revista moemia virtual outubro 2012
DESCRIPTION
Revista elaborada por los usuarios del Aula Ocupacional de NN.TT. de Fingoi LugoTRANSCRIPT
Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.
COGAMI - CRD-FINGOI
Índice
O Artigo
Deportes
Recuncho Literario
O Noticiero
Carteleira
Enlaces de interese
Poesía
Edita:
COGAMI - CRD-FINGOI - Lugo.
Consello de Dirección:
Directora:
Rosa M. Pías Salgado
Coordinadora:
Purificación Salvador Rebolo
Maquetación:
Enrique Sanmartín
Redactores de sección:
Juan Antonio García
José Manuel Ramil
José Luis Vázquez
Luis Fernández Trinidad
Enrique Sanmartín
Ana Varela
Jose Rodiño
Roberto Camba
Manuel Paz
Francisco Gullón
Ricardo Lamazares
Nieves Gayoso
Antonio Fernández
Ana Cristina Piñeiro
Manuel Rosón
Óscar Vigo
Jose Luis López
José Carlos Vázquez
Luis Alberto García
Ramón Veiga
Miguel Regueiro
Arturo Fojón
Francisco J. Solana
Gustavo Latorre
Manuel Álvarez
Colaboración Externa:
José Ángel Vázquez
Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.
COGAMI - CRD-FINGOI
Revista mensual gratuíta realizada no Programa de Formación Ocupacional para persoas congrandes discapacidadesCOGAMI - CRD-FINGOI
3
5
3
12
13
13
14
4
9
3
12
13
13
14
Entrevista 11 11
3 ARTIGO
Máis de 150 persoas con discapacidade de Galicia se benefician da natación terapéutica a través de COGAMI
Este programa de natación terapéutica é posible a través do apoio económico que lle brinda á Confederación Galega de Persoas con Discapacidade a Fundación Iberdrola, entidade financeira do programa.
O proxecto de natación terapéutica enmárcase dentro do programa que COGAMI ten de apoio á mellora da saúde das persoas con discapacidade, tendo como finalidade unha atención especializada para que non se produzan retrocesos no estado da discapacidade debido á falta de atención especializada.
Dende COGAMI creuse que se podía levar a cabo un programa de natación terapéutica que permitira a participación das persoas con discapacidade de distintos concellos do rural galegos, unhas zonas que sempre contan con menos recursos por ser núcleos de poboación dispersos, menos poboados, con dificultades de comunicación de transporte ou con escasos medios económicos.
É así como xurde a idea de crear un programa de natación terapéutica que se vai desenvolver en 16 concellos das catro provincias, permitindo que se poidan beneficiar 160 persoas usuarias de entidades que forman parte do movemento asociativo de COGAMI.
As zonas nas que se vai levar a cabo este programa van ser:
A Coruña: No concello de Arzúa vai participar a entidade Amarai de persoas con discapacidade das comarcas de Arzúa e Terra de Melide; persoas usuarias do centro que ten COGAMI en Ferrol van poder acudir á piscina de Narón; a asociación Adisbismur de persoas con discapacidade da comarca muradá utilizará as instalacións da piscina municipal de Outes; mentres que a asociación Amico de persoas con discapacidade da comarca compostelá que acudirá á piscina de Roxos, en Santiago, para recibir natación terapéutica.
Lugo: Usuarios do centro que ten COGAMI en Lugo van poder acudir á piscina de Chantada; dende a asociación Agora beneficiaranse do programa de natación na piscina municipal de Monforte e a asociación A Mariña-COGAMI participará tanto na piscina de Ribadeo como na do concello de Xove.
Ourense: A asociación de Fibromialxia e fatiga crónica (Affou) utilizará a piscina do concello de Ourense mentres que en O Barco de Valdeorras acudirán as persoas usuarias da asociación de persoas con discapacidade deste concello, Disvalia.
Pontevedra: As persoas usuarias de COGAMI-Deza van acudir á piscina municipal de Lalín; o centro de recursos que COGAMI ten en Mos tamén vai participar neste programa tanto no concello de Mos como no de O Porriño; á piscina do concello porriñés tamén acudirá a asociación Asodifisi, mentres que a asociación Adapta vai utilizar as instalacións de Ponteareas e a asociación Vontade desprazarase ata a piscina municipal do concello de Tomiño.
Iniciado no mes de outubro, o programa aplicarase a modo de dúas sesións mensuais de 45 minutos de duración cada unha ata que chegue ao seu fin no próximo mes de xuño. En total distribúese en 16 sesións de terapia acuática, que non só ten por que ser natación, tamén pode ser hidroterapia, tratamento nun balneario co que se teña concerto ou outra tipoloxía que teña como elemento rehabilitador a auga.
En grupos que non superan as dez persoas, estas van experimentar unha mellora física e psicolóxica a través dos catro exercicios básicos de natación que repercuten na mobilidade, a flotación, a respiración e a propulsión. Ademais, as persoas participantes deste programa experimentarán unha maior interacción social porque as actividades desenvolveranse en piscinas municipais.
En definitiva, este programa que subvenciona a Fundación Iberdrola, permitirá mellorar a calidade de vida das persoas
con discapacidade e os seus familiares mediante terapias de auga baseadas na rehabilitación e o mantemento físico.
Ana Varela
4 ARTIGO
Nova directiva na Federación Discafis-COGAMI de Ourense
A nova corporación está formada por once persoas, seis delas mulleres.
A Federación Provincial de Asociacións de Discapacitados Físicos de Ourense (Discafis-COGAMI) elixe nova xunta directiva nunha Asemblea Extraordinaria que se celebrou na sede da entidade, no centro de recursos Aixiña.
Por unanimidade, foi escollida como nova Presidenta de Discafis Ourense Laura Quintas Lorenzo, unha profesional con experiencia no movemento asociativo no que tomou contacto por primeira vez cando tiña dous anos de idade, que foi cando os seus pais a fixeron socia.
En 2004, esta veciña orixinaria de Cardetia no concello de Sandiás, forma parte da directiva de Agadhemo onde iniciou como vogal e que actualmente rexenta o cargo de Vicepresidenta. É tamén membro fundadora da Asociación Galega de Mulleres con Discapacidade (Acadar) e entrou a formar parte da directiva de COGAMI como vogal en 2011.
O resto da Xunta directiva de Discafis-COGAMI está formada polas seguintes persoas:Vicepresidenta: Rosa Iglesias de DiosSecretaria: Mónica Limia Andrade Tesoreiro: Manuel Novoa Pérez Vogal: Óscar Pena García Vogal: Fernando José Jiménez Zulliane Vogal: Marina Teresa Venirla Prado Vogal: Rosa Elba Cabanelas González Vogal: José Antonio Ruíz García Vogal: Constantino Guzmán Rodríguez Vogal: Amelia Belmonte Espada
Discafis-COGAMI é unha entidade sen ánimo de lucro e de utilidade pública que ten como misión acadar a plena inclusión das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación e coordinación do asociacionismo e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.
Un dos obxectivos principais para esta nova etapa é que Discafis-Cogami sexa referente na provincia de Ourense como entidade integradora das asociacións de ámbito comarcal e provincial. A Federación quere chegar a todas aquelas persoas con discapacidade, potenciando o movemento asociativo, sobre todo naquelas zonas rurais onde o illamento das persoas con discapacidade é maior.
O novo equipo directivo pretende que sexa Discafis-COGAMI a que represente o movemento asociativo na provincia ourensá. As súas actividades, máis aló de prestar servizos directos ás persoas con discapacidade, estarán orientadas cara a defensa dos dereitos das persoas con discapacidade, promovendo a súa integración escolar, laboral, familiar e social, ademais de ser o interlocutor ante as administracións públicas.
Esta Federación esta comprometida co benestar social e laboral dos homes e mulleres con discapacidade, defendendo o dereito a un xeito de vida e a un entorno social que garanta a vida independente e o desenvolvemento autónomo. Ademais Discafis-Cogami é unha entidade comprometida coa igualdade efectiva ente homes e mulleres, sendo a primeira cunha xunta directiva paritaria.
Actualmente, esta federación está composta por doce entidades, sendo estas: ACCU Ourense, Asociación de Enfermos de Crohn y Colitis Ulcerosa; ALCER Ourense, Asociación de Lucha Contra las
Enfermedades del Riñón; AODEM, Asociación Ourensana de Esclerosis Múltiple, ELA, Parkinson y otras Enfermedades
Neurodegenerativas; AIXIÑA, Asociación de Minusválidos Físicos, Parálisis Cerebral y Tercera Edad Dependiente;
AGADHEMO, Asociación Galega de Hemofilia; AGAL Ourense, Asociación Gallega de Lupus; ALGARIA, Asociación de
Discapacitados de la comarca de A Limia; Asociación Ourensana de Hemofilia; AFFOU, Asociación de Fibromialgia y
Síndrome de Fatiga Crónica de Ourense; Asociación de Discapacitados de Carballiño y Comarca; ASEM, Asociación Gallega
contra las Enfermedades Neuromusculares; PUZZLE, Asociación Puzzle para a Loita contra a Exclusión Social e Laboral das
Persoas con Discapacidade.Nieves Gayoso
5 NOTICIEIRO
Arturo Fojón
Regulación por parte de Fomento das queixas contra compañías aéreas,
aeroportos e operadores turísticosEstase preparando por parte do Ministerio de Fomento
un real decreto que regulará o procedemento para a tramitación de reclamaciones e queixas do usuario do transporte aéreo contra as compañías, os xestores aeroportos e os operadores turísticos que non cumpran a lexislación europea sobre dereitos dos pasaxeiros.
Este decreto contempla as reclamacións dos pasaxeiros con algún tipo de discapacidade ou mobilidade reducida no suposto que a atención non sexa acorde coas obrigacios que impón ás compañías e aos servizos aeroportuarios ao reglamento europeo que regula específicamente os dereitos destes usuarios.
Como norma xeral, os usuarios terán que dirixir primeiro as súas queixas contra a compañía, o xestor aeroportuario ou operador turístico que non adecúe a súa actuación aos que dicta a regulamentación europea, no suposto que estes non solucionen a sua reclamación, poderán dirixirse á Axencia de seguridade Aérea, do Ministerio de Fomento, que estará encargada de investigar a queixa. Este futuro decreto obriga ás compañías aéreas a dispoñer dun servizo de atención aos usuarios co fin de canalizar as súas queixas. Este servizo, ademais, será accesible ás persoas con discapacidade.
Novos programas sobre discapacidade en TVETelevisión Española vai continuar coa tónica que lle vén
caracterizando desde fai tres anos como canle do social, a cultura e a participación cidadá, na súa canle La 2. A nova programación de La 2, contén como novidade o estreo de tres novos espazos de temática social, facendo mención especial sobre o mundo da discapacidade.
“Un mundo mejor” presentado por Bertín Osborne. Será un programa semanal que pretende dar voz a persoas que superaron barreiras e que demostraron un afán de superación importante”
Outro dos estrenos da La 2 é “Capacitados”. Neste programa, Carmen Machi e Jorge Lorenzo perderán a visión, a mobilidade ou o oído por un día, para tratar que a audiencia perciba o que se sente como persoa con discapacidade.
O terceiro estreo é “Sin barreras”, que será presentado polo cantante invidente Serafín Zubiri que se expoñerá a diferentes retos deportivos. Zubiri asegura que se propón ensinar a todos como cada paso que da, é unha aventura nova e única.
Ana C. Piñeiro
“Filantropía Magazine” nova publicación
especializada no sector das ONG
Dispoñible para o público o primeiro número da revista “Filantropía Magazine” esta revista, pode descargarse gratuitamente desde a web, ben a través da versión en PDF ou directamente en liña.
Esta revista será de publicación bimensual e contará con 52 páxinas, nas que se tratará de atender as necesidades especificas de información de 500.000 traballadores e case 900.000 voluntarios.
Será editada pola empresa Filantromedia a primeira empresa editora de medios de comunicación para o sector non lucrativo español. Entre o seu contido poderanse atopar consellos sobre captación de fondos, marketing, comunicación, xestión de recursos humanos, estratexias organizativas, así como noticias de actualidade, entrevistas, artigos de opinión, reseñas bibliográficas, cursos de interese e nomeamentos no sector.
Os suscriptores de Filantropía Magazine, cuxa dirección na pagina web é www.filantromedia.com , ademais, poderán recibir cada mes un programa radiofónico chamado Crónica do Terceiro Sector, un podcast que durará media hora e terá como contido noticias, entrevistas e consellos, que se poden consultar no ordenador, teléfono móbil ou reproductor MP3 .
A editorial pensa que a revista dará información valiosa para que as entidades poidan conseguir os seus obxectivos axudando ao fortalecimiento do Terceiro Sector e ao “despegue da filantropía e o mecenazgo en España”.
Manuel Álvarez
José L. López
COCEMFE e Vodafone presentan o seu novo proxecto de alfabetización tecnolóxica
Presentouse recientemente o proxecto “Oficina Móbil
de Alfabetización TIC no Medio Rural”, co obxectivo de
potenciar as habilidades sociais e laborais das persoas con
discapacidade a través das novas tecnoloxías. Este é un
proxecto da Confederación Española de Persoas con
Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE), en
colaboración coa Fundación Vodafone.
Este proxecto, desenvolvido na provincia de Sevilla,
posibilitará que máis de 100 persoas con discapacidade
aprendan a utilizar un teléfono móbil para conectarse a
internet, xestionar o seu correo electrónico ou realizar
trámites con certificado digital, co fin de potenciar a súa
actitude cara ao emprego e a capacitación profesional no
medio rural, grazas á formación no manexo das tecnoloxías
de última xeración.
Para este programa contarase cunha unidade móbil
adaptada coa que se poderán desprazar os técnicos ata os
pobos da provincia, para proporcionar a formación
necesaria ás persoas con discapacidade.
Ademais de traballar coa persoa que necesita a
adaptación preténdese traballar co entorno da mesma, a
familia e os recursos sociais existentes desde un enfoque
comunitario, e ao mesmo tempo realizar unha tarefa de
intermediación coas empresas para a súa contratación.
6 NOTICIEIRO
Recortes nos programas destinados ás persoas con discapacidade
Cristóbal Montoro, Ministro de Facenda e Administracións Públicas, presentou no Congreso dos deputados, o proxecto de lei dos Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2013, no que se especifíca un recorte dun millón de euros do orzamento destinado aos programas para persoas con discapacidade, pasando de cinco millóns de euros (ano 2012), a catro millóns no 2013.
Tamén se usa a tixeira no Real Patronato sobre a Discapacidade, contando para esta partida de 2,29 millóns de euros, o que supón un recorte do 7,60 por cento; o orzamento para o deporte paralímpico percibirá 550.000 euros menos, así como o diñeiro destinado ás Federacións Deportivas de Persoas con Discapacidade, tamén sufrirán unha merma no diñeiro destinado para as mesmas xa que se lles recortan 254.000 euros.
O Centro Nacional de Tecnoloxías da Accesibilidade (Centac), tampouco se librará dos recortes e percibirá 37.600 euros menos.
Antonio Fernández
Juan A. García
O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), co obxectivo de introducir enmendas ao Proxecto de Lei de Loita contra o Emprego Irregular e a Fraude á Seguridade Social elaborou un documento de propostas dirixido aos Grupos Parlamentarios no Congreso dos Deputados.
Suscítase modificar a Lei de Infracciones e Sancións na Orde Social considerando como infracción moi grave o incumplimiento da obriga de cubrir a cota do 2% de reserva de emprego ás persoas con discapacidade en empresas con 50 ou máis traballadores.
Esta infracción está considerada como falta grave, pero a sanción que carrexa é menor que os custos que lle poidan supoñer as contrataciones ou, sobre todo cumprir as medidas alternativas.
O CERMI aposta por reforzar as sancións por non cumprir con esta obriga na contratación pública. Tamén exclúe do acceso ás subvencións ás persoas físicas ou xurídicas que non cumpren coa reserva da cota de emprego do 2% para as persoas con discapacidade.
O CERMI asegura que a Lei de Infracciones e Sancións na Orde Social cualifica como graves ou moi graves as condutas empresariais discriminatorias ou que vulneren as normas que favorezan ás persoas con discapacidade.
As empresas deben cumprir a Lismi
Luis A. García
Publicado o informe 2011 do CERMI sobre
dereitos humanos e discapacidade
Foi publicado o “Informe de Dereitos Humanos e
Discapacidade España 2011” en forma de libro polo Comité
Español de Representantes de Persoas con Discapacidade
(CERMI), en condición de organismo independente da
Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas
con Discapacidade en España.
Este informe recolle o estado de situación dos dereitos
humanos das persoas con discapacidade en España, a
partir da análise e contraste das denuncias de vulneracións
coñecidas, do examen das lexislacións, as políticas e as
estratexias oficiais en materia de discapacidade e das
prácticas seguidas por multitude de operadores privados
relevantes. É o cuarto informe creado pola Delegación do
CERMI para os Dereitos Humanos e a Convención da ONU.
O CERMI recolle no informe información sobre a intensificación das violacións dos dereitos das persoas con discapacidade, como consecuencia dos recortes xeneralizados que están aplicando os diferentes poderes públicos, e que se traduciu nun empeoramento dramático do baixo de benestar social e inclusión alcanzado por ese grupo de poboación en España.
O devandito informe incorpora as recomendacións emitidas polo Comité de Dereitos das Persoas con Discapacidade das Nacións Unidas sobre o cumprimento por parte de España do tratado internacional da discapacidade, aos dous anos da súa entrada en vigor e tralo exame ao que se someteu en setembro do 2011.
nivel
Pídese a regulación das profesións de subtitulado e autodescripción
O subtitulado e a autodescripción son dúas
ferramentas indispensables para o acceso das persoas con
discapacidade sensorial á información.
Segundo a Confederación Española de Representantes
de Persoas con Discapacidade (CERMI), necesítase unha
regulación apropiada para a formación do persoal
encargado de exercer ambas profesións, co fin de garantir
o mencionado acceso das persoas con discapacidade
sensorial á información audiovisual.
Por este motivo o CERMI solicita á Oficina Permanente
Especializada OPE do Consello Nacional da Discapacidade
que inste ao Ministerio de Educación para que regule
adecuadamente as mencionadas actividades, que están
legalmente recoñecidas polo ordenamiento xurídico a
través da lei 7/2010, do 31 de marzo, da lei Xeral de
Comunicación Audiovisual, que establece determinadas
obrigas aos operadores respecto da emisión de contidos
audiovisuales accesibles para persoas con discapacidade
sensorial.José L. Vázquez
7 NOTICIEIRO
230 millóns de euros é a cantidade que
deben as administracións ás comunidades
e concellos
COGAMI Lugo disfrutou do San Froilán
Tanto as administracións autonómicas como as corporacións locais deben ás organizacións de iniciativa social da discapacidade que se aglutinan ao redor do Comité Español representantes de persoas con discapacidade (CERMI) 230 millóns de euros. Esta cantidade que se debe o é sobre todo en concepto de axudas e financiación recoñecidas e non abonadas. En menor medida, tamén se deben en concepto de carácter comercial polas prestacións de bens, produtos e servizos.
O CERMI con este estudo e a súa comparación co que se fixo no pasado ano 2011, conclúe que, a débeda creceu nuns 75 millóns de euros neste ano. Con esta comparativa demóstrase que non se ten solucionado o grave programa dos impagos e retrasos senón que a problemática intensificouse. O CERMI tamén di que o volume maior da débeda, uns 85 millóns, é en concepto de servizos e subvencións de carácter público a centros especiais de emprego e que a súa titularidade é de carácter non lucrativo do sector da discapacidade.
A situación estase volvendo insostible e fai perigar a continuidade de centos de servizos de atención, recursos, dispositivos e promoción dirixidos ás persoas con discapacidade e ás súas familias, o que supón un incremento do grado de vulnerabilidade deste colectivo. Solicítaselle ao Goberno axuda para paliar este problema, un mecanismo extraordinario para que se abonen as débedas das administracións locais e territoriais coas organizacións do terceiro sector social.
Manuel Paz
A Federación COGAMI-Pontevedra asina un convenio de colaboración coa asociación
de enfermos de Alzheimer AFAGA
O Presidente da Federación de Pontevedra (Federación
Provincial de Asociacións de Persoas con Discapacidade de
Pontevedra), Ángel Holguera, e mais o Presidente de
AFAGA (Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer
e outras demencias de Galicia), Juan Carlos Rodríguez,
foron os asinantes do convenio.
As instalacións que COGAMI ten en Mos foi o lugar
escollido para asinar este convenio de colaboración que se
levou a cabo o pasado 8 de outubro. A través desta
sinatura, as dúas entidades sen ánimo de lucro establecen
as bases para unha estratexia de implementación de
medidas orientadas á promoción da autonomía persoal e
atención de persoas en situación de dependencia.
Entre as medidas que se van adoptar están o establecer
mecanismos e accións orientadas a garantir a plena
accesibilidade do colectivo da discapacidade e/ou
dependencia no desenvolvemento da vida diaria, a posta
en marcha de programas de colaboración adaptados á
realidade heteroxénea das situacións de dependencia e ao
o establecemento de liñas de colaboración nos centros de
atención diúrna de ámbalas entidades.
Esta colaboración o que pretende é mellorar a calidade
de vida das persoas que teñen discapacidade e/ou
dependencia e tamén das súas familias. Polo tanto, as dúas
entidades asinantes solicítanlle aos poderes públicos
galegos a realización de actividades orientadas ao fomento
do desenvolvemento de accións solidarias.
O acordo entre COGAMI-Pontevedra e AFAGA vaise
estender ao longo do tempo. Vai contribuír á ampliación da
oferta tanto de programas, como de servizos e recursos de
atención específica ás persoas con dependencia, co fin de
lograr unha sociedade accesible e sen barreiras, na que
todos os colectivos sociais, en condicións de igualdade e
sen exclusións, poidan participar e ter acceso aos recursos
sociais existentes.Francisco Gullón
O pasado 9 de outubro 2012 usuarios/as, voluntarios/as y profesionais da aula de novas tecnoloxías y da aula prelaboral de Fingoi Lugo e de Monterroso, desprazáronse ao museo provincial de Lugo para ver unha exposición.
Despois de visualizar a exposición dirixíronse á caseta Manolo de Marce para disfrutar dunha agradable comida típica de San Froilán. A comida estivo amenizada por música. Unha vez finalizada a comida decidiron dar un paseo polo recinto feiral para ver as distintas atraccións que había instaladas.
José Rodiño
8 NOTICIEIRO
Becas de doctorado convocadas
pola Fundación UniversiaPresentada pola Fundación Universia o I Convocatoria
de Becas para a formación de Doutores con discapacidade, con estas becas preténdese fomentar a realización de tese de doutoramento por parte do colectivo de persoas con discapacidade. O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), colabora nesta iniciativa co propósito da consecución do grado máximo de formación académica de estudantes con discapacidade, facilitando a súa integración en grupos de formación e investigación, científicos e académicos. Adxudicaranse por parte de Fundación Universia tres becas por un importe de 5.000 euros anuais, con posibilidade de renovación por un período máximo de tres anos.
As persoas beneficiarias destas becas han de ter un grado de discapacidade igual ou superior ao 33%, acreditar a condición de doutorando, habendo sido admitidas e matriculadas nun programa oficial de doutorando. As solicitudes presentaranse na Fundación Universia. Para a selección e avaliación das solicitudes nomearase unha comisión pola Fundación Universia. Un dos membros da devandita comisión será designado a proposta do CERMI, como asociación máis representativa no ámbito nacional dos distintos tipos de discapacidade.
José Carlos Vázquez
Persoas con discapacidade de Ferrol e Mos logran o certificado da ESO
a través de COGAMIOs centros de recursos que a Confederación Galega de
Persoas con Discapacidade (COGAMI) ten en Mos e en
Ferrol acolleron un curso de Graduado en ESO impartido
para un total de 40 persoas, todas elas con discapacidade
física e/ou intelectual. En sete meses de clases, repartidas
en case 5 horas diarias e nas que non só se encargaban de
estudar a historia, as matemáticas e a lingua, tamén había
tempo para saídas culturais e práctica de actividades de
mellora na psicomotricidade, ademais de aprender o
coidado e organización das súas vivendas.
O programa de Graduado en ESO está financiado pola
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria e a finalidade é a de dar ás persoas con
discapacidade unha segunda oportunidade. Aparte de
mellorar o coñecemento de todas as persoas que acoden ás
clases, o proceso tamén inclúe a presentacións ás probas
académicas. De entre todo o alumnado que se presentou
este ano, lograron obter o título da ESO 3 persoas en Mos e
1 en Ferrol, se ben houbo outras 8 persoas que lograron
superar algunha das materias nas que se examinaron.
Os perfís do alumnado poden resumirse en persoas
adultas desempregadas con discapacidade física, mental
e/ou intelectual, procedentes, a maioría, do rural. A
maioría das persoas que agora intentan conseguir o
graduado teñen dificultades de acceso ao sistema
educativo, ben por ter unha escolarización tardía, por
longos tratamentos sanitarios, por problemas no
transporte, por mor das barreiras arquitectónicas, por
necesidade dunha terceira persoa,... ,isto provoca
dificultades de inserción laboral deste colectivo.Ramón Veiga
A entidade financia unha parte dos tratamentos de fisioterapia que precisan as persoas ás que representa. A partir deste mes de outubro, a entidade AMICO de persoas con discapacidade da comarca de Santiago, ofrece un servizo de fisioterapia e hidroterapia para as persoas asociadas. Consciente das dificultades económicas das familias, das que tamén se resenten as representadas pola asociación, e das necesidades físicas das persoas que forman parte da entidade, dende AMICO decidiron intentar darlle unha solución eficaz. A través da Deputación de A Coruña lograron unha subvención que permite que unha parte do servizo sexa abonado polo beneficiario e a outra pola asociación.
Unha clínica de fisioterapia de Compostela, COMBINA SOCIAL SL, é a que se encarga de prestar os tratamentos necesarios que demandan as persoas usuarias, sendo estas persoas con discapacidade con menos recursos que deixan de recibir tratamentos por non poderen custealos, así como persoas asociadas menores de idade e coidadoras non profesionais dunha persoa socia recoñecida pola Lei da dependencia. AMICO é unha asociación constituída en 1992 e que ten como misión principal a de promover a defensa dos dereitos das persoas con discapacidade de Compostela e Comarca. Son un total de 80 persoas socias, a súa maioría persoas con discapacidade física, procedentes de Santiago. Se ben as actividades están dirixidas ao ámbito comarcal de Santiago de Compostela e concellos limítrofes. Forman parte de esta asociación, persoas con discapacidade procedentes doutras localidades como son Oroso, Dodro, Ordes e Porto do Son.
Miguel Regueiro
A asociación de persoas con discapacidade
de Compostela, AMICO, colabora no coidado
das súas persoas asociadas
A Asociación ADAPTA Amplía os seus servizosA Asociación ADAPTA pon en marcha novas actividades
e programas dirixidos a persoas con discapacidade.
No mes de outubro a Asociación Adapta, membro da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), amplía o Programa de Fisioterapia pasando a dar servizo de luns a venres en horario de mañá e tarde. Ademais, a partir desa data pasouse a ofertar o servizo a persoas sen discapacidade que estean interesadas.
A entidade tamén retoma o Programa de Natación Terapéutica, que se levará a cabo todos os luns na piscina municipal así como a actividade de ximnasia de mantemento.
Todas aquelas persoas interesadas en participar poden
achegarse ata a oficina de ADAPTA situada no baixo do
centro ASPRODICO en Ponteareas. Manuel paz
9 NOTICIEIRO
Designados os Premios CERMI 2012
Ana Mª Varela
Con estes galardóns se pretenden recoñecer as
iniciativas ou accións ou a labor das persoas ou institucións
que se distinguiron en ámbitos como a inclusión laboral, a
investigación social e científica, a accesibilidade universal,
a favor das persoas con discapacidade e as súas familias.
Os galardoados recaeron en: a Secretaría do Estado de
Administracións Públicas do Goberno; a Unidade de
Atención de Adultos con Síndrome Down do Hospital
Universitario da Princesa de Madrid; a Fundación
Universia; Transportes Metropolitanos de Barcelona, TMB;
a titular da Procuradoría do Principado de Asturias, María
Antonia Fernández Felgueroso; a serie de televisión
“Pulseras Rojas”; concello de Elche; Ford España; Paulino
Azúa Berra; a Fiscalía Xeral do Estado.
Na categoría de Inclusión Laboral o xurado sinalou á
Secretaría do Estado das Administracións Públicas, do
Goberno de España, pola aplicación da reserva legal de
emprego do 2% a favor das persoas con discapacidade
intelectual como empregados públicos na Administración
Xeral do Estado.
Na categoría de Investigación Social e Científica o
galardón recaeu na Unidade de Atención de Adultos con
Síndrome Down do Hospital Universitario da Princesa de
Madrid pola súa estrutura médica, especializada na
atención ás persoas con síndrome de Down adultas. Na
categoría de Acción Social e Cultural otórgase o premio á
Fundación Universia pola promoción ao acceso do
alumnado con discapacidade á educación superior e lograr
unha universidade inclusiva e acolledora coa diversidade.
Na categoría de Accesibilidade Universal, premiouse á
compañía Transportes Metropolitanos de Barcelona, TMB,
por aplicar a accesibilidade a todas as modalidades de
acceso público, convertendo a Barcelona nunha das urbes
maís accesibles de Europa en materia de mobilidade.
Na categoría de Mellor Acción en beneficio das mulleres
con discapacidade premiouse á titular da Procuradoría do
Principao de Asturias, María Antonia Fernández Felgueroso
polo apoio á transversalidade do xénero nas políticas
públicas de inclusión e de discapacidade.
Como Mellor Acción Autonómica e/ou Local premiouse
ó concello, de Elche en Alicante, por realizar políticas locais
inclusivas cara ás persoas con discapacidade e as súas
familias, promovendo a participación, o compromiso e a
cidadanía activa desta parte da poboación. No apartado de
Medios de Comunicación e Imaxe Social premiaron a serie
de televisión “Pulseras Rojas” por proxectar unha imaxe
axustada e suxestiva dos nenos e xóvenes con cancro.
Na categoría de Responsabilidade Social Empresarial
/Discapacidade, o premio foi para Ford España, por
promover a inclusión social das persoas con discapacidade
e aumentar a visibilidade deste grupo.
Na modalidade de Traxectoria Asociativa, o xurado
premiou a Paulino Azúa Berra de FEAPS, pola súa defensa
dos dereitos das persoas con discapacidade e as súas
familias, e a súa loita durante décadas pola mellora das
súas condicións de vida.
Na categoría Institucional, o premio recae na Fiscalía
Xeral do Estado, por promover a acción da Xustiza en
beneficio dos dereitos das persoas con discapacidade, que
sofren situacións de discriminación e exclusión pola súa
diversidade humana.
O Xurado estaba formado polo presidente do CERMI,
Luís Cayo Pérez Bueno; os vicepresidentes Miguel
Carballeda, presidente da ONCE e a súa fundación; José
María Sánchez Monge, presidente de FEAFES, Concha Díaz,
presidenta de CNSE, Mario García, presidente de
COCEMFE, e Jaume Marí, presidente de ASPACE, o
secretario xeral do CERMI e, a súa vez, vicepresidente 1º
executivo da Fundación ONCE Alberto Durán, Amalia
Diéguez, presidenta de FEDACE; Pilar Gomariz,
representante de FEDER, Enrique Galván, representante
de FEAPS. Como asesor-ponente actuou o Director de
Comunicación do CERMI, José Manuel González Huesa, e a
secretaria e membro do xurado foi a directora executiva do
CERMI, Pilar Villarino.
O xurado foi asesorado por unha comisión de expertos
independentes especialízados en responsabilidade social
empresarial, composta por Mercedes Gómez,
representante da Fundación Vodafone, Javier de la Nava,
consultor independente, María Pin, representante de
Europa Press e Rafael Olea, representante de Servimedia.
10 DEPORTES
José M. Ramil.
Chegou de abanderada e foise bañada en metais
Teresa Perales chegou aos Xogos Paralímpicos de Londres como abanderada do equipo español e finalizou estes con un total de seis medallas (un ouro, tres pratas e dous bronces), que elevan a 22 o total da súa carreira deportiva. Culminou a súa fazaña cunha vitoria nos 100 braza. Seis probas individuais, seis medallas: unha máis que en Pekín. Aos 36 anos, Teresa Perales coroou o seu memorable carreira, que non dá por pechada. Faltan catro anos para Río, pero non o descarta. Agora pensa no Mundial de Canadá de 2013.
Empezou a nadar, como parte da sua rehabilitación, cando aos 19 anos un contaxio de tuberculosis derivou nunha neuropatía e a paraplexia. O adestrador Ramiro Duce animouna a competir. A súa progresión e un lema de vida (Querer é poder) levaríana a Sidney. Os ciclos olímpicos marcárona. Á volta de Australia coñeceu a Mariano Menor, productor de televisión co que escribiu “Mi vida sobre ruedas” a súa biografía. Tras Atenas, el pediulle matrimonio nunha cea no restaurante Jules Verne da torre Eiffel. O día da súa voda, Teresa camiñou ata o altar coas pernas encaixadas nunha prótesis. Custoulle meses de adestramento. En 2003 asumiu un escano autonómico polo Partido Aragonés: dirixiu a Oficina de Atención á Dependencia e presidiu as mocidades do partido. Logo de Pekín afrontou o seu último gran anhelo: ser nai. En 2010 naceu Nano e nadar con el nas gradas foi o máximo.
Teresa Perales, exerce como fisioterapeuta e gustaríalle ser embaixadora de Nacións Unidas. Acaba de ser reelixida representante de deportistas no Comité Paralímpico Internacional. Viaxou ao deserto, escalou as súas dunas, buceou ao fondo do mar, correu un rally e subiu en cen podios. Teresa afirma que nunha ocasión tivo que subir tres pisos de cu para dar una sesión de fisoterapia e iso si que é gañar.
Un grupo formado por catro mozos diabéticos, e baixo o mando de Josu Feijóo coroou a estación base do Everest. Os membros da expedición Josu Feijóo, Jon Goikotxea e os catro xóvenes que lles acompañaron; Elena Eggers, Beatriz Gª Berche, Pablo Pérez Martínez e Roberto Martínez, todos eles diabéticos do tipo I- alcanzaron o seu obxectivo un día antes do previsto.
Os alpinistas, que contaron co apoio de Telefónica Digital que lles mantivo o contacto cos seus médicos e nutricionistas para que lles controlaran en remoto os parámetros da enfermidade, alcanzaron os 5.350 metros da estación base do Everest.
Para esta expedición, que arrincou o 31 de agosto, e finalizou o 18 de setembro, os alpinistas utilizaron o servizo de xestión de pacientes crónicos de Telefónica Digital, "o que lles proporcionaba tanto a eles como aos seus familiares unha tranquilidade, xa que lles permitiu saber que os seus parámetros vitais estivesen controlados polos seus médicos e nutricionistas habituais", segundo informou a compañía “eHealth” de Telefónica Digital.
Mozos diabéticos chegan ocampamento base do Everest
Luis Alberto
Persoas con discapacidade practicanpiragüismo, vela e buceo.
Oscar Vigo
A cidade de Palma de Mallorca acolle uns cursillos de multiactividade, nos que persoas con diferentes tipos de discapacidade practican distintos deportes acuáticos adaptados ás súas necesidades. Segundo informan os organizadores, A Fundación Deporte e Desafío que conta co apoio da Fundación Prosegur.
Os asistentes ao curso, acompañados dos seus familiares, gozan da práctica de piragüismo, vela e buceo. Para esta última actividade, os participantes realizaron unha primeira toma de contacto, en forma de bautizo, para despois nunha excursión programada, bucear entre raias no Aquarium e visitar as fabulosas paisaxes e lugares que ofrece a cidade.
O grupo formado por persoas procedentes de varios puntos do país, gozaron duns días de convivencia e integración, participando de formas alternativas de lecer e conseguindo superar as barreiras que se atopan no día a día.
A Fundación Prosegur apoia esta iniciativa como parte do seu labor para potenciar a integración de persoas con discapacidade física e intelectual e ofrece, mediante programas de emprego, un futuro máis estable a un dos colectivos con maiores dificultades de acceso ao mercado laboral.
Usuarios de COGAMI e Agora van participaren clases de tenis adaptado durante os
meses de novembro e decembro Presentación deste curso que organiza a Confederación
en colaboración coas Escolas de tenis adaptado Marineda de A Coruña e a Federación Galega de Tenis.
Un total de oitenta persoas con discapacidade, todas elas usuarias da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) en Lugo e tamén da asociación Agora de Monforte asistiron á presentación das Escolas de tenis adaptado Marineda de A Coruña.
Durante esta presentación, tiveron a oportunidade de poder probar a xogar entre eles e comprobar se se animan a participar das escolas que se van impartir durante os meses de novembro e decembro na cidade de Lugo.
As clases, totalmente gratuítas grazas á colaboración da Federación Galega de Tenis, vanse desenvolver nas pistas municipais de Frigsa en Lugo, e van contar cun grupo formado por 16 persoas que practicarán este deporte durante dúas horas á semana.
Durante a presentación deste programa que se produciu o pasado 17 de outubro, nas pistas de Frigsa, houbo unha primeira toma de contacto a través dunha charla e unha clase práctica.
José M. Ramil
11 ENTREVISTA DO MES
ENTREVISTA DO MES: Entrevista a Francisco Gullón, usuario da Aula Ocupacional de Novas Tecnoloxías de COGAMI CRD Fingoi - Lugo
Cantos anos levas en COGAMI?Levo en COGAMI máis ou menos 11 anos.
Por qué decidiches incorporarche a COGAMI?Decidín incorporarme a COGAMI para coñecer outros ambientes, e ver que outras persoas que estaban coma min ou peor ca min non se rendían ante a vida.
Qué aprendiches na Aula de Novas Tecnoloxías?Aprendín a manexar diversos programas do ordenador, e a falar mellor grazas á logopeda que me dá clases de pronunciación.
A qué te dedicabas antes e incorporarte á Aula de Novas Tecnoloxías?Antes de incorporarme á Aula de Novas Tecnoloxías aparte de ir fisioterapia facía máis ximnasia na casa.
Qué che gusta facer no teu tempo libre?Intentar illarme do mundo e crear mentalmente un mundo para min.
Qué temática de libros gústache ler?Non me gusta ler ningún libro.
Cal foi o último que liches?Ningún, como debo ler, leo algunhas mentiras das que conta o xornal.
Qué serie ou película che gusta ver na televisión? Non me gusta ver ningunha en concreto, vexo todas as que se me poñen por diante.
Cando foi a última vez que fuches ao cine?No mes de novembro do 2011.
Qué película fuches a ver?A película que fun ver foi “ Intocables”.
Enrique Sanmartín y Nieves Gayoso
Enrique Sanmartín y Nieves Gayoso
12 CARTELEIRA
BUSCANDO A EIMISH
Argumento:Lucas vive coa súa noiva, Eimish en Madrid. Si non
parase a comprar unha rosa cando volvía a casa él vería como se marchaba pola rúa. Atopa unha nota no seu apartamento e recibe a mensaxe de que tomou un tren para Alemania. Lucas recorda unha tarxeta posta,l do ex noivo alemán de Eimish cunha dirección en Berlin e as palabras “Sempre haberá un lugar para ti aquí”.
Lucas toma unha decisión impulsiva por primeira vez na súa vida, colle o primeiro tren en dirección a esa cidade coa intención de convencer a Eimish para que volva a casa. Ela non está alí e Lucas continúa a súa procura esta vez en Verona, Italia. As cousas complícanse no camiño. Eimish debe afrontar problemas do pasado e Lucas reconsiderará a súa visión do amor e da familia.
Ficha TécnicaDirector: Ana Rodríguez Rosell
Reparto: Manuela Vellés, Óscar Jaenada, Enma Suárez, Carlos Leal, Jan Cornet, Clara Wurnell, Birol Ünel, Roberto Hoyas.
Gustavo Latorre
AMANECER 2
Argumento:Bela deu a luz á súa filla Renesmee, e concluíu a súa
transformación en vampira. Agora deberá aprender sobre a súa nova natureza, terá algún poder como o resto dos vampiros? sendo unha neófita poderá controlar a súa sede de sangue ante a súa propia filla medio-humana?.
Os acontecementos precipítanse e un grave perigo recae sobre a familia Cullen ao completo cando a existencia dunha nena vampira chegue a oídos dos Vulturi. Existe unha lei para os vampiros que prohibe a todos os clans converter a nenos, xa que estes son difíciles de controlar e xeraron auténticas masacres ao longo da historia poñendo en perigo á súa vez a secreta existencia dos chupa sangue.
Ficha TécnicaDirector: Bill Condon
Reparto:Robert Pattinson, Kristen Stewart, Taylor Lautner, Peter Facinelli, Ashley Greene, Kellan Lutz, Jackson Rathbone, Elizabeth Reaser, Nikki Reed.
Francisco Solana
Ricardo Lamazares
Argumento:No filme, personaxes tan distintos como Jack Frost,
Santa Claus ou o Coello de Pascua unen as súas forzas para
enfrontarse a Pitch, un espírito maligno que quere dominar
o mundo infundindo o medo no corazón dos nenos.
Ficha TécnicaDirector: Jeff Lynch
Reparto: Hugh Jackman, Illa Fisher, Jude Law, Chris Pine, Alec Baldwin, Dakota Goyo.
A ORIXE DOS GARDIÁNS
Roberto Camba
A VIDA DE PI
Argumento:A vida de Pi conta a historia de Pi Pattel, un rapaz indio,
fillo do encargado dun zoo. A súa familia decide certo día
trasladarse a Canadá, co fin de prosperar.
Pero un naufragio crúzase no seu camiño. Os animais
que viaxaban con el serán a súa compañía, co que terá que
adaptarse a converterse no seu líder para poder sobrevivir.
Co eixe central da súa relación co tigre do zoo, o maior
depredador de todo o grupo. Terá que entablar unha
relación de amizade e respecto con el.
Ficha TécnicaDirector: Ang Lee
Reparto: Tobey Maguire, Gérar Depardieu, Irrfan Khan, Tabu
Luís Fernández
GOLPE DE EFECTOArgumento:
Gus Lobel foi un dos mellores cazatalentos de béisbol
durante décadas, pero, malia os seus esforzos por
escondelo, a súa idade empeza a pasarlle factura. Malia
isto, Gus, que pode dicir como é un lanzamento só polo son
do bate, négase a quedarse no banquiño no que podería ser
o último traballo da súa carreira.
Pero podería non ter elección. Os directivos dos Atlanta
Braves empezan a cuestionar as súas opinións,
especialmente co último fenómeno do país, un bateador
que espera a que lle convoquen. A única persoa que
podería axudarlle é tamén a única persoa á que Gus nunca
pediría axuda: a súa filla, Mickey, empregada dun
importante bufete de avogados de Atlanta, cuxas gañas e
ambición fixéronlle ascender ata converterse en socia.
Mickey nunca tivo moito contacto co seu pai, que non
estaba preparado para ser pai solteiro logo da morte da súa
muller. Ata agora, nos poucos momentos que pasan
xuntos, el distráese fácilmente polo que Mickey asume que
é o seu primeiro amor: o xogo.
Malia o seu bo criterio e das obxeccións de Gus, Mickey
acompaña ao seu pai na súa última viaxe a Carolina do
Norte, poñendo en perigo a súa carreira para salvar a do
seu pai. Obrigados a pasar tempo xuntos por primeira vez
en anos, os dous descobren cousas novas do outro,
revelándose historias de fai moito tempo sobre o seu
pasado e presente que poderían cambiar o seu futuro.
Ficha TécnicaDirector: Robert Lorenz
Reparto: Amy Adams, Clint Eastwood, Justin Timberlake, John Goodman, Matthew Lillard, Robert Patrick, Ed Lauter, Chelcie Ross.
13 RINCÓN LITERARIO
Sobre la Interdependencia
"O CAMIÑO DA URGA"
Dicía Pablo Freire que “ninguén libera a ninguén , nin ninguén se libera só. Os homes libéranse en comuñón”. De certo o
ser humano non é (nin será xamais) unha illa deserta; a súa natureza é colectiva e radica na interacción co seu entorno,
modificando e deixándose modificar por él.
Escapar desta natureza é unha aventura absurda que ten un prezo moi elevado no que a calidade se refire, influído
tamén no desenvolvemento do noso ser creativo.
A teoría do ilímite esixe seres compartidos que, con mentalidade de abundancia, se entreguen ao crecemento
colectivo. Segundo Covey a mentalidade de abundancia é o cuarto piar do paradigma “gañar – gañar”, sendo os outros tres
o carácter, a integridade e a madurez. A partir de aquí témonos que mover no mar da humanidade para deixar de ser illas
desertas e formar penínsulas e continentes de benestar.
Deste xeito dar e recibir apoio non é unha opción na vida, é a opción da vida. É unha continua interacción na que
forxamos relacións moi variadas e diversas. Mais a pesares desta diversidade, estas relacións poden clasificarse en tres
categorías:
1. Dependencia. O paralelismo do “ti”. No que deixamos a NOSA vida en mans de terceiras persoas ás que lles doamos a
NOSA parte de autoridade.
2. A independencia. O paralelismo do “eu”. No que nos cremos totalmente autosuficientes.
3. A interdependencia. O paralelismo do “nos”. No que a través da coordinación de ilímites construímos aquilo que
desexamos respectando os desexos dos demais.
Desgraciadamente dise que hai persoas que nunca chegan ao estadio da interdependencia. Isto quere dicir que moitas
persoas non son capaces de experimentar o estado de sinerxía, no que a misión encomendada se desenvolve fluidamente
de acordo coa coordinación efectiva de ambas partes. A sinerxía é un clima de comunicación creado a partir dunha filosofía
“gañar – gañar”, na que a confianza e a cooperación son capaces de sacar do interior de cada persoa o mellor dos ilímites
presentes. Esta é unha mentalidade convencida de que xuntos somos máis, de que 2+2 sempre é igual ao infinito, porque o
limite é unha forza impulsora que so sabe sumar.
Neste sentido Kurt Lewin desenvolve unha análise do campo de forzas no que enfronta ás impulsoras, que tratan de
alertar o movemento ascendente do desenvolvemento humano; coas forzas restritivas, que tratan de frear o
mesmo:sempre dende unha postura ilóxica e irracional. Se nos ancoramos na lóxica, se valoramos positivamente a
diferenza, se recoñecemos que a fin dos límites está nos ilímites dos que nos rodean, conveterémonos en fontes infindas de
creatividade que sen dúbida legarán aos seus devanceiros un mundo mellor.
A interdependencia é un milagre humano, plenamente humano, que nos impulsa ás mans dos que nos rodean para pór
nelas o noso futuro, recibindo ao mesmo tempo o seu futuro. Falar dela en tempos de crise parece utópico, en cambio foi o
fallo dos sistemas de interdependencia e do espírito colectivo, o que nos levou a esta situación aterradora onde respirar e
case milagroso. Xamais sairemos de aquí sendo illas desertas, non existen mesías nin salvadores, so dándonos a man e
procurando medrar xuntos podemos mudar unha situación na que os únicos que sobran son os donos de apisoadoras
sociais que están provocando fame, miseria, división e desalento. Como lles dixo Curros (aínda que eles non teñan a
dignidade suficiente para lelo). Iago Santalla
Ex-usuario del Aula Ocupacional
14 POESÍA
EN INTERNET
- Blog DISINCREIBLES de Fingoi:
- Proyecto Retadis:
- Polibea Turismo: e-mail:
Federación Española De Ortesistas Protesistas (FEDOP): e-mail:
- Canal Discapacidade:
- Información Discapacidade:
- Portal Solidario:
- Blog Amica:
- Cogami:
- Cocemfe:
- Cermi:
- Sin Barreras:
- Socialia:
- Lugo Accesible:
- Voluntariado Galego:
http://www.disincreibles blogspot.com
http://www.retadis.es
http://www.polibea.com [email protected]
http://www.fedop.org [email protected]
http://www.risolidaria.org
http://www.discapnet.es
http://www.portalsolidario.net
http://www.sotileision.blogspot.com
http://www.cogami.es
http://www.cocemfe.es
http://www.cermi.es
http://www.telepolis.com/comunidades/sinbarreras/
http://www.socialia.org
http://www.lugoaccesible.net
http://www.voluntariadogalego.org/web/
-
(Único portal gallego dirigido específicamente al 3° sector.)
José Ángel Vázquez CirizaUsuario de Cogami Monterroso
Enrique Sanmartín
Halcon Herido
Un halcón feridocoas frechas da incerteza
que van chegandoao meu corazónque se atopa
perdido e abandoadopor ese amor,
ao cal tivenmoitas noites na miña mente, peronestes momentos
da miña vida, xa nonsento nada por ela.
Quero quererche e quero
Si nun só momento
coñecese a sinceridad,
sería mirando os teus ollos
cheos de felicidade,
ao agradecer o instante
aínda que non fose realidade.
Quero quererche e quero
quero quererche e quizais
que nun momento sincero
oír da túa boca un "quéroche",
e me deixes amarche de verdade.
PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013
COFINANCIADO POLO FONDO SOCIAL EUROPEO E A XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR- SECRETARIA XERAL DE POLITICA SOCIAL E IMPARTIDO POR COGAMI A PERSOAS CON DISCAPACIDADE