería de Traballo e Benestar- e impartido por COGAMI a persoas con discapacidade
Secretaría Xeral de Política Social
· Introducción ás Técnicas de Oficina (Ferrol): Un total de 15
persoas, 7 homes e 8 mulleres, recibirán formación do 06 de marzo
ao 21 de xuño durante 292 horas lectivas presenciais impartidas de
luns a venres en horario de 16:30 a 20:30 h. nas instalacións que ten
COGAMI en Ferrol (rúa Sánchez Calviño, 56-58 baixo). O alumnado
terá que prepararse en contidos como Informática Básica, Ofimática
Básica, Técnicas de Comunicación e Recepción, Mecanografía e
Técnicas Administrativas de Oficina.
· Ofimática Básica (Ponteareas): Do 11 de marzo ao 19 de xuño, un total de 12 persoas, 6 homes e 6 mulleres, formaranse ao
longo de 340 horas lectivas presenciais impartidas de luns a venres en horario de 15:30 a 20:30 h. centro de recursos
ASPRODICO (Barrio Canedo s/n. Ponteareas). Os contidos que se traballarán serán os de: sistema operativo, tratamento de
textos, folla de cálculo, Internet, presentacións gráficas e mecanografía.
· Controlador de accesos (Tomiño): Un grupo de 12 persoas, todos homes, iniciaron o pasado 18 de marzo esta acción formativa
que consta de 243 horas lectivas presenciais impartidas de luns a xoves en horario de 9:00 a 13:30h. nas instalacións do centro de
recursos de Vontade (Lugar de A Rocha nº 19B, Tomiño). Ata o día 20 do mes de xuño, os alumnos terán que formarse en contidos
como informática, área socioprofesional, tecnicoprofesional, xurídica e mecanografía.
Con estes, son 17 os cursos de formación profesional que a Confederación vai impartir neste ano coa fin de ensinarlles unha profesión ás
persoas que forman parte do colectivo que representa, para que estea preparado para a inserción ao mercado laboral e conseguir,
finalmente, a súa inclusión dentro da sociedade.
De feito, este ano como novidade, COGAMI vai poñer en marcha unha nova plataforma de formación baseada no MOODLE e que a
entidade personalizou e adaptou para o seu colectivo. Esta plataforma vai lograr impulsar a formación a distancia, permitindo que as
persoas do rural poidan ter as mesmas oportunidades formativas que as demais.
Ana Varela
6 NOTICIEIRO
Repsol e Paideia ensinan xardinería a persoas con discapacidade
A Fundación ONCE pide edificioscoa máxima accesibilidade
Políticas innovadoras de emprego con apoio
A refinería Repsol e a Fundación Paideia colaboraron co fin de mellorar a capacitación laboral de persoas con discapacidade ou con risco de exclusión social en A Coruña.
Luís Chamas presidente da refinería, e Rosalia Mera, presidenta da Fundación, asinaron recientemente o protocolo de actuación que permitirá o desenvolvemento dun proxecto “capacitación en xardinería e viveirismo” destinado a unhas 15 persoas.
A firma deste acordo tivo lugar nas instalacións da institución social en Mera (A Coruña). Ao acto asistiron alumnos, docentes, e responsables de seguimiento da actividade, valoración persoal e familiar.
Este proxecto foi o resultado dun concurso promovido a nivel interno polos traballadores da planta Repsol na súa Convención de Refino 2012. Deste concurso, A Fundación Paideia proclamouse vencedora, conseguindo un premio en metálico de 6.000 euros, cos que se desenvolverá o citado taller. Os estudantes prepáranse no
Juan García
Celebrouse en Madrid unha xornada onde se reclama a accesibilidade nas edificacións existentes. A fundación ONCE reclamou que todas as reformas e acondicionamentos dos edificios teñan o obxetivo de alcanzar a máxima accesibilidade posible.
Estiveron presentes representantes do Ministerio de Fomento, Instituto da Construción Eduardo Torroja, membros do CEAPAT, Consello da Promoción da Accesibilidade da Comunidade de Madrid, CERMI, Concello de Madrid, Asociación de Arquitectos Municipais da Comunidade de Madrid e ADIF, entre outros. Estas xornadas organizadas pola Fundación ONCE propoñen realizar alternativas cando a súa aplicación non se poida realizar de forma directa.
Considéranse mostrar posibles solucións alternativas e axustes razoables que sirvan de referencia para buscar solucións que resolvan ditas necesidades plenamente ou a un nivel case equiparable.
Antonio Fernández
Recentemente celebrouse en Viena, baixo o lema, “Emprego e Discapacidade”, a conferencia do Zero Project, na que se expuxeron as once políticas innovadoras nomeadas e seleccionadas, en relación á inserción laboral das persoas con discapacidade. Entre esas once políticas máis innovadoras atópase a española, grazas ao Real Decreto 870/2007, de 2 de xullo, polo cal regúlase o programa de emprego con apoio como medida de fomento de emprego para persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo.
Zero Project, é unha iniciativa da fundación Essl, o Word Future Council e o Banco de Austria, que aboga, impulsa e apoia os dereitos das persoas con discapacidade no ámbito internacional. Na conferencia participaron 250 membros do Parlamento Europeo, líderes de ONG e representantes de fundacións, científicos e activistas polos dereitos das persoas con discapacidade, co obxectivo de discutir as posibilidades e potencialidades para a implementación global destas políticas exemplares.
Zero Project publicará un informe no que se recollerán as cuestións a tratar durante a conferencia e os resultados obtidos do traballo previo realizado, que se presentará, con motivo do consello dos Dereitos Humanos das Nacións Unidas (ONU), de marzo de 2013, nas oficinas de Nacións Unidas de Génova, nun evento paralelo organizado co Word Future Council e a Misión Permanente de Austria.
Antonio Fernández
7 NOTICIEIRO
Ramón Veiga
O Presidente do grupo empresarial Galega de Economía Social, Anxo Queiruga, acompañado polo Director Xeral, José Luis Villasante, desprazouse ata a casa do concello de Rianxo para asinar un acordo co Alcalde, Adolfo Muíños, a través do cal a empresa de xestión medioambiental integral Coregal vaise facer cargo da limpeza viaria do concello.
Con duración ata finais de ano, este acordo supón que a empresa de economía social, que conta con instalacións en Boiro nas que t rabal lan 29 persoas con discapacidade, vai poder contratar a catro persoas máis e incrementar así as oportunidades laborais deste colectivo.
Coregal presentou os seus servizos a través dun concurso aberto que convocou o concello para centros especiais de emprego e que gañou de entre todas as candidaturas presentadas.
Coregal é unha empresa de xestión integral de residuos que arestora na comarca da Barbanza está realizando os seguintes servizos: xestión de papel e cartón no hospital de Barbanza; xestión dos puntos limpos dos concellos de Muros, Carnota, Porto do Son, Rianxo e Boiro; xestión de envases lixeiros nos concellos de Rianxo, Dodro e Vilagarcía; xestión de papel e cartón nos concellos de Boiro, Rianxo, Dodro, Catoira e Vilagarcía e tamén xestiona residuos en empresas privadas da comarca.
O Presidente do grupo empresarial Galega de Economía Social, Anxo Queiruga, e mailo Alcalde do Concello de Boimorto, Ignacio Portos, veñen de asinar un acordo a través do cal a empresa Dixardín vai ser a que acometa os traballos de mellora das zonas verdes municipais. Na sinatura estivo tamén presente o Presidente da Asociación de Persoas con Discapacidade das Comarcas de Arzúa e Terra de Melide e Apoio a Integración (Amarai), José Luis Costoya.
A partir da sinatura deste convenio e, ata finais de ano, vai ser a empresa de economía social Dixardín quen se encargue de arranxar os espazos verdes da piscina municipal, do campo de fútbol e do de adestramento, da zona do merendeiro, os xardíns anexos ao concello, do centro de día e miniresidencia e tamén da praza da Gándara e do centro médico.
Os traballos que se van acometer van ser tanto de sega, como de limpeza, colocación de plantas de tempada tratamentos fisiosanitarios, fertilizado e resembras.
Dixardín
Dixardín é un dos dez centros especiais de emprego que forman parte de Galega de Economía Social, grupo empresarial no que máis do 95% do persoal que ten posúe un certificado de discapacidade ou de incapacidade laboral.
O peche da asemblea contou coa
asistencia do Alcalde de Vigo, a
subdirectora Xeral de Desenvolvemento e
Seguridade Asistencial do Sergas, e a
Deputada Provincial de Benestar, Social e
Muller da Diputación de Pontevedra, e a
conselleira de Benestar Social.
A Asociación Galega de Hemofilia
(Agadhemo) celebrou o pasado 10 de
marzo, no hotel Carrís Miramar de Vigo, a
XX Asemblea Xeral, na que participaron
máis de 150 persoas con hemofilia ou con
algunha outra cuagulopatía congénita da
comunidade.
Durante a asemblea, ademais de repasar a
xestión e resultados xerais da asociación
durante o ano 2012, repasáronse as
actuacións e as mobilizacións por parte da
entidade para conseguir que o Sergas
manteña a súa vontade de diálogo cos
pacientes con algunha cuagulopatía,
facéndoos partícipes das decisións
relacionadas coa seguridade dos seus
tratamentos.
Durante o acto de clausura da asemblea, o
presidente de Agadhemo, David Silva,
estivo acompañado polo alcalde de Vigo,
Abel Cabaleiro, a Subdirectora Xeral de
Desenvolvemento e Seguridade Asistencial
do Sergas, Mercés Carreiras, a Deputada
Provincial de Benestar, Marta Igrexas Bo, a
Concelleira de Benestar Social Isaura
Abelairas e ademais o Presidente da
Confederación Galega de Persoas con
Discapacidade (COGAMI) Anxo Queiruga.
A empresa Coregal encargarase da limpezaviaria do concello de Rianxo
J. Carlos Vázquez
Manuel Paz
A empresa de xardinería Dixardín vai manter as zonas verdes do Concello de Boimorto
XX Asamblea Asociación Galega de Hemofilia
da
8 NOTICIEIRO
Modernización da Constitución para incluír aspectos sobre a discapacidade
Conducir cos pésDavid Rivas, coordinador de citas previas da
Fundación DKV Integralia, é o primeiro cidadán
europeo sen brazos que consegue sacar o carné
de conducir. A obtención deste permiso representa
para Rivas conseguir un soño e supuxo ao mesmo
tempo demostrar que se pode facer.
Este madrileño de 34 anos, residente en Parla,
trasladouse a Bilbao para matricularse en Irrintzi, a
única autoescola de España na que se imparte
formación a persoas con este tipo de
discapacidade. A obtención do carnet de conducir
non foi fácil pero conseguiuno nun segundo intento logo de practicar dez horas diarias.
Ford e DKV doaron a Rivas, un Ford C-Max con motor 2.0 TDCI de 140CV e caixa de cambios automática Powershif. Este coche ten
un prezo no mercado de aproximadamente 30.000 euros. Este custo inicial vese incrementado polas adaptacións especiais
necesarias, o que supón 40.000 euros máis.
Para as adaptacións utilizáronse uns complexos elementos tecnolóxicos, cos que se consegue que todos os elementos do automóbil
se acciónen cos pés, xa que o sistema actúa sobre a dirección, a aceleración e freada, a transmisión e demais elementos secundarios
como poden ser os intermitentes, luces e limpiaparabrisas.Oscar Vigo
O Secretario Xeral do Consello Xeral da ONCE e o
secretario da Fundación Dereito e Discapacidade
propoñen unha reforma constitucional en
materia de discapacidade e así o
expuxeron no marco das
xornadas, ”A Constitución
Española de 1978: materiais para
unha posible reforma”, xornadas
organizadas polo CERMI e a
Fundación Dereito e
Discapacidade, no Centro de
Estudos Políticos e
Constitucionais do Ministerio da
Presidencia.
Rafael de Lorenzo fixo referencia á
modificación da Constitución, dos
artigos 14 e 49 que falan do principio
de igualdade e non discriminación, e
encomenda aos poderes públicos A
realizar unha política de previsión,
tratamento, rehabilitación e integración
das persoas con discapacidade.
En relación ao artigo 14, propón incluír a
discapacidade como razón de non discriminación e
en canto ao 49 propón reiterar e reformar un
principio de protección ás persoas con
discapacidade.
Propón para conseguir este obxectivo de cara
ao futuro, actuar con máis garantías, con máis
solidariedade e cun maior grado de
cumprimento das normas. Sen normas non
hai prestacións nin seguridade xurídica.
É necesaria a presión para que se
cumpran as normas. Para o CERMI
existe unha marxe de mellora para
unha reforma constitucional en
materia de discapacidade.
Ana Mª Varela
9 NOTICIEIRO
“In- TIC Axenda” ferramenta multimedia para persoas con autismo
Europa deberá garantir os servizos das entidades sociais non lucrativas
Desenvolveuse por parte da Fundación Orange e o Centro de Informática Médica e Diagnóstico Radiológico (Imedir) da
Universidade da Coruña ,unha nova ferramenta multimedia destinada ás persoas con autismo, “In-TIC Axenda”.
“In-TIC Axenda” é un programa gratuito para Windows que emula o
comportamento das axendas convencionais (parede, mesa, velcros..) e
ademais crea actividades asociadas a secuencias de pictogramas para
conformar e estructurar o quefacer diario, semanal ou libre do usuario.
As persoas con transtorno do espectro do autismo (TEA), precisan dun
ambiente que este estructurado, que lles facilite a compresión na contorna e
lles axude a predecir o que poida suceder en cada momento. A citada
ferramenta permite construír a axenda no ordenador de xeito dinámico e
tamén consultar para que o seu destinatario teña coñecemento sempre do
que en que de facer, cuestión imprescindible nas persoas con (TEA).
Con este fin xorde “In-TIC Axenda”, unha ferramenta para indicar, de xeito visual e simplificado, as actividades que se deberán
realizar, en que momento, en que lugar e cúal será a orde en que se realizarán.
J. Carlos Vázquez
A través de cartas dirixidas a membros da Comisión
de Mercado Interior e Protección do Consumidor do
Parlamento Europeo, O Comité Español de
Representantes de Persoas con Discapacidade
(CERMI) solicitou a garantía que establecen as
directivas sobre contratación pública en torno ao
papel das entidades non lucrativas de iniciativa
social na xestión de servicios públicos
As entidades sociais constitúen unha ferramenta
moi poderosa para promover en condicións de
eficacia e eficiencia, a inclusión e o benestar
social, tal como propón a Estratexia Europea
EU2020 para un modelo de sociedade máis
inclusiva e xusta, na actual situación de crise, que
aborde de xeito máis violento aos sectores sociais
en situación de vulnerabilidade.
Para o CERMI, o sector social da discapacidade,
responde á necesidade de respetar a diversidade
dos modos de prestación de servizos de interés
xeneral, que levan a necesidade de promover
mecanismos de xestión de apoio a organizacións
sociais (organizacións do movemento asociativo,
cooperativas de integración social, Centros
Especiais de Emprego, etc.) . Ademáis, todo iso
efectúase de acordo a un modelo verdadeiramente
inclusivo e de defensa de dereitos, como se recolle
na Convención da ONU.
Así, segundo o sector social da discapacidade, crese na necesidade de
establecer fórmulas que protexen aspectos básicos, como o arraigo e a
capacidade de decidir das persoas usuarias dos servizos. O CERMI
tamén advirte que hai que ter presente que a resposta á realidade da
multiexclusión dalgúns colectivos estase realizando grazas ao traballo de
organizacións do Terceiro Sector que abordan a realidade das cidadás y
cidadáns de maneira global e inclusiva,e que teñen como finalidade á persoa e ó
seu itinerario vital.
O CERMI tamén indica que a proposta que apoia a discapacidade é a defensa da
promoción e o fomento da capacidade como operadores das organizacións de
acción social sen ánimo de lucro e de base asociativa, que levará a unha Europa
máis inclusiva, que dea resposta ás necesidades específicas de cada cidadán.
Luis A. García
10 NOTICIEIRO
A Asociación A Xanela cambia de lugar
Charla informativasobre a discapacidade e as axudas técnicas enSalvaterra do Miño
Xornada de portasabertas parafamilias de persoasusuarias do centrode COGAMI en Medelo
Ricardo Lamazares
A Asociación de discapacitados activos A Xanela, entidade que forma parte de COGAMI, traslada o seu punto de atención cidadán. A partir de agora, a nova sede desta entidade está ubicada na Avenida de Ferrol, onde o Mercado Vello, en As Pontes (A Coruña)
Este cambio de enderezo vai supoñer vantaxes para as persoas usuarias da entidade xa que as novas instalacións están máis céntricas, son máis accesibles e contan con prazas de aparcadoiro reservado próximas.
Este cambio de lugar non supón unha alteración da actividade diaria que realiza, como o programa de natación terapéutica que se desenvolve ata o mes de marzo e do que se benefician 12 persoas con discapacidade de As Pontes, 7 mulleres e 4 homes. Os venres de cada mes, durante unha hora, acoden á piscina municipal climatizada para realizar exercicios acuáticos que lles supoñen unha mellora no benestar físico, intentando buscar a autonomía dentro da auga e fomentar actitudes favorables ao seu benestar.
Este programa de promoción da saúde desenvólvese a través dunha subvención achegada pola Deputación de A Coruña, que permite que a natación terapéutica poida ser practicada por persoas usuarias da asociación A Xanela de As Pontes.
As persoas que inauguraron a charla foron a Tenente de Alcalde do Concello, Marta Valcárcel Gómez e mailo Presidente de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), Anxo Queiruga, que estiveron acompañados do Presidente da Federación COGAMI-Pontevedra, Ángel Holguera, e a Presidenta da Asociación de Persoas con Discapacidade de Condado e Paradanta (ADAPTA), Montserrat Cuevas. Tanto Holguera como Cuevas explicaron as actividades que se desenvolven nas entidades que presiden.
Que son as axudas técnicas, para que serven e que utilidade lle podan sacar as familias e coidadores de persoas con discapacidade ou en situación de dependencia foi outro dos temas que se trataron nesta xornada e que se encargou de explicar o xerente de Soluciona Grupo EMS, Tomás Cutrín.
A discapacidade e a dependencia, como se recoñece o grao, que prestacións e beneficios supoñen o ter o certificado de discapacidade e en que consiste a lei de dependencia son algúns dos temas que desenvolveu e explicou a traballadora social, Mercedes Rodríguez Dameá.
Este tipo de charlas pretenden achegar a realidade que viven as persoas con discapacidade ao resto da sociedade, co fin de construír un mundo máis inclusivo.
O pasado, 18 de marzo, o centro de recursos que COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) ten en Medelo abriu as portas para os familiares das 19 persoas usuarias que de luns a venres acoden ao centro de 10:00 horas a 16:30 horas.
Esta iniciativa parte para que os familiares coñezan de primeira man que é o que fan a diario os seus fillos e/ou fillas no centro de recursos e, tamén, para coñecer as novas instalacións que se ocuparon o pasado mes de setembro.
Durante a visita, os familiares puideron apreciar como e a chegada ao centro, como se reparten en grupos de traballo e que tarefas realizan nos diferentes talleres como son o de traballos manuais, de lecto-escritura, de manexo de cartos, de ximnasia, de relaxación, entre outros.
Como teñen un servizo de comedor, operativo dende o mes de novembro, os familiares puideron compartir o xantar cos seus fillos.
Miguel Regueiro
José l. Lago
11 DEPORTES
O V Campus inclusivo de Baloncesto reúne a mozos con e sen discapacidadeA Cidade do Fútbol de As Rozas, en Madrid, será a sede do V Campus inclusivo de Baloncesto.
Esta actividade desenvolverase entre o 30 de abril e o 4 de maio do 2013.
Está organizada pola Fundación Sanitas xunto co Centro de Estudos sobre Deporte Inclusivo (CEDI) e a Fundación Realmadrid.
Un total de 40 nenos e mozos de entre 8 e 17 anos poderán gozar de cinco días de práctica inclusiva de baloncesto, no escenario que habitualmente utiliza a selección española de fútbol para os seus adestramentos.
Durante os cinco días que dura o Campus, os 40 mozos (20 con discapacidade e 20 sen ela) recibirán clases teóricas e prácticas por parte de coordinadores e persoal técnico de baloncesto da Fundación Realmadrid.
A Fundación Sanitas, pola súa banda, será a responsable da asistencia sanitaria dos participantes, que poderán coñecer así todas as posibilidades que ofrece a práctica deste deporte tanto a pé como en cadeira de rodas.
José M. Ramil
TVE consegue os dereitos de TV paraos Xogos Paralímpicos de Río 2016
Televisión Española (TVE) conseguiu facerse cos dereitos de retransmisión para España dos Xogos Paralímpicos de Río de Janeiro 2016. Pero antes ofrecerá os Xogos de Inverno de Sochi 2014, todo iso grazas ao acordo de colaboración acadado a este respecto entre a Unión Europea de Radiodifusión
(UER) e o Comité Paralímpico Internacional (IPC).
Por medio de devandito acordo, a UER faise cos dereitos televisivos para todas as plataformas de TV dos Xogos de Sochi 2014, de Río 2016 e doutras competicións de deporte paralímpico nese espazo de tempo. Ata o momento 27 televisións membros da UER mostraron interese en retransmitir os Xogos Paralímpicos de Río 2016, unha cifra sen precedentes en anteriores Xogos.
Ademais, a operadora da UER Eurovisión proporcionará ao Comité Paralímpico Internacional unha serie de servizos tales como a produción e distribución de imaxes de televisión nos campionatos mundiais e rexionais organizados polo IPC.
Gustavo Latorre
José Manuel Ramil
A poboación rusa de Sochi, sede dos próximos Xogos Paralímpicos de Inverno, en 2014, acolleu a Copa do Mundo de Esquí Alpino Paralímpico.
O esquiador español Jon Santacana, que estivo acompañado na competición polo guía Miguel Galindo, logrou facerse co Globo de Cristal da Copa do Mundo de Esquí Alpino Paralímpico, que lle acredita como o novo campión desta competición.
Ambos iniciaron a última proba da Copa do Mundo desta tempada con seis puntos de desventaxa sobre o ruso Ivan Frantsev. Con todo, o guipuzcoano mostrou un excelente nivel ao longo das probas celebradas, e grazas ás súas dúas vitorias nos descensos disputados e ao seu terceiro posto acadado no eslalon, logrou remontar e colocarse no máis alto da clasificación xeral con 820 puntos. O segundo posto foi para o eslovaco Jakub Krako con 653 puntos, e terceiro o ruso Ivan Frantsev, con 646 puntos.
O guipuzcoano tamén conseguiu ser o mellor tanto no descenso como no eslalon xigante. En descenso, Santacana conseguiu 200 puntos, grazas ás dúas vitorias logradas en Sochi. Por detrás del clasificáronse o italiano Alessandro Daldoss, con 130 puntos, e o canadiense Chris Williamson, con 110.
Pola súa banda, no eslalon xigante, o deportista donostiarra tamén mostrou unha clara superioridade sobre o resto dos seus rivais e finalizou en primeiro lugar con 380 puntos.
Jon Santacana asinou unha sensacional tempada na que, tamén conquistou a Copa de Europa e logrou a medalla de ouro nos Campionatos do Mundo da Molina nas modalidades de descenso, xigante e superxigante.
Pola súa banda, o outro esquiador español en Sochi, Gabriel Gorce, que competiu acompañado polo guía Arnau Ferrer, terminou moi afastado dos primeiros postos da clasificación xeral da Copa do Mundo.
Jon Santacana campeón da Copado Mundo de Esquí Alpino Paralímpico
12 DEPORTES
COGAMI posibilita que máis de cento cincuenta persoas do rural poidan realizar terapia a través da natación
NATACIÓN GRUPO ARZÚA- Asociación AMARAI
NATACIÓN GRUPO PORRIÑO- COGAMI CRD MOS
NATACIÓN GRUPO SERRA DE OUTES- Asociación ADIBISMUR
NATACIÓN GRUPO XOE-Asociación A MARIÑA
A natación terapéutica estase a desenvolver en 16 concellos galegos e ten como finalidade mellorar o estado físico e psicolóxico dos e das participantes
Este programa de natación terapéutica está financiada pola Fundación Iberdrola
Durante o ano 2013, un total de 153 persoas con discapacidade e usuarias de entidades que forman parte da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) están a participar nun programa de natación terapéutica que financia a Fundación Iberdrola.
Impartida en piscinas municipais principalmente, a actividade de natación terapéutica desenvólvese en dúas sesións mensuais de 45 minutos de duración cada unha e cunha participación de dez persoas por zona.
Iniciaron un total de 160 persoas, destas 14 se deron de baixa por enfermidade ou por incompatibilidade de horarios, quedando actualmente 153 persoas inscritas, destas 86 son mulleres e 67 homes.
A través deste proxecto, que se desenvolve en 16 concellos (Arzúa, Cabana de Bergantiños, Outes, Narón, Santiago, Chantada, Lalín, Monforte, Mos, O Porriño, Ponteareas, Tomiño, O Barco de Valdeorras, Ourense, Ribadeo e Xove) as persoas van poder manter ou mellorar o estado físico e psicolóxico realizando exercicios relacionados coa mobilidade, a flotación, a respiración e a propulsión.
O proxecto de natación terapéutica enmárcase dentro do programa que COGAMI ten de apoio á mellora da saúde das persoas con discapacidade, tendo como finalidade unha atención especializada para que non se produzan retrocesos no estado da discapacidade debido á falta de atención especializada.
A idea de desenvolver este programa en zonas rurais é porque sempre estas áreas son as que máis sofren a escaseza de recursos por seren núcleos dispersos, con menos número de poboación e con maiores dificultades de comunicación de transporte.
Oscar Vigo
13 CARTELEIRA
.Ficha TécnicaDirector: Santiago A. Zannou
Reparto: Carlos Bardem, Álex González, Miguel Ángel Silvestre, Judith Diakhate, Javier Barden.
Argumento:Julián é o líder dun grupo de mozos radicais, un mozo cargado de ira, envenenado polo odio ao que é diferente. Con todo, hai nobreza na súa alma. Descubriraa nun ximnasio de boxeo, grazas a Carlomonte, un exboxeador alcoholizado, alguén que o tivo todo e todo o perdeu.
Alí Julián aprenderá a combater con regras, irase baleirando de odio e coñecerá o amor por Alyssa, unha moza de raza negra que traballa no ximnasio. Julián terá que tomar unha decisión cando os seus antigos camaradas póñanos a todos a proba...
ALACRÁN ENAMORADO
José Rodiño
Argumento:Cal é o prezo da liberdade? No ano 1926, o xeneral Gorostieta, un militar retirado ve como Mexico entra nunha violenta guerra civil.
Co apoio da súa esposa, decide unirse á causa e transformar a un grupo irregular de rebeldes, que non teñen ninguén que os lidere, nunha forza heroica que defenderá con valentía unha xustiza que parece perdida.
Ficha TécnicaDirector: Dean Wright
Reparto: Andy Garcia, Eva Longoria , Adrián Alonso, Rubén Blades , Catalina Sandino Moreno, Eduardo Verástegui, Santiago Cabrera, Nestor Carbonell , Bruce Greenwood
CRISTIADA
Francisco Solana
Argumento:Emily e Martin son unha próspera parella neoyorkina cuxo mundo se desmorona cando Emily intenta suicidarse. Incapaz de superar a súa depresión, Emily acepta seguir unha nova medicación recetada polo seu psiquiatra, o Dr. Jonathan Banks, pensada para acougar a ansiedade.
Pero o fármaco comeza a ter inesperados efectos secundarios que ameazan con destruír as
Ficha TécnicaDirector: Steven SoderberghReparto: Jude Law, Rooney, Mara, Catherine Zeta- Jones, Channing, Vinessa Shaw, Mamie Gummer, Kerry O´Malley
EFECTOS SECUNDARIOS
Ricardo Lamazares
Argumento:Jack Harper é un dos últimos mecánicos de avións non tripulados destinados á Terra. Forma parte
dunha enorme operación dirixida a extraer recursos vitais logo de décadas en guerra coa
aterradora ameaza que representan os Scavs. Pero a misión de Jack toca ao seu fin.
Percorre e patrulla o ceo a miles de metros de altura ata que a súa elevada existencia derrúbase
cando rescata a unha preciosa descoñecida dunha nave derrubada. A súa chegada pon en marcha
unha serie de acontecementos que obrigarán a Jack a cuestionarse todo o que sabe e que
acabarán poñendo o destino da raza humana nas súas mans.
Ficha TécnicaDirector: Joseph Kosinski
Reparto:Tom Cruise, Morgan Freeman, Nikolaj Coster- Waldau, Olga Kurylenko, Melissa Leo, Zoe Bell, Andrea Riseborough
OBLIVION
Luis Fernández
14 RINCÓN LITERARIO
O Último Tramo - Capítulo 34
Usuarios Aula Ocupacional CRD Fingoi - Lugo
Os dous continuaron falando, mentres tanto, Nieves observabao atentamente para asegurarse de que asimilaba todo o que lle
contaba.
-Cando era policía, coñecín unha xornalista chamada Victoria -comentou Nieves -, que se facía pasar por azafata de compañía nunha
das mellores axencias de Madrid, deixoume seguila a certa distancia e entre as dúas conseguimos toda a información sobre esta
organización mafiosa. Levoume ao hotel onde se reunían e facéndonos pasar por empregadas do hotel, conseguimos poñer tres
cámaras microscópicas e un micrófono de iguais características, estivemos catro meses expiándoos, descubrindo moitas cousas que
gardei neste ordenador.
Entón, Nieves levantouse da seu sillón, colleu un pendrive que tiña no peto e introduciuno dentro do ordenador. Alí víase a oito homes
que pertencían a diferentes compañías de seguros, tamén había dous directores do hospital e o Secretario de Estado de Sanidade,
tratando temas de financiamento sobre a organización, ademais falabase da acción política, e a contía
económica que representaban algunhas enfermidades para estas grandes compañías e para o
estado...
Cando remataban estas reunións, que duraban cinco ou seis horas, dependendo dos temas que se
trataban, todos se ían aos seus cuartos a relaxarse, ceaban e logo se lles apetecía se deitaban coas
azafatas da compañía. Ao día seguinte seguían coa súa vida habitual.
-Pero esa xornalista foi encontraba morta no seu coche -comentoulle Enrique -. Na Serra de Madrid.
Traballaba no mesmo xornal que a miña irmá.
-Matárona -corrixiulle Nieves -os mesmos que teñen secuestrada a súa irmá, por iso temos que actuar
canto antes. Dirixíase a unha das casas que ten o doutor para quitar fotografías, pero o seu coche
sufriu un inesperado accidente, seguíalle outro coche e deulle un golpe por detrás, desestabilizando a
condución de Victoria e como o chan estaba mollado pola chuvia, caeu por un barranco, dando cinco
voltas de campá, pero non morreu no acto e con iso dígoo todo. O de Ricardo foi unha cousa moi
diferente, aínda que non está morto, quédanlle poucas horas de vida. Nesta organización non se admiten acusóns nin traidores e
Ricardo intentaba denunciar a todos estes mafiosos, pero non puido chegar a tempo de explicarlle ao fiscal todo o que estaba a
acontecer, por iso era un home legal, aínda que viviu moitos anos na ilegalidade.
Enrique quedouse pensando uns segundos, esta muller sabía moito máis do que aparentaba, grazas, en parte a que era ex -policía e
agora detective privado, por iso a información que recibía ela era de moi boa calidade. O só sabía que a súa irmá saíu ás oito da
mañá para ir ao depósito de cadáveres e que non a volvera ver.
-O que eu non entendo, -dixo Enrique -, é a intervención do goberno nesta matanza de persoas, para min non ten ningún sentido.
-Nin para min, -comentou Nieves -, pero todo nesta vida ten a súa explicación, como o goberno, neste caso a seguridade social non
pode pagar as cantidades exorbitantes que producen ás veces as enfermidades crónicas ou mesmo os accidentes de toda clase e
tampouco pode realizar unha lei de eutanasia, porque nunca sairía adiante, aínda que xa o intentaron comprando algúns votos da
oposición, pero grazas a Deus, aínda non o conseguiron e así lávanse as mans matando persoas inocentes, grazas a esta
organización de asasinos e delincuentes.
-A min, xa me morreron seis pacientes en estranas circunstancias, e aos meus compañeiros nin lle conto -comentou Enrique moi serio
-, penso como vostede, que os mataron, aínda que tamén hei de recoñecer que eran persoas que lles quedaba pouco tempo de vida,
pero aínda así doe. Entón, vostede tamén saberá como os matan.
-Teño certa información -afirmou Nieves -, pero non sei se será verdade. Cando chegan ao hospital disfrázanse de médico ou de
enfermeira e aprovéitanse das quendas de garda, para poder entrar nos cuartos e así poder realizar os seus delitos.
Nieves tamén lle comentou que eran cinco asasinos sen piedade, que actuaban en diferentes países do mundo, en América do Norte,
En Europa, en África e en Asia. Aquí en España tiñan cinco casas, todas pola serra de Guadarrama, en Madrid.
-Gustaríame que viñese comigo a descubrir a toda esta chusma, -concluíu Enrique.
-Para iso xa está a policía -dixo ela con moita sensatez.
15 POESÍA
EN INTERNET
- Blog DISINCREIBLES de Fingoi:
- Proyecto Retadis:
- Polibea Turismo: e-mail:
Federación Española De Ortesistas Protesistas (FEDOP): e-mail:
- Canal Discapacidade:
- Información Discapacidade:
- Portal Solidario:
- Blog Amica:
- Cogami:
- Cocemfe:
- Cermi:
- Sin Barreras:
- Socialia:
- Lugo Accesible:
- Voluntariado Galego:
http://www.disincreibles blogspot.com
http://www.retadis.es
http://www.polibea.com [email protected]
http://www.fedop.org [email protected]
http://www.risolidaria.org
http://www.discapnet.es
http://www.portalsolidario.net
http://www.sotileision.blogspot.com
http://www.cogami.es
http://www.cocemfe.es
http://www.cermi.es
http://www.telepolis.com/comunidades/sinbarreras/
http://www.socialia.org
http://www.lugoaccesible.net
http://www.voluntariadogalego.org/web/
-
(Único portal gallego dirigido específicamente al 3° sector.)
PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013
COFINANCIADO POLO FONDO SOCIAL EUROPEO E A XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR- SECRETARIA XERAL DE POLITICA SOCIAL E IMPARTIDO POR COGAMI A PERSOAS CON DISCAPACIDADE
José Ángel Vázquez CirizaUsuario de Cogami Monterroso
Enrique Sanmartín
Nosa querida Amiga,
que é a que nos Ama-Xa,
como condiscípulos e compañeiros
aínda que teña vara real.
Confiamos en ti a cegas
e como non logras facer nada mal,
sabemos que nas nosas vidas,
aínda que nos pareza irreal,
non nos guiarás por mal lugar.
Como che queremos, felicitámosche
nun día para ti sen par,
e que todas esas felicidades
síganche no teu camiño sen igual.
Si volvese nacer,
si empezara
de novo, estou
seguro de que
me volvería a
namorar dela,
e sería un
home máis forte,
para poder dicirlle
o que sinto,
pero por desgraza
iso non vai
ocorrer nunca, porque
eu voume a
morrer sen poder
dicirlle nada e
iso dóeme
moito.
Amiga
Empezar